Reciclate con sogama pdf

Page 1

“RECÍCLATE CON SOGAMA” CURSO 2015-2016

"RECICLANDO COS NOSOS AMIGOS PAPELOTE, LIXIÑA , BRICKI E VIDRIÑO"

Colexio Plurilingüe Divina Pastora Ourense

1


PROXECTO RECICLATE CON SOGAMA E. PRIMARIA : FORMACIÓN DOS ECOVIXIANTES MÁIS PEQUENOS. Este mes os alumnos de E.Primaria están recibindo diferentes sesións de formación para prepararse ben na tarefa do reciclaxe. Desta e outras sesións sairán expertos vixiantes para os recreos que axudaran a todos a non olvidar que deben depositar en cada contenedor. ensinarán aos alumnos de Educación Infantil a reciclar correctamente.Nesta actividade cada pequeno irá acompañado dun ECOVIXIANTE que lle axudará a depositar correctamente en cada un dos contenedores do lixo os diferentes residuos. FOTOS : 2º de E. Primaria Aprenderon moitas cousas traballando coa axuda da presentación de SOGAMA sobre boas practicas de reciclaxe.

E fixeron unhas normas para deixar na clase e tamén as levaron para as súas casas.

2


3ยบ de E. Primaria

Traballaron moito, e fixeron uns murais e carteis moi bonitos para concienciar a toda a comunidade educativa de cales son as boas prรกcticas.

Desta xa quedaron formados para empezar a vixiar nos recreos os novos pequenos ecovixiantes.

3


6º de E.Primaria

Estiveron traballando co Power Point de Sogama, así como en grupos cooperativos, fixeron un concurso de boas prácticas de reciclaxe. Foi moi fructífera a tarefa realizada.

4


Fixeron resumos das normas a seguir para separar ben e colocalos polo centro LEMBRA PARA SEPARAR BEN E RECICLAR MELLOR: - AMARELO: envases de plástico, latas e briks (nunca plásticos que non sexan envases nin envoltorios. Por exemplo, vasos, pratos e cubertos de plástico, bolígrafos, xoguetes, …). - AZUL: papel e cartón (nunca os que estean sucios ou con restos de graxa, os papeis plastificados, encerados e de calco). É importante retirar previamente as anelas, arames e grampas. - IGLÚ VERDE: non o tedes na illa de reciclaxe, pero simplemente que saibades que este acolle os envases de vidro (botellas, frascos e tarros, sen os tapóns). Ollo cos vidros especiais (restos de cristalerías, espellos, ….. O seu destino debe ser o contedor verde convencional). - XENÉRICO (verde ou gris): fracción resto (materia orgánica e refugallos non reciclables, iso é, panos de papel, pañais, cables, etc).

POSTA EN MARCHA DO NOSO COMPOSTEIRO e FORMACIÓN NA AULA DA NATUREZA PARA LEMBRAR COMO SE FAI O COMPOST Tras os meses de verán no que a nosa horta descansou poñemos de novo a funcionar o noso composteiro na horta ecolóxica que nos cedeu o Concello e comeza a operación de recollida de residuos orgánicos no comedor para levalos ata a nosa horta todas as semanas.

5


TODOS APRENDERON QUE NO COMPOSTEIRO: 1.

PODO DEPOSITAR

Restos de comida: froitas e verduras; casca de ovo; arroces e pasta cocida; pan. Pousos de café, té e infusións. Cinzas e serrín de madeira non tratada. Papel, cartón, xornais. Restos de poda, raíces, follas, céspede e material do xardín esmiuzados (canto máis leñoso, máis tempo tarda en compostar). Restos de colleita da horta, sen pesticidas ou fitosanitarios. Esterco de animais herbívoros. Pó e peluxe do aspirador, fibras naturais, pelos, anaquiños de teas naturais, plumas. 2. NON PODO DEPOSITAR Aceites vexetais e minerais. Restos de plantas enfermas ou con pesticidas, insecticidas, etc. Madeira tratada con pinturas, vernices, etc. Produtos lácteos. Peixe ou carne. Follas de piñeiro ou eucalipto. Excrementos humanos ou de animais domésticos carnívoros (cans, gatos, etc...). Medicamentos. Pañais desbotables. Papel de cor brillante, impreso con tinta de cor ou plastificado. Obxectos duros, pedras, vidro, metal, plástico, tetrabrik, baterías...

