ALGUNHAS DÚBIDAS RAZOABLES SOBRE O TRABALLO EN ORIENTACIÓN EDUCATIVA
Magdalena Duarte Blanco e Manuel Guerra Fernández INSPECCIÓN EDUCATIVA
Respostas a cuestións varias dos departamentos de Orientación nos Encontros organizados polo Equipo de Orientación Específica de A Coruña
Lourdes Otero Rodríguez
Tabla de contido 1. CUESTIÓNS RELATIVAS Á SEGUNDA LINGUA ESTRANXEIRA
3
2 CUESTIÓNS RELATIVAS ÁS ADAPTACIÓNS CURRICULARES
3
4 CUESTIÓN RELATIVA Á ORGANIZACIÓN HORARIA DE ALUMNADO CON NEAE
5
5 CUESTIÓN RELATIVA Á ASINADO DE ACTAS DE AVALIACIÓN
5
6 CUESTIÓNS EN RELACIÓN AO HORARIO PRESENCIAL NO CENTRO
5
7. CUESTIÓNS RELATIVAS A PROGRAMACIÓN
7
8. CUESTIÓNS RELATIVAS A ACTUACIÓNS QUE SE DESENVOLVEN NO ÁMBITO DA ACCIÓN TITORIAL, ... 9 9. CUESTIÓNS RELATIVAS ÁS ACTUACIÓNS QUE SE DESENVOLVEN NO ÁMBITO DO PROCESO DE ENSINOAPRENDIZAXE
12
10. CUESTIÓNS RELATIVAS Ó FUNCIONAMENTO DAS UNIDADES DE EDUCACIÓN ESPECIAL EN CENTROS ORDINARIOS
13
1.11 CUESTIÓNS RELATIVAS A OUTROS ASPECTOS
14
1. CUESTIÓNS RELATIVAS Á SEGUNDA LINGUA ESTRANXEIRA Cuestión: No caso dun/ha alumno/a que cursa segunda lingua estranxeira: francés en 3º da ESO e en 4º segunda lingua estranxeira: inglés, o centro educativo infórmalle que ten suspensa e debe recuperar a segunda lingua estranxeira: inglés de 3º da ESO. Ten fundamento legal esta información? ● Resposta: Aínda que a normativa en vigor non prohíbe o cambio da segunda lingua estranxeira: francés por segunda lingua estranxeira: inglés en 4º da ESO, habería que analizar polo miúdo os motivos deste cambio porque non é relativamente frecuente. Se se dera o hipotético caso, o alumnado non tería pendente e non tería que recuperar a segunda lingua estranxeira: inglés de 3º da ESO, aínda que debería ter acadados os coñecementos suficientes para seguir con normalidade o currículo da materia en 4º da ESO. Tamén habería que ter en conta a valoración dos coñecementos do/a alumno/a que afectan ao cambio da primeira lingua estranxeira, Alumnado que non estivo exento de 2ª LE: francés en 1º da ESO e promociona por imperativo legal a 2º, sería motivo suficiente para autorizar dita exención? ● Resposta: Ref.Nom: Art. 3.4 da . 3.4 da Resolución do 27 de xullo de 2015, pola que se ditan instrucións no curso académico 2015/16 para a implantación do currículo da ESO e do bacharelato nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 29 de xullo): O alumnado do 1º curso que presente dificultades continuadas no proceso de aprendizaxe, en particular nas materias lingüísticas, poderá quedar exento de cursar a materia de 2ª lingua estranxeira. • Neste caso recibirá reforzo educativo naqueles aspectos en que se detectasen as dificultades, logo do informe pertinente da persoa titora da etapa/ curso anterior, coa colaboración do D. O., no cal se fará explícito o motivo da medida adoptada. • A competencia da decisión recaerá na dirección do centro docente, oídas as nais, os pais ou os/as titores/as legais do alumnado afectado pola medida. En consecuencia, a norma permite que un/unha alumno/a poida estar exento da segunda lingua estranxeira: francés nun ou nos dous primeiros cursos da ESO, sempre e cando a aplicación desta medida de atención á diversidade estea debidamente xustificada e responda ás NEAE do alumnado. Alumnado que cursou 2ª LE: Francés en 1º e en 2º da ESO pero debe repetir 2º da ESO, é posible que nesta repetición poida estar exento da 2ª lingua estranxeira? ● Resposta: O sentido común indica que non, aínda que habería que valorar as circunstancias concretas do/a alumno/a por se se produciran feitos excepcionais que xustificaran a aplicación de dita medida de atención á diversidade.
