Guía de estudo nº 2

Page 1

GUÍA DE ESTUDO Nº 2: Poboación e poboamento 1. Cantos habitantes ten o planeta e onde se concentran en maior medida? 2. Explica o tres momentos claves no crecemento da poboación 3. Cales son os factores que explican a desigual distribución da poboación mundial? 4. Cal é o problema da superpoboación e que repercusións ten? 5. Define: densidade de poboación, taxa de natalidade, taxa de mortalidade, crecemento natural, poboamento, paisaxe humanizada, localización (da cidade), situación (da cidade), xerarquía urbana 6. Explica os movementos espaciais da poboación. 7. Como se distribúe por idade a poboación. 8. Cal é a estrutura da poboación por actividade laboral 9. Como se distribúe a poboación en España e cal é a súa densidade media. 10. Explica as principais causas do descenso da natalidade en España 11. Características das migracións interiores en España. 12. Explica o futuro da poboación española 13. Tipos de pirámides (para o exercicio práctico). 14. Que criterios diferencian os núcleos urbanos dos rurais? 15. Explica pos tipos de poboamento rural 16. Como podemos dividir os núcleos rurais pola súa forma e pola súa relación coa actividade agraria? 17. De que é resultado o poboamento urbano? 18. Como se chaman os grandes núcleos urbanos? 19. Indica que función desempeñan as cidades 20. Explica brevemente o plano ortogonal ou en cuadrícula, o plano radiocéntrico e o plano irregular. 21. Que partes podemos distinguir nunha cidade? 22. Os problemas urbanos e as súas solución. 23. Cales son os problemas sociais na cidade. 24. Que cambios se produciron no poboamento rural español nos últimos anos? 25. Explica como é a rede urbana española Podes axudarte na preparación do blog, etiquetas poboación, poboamento http://xeografialuisseoane.blogspot.com


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.