Muller escríbese con

Page 1

MULLER ESCRÍBESE CON “I” DE IGUALDADE Mulleres e homes libres e iguais Na nosa sociedade iniciouse un proceso de retroceso en materia de igualdade que é necesario frear e ao tempo defender as conquistas logradas e recuperar a senda dunha sociedade equitativa, libre e xusta, onde mulleres e homes compartan os espazos público e privado. XXVI ENCONTRO DO PEA-UNESCO Alcoi-Xullo de 2013


1. PRESENTACIÓN A “igualdade” é un dos valores fundamentais da “Declaración Universal dos Dereitos Humanos” e un dos principios sobre os que se define a nosa Constitución (1978). Falar de dereitos das mulleres e dignificar o seu papel no mundo é loitar polo cumprimento dos Dereitos Humanos, da Carta Mundial das Mulleres e dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio. Porén, a historia da humanidade é a historia da desigualdade entre homes e mulleres, desigualdade baseada na inxustiza, a violencia e a dominación dun sexo sobre outro. Para xustificala arbitráronse compendios relixiosos, filosóficos, legais e culturais que certificaban a inferioridade das mulleres, limitando ao tempo a súa liberdade, os seus dereitos e a súa capacidade de decisión. Fronte a isto e ao longo da historia as mulleres rebeláronse ante unha situación que lles impedía tomar decisións sobre a súa vida ou a súa sexualidade: mulleres como Hatshepsut, Hipatia de Alejandría, Florence Nightingale, Olimpia de Gouges, Clara Campoamor, Rosa Parks, Dolores Ibárruri,… 2. OBXECTIVO XERAL o Pór en valor a pertenza á Rede do Plan de Escolas Asociadas da UNESCO. o Reforzar o traballo cooperativo coas outras escolas de Galicia. 3. OBXECTIVOS DO PROXECTO o Reflexionar sobre o pasado, recordando as mulleres que ao longo da historia se rebelaron contra un destino inxusto, loitando polos seus dereitos e contribuíndo ao desenvolvemento da humanidade. o Revisar estereotipos, pensar novos modelos de ser muller e de ser home. o Reforzar as relacións de xénero desde o respecto, a corresponsabilidade e o recoñecemento mutuo. o Aprender que a igualdade nos beneficia a todas e todos, poñendo en valor non só o espazo público senón tamén o ámbito familiar e persoal. o Analizar os diferentes comportamentos de homes e mulleres no ámbito do consumo. o Recoñecer que a igualdade é imprescindible para o benestar dos pobos: sen a plena participación das mulleres non se pode acadar. o Aprender a atopar un equilibrio entre a vida laboral, privada, social e persoal.


o Impulsar a corresponsabilidade nas tarefas domésticas. o Promover o uso dunha linguaxe inclusiva e non sexista. 4. ESCOLAS PARTICIPANTES o IES “Luís Seoane” de Pontevedra. o IES “Pedra da Auga” de Ponteareas. o IES “Pazo da Mercé” de As Neves. 5. COMPETENCIAS TRABALLADAS o Competencia en comunicación lingüística. o Tratamento da información e competencia dixital. o Competencia social e cidadá. o Competencia cultural e artística. o Competencia para aprender a aprender. o Autonomía e iniciativa persoal. 6. METODOLOXÍA Será en todo momento unha metodoloxía activa, socio-afectiva, baseada no traballo cooperativo en equipos interdisciplinares e en comunidades de aprendizaxe, nos que participarán estudantes de diferentes niveis educativos pero tamén, profesoras e profesores de diferentes áreas, nais e pais, persoal non-docente, persoas colaboradoras, expertas e expertos no tema da igualdade e monitores e monitoras da Concellería de Xuventude e do Concello de Pontevedra e do Concello de Ponteareas. Perseguirá a adquisición dunha serie de aptitudes psicosociais adscritas a tres grandes categorías: cognitivas (espíritu crítico, resolución de conflitos, búsqueda de solucións), afectivas (autoestima, mellora da imaxe persoal, manexo do estrés e das emocións, capacidade de resposta, superación do temor ao fracaso) e sociais (capacidade para negociar e chegar a acordos, cooperación e empatía, compromiso coa contorno e capacidade para asumir as propias decisións e os propios retos). 7. ÁREAS INVOLUCRADAS NO IES “LUÍS SEOANE”DE PONTEVEDRA o o o o o o o o

Lingua e Literatura Galegas de 1º/2º/3º/4º ESO e 1º/2º Bacharelato. Ámbito Sociolingüístico (PDC) de 3º e 4º. Ciencias Sociais e Xeografía de 3º/4º ESO. Educación para a Cidadanía e os Dereitos Humanos de 2º ESO. Ética de 4º ESO. Antroploxía e Socioloxía de 2º Bacharelato. Historia do Mundo Contemporáneo de 1º Bacharelato. Obradoiro de Iniciativas Emprendedoras de 4º ESO.


o PLAMBE de Mellora das Bibliotecas Escolares. o Titorías do 1º e 2º Ciclo da ESO. o Departamento de Orientación.

NO IES “PEDRA DA AUGA” DE PONTEAREAS: o o o o o o o o

-Titorías do 1º e 2º Ciclo da ESO e PCPI -Atención Educattiva de1º ESO -Plástica de 1º e 4º ESO -CCSS de 1º ESO -Matemáticas de 2º ESO -Lingua Castelá 1º ESO e 2º PCPI -Departamento de Orientación –Biblioteca

NO IES “PAZO DA MERCÉ” DE AS NEVES o 1º , 2º , 3º e ESO 8. AVALIACIÓN Avaliación continua, das actividades e procesos, que levaron a efectuar as adaptacións necesarias. Desenvólvese en diferentes momentos e en diferentes niveis xa que hai cualificacións obxectivables como son: a) b) c) d)

Os resultados dos procesos de investigación. A participación nos eventos do centro. As presentación públicas dos resultados A cooperación nos equipos.

E outros que fan referencia a criterios subxectivos, tales como: a) Os cambios de actitude nos comportamentos diarios. b) A asunción da igualdade como un valor social e persoal fundamental. 9. MECANISMOS DE COORDINACIÓN ENTRE OS CENTROS Houbo dúas vías diferentes: a) Contacto a través do mail e dos blog das respectivas escolas, era fácil coñecer como ían os proxectos. b) A través das reunión do profesorado, coincidindo coas reunión mensuais das escolas nas que sempre existía un apartado de traballo por proxectos.


10. DESENVOLVEMENTO DO TRABALLO NO IES “LUÍS SEOANE” 1º TRIMESTRE a) INICIO DO PROXECTO Ao comezo do curso 2012/2013 pensamos na necesidade de traballar pola igualdade entre mozas e mozos fronte a unha realidade que semella ser teimuda e con comportamentos e actitudes resistentes ao cambio. Aínda máis, parecía existir unha volta atrás nas posición máis conservadoras no ámbito social. 1ª ACTIVIDADE: coñecemos a situación mundial e facemos un debate para saber de que falamos cando impulsamos a igualdade. En primeiro lugar tratariamos de responder á cuestión: De que falamos cando impulsamos a igualdade? Partimos dunha serie de cifras achegadas pola Organización das Nacións Unidas que amosan a desigualdade que afecta ás mulleres (extraídas do libro Datas e Datos para lembrar en pé de igualdade… e non esquecer o resto do ano): o o o o o o o o o o o o o

Un terzo das familias de todo o mundo está a cargo de mulleres soas. O 75 % das persoas pobres son mulleres. O 75 % das persoas analfabetas son mulleres. O 80 % das persoas refuxiadas ou desprazadas no mundo son mulleres. As mulleres cobren o 67 % de horas de traballo do mundo, pero só gañan o 10 % e son propietarias do 1%. O salario das mulleres en países industrializados supón entre un 30 e un 40 % menos que o dos homes. 110 millóns de mulleres e nenas sufriron mutilación xenital e cada ano seguen a ser mutiladas 2 millóns máis. Nas guerras, as mulleres son violadas en masa. A violación é utilizada como arma. De cada tres mulleres, unha recibe malos tratos no mundo. Cada 8 segundos, unha muller é maltratada fisicamente. Unha de cada seis mulleres sufriu unha violación na súa vida. En China, Bangla Desh e Corea do Sur, os infanticidios e os abortos son selectivos. O 99 % das vítimas son bebés ou fetos muller. Haberá que agardar 400 anos para acadar a igualdade laboral entre homes e mulleres. (Organización Internacional do Traballo, OIT).