2 CUESTIÓNS RELATIVAS ÁS ADAPTACIÓNS CURRICULARES
Cuestión AC (I): No caso dun/ha alumno/a con NEE (sen linguaxe, sen autonomía, sen motricidade, …) escolarizado/a en 3º de EP, realízaselle unha AC a nivel de educación infantil. Polas importantes limitacións deste/a alumno/a, debemos realizar a AC nas tres áreas de educación infantil (currículo adaptado), seleccionando aqueles obxectivos e contidos a traballar, ou ben teremos que partir necesariamente das áreas de educación primaria seleccionando só aqueles contidos, criterios de avaliación e estándares de aprendizaxe a traballar (inalcanzables, por suposto)? ● Resposta: O currículo de referencia e do que se deben seleccionar as áreas nas que sexa preciso realizar unha adaptación curricular corresponderanse coas áreas do curso no que o/a alumno/a estea escolarizado/a (3º de EP neste caso). A normativa contempla que nunha AC os elementos prescriptivos do currículo se poden, en parte, eliminar, modificar, ampliar, ou introducir os relativos a outros cursos ou etapas, … En definitiva, as áreas curriculares serán as de 3º de EP pero o currículo pode ser modificado, introducindo obxectivos, contidos, estándares, etc., de ser necesario, da etapa de educación infantil ou de cursos inferiores de educación primaria. Cuestión AC (II): Por outra banda, á hora de avaliar, o/a alumno/a non superará os criterios establecidos para o seu nivel de escolarización. Habería que realizarlle un expediente e un informe familiar específico en función da AC e no XADE facer constar unha cualificación inferior a 5 en todas as materias? ● Resposta: As AC realizaranse buscando o máximo desenvolvemento posible das competencias clave, e a avaliación continua e a promoción tomarán como referente os elementos fixados nas devanditas adaptacións. Os boletíns de cualificacións do alumnado con NEE e AC son os mesmos que para o resto do alumnado. Deberase consignar ao lado de cada cualificación con adaptación curricular a expresión AC e incluír as observacións que se consideren pertinentes. Cuestión: Os cursos que se aproban con AC quedan aprobados?: ● Resposta: Os decretos de currículo de primaria e de secundaria (no caso da ESO) establecen que os criterios de avaliación e os estándares son os establecidos na adaptación curricular. Para a promoción tomaranse como referente os elementos fixados en ditas adaptacións, polo que o/a alumno/a supera a AC e promociona de curso, a normativa non contempla que teña que recuperar as áreas superadas con AC aínda que o currículo adaptado estea referido a cursos inferiores. Cuestión: Débese entregar copia das ACS ás familias? •
Resposta Inicialmente, copia da programación non pero si hai que informar do seu contido e mesmo darlle acceso ao documento de ACS e tamén á PD de cada área adaptada, para dar resposta aos aspectos do dereito de participación e colaboración das familias. Teñen dereito a copia do Informe Psicopedagóxico, incluído o informe do EOE e acceso, fundamentalmente, aos informes psicopedagóxicos dos seus fillos/as. Ø Hai indicacións que reflicten que os pais teñen dereito a ver de todo o
expediente do alumno (sentenzas xudiciais, Valedor do Pobo, Axencia Nacional de Protección de Datos e Decreto 229/2011).
Sen prexuízo dun desenvolvemento normativo posterior, o Decreto 229/2011, dispón no artigo 35.2 que “As nais, pais ou titores e titoras legais do alumnado deberán ser informadas dos resultados das avaliacións psicopedagóxicas e das medidas propostas, tendo dereito a obter copia do informe psicopedagóxico nas condicións que estableza a Consellería con competencias en materia de educación”.
4 CUESTIÓN RELATIVA Á ORGANIZACIÓN HORARIA DE ALUMNADO CON NEAE Cuestión: Por necesidades de carácter organizativo, pode o alumnado con NEAE asistir algunhas horas con outro grupo que non sexa o de referencia? ● Resposta: Na práctica pode darse o caso, pero entendemos que debería ter carácter excepcional e debería estar debidamente xustificado polo profesorado e polos servizos de orientación, sempre contando co consentimento expreso da familia e informada a inspección educativa.
5 CUESTIÓN RELATIVA Á ASINADO DE ACTAS DE AVALIACIÓN Cuestión: Sinatura de actas de avaliación por parte do profesorado de apoio PT/AL. ● Resposta: Nas actas de avaliación só figura a sinatura de profesorado asociado a cada materia e tamén os de "reforzo e afondamento en ..." Non está previsto que nas actas de avaliación se insira a sinatura do citado profesorado de apoio especializado, pero nada impide que non se faga, nunha acta específica de desenvolvemento dasesión de avaliación ou mesmo se deixe constancia no apartado de observacións das actas ordinarias, da asistencia do correspondente profesorado de apoio.