A todos lles quedou claro que o compost é un fertilizante natural con excelentes propiedades para o solo xerado a partir da reciclaxe de restos orgánicos. E xa están feitos uns expertos en compostaxe.

6


SESIÓN DE XARDINERIA ECOLÓXICA NA AULA DA NATUREZA

Aprenderon a coidar a horta empregando o compost que eles mesmos están encargándose de facer coa recollida que fan todos os alumnos do colexio , sobre todo os que fan uso do servizo de comedor , que día tras día separan os diferentes residuos que despois levan ao noso composteiro. Tamén aprenderon a podar, a realizar tarefas de plantación … e un montón de cousas máis sobre como se debe coidar unha horta totalmente ecolóxica.

7


SESIÓN FORMATIVA PARA O CLAUSTRO (recordatorio de boas prácticas) Houbo unha sesión de formación para todo o persoal do centro co obxectivo de facer una separación eficiente dos residuos xerados no centro e concienciar a todos os profesores e persoal non docente da importancia de diminuir a cantidade de residuos xerados. Para iso apostamos por diferentes actividades coma: Fotocopiar por ambos lados o papel Comprar papel reciclado para o uso no centro Fomento do aforro enerxético Reflexión sobre as actividades desenvolvidas Informar na páxina web ás familias das actividades realizadas e na prensa escolar RECOLLIDA SELECTIVA DE RESIDUOS En todo o centro recollese selectivamente certo tipo de residuos: -

TAPÓNS , que se destinan a fines benéficos coma a compra de cadeiras para nenos con parálise, tratamentos para nenos con enfermidades dexenerativas …

-

PILAS, BATERIAS , TONER…. que levan ao punto limpo os ecovixiantes ou ben o o recolle o servizo de ,Punto limpo do Concello de Ourense.

8


-

RECOLLIDA DE BOLÍGRAFOS para a empresa TERRACYCLE que RECOLLE bolígrafos, rotuladores … e con eles fai outros materiais coma bolsos, carteiras , regadeiras, recipientes de plástico …

9


-

RECOLLIDA DOS PRODUCTOS DE LABORATORIO son recollidos por unha empresa especializada GAIR .

UN PARTIDO POLO PLANETA : SEMANA EUROPEA DE PREVENCIÓN DE RESIDUOS

Con motivo da Semana Europea da Prevención de Residuos 2015, que se celebra entre o 21 e o 29 de novembro , o xogo medioambiental “Un partido polo planeta”, serve para formar aos alumnos nas boas prácticas ambientais vinculadas ao principio comunitario dos tres erres (redución, reutilización e reciclaxe). Así, foméntase que xeren menos refugallos en orixe, que alonguen a vida útil dos produtos antes de convertelos en residuos e que separen correctamente os distintos materiais que conforman o lixo para que sexan depositados nos contedores correspondentes, garantindo o seu posterior reciclado. “Un partido polo planeta” foi un recurso de moita utilidade para que os pequenos poidan aprender a xestionar os seus residuos dunha forma sostible, axudándolles a afianzar coñecementos, a resolver dúbidas e a corrixir erros.

10


LIMPEZA DO RÍO LONIA Ao longo do ano os alumnos de 5º e 6º de primaria acompañados polos alumnos de ESO e bacharelato limpan as veiras e controlan a calidade das augas do río Loña , zona que temos apadriñada dende fai anos.

11


FORMACIÓN DO PROFESORADO E DAS FAMILIAS Houbo unha sesión de formación para todo o persoal do centro e das familias co obxectivo de facer una separación eficiente dos residuos xerados no centro e concienciar a todos os membros da comunidade educativa da importancia de diminuir a cantidade de residuos xerados. Para iso, apostamos por diferentes actividades coma: Fotocopiar por ambos lados o papel ,comprar papel reciclado para o uso no centro,fomento do aforro enerxético,reflexión sobre as actividades desenvolvidas,informar na páxina web ás familias das actividades realizadas e na prensa escolar …

12


FABRICACIÓN DE MARACAS NAS CLASES DE 1º E 2º DE PRIMARIA PARA A MATERIA DE MÚSICA Os máis pequenos do colexio fabricaron con btellas ou tarros de plástico os seus instrumentos da clase de música

RECIOLLIDA SELECTIVA DE XOGUETES E ROUPA PARA COLABORAR CON CARITAS E APES Recolléronse xoguetes e roupa que trouxeron as familias dos nosos alumnos e que posteriormente foi clasificada e embalada polos alumnos de Educación Primaria con axuda dos alumnos de bacharelato da materia de voluntariado e solidariedade.