Tamén nos axudamos dun texto moi clarificador “Non hai actualmente ninguna sociedade onde as mulleres dispoñan das mesmas oportunidades cós homes (…) persiste unha pauta xeralizada de desigualdade entre as mulleres e os homes en canto ao seu acceso á educación, á saúde e á nutrición, e aínda


máis na súa participación nas esferas económica e política” (Fondo de Poboación das Nacións Unidas, PNUD). A discusión e o debate foi moi enriquecedor: mozas e mozos foron quen de abandonar unha visión eurocentrista do tema e descubriron que a realidade é moi distinta do que inicialmente pensaban. 2ª ACTIVIDADE: que aprendemos de ONU-Mujer? Nun segundo paso, navegaron pola páxina web de ONU-Mujer (aínda que xa algunhas e algúns tiñan coñecemento da súa existencia). Recollemos o texto “Acerca de ONU Mujer” e traballámolo nas aulas dos diferentes niveis: “En julio de 2010, la Asamblea General de las Naciones Unidas creó ONU Mujeres, la Entidad de la ONU para la Igualdad de Género y el Empoderamiento de la Mujer. Al hacerlo, los Estados Miembros de la ONU dieron un paso histórico en la aceleración de los objetivos de la Organización en materia de igualdad de género y de empoderamiento de la mujer. La creación de ONU Mujeres formó parte de la reforma de la ONU, al reunir los recursos y mandatos para obtener un mayor impacto. Fusiona y seguirá el importante trabajo de cuatro componentes del sistema de la ONU, con el fin de centrarse exclusivamente en la igualdad y el empoderamiento de las mujeres: División para el Adelanto de la Mujer (DAW) Instituto Internacional de Investigaciones y Capacitación para la Promoción de la Mujer (INSTRAW) Oficina del Asesor Especial en cuestiones de género (OSAGI) Fondo de Desarrollo de las Naciones Unidas para la Mujer (UNIFEM) Las principales funciones de ONU Mujeres son: Dar apoyo a las entidades intergubernamentales como la Comisión de la Condición Jurídica y Social de la Mujer en su formulación de políticas y estándares y normas mundiales, Dar asistencia a los Estados Miembros para implementar esos estándares, dando cuando sea necesario el apoyo técnico y financiero adecuado para ayudar a los países que lo soliciten, así como para establecer alianzas eficaces con la sociedad civil; y


Hacer que el sistema de la ONU rinda cuentas de sus compromisos en materia de igualdad de género, incluyendo el monitoreo continuo de los progresos dentro del sistema. Atendiendo las Necesidades de las Mujeres del Mundo Durante varias décadas la ONU ha hecho progresos importantes en el adelanto de la igualdad de género, incluyendo los acuerdos históricos como la Declaración y Plataforma para la Acción de Beijing, y la Convención para la Eliminación de todas las Formas de Discriminación contra la Mujer (CEDAW). La igualdad entre los géneros no es sólo un derecho humano básico, sino que su logro tiene enormes ramificaciones socioeconómicas. Fortalecer a las mujeres da un impulso a las economías florecientes, a la productividad y al crecimiento. Sin embargo, las desigualdades entre los géneros están muy arraigadas en las sociedades. Las mujeres no tienen acceso a un trabajo decente y se enfrentan a la segregación ocupacional y a las diferencias en los salarios por su sexo. A veces también se les niega el acceso a la educación básica y a los servicios de salud. Las mujeres de todas las regiones del mundo son víctimas de violencia y de discriminación y están mal representadas en los procesos de la toma de decisiones. Durante varios años, la ONU se ha enfrentado a serias dificultades en sus esfuerzos por promover la igualdad de género en el mundo, incluyendo una financiación inadecuada y ningún motor reconocido que dirija las actividades de la ONU en materia de igualdad de género. ONU Mujeres ha sido creada para atender esas dificultades. Será un defensor dinámico y fuerte de las mujeres y de las niñas, otorgándoles una voz poderosa en los ámbitos mundial, regional y local. En base a la visión de igualdad de la Carta de las Naciones Unidas, ONU Mujeres se consagrará, entre otras cosas, a trabajar en pro de: o la eliminación de la discriminación en contra de las mujeres y las niñas; o el empoderamiento de la mujer; y o el logro de la igualdad entre las mujeres y los hombres, como socios y beneficiarios del desarrollo, los derechos humanos, las acciones humanitarias y la paz y la seguridad.” (http://www.unwomen.org/) 3º ACTIVIDADE: definimos o concepto de “igualdade” e copiamos a proposta de FETE-UGT, fixemos copias e traballámola en todas as aulas. Queriamos saber se estabamos ou non de acordo.


Tras esta primeira reflexión chegamos a unha definición de igualdade compartida por todas e todos “Igualdade non quere dicir que non recoñezamos as diferenzas entre mozos e mozas senón darlles o mesmo valor e acabar coa discriminación”. Polo tanto, a igualdade valora como algo natural a diferenza, pero non a desigualdade, que significa inxustiza, violencia e dominación dun sexo sobre outro. Usamos a proposta “Educando en igualdade” da FETE-UGT, para difundir a qué faciamos referencia cando falabamos de igualdade que era algo: • • • • • • • •

Xusto, como ser tratadas e tratados da mesma forma ante a lei. Importante, como poder participar coas mesmas oportunidades en todos os ámbitos da sociedade. Imprescindible, como non temer pola túa vida nin pola túa seguridade ou das persoas que queres. Fundamental, como non sufrir a discriminación ou o acoso por cuestión de sexo. Valioso, como sentir a autonomía e a liberdade. Complexo, como é construír relacións baseadas no respecto. Sensato, como compartir dereitos e obrigacións na vida persoal, familiar, social e profesional. Fundamental, como é recoñecer que mulleres e homes portamos valores, coñecementos e unas experiencias que herdamos de séculos de historia e que son imprescindibles para o desenvolvemento da humanidade. Interesante, como descubrir que podemos reinventarnos e ser todo o que soñemos sen sentir ningún obstáculo polo feito de ser muller ou home. Especial, como que todo ser humano poida desenvolver todo o seu potencial afectivo, intelectual, artístico ou físico.

b) Respondemos á convocatoria do Plan PROXECTA de innovación educativa da Xunta de Galicia. Presentamos dúas propostas que foron seleccionadas: a primeira ao programa Galicons.net, sobre o consumo desde unha perspectiva de xénero, e a segunda a Quérote + centrada na formación da mocidade en temas relacionados coa imaxe corporal e autoestima, afectividade e sexualidade, convivencia, seguridade no uso das novas tecnoloxías e prevención de consumos. 4ª ACTIVIDADE: deseñáronse os programas, seleccionáronse os grupos e niveis que ían traballar neles e iniciouse o desenvolvemento dos mesmos.


GALICONS. NET ALUMNAS E ALUMNOS PARTICIPANTES 44 estudantes de 4º ESO DESCRICIÓN DO PROXECTO Introducción: Ao longo dos anos vénse camiñando cara a unha igualdade real muller/home e aínda que semella estar conseguida nos papeis, a realidade é moito máis túzara e acaba por amosar fortes resistencias ao cambio. Temática intimamente ligada ao noso compromiso que, como centro de ensino da Rede PEA-UNESCO, adquirimos sumándonos ao proxecto Rede de Centros Coeducativos. Esta pretende ser unha plataforma de experimentación para o deseño e desenvolvemento conxunto dunha estratexia coeducativa que promova cambios nas relacións de xénero e permita corrixir estereotipos sexistas e condutas discriminatorias, tendo como obxectivo último a prevención de da violencia de xénero en idades temperás. Mulleres e homes son “consumidores” de bens e servizos na nosa sociedade e coa nosa investigación queremos poñer en claro varias hipóteses: compran as mesmas cousas mulleres e homes?, quen decide nas compras de bens duradeiros?, compórtanse de igual xeito os mozos e as mozas?. Ao tempo queremos analizar os estereotipos de mulleres e homes na publicidade, clave para para frear ou reproducir a desigualdade e a discriminación sexual. Obxectivos XERAL A incorporación da perspectiva de xénero no ámbito do consumo e a utilización dos estereotipos feminino e masculino na publicidade. ESPECÍFICOS • • • • •

Descubrir os hábitos de consumo de mulleres e homes. Sinalar o papel das mulleres e dos homes na toma de decisión na compra de bens duradeiros (casas, automóbil,…). As mulleres consumidoras. Os homes consumidores. Promover hábitos de consumo sostibles.


• •

Establecer os trazos dos modelos masculinos e femininos que transmite a publicidade. Aparición de novas tendencias na publicidade.

ORGANIZACIÓN, DESENVOLVEMENTO E METODOLOXÍA Organización Galicons.net desenvolverase por medio de equipos de investigación cooperativos e interdisciplinares. Secuencia • • • • • •

Recopilación de información que nos permita establecer o marco teórico. Análise da información relevante. Elaboración de dúas enquisas sobre hábitos de consumo: unha para as familias e outra para os mozos e mozas. Elaboración dunha ficha de observación para a análise dos anuncios en TV. Análise dos resultados. Elaboración dun traballo conxunto (formato revista dixital).