6 CUESTIÓNS EN RELACIÓN AO HORARIO PRESENCIAL NO CENTRO Cuestión: O/a xefe/a do Departamento de Orientación ten que realizar gardas ao igual que o resto do profesorado? ● Resposta: Si, o xefe do DO ten que realizar gardas, con carácter xeral, igual que o resto do profesorado. Así ocorre nun bo no de centros. Sen embargo, hai centros nos que os orientadores non fan gardas, pola complexidade do centro e por ter necesidade de priorizar outras actuacións da función orientadora. Ref:Orde do 23/06/2011 (DOG do 30 de xuño), pola que se regula a xornada de traballo do
persoal funcionario e laboral docentes que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, de 3 de maio, de educación, modificada pola Orde do 04/06/2012 (DOG do 13 de xuño). Horario lectivo infantil e primaria: 25 lectivas (inclúe gardas)+ 5 centro (pais, reunións, dinamizacións, órganos colexiados, ...) + 7.5 Horario lectivo secundaria: 23 lectivas (inclúe 2 gardas e 1 hora de titoría de pais/nais) + 7 centro (pais, reunións, dinamizacións, órganos colexiados, ...) + 7.5 No escrito do Director Xeral de Ordenación Educativa e FP do 26 de abril de 1999 indícase que: a) O xefe do DO debe dedicarse plenamente ao cumprimento das súas funcións. b) Cada centro, de acordo coas súas circunstancias e peculiariadades, asesorado e supervisado pola inspección educativa, concretará a realización das funcións do xefe do DO e determinará, se así o considera necesario, que realice outras tarefas, propias de todo o profesorado, dentro do horario de permanencia no centro (ou nos centros adscritos ou compartidos a efectos de orientación) que o xefe do DO, igual que o resto do profesorado, ten que cumprir. Períodos de recreo e gardas.pdf [ref. Resposta da SX, Inspección, Avaliación e Calidade do Sistema Educativo (SXIACSE) de 12/06/2006 relativa á participación dos orientadores e dos equipos directivos dos CEIP nas quendas de recreos] Cuetión: As xuntanzas de coordinación (coa xefatura de estudos, co profesorado titor, con outros servizos externos ao centro, débense contemplar no horario de traballo do xefe/a do DO? En caso afirmativo, como? ● Resposta: Si, os/as XDO teñen que permanecer no centro o mesmo tempo que o resto do profesorado e cumprir o mesmo horario semanal. (1) No caso de XDO non hai horas diferenciadas de docencia directa, gardas e titorías, etc., polo que o horario de permanencia no centro debe adicalo ao cumprimento das funcións establecidas no artigo 7o do Decreto 120/1998 e 6o da Orde do 24 de xullo de 1998 (DOG do 31 de xullo). Ademais destas funcións, o orientador/a pode realizar, como outro profesorado: gardas de clase, de recreo, de transporte escolar, dinamizacións, desempeñar algún cargo directivo, etc. (1) Cfr. Orde do 23 de xuño de 2011 (DOG do 30 de xuño) e Orde do 4 de xuño de 2012 (DOG do 13 de xuño)
Cuestión: Ten obriga de asistir o xefe/a do DO á totalidade de sesións de avaliación? ● Resposta: O apartado i) do artigo 6o da ORD 24/07/1998 (DOG do 31 de xullo), relativo ás funcións da XDO de secundaria, recolle que deberá “participar nas sesións de avaliación para o deseño, desenvolvemento e avaliación das actuacións conxuntas que permitan a coherencia das respostas educativas”. apartado 2 deste artigo recolle que “A participación do XDO nas sesións de avaliación responderá ás súas competencias de asesoramento e apoio ao profesorado e asistirá a elas con voz e sen voto”. De forma similar recóllese no apartado l) do artigo 11o e no punto
2 de dito artigo a mesma función para os XDO de educación primaria. apartado b) do artigo 7o da citada orde, relativo ás funcións do profesorado de apoio ao ANEES recolle que este profesorado deberá “participar na avaliación inicial do alumnado que acceda á educación secundaria obrigatoria e, cando cumpra, naquelas sesións de avaliación que afecten ao alumnado con NEES”. En consecuencia: Tanto o orientador/a como o profesorado de apoio deberán participar nas sesións de avaliación do alumnado, entendendo que deberán priorizar a asistencia ás sesións de avaliación que afecten a alumnado con NEES ou con NEAE, grupos de alumnos/as con baixo rendemento académico, dado que en moitas ocasións non poderán asistir a todas as sesións de avaliacións por realizarse de forma simultánea. Dentro dos colectivos anteriormente sinalados se debe priorizar os escolarizados na educación básica (primaria e ESO). Cuestión: No caso dos centros con varias etapas educativas nas que por razóns de incompatibilidade horaria non sexa posible asistir á totalidade de sesións de avaliación, cales se teñen que priorizar?