13


14


ELABORACIÓN DA DECORACIÓN DE NADAL NOS CURSOS DE 3º E 6º DE PRIMARIA Creación dunha árbore de Nadal con cartóns de ovos e un boneco de Neve , “Vasitos” elaborado cos vasos que se tiran da maquina do café.

15


CELEBRACIÓN DO DÍA DA PAZ Todas as etapas empregaron materiais reciclados para crear murais e lema sobre a paz. En E. Primaria fixeron unha pomba cos vasiños que se tiran das bebidas. En secundaria un mural do mundo cunhas mans e palabra PAZ feitos con tapóns reciclados de diferentes cores e ademáis con tapóns de cor laranxa fixeron o lema do obxectivo do curso “A paz é o camiño”. Letras e murais que estiveron colgados no patio do colexio durante a semana da Paz.

16


Despois de todo o traballo, de tanto cravar vasiños noos anacos de corcho que había no taller de tecnoloxía dende fai tempo sin usar , hai que dicir que a nosa pombiña quedou ben bonita!!

17


TALLER DE ENTROIDO PARA REALIZAR COMPLEMENTOS PARA OS DISFRACES CON MATERIAIS RECICLAdos (3º E. Primaria) Para os disfraces deos nenos , que iban de Pedro Picapedra, fixeron con periódicos reciclados o garrote característico que leva para defenderse.

18


E quedaron así de chulos!! Mesmo semellaban ser de pedra!!

CHARLAS SOBRE RECICLAXE E SEPARACIÓN DE RESIDUOS

Os alumnos dos últimos cursos de E.Primaria e 1º ESO recibiron unha charla para recordar cales deben ser as boas prácticas a seguir en materia de

19


separación de residuos. Ademais de concienciar ós alumnos das vantaxes e do aforro económico que supón a un Concello coma o de Ourense con datos reais que foron moi interesantes para o alumnado presente nas mesmas .

Tamén agraciaron ao Centro con varios xogos e libros de actividades para as titorías. Estes materiais serven para seguir coa tarefa de concienciación nas aulas. FORMACIÓN DE 2 PROFESORES EN XESTIÓN DE CALIDADE MEDIO AMBIENTAL : para acadar a certificación de centro ECOEFICIENTE dous dos nosos profes están a formarse para ser uns bos xestores en caluidade medioambiental.

RECICLANDO MOBILES PARA AXUDAR A SALVAR AS VIDAS DOS MONOS EN AFRICA En colaboración coa asociación SUSTINEA e coa Universidade de Vigo e o proxecto que leva a cabo a primatóloga Susana Rodríguez Fariña, a “Jane Goodall” Ourensana, os nenos do colexio trouxeron teléfonos móbiles vellos para colaborar na loita contra a desaparición de diferentes especies de primates . Moitos chimpancés e macacos recollidos no centro de recuperación da Fundación Mona , chegan animais procedentes do tráfico ilegal o da industria do los chimpancés y macacos recollidos en el centro de recuperación, al que chegan animais procedentes del tráfico ilegal o de industrias adicadas ao divertimento que chegan en condicións lamentables. Os nenos e as súas familias colaboraron con un número moi elevado de móbiles que contribuíron a salvar a vida de moitos primates de África que se

20


atopan aloxados na Fundación Mona cuxo Centro de Recuperación de Primates se atopa ubicado en Riudellots de la Selva (Girona, España). O seu obxectivo é acoller, rehabilitar y resocializar a primates decomisados y ofrecerlles unha vida o máis cercana posible aos individuos da súa especie.

21


MATERIALES PARA A CELEBRACIร N DA CHEGADA DA PRIMAVERA Os alumnos de E. Primaria realizaron na materia de plรกstica diferentes traballos para adornar os corredores con motivo da chegada da primavera.