Metodoloxía A metodoloxía proposta oriéntase á adquisición dun conxunto de valores e actitudes prosociais adscritas a tres grandes categorías: cognitivas, afectivas e sociais. AVALIACIÓN Realizarase en dous niveis: o A cooperación e o compromiso co grupo. o Os resultados da investigación. QUÉROTE + Desde os centros Quérote Máis un equipo multidisciplinar formado por Educadores/as Sociais,Traballadores/as Sociais e Psicólogos/as ofrece formación dirixida á mocidade en temas relacionados coa imaxe corporal e autoestima, afectividade e sexualidade, convivencia, seguridade no uso das novas tecnoloxías e prevención de consumos. Trabállase de xeito colaborativo con recursos complementarios para facer chegar ao alumnado e a toda a comunidade educativa a información en canto ás temáticas abordadas dun xeito completo e unificado, establecendo mecanismos estables de colaboración entre todos os implicados neste proceso de aprendizaxe.


Esta intervención inicial nos centros dará lugar ao desenvolvemento de proxectos interdisciplinares levados a cabo polo alumnado participante que desenvolva dun xeito activo e colaborativo as temáticas traballadas nos obradoiros, integrándoas na programación anual das materias implicadas no seu desenvolvemento. Os obradoiros, dirixidos ás alumnas e alumnos de 3º ESO celebraranse no 1º e 2º trimestre do curso. Desenvolvemento dos obradoiros e temas tratados: Realízaronse as sesión coordinadas por xóvenes do programa Quérote+ do Concello e debatíronse os seguintes temas: 1.Convivencia: Convivir cos demais no é só vivir xuntos e xuntas nun espazo físico. Cómpre aprender a coñecer aos compañeiros e ás compañeiras e colaborar entre todas e todoss para conseguir obxectivos comúns. E se queremos que un grupo funcione, é necesaria a colaboración de todas e todos e unha boa organización. Neste sentido, os obxectivos da sesión estiveron encamiñados a destacar a necesidade de colaboración e a experimentar a importancia de se organizar para ser eficaces. De igual maneira, para lograr o anterior: a importancia de saber escoitar e do diálogo no proceso da información. Por último, a necesidade da cohesión e de aprender a tomar decisións por consenso. 2.Imaxe corporal: A adolescencia é unha etapa na que se sofren cambios a nivel físico, psicolóxico, emocional e social. Os cambios non son idénticos nin ao mesmo tempo nos homes e nas mulleres. O obxectivo desta sesión foi identificar e coñecer os cambios que se producen na adolescencia a nivel físico, psicolóxico, emocional e social. Como complemento: recoñecer o significado e a importancia das relacións interpersonais na adolescencia, afondando nos conceptos de amizade e compañeirismo. 3. Sexualidade: Con esta sesión pretendeuse crear un espazo de debate na aula que permitise a libre expresión de sentimentos e vivencias persoais. Así, asumidos os cambios psicosexuais que se viven na adolescencia, tratar de coñecer como se xeran a orientación do desexo, dos sentimentos e da conduta humana. Insistiuse sobre todo en valorar positivamente a sexualidade e o papel que nela xogan a comunicación, a intimidade e o afecto.


Como actividade suplementaria, incidiuse na orientación sexual, é dicir: aos tipos de obxecto polos que sentimos atracción sexual e cara os que diriximos os nosos desexos. Unha serie de actividades encamiñadas a aclarar a heterosexualidade, homosexualidade e bisexualidade, así como as parafilias, completaron estas sesións. 4. As drogas A educación na saúde é básica e resulta indispensable. Para abordar con realismo o problema das drogas convén diferenciar claramente os feitos e as suposicións, os efectos a curto e longo prazo das máis consumidas na nosa sociedade e a legalidade ou ilegalidade dunha droga. O obxectivo desta sesión é: un coñecemento mínimo e básico pero rigoroso sobre as drogas coa finalidade de educar en saúde e no coidado do propio corpo. 5. Utilización segura das Tics Dada a importancia e utilización constante das novas tecnoloxía da comunicación, especialmente as redes sociais, traballouse nunha sesión na importancia do respecto, tamén por estes medios. da intimidade e vida dos e das demais e, sobre todo, dos perigos e complicacións legais que se derivan do mal uso destas ferramentas. 5ª ACTIVIDADE: creáronse grupos cooperativos de investigación por niveis e escolléronse os ámbitos de traballo. o 1º e 2º de ESO: investigarían sobre os “Dereitos das nenas e dos nenos” e celebrarían dúas conmemoracións: o 11 de novembro, “Día Internacional das Nenas”, que coincidiu no tempo co atentado de Malala; e o 20 de novembro, “Día Internacional dos Dereitos das Nenas e dos Nenos”. o 3º de ESO: traballaría sobre os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio (ODM) e sobre a trata de mulleres e nenas na actualidade. o 4º de ESO: traballaría sobre a Ruta transatlántica de escravos e as figuras de paz: Harriet Tubman, Levi e Catherine Coffin, Rosa Parks, Irena Sendler,…Un traballo a subliñar é o de Sara Martínez sobre La isla bajo el mar, de Isabel Allende, que narra a historia dunha escrava de Saint Domingue. o 1º de Bacharelato: traballaría “A Auga: Fonte de vida” xa que o 2013 sería o Ano Internacional da Auga: Fonte de vida. Varios dos equipos de investigación centraron os seus traballos en dous ámbitos relacionadodirectamente coa igualdade: “O acceso á auga desde unha perspectiva de xénero” e “O uso ético da auga”. o 4º ESO no OIEM: traballaría sobre “Consumo e xénero”, cuxas propostas foron: “Hábitos de consumo de mulleres e homes”, “Estereotipos masculinos na publicidade”, “Hábitos de consumo”, “ A


imaxe da muller na publicidade”, “Consumo e xénero”, “A imaxe da muller na publicidade antiga”, “Novas tendencias na publicidade”, “As campañas de Nadal para nenas e nenos”, 6ª ACTIVIDADE: presentáronse publicamente os resultados dos proxectos de investigación. 7ª ACTIVIDADE: o 25 de Novembro “Día Internacional da loita contra a violencia sobre as mulleres”, proxectouse na pantalla do vestíbulo unha presentación que serviu de base a un debate xeral en todas as aulas. Aproveitamos para coñecer e comentar as leis españolas que teñen un valor fundamental na procura da igualdade, a saber: Lei de Igualdade Efectiva entre Mulleres e Homes, unha lei que percorre todos os ámbitos e incorpora entre as súas liñas de actuación os plans de igualdade nas empresas, consolida o recoñecemento da conciliación como dereito laboral e fomenta a corresponsabilidade (permiso de paternidade); Lei de Atención a Persoas Dependentes; e a Lei Integral contra a Violencia de Xénero. Incorporamos ao noso debate o “Papel das mulleres no mundo e os ODM”. 2º TRIMESTRE 1ª ACTIVIDADE: as alumnas Sandra Pereira e Natalia Martínez de 1º de Bacharelato presentaron, na segunda semana de xaneiro a súa comunicación “O uso ético da auga” no XVI Encontro Internacional de Jóvenes Cientistas celebrado na cidade de Santarém (Portugal). 2ª ACTIVIDADE: no mes de xaneiro xuntáronse dúas conmemoracións que para nós estaban unidas: 27 de xaneiro “Día Internacional para recordar ás vítimas do Holocausto” e o 30 de xaneiro “Día Escolar da Non Violencia e a Paz”. Preparación das conmemoracións: 1. En primeiro lugar difundimos o manifesto da Directora Xeral da UNESCO, Ms. Irina Bokova. Este ano o lema era Auxilio e rescate durante o Holocausto: o valor de axudar”. “O 27 de Xaneiro de cada ano a UNESCO rende tributo ás vítimas do Holocausto. Nesta data conmemórase a liberación en 1945, polas tropas soviéticas, do campo de concentración e exterminio de Auscwitz-Birkenau. Durante a II Guerra Mundial, o réxime nazi e os seus colaboradores asasinaron a seis millóns de xudeos, homes, mulleres e nenos, nun intento de aniquilar sistematicamente a comunidade xudea de Europa. Asemade, movidos pola súa ideoloxía racista, perseguiron e mataron a millóns de persoas doutros grupos, xitanos (roma e sinti), minusválidos, opositores políticos, homosexuais e a membros doutros moitos colectivos.