● Resposta: Deberían priorizarse as sesións de avaliación dos grupos que teñan máis alumnado con NEES ou con NEAE, grupos de alumnos/as con baixo rendemento académicoespecialmente escolarizado na educación básica obrigatoria. Sen embargo, os/as orientadores/as aínda que non teñan presenza física nalgunha xunta de avaliación si que poden asesorar e prestar apoio técnico ao profesorado do grupo, especialmente a través dos seus titores/as e resto do profesorado Cuestión: Durante o mes de xullo, que xornada de traballo debe cumprir o xefe/a do departamento de orientación? Ata que data debe cumprir dita xornada de traballo? ● Resposta: En principio, o horario do xefe/a do departamento de orientación non difire do doutro profesor/a do centro. Todo o profesorado no mes de xullo ten que estar ao dispor da Administración educativa aínda que non sexa período lectivo para o alumnado. No caso do/a XDO debería acordar co equipo directivo un horario flexible de asistencia ao centro que facilitara que o alumnado tivera durante o mes de xullo a necesaria información sobre: Ø itinerarios académico-profesionais, información sobre ciclos formativos de formación profesional, ensinanzas de réxime especial, Ø bolsas e axudas ao estudo (especialmente para o alumnado con N.E.E.), En relación con informes e ditames: Ø realización de informes psicopedagóxicos, Ø informes para acceso do alumnado con NEAE a ciclos formativos, Ø ditames de escolarización para alumnado con NEE que se escolarice fóra de prazo, etc
7. CUESTIÓNS RELATIVAS A PROGRAMACIÓN
● Resposta: Cuestión: Actualmente, que aspectos debe contemplar a programación do departamento de orientación? De acordo co artigo 15 da ORD 24/07/1998, o plan de orientación incluirá os seguintes aspectos: Introdución Xustificación baseada no contexto Marcolegalemarcoteórico. Obxectivos xerais. Planificación xeral e definición de accións prioritarias: § Obxectivos.
:
Liñas prioritarias de actuación o En relación coa acción titorial. o En relación co plan de atención á diversidade. o En relación coa orientación profesional. e formación ao longo da vida. Estratexias de intervención, en relación: Ø Co alumnado. Ø Co profesorado Ø Co centro educativo. Ø Coa familia e contexto. Recursos: persoais, materiais e organizativos Temporalización. §
Avaliación e seguimento do plan
.
Cuestión: É obrigatorio presentar dita programación nas mesmas datas que se fixan para o resto dos departamentos didácticos do centro?
● Resposta: A ORD 24/05/2013 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2013/2014, (DOG do 6 de xuño), dispón no artigo 9, sobre a programación didáctica, que desde o día 1 de setembro ata o inicio das clases, o profesorado dos centros públicos, colaborará na elaboración da PXA e na revisión dos proxectos educativos e concrecións de currículos, participará nas reunións de ciclos, departamentos, claustros e cantas outras actividades estean relacionadas coa organización do curso. Neste período os departamentos didácticos e os equipos de ciclo, baixo a coordinación e dirección da respectiva xefatura de departamento ou coordinación de ciclo, dedicaranse a elaborar a programación didáctica das ensinanzas correspondentes ao ciclo, ás áreas, materias ou módulos integrados no departamento e a organizar o curso escolar. A citada Orde do 24/05/2013 estase a referir con carácter xeral a todas as programacións e se ben non fai unha referencia expresa á data tope para a presentación do plan de orientación especificamente, cabe interpretar que que o dito Plan de Orientación está afectado polo dito prazo..... En todo caso, dado que este plan debe ter en conta as directrices da CCP e as aportacións do profesorado titor, xunto cos plans específicos de intervención de AL/PT, de ser necesario, poderíase solicitar a través da xefatura de estudos/dirección do centro, con destino á inspección
educativa, un prazo adicional de forma motivada para achegar as ditas programacións/plans algo máis tarde da data que se fixa na respectiva orde de calendario escolar. A antedita excepcionalidade, pode vir determinada porque con carácter previo á elaboración (ou entrega) do plan de orientación hai que realizar durante o mes de setembro: unha posta en común para acordar conxuntamente entre os centros de secundaria (IES e CPI) e os de primaria adscritos para asegurar a actuación coordinada entre os departamentos de orientación, elaborar conxuntamente as liñas xerais do plan de orientación académica e profesional e do plan de acción titorial, que deberán adaptarse aos diferentes contextos educativos de cada centro, (art. 13 da Orde do 24 de xullo de 1998)
8. CUESTIÓNS RELATIVAS A ACTUACIÓNS QUE SE DESENVOLVEN NO ÁMBITO DA ACCIÓN TITORIAL, ... Cuestión: Que funcións e/ou tarefas teñen que desenvolver o/a titor/a do ámbito científicotécnico e o/a titor/a do ámbito lingüístico e social que forman parte do departamento de orientación?
● Resposta: Con carácter xeral, as funcións recollidas no artigo 6o do Decreto 120/1998, así como as recollidas no artigo 5o da Orde do 24 de xullo de 1998 para os IES e CPI, agás as funcións directamente atribuídas ao xefe do departamento e ao profesorado de apoio. Poden ter ademais outras funcións recollidas na normativa específica (PCPI, etc) Colaborar na detección de dificultades no ámbito e na súa resposta educativa.
