“Miña nai, miña naiciña, miña nai, miña naiciña, como a miña nai ningunha. Que me quentou a cariña, que me quentou a cariña, que me quentou a cariña co calorciño da súa. (Rosalía de Castro)
CEIP JUAN FERNÁNDEZ LATORRE
© Texto: Alumnado 4º B © Ilustracións: Alumnado 4º B Editorial: CEIP Juan Fdez. Latorre Depósito Legal: CO- 12- 2018
A MULLER DA MIÑA VIDA: MIÑA NAI
Mª ELOÍSA Miña nai chámase María Eloísa Sánchez López. Naceu o 13 de abril de 1973 en Sevilla. Estudou Maxisterio (Lingua Española e idiomas modernos). Encantáballe aínda que tamén quería estudar “Exiptoloxía”, pero como non quería marchar a Exipto, non o fixo. Traballou nunha gardería 12 anos, ata que pechou e empezou a traballar nun supermercado. O que máis lle gusta facer no seu tempo libre é estar comigo, ler libros e ver películas antigas. Gústalle viaxar, estar coas súas amigas de sempre e rir cos seus irmáns. Miña nai é graciosa e divertida e o que máis me gusta dela é que me axuda e sempre me anima.
A MULLER DA MIÑA VIDA: MIÑA NAI
Mª XESÚS Miña nai chámase Mª Xesús. Naceu nun pequeno pobo da provincia de Lugo, chamado Friol, o 20 de xuño de 1978. Estudou en Friol e despois na Universidade de Lugo. Agora traballa en oficinas de correos, seleccionando as cartas. No seu tempo libre gústalle estar coa familia e pasámolo moi ben xuntos. Gústame que veña a buscarme ao colexio e me deixe coidar da miña irmá Érika. Miña nai é a mellor!
A MULLER DA MIÑA VIDA: MIÑA NAI
LAURA Miña nai chámase Laura e naceu o 16 de novembro do ano 1983 na Coruña (España). É baixa e ten os ollos marrón e o pelo castaño escuro. É cariñosa, graciosa, divertida e moi amable coa xente. Estudou Información e Comercialización Turística. Gustáballe moito e gustaríalle tamén ter estudado Educación Infantil. Traballou nunha oficina turística de camareira e agora traballa nunha panadaría con cafetería (nun Sanbrandán). O que máis lle gusta facer no seu tempo libre é saír de paseo e ver películas comigo. Encántalle ler, escoitar música e tamén lle gustan moito os animais. O que máis me gusta dela é que sempre busca tempo para estar comigo.
A MULLER DA MIÑA VIDA: MIÑA NAI
OLGA Miña nai chámase Olga Mª. Naceu o 25 de febreiro do ano 1975 en Vilalba (provincia de Lugo). Estudou alí de pequena e despois foi á universidade a Mérida. Alí estudou I. T. en Topografía e agora traballa na Xunta facendo labores de topógrafa. No tempo de lecer gústalle estar coa miña irmá e comigo e practicar con nós deportes coma o windsurf e a vela, camiñar polo monte ou ler a carón do lume. Tamén lle gusta moito viaxar. Miña nai é cariñosa e amable, pero o mellor que ten mami é a súa paciencia; pode xogar toda a tarde comigo non parque, na casa, dar un paseo coas bicis... E sempre está disposta a axudarme. Encántame mamá!
A MULLER DA MIÑA VIDA: MIÑA NAI
ANA Miña nai chámase Ana Sabio Barros. Naceu na Coruña o 19 de setembro de 1975. Estudou administrativo, pero gustaríalle ter estudado Recursos Humanos. Agora traballa nunha oficina. No tempo libre gústalle bailar e viaxar, ver a tele e estar cos amigos e coa miña irmá e comigo. É moi boa e cariñosa. Ás veces enfádase, pero aos dous minutos xa lle pasou e está coma se nada. O que máis me gusta dela é que sempre, sempre, sempre, cando a necesito, está aí para axudarme. Quéroa moitísimo!
A MULLER DA MIÑA VIDA: MIÑA NAI
Mª CARMEN Miña nai chámase Mª Carmen Martínez Conde. Naceu en Santa Cristina de Fecha, unha aldea preto de Santiago de Compostela, o día 13 de xullo de 1969, e é a maior de dúas irmás xemelgas. De pequena foi ao colexio de EXB de Portomouro e cando rematou foi ao instituto Xelmírez, en Santiago. Fixo oposicións para ser funcionaria e despois de aprobalas casou e estudou a carreira de Graduado Social. Gústalle facer deporte, ir ao cine e a concertos e cociñar. O que máis me gusta dela é que cociña moi ben, que xogamos xuntos e que está moito tempo comigo. É a mellor!