A historia deste xenocidio perpetrado na II Guerra Mundial non é cousa do pasado. É unha historia viva, que nos concerne a todos, calesquera que sexan as nosas distintas procedencias, culturas ou relixións. Despois do Holocausto téñense producido outros xenocidios en varios continentes. Como extraer mellores ensinanzas do pasado?” Concordaba coa figura seleccionada para todas as Escolas Asociadas da UNESCO como figura de Paz, a saber IRENA SENDLER, o anxo do gueto de Varsovia, así que se difundiu a súa vida e o seu compromiso no rescate dos nenos e nenas do gueto, nas súas palabras “ A razón pola que rescatei aos nenos ten a súa orixe no meu fogar, na miña infancia. Fun educada na crenza de que unha persoa necesitada debe ser axudada de corazón, sen mirar a súa relixión ou nacionalidade” 2. En segundo lugar, preparamos unha Exposición sobre o holocausto e na nosa investigación descubrimos a unhas mulleres excepcionais na nosa Comunidade: LOLA TOUZA, a galega de Ribadavia que salvou a 500 xudeos. Lola rexentaba a cantina do ferrocarril e organizou, entre 1941 e 1945, unha rede de fuga de xudeos para pasalos a Portugal. A súa heroicidade foi recoñecida polo Estado de Israel. ANIA HORSZOWSKI, sobrevivente do Holocausto e que vive en Caldas de Reis e MICHELINE WOLANOWSKI en Vigo. 3. En terceiro lugar, demos difusión ao texto de Ana Horszowski e Micheline Wolanowski para sensibilizar aos e ás estudantes sobre lo acontecido nos campos de exterminio: Vésperas dun 27 de xaneiro, Día Internacional en Memoria das Vítimas do Holocausto PUBLISHED ON 26 XAN 2013 HORSZOWSKI

MICHELINE

WOLANOWSKI

E

ANIA

Señor Editor, Dicía Elie Wiesel, escritor e sobrevivente de Auschwitz e de Buchenwald, que para el a indiferenza era a personificación do Mal. E para que o Mal non se personifique máis, para que o respecto polas vítimas que houbo ata as vésperas mesmas dun 27 de xaneiro de 1945 non se quebre de vez e para que Europa, en todos e cada un dos seus recantos, conserve o legado de dignidade dos que se alzaron contra ese Mal, escribimos agora estas liñas. Escribimos agora, en vésperas doutro 27 de xaneiro, nós, mulleres xudeas, a quen nos tocou vivir uns tempos de devastación e persecución. Nós, mulleres de Europa, que de súpeto perdemos familiares, amigos, as formas sinxelas e felices da nosa vida e do noso mundo, e que, por unha


mestura de loita e de acaso ao límite, evitamos o exilio prematuro, definitivo e atroz desta vida, un exilio que o nazismo trazara para nós sen remedio. Podemos, pois, conter o alento máis unha vez e lembrar aqueles días, para que o seu significado real non se perda nunca entre as xeracións vindeiras. Escribimos agora, moitos anos despois de termos percorrido esa xeografía dos guetos, dos campos de concentración, do racismo... Escribimos agora, tamén con tristura, con preocupación, co corazón xeado cando presentimos, de novo, como unha sombra envelenada, esa indiferenza e esa mesma acusación obscena de outrora, signos inquietantes de odio e de prexuízos. Escribimos agora desde Galicia, a onde as tribulacións e os vieiros da vida nos trouxeron e onde a nosa memoria atopou un agocho, un xeito de sosego. E porque sabemos que tamén houbo galegos que non regresaron nunca dese arquipélago de morte que foi Mauthausen, tamén por eles escribimos, desde a irmandade da dor e da lembranza. Desde os milleiros de nomes anónimos que foron conducidos ao exterminio, ata os nomes doutras mulleres (grandes mulleres xudeas e non xudeas, como Milena Jesenská, como Edith Stein, como Gertrud Kolmar...) que tamén foron asasinadas daquela e cuxa obra e cuxas vidas servirán de exemplo para unha existencia máis cívica e máis libre; por todos eses nomes escribimos agora, en vésperas dun 27 de xaneiro, para que non se impoña a indiferenza perante ese Mal”. 4. En cuarto lugar, xunto co grupo da Biblioteca, proxectouse un documental sobre Irena SenIdler, e dúas entrevistas con Ania Horszowski e Micheline Wolanowski (gravadas pola Asociación de Amizade Galicia-Israel). 5. O 27 de xaneiro, inaugurouse oficialmente a Exposición e alumnado e profesorado colocaron a estrela de David en lembranza das vítimas. O 30 de xaneiro, a estrela acompañouse dunha pomba da paz. A exposición foi visitada e traballada por todos os niveis educativos e estivo acompañada cunha presentación coa biografía de Irena Sendler, proxectada na pantalla do vestíbulo. 3ª ACTIVIDADE: igual que no primeiro trimestre, organizáronse equipos de investigación por niveis. 2º de ESO: Traballou sobre “A Trata transatlántica de escravos”, desde a época das colonias ata as novas formas de escravitude, centradas en: •

A trata de mulleres e nenas.


• • • •

O traballo doméstico forzado. A explotación laboral de nenas e nenos. Os matrimonios forzados e a idades temperás. Os crimes de honra.

Traballamos o informe sobre os países máis perigosos para ser muller. Debate conxunto. 3º de ESO: a proposta foi “A Auga: fonte de vida” que se centrou en diferentes ámbitos: “Auga e seguridade alimentaria”, “Auga e xénero”, “O uso ético da auga” e “Río + 20”. 4º de ESO: a súa proposta de investigación estaba centrada na “Equidade de xénero” dividida en varios ámbitos: “O sexismo na comunicación”, “Igualdade de oportunidades/ Discriminación de xénero”, “A sociedade contra a violencia de xénero”, “As violencias masculinas e a violencia machista”, “A masculinidade hexemónica”, “As novas masculinidades”, “Muller e pobreza”, “O papel da muller no desenvolvemento das súas comunidades”, “O empoderamento das mulleres”. 1º de BACHARELATO: a súa proposta foi “Equidade e xustiza social, A Interculturalidade”, os resultados serían presentados aos demais estudantes. As propostas feitas son as seguintes:

4º ACTIVIDADE: foi a clave das actuación no segundo trimestre, porque o 8 de marzo celebrariamos o “Día da muller traballadora”. Para iso decidimos contar coa axuda das mulleres da nosa contorna: nais, avoas, veciñas,


profesoras, persoal non docente, amigas,… Queriamos montar unha Exposición Fotográfica sobre “As mulleres das nosas familias” que iría acompañada con obxectos da vida cotiá: libros escolares, labores femininas, útiles de traballo, … Ao tempo elaborouse unha presentación sobre o “8 de Marzo e o porqué da súa vixencia” que sería proxectada na pantalla do vestíbulo. Programáronse diferentes actividades na “SEMANA DA MULLER” ( 4 ao 8 de marzo):

Día 4 de marzo: inauguración da Exposición “As mulleres da nosa familia”. Proxección da presentación “Muller escríbese con “i” de igualdade”. “Conversas ao carón dos Libros”: celebrouse ao longo de toda a semana e as alumnas e os alumnos tiveron a oportunidade de coñecer a vida de mulleres da nosa contorna: Pilar Clavijo, mestra xubilada; Carmen Gago, escritora e pintora; Mely Fandiño, periodista radiofónica e Ofelia Campos, nai, panadeira, emigrante. O día 8 tivemos unha mesa redonda coa presenza de: Carmen Fouces, Concelleira de Benestar do Concello de Pontevedra; Ángeles Pedreira, periodista e xefa de prensa do Concello de Ponteveda; Concepción Pereiro, empresaria e membro da directiva de AEMPE; e finalmente María Lores, nai e presidenta da ANPA do Instituto. Durante a mesma, fíxose entrega dunha placa do Luís Seoane, en recoñecemento por parte da comunidade educativa, ao seu compromiso, á súa cooperación permanente e ao feito de ser unha muller traballadora: a nosa conserxe, Pilar Batalla.

A Exposición permaneceu aberta durante tres semanas e foi visitada, acompañada dunha ficha de visita por todos os cursos do Instituto. Presentamos o texto completo da intervención de María Lores, cremos que é un texto importante para a reflexión. “NAIS E EDUCACIÓN: Primeiro quero agradecer á profesora Luísa Márquez a invitación para estar presente nesta mesa. Síntome afortunada de poder mostrar un punto de vista non habitual no día da muller traballadora. Eu son María Lores, son nai dunha rapaza e dun rapaz que estudan neste instituto e son unha muller traballadora. Desafortunadamente para min non recibo ningún salario polos traballos que fago cada día. Nin polo traballo na casa, nin por ser presidenta de ningunha asociación nin por traballar unha leira de cando en vez. Pero afortunadamente para min, os beneficios do meu traballo son outros e non sempre medibles; a non ser que teñamos un bo ano e a colleita de patacas sexa boa. Como non traballo a cambio dun salario consto como “muller non traballadora”. Xa me gustaría a min, porque, por exemplo, cando vós estades


