INFORMACIÓN REUNIÓN PAIS/NAIS: xoves, 7 de xullo, ás 20,00 horas no Centro Parroquial. Nela concretaremos detalles e aclararemos dúbidas.
IMPORTANTE NON ESQUECER: Tarxeta sanitaria. Roupa para eses días (non fai falta demasiada). Deportivas e chanclas.
SAÍDA: Domingo 17, ás 12;45 horas, do Centro Parroquial. Levaremos comida para compartir ao chegar á casa. PREZO: 120 €. Inclúe alimentación, aloxamento, materiais e seguro de responsabilidade civil. (Pódese pagar a prazos, como conveña). DATA LÍMITE DE INSCRICIÓN: 30 de xuño. PARA CONTACTAR CON NÓS DURANTE O CAMPAMENTO: podedes chamar de 3 a 4 do mediodía, aos números: 696 839 425 / 685 282 908
Os nenos e nenas precisan levar móbil cartos.
non nin
CAMPAMENTO VERÁN 2016 LAGO (VALDOVIÑO)
Útiles de aseo persoal. Bañador e toalla de praia. Saco de durmir.
P
Mochila pequena. Chuvasqueiro. Gorra e protector solar. MOITAS GANAS DE PASALO BEN.
Do 17 ao 24 de xullo
SAN CRISTOVO DAS VIÑAS SAN LUÍS GONZAGA
(A CORUÑA)
IREMOS: Nenos e nenas da parroquia, a partires do 2007 (inclusive). Mozos e mozas da Parroquia. Catequistas e monitores que cada domingo os acompañan na Catequese Parroquial. Pais e nais. Contamos convosco o día 17 de xullo para ir cos vosos fillos/as ata a casa e compartir xuntos o día. O día 24 de xullo, esperámosvos tamén para xantar xuntos e volver para a casa.
FAREMOS: Aproveitaremos esta semana para convivir, sentirnos comunidade e fortalecer a nosa amizade e unión.
ESTAREMOS: Na parroquia de Santiago de Lago, en Valdoviño.
Seguiremos acollendo o estilo de vida de Xesús de Nazaret, descubrindo os valores que nos propón, afondando no vivido durante o curso da catequese.
Valoraremos a forza da natureza, disfrutando dela e aprendendo a valorala e coidala.
Xogaremos, divertirémonos e riremos, intentando facer destes días un tempo de verdadeiro lecer.
Aloxados na reitoral, unha estupenda casa de pedra cunha fermosa finca na que realizaremos moitas actividades. Aproveitando que moi preto de aquí hai fermosos lugares para visitar, realizaremos tamén algunha excursión.