A MULLER DA MIÑA VIDA: MIÑA NAI
SONIA Miña nai chámase Sonia Portas Sexto e naceu o 13 de maio de 1973 na Coruña. Ten a pel clara, os ollos azuis e o pelo louro e rizado, con media melena. Gustáballe moito estudar e quería facer Medicina, pero non lle chegou a media dos seus cursos. Entón estudou na Facultade de Farmacia da Universidade de Santiago de Compostela. Encantoulle e nunca se arrepentiu de estudar iso e traballou en oficinas de farmacia. O que máis lle gusta facer é estar comigo e coa miña irmá. Encántalle ler, viaxar, pasear... É moi amable, graciosa, comprensiva e alegre... O que máis me gusta dela é que é moi cariñosa. É tamén un pouco berrona, pero sempre que necesito axuda aí está ela axudándome. É unha SUPER MPAMÁ!
A MULLER DA MIÑA VIDA: MIÑA NAI
ANA Miña nai chámase Ana. Naceu un 22 de xaneiro na Coruña. Estudou informática en Nova York e agora traballa como informática nunha empresa na Coruña. O que máis lle gusta facer é pasear e estar coa familia. Gústalle moito tamén ler, ir ao monte e ir á compra comigo. É moi alegre. O que máis me gusta dela é que me leva a moitos sitios e pasámolo moi ben xuntas.
A MULLER DA MIÑA VIDA: MIÑA NAI
TAMARA Miña nai chámase Tamara Dual e naceu na Coruña. É moi traballadora e sempre está facendo algo. É guapa, ten o pelo longo e é moi alegre. Gústalle moito escoitar música. A min, o que máis me gusta dela é que sempre está pendente de min e que é moi cariñosa comigo. Estou moi contento con miña nai e quéroa moito!
A MULLER DA MIÑA VIDA: MIÑA NAI
BÁRBARA Miña nai chámase Bárbara e naceu na Coruña o 18 de Marzo de 1982. De pequena estudou no colexio Sal- Lence e despois no instituto Monte das Moas. Gustaríalle ter estudado Medicina, pero non puido facelo. As súas afeccións son ler, ir ao cine e pasar todo o tempo que pode en familia. Quéreme moito e o que máis me gusta dela son os seus ollos, o seu carácter divertido e que é moi, moi cariñosa, aínda que ás veces, enfádase un pouco comigo.
A MULLER DA MIÑA VIDA: MIÑA NAI
ANA Miña nai é Ana Mª Grandío López. Naceu o 1 de Febreiro de 1979 na Coruña. Estudou para ser mestra. Encantáballe iso, pero por problemas non traballou nas escolas e agora é teleoperadora (é dicir, cha a persoas para distintas cousas). No tempo libre gústalle xogar e debuxar e encántalle viaxar a sitios diferentes. É guapa, baixa, delgada, moi boa e divertida. Quéroa moitísimo. O que máis me gusta dela é que é A MELLOR NAI DO MUNDO MUNDIAL!
A MULLER DA MIÑA VIDA: MIÑA NAI
Mª JOSÉ Miña nai chámase Mª José. Naceu o 28 de Marzo de 1977 en Mesía (A Coruña). Gustáballe ser Policía Local, pero ao final decidiuse por estudar a licenciatura de Ciencias Empresariais (e gustoulle moito). Cando rematou a carreira comezou a traballar. Agora é coordinadora no departamento de calidade dunha empresa. No seu tempo libre, o que máis lle gusta facer é ir a clases de zumba e disfrutar de todo coa súa familia e cos seus amigos. Gústalle moito viaxar, ir aos parques de atraccións e saír de compras. É alegre, guapa, traballadora, amable e cariñosa. O que máis me gusta dela é a comida que fai (está boísima!), que sempre sorrí e que comigo sempre é moi divertida.
