XOGAS?
ALUMNADO DE 4.º B DE PRIMARIA CEIP «JUAN FERNÁNDEZ LATORRE» A CORUÑA
XOGAS?
1
XOGAS?
2
A QUEN LLE TOCA?
PRA MIN, PRA VÓS, A FILLA DO REI CASADA CON VÓS, MERDA PRA VÓS, EN QUEN ESCOLLEDES VÓS? (Cantiga popular para botar a sortes)
XOGAS?
3
SERRA, SERRA Número de xogadores/as: Dous. Material necesario: Ningún. Onde se xoga: En calquera parte. Como se xoga: Dous rapaces/as están sentados no chan, un enfronte de outro coas pernas estricadas, tocándose cos pés e coas mans agarradas. Mentres un bótase para atrás o outro tira por el e viceversa, marcando o ritmo dunha serra coa canción: Serra, serra miña candela ti polo mar e eu pola terra. Normas: -Colocar ben os pés, porque se os tes mal colocados resulta moi complicado botarse para atrás. -Agarrarse ben das mans, porque se un se solta o outro pode caer. -Colocar ben o lombo. Diana, Helena e Wenceslao
XOGAS?
4
XOGAS?
5
RABEXAR, RABEXAR Número de xogadores/as: Todos os que queiran xogar. Material necesario: Ningún. Onde se xoga: Nos patios, parques… Como se xoga: Primeiro hai que botar a sortes para saber quen pilla e utilizamos: «Heime de fartar ata estoupar. Come, come, gran lambón, Ten en conta conta co rebentón». O neno/a, que lle tocou, tápase os ollos e ponse cara a parede, mentres canta, ou recita: «Rabexar, rabexar mentres o lobo vai mexar. «Eu son o lobo que te hei de comer» E o resto contesta: «Eu son a vaca que te hei escornar, que te hei de topar». Mentres os nenos/as escapan. Ao rematar a canción o neno/a que panda vainos pillar.
XOGAS?
6
Normas: -O neno/a que pilla non pode saír a pillar mentres non remata a canción. -Os nenos/as que escapan non se poden esconder. -Perde o primeiro/a que pillan. O xogo rematan cando están todos/as pillados. Chloé, Hugo e Javier
XOGAS?
7
PAN, AUGA E VIÑO Número de xogadores/as: Tres ou máis. Material necesario: Unha corda Onde se xoga: Nun espazo plano Como se xoga: Comenzamos botando sortes, para saber quen salta. Utilizamos: «Nun caixón hai catro gatos: un, dous, tres e catro». Dous nenos/as collen a corda e dan, mentres outro/a, salta, seguindo o ritmo da canción: Pan, auga e viño, touciño, touciño… Cando dicimos touciño, dáse máis forte. Cando remate ou perda saltará o seguinte Gañará o que remate, saltando, toda a canción. Normas: -Non dar mal a corda adrede. -Non vale colarse na fila. -Os que dan saltan ao último. Adrián, Diego e Lucía
XOGAS?
8
XOGAS?
9
O PANO Número de xogadores/as Ten que ser un número impar e como mínimo 5 xogadores/as. Material necesario: Un pano. Onde se xoga: Nun patio, parque... Como se xoga: Botamos a sortes para saber quen son os dous capitáns e o que suxeita o pano. Utilizamos: Unha, dúas, tres, chi Unha, dúas, tres, cu Unha, dúas, tres, la Unha, dúas, tres, te CHICULATE, CHICULATE Os capitáns escollen aos rapaces/as que queren para o seu grupo, alternándose, e póñenlles un número, logo colócase cada equipo nunha fila, á mesma distancia do neno/a que ten o pano. O que ten o pano di un número e os xogadores que o teñen, saen correndo a pillalo. O que o colle escapa correndo cara o seu equipo, mentres o outro tenta pillalo. Se o pilla, punto para o seu equipo e senón o pilla punto para o contrario.
XOGAS?
10
Normas: -Estar atento por se toca o teu nĂşmero. -Non vale facer trampas. Aldara, Laura N e Kevin
XOGAS?
11
O DEDO NO MEDIO Número de xogadores/as: Dous. Material necesario: Ningún. Onde se xoga: En calquera sitio que teña un pouco de espazo. Como se xoga: Botamos a sortes, para saber quen vai diante. Utilizamos: Nun café rifaron un gato. Tocaralle a quen lle toque, tocaralle ao número catro: un, dous, tres, catro. Un neno/a ponse diante e o outro detrás. O de atrás pásalle os dedos polo lombo e pregunta: -Señor Pedro, cantos dedos hai no medio? O que está de lombo di cantos dedos nota. O outro resposta: -Se dixeses dous, nin perdías, nin gañabas, nin levabas as porradas. Cando remata de dicilo dálle porradas.
XOGAS?
12
Normas: -No enganar ao compa単eiro. -Non dar porradas moi forte. Joel, Marina e Noa
XOGAS?
13
NESTA CASA HAI LUME Número de xogadores/as Un número impar, superior a 5. Material necesario: Ningún. Onde se xoga: Nun espazo grande. Como se xoga: Comezamos botando sortes para saber quen panda. Utilizamos: Pinto, pinto, gagarabinto, teño unha vaca de vinte e cinco. Teño un boi que sabe arar; tamén sabe trompicar; dar a volta ben redonda esa nena que se esconda. Os rapaces/as, colócanse nas esquinas e o que panda vailles preguntando: Nesta casa hai lume? Respóndenlle: Non, pero mira naquela que bota fume. Mentres, vai mirar os outros cambian de sitio e el ten que estar atento para quitarlle o sitio e así deixar de pandar. Se o consigue pandará o que perde o sitio. XOGAS?
14
Normas: -Non facer trampas. -Non pelexar, nen discutir. -Non inventar esquinas.
Andrea M, Enrique, Nora e Ă“scar
XOGAS?
15
A PITA CEGA Número de xogadores: Non máis de 15. Material necesario: Un pano. Onde se xoga: Nun espazo grande. Como se xoga: Botamos sortes con: Taco, taco, número catro, un, dous tres e catro mil novecentos oitenta e catro. Así escollemos o neno/a que pon o pano. Despois de poñerllo, danlle dez voltas, para comprobar que non vexa e se desoriente e empeza a pillar. Os outros vanlle dicindo: frío, frío, se está lonxe, e quente, quente, se está cerca. Se pilla algún e sabe quen é, deixa de pandar, pasando a pandar o que pillou. Normas: -Gaña o último que pillan. O xogo remata cando todos estean pillados. Andrea Z, Jorge e Zoe
XOGAS?
16
XOGAS?
17
A ESCONDAS DUN CENCERRO Número de xogadores/as Mínimo 5 xogadores/as. Material necesario: Mesmo número de pedras (ou calquera obxecto que se poida pasar) que de xogadors/as Onde se xoga: Nun espazo grande. Como se xoga: Todos os xogadores/as están sentados no chan, formando unha roda, cunha pedra na man. Comezan a cantar: Ás escondas dun cencerro San Xoán tiraba lá San Xoán tiraba lá San Pedro lévame o demo e máis triqui triqui tra e máis triqui triqui tra Mentres vanse pasando as pedras á dereita. Cando comeza a dicir «e máis triqui..» cambiamos de dirección de cada vez. Normas: -Cada vez que alguén se equivoca sae da roda. -A canción cántase cada vez máis rápido. O xogo remata cando so queda un xogador/a.
Luci, Anxo E Laura C
XOGAS?
18
XOGAS?
19
CEIP «JUAN FERNÁNDEZ LATORRE» A CORUÑA
XOGAS?
20