C.E.I.P. MESTRE MANUEL GARCÍA OIA
CURSO 2014 - 2015
NORMAS DO CENTRO
ALUMNADO
-
Deberá asistir ao Centro con puntualidade, aseo persoal requirido, vestimenta axeitada e co material necesario.
-
Non poderá traer obxectos perigosos ao colexio nin calquera outro (cámaras, móbiles, videoxogos) que non sexa relativo ao material escolar.
-
Deberá respectar e usar correctamente o material e instalacións do colexio. Calquera dano intencionado deberá ser abonado polas familias.
-
As condutas contrarias ás normas de convivencia quedarán rexistradas no Centro. As familias serán informadas e sancionaranse segundo o establecido no Regulamento de Réxime Interno.
FAMILIAS
-
Deben participar na vida do Centro e apoiar e colaborar no proceso educativo dos seus fill@s.
-
Calquera dúbida, consulta, aclaracións deberá facerse sempre a través do titor/a.
-
Cando o alumno/a se retrase na entrada ou precise saír do Centro en horario escolar, deberá facelo acompañado/a do pai/nai ou persoa autorizada que xustificará a falta ante o mestre/a de garda no libro de rexistro correspondente.
-
Cando un alumno/a se ausente un día ou máis deberá xustificalo ao titor/titora.
-
En caso de enfermidade ou indisposición, prégase que NON acudan ao Centro para evitar contaxios. Salvo casos excepcionais non está permitido traer ningún tipo de medicación ao colexio.
INFORMACIÓN XERAL COMEZO DAS CLASES Mércores 10 de setembro. O alumnado de 3 anos terá unha incorporación progresiva cun período de adaptación.
HORARIO LECTIVO LUNS A VENRES de 9:40 a14:40h.
COMEDOR ESCOLAR O seu funcionamento coincidirá co calendario lectivo de 14:40 a 15:45h.
TRANSPORTE ESCOLAR Recollerá ao alumnado nas correspondentes paradas no horario de costume. Ás 15:45h. dende o colexio comezará o retorno.
HORARIO DE ATENCIÓN A PAIS/NAIS EN TITORÍAS MARTES: de 9:10 a 9:40h. e de 15:45 a 16:15h. Non haberá titorías na semana previa á entrega de notas.
HORARIO DE SECRETARÍA De luns a venres de 11:30 a 12:30h.
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES De luns a venres de 15:45 a 17:45h. A Biblioteca do Centro permanecerá aberta á Comunidade Educativa os luns, mércores e venres de 16:00 a 17:30h. Os alumnos virán acompañados dun adulto responsable.
DATAS DE ENTREGA DE NOTAS 1ª AVALIACIÓN: 19 de decembro de 2014 2ª AVALIACIÓN: 27 de marzo de 2015 3ª AVALIACIÓN: 22 de xuño de 2015 *A entrega de notas farase aos pais/nais dos alumn@s.
PERIODOS DE VACACIÓNS DÍA DO ENSINO: 31 de outubro NADAL: do 22 de decembro de 2014 ao 7 de xaneiro de 2015, ambos inclusive. ENTROIDO: días 16, 17 e 18 de febreiro de 2015 SEMANA SANTA: do 30 de marzo ao 6 de abril de 2015, ambos inclusive. DÍA NON LECTIVO: 14 de novembro. FESTIVIDADE LOCAL: 25 de maio (Virxe do Mar).
PROFESORADO
TITORES/AS -
EDUCACIÓN INFANTIL 3 ANOS: Ana B. Álvarez González 4 ANOS: Ana B. Garcés Domínguez 5 ANOS: Mª Carmen González Barbosa APOIO: Concepción Trapero Carnero
-
EDUCACIÓN PRIMARIA 1º CURSO: Lorena Alvar Blanco 2º CURSO: Mª Luisa Villada Moirón 3º CURSO: Sofía García Querol 4º CURSO: J. M. Alberto Prado Novo 5º CURSO: Daniel Martínez Rodríguez 6º CURSO: Sofía González Cordero
ESPECIALISTAS -
INGLÉS: Carmen López Calvo ED. FÍSICA: Pilar García de la Prieta MÚSICA: Ana Mª Domínguez Senlle TICS: Manuel Fajar Salcidos P. T.: Nuria Pozo Castro A. L.: Érica Ordoñez Pardo ORIENTACIÓN: Mª del Pilar López Piñeiro (mércores e xoves) RELIXIÓN: Beatriz Álvarez Pereira
EQUIPO DIRECTIVO -
DIRECCIÓN: Manuel Fajar Salcidos XEFATURA DE ESTUDIOS: Sofía González Cordero SECRETARÍA: Ana B. Álvarez González