de vacacións, eu sigo traballando, sigo coas tarefas de todos os días. Parte do meu traballo consiste en facer para que veñan outros a desfacer, e así cada día. Pero é un traballo indispensable. Sen el asegúrovos que a miña casa sería un caos. Tamén están as asociacións, ás que lle dedico menos tempo do que me gustaría e ás veces máis do que debería. Pero tamén é un traballo necesario porque de xeito individual nunca se conseguen melloras. Debemos facernos oír e máis nos tempos que corren, que mesmo semella que queren taparnos a boca e levarnos a épocas que queremos esquecer. Unha das asociacións é a ANPA deste instituto é a outra é unha asociación de familias de persoas con Síndrome de Asperger. Esta experiencia asociativa é algo que lle aconsello a todo o mundo porque amosa puntos de vista diferentes e ponnos os pes no chan ademais de ser unha escola de vida magnífica. Entrevistas con persoas responsables da administración educativa e sanitaria, entrevistas coa prensa, escribir documentos contando a situación destas persoas, son algunhas das tarefas que debo facer; e sobre todo coordinar os traballos de moitas outras persoas colaboradoras. Pero de todos os traballos que fago o máis importante, sen dúbida, é educar, porque eu son educadora no sentido máis profundo e firme da palabra. Como nai para min educar é un deber e este deber non o podo delegar, é meu. Lin estes días que educar é unha arte, e certamente así é. Educar é axudar a desenvolver todos os potenciais de que dispón o ser humano é unha actividade continua que pretende algo moi simple: crear homes e mulleres capaces, libres e felices. Como se consegue este reto? É difícil, para que dicir outra cousa. Os fillos non veñen con “libro de instrucións” e iso dificulta moito a nosa tarefa. As nais temos que facer algo moi difícil: axudar a decidir pero nunca decidir por vós. Debemos dicir “si” moitas veces, pero tamén debemos dicir “non” porque somos seres sociais e o mundo está cheo de normas e algunhas, asegúrovos, son de “obrigado cumprimento”. Vós que sodes adolescentes precisades e reclamades máis liberdade pero non por iso necesitades menos supervisión e límites. E xa sei que as nais temos un defecto enorme, queremos sabelo todo, pero todo, todo; iso é imposible (xa vos encargades vós), pero nós insistimos. O que realmente importa desta tarefa é educar en valores. E os valores non se inxectan nin se administran por vía oral; só se transmiten con exemplo sincero e cotián e asegúrovos que iso non sempre é doado. Ter criterio e manter as decisións non é fácil, pero é o noso traballo (e temos que cumprilo se queremos cobrar a fin de mes). Pero atentos, porque ao mesmo tempo que nós educamos co exemplo, vós, receptores e receptoras da educación tendes que estar coas orellas e os ollos ben abertos para escoitar en vez de oír e para ver en vez de mirar. Na mesma medida que para min a educación é un deber, para vós é un dereito e non podedes renunciar a el. Tendes dereito a unha educación universal, gratuíta e inclusiva e neste país, universal pode ser, pero non é nin inclusiva nin gratuíta (ou que nolo digan en setembro cando temos que mercar libros de texto, ou o próximo curso cando teñamos que pagar o comedor escolar). Con educación non hai distinción de clases, a educación é o que nos iguala e o que nos ofrece todas


as posibilidades da vida. A través da educación poderedes chegar a onde queirades, e é a través da educación como se chega á liberdade porque para ser libres debemos coñecer; para escoller debemos saber o que escollemos. Non me digades nada, xa sei que é moi difícil, que tendes moitos centros de atención, moitas redes sociais, etc. Pero tendes a obriga de crer en vós mesmos porque todos, e digo TODOS podemos “dar de si”; non todos na mesma medida nin do mesmo xeito, pero sempre podemos dar algo máis. Agora no mundo que nos toca vivir (e mais no que nos queren impoñer) parece que o único importante é educar para que os nosos fillos e fillas sexan capaces intelectualmente, pero esquecemos que o máis importante é ensinar como responder ante problemas emocionais. A xestión das emocións é un dos retos da educación de hoxe. O ser humano é competitivo pero a evolución foi posible grazas á capacidade de traballo en equipo e á capacidade de transmitir coñecementos dun ao outro. Non estamos educando máquinas ás que lles teñamos que meter canta máis información mellor, estamos educando persoas e como tales, todas DIVERSAS. E con isto quero dicir algo que me parece moi importante: A DIVERSIDADE É UNHA RIQUEZA NON UN PROBLEMA. Da diversidade debemos aprender e nunca considerar que os demais son diferentes e nós “normais” porque todo depende da perspectiva. Todo depende de onde nos situemos para observar a vida. Pola educación podemos e debemos loitar porque só con educación lograremos cambiar o mundo. E non pensedes que isto é cousa de grandes pensadores, porque o mundo cámbiase con pequenos xestos, só temos que querer, pero querer de verdade e crer que podemos facelo. Pensade que cada un de vós é quen de cambiar o mundo. Para rematar quería dicirvos que eu de quen aprendín máis na miña vida foi dunha muller pequena de aparencia fráxil pero forte coma un buxo que se chamaba Isolina, era a miña avoa. E asegúrovos que as cousas importantes da vida aprendinas dela, e non de accións trascendentais nin de grandes conferencias. Ela ensinaba cada día, botando patacas, debullando millo, apañando herba, muxindo a vaca... Ensinaba co que dicía, e tamén co que calaba, como afrontaba o traballo, sobre todo coa súa xenerosidade ante a vida. O máis importante que me ensinou era que o fundamental da miña vida era a miña educación e por iso era necesario traballar, loitar e crer en poder facelo. Xa me gustaría a min poder educar como facía ela, de vagar. MOITAS GRAZAS. MARÍA LORES”

3º TRIMESTRE 1ª ACTIVIDADE: os equipos de traballo organizáronse de novo, as e os estudantes deben investigar sobre os diferentes ámbitos, así: 2ª de ESO: comezou o seu traballo sobre “A Auga: Fonte de vida”, centrados nos ámbitos de “O papel da auga na vida das mulleres e das nenas”, “A auga e


a seguridade alimentaria”, “ A auga e a saúde das mulleres e nenas” e “Río +20”. 3º de ESO: a súa proposta sería “A Equidade de xénero”, nos diferentes aspectos “A linguaxe sexista”, “A igualdade de oportunidades de mulleres e de homes”, “A violencia contra as mulleres”, “O ideal do amor romántico”, “Os micromachismos”, “A masculinade hexemónicas e novas masculinidades”, “Publicidade e xénero”, “A discriminación no ámbito laboral”, “Muller e crise económica”, “A trata de mulleres e nenas”,… 4º de ESO: analizaría o “Papel das mulleres nos conflitos armados”, “A muller como arma de guerra”, “As nenas soldado”,… 1º de Bacharelato: debería ler o libro Tráfico sexual. El negocio de la esclavitud moderna de Siddhart Kara para celebrar un debate conxunto o 21 de maio. Tres importantes claves serían: “O tráfico sexual, o negocio ilícito máis rendible por diante do tráfico de drogas”, “tras esta práctica acumúlanse torturas, secuestros e violacións” e “xenera uns 35.000 millóns de dólares anuais”, axudándose dun dos tres libros seguintes: 1. Clara Usón: La hija del Este. Edit. Seix Barral (Bosnia-Herzegovina) 2. Zena el Khalil: Beirut, I love you. Punto de lectura (Guerra del Líbano2005) 3. Geling Yan: Las flores de la guerra. Punto de lectura (Guerra chinoxaponesa). 4. Abraham B. Yehoshúa: La novia liberada. Edit. Anagrama (Conflito árabe-israelí). 2ª ACTIVIDADE: o día 23 de Abril “Día Mundial do Libro”, centrouse a conmemoración nunha muller , Rosalía de Castro, polo 150 Aniversario da publicación de Cantares Gallegos. Alumnas e alumnos, profesoras e profesores, persoal non docente e nais mantivéronse lendo a obra, sen pausa, ao longo de toda a xornada. 3ª ACTIVIDADE: O día 24 de abril, data de nacemento de Rosalía de Castro, fíxose unha lectura- dramatización-musicalización de poemas desta muller da que non hai comparanza nas letras do mundo: a nosa é a única literatura que ten como figura central, innovadora e emprendedora, unha muller que rompe todos os preceptos machistas propios do século XIX e aínda do século XX, de aí o feito de ser repudiada entre o colectivo masculino despois de que publicase o seu segundo libro (Follas novas)... Participaron representantes de todos os cursos da ESO e BACH. 4ª ACTIVIDADE: presentación pública dos resultados das investigacións. Elaboración de artigos para a nosa revista A Ponte de ferro.


5ª ACTIVIDADE: como remate do curso, haberá unha Exposición resume de todas as actividades e un intercambio de experiencias entre os diferentes niveis educativos 11. PRODUTOS ELABORADOS o o o o

Traballos de síntese. Presentacións dixitais. Revista escolar A Ponte de Ferro. Albumes fotográficos.

