DECÁLOGO
PARA SER lingüísticamente
!"!#$%&'
UNIVERSIDADES DE CATALUNYA
Servicios Lingüísticos Universitarios 2008 Ano Internacional das Linguas (O.N.U.)
Tradución: Adelia Troncoso I.E.S. Val do Tea (Ponteareas)
Maquetación: Mónica Muñoz C.E.I.P. Frian - Teis (Vigo)
1Sé respectuoso con todas as linguas !
Cando dis que unha lingua non che gusta, ou que non é útil ou importante, sen darte de conta aplicas estes mesmos prexuízos ás persoas que a falan. !
"
Todas as linguas son iguais, e todas son diferentes.
2Observa e escoita: interésate polas linguas do teu contorno.
Moi a miúdo, a carón teu, fálanse linguas que nin sequera sospeitas. Que non sabes nin como se chaman. Moitas veces, saber o nome ou algunha verba é dabondo para demostrar que aprecias ós que te rodean, que non che son indiferentes. Dille grazas a alguén na súa lingua, e de seguro que lle arrincarás un sorriso. !
3Non teñas medo de aprender novas linguas: sempre serán as túas aliadas.
! Moita xente pensa que unha lingua ou se fala ou non se fala, que non hai termo medio. Ou que para facer entrar unha lingua no caletre ha de saír outra. Aprender, pouco ou moito, unha lingua non quere dicir esquecerse doutra, nin falala peor. Unha soa verba pódeche ser ùtl, e chegues onde chegues, unha miga é mellor ca nada. Sempre gañarás.
4As línguas ábrenche novas perspecti-
vas: non renuncies ás fontes de coñecemento que che ofrecen as linguas. Todas as linguas conteñen coñecemento e prodúceno de novo; non te limites ó inglés. Non deixes de lado aquilo que está escrito en linguas próximas á túa. A miúdo descubrirás que as podes ler e entender mellor do que pensas, e que as boas ideas non teñen lingua, ou que todas as linguas as teñen. As diferentes linguas expresan diferentes miradas sobre a realidade. Aprender linguas diferentes axudarache a ampliar miras. !
5Da voz ós minoritarios e escóitaos. Entre todos os minoritarios constituímos unha maioría. Non contribúas a acentuar o desequilibrio lingüístico, non trates as linguas con poucos falantes como non che gusta que te traten a ti. Se podes elixir, dálles prioridade ás que teñen menos altofalantes. Axúdaas a chegar a todas partes e elas axudaranche a ti. !
6Non impoñas linguas dominantes, replanta linguas ameazadas.
Non fagas só de difusor das grandes linguas en detrimento das que teñen menos falantes. Mira de interesarte pola lingua que pode extinguirse: verás que é útil e necesaria, e contribuirás á reforestación lingüística. !
7Un pequeno mercado pode ser unha gran porta.
! É importante non confundir a audiencia potencial coa real. Escribir ou falar unha lingua de moitos falantes non é ningunha garantía de ser escoitado. En cambio, falar coma os que temos máis á beira é facernos sentir. O importante non é a cantidade de xente que te podería entender, senón as persoas ás que de veras lles dis algunha cousa. Cando Shakespeare escribía, os anglofalantes non chegaban a seis millóns.
8Practica a diversidade lingüística cando te movas polo mundo.
! " Aproveita toda a riqueza e diversidade que o mundo che ofrece se o escoitas. Non vaias a Gales ou a Malta soamente a aprender inglés. Proba a falar as linguas dos lugares que visites: canto menos se esperen os teus interlocutores oírte dicir cousas na súa lingua máis se alegrarán.
9Preserva o teu espazo de liberdade: a
lingua non cha poden quitar se ti non queres. ! " As linguas non son cousas, non se estorban unhas ás outras: non te deixes convencer do contrario. Seguramente ó longo da túa vida non sempre poderás falar na primeira lingua que aprendiches, pero sempre a poderás manter: é un coñecemento que che axudará a coñecer outras. Non o perdas: cantas máis linguas saibas, máis sabes da túa lingua e do mundo.
10 Non exclúas a ninguén dunha lingua. ! " As linguas, sobre todo as pouco faladas ou pouco estendidas, crean lazos invisibles, son sinais de benvida, transforman a un alleo nun veciño. Non prives ós outros de aprender e usar a túa lingua. Non lles digas coa lingua que non son dos teus. En Catalunya, por exemplo, tamén se fala catalán: non os deixes fóra da casa. O catalán é un pasaporte que non caduca: axúdalles a obtelo para sempre.