Proxecto do Grupo de traballo

Page 1

PROXECTO DO GRUPO DE TRABALLO


ÍNDICE

Páx.

1. TÍTULO

2

2. XUSTIFICACIÓN DO PROXECTO

2

3. OBXECTIVOS DE FORMACIÓN E DE REPERCUSIÓN NA PRÁCTICA DOCENTE

3

4. PROGRAMA DE CONTIDOS E ACTIVIDADES COA SÚA TEMPORALIZACIÓN

3

5. PROPOSTA METODOLÓXICA

5

6. ORGANIZACIÓN DE RECURSOS HUMANOS E MATERIAIS

5

7. AVALIACIÓN: CRITERIOS E PROCESOS

6

8. TEMPORALIZACIÓN

7

9. NECESIDADES ORZAMENTARIAS

7

10. INDICACIÓN EXPRESA DE NON TER SOLICITADA NINGUNHA OUTRA ACHEGA ECONÓMICA

8

2


1. TÍTULO “RECURSOS DIDÁCTICOS PARA A IMPLEMENTACIÓN DO SOPORTE VITAL BÁSICO”

2. XUSTIFICACIÓN DO PROXECTO A raíz de diversas inquedanzas sobre o tratamento co alumnado do Soporte Vital Básico que algúns profesores e profesoras manifestaron en cursos organizados polo CFR, éste convocou ao profesorado de Educación Física e de calquera outra materia interesado a unha reunión con persoas do 061 e a asesoría de Educación Física. Nesta reunión falouse sobre os beneficios sociais que se poderían acadar se un amplo sector da poboación coñecera e fora quen de aplicar estas técnicas en caso de estar presentes nunha emerxencia ( UNIVERSALIZACIÓN DAS TÉCNICAS DE SVB).

Comentouse tamén a experiencia que se levou a cabo na cidade de Lugo, na

que colaboraron profesorado de educación secundaria e o 061 para facer chegar a un elevado número de alumnos/as unha formación teórico-práctica sobre Soporte Vital Básico. O alumnado, neste caso, sería o eslabón para chegar a segmentos moito mais amplos da poboación (familias, amigos, veciños…) Pero

a

mayoría

do

profesorado

presente

recoñece

non

estar

o

suficientemente preparado e actualizado para impartir estes contidos na aula. Asimesmo, a pesares de que atopamos multitude de información relacionada, unha gran cantidade está obsoleta ou non recolle os protocolos recomendados polas autoridades competentes. É por iso que o profesorado considera que son necesarios materiais didácticos actualizados e orientados ao alumnado das diferentes etapas educativas (secundaria, bacharelato, ciclos formativos). Por todo isto, decidimos formar o grupo de traballo que aquí presentamos e que está formado por un profesor de F.O.L. e por profesorado de Educación Física. Partimos de experiencias e grados de coñecemento diferentes, xa que hai persoas que levan varios anos traballando na aula este tipo de contidos, outras que teñen formación pero escasa experiencia na práctica docente do SVB e profesores que demandan axuda porque precisan impartir estos contidos e consideran que non están suficientemente capacitados. 3


3. OBXECTIVOS DE FORMACIÓN E DE REPERCUSIÓN NA PRÁCTICA DOCENTE •

Actualizar os nosos coñecementos das técnicas do Soporte Vital Básico.

Adquirir estratexias para desenvolver estos contidos na aula e para divulgalo e promocionalo entre a comunidade educativa.

Confeccionar e secuenciar actividades de ensino-aprendizaxe para presentar as sesións.

4. PROGRAMA DE CONTIDOS E ACTIVIDADES COA SÚA TEMPORALIZACIÓN Contidos: •

Recordatorio de anatomía e fisioloxía cardiorrespiratoria.

A reanimación cardiopulmonar (RCP) como elemento da cadena de supervivencia.

Os elementos do SVB: comprobación do estado de conciencia, apertura de vías, masaxe cardiaca, insuflacións.

Diferentes protocolos de actuación (adultos, embarazadas, nenos, lactantes).

O desfibrilador semiautomático.

Obstrucción da vía aérea por corpo estraño.

Creación e elaboración de recursos TIC como apoio ao traballo na aula e como instrumentos de divulgación entre a comunidade educativa.

Elaboración e posta en práctica dunha unidade didáctica orientada a cada unhadas etapas educativas representadas no grupo de traballo: ESO, bacharelato e ciclos formativos.

Elaboración

dunha

presentación

na

que

recollamos

os

protocolos

actualizados de SVB. •

Elaboración dun sketch (vídeo-resume) cos pasos fundamentais en SVB, coa finalidade de ser archivado nos teléfonos móbiles e compartido co maior número posible de persoas.

4


Temporalización: Comezaremos no mes de novembro de 2010 e procuraremos rematar no mes de maio de 2011, cando esperamos completar as 40 horas. Precisamos 8 horas de docencia. Reunirémonos 3 horas os mércores, cunha periodicidade quincenal, con excepción dos períodos vacacionais e prevacacionais (avaliacións). Contamos coa colaboración do asesor, que ofrécese a revisar e orientar o desenvolvemento do grupo de traballo. As datas previstas de reunión, coa correspondente secuencialización de contidos, serían: •

Novembro: días 3 e 17. Actividades de formación interna por parte de compoñentes do grupo, orientadas a unificar niveis de coñecemento.