Cuestión: As familias e/ou os/as representantes legais do alumnado, a que documentación teñen acceso? Se solicitan copia da mesma, existe a obriga de proporcionárllela? Procedemento legal As familias teñen acceso fundamentalmente aos informes psicopedagóxicos dos seus fillos/as (sentenzas xudiciais, Valedor do Pobo, Axencia Nacional de Protección de Datos e Decreto 229/2011). Sen prexuízo dun desenvolvemento normativo posterior, o Decreto 229/2011, dispón no artigo 35.2 que “As nais, pais ou titores e titoras legais do alumnado deberán ser informadas dos resultados das avaliacións psicopedagóxicas e das medidas propostas, tendo dereito a obter copia do informe psicopedagóxico nas condicións que estableza a consellería con competencias en materia de educación”. Disposición adicional vixésimo terceira da LOE:
Os centros docentes poderán solicitar os datos persoais do seu alumnado que sexan necesarios para o exercicio da súa función educativa. § Os devanditos datos poderán facer referencia á orixe e ao ambiente familiar e social, a características de condicións persoais, ao desenvolvemento e resultados da súa escolarización, así como a aqueloutras circunstancias cuxo coñecemento sexa necesario para a educación e orientación dos alumnos. Os pais ou titores e os propios alumnos deberán colaborar na obtención da información a que fai referencia este artigo. § A incorporación dun alumno a un centro docente suporá o consentimento para o tratamento dos seus datos e, de ser o caso, a cesión de datos procedentes do centro en que estivese escolarizado con anterioridade, nos termos establecidos na lexislación sobre protección de datos. o En todo caso, a información a que se refire este punto será a estritamente necesaria para a función docente e orientadora, non podendo tratarse con fins diferentes do educativo sen consentimento expreso. No tratamento dos datos do alumno aplicaranse normas técnicas e organizativas que garantan a súa seguridade e confidencialidade. § O profesorado e o resto do persoal que, no exercicio das súas funcións, accede a datos persoais e familiares ou que afecten o honor e intimidade dos menores ou das súas familias quedará suxeito ao deber de sixilo. A cesión dos datos, incluídos os de carácter reservado, necesarios para o sistema educativo, § realizarase preferentemente por vía telemática e estará suxeita á lexislación en materia de protección de datos de carácter persoal, e as condicións mínimas serán acordadas polo Goberno coas comunidades autónomas no seo da Conferencia Sectorial de Educación. Valedor do Pobo, escrito do 17 de febreiro de 2011: § Deste precepto despréndese: o carácter confidencial dos datos, o acceso dos titulares da patria potestade á información escolar e a cesión de datos, incluídos os de carácter reservado. Para facilitar aos pais/nais copia do informe psicopedagóxico na práctica realízase de acordo co seguinte procedemento: Ø Os pais/nais ou titores solicitan no centro educativo copia do informe psicopédagóxico. Ø O centro educativo entrégalles copia do informe e quedan con constancia do recibín” na secretaría do centro. Ø No caso dos informes dos EOEs a entrega realízase tamén a través do centro educativo. Cuestión: Naqueles casos nos que sexa necesario trasladar ao equipo docente unha información confidencial sobre algún/algunha alumno/a en particular, é preciso contar coa oportuna autorización da familia e/ou representantes legais do/a mesmo? Dita autorización, en caso de se precisar, debe constar por escrito?
● Resposta: Orde do 31/10/1996 (DOG do 19 de decembro), sobre avaliación psicopedagóxica e ditame de escolarización: Art. 6º: Confidencialidade: Os profesionais que, en razón do seu cargo, deban coñecer o contido do informe de avaliación psicopedagóxica e do ditame de escolarización garantirán
a súa confidencialidade. Art. 7º: Os documentos relativos á avaliación psicopedagóxica levarán constancia do seu carácter confidencial co selo correspondente. A súa custodia será competencia do departamento de orientación [...], e trasladarase ao expediente do alumno só aquela información relevante para a intervención educativa dos docentes. Esta información levará igualmente o selo de confidencialidade. A Orde do 24/07/1998 (DOG do 31 de xullo), establece no artigo 11o, entre as funcións do XDO, a de “Velar pola confidencialidade dos documentos, se é o caso”. O artigo 35 do Decreto 374/1996, do 17 de outubro (DOG do 21 de outubro), polo que se aproba o RO das escolas de educación infantil e dos colexios de educación primaria establece as competencias do secretario, entre as que inclúe, no apartado c) a de “Custodiar os libros e arquivos do centro coa colaboración dos coordinadores do ciclo”. O artigo 32 do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 9 de agosto), polo que se aproba o ROC dos IES, establece as funcións do secretario/a, entre as que se inclúe, no apartado c) a de “Custodiar os libros e arquivos do instituto”. O artigo 6º da Orde do 24/07/1998 establece entre outras, como funcións da XDO: Velar pola confidencialidade dos documentos, se é o caso. Realizar as avaliacións psicopedagóxicas do seu centro e, se é o caso, as dos centros que lle sexan adscritos, así como asesorar no deseño, desenvolvemento e avaliación das medidas de atención á diversidade conforme o procedemento e criterios establecidos no proxecto curricular do centro e responsabilizarse, cando cumpra, da elaboración do informe psicopedagóxico. En base ao anterior, sen prexuízo da competencia do orientador/a de velar pola confidencialidade dos documentos. Poderán incorporarse ao expediente académico do alumno informes individualizados (copia). Polo que os equipos directivos e os orientadores dos centros arbitrarán as medidas para que se garanta a confidencialidade dos informes e outros documentos dos alumnos arquivados nos seus expedientes académicos. É necesario que o/a orientador/a poña especial sixilo na custodia de información “sensible” que lles facilite a familia ou servizos externos (casos de violencia de xénero, acoso, etc.) e non incluír nos informes psicopedagóxicos a información que non sexa relevante para a resposta educativa Cuestión: E aplicable o denominado “consentimento informado” ao traballo desenvolto por parte do departamento de orientación?
