FESTA DOS MAIOS AS NOSAS COPLAS
CEIP MESTRE MANUEL GARCÍA
CURSO 2014-2015
CEIP MESTRE MANUEL GARCÍA
Página 1
3 ANOS MAIO, MAÍÑO, SOMOS OS DE TRES E A PROFE CARMEN FÁLANOS INGLÉS MAIO, MAÍÑO, PONTE DO REVÉS E SE NON ENTENDES, DÍGOCHO EN INGLÉS ESTE É O NOSO MAIO, FIXÉMOLO NA ESCOLA TRABALLAMOS TODOS, ESO SI QUE MOLA MAIO, MAÍÑO, TEMOS TRES ANOS E COA PROFE ANA FACEMOS TRABALLOS XA NOS DESPEDIMOS ATA O ANO QUE VÉN QUE CON ESTE MAIO PASÁMOLO MOI BEN ANA MARCA O RITMO NOS IMOS DETRÁS BEN AFOGADIÑOS CON OU SEN COMPÁS.
CEIP MESTRE MANUEL GARCÍA
Página 2
4 ANOS SOMOS OS NENOS DE CATRO ANOS ESTAMOS AQUÍ CANTANDOLLE AOS MAIOS. O MAIO FLORIDO IMOS DISFRUTAR COS NOSOS PROFES OS NENOS DO LUGAR. AO COLE DE OIA CHEGOU A PRIMAVERA QUE TODO ALEGRA E TODO ALTERA. DESPOIS DESTA FESTA IMOS ESTUDIAR PARA O FIN DE CURSO TODO BEN REMATAR.
CEIP MESTRE MANUEL GARCÍA
Página 3
5 ANOS OS NENOS DE CINCO IMOS ESTUDAR TODOS OS PLANETAS IMOS TRABALLAR O SOL E A LÚA QUEREMOS COÑECER MOI POUQUIÑO A POUCO IMOS APRENDER COS ASTROS DO CEO XÚPITER E URANO IMOS DESPEDIRNOS ATA O PRÓXIMO ANO
CEIP MESTRE MANUEL GARCÍA
Página 4
1º MAIO MAÍÑO PONTE DE PÉ, A VER SE GAÑAMOS PARA CAFÉ MAIO MAÍÑO PONTE SENTADO, A VER SE GAÑAMOS PARA UN XEADO MAIO MAÍÑO PONTE AGOCHADO, A VER SE GAÑAMOS PARA UN CABALO MAIO MAÍÑO PONTE AO REVÉS, A VER SE CANTAMOS ANTES DAS TRES MAIO MAÍÑO SOMOS DE PRIMEIRO, A VER SE GAÑAMOS PARA UN TROFEO. MAIO MAÍÑO IMOSCHE CONTAR, QUE OS NENOS DE PRIMEIRO QUEREMOS APROBAR
CEIP MESTRE MANUEL GARCÍA
Página 5
2º ESTE É O NOSO MAIO FIXÉMOLO NÓS, E SE NON VOS GUSTA FACEDE OUTRO VÓS. MAIO MAÍÑO PONTE BOÍÑO IMOS FACER QUE BAILES UN POUQUIÑO. A NOSA PROFE CHÁMASE MARISA IMOS FACER QUE LLE DEA A RISA. ESTE É O NOSO DIRE CHÁMASE FAJAR E TODOLOS MESES TÓCALLE PAGAR. AÍ VEN O MAIO CARGADO DE AGASALLOS E PARA O NOSO COLE TRAE MOITOS ALLOS.
CEIP MESTRE MANUEL GARCÍA
Página 6
3º SOMOS NENOS DE TERCEIRO NON NOS GUSTA SUSPENDER PREFERIMOS SACAR SOBRES E NOTABLES OUTA VEZ SOMOS FILLOS DE ALBERTO E QUEREMOS IR CON EL QUE NOS TRAIA ALGÚNS REGALOS PORQUE DIN QUE É PAPA NOEL A NOSA PROFE É SOFÍA ELA TRÁTANOS MOI BEN SEMPRE NOS DA GOLOSINAS E PIRULETAS TAMÉN O ALCALDE É UN DESASTRE POR NOS TER ESAS ENTRADAS NO COLEXIO E NA PORTA TEMOS MOITO QUE ARRANXAR OS RAPACES DESTA CLASE QUEREMOS ORDENAR OS LIBROS E AS CARPETAS PARA PODER APROBAR
CEIP MESTRE MANUEL GARCÍA
Página 7
4º NESTE COLEXIO DE OIA SENDO ESTA A VEZ PRIMEIRA, ÍMOSLLE CANTAR AO MAIO FESTEXANDO A PRIMAVERA. OS RAPACIÑOS DE 4º SOMOS BOS E EDUCADOS, PERO O QUE NON PODEMOS É ESTAR SEMPRE CALADOS. Á NOSA QUERIDA PILI IMOS TODOS PROMETER SER MOI BOS E EDUCADOS PARA OS XOGOS NON PERDER NÓS QUEREMOS INTERNET ÍMOSLLO PEDIR AO MAIO QUE SENÓN Á PROFE ANA VAILLE DAR ALGÚN DESMAIO. QUEREMOS Á PROFE NURIA PORQUE ELA É MOI BOÍÑA E QUEREMOS A PATRICIA QUE TAMÉN É MOI FEITIÑA. ÍMOSLLE PEDIR AO MAIO PARA DANI O PROFESOR UNHA GORRA QUE O PROTEXA PARA CANDO VEÑA O SOL.