Decembro: día 1. Revisión de materiais aportados por as persoas do grupo.

Xaneiro: días 12 e 26 (pendente de confirmar estas datas coas persoas que impartirán a docencia). A docencia será impartida por persoal do 061.

Febreiro: días 9 e 23. Docencia e reflexión sobre as posibilidades de tratamento didáctico nas diferentes etapas educativas e a divulgación na comunidade educativa.

Marzo: días 2, 16 e 30. Elaboración de material didáctico e de divulgación.

Abril: días 6 e 27. Finalización da elaboración de materiais e elaboración da memoria final.

Maio: día 4. Remate da memoria final. Dado que o grupo pretende elaborar materiais utilizando as novas

tecnoloxías, arredor dun 20 % das reunións serán reunións virtuais.

5. PROPOSTA METODOLÓXICA 5


Para a consecución dos obxectivos propostos, plantexamos os seguintes procedementos: •

Autoformación e posta en común, aproveitando a experiencia en SVB de persoas do grupo.

Traballo en pequenos grupos, de investigación, busca e recompilación de materiais en diferentes soportes (bibliográfico, gráfico, digital, procedente da rede…)

Asistencia as sesións teórico-prácticas de docencia externa.

Asesoramento e formación na elaboración de materiais TIC por un membro do grupo. (Precisaremos aula informática).

Reunións de grupo nas que discutiremos e poñeremos en común os materiais que vaiamos elaborando.

6. ORGANIZACIÓN DE RECURSOS HUMANOS E MATERIAIS Recursos humanos: O grupo de traballo está formado por nove persoas, que aportarán as súas inquedanzas, coñecementos e experiencias: NOME

ESPECIALIDADE

CENTRO

Cabaleiro Caride, Olga

Educación Física

IES A GUÍA

Dávila Bernárdez, José

Formación y orientación laboral

IES A PARALAIA

Jáudenes Angoitia, Montserrat

Educación Física

IES REPÚBLICA ORIENTAL DO URUGUAI

Mena Piñeiro, Patricia

Educación Física

CPI MANUEL MARQUIER

Mouriño Espiñeira, Graciela

Educación Física

CPI CURROS ENRÍQUEZ

Novo Comba, Carlos

Educación Física

IES MARÍA SOLIÑO

Quinteiro López, Luis Miguel

Educación Física

IES CASTRO ALBRE

Rey Rodríguez, Enrique

Educación Física

CPI COVA TERREÑA

Vales Porto, Alejandro

Educación Física

IES A PARALAIA

SUÁREZ

Ademais, esperamos recibir formación sobre os protocolos de actuación en SVB actualizados, (de ahí que propoñamos recibir a docencia no mes de xaneiro, 6


pois a finais do presente ano o “Consello europeo de RCP” dictará os novos protocolos) sobre o uso do desfibrilador semiautomático e sobre os protocolos de actuación ante posibles emerxencias na aula e/ou nas clases de educación física. A persoa coordinadora será quen cubra as actas de asistencia, coordine as datas e reunións e facilite o contacto entre o asesor do CFR e o resto do grupo.

Recursos materiais: •

Equipos informáticos propios e dos nosos centros.

Unha cámara de fotos e unha cámara de video.

Dous monecos para práctica do RCP.

Pendrives para almacenar e compartir información

Recursos na rede: •

Búsqueda e revisión de páxinas, programas, videos… relacionados cos primeiros auxilios e o SVB.

7. AVALIACIÓN: CRITERIOS E PROCESOS •

Valoración do material elaborado e dos resultados obtidos cando se leva á práctica.

Revisión da posta en práctica dunha unidade didáctica orientada a unha das etapas educativas representadas no grupo de traballo.

Revisión crítica dos comentarios xurdidos a raíz do material (webquest, presentacións…) que se suba

ás paxinas web dos centros e a blogs

relacionados. •

Análise das experiencias de aula e dos resultados dunha planilla de valoración que pasaremos ao alumnado e comunidade educativa.

8. TEMPORALIZACIÓN

7


Dende novembro de 2010 a maio de 2011. As datas das reunión establecidas a priori (3 horas cada día) son: •

Novembro: días 3 e 17.

Decembro: día 1.

Xaneiro: días 12 e 26 (pendente de confirmar datas coas persoas que impartirán a docencia).

Febreiro: días 9 e 23.

Marzo: días 2, 16 e 30.

Abril: días 6 e 27.

Maio: día 4. Estas datas poderán ser modificadas por mor de circunstancias que poidan

xurdir, ben por parte dos compoñentes do grupo, do asesor ou relacionadas coas horas de docencia e os relatores.

9. NECESIDADES ORZAMENTARIAS NECESIDADES • •

CUSTO

Docencia (8 horas) Axuda a custos

528 euros 75 euros

Material funxible: • Fotocopias, CDs • Pendrives • Material papelería • 2 Monecos RCP

345 euros

Material bibliográfico • Necesitamos contar coa posibilidade de adquirir manuais e bibliografía actualizada.

50 euros

TOTAL:

998 euros

8


10. INDICACIÓN EXPRESA DE NON TER SOLICITADA NINGUNHA OUTRA ACHEGA ECONÓMICA Este grupo de traballo non recibiu ninguna achega económica nin se ten solicitada.

Vigo, a 25 de outubro de 2010

A coordinadora:

Asdo. Patricia Mena Piñeiro

9


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.