PROBA Nº 1 (Ben doada, pero ollo… o resto costaravos!!)
SE O ENIGMA RESOLVES AGORA PASARÁS XA Á SEGUNDA PROBA
Que cantante e compositor se agocha detrás da última entrada musical de “O Segrel”? Cal é o título do seu último álbum e a quen ía adicado? Ten algún comentario esa entrada? Cantos?
PROBA Nº 2
O pasado luns 11 de maio celebrouse o Día Escolar das Matemáticas e nós queremos poñer a proba os vosos coñecementos nesta materia…
Con catro operacións
:
3
+ Trátase de completar os cadros en branco cunha cifra en cada un para que se cumpran as igualdades indicadas. Só deben empregarse as cifras do un ó nove sen que se repita ningunha en dous cadros. Para que o teñas máis fácil xa está colocado o número central.
PROBA Nº 3 A ESTA PROBA ATOPAREDES A SOLUCIÓN SE NO SEU DÍA ATENDÍCHEDES Á EXPLICACIÓN
Tedes que atopar nos fondos da nosa biblioteca un libro que responde á seguinte pista 82-3G-X FER uni
Debedes dicirnos o nome do autor e o título do libro: Que prestixioso premio lle foi concedido por esta obra e en que ano? Cantos libros deste autor hai nos fondos da nosa biblioteca. Na páxina 75 deste libro premiado, o autor fálanos do seu poeta preferido. Tedes que averiguar: Nome dese poeta: Título do libro que recolle a súa obra poética entre 1953 e 1976
PROBA Nº 4
OS 101 DÁLMATAS …
Dos 101 dálmatas, 58 teñen manchas negras na orella esquerda, 15 na dereita e 29 en ningunha das dúas. Cantos teñen manchas negras nas dúas orellas?
Vale, vale, xa sabemos que esto é moi doado, así que agora imos poñer a proba os vosos coñecementos de historia das matemáticas en xeral. Debedes dicirnos o Nome de 10 matemáticos famosos ao longo da historia, cinco homes e cinco mulleres, e o século no que viviu cada un deles.
PROBA Nº 5 Para resolver esta proba deberedes botar man dos vosos amplísimos coñecementos, eses adquiridos durante algunha das vosas estancias en “Babia” (To have one´s head in the clouds!)… Ou seique nunca vos dixeron iso de...“estás nas nubes!”?
Se queredes pasar á seguinte proba, debedes dicirnos como se chama este tipo de nube. É unha pregunta ben doada, non si?
PROBA Nº 6 ESTA PROBA NON TERÁ DIFICULTADE SE XUNTOS, EN EQUIPO, A INTENTADES...
De que é a plantación que hai no concello de onde era natural o avó do actor que ten o mesmo apelido que o recen electo presidente da República de El Salvador?
Hmmmm, como vos quedastes? Ánimo, que xa quedan menos!
PROBA Nº 7
E xa que estamos a celebrar o Ano Internacional da Astronomía falemos do noso Sistema Solar…
Debedes averiguar: Que obxecto do noso Sistema Solar foi recentamente rebaixado de categoría pola Unión Astronómica Internacional?
En que ano se tomou esa decisión?
En que ano foi descuberto e por quen ?
PROBA Nº 8 DAMERO MITOLÓXICO
Deus grego do vento
____ Deus grego do Ceo, pai de Crono
Divinidade mariña, filla de Nereo
_____
______ Monte no que viven os deuses gregos ______
Heroe grego que matou ao Minotauro _ _ _ _ _
Príncipe troiano que rapta a Helena _ _ _ _ _ Namorouse de si mesmo e da nome a unha flor _ _ _ _ _ _
Xogando coas iniciais das respostas, atoparás ao deus romano do mar.
PROBA Nº 9 LE A PROBA SEGUINTE CON DETENIMENTO E SABERÁS ONDE DEBES BUSCAR NUN MOMENTO A tecnoloxía é o conxunto de habilidade que permiten construir obxectos e máquinas para adaptar o medio e satisfacer as nosas necesidades. É unha palabra de orixe grego, τεχνολογος, formada por tekne (τεχνη, "arte, técnica ou oficio") e logos (λογος, "conxunto de saberes") Nesta proba imos falar dun obxecto, dun aparello… e para dar coa solución axeitada debedes ler con atención a pregunta
Queremos saber o nome dun aparello de medida de forma de ferradura, que se basea no paso dun parafuso, montado nunha porca fixa, que se fai xirar e a súa apreciación é dunha centésima de milímetro.(Aí é nada!!)
PROBA Nº 10 E agora... pasemos á outra Historia!!! Ímonos ao século XVII
Debedes dicirnos de que rei foi pintor oficial o autor de “Las Lanzas”
PROBA Nº 11
E XA A PIQUES DE REMATAR DUNHA GALEGA IMOS FALAR
Saberíades decirnos cal é o nome e o título do discurso de ingreso da última muller que accedeu á Real Academia Galega?
PROBA Nº 12 PERO COMO ÍAMOS REMATAR SEN DE RAMÓN PIÑEIRO FALAR?
Toda a súa vida loitou Piñeiro para conseguir que tódalas forzas políticas, económicas e sociais recoñecesen as señas de identidade de Galicia e reivindicasen os seus dereitos como pobo. E loitou con tal forza, entrega e convencemento que fixo conciencia da conciencia de Galicia. — (Benxamín Casal: A política como un deber).
“
Cal é a Universidade na que Ramón Piñeiro impartiu cursos sobre o pensamento español?