● Resposta: A LOE somete todo o relativo aos datos persoais dos alumnos á lexislación en materia de
protección de datos. Ø Un dos principios básicos que inspira a protección das persoas na utilización dos seus datos por terceiros é o do consentimento. O art. 6º da LOPD establece que o tratamento dos datos de carácter persoal requirirá o consentimento inequívoco do afectado, salvo que a lei dispoña outra cousa. Ø Por consentimento debe entenderse, de acordo coa definición recollida no art. 3 h) da LOPD, toda manifestación de vontade, libre inequívoca, específica e informada, mediante a que o interesado consinta o tratamento de datos persoais que lle concirnen. Ø O consentimento sempre é necesario, salvo as excepcións contempladas nos artigos 6 da LOPD e 10 do seu regulamento, e ten que ser dado con carácter previo ao tratamento, debendo ser expreso cando se traten datos de carácter persoal que fagan referencia á orixe racial, á saúde e á vida sexual, e se se trata de datos de carácter persoal que revelen a ideoloxía, afiliación sindical, relixión e crenzas o consentimento deberá ser ademais de expreso escrito, no resto dos casos admítese incluso o consentimento tácito. Ø En consecuencia, podería entenderse que determinada información “sensible” podería ter este tratamento e o seu uso ser autorizado previamente polos pais.
9. CUESTIÓNS RELATIVAS ÁS ACTUACIÓNS QUE SE DESENVOLVEN NO ÁMBITO DO PROCESO DE ENSINOAPRENDIZAXE
● Resposta: Cuestión: É necesario solicitar autorización ás familias e/ou representantes legais do alumnado para o desenvolvemento das diferentes medidas de atención á diversidade (tanto ordinarias como extraordinarias) que se pode acordar desenvolver? En principio, as familias deben estar informadas de todas as medidas de atención á diversidade que se apliquen cos seus fillos/as. No caso das medidas que a normativa expresamente indica que se precisa a autorización dos pais/nais (flexibilización da duración do período de escolarización, escolarización, incorporación a un PDC, etc.) é preciso contar coa autorización por escrito dos pais/nais. § Nos demais casos é recomendable que quede constancia de que os pais/nais foron, cando menos, informados. Nos casos de realizar unha avaliación psicopedagóxica ou solicitar a intervención do EOE sería recomendable que quedara constancia escrita do consentimento dos pais/nais. Cuestión: No caso concreto das medidas de adaptación curricular (AC) na etapa do bacharelato ou nalgún ciclo formativo
● Resposta: No caso do bacharelato, Ø na práctica educativa non se realizan ACS con carácter xeral, aínda que si se desenvolven medidas de acceso ao currículo ou adaptacións, por exemplo, na
metodoloxía, temporalización ou nos instrumentos de avaliación. Ø En todo caso, a Orde do 6 de outubro de 1995 (DOG do 7 de novembro), pola que se regulan as adaptacións do currículo nas ensinanzas de réxime xeral contempla no artigo 13 a posibilidade de que se poidan realizar ACS no bacharelato. Ø O artigo 13 do Decreto 126/2008, do 19 de xuño (DOG do 23 de xuño), polo que se establece a ordenación e o currículo do bacharelato na CCAA de Galicia, non fai referencia ás ACS, senón que no punto 5 indica: § Se no proceso de avaliación continua se advertise que unha alumna ou un alumno non progresa adecuadamente, o centro educativo, tan pronto como detecte as dificultades de aprendizaxe, adoptará medidas de reforzo educativo coa finalidade de que o alumnado adquira as aprendizaxes necesarias para continuar satisfactoriamente os seus estudos. No Bacharelato e na FP, na práctica, realízanse medidas de atención á diversidade, acceso ao currículo ou reforzos educativos que afectan aos elementos non prescritivos do currículo, polo tanto, non son ACS propiamente ditas
10. CUESTIÓNS RELATIVAS Ó FUNCIONAMENTO DAS UNIDADES DE EDUCACIÓN ESPECIAL EN CENTROS ORDINARIOS Cuestión: Cales son as responsabilidades do xefe/a do departamento de orientación respecto destas unidades e do alumnado que se poda escolarizar nas mesmas?