22


VISITA A ESTACIÓN DEPURADORA DE OURENSE E XORNADA DE AQUALOXÍA Os rapaces de E. Primaria visitaron a ETAP de Ourense e recibiron unha sesión teórica –práctica para entender a necesidade e importancia da separación de aceites,xabóns e outros vertidos que cando chegan aos nosos ríos son unha fonte de perigos para toda a fauna e flora dos mesmos, así coma un perigo para a saúde das persoas senón se tratasen as augas antes do seu consumo pola poboación.

23


Tamén fixeron diferentes experimentos para coñecer as propiedades e características da auga e as condicións en que podemos atopala cando vertemos productos tóxocos nas augas dos nosos ríos.

24


25


AXENDA 21: HÁBITOS DE BOAS PRÁCTICAS Normas de aforro enerxético : no centro aplicaronse normas para a mellora e o aforro enerxético tanto en canto as luces , as billas da auga, peche das ventás e portas nas épocas de inverno …

Uso de materiais funxibles de modo ecoeficiente: fotocopias faranse sempre por as dúas caras e empregando papel reciclado, as follas que queden por unha cara sen utilizar empregaranse para que os nenos fagan debuxos nas aulas de gardería, acollida matinal... Os rapaces poderán e deberían empregar os cadernos que quedaron aínda sen acabar para o próximo curso , conseguindo así non favorecer a tala de árbores para fabricar papel. As informacións do colexio enviaranse por comunicados a través da Plataforma de Seguimento Pedagóxico sempre que non sexa necesario a firma da circular informativa.Así contribúese ao aforro de papel. Motivar aos alumnos a boa separación dos residuos para axudar a diminución dos mesmos tanto no colexio coma nas súas casas. Promover nas titorías , nas diferentes materias , na páxina web , no blog de ecoloxismo … e nas diferentes vías de comunicación que o centro ten coas familias as boas prácticas para favorecer o desenvolvemento sostible e a diminución dos residuos.

26


Para a implantación dun sistema de xestión medioambiental inclúese:  Boas prácticas medioambientais (e a sensibilización).  Actividades para o desenvolvementoo das boas prácticas.  Análise de resultados: Cálculo de la redución do CO2. Empregaráse

unha

metodoloxía

cuantitativa

cuasi-experimental,

establecendo unha relación causal entre as actuacións “boas prácticas medioambientais” e a sensibilización e a redución de CO2. Tomáronse como mostra un grupo de alumnos de 3º de Educación Primaria (50 escolares). Para

a

súa

execución

empregáronse

as

seguintes

técnicas

e

actividades que se mediron en tres momentos ( xaneiro, marzo e maio): - Titorías (regra das tres R, reciclaxe , sopa de enerxía , investigacións na aula sobre o tipo de bombillas , sistemas de aforro de auga nos baños …) - Etiquetas y carteis para lembrar as boas prácticas nas aulas - Diseño de actividades e realización de cuestionarios as familias - Documentos e Calculadora CO2 Casi todos alumnos chegaron as seguintes conclusións:  “Non gastar tanta agua.”  “Apagar as luces cando hai luz natural.”  “Usar menos o proxector senón é imprescindible.”  “Eu podo apagar as luces ao sair da clase.”  “Pecha sempre os grifos…” Polo tanto, todos entenden o que implica o mal uso da enerxía e de outros recursos e son conscientes de que poderían facer un millor uso deles.

27


PROMOCIÓN E CONCIENCIACIÓN “TODOS DEBEMOS SEPARAR OS RESIDUOS POLO BEN DA NOSA CIDADE E PARA O FUTURO DOS NOSOS DESCENDENTES E FOMENTAR O DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE Faise a traves de : 

Páxina web do colexio http://www.colexiodivinapastora.com/

LUA DIXITAL(Revista dixital do colexio) http://luadixital.blogspot.com.es/

Blog de medio ambiente e ecoloxismo do colexio http://www.colexiodivinapastora.com/content/acceso-blog-generalmedioambiente-ecologismo

Twiter do centro e correspondentes 3.0 https://twitter.com/franciscanasou

Facebook FranciscanasOU

Na prensa local, periódico “La Región” Sección (Prensa Escuela) Xornal Escolar

Programa Voz Natura

1


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.