CEIP MESTRE MANUEL GARCÍA
Página 8
TEMOS UN COLE MOI CHULO QUEN LLO DERA AO PRESIDENTE TEMOS UN PATIO DE LUXO QUE É O CAMPO DO OIENSE. FOISE ALBERTO, CHEGOU ANA QUEN VIRÁ O ANO QUE VEN? NON FUXADES MÁIS DE NÓS QUE SOMOS XENTE DE BEN
TEÑEN AS TAQUILLAS FORA OS ALUMNOS DE MARISA AÍNDA IMOS TROPEZAR XA VEREDES VÓS QUE RISA ÍMOSLLE PEDIR AO MAIO QUE OS PROFES REGALEN ALGO PORQUE AS COPLAS SON MOI BOAS E DERON MOITO TRABALLO. NON QUEREMOS QUE TE ENFADES PROFE CARMEN, POR FAVOR; QUE SABEMOS QUE ERES BOA E AMOROSA COMA NÓS. ÍMOSLLE PEDIR AO MAIO QUE SEXA MOI BO CON NÓS; QUE SOMOS BOAS PERSOAS E PEDIMOS POR FAVOR
CEIP MESTRE MANUEL GARCÍA
Página 9
5º ESTE COLE É MOI SOSO TÉMOLO QUE DECORAR CON FIÚNCHO E LARANXAS PARA PODER MELLORAR NOSO ALCALDE, NOSO ALCALDE É UN POUCO PESETEIRO QUE NON NOS QUERE ARRANXAR O NOSO XIMNASIO ENTEIRO PROFE DANI, PROFE DANI, DÁNOS PRONTO AS NOSAS NOTAS PARA NON TER QUE LEVAR UN DISGUSTO Á ÚLTIMA HORA PROFE DAYNA, NON TE MARCHES PROFE DAYNA, QUÉDATE E SE DECIDES MARCHARTE IMOS NÓS A VISITARTE OS DE QUINTO, OS DE QUINTO BAILAN, BAILAN SEN PARAR E SE ALGÚN DÍA PARASEN UN DISGUSTO LEVARÁN AS NOSAS CLASES DE CIENCIAS TÉMOLAS QUE ALEGRAR TRAENDO Á PROFE CARLA E PODELAS DISFRUTAR
CEIP MESTRE MANUEL GARCÍA
Página 10
6º ESTE COLE NON NOS GUSTA TÉMOLO QUE MELLORAR AUMENTANDO O RECREO PARA XOGAR UN POUCO MÁIS OS SITIOS NO AUTOBÚS OS DE QUINTO NOS QUITARON MARCHAREMOS Ó INSTITUTO E SEN ELES NOS QUEDAMOS A BIBLIOTECA DO COLE É UN ESPAZO EXCELENTE ONDE TEMOS MOITOS LIBROS PARA DIVERTIR Á XENTE NESTE COLE TEMOS SORTE PORQUE HAI UN COMEDOR VIXIANTES, COCIÑEIRAS TODOS LEVAN MANDILÓN AS PROFES SOFÍA E PILI SON AS NOSAS PREFERIDAS ÍMOLAS BOTAR DE MENOS DÁMOSLLE-LA DESPEDIDA NÓS MARCHAMOS DO COLEXIO QUE PENIÑA QUE NOS DÁ TODO ISTO EN NOVE ANOS E TÉMOLO QUE DEIXAR
CEIP MESTRE MANUEL GARCÍA
Página 11
PROFES SEICA ESTÁN A FACER NOVO CENTRO DE SAÚDE NON TEMOS APARCAMENTO NIN GAÑAMOS EN SAÚDE MAIO, MAÍÑO, PONTE EN BAÑADOR QUE O NOSO COLE PARECE UN MIRADOR TEMOS A NURIA DE BAIXA PORQUE XA NACEU CIBRÁN MANDÁMOSLLE MOITOS BICOS PARA EL E A SÚA IRMÁ MAIO, MAÍÑO, EU NON CHE ENTENDO PORQUE A PROFE CHITI NON FALA GALEGO E AGORA XA NON PODEN NIN SAÍR DO COMEDOR PORQUE SEICA PASAN COUSAS NO MESMIÑO CORREDOR ESCOITEN AOS PROFES CON MOITA ATENCIÓN QUE AQUÍ TEMOS O MAIO QUE FALA CON RAZÓN
CEIP MESTRE MANUEL GARCÍA
Página 12
DO CONCELLO XA VIÑERON NON ARRAXARON NADIÑA PERO QUE BEN SE LLES DÁ IR E VIR COA CARRETILLA MAIO, MAÍÑO, AGARDA SENTADO QUE DIN QUE O XIMNASIO VAI QUEDAR ARRANXADO CO XIMNASIO INUNDADO XA LEVAMOS MOITO TEMPO E O CONCELLO DI QUE O TAPES CON CINTA DE "CARROCERO" MAIO, MAÍÑO QUE ESTÁ PASANDO? QUE ANO TRAS ANO SEGUIMOS INUNDADOS. AS OBRAS DO PORTALÓN MOLÉSTANNOS UN MONTÓN COMO SE NOTA QUE AQUÍ XA VEÑEN AS ELECCIÓNS MAIO MAÍÑO COLLE A PAPELETA QUE COA EDUCACIÓN FAN O QUE LLES PETA.
CEIP MESTRE MANUEL GARCÍA
Página 13