● Resposta: O artigo 19 do Decreto 229/2011 dispón: A Consellería con competencias en materia de educación poderá crear ou autorizar unidades de educación especial en centros ordinarios cando se entenda como recurso máis axeitado para atender as NEE de determinado alumnado, facilitando a participación e a posibilidade de compartir actividades e espazos do centro ordinario que favorezan a inclusión. A escolarización do alumnado en unidades de educación especial, combinada ou a tempo completo, e a organización da súa atención educativa, estarán suxeitas ás mesmas condicións e procedementos que os dispostos para os centros de educación especial. A escolarización do alumnado a tempo completo nunha unidade de educación especial poderá prolongarse un terceiro ano en EP e un cuarto en ESO [...] e respectando o límite de 15 anos nas unidades dos centros ordinarios de educación primaria e de 21 anos nos centros de ESO, cumpridos en ambos casos, no ano natural no que remata o curso escolar. As responsabilidades do DO coas unidades de educación especial e co alumnado nelas escolarizado son similares ás responsabilidades que ten coas restantes unidades e co resto do alumnado do centro. No plan de orientación deberán recollerse as actuacións do DO en relación coas unidades de educación especial e co alumnado nelas escolarizado. Cuestión: A aplicación XADE non recolle a existencia deste tipo de unidades, como se pode solucionar este problema? ● Resposta: Aínda que estas unidades son pouco numerosas si que sería interesante que o programa XADE as contemplara,
será cuestión de insistir para que se inclúan como unha unidade dos centros educativos coas súas peculiaridades En todo caso, na aplicación DRD dos centros, si constan estas unidades. Cuestión: Que aspectos se deben contemplar no caso de desenvolver unha escolarización combinada: unidade de educación especial vs aula ordinaria? ● Resposta: Igual que no caso dunha escolarización combinada entre un centro ordinario e un centro de educación especial, coa particularidade de que na escolarización combinada entre unha unidade de educación especial e unha aula ordinaria o alumnado pertence sempre ao mesmo centro e poderían aproveitarse mellor as estadías co alumnado ordinario (recreos, celebracións, actividades complementarias e extraescolares, saídas culturais, ...). Hai que ter moi en conta que o límite de 15 anos nas unidades dos centros ordinarios de educación primaria e de 21 anos nos centros de educación secundaria. Cuestión: Que certificación de estudos pode recibir este alumnado ao rematar a súa escolarización? ● Resposta: O artigo 17o do Decreto 133/2007, do 5 de xullo (DOG do 13 de xullo), polo que se regulan as ensinanzas de ESO na C.A. de Galicia, no apartado 7 dispón que O alumnado que curse a ESO e non obteña o título de graduado en educación secundaria obrigatoria recibirá un certificado de escolaridade en que se farán constar os anos e materias cursadas
1.11 CUESTIÓNS RELATIVAS A OUTROS ASPECTOS Cuestión: Cales son as responsabilidades do xefe/a do departamento de orientación respecto da atención que lle poden solicitar persoas alleas ao centro? ● Resposta: Entendemos que as peticións se deben formular por escrito á dirección do centro para o seu traslado ao DO. E as respostas tamén deben ser remitidas pola dirección do centro ou a través desta. Consideramos que tamén se poden realizar colaboracións, especialmente cos servizos sociais do concello, servizos médicos, etc. que participen na atención socio- sanitaria do alumnado escolarizado no centro. A colaboración con servizos externos non implica que haxa que enviarlles informes psicopedagóxicos do alumnado nin información “sensible”. A información sensible e os informes psicopedagóxicos enviaranse case con carácter exclusivo a requirimento dun xulgado ou da Fiscalía de Menores, nos demais casos os informes psicopedagóxicos entregaranse directamente ás familias a petición destas. Cuestión: Por qué non existe unha lexislación máis actual que regula as ACS axustándose á normativa vixente e elimine as actuais ambigüidades? (a orde que regula asa ACS é do ano 1995 ao amparo da LOGSE)
● Resposta: Mentres non exista normativa nova que a derrogue, as ACS deberán adaptarse á devandita Orde do 6 de outubro de 1995, coa salvidade dos artigos derrogados expresamente ou que contraveñen o disposto en normativa posterior de igual rango ou superior.
