A invitación de voda

Page 1

A INVITACIÓN DE

VODA

Imaxe obtida de:(https//www.pinterest.es, modificada)

CAPÍTULO 3 DE “CONTOS DA TÍA SEBASTIANA” 31


Aquela primavera viñera moi cálida. Dende o mes de Abril xa a tía Sebastiana sentábase fora a meirande parte do día. No tempo de inverno saíra pouco da casa polo frío e tamén polos seus padecementos de saúde que aínda que non eran de gravidade, ás veces dábanlle molestias, por iso aproveitaba o bo tempo para gozar do sol, do aire limpo e da vista daquela paisaxe que tanto botaba de menos nos días de choiva da longa estación do inverno. Un daqueles días cando chegou o carteiro, que como sempre, facía unha parada na nosa casa para parolar un pouco e se cadraba tomar un café, entregoulle á tía un sobre moi grande 32


Non parecía unha carta habitual.

Imaxe obtida de(https//:www.libremercado.com)

A tía primeiro xogou ás adiviñas. Quén lle mandaría una carta tan grande? Podería ser da tele neses programas que andan a buscar xente que hai tempo que non ven, pero…quen a buscaría a ela? Por poñer a imaxinación a andar veulle á memoria un mozo de xuventude que tivera que emigrar ás Américas e do que deixou 33


de ter novas porque ela non se decidiu a acompañalo.

Aquel

recordo

fixo

aflorar

un

sorriso, e seguiu coas adiviñas. Tamén, se cadra, viña do concello cun novo imposto da circulación a pé, inventado para persoas con moitísimo peso, ¡aínda por riba serían quen de cobrar a pisada dalgúns camiños mal amañados!…¡podería ser calquera cousa! E se viña do ceo para avisala que se non baixaba o seu volume non podería entrar pola porta grande?. Iso xa lle preocupaba mais que o imposto do concello, díxolle ó carteiro ríndose. A

ditosa

interese

carta

para

curiosidade

a

e

non

parecía

tía pero decidiuse

ter

moito

aínda así

sentía

a

abrila

para

comprobar de que se trataba. Unha carta sen remitente

había

ser

calquera

propaganda. 34

cousa

de


¡Pois estaba moi enganada!, era nin máis nin menos que ¡unha invitación de voda! Era unha tarxeta tan grande coma o sobre onde viñan os nomes das persoas que ían casar. Tratábase

da

súa

sobriña

e

afillada

Candelaria que vivía en Madrid. Alí parece que lle dicían Candi, debía ser porque nunha cidade onde vive tanta xente o espazo persoal debe tocar a pouco e se cadra ata hai que recortar tamén os

nomes, dicía a tía.

Ela que a fora

bautizar o día que se prenden as candeas, aquel medio nome, escollido entre moitos parecíalle pouco axeitado para una rapaza tan formal e tan galega no seu sentir, contáballe ó carteiro. Este dicíalle que tiña que se modernizar, que os nomes ás veces eran moi logos e buscábase un diminutivo que lles cadrara ben. 35


Deulle moita alegría que Candelaria fora casar. A tía coñecera o seu mozo cando o trouxo á casa nas as vacacións de verán, chamábase Manuel.

Imaxe obtida de://(https// www.tuscasasrurales.com) modificada

Tan fachendosa estaba con aquela invitación de voda, que decidiu expoñela 36


derriba da mesa para que se vira ben. Xa levaban dous anos vindo pasar as festas e sempre quedaban polo menos dúas semanas para

descansar

do

traballo

producido pola vida na tranquilidade

da

e

do

estrés

cidade. Dicían que a

aldea

era

o

mellor

medicamento, que alí podían descansar de verdade. Para a tía aquilo do estrés era algo que non tiña cabida na súa cabeza, ¡tanto traballar para estar cansos ata para gastar os cartos que se gañaban

con

aquel

exceso

de

traballo!.