12. PARA SABER MÁIS DO NOSO PROXECTO http://emprendedoresobradoiro.blogspot.com http://espazodecooperacion2010.blogspot.com 13. MATERIAIS DE CONSULTA o “Educando en igualdade. Guía para mozas e mozos de secundaria”, FETE-UGT. o Datas e datos para lembrar en pé de igualdade… e non esquecer o resto do ano, Autoras: Mª Luisa Abad, Esther Mato e Mercedes Oliveira. Concellería de igualdade (Vigo). o Tráfico sexual. El negocio de la esclavitud moderna. Autor: Siddhart Kara. o “Educar nos afectos, frear a violencia”. Autor: Manuel Dios Ortiz. SGEP. o “Aprendendo a previr a violencia de xénero”. Autora: Sonia Souto. Xunta de Galicia. o A Condesa rebelde. Xunta de Galicia. Secretaría Xeral de Igualdade. o “Educar para previ-la violencia de xénero”. Servizo Galego de Igualdade. Xunta de Galicia. o “Educando en valores: Sobre a Liberdade”. Autor: Moisés Lozano Paz. SGEP o www.unwomen.org o www.educandoeniguldad.org o www.igualdadevigo.org o www.stegsindicato.org Secretaría da Muller. o http://www.edu.xunta.es/web/planproxecta E outras moitas páxinas de internet, facilmente localizables. 14. AGRADECEMENTOS


Todo este traballo desenvolvido non sería posible sen a entusiasta participación das alumnas e alumnos do IES “Luís Seoane”, das súas profesoras e algún dos seus profesores, das nais, persoal non docente, amigas e amigos do centro.

15. DESENVOLVEMENTO DO PROXECTO NO IES “PEDRA DA AUGA” 1º TRIMESTRE INICIO DO PROXECTO: A certeza de que a Violencia de Xénero en todas as súas manifestacións, como problema de primeira magnitude no noso país, aliméntase da persistencia de ideas, actitudes, comportamentos e relacións contaminadas polo machismo e o sexismo, interiorizados e reproducidos moitas veces de forma inconsciente, especialmente pola nosa mocidade, levounos a embarcarnos nun ambicioso proxecto de sensibilización e prevención.

1ª ACTIVIDADE: ACTIVIDADE DE MOTIVACIÓN E SENSIBILIZACIÓN. Tratamos de contextualizar o tema da violencia de xénero; coñecer estereotipos e prexuízos sobre o mesmo; desmontar mitos e dinamizar os grupos. Partimos da visualización de dúas curtametraxes: “A Cincenta que non quería comer perdices”.Presentación baseada no libro do mesmo nome. Autoras:Nunila López Salmero e Myriam Cameros Sierra. Editorial PLANETA.2009 . Alumnado de 1º e 2º ESO “Propiedade privada”.Dirixida por Angeles Muñiz Cachon. Protagonizada por Natalia Dicenta e Eduardo Velasco. 2006. Alumnado 3º e 4º ESO e 2º PCPI. Analizamos ambas curtametraxes mediante fichas-cuestionario e traballo individual e en grupos de 3 ou 4 persoas e trasladamos as conclusións ao debate plenario nas aulas. O alumnado familiarizouse con conceptos básicos relativos á teoría do xénero; desmontou crenzas erróneas que asimilan a violencia de xénero tan só á violencia física ou a determinantes económicos ou raciais; puxo de manifesto a súa empatía cas vítimas asumindo a responsabilidade que temos todas as


persoas fronte esta violación dos dereitos humanos fundamentais e a necesidade de tomar unha postura activa para súa erradicación no propio entorno. Algunhas das conclusións materializáronse en dous pósters interactivos (glopster) que colgamos no blogue do proxecto.

2ª ACTIVIDADE: QUE PODEMOS FACER NOS? Abriuse un debate, consultamos diversos materiais e propostas (...)asi como as experiencias extraidas da súa contorna inmediata; reflexionamos sobre como previr ou, na súa falta, recoñecer e detectar violencia nos inicios dunha relación; tratamos de desmontar crenzas,esterotipos e roles asimilados falsamente ao amor romántico,como os celos, e extraemos as características máis valoradas para definir unha relación de parella sa. Os resultados materializáronse na elaboración dun sinxelo tríptico informativo co que difundir, entre a comunidade educativa, coñecementos e estratexias básicas cos que afrontar a violencia de xénero e recursos especializados aos que acudir.

3ª ACTIVIDADE: CONMEMORACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO (25 DE NOVEMBRO) Obradoiros de prevención da violencia de xénero en idades temperás, a cargo de persoal especializado do Concello (psicólogas e traballadoras sociais) Dirixidos ao alumnado de 2º e 4º ESO, e 1º PCPI, ca intención de traballar a realidade inmediata do alumnado, como complemento das actividades antes mencionadas.

4ª ACTIVIDADE: CINE-COEDUCACIÓN Afondamos no tema da desigualdade de xénero, rompendo ca metodoloxía habitual das clases, a través do ocio, nunha cita habitual co cine dentro das actividades navideñas. Proxección dos filmes: “Billy Elliot”. Dirixida por Stephen Daldry. Gran Bretaña. Ano 2000. Alumnado de 1º e 2º ESO “Osama”. Dirixida por Siddiq Barmak. Afganistán - Japón – Irlanda. Ano 2003.


Alumnado 3º e 4º ESO e 2º PCPI. Analizamos ambas mediante fichas-cuestionario seguido dun debate nas aulas. Reflexionamos sobre a masculinidade hexemónica e as novas masculinidades, a muller e a relixión, a muller e a pobreza, a muller e a educación, ... O alumnado elaborou con algunhas das conclusións dous pósters interactivos (glopster) que colgamos no blogue do proxecto.

5ª ACTIVIDADE: Respondemos á convocatoria do Plan PROXECTA de innovación educativa da Xunta de Galicia. Presentamos dúas propostas que foron seleccionadas: a primeira ao programa Galicons.net, sobre o consumo desde unha perspectiva de xénero, e a segunda a Quérote + centrada na formación da mocidade en temas relacionados coa imaxe corporal e a convivencia. Deseñáronse os programas, seleccionáronse os grupos e niveis que ían traballar neles e se iniciou o desenvolvemento dos mesmos. GALICONS. NET ALUMNOS E ALUMNAS PARTICIPANTES: Alumnado de 1º e 2º ciclo da ESO, 1º e 2º de PCPI. DESCRIPCIÓN DO PROXECTO INTRODUCCIÓN: Dentro do programa GALICONS-NET optamos como plan de traballo para este curso escolar, 2012-2013, por: CONSUMO E XÉNERO. Temática intimamente ligada ao noso compromiso que, como centro de ensino da Rede PEA-UNESCO, adquirimos sumándonos ao proxecto Rede de Centros Coeducativos. Esta pretende ser unha plataforma de experimentación para o deseño e desenvolvemento conxunto dunha estratexia coeducativa que promova cambios nas relacións de xénero e permita corrixir estereotipos sexistas e condutas discriminatorias, tendo como obxectivo último a prevención de da violencia de xénero en idades temperás. Xa que o ámbito escolar, como espazo de relación, constitúe un lugar privilexiado para construír un novo modelo de convivencia entre homes e mulleres, que garanta a plena e total participación destas e daqueles nun plano de igualdade, e para a detección e prevención de desigualdades; consideramos que o proxecto GALICONS-NET bríndanos unha estupenda oportunidade , a través do traballo colaborativo de alumnado e profesorado, para canalizar o


noso comportamento como consumidores en favor dunha educación igualitaria, non sexista, fundamental para a transformación de roles e relacións de xénero. OBXECTIVOS: • •

Saber facer preguntas, informarse, recoñecer, tomar conciencia da relación consumo/xénero e os seus problemas. Promover unha actitude analítica e crítica por parte do alumnado, que pasaría a considerar as relacións consumo/xénero como un problema propio, definíndose a eles mesmos como consumidores. Actuar, ensaiando diversos tipos de comportamento e observando seus resultados. Promovéndose deste xeito a defensa de seus intereses, a nivel individual e de grupo, e a solidariedade e actuación responsable no seu contorno e no contexto da sociedade. Traballar cun sentido colaborativo e interdisciplinario, que afectaría positivamente non só o alumnado senón tamén o profesorado.

ORGANIZACIÓN, DESENVOLVEMENTO E METODOLOXÍA: Nas titorías, atencións educativas, proxecto educativo e, na medida que o propio currículo das materias o permita, traballarase de forma coordinada e interdisciplinar nos distintos niveis e aulas. O traballo será individual e en grupo, seguindo tres pasos: 1. FASE DE MOTIVACIÓN E SENSIBILIZACIÓN: cinefórum, lectura e análise de artigos e anuncios publicitarios en distintos soportes, obradoiros, etc. 2. INVESTIGACIÓN E ANÁLISE: partindo dos coñecementos e experiencias propias do alumnado e do seu contorno como consumidores, realización de enquisas, estadísticas, redacción de pequenas historias de situación que poñan de manifesto as relacións consumo/xénero, encamiñadas a elaboración dunha curtametraxe. 3. CONCLUSIÓNS E COMUNICACIÓN A COMUNIDADE EDUCATIVA: celebración do Día Mundial dos Dereitos do Consumidor, exposicións, filmación dunha curtametraxe cas historias seleccionadas e elaboración dun blogue. Preténdese así traballar distintas competencias:aprender a aprender, social e cidadá, matemática, lingüística, cultural e artística e tratamento da información e competencia dixital , etc. AVALIACIÓN: Durante a realización do proxecto, terá lugar un proceso de AVALIACIÓN CONTINUA, de tal modo que se vaian efectuando as adaptacións necesarias.


