C.E.I.P. MESTRE MANUEL GARCÍA OIA
CURSO 2015 – 2016
NORMAS DO CENTRO
ALUMNADO
-
Deberá asistir ao Centro con puntualidade, aseo personal requerido, vestimenta axeitada e co material necesario.
-
Non poderá traer obxectos perigosos ao colexio nin calquera outro (cámaras, móbiles, videoxogos) que non sexa relativo ao material escolar.
-
Deberá respectar e usar correctamente o material e instalacións do colexio. Calquera desperfecto intencionado deberá ser abonado polas familias.
-
As condutas prexudiciais ou contrarias ás normas quedarán rexistradas no Centro. As familias serán informadas e sancionaranse segundo o establecido no Plan de Convivencia.
FAMILIAS
-
Deben participar na vida do Centro e apoiar e colaborar no proceso educativo dos seus fill@s.
-
Calquera dúbida, consulta, aclaracións… deberá facerse sempre a través do titor/a.
-
Cando o alumno/a se retrase na entrada ou precise saír do Centro en horario escolar, deberá facelo acompañado/a do pai/nai ou persoa autorizada que xustificará a falta ante o mestre/a de garda no libro de rexistro correspondente.
-
Cando un alumno/a se ausente un día ou máis deberá xustificalo ao titor/titora.
-
En caso de enfermidade ou indisposición, prégase que NON acudan ao Centro para evitar contaxios. Salvo casos excepcionais non está permitido traer ningún tipo de medicación ao colexio.
INFORMACIÓN XERAL
COMEZO DAS CLASES Xoves 10 de setembro. O alumnado de 3 anos terá unha incorporación progresiva cun período de adaptación.
HORARIO LECTIVO LUNS A VENRES de 9:40 a14:40h.
COMEDOR ESCOLAR O seu funcionamento coincidirá co calendario lectivo de 14:40 a 15:45h.
TRANSPORTE ESCOLAR Recollerá ao alumnado nas correspondentes paradas no horario de costume. Ás 15:45h. dende o colexio comezará o retorno.
HORARIO DE ATENCIÓN A PAIS/NAIS EN TITORÍAS MARTES: de 9:10 a 9:40h. e de 15:45 a 16:15h. Non haberá titorías na semana previa á entrega de notas.
HORARIO DE SECRETARÍA De luns a venres de 11:30 a 12:30h.
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES De luns a venres de 15:45 a 17:45h. A Biblioteca do Centro permanecerá aberta á Comunidade Educativa os luns, mércores e venres de 16:00 a 17:30h. Os alumnos virán acompañados dun alumno responsable.
DATAS DE ENTREGA DE NOTAS 1ª AVALIACIÓN: 18 de decembro de 2015 2ª AVALIACIÓN: 18 de marzo de 2016 3ª AVALIACIÓN: 27 de xuño de 2016 *A entrega de notas farase aos pais/nais dos alumn@s.
PERIODOS DE VACACIÓNS DÍA DO ENSINO: 30 de outubro de 2015 NADAL: do 21 de decembro de 2015 ao 6 de xaneiro de 2016, ambos inclusive. ENTROIDO: días 8, 9 e10 de febreiro de 2016 SEMANA SANTA: do 21 ao 28 de marzo de 2016, ambos inclusive. FESTIVIDADE LOCAL: 16 de maio de 2016 (Virxe do Mar).
PROFESORADO
TITORES/AS -
EDUCACIÓN INFANTIL 3 ANOS: Concepción Trapero Carnero 4 ANOS: Ana B. Álvarez González 5 ANOS: Ana B. Garcés Domínguez APOIO: Mª Carmen González Barbosa
-
EDUCACIÓN PRIMARIA 1º CURSO: Sofía González Cordero 2º CURSO: Mª Luisa Villada Moirón 3º CURSO: María de Carmen D´Agostino Pérez 4º CURSO: Sofía García Querol 5º CURSO: Elías Domínguez Pereira 6º CURSO: Daniel Martínez Rodríguez
ESPECIALISTAS -
INGLÉS: Carmen López Calvo ED. FÍSICA: Pilar García de la Prieta MÚSICA: Elías Domínguez Pereira TICS: Manuel Fajar Salcidos P. T.: Alejandro Sebastián Lago A. L.: Fernando Rodríguez Raño ORIENTACIÓN: Mª del Pilar López Piñeiro (mércores e xoves) RELIXIÓN: Alicia González Hermida
EQUIPO DIRECTIVO -
DIRECCIÓN: Manuel Fajar Salcidos XEFATURA DE ESTUDOS: Sofía González Cordero SECRETARÍA: Ana B. Álvarez González