Parecíalle que aquela vida moderna e estresante reducíase a iso, pero… onde quedaba a vida de verdade? Cando nos contou o da invitación, todos pensamos o mesmo, ¡como ía facer a tía 37


Sebastiana para ir, se todo o seu percorrido diario era do xardín á casa!. Ela mesma foi a primeira en dicir que sentía moito non ir á voda da súa sobriña afillada, pero non podía ser. Dáballe

mágoa

non

poder

acompañala

nunha circunstancia tan especial, e tendo en conta que a nai de Candeloria había tempo que morrera,

sentía que lle tocaba a ela ocupar o

seu lugar nun día tan importante. 38


De camiño contestou a carta para lles dicir que non contaran con ela, explicando os impedimentos que tiña. Aqueles días andaba algo triste, ata se lle foran as gañas de comer, síntoma preocupante tratándose da tía. Axiña chegou outra carta dicíndolle que non se preocupara , que a súa pouca mobilidade non ía ser un problema. Decidiran vir casar á aldea, podía facerse todo no xardín da casa, tanto a cerimonia como o convite, e ademais pedíanlle á tía se ela querería ser a madriña da voda. Aquela noticia deixou á tía Sebastiana sen alento. Ir de madriña era una honra moi grande para

ela,

pero…como se

díxolleque iría ela á cidade

ía vestir?.

Mamá

para escoller todo o

que unha madriña podía precisar para tan importante acontecemento. 39


Como, de seguro, non habería nada da súa talla, buscarían unha boa modista que estivera disposta a desplazarse ata a aldea

para a

Imaxe obtida de:(https//webdelmaestro.com

confección de todo o que necesitara, dende a roupa de debaixo

ata

o

vestido,

ou calquera complemento que 40

sombreiro

puidera

ser


favorecedor dunha madriña moi moi gorda pero tamén moi moi feliz. Nese ir e vir das viaxes de mamá á cidade para mercar tamén a roupa de toda a familia naquela voda tan desexada, poidemos descubrir unha

faceta

coñeciamos,

da e

tía

era

Sebastiana aquela

que

non

coquetería

que

amosaba cando estaba coa modista a deseñar a súa vestimenta, coquetería que mantiña en segredo tapándoa cunha aparente indiferenza respecto ó seu vestir de cada día, pero que a toda a familia nos pareceu un valor engadido para unha persoa boas

maneiras,

tan especial e tan chea de ou

mellor

dito

de

tantas

cualidades. Cando xa se achegaba a data da cerimonia a tía andaba algo nerviosa. Ía vir moita xente de 41


fóra, a familia do noivo, e moitos amigos e amigas de diferentes lugares. Soubo dunha

amiga de Candelaria que

adoitara unha nena chinesa, outra que tiña un fillo da cor de pel da súa parella, un bo mozo africano. Tamén seguro que viría un amigo e compañeiro do noivo

que andaba de mozo

cunha rapaza iraniana. Segundo a tía unha mestura do máis interesante. Contoulle a súa afillada que virían tamén outros amigos e amigas dos dous, tanto do instituto onde ela pasaba parte do día como do hospital onde traballaba de médico o seu mozo. Así que habería o mesmo invitados

africanos,

americanos, ingleses…, sen esquecer os primos que vivían en Francia coas súas familias. A tía pensou que aquela voda parecería a festa das nación. 42


Como non podía ser doutra maneira, dada a súa natural curiosidade, a tía Sebastiana buscou un mapa onde poder localizar os lugares de procedencia de toda a xente invitada que nacera noutros países. A modista que viñera coser a roupa da tía, quedou na casa o tempo necesario para facer as probas daquel elegante traxe que ía levar a madriña Sobra dicir que se fixeron as dúas moi amigas, a tía rodeada de revistas de moda e a modista de metros e metros de tea. Entre as dúas escolleran un traxe longo de cor verde con sombreiro e zapatos a xogo,

e

de adorno un colar de perlas que a tía herdara de súa nai.

43


diseño de Eva Suárez Goñi, modificado

Papá para meterse con ela, dicíalle que a modista fixera milagres, pero a tía ríase dicindo que era a mesma que coa roupa de diario pero con máis atractivo como se dicía agora. 44


A cuestión era que a tía Sebastiana tiña que facer algo de dieta para non medrar mais ó ancho e que despois non lle servira o traxe. Como para ela aquilo era unha tortura, levantábase de noite a comer o que non lle deixaran durante o día. Unha das noites, para non acender a luz e que a descubriran, foi directa á mesa e alí atopou un prato cheo de comida. Como tiña tanta fame non se parou a saborear moito o que estaba a comer, era unha mestura de cousas que o mesmo podía ser un prato combinado ou quen sabe que argallada cociñaran aquel día. Comeu todo e foise moi silandeira para a cama, polo menos levaba

a barriga chea que

era o que lle axudaba a durmir ben. Cando espertou pola mañá e entrou na 45


cociña para comer o almorzo, que era unha das comidas que mais lle prestaba do día, escoitou a mamá dicir que lle parecía moi raro que o prato que tiña preparado para darlle ó gato estaba baleiro e relambido. Quén entraría na cociña para

comer

aqueles

restos

de

comida

mesturados con pienso?. Poida que houbera ratos, e se era así terían que meter os gatos dentro da casa.