Cuestión: Procedemento para a escolarización dunha alumna en escolarización combinada a unha escolarización a tempo total nunha aula ordinaria ● Resposta: Con carácter xeral, debería realizarse o mesmo procedemento que para a escolarización combinada nun CEE ou nunha unidade de EE dun centro ordinario. A competencia para a modificación da escolarización corresponde á Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e O.U, e deberá contar con: Ditame de escolarización emitido polos servizos de orientación Informe do servizo de inspección educativa Manifestación expresa (por escrito da aceptación da nai, pai ou persoa que exerce a titoría legal) Cuestión: Realización dunha ACS a unha alumna que os pais se mostran en desacordo ● Resposta: De acordo co art. 15o da Orde do 6/10/1995 (DOG do 7 de novembro), pola que se regulan as adaptacións do curriculum nas ensinanzas de réxime xeral, “as familias dos alumnos/as que sigan algunha adaptación curricular recibirán a información pertinente das decisións adoptadas sobre a mesma. No caso de desacordo, poderán reclamar perante o director ou directora do centro e de persisitir na súa desconformidade, perante o servizo de inspección educativa correspondente, que deberá resolver”. En principio hai que intentar convencer á familia da conveniencia da ACS e mesmo dispoñer da súa conformidade expresa de aceptación do expresado no DIACS.
Cuestión: Que pasa cos recursos materiais específicos dun alumno con NEE cando cambia de centro, ¿van co propio alumno ou quedan no centro ou na unidade específica?
● Resposta: Con carácter xeral, e se son necesarios para o alumno, van co propio alumno. En caso de que o alumno non os necesite, a través da inspección educativa, do EOE ou da Xefatura Territorial podería analizarse a súa localización (deixalos na unidade de educación especial do centro, envialos a outro centro con necesidades, envialos a un centro de educación especial, etc.). Cuestión: Os informes psicopedagóxicos, cando hai cambio de etapa ou centro (EP/ESO) ou traslado, deben enviarse ao novo centro a través da secretaría ou de xefe/a a xefe/a do DO. Envíase orixinal e copia? Ten que quedar copia no centro de orixe?
● Resposta: A opinión persoal é a seguinte: orixinal do informe psicopedagóxico quedaría no DO e trasladaríase ao expediente académico copia do mesmo. Cando o alumno/a se traslade a outro centro incluiríase no seu expediente copia do informe psicopedagóxico e o orixinal quedaría no DO do centro de procedencia. Unha vez que o alumno estea escolarizado noutro centro podería realizarse ademais un intercambio de información entre a XDO do centro de procedencia e do centro de destino para completar a información incluída no expediente do alumno/a. Cuestión:Os informes psicopedagóxicos deben permanecer no DO ou no expediente académico (en secretaría).
● Resposta: Consideramos que o documento orixinal do informe psicopedagóxico debería custodiarse no DO e trasladar copia ao expediente do alumno para que o profesorado que traballa co alumno teña acceso ao mesmo. orientador/a debería ser coidadoso coa inclusión no informe psicopedagóxico de información “sensible” sobre o alumno/a que poida coñecer a través das entrevistas realizadas coas familias e mesmo cos propios alumnos. Cuestión: A entrega dos informes psicopedagóxicos a outras institucións (menores, estamentos xudiciais, SERGAS) ten que ser necesariamente a través da familia? Entréganse aos pais en sobre aberto ou pechado? É imprescincible orixinal e copia no centro e rexistro de saída?
● Resposta: Consideramos que a copia dos informes fundamentalmente a través das familias.
psicopedagóxicos
deberán
facilitarse
No caso de que Menores asuma a tutela do alumno/a poderíase facilitarse copia dos informes, quedando tamén constancia no centro da entrega da mesma. No caso do SERGAS a entrega debería realizarse a través das familias. No caso de estamentos xudiciais, pode facilitarse directamente ao xulgado ou á Fiscalía de Menores, a requirimento destes. Non é relevante a entrega en sobre aberto ou pechado. Debe entregarse copia dos informes e deixar o orixinal no departamento de orientación. En todos os casos debe quedar no centro constancia escrita da entrega. Cuestión: Pódese enviar un informe psicopedagóxico por correo electrónico? Que protección debe ter o ordenador onde están os arquivos cos informes psicopedagóxicos? É necesario algún tipo de protección dos arquivos cos informes? ● Resposta: Podería avanzarse por correo electrónico dentro da propia Administración educativa (inspección, Xefatura territorial, Consellería, ...), enviando tamén a posteriori informe por correo ordinario.
Podería protexerse con algunha clave. É aconsellable que mesmo sexa remitido en formato pdf ou noutro no que non se poida ou non resulte doada a súa manipulación. En principio non nos consta que estea contemplada unha protección especial do ordenador cando se traten arquivos con informes psicopedagóxicos. Cuestión: O envío de informes psicopedagóxicos á inspección educativa ten que realizarse necesariamente a través de correo electrónico?
● Resposta: Ás veces, desde a inspección educativa, solicítanse informes psicopedagóxicos por correo electrónico para axilizar procedementos (escolarización, flexibilización da duración do período de escolarización, petición de recursos humanos, etc.). Como recomendación: deberían enviarse os informes en formato pdf para evitar manipulación, coa sinatura e selo do departamento de orientación. Tamén se deben enviar por correo ordinario.