A MULLER DA MIÑA VIDA: MIÑA NAI
MABEL Miña nai chámase Mabel. Naceu en Bilbao o 21 de MaIo de 1968. Estudou empresariais porque era moi boa en matemáticas. Ela quería estudar informática, pero á pobre non llo deixaron facer. Agora está contenta co seu traballo. Sempre foi contable; antes nun restaurante e agora nunha empresa de ordenadores. O que máis lle gusta facer no seu tempo libre é camiñar polo bosque e pola praia. Gústalle tamén pasar tempo coas persoas que quere, falar con elas, escoitalas... Pero o que máis lle gusta é escribir contos! A min, o que máis me gusta dela é que sempre está comigo!
A MULLER DA MIÑA VIDA: MIÑA NAI
CRISTINA Miña nai chámase Cristina. Naceu o 16 de xaneiro de 1976 en Vixoi (Bergondo). Estudou no instituto de Betanzos e desde hai moitos anos traballa nunha froitaría. Gustaríalle descansar e estar máis tempo con nós e ir xuntos a moitos sitios. Gústanlle moito as manualidades. Ten o pelo longo, os ollos verdes e sempre vai maquillada. O que máis me gusta dela é que é cariñosa, amable, que sempre me axuda en todo, que me leva ao cine cando ten tempo, ás tendas de roupa, a tomar chocolate con churros e a comprar castaña.
A MULLER DA MIÑA VIDA: MIÑA NAI
NATALIA Miña nai chámase Natalia. Naceu en o 25 de Agosto de 1973. Estudou Físicas, que lle gustaba moito. Agora traballa como técnica de prevención de riscos laborais en KIRÓN prevención. O que máis lle gusta facer no seu tempo libre é pasar tempo coa súa familia. Gústanlle tamén moito os libros, os animais e a ximnasia. É moi lista, guapa, traballadora, moi amigable e moi cariñosa. O que máis me gusta dela é que sempre xoga comigo.
A MULLER DA MIÑA VIDA: MIÑA NAI
LORENA Miña nai chámase Lorena. Naceu o 2 de novembro de 1979 na Coruña. Estudou Corte e Confección nunha academia, porque desde pequena xa lle levaba moita idea. Viviu en Bilbao un tempo e alí traballou nun centro de día, axudando a avós e avoas e agora, faino na Coruña. Gústanlle as viaxes en familia, os paseos pola montaña e cociñar e sempre quere pasar o seu tempo libre con nós. É boísima, divertida, amable, cariñosa... O que máis me gusta dela é... todo! É a mellor!
A MULLER DA MIÑA VIDA: MIÑA NAI
GLORIA Miña nai chámase Gloria Racedo Añón. Naceu o 30 de Xullo de 1970 en Inglaterra e veu para Malpica, a terra da súa familia, cando tiña catro anos. Alí estudou ata 5º de EXB e rematou os seus estudos nun internado de Oleiros. En 1989 foi á Universidade de Santiago de Compostela e licenciouse en Ciencias Químicas. Casou con Samuel no ano 2000 e tivo dous fillos: Mateo e eu, Claudia. Na actualidade traballa na farmacia do CHUAC. Cando ten tempo gústalle ler e tomar o Sol. A min, o que máis me gusta dela é que é moi boa comigo.
A MULLER DA MIÑA VIDA: MIÑA NAI
CARLOTA Miña nai chámase Carlota e naceu o 26 de Marzo de 1976. Estudou bacharelato no IES Salvador de Madariaga, na Coruña. Gustaríalle ter estudado Historia da Arte, pero non o fixo. Traballou en moitas cousas: pasadora de ferro industrial, nunha tinturería, nunha cafetería e tamén como camareira de piso nun hotel. No seu tempo libre gústalle estar coa súa familia, ler, escribir, coser, escoitar música e facer bonecas. A miña nai enfádase comigo algunhas veces, aínda que sei que me quere moito. Dela gústame todo, todo (menos cando se enfada, claro!).
A MULLER DA MIÑA VIDA: MIÑA NAI
OLGA Miña nai chámase Olga. Naceu en 1975 en Bilbao. Estudou para ser delineante industrial aínda que tamén quería estudar deseño de interior. Traballou en limpeza de hospitais, residencias de maiores, supermercados e en axuda a domicilio. Gústalle moito a música e ir ao cine no seu tempo libre. É moi traballadora e cariñosa. A min gústame todo dela. Eu quéroa moito, moito!