Imaxe obtida de:(https.www.abc.es/sociedad) modificada

46


Á tía saíranlle as cores pero non dixo nada. Só papá pareceu darse conta da cara de noxo que puxo

pero

tamén

calou

a

boca.

A

min

entrabame a risa, pero disimulei todo o que poiden, non quería que a tía se decatara Uns días antes de tan importante celebración, empezaron a chegar os invitados. Os mais cercanos quedaron a durmir na nosa casa ou nas casas da nosa familia. Como

eran

moitos

os convidados, os

demais alugaron unha fermosa casa de turismo rural na parroquia veciña. Era un fermoso e importante pertencera

a

unha

familia

moi

pazo que principal,

segundo contaba a tía Sebastiana, eran xente de moito poder. Ela recordaba que tiñan moitos criados e as señoritas do pazo andaban a pasear 47


a cabalo cuns traxes de amazonas que daba xenio velas. Dicían que había grandes festas naquela mansión.

Imaxe obtida de:(https//www.vigoe.es)

Pero como os tempos cambiaran e o capital fórase gastando, ós herdeiros non lles quedou outra que vivir do aluguer dos cuartos da casa que nunca pensaron ter que compartir coa xente do pobo. 48


A

tía

ríndose

dicía

que

aquilo

eran

“cotilleos” como se dicía agora, que se podía permitir a xente da súa idade, idade que nunca confesaba como se os maiores

non tiveran

memoria. Para nós, a xente moi nova, a tía era desas persoas que aínda que teñan engurras pode máis a súa xuventude na maneira de ser. Por iso nunca a víamos como a una persoa de moita idade. De camiño empezaron os ensaios para aquel casamento. Nenas e nenos esperabamos moi quedos e moi curiosos en primeira ringleira todo aquel cerimonial. Cando chegaba o crego que ía oficiar a voda, tamén viñan os nenos Ós

veciños.

grandes non lles estaba permitido que por

ganas xa terían deixado ata de muxir as vacas para ver tanta novidade. 49


Facíanos rir cando aparecía o que facía as veces de noivo, que era papá, e a tía Sebastiana de ganchete. Ela coa roupa de diario pero, iso si, cun sombreiro de palla adornado de flores que lle quedaba moi xeitoso. Cando pasaba polo noso lado chiscaba un ollo e dicía baixiño que era a primeira vez que se achegaba ó altar do brazo dun mozo tan aposto. Dunha das veces por mirar para nós por pouco cae de fociños, enredáranselle os pes naquela

alfombra

provisional

e

tivo

que

suxeitala o mozo. Acabamos todos rindo e a que máis a tía. Cando chegou o día do acontecemento, a tía Sebastiana estivo case unha

hora metida na

súa bañeira habitación, era preciso que se relaxara ben. Ía ser un día moi longo e 50


(Diseño de Eva Suárez Goñi)

de moitas emocións, quería estar á altura. Por nada do mundo podía defraudar á súa afillada Candelaria. Despois

viría a

perruqueira

e

logo

a

modista. Con tanta preparación case non lle dera tempo de almorzar, e se lle faltaba a enerxía do almorzo, dicía que

non podía ir a

ningures. Así que houbo que paralizar todo e 51


esperar

que

ansiedade

comera,

que

a

se

cabe,

con

mais

diario.

Dicía

que

tiña

bolboretas no estómago e se non lles daba de comer non ían para de mover as ás. O xardín da nosa casa estaba adornado coma nas películas, había centros de flores por todas partes.

