A gaivota2013netr (1)

Page 1


2012 - 2013

u n c u r s o e n f ot os

A GAIVOTA

I E S M O N TE C AR R AS C O . C AN G AS E QU I P O D E D I N AM I ZAC I Ó N D A LI N G U A G ALE G A www.edu.xunta.es/centros/iesmontecarrascocangas


EDITORIAL EDLG

IES MONTE CARRASCO

Xa estamos aquí un ano máis. O Carrasco non foi a ningures, xa sei, pero eu funme de aventura un par de anos á punta sudoeste de Galicia. Gran aventura, cabe dicir, pola xente, polos amigos, polos alumnos, polo traballo, polo Miño,... Maior é a aventura que me trouxo de volta. Mira ti como remata un comentario feito ao aire nunha cea de profesores. Quen me mandaría vir (á cea e ao instituto)? Pois ninguén. Ninguén mo mandou nin ninguén mo pediu, simplemente apareceu unha porta entreaberta que decidín cruzar. Iso si, acompañado. Ata que conseguín de compañeiras de aventuras ás persoas que quería ao meu carón non me atrevín nin a acercarme. Aquí estou por catro anos e un xa case vai alá. Pero vamos ao importante, o que me trouxo de volta, o que me fixo adquirir responsabilidades e dores de cabeza... o IES Monte Carrasco. É dicir, non volvín polo edificio e a súa ubicación, tan parvo non estou. Falo do centro como comunidade, como gran familia (cada vez máis grande en alumnos e máis pequena en profes). Falo dos compañeiros: os que deixei cando marchei e dos que me atopei á volta. Falo dos alumnos. Falo das familias. Falo dun proxecto educativo e dunha implicación na formación dos nosos nenos como nunca vin tal. Como en toda gran familia hai conflitos e discrepancias, pero en ningún caso falta de respecto ou xenreira. En todo caso, isto non son máis que anécdotas no vivir diario do centro. Sempre falamos as cousas e, o máis importante, sempre nos escoitamos uns aos outros. O día a día é un continuo de traballo e esforzo que se ve reflectido no sinfín de actividades que se levan a cabo ao longo do curso. Non falo só do traballo e esforzo dos profes, que é moito pero sería insuficiente por si só, senón do alumnado que fai ese esforzo e ilusión seus para levar a cabo todos os proxectos que se desenvolven e das nais e pais do Piñeiral do Rei que tanto nos axudan. De Cabo Udra ás Fragas do Eume pasando por Estrasburgo e París, este foi un ano moi viaxeiro. Vivimos moitas aventuras fóra do noso recinto, pero moitas máis dentro, a base de castañas, disfraces e xogos. Aí vai unha nova película que sempre nos deixa un gran sorriso e dúas preguntas: “cando van trasladar Hollywood a Cangas?” e “que haberá nesas cabeciñas?”. A biblioteca e o ENDL, sempre da man, propuxéronnos ir máis alá das fronteiras da nosa imaxinación, amosando do que somos capaces nunha chea de actividades que teñen a súa culminación nesta revista que tedes nas vosas mans. Xa sei que hai a quen non lle importa todo o que acabo de escribir. Por iso, este tamén foi un ano de loita... e o que nos queda. Digan o que digan, aquí seguiremos formando PERSOAS. Fagan o que fagan, nunca deixaremos de preocuparnos dos que máis o precisan para que teñan as mesmas posibilidades. Nunha cousa teñen razón: o sistema precisa cambios. Cando queirades, sentamos a falar das cousas importantes, do que se precisa, do que se pode mellorar. Cando eles queiran, tamén. Temos voz. Mentres, a familia do Carrasco segue a criar persoas de ben con cabeza e sentimentos. Que non nos rouben ningunha das dúas cousas.

