1.- A ILUSTRACIÓN A Ilustración foi un movemento filosófico na Europa do século XVIII, naceu como unha ideoloxía oposta ao modelo de organización política, social e económica do Ántigo Réxime. Os ilustrados pretendían, entre outros obxectivos, terminar coa ignorancia e coa incultura da poboación mediante a educación e o desenvolvemento da ciencia e do progreso. O pensamento ilustrado tiña os seguintes principios: • • •
Desexo de coñecer e ensinar. A importancia da razón. A igualdade e a liberdade.
A difusión das ideas ilustradas realizouse a través das Acdemias, dos libros, dos xornais e das tertulias. Ilustrados como DÁLEMBERT e DIDEROT dirixiron unha gran obra de gran transcendencia, a Enciclopedia, na que se recompilaron, por orde alfabética, os coñecementos de arte, ciencia, gramática e filosofía.
2.- CRÍTICAS E REFORMAS DOS ILUSTRADOS O ilustrados, á vez que se cuestionaban a estrutura do Ántigo Réxime, proporcionaban ideas sobre os cambios: • •
•
En política defendían a limitación do poder dos reis. En economía, rexeitaban o mercantilismo e amosaban a súa preferencia pola fisiocracia, que defendía que a verdadeira fonte da riqueza estaba na agricultura e no traballo. En sociedade, proponían unha sociedade na que non existisen privilexios ante a lei.