Imaxe obtida de:(as.co.uk/sbru)

Papá explicounos que como se celebraba a voda no xardín da nosa casa contratárase un servizo que se encargaba de todo, dende a comida ata

a vaixela, manteis e moviliario 52


necesario para o convite. Tamén traían persoal para servir nas mesas, eran empregados que estaban

todo

o

tempo

pendentes

do

que

precisaran os invitados porque era importante que todo saíra ben. No

lugar onde se ía celebrar a cerimonia,

puxeran un altar provisional e tamén había uns floreiros cheos de flores, eran collidas no noso xardín e adornaban moito. O espazo que tiñan que percorrer os mozos e padriños dende a casa non era longo. O grupo musical estaba composto en parte por uns curmáns que vivían na Coruña, que xunto con outros, xa tiñan actuacións en moitas festas e empezaban a ser coñecidos. Aquel fora o seu agasallo de vodas, colocáranse para tocar

53


a Marcha Nupcial cando entraran os que ían casar. Un dos músicos, o mais novo de todos, díxome que eu era moi bonita, se despois quería bailar

con

el.

Non

sabía

onde

meterme,

púxenme tan colorada que ata mamá me preguntou se me atopaba ben. O noivo tivera que durmir esa noite na casa duns tíos nosos porque dicían que non podía ver á noiva antes de casar, por iso chegou nun coche máis longo que todos os da aldea, e del saíu o mozo mais elegante que eu vira en persoa. Na porta da

casa estábao

esperando

a

madriña, a tía Sebastiana ía tan guapa, que se escoitou un clamor de admiración entre a xente invitada. Ninguén podía imaxinar que aquela 54


muller tan gorda puidera transformarse nunha persoa tan elegante.

Imaxe obtida de:(https//www.pinterest.es modificado)

Detrás, un pouco máis tarde, apareceron a noiva cun preciosísimo traxe, era como unha 55


princesa saída dun conto de fadas. Camiñaba con moito cerimonial, paseniño e lucindo un sorriso que a facía aínda mais bonita do brazo do padriño que era o pai do noivo. Cando os noivos dixeron un si que se escoitou ben clariño, aplaudimos todos con ganas e unha amiga da noiva cantou un Avemaría que daba gusto escoitala. Ben vin como á tía Sebastiana se lle escapaban unhas bágoas da emoción. Despois da cerimonia viñeron a grande choiva de pétalos de rosa e os parabéns. O noivo e a noiva non paraban de bicar e abrazar a toda aquela xente que os estaba a acompañar e

fora testemuña da súa unión. Cando ela

chegou onda min naquel abrazo tan agarimoso, díxome moi baixiño na orella que cando eu casara íame regalar un traxe de noiva aínda 56


mais bonito que o que levaba ela. ¡Case quedei sen alento!.

imaxe obtida de(https:aquilandiasevilla.com)

Para aquel convite Candelaria e Manuel, encargaran todo nun restaurante de Lugo que se

dedicaba

celebracións,

a e

que

organizar eran

importantes

parentes

nosos.

Souben pola tía que tamén estaban convidados á voda 57


En

cada

mesa

estaban

os

nomes

das

persoas que se ían sentar alí. Ós nenos e nenas puxéronnos todos xuntos e foi moi divertido, aínda que algunhas das cousas que servían naquel menú de pratos, todos galegos, eran moi descoñecidas para nós. Así que comíamos do que mais nos gustaba sobre todo xeados e torta. Cando se rematou de comer saíron os noivos a

bailar

un

padriños. Vin ademais

de

vals

e

despois

tocáballes

ós

como á tía Sebastiana que, estar

xa

cansa

de

tanto

movemento, se resistía ó baile, foi papá quen a animou a que o intentara, e nós dende a mesa empezamos a dicir: “que baile a madriña” e así ata que nos mandaron calar. Xa na pista de baile todo o mundo lle aplaudiu, e ela, con algo de vergoña, empezou a 58


bailar coa súa parella de voda. Non sei se fixera ensaios na cociña ou lle quedara

na súa

memoria daquela lonxana xuventude pero o certo era que a tía sabía bailar. A festa durou ata ben entrada a noite. Acabamos todos bailando ó son daquela música que tanto animaba a participar tanto á xente nova como á de mais idade. A tía, despois de ter cumprido como madriña xa

estivo

sentada

todo

o

tempo,

ata

lle

trouxeron a súa cadeira de brazos que era a favorita dela, e non parou de falar con uns e con outros

e

tampouco

de

comer

do

que

lle

apetecía. Ese día ninguén lle dixo nada, fixera moito esforzo para estar a altura. Estábamos todos moi fachendosos do seu ben facer. Como dixo ela ó final da festa 59


“Pola nova parella, polo amor ás persoas e en especial polo amor á vida”

(Imaxe obtida de:Vecinos mataron postdeldia.com)

60


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.