Tamén se levará a cabo unha AVALIACIÓN FINAL OU DE RESULTADOS, para valorar o éxito do programa. Nela empregaranse os seguintes instrumentos: -Número de entradas no blogue do proxecto. -Avaliación por parte do alumnado mediante un debate final. -Autoavaliación do profesorado implicado mediante enquisas elaboradas pola persoa coordinadora. -Incidencia no clima de convivencia no centro.

QUÉROTE+ ALUMNOS E ALUMNAS PARTICIPANTES: Alumnado de 1º e 2º ciclo da ESO, 1º e 2º de PCPI. DESCRICIÓN DO PROXECTO Dentro do programa QUÉROTE+, optamos como plan de traballo, por as liñas de RELACIÓNATE (convivencia) e GÚSTATE (imaxe corporal), por consideralas intimamente ligadas ao noso compromiso como Centro Coeducativo. Obxectivos o Educar na igualdade. o Previr a violencia de xénero, favorecendo relacións en equidade. o Fomentar a creación dun clima distendido nas relacións persoais, favorecendo a comunicación interpersoal e a aceptación das diferencias. o Fomentar a realización de tarefas cotiás, evitando desigualdades. o Potenciar a colaboración entre o centro e a familia nunha educación igualitaria.

DESENVOLVEMENTO 1) ANÁLISE DO PUNTO DE PARTIDA: sensibilización previa mediante a realización actividades: -Cineforum, lectura de artigos de prensa... -Participación en obradoiros. -Análise de estadísticas, realización de enquisas...


2) REALIZACIÓN DO PROXECTO -Desenvolvemento de guións de cine. -Realización de debates, busca de información na rede... -Creación de vestiarios ou decorados. -Creación dun blogue, traballo sobre conceptos básicos de gravación, gravación de imaxes, tratamento da imaxe e do son, ubicación na rede dos contidos creados (blogues, páxina web do centro...). ORGANIZACIÓN Cada grupo elaborará as súas escenas e, na maioría dos casos, o traballo centrarase nas horas de titoría, completándose nas horas das distintas áreas implicadas. METODOLOXÍA Realizouse un traballo interdisciplinar e de desenvolvemento de competencias educativas. AVALIACIÓN Durante a realización do proxecto, terá lugar un proceso de AVALIACIÓN CONTINUA, de tal modo que se vaian efectuando as adaptacións necesarias. Tamén se levará a cabo unha AVALIACIÓN FINAL OU DE RESULTADOS, para valorar o éxito do programa. Nela empregaranse os seguintes instrumentos: -Número de entradas no blogue do proxecto. -Avaliación por parte do alumnado mediante un debate final. -Autoavaliación do profesorado implicado mediante enquisas elaboradas pola persoa coordinadora. -Incidencia no clima de convivencia no centro. 2ºTRIMESTRE 1ªACTIVIDADE: ANÁLISE DO SEXISMO NOS AGASALLOS NAVIDEÑOS: Tomamos como referencia as Festas de Nadal, época do ano especialmente consumista e na que as campañas publicitarias son moi agresivas, para investigar e analizar prácticas e estereotipos de xénero nos nosos hábitos de consumo.


Cada alumno e alumna elaborou unha lista anónima dos agasallos recibidos na casa : os propios, os dos irmáns e pais. Se recolleron, barallaron e repartiron ao alumnado dividido en grupos de investigación de 4 ó 5, para que os clasificaran en aqueles que respondían a estereotipos masculinos, femininos ou mixtos. Isto abriu un debate moi enriquecedor sobre os criterios de clasificación a empregar. Se contabilizaron o total de agasallos e en cada unha das categorías. Obtidos os resultados globais de aula analizamos e reflexionamos sobre os mesmos en plenario. Finalmente, procedemos ao tratamento estatístico e informático dos resultados de todos os cursos e grupos participantes para publicalos no blogue do proxecto en forma de gráficos. 2ª ACTIVIDADE: Afondando na prevención da violencia de xénero en idades temperás apuntámonos ao PROGRAMA KATORCE18, orientado a achegar a Lei de responsabilidade penal do menor 5/2000 aos adolescentes e as súas familias. Incidindo nos posibles problemas de convivencia ou conflitos que poden xurdir na aula, como o bullying, o maltrato familiar, o uso das redes sociais e o consentimento nas relacións sexuais. Organizadas pola ASOC. ARELA-FUNDACIÓN BARRIÉ e contando ca colaboración activa da ANPA celebráronse dúas charlas-coloquio dirixidas ao alumnado de 3º ESO e 1º de PCPI, e outra aos pais e nais, que tiveron unha gran acollida. 3ª ACTIVIDADE: CONMEMORACIÓN DO “DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ”, 30 de xaneiro. O longo de todo o mes, o alumnado de 1º e 4º ESO preparou a conmemoración en torno a figura de Irena Sendler, “o anxo do gueto de Varsovia”, seleccionada polas Escolas Asociadas da Rede PEA-UNESCO como símbolo da paz para o 2013. A investigación dos alumnos e alumnas, organizados en equipos especializados e colaborativos, centrouse en dar a coñecer a figura de Irena Sendler, heroína descoñecida que salvou a uns 2500 nenos xudeus, fronte a figura de Oscar Schindler, aclamada polo mundo grazas a película de Steven Spielberg; e en contextualizar a súa vida e obra no recordatorio do que foi o Holocausto e, concretamente, o Gueto de Varsovia. Isto valeunos tamén para abrir unha segunda vía de investigación, que titulamos “Salvemos aos nenos da guerra”, centrada nos xeitos moi distintos en que os nenos e as nenas vénse afectados, se cabe de forma máis grave hoxe en día, polos conflitos armados (combatentes, escudos humanos, escravos sexuais, refuxiados, ...).


As conclusións déronse a coñecer cunha Instalación-exposición integrada por paneis fotográficos e textos, referidos as dúas liñas de investigación, en torno a un gran árbore, no recibidor do Centro, decorado con pombas brancas voando e pombas negras caídas, portadoras de conceptos contrapostos alusivos a paz. A presentación a toda a comunidade educativa acompañouse dunha selección de cancións pola paz, que soaron o longo da xornada, e a proxección dun documental sobre Irena Sendler.

4ª ACTIVIDADE: O alumnado de 1º ESO visitou a EXPOSICIÓN: “A VIAXE DE ALLIKAY”, situada na Sala Multiusos da Biblioteca do Concello de Ponteareas, organizada pola ONGD Prosalus e a Cruz Vermella Española. Nos distintos paneis, unha nena quechua, Allikay, a modo de guía, deulles a coñecer cal é o contido do dereito humano á saúde e a necesidade de actuar sobre todos aqueles factores que condicionan a nosa vida (determinantes sociais da saúde) e que crean desigualdades. As alumnas e alumnos, acompañados polo profesorado do Centro, a traballaron ca axuda de actividades lúdico-educativas, que aproveitamos para centrarnos na análise de como as desigualdades entre homes e mulleres, dificultan o acceso a educación e a saúde de estas últimas.

5ª ACTIVIDADE: HOMENAXE A ESCRITORA ROSALÍA DE CASTRO para celebrar os 175 anos dende seu nacemento e o 150 aniversario da publicación de “Cantares Galegos”. Toda a comunidade educativa participou no recital de seus poemas, no Salón de Actos do noso Centro.

6ª ACTIVIDADE: OBRADOIROS DE SEXUALIDADE Afondando na liña de investigación que abríramos, centrada na formación da mocidade en temas relacionados coa imaxe corporal e a convivencia, o alumnado de 2º ESO, nas propias aulas e ca axuda de psicólogos dos Servizos Sociais do Concello e a Orientadora do noso Centro, achegouse a problemática da educación sentimental diferenciada a través da venda e consumo de imaxes e emocións e analizou criticamente a venda da imaxe feminina e masculina nas redes sociais, e outras vías como as empresas de contactos.


7ª ACTIVIDADE: CONMEMORACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER (8 DE MARZO) e da SEMANA DA PRENSA NA ESCOLA (11-15 DE MARZO) Exposición-instalación:“A visibilidade da muller na prensa” / “A invisibilidade do Traballo doméstico”. Dende comezos de febreiro o alumnado de Atención educativa e de CCSS de 1º ESO, ca colaboración do grupo de traballo da Biblioteca, organizouse en equipos de investigación e colaborativos cos obxectivos de coñecer o funcionamento dos medios de comunicación; concienciar a cerca da invisibilización das mulleres; valorar o traballo doméstico; constatar o reparto desigual das tarefas nese ámbito e aprender a diferenciar valor de prezo. A tarefa materializouse na creación dun periódico en paneis. Os equipos de redacción de 3 ou 4 persoas procederon a selección das noticias máis importantes das últimas semanas referidas a mulleres, resaltando o protagonismo destas e o tipo de actitudes reflectidas, así como de anuncios, baixo as mesmas premisas. Fixeron o seguimento de unha suposta folga de mulleres nos fogares (afectados, danos, medidas,...). Recompilaron datos sobre o tempo empregado por mulleres e homes no fogar e a familia. Seleccionaron dos fondos da Biblioteca libros de diversos xéneros de autoras femininas, para que saísen ao vestíbulo e puidesen ser manipulados e comentados por toda a comunidade educativa. Montaxe, no recibidor e corredores da planta baixa do Centro, cos resultados do traballo en torno ao noso árbore “mutante” adornado para a ocasión con guirnaldas de letras e pequenos libros elaborados polo mesmo alumnado. I Edición do Premio “boas actitudes” IES Pedra da Auga. Eliximos a data do Día Internacional da Muller, para premiar a iniciativa, do alumnado de 3º ESO A e 4º ESO B, de facer visibles as condicións de igualdade das mulleres no ámbito deportivo, coa creación de equipos mixtos de fútbol na liga 2012-2013 do noso Centro.