Álex Cortés Ayaso

3


A GAIVOTA

2012 - 2013

DESDE A CHEMINEA

Desde este tellado no que me agocho para pasar desapercibida e ver sen ser vista, levo observado moitos cursos e visto moitas persoas e moitas traxectorias, que unha xa vai tendo anos para poder valorar e opinar acerca do que se coce por estes lares. Este curso foi chuvioso, frío e gris. A chuvia case non nos deu tregua ata ben entrado o mes de maio, metéusenos nos ósos e a cor cincenta dos nubeiros tivo eco nos ánimos e nas vontades como preludio do que poderá acontecer máis cedo que tarde. Foron moitas as novidades que vivimos; unhas, impostas por circunstancias externas; e outras, fraguadas dende o interior. Unhas, para continuar ou para mellorar; algunhas, para retroceder. Comezamos o novo curso cun cambio do equipo directivo. O anterior, lonxe de abandonarnos, decidiu dedicarse con máis exclusividade ás súas clases e ó seu alumnado e deixar paso a novas enerxías e ilusións. E acompañando o novo equipo directivo, viñeron máis alumnos, moitos máis alumnos, tanto para a ESO, como para a nosa nova oferta, o PCPI, o cal é proba da boa saúde da que goza o noso centro. Dela dan fe tamén outros acontecementos salientables, como a viaxe a Estrasburgo do alumnado de 4º e parte do de 3º. O meritorio desta viaxe está no feito de ser o premio acadado pola súa participación o ano pasado no concurso Euroscola. Acompañados por Miguel, Xaquín e Begoña, coñeceron as interioridades do Parlamento europeo, e xa aproveitando a viaxe, continuaron a excursión coa visita a París, que durou case unha semana. Pero non foi o único éxito deste alumnado: grazas á película “Mi madriña… O musical” rodada no centro o curso pasado, en maio continuaron colleitando premios, esta vez, invitados a proxectar a súa película na Segunda Mostra de Cine Xuvenil en Vigo, a onde se foron acompañados polo director do filme, Miguel. E houbo moito máis: sesións de teatro en distintas linguas, encontros culturais na biblioteca, reunións dos clubs de lectura, exposicións, intercambio de libros, lecturas dramatizadas e non dramatizadas, recitais de poesía, concursos fotográficos, excursións a Sotavento, ás fragas do Eume, ó Museo Massó, xornadas de orientación profesional para os de 4º, celebracións -de Entroido, de Magosto, de Nadal, de San Valentín, de Libros, de Letras Galegas... Porén como sempre ocorre, tamén houbo aspectos negativos. Ós famosos recortes que xa viñamos arrastrando de vello sumáronse hai pouco escuros agoiros que en vez dun tempo novo, fannos albiscar días escuros e -pensabamos- esquecidos. Días de rezos e ladaíñas, de “los niños con los niños y las niñas con las niñas”, de “se vales, vales, e senón, para FP”, de reválidas e batallas entre linguas cooficiais. Todo pode mellorar e todo pode empeorar e cuestións que criamos superadas poden volver de súpeto e frear en seco os avances. Pero nin as circunstancias máis adversas van arredar a esta comunidade dos seus obxectivos. As gaivotas teñen ás fortes para voar por moi recios que sexan os ventos. Poñeremos ó mal tempo boa cara e esperaremos a que escampe, como fixemos coa chuvia deste inverno. Cando xa non nos parecía posible, volveu a saír o sol e coa súa caloriña deunos forzas para continuar.

PILAR ALONSO LEIVAS


EDLG

IES MONTE CARRASCO

Fa l a d o i r o M a i o r Nieves Otero

Nieves Otero

Animáronme a que escribise nesta revista xa que é o segundo ano que participo no club de lectura e como sempre son os mestres e alumnos os que escriben, pois este ano podería ser un pai ou una nai. A ver que vos parece a miña opinión. O segundo ano do Faladoiro chegou con forza, e novos pais e nais animáronse os luns pola tarde para compartir lectura. O que facemos é que intercambiamos a opinión sobre os libros propostos, e decatámonos dos diferentes puntos de vista, ou ás veces coincidimos coas mesmas ideas e gustos. Comezamos con Engurras, de Paco Roca. A historia non esconde o máis duro da vellez, pero logra converterse nun canto á vida, ó amor e á amizade entre Emilio e Ernesto. É unha conmovedora historia realista tratando o tema do Alzhéimer, xa que todos coñecemos a alguén nunha situación similar e sabemos que podemos acabar no piso de arriba. Toques de humor, traxedia e realismo, o papel que desempeñamos nós, os fillos, nese desterro e expulsión a que sometemos os nosos maiores. O tratamento do tema dos anciáns fíxonos lembrar as vivenzas dos nosos pais e avós, e cada un aportou as súas

crenzas e ideas sobre os maiores. Pareceume que tratou o tema dun modo intimista e sensible, con algúns apuntes de humor. O segundo libro foi Tardes con Margueritte, de Marie-Sabine Roger.