A MULLER DA MIÑA VIDA: MIÑA NAI
SILVIA Miña nai chámase Silvia. Naceu na Coruña, o 23 de Marzo de 1974. Sempre lle gustou o relacionado coa medicina. Quería estudar Enfermería, pero ao final estudou Técnico de Laboratorio a Auxiliar de Enfermería. Agora traballa no hospital, no quirófano. No tempo libre gústalle escoitar música e, sobre todo, ir ao camping. Miña nai é divertida, graciosa e alegre. O que máis me gusta del á que sempre está comigo, que nunca me deixa.
A MULLER DA MIÑA VIDA: MIÑA NAI
VANESA Miña nai chámase Vanesa. Naceu un 26 de Agosto en A Coruña. Quería estudar veterinaria, pero non o conseguiu. Agora traballa como peixeira. Gústalle facer crucigramas, cociñar, chatear e estar comigo. É cariñosa e alegre. O que máis me gusta dela é que me trata con moito cariño.
A MULLER DA MIÑA VIDA: MIÑA NAI
CARMEN ALEXANDRA Miña nai chámase Carmen Alexandra. Naceu o 24 de Setembro de 1986 en Bucarest, Romanía. Estudou no IES Henry Coanda, e aprendeu electromecánica de avións e reloxos de a bordo. Cando tiña 21 anos, veu a España, coñeceu a meu pai, Jhon Mario e un ano máis tarde, nacín eu. No ano 2012 estudou cociña e agora traballa nun restaurante moi coñecido aquí, na Coruña (o Manolito). O que máis lle gusta a miña nai é a música, ler e compartir o seu tempo comigo. Gústalle moito cociñar e prepara comidas moi, moi saborosas. O que máis me gusta dela é que me quere moito e que sempre aprendo cousas novas ao seu carón.
A MULLER DA MIÑA VIDA: MIÑA NAI
ROSA Miña nai chámase Rosa Mª Ferreiro Rego. Naceu en Abadín, na provincia de Lugo. Tiña moi claro o que quería estudar, porque lle gustaba moito o inglés, por iso estudou Filoloxía Inglesa. Agora traballa na Biblioteca do Castrillón, porque tamén lle interesan moito os libros. Gústalle ir á praia, pasear e ler. É amable, responsable, lista e ordenada. É moi cariñosa comigo e iso encántame! Gústame moito miña nai!
A MULLER DA MIÑA VIDA: MIÑA NAI
YOLI Miña nai chámase Yolanda, pero sempre lle din Yoli (que é como a ela lle gusta). Naceu o 27 de febreiro de 1975 en Alemaña. Estudou psicoloxía e gustaríalle ter estudado inglés. O que quería de verdade era ter un bo traballo. Conseguiuno e agora traballa no Corte Inglés, na perfumería. No seu tempo libre gústalle ler e o que máis lle gusta facer é facer viaxes en familia, que vaiamos todos xuntos. É moi cariñosa comigo e coa miña irmá. O que máis me gusta dela é que é moi divertida. Quéroa moito, moito!
A MULLER DA MIÑA VIDA: MIÑA NAI
ANJARA Miña nai chámase Anjara e naceu na Habana, na illa de Cuba. Quería estudar Medicina, pero ao vir para España tivo que deixalo. Estudou Administrativo e traballou como administrativa nunha xestoría. O que máis lle gusta facer é ir á praia con nós, as súas fillas, e montar a cabalo. Gústalle tamén probar a facer pratos novos de cociña e que lle axudemos. Miña nai non é moi alta, pero é guapa, loura, con grandes ollos verdes. É moi cariñosa, moi boa e amable con todo o mundo, e iso encántame. O que máis me gusta dela é que sempre xoga comigo e que o pasamos moi ben xuntas.
A MULLER DA MIÑA VIDA: MIÑA NAI
MÓNICA Miña nai chámase Mónica Villar Maseda. Naceu o 30 de Xuño de 1973 en Lugo capital. Non puido estudar o que quería pero sempre quere saber cousas e quere que nós estudemos. Casou co meu pai, Jorge, e está moi feliz de ter dous fillos: Rebeca, miña irmá e eu. Traballou en distintos supermercados e agora traballa na casa, facendo todo o posible para que todos nos sintamos ben e contentos. A miña nai gústalle pintar e debuxar e cando ten tempo libre, sempre xoga con nós. Gústame moito que é moi divertida e cariñosa. Para min é a mellor nai do mundo!
A MULLER DA MIÑA VIDA: MIÑA NAI
A MULLER DA MIÑA VIDA: MIÑA NAI
A MULLER DA MIÑA VIDA: MIÑA NAI