Suxestións lecturas

Page 1

ANTONIO REIGOSA con ilustracións de NOEMÍ LÓPEZ

Trece noites, trece días. Libro das marabillas do Nadal Ed. Xerais

Con este libro percorremos o tempo de Nadal que vai desde o 25 de decembro ata o 6 de xaneiro acompañados de cantos, xogos, representacións (os Reis, as panxoliñas…), pezas teatrais (argadelos), carreiras de San Silvestre… e das ilustracións de Noemí López, que en palabras de Antonio Reigosa, “son a alegría do libro”. Esta obra permitiranos coñecer e comprender mellor o noso Nadal.

BRAIS RODRÍGUEZ

Cabana de Balieiros Demo Editorial

Cabana de Balieiros, vila desas que agochan segredos, Moitos deles son misterios que levan e traen as mareas. Algúns afúndense, e outros saen á superficie cando ninguén o espera. Un novo párroco chega á vila, e atópase cunha igrexa abandonada e un mundo que lle descubrirá as historias que fermentan na terra, fillas do salvaxe vento que trae o mar. Unha terra de costumes ancestrais, onde os máis puros instintos humanos xeran o ritmo da vida e marcan o propio destino dos seus habitantes, e levan a algúns ao naufraxio da súa propia alma.

ver e escoitar TIM BURTON

Pesadilla antes de Navidad Esta fantasía de Nadal deliciosa e diferente abre as portas a un intrigante mundo onde sorpresas extraordinarias e unha música cativadora, nomeada aos Grammis, esperan a toda a familia. Unha viaxe fantástica onde o Rei das cabazas de Halloween desexa suplantar a Santa Claus para crear unha versión “renovada” do Nadal. Esta película, que tamén foi nomeada a un Oscar e que xa é un fito, capturou os corazóns de audiencia e críticos de todo o mundo.

n2 2011/2012

boletín da bliblioteca e do equipo de dinamización lingüistica

ollar e ler

NADAL

biblioteca

“¡Libros! ¡Libros! Hace aquí una palabra mágica que equivale a decir: 'amor, amor', y que debían los pueblos pedir como piden pan o como anhelan la lluvia para sus sementeras.” GARCÍA LORCA Medio pan y un libro. Setembro 1931

Instituto de Ensino Secundario MONTE CARRASCO

www.bibliotecamontecarrasco.wordpress.com


ler

JORDI BIANCIOTTO

Guía universal del rock (1954-1970) Ed. Ma non troppo

Terceira entrega dunha serie de guías universais do rock, escritas polo xornalista musical Jordi Bianciotto. Neste último volume, Bianciotto parte dos inicios do rock en 1954 con Bill Haley e o seu Rock Around The Clock ata 1970, cando se asentaron xéneros musicais que

influíron a moitos artistas posteriores. Unha perfecta selección de fichas biográficas ordenadas alfabeticamente.

MIGUEL CUBA TABOADA

Punto de fuga

Demo Editorial A historia de Mateo é a historia dunha voz anónima pertencente a toda unha xeración que sabe cal é o prezo da comodidade que nos ofrece a sociedade consumista, e aínda así non perde a esperanza de atopar o seu punto de fuga para cruzar o horizonte máis alá da indignación. Nese horizonte arredado aparecerá sen dúbida esa liña mestra que axude á consecución do debuxo da súa vida. Nesta novela gráfica, o autor aborda unha historia actual, crítica coa sociedade que o rodea, mais optimista e esperanzadora de cara ao futuro.

FERNANDO M. CIMADEVILA e IVÁN VALLADARES

O mundo secreto de Basilius Hoffman. O ladron de soños.

Urco Editora, Colección Alcaián Trátase do primeiro volume dunha serie que narrará as aventuras do profesor Basilius Hoffman, historiador e arqueólogo que se embarcará nunha viaxe fantástica na procura do Diario do Cartógrafo. Nesta obra as aventuras están garantidas. Descubriremos cidades perdidas no profundo da noite, sociedades secretas, misteriosas criaturas, poderosas reliquias sagradas, imposibles aparellos mecánicos e unha infinidade de curiosos personaxes.

JIBÁN BARRENETXEA

Bombástica Naturalis Editorial A Buen Paso

Orixinal e sorprendente achega á Botánica, partindo do humor e da imaxinación máis desbordada. O texto recolle, ao xeito dun antigo tratado, unha serie de inventos botánicos disparatados (a Pereira Aerostática, a Oliveira Trabuco, a Cabaza Carruaxe…), dignos dun científico chiflado obsesionado con manipular a natureza. Por outra banda, as

ilustracións (que teñen un aire anglosaxón que lembra o mundo disparatado de Carroll) reflicten de xeito tanxente a invención e céntranse nos sucesos catastróficos ou divertidos que se producen ao seu redor.

ELIACER CANSINO

El Lazarillo de Amberes

Editorial Anaya

Esta historia narra a procura entre un pai e o seu resignado fillo dunha primeira edición de "O Lazarillo de Tormes", coñecida popularmente como "O Lazarillo de Anveres", fálanos do amor pola lectura. O pai do mozo narrador é un libreiro un tanto especial que, viaxando, sempre anda á procura dos preciados tesouros, os libros. Como padece narcolepsia, sempre ten de acompañalo o

fillo. Agora ben, este rapaz non sente inclinación ningunha polas viaxes, ata que, a raíz da aventura narrada no libro, recoñece os valores do pai e case se arrepente de ter dito que “non volvería viaxar “.

LUIS RUIZ DE BOPEGUI con ilustración de J. M. Aguilera

Seis niños en Marte Editorial Media Vaca

Neste libro Luis Ruiz de Gopegui propón unha viaxe a Marte de seis nenos astronautas. A viaxe é fantástica de momento, pois segundo o autor “aínda que unha viaxe tripulada a Marte aínda non é posible, ninguén dubida de que co tempo se resolverán todos os problemas (técnicos) e homes e mulleres privilexiados da Terra visitarán ese planeta”. Esta moi verosímil aventura espacial está chea de interesantes detalles científico-técnicos, explicados con admirable sinxeleza, e de emocións (manobras arriscadas, avarías nos equipamentos, medos, inseguridades…) que os mozos astronautas superan con valor, entusiasmo, imaxinación, camaradería e grande disciplina.

www.bibliotecamontecarrasco.wordpress.com


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.