3ºTRIMESTRE 1ª ACTIVIDADE: ANÁLISE DAS DESIGUALDADES DE XÉNERO NA PUBLICIDADE: Novamente organizáronse os equipos de investigación, interdisciplinarios e colaborativos, para continuar traballando o consumo desde unha perspectiva de xénero, Nesta ocasión para coñecer a construción das mensaxes


publicitarias e a importancia da linguaxe escrita e audiovisual, detectar micromachismos e discriminacións sutiis e valorar as alternativas positivas. Ca axuda do profesorado implicado, a partir dunha selección de anuncios e a técnica de chuvia de ideas, comezamos por familiarizarnos con conceptos básicos do mundo da publicidade. Despois traballouse no análise sistemático do grado de igualdade de dez anuncios escollidos ao azar en diversos soportes, mediante dúas fichas cuestionario. Esta actividade, foi de especial agrado do alumnado, que respondeu cun intenso debate e reflexión. Finalmente recolléronse os resultados globais de todos os cursos e grupos participantes, para seu tratamento estadístico e informático e posterior publicación no blogue do noso proxecto.

2ª ACTIVIDADE: Celebráronse OS OBRADOIROS QUEROTE+, dirixidos ao alumnado de 3º ESO, para traballar a autoestima, mellorar a convivencia e as habilidades sociais.

3ª ACTIVIDADE: CONMEMORACIÓN DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS (17 de maio), este ano adicado o dramaturgo Roberto Vidal Bolaño, que aproveitamos, ao marxe das actividades previstas, para acoller unha exposición organizada polo Círculo de Debate Feminista de Ponteareas, en torno a escritoras galegas xa falecidas, para por de manifesto o trato desigual e o esquecemento á hora de celebrar este tipo de eventos. A iniciativa tivo unha excelente acollida.

4ª ACTIVIDADE: PROXECCIÓN DO DOCUMENTAL "VOCES PROHIBIDAS", dirixido por Barbara Miller, e galardoado no XI Festival de Cine e Dereitos Humanos de San Sebastián. O filme está protagonizado pola cubana Yoani Sánchez, a iraní Farnaz Seifi e a chinesa Zeng Jinyan, un trío de mulleres ciberactivistas que decidiron empezar unha revolución no seu país, coa simple pero poderosa arma da súa portátil As tres son o rostro do compromiso e a loita contra os seus réximes ditatoriais a través da rede. Sacoden os cimentos do monopolio da información de Estado e denuncian a violación dos dereitos humanos. Lograron unha resonancia internacional tal, que o Times Magazine considéraas xa entre as voces máis influentes do mundo.


O alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato que asistiron a proxección elaboraron unha PRESENTACIÓN coas frases que máis nos deron que pensar,para colgala no blogue.

5ª ACTIVIDADE: OS EQUIPOS DE TRABALLO AFRONTARON A ÚLTIMA ACTIVIDADE, a partir de maio. Suscitáronse como principais obxectivos: concienciar sobre o papel dos axentes socializadores na creación e perpetuación de estereotipos e xénero e fomentar a creatividade. Para elo: En primeiro lugar os equipos creativos (4 ou 5 alumnos e alumnas) deberán redactar contos, anuncios ou pequenas situacións para súa posterior representación, que no conteñan estereotipos de xénero. Brindamos tres opcións de traballo, en función das capacidades ou disposición do alumnado: Reescribir un conto ou un anuncio sexista en base a valores de igualdade. Redacción dunha situación/historia ou conto orixinal non sexista. Elaboración dunha campaña publicitaria ou anuncio orixinal non sexista. (Se terá en conta para cada escena a localización, a acción e o tipo ou tipos de planos). Tanto os guións dos anuncios orixinais ou convertidos, así como os relatos/contos orixinais ou convertidos, se someterán o plenario da clase para seu análise, debate e selección. Por último selección dos máis valorados entre todos os cursos e grupos participantes para súa posterior representación (teatral/ monicreques/ debuxos) e gravación dunha curtametraxe, co obxecto de difundila a través do blogue. A curtametraxe presentarase como un relato ou relatos con pausas publicitarias Este último paso correrá a cargo de plástica, atención educativa e alumnado e profesorado voluntario.

6ª ACTIVIDADE: CONCLUSIÓNS E RESUMO DAS ACTIVIDADES DO NOSO PROXECTO, comunicados a través do blogue e a proxección de un power point a toda a comunidade educativa.


10.- PRODUTOS ELABORADOS Fichas-didácticas Pósters interactivos (glopster) Exposicións-instalacións Blogue do proxecto Albumes fotográficos Curso del aula virtual de la web del centro, como plataforma de coordinación del profesorado participante

11.- PARA SABER MÁIS DO NOSO PROXECTO http://proxectandoigualdade.wordpress.com/

12.- MATERIAIS DE CONSULTA http://www.igualdadevigo.org/datasedatos/ http://www.inmujer.es/ http://igualdade.xunta.es/ http://wikienfemenino.wikispaces.com/ “Fíos violeta. Convivir en igualdade”. María Hermelo Iglesias. “Aprendendo a previr a violencia de xénero”. Sonia Souto. Xunta de Galicia “Educar en igualdad. Guía didáctica de la prevención de la Violencia de Género en el alumnado. Delegación de la Mujer. Ayuntamiento de Sevilla

12. DESENVOLVEMENTO DO TRABALLO NO IES “PAZO DA MERCE”. 1ª ACTIVIDADE: MULLER E DEPORTE. Dende vicedirección se organizou unha exposición de fotos de mulleres deportistas e unha mesa redonda sobre a muller e o deporte para traballar na igualdade no deporte, no que a maioría dos representantes son homes. 2ª ACTIVIDADE: MULLER E POESÍA ALUMNOS E ALUMNAS PARTICIPANTES


1º E 3º ESO DESCRICION DO PROXECTO. Tratamos de demostrar que na poesía non hai diferenzas entre homes e mulleres e que a produción literaria é igual de importante nos dous xéneros. Obxectivos: - Valorar a importancia da muller na poesía. - Coñecer as principais poetisas galegas e a súa producción literaria. - Promover a lectura de poemas. ORGANIZACIÓN, DESENVOLVEMENTO E METODOLOXÍA Organización Este proxecto interdisciplinares.

se desenvolveu por medio de equipos de traballo

Participaron as áreas de galego, plástic o ENL e a Biblioteca. Secuencia: -

Recopilación de poemas de escritoras galegas.

-

Elaboración de paneis decorados.

-

Análise dos resultados.

-

Elaboración dunha exposición conxunta.

-

Obradoiro á cargo da escritora galega,Iolanda Castaño.

AVALIACION •

Traballo en grupo

Os resultados amosados na exposición.

3ª ACTIVIDADE: DIA INTERNACIONAL DA LOITA CONTRA A VIOLENCIA SOBRE AS MULLERES. O alumnado de 1º ESO na materia de Proxecto elaborou uns lazos morados para ofrecer á toda a comunidade educativa e se puxo un lazo grande no balcón do edificio principal. Tamén se visualizou un vídeo en defensa das mulleres maltratadas para todos os niveis educativos.


4ª ACTIVIDADE: CONMEMORACION DO DÍA INTERNACIONAL DA NON VIOLENCIA E A PAZ. Traballamos coa figura de IRENA SENDLER, o anxo do gueto de Varsovia. Dende o departamento de Xeografía e Hª se elaborou unha exposición sobre a vida desta heroína. O equipo da Biblioteca preparou tódolos cursos na hora de lectura.

unha biografía

de Irena que foi lida en

5ª ACTIVIDADE: FLORES A ROSALÍA O 22 de febreiro para celebrar os 150 anos de “Cantares gallegos”, o EDL xunto co equipo da Biblioteca organizaron un recital de poemas de Rosalía de Castro acompañados ao piano por unha alumna de 1º de Bacharelato. Un grupo de alumnos de 1º ESO interpretou dúas estrofas do poema “adios ríos., adios fontes “ en YOGOTE.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.