REGUEIFAS DE 2º ESO A
Imos mellor disfrazadas Do camiño de Santiago Imos nós moito máis guapos E gran envexa vos damos.
B
Que envexa imos ter nós Se parecedes farrapos Ide rezar á igrexa Non vaiades disfrazados.
A
Ide rañar a barriga Por eses mundos adiante Ide comer nas filloas E tirade para diante.
B
Non digades tonterías Vós sodes moi envidiosos Para celebrar o entroido Non hai que ser tan malosos.
A
Ide calando a boquiña Así estaredes máis guapos Coas orellas na boca Pois xa non vos aturamos
A+B
Nós ímonos despedindo Non queremos pelexar Mellor quedar como amigos E non hai máis que falar.
C
Nós somos cinco rapazas E imos hoxe de festa Porque chegou o entroido Poñeremos as caretas.
D
Caretas levades sempre Iso non é nada novo E por estes carnavales Tiraremosvos uns ovos.
C
Ai! Que parvos sodes vós Como nos tirades ovos Divertirse nestas festas Vendo o guapas que nós somos.
D
Mírade que sodes lentas Coa vosa imaxinación Se forades máis despacio Chegaria a xubilación.
C
Mira quen foi a falar Vos aínda sodes máis lentos En un concurso de tolos Gañaríades o gran premio.
D
Vós si que estades tolas Con un teixón de mascota Ide con el por aí Que se cadra baila a “jota”
COPLAS DE 1º ESO O Entroido temos aquí Un ano máis xa chegou E vós non vos enterades Miri ti o que pasou.
Mira que par de disfraces Andan por este instituto Un indio e un butaneiro Que veñen de pizza Tutto.
Un respecto aos italianos Que teñen boa comida Pero onde haxa filloas Agradécecho a barriga.
As filloas están boas pero as orellas tamén gastade os vosos cartiños que en Haiti han de comer.
Imonos xa despedindo De tanta xente animada Agardando outro ano E non fagades trasnadas.
COPLAS DE 3º ESO Xa chegou un profesor Vello e malhumorado E pola súa loucura Levárono arrestado.
Neste pasado xaneiro Ocorreu o inesperado Todo o pobo de Haití Quedou el moi destrozado.
Loly non quere franceses Non nos deixou viaxar Sempre anda coas lerias De que hai que traballar.
Zapatero é un cateto Mira que el é negado Nin dirixe o goberno Nin controla el o paro.
Marchou xa o delegado E quedamos moi soíños Porque este bo rapaz Sácanos sempre un sorriso
En México comezou Isto da gripe porcina
Estivemos asustados Todos nas nosas casiñas.
Levácheste a Michael Jackson Que era tan boa persoa Ía tocando o clason No Ferrari da súa avoa.
De debuxo é profesora Faise chamar Marisa Temos con ela unha hora Preferimos ir á misa.
Segundo a súa realidade Todos somos retrasados Pensa que ela lle dá clase A unha panda de alelados.
Temos o demo na clase Todos lle chaman Marisa Di que cometemos fallos Xa me confesei na misa.
Trouxen comigo a cruz E tamén balas de prata É todo o que se merece Pola forma en que nos trata. ENTROIDO 2010