Nesta xuntanza houbo maior número de asistentes. O libro é un conmovedor relato de amizade e amor ós libros e á lectura, chega ó corazón e conmove. Mestúrase o humor con explicacións case infantís, coa tristeza e a soidade que Germain sente por falta de cariño materno. O amor que atopan dúas persoas sen lazos de sangue, pero que se entenden un ao outro e enchen ese baleiro que sentían nos seus corazóns. Volvemos a lembrarnos dos maiores como en Engurras, e cómo me gustaría ser como Margueritte cando sexa unha anciá, por manter o bo humor, a curiosidade, as ganas de vivir, o amor e o respecto polas persoas, os animais e as cousas. Pareceunos unha lectura moi tenra, xa que esta mente sen cultivar incitounos á reflexión. O terceiro libro foi Doña Flor y sus dos maridos, de Jorge Amado. O que ao comezo prometía diversión, converteuse en algo moi longo e tan aburrido que deixei de ler ó coñecer a Teodoro, o segundo marido de dona Flor. Flor enviúva do home máis pícaro, atrevido, vividor, vago e mullereiro, que é Vadinho. Todo cambia para ela a partir dese momento. Demasiados personaxes que alongan a historia que non teñen nada que ver coa novela, versos con cancións, alusións a deuses brasileiros, bruxería que non interesa e que fai que se esqueza a trama do libro. Custounos entrar na lectura. Pero aínda así, para despedirme teño que dicir que a experiencia foi moi boa. Aconséllovola a todos.

5


A GAIVOTA

2012 - 2013

O b r a d o i r o d e e d u c a c i ó n a f e c t i vo - s e x u a l

A l b e r t o C a s q u e i r o , t é c n i c o e n p r e ve n c i ó n d e d r o g o d e p e n d e n c i a s

A finalidade da educación afectivo sexual é a saúde sexual das persoas entendendo este termo tal e como o define a OMS: “a integración dos elementos somáticos, emocionais, intelectuais e sociais do ser sexual, por medios que sexan positivamente enriquecedores e que potencien a personalidade, a comunicación e o amor”. Unha educación sexual que se basee no respecto e que eduque para a convivencia e a igualdade contribúe a que os xoves poidan entenderse mellor a si mesmos/as, por un lado e entender as realidades dos outros e outras. Polo tanto, a educación afectivo sexual é un instrumento básico para comprender como se vai construíndo, vivindo e expresando a realidade das persoas sexuadas. Como tódolos anos, neste obradoiro pretendo promover relacións de igualdade e respecto á diversidade, presentando a sexualidade como unha forma de comunicación humana, fonte de pracer e afectividade. Este ano quixen traballar a construción que cada persoa fai da súa propia sexualidade recalcando que nós somos quen colocamos as pezas do noso puzzle e propiciando unha reflexión sobre que elementos facilitan ou non que cheguemos a ser persoas afectiva e sexualmente plenas. Como novidade nesta formulación das diferentes maneiras de construírnos, invitei a un grupo de compañeiras do centro Juan XXIII a participar cunha performance na que se reflectían as rutinas da vida, como as persoas podemos chegar a rompernos cando non estamos ben, e como podemos volver a remontar e compartir tras unha reflexión. Con esta actividade, ademais quero integrar ao alumnado dun instituto co que traballo habitualmente e ao dun centro que traballa con persoas con discapacidade en torno a un tema sobre o que todas as persoas asistentes temos unha opinión. Só quero eliminar fronteiras, normalizar, e mostrar que o obradoiro pode fluír perfectamente, e incluso enriquecerse. O traballo corporal que fixemos de remate levounos a falar sobre a importancia do contacto, da comunicación e do traballo das emocións para sentirnos ben e para ter relacións satisfactorias con outras persoas. As persoas que asistiron do Juan XXIII valoraron de maneira moi positiva esta intervención co alumnado veciño do IES Monte Carrasco e botaron en falta darlle unha continuidade na que poder compartir puntos de vista e aportar con máis amplitude a súa visión da sexualidade. De feito, a raíz desta actividade, imos dar comezo a un obradoiro no seu centro, ao que xa dixeron, estades invitados e invitadas. Penso que a actividade foi satisfactoria para todas as persoas, e axudou a integrar nun mesmo grupo diferentes maneiras de sentir, pensar e actuar cara a un tema no que sempre son ben recibidas as achegas que nos axuden a enriquecernos.


EDLG

IES MONTE CARRASCO

Carteleira do Carrasco

7


A GAIVOTA

2012 - 2013


EDLG

IES MONTE CARRASCO

9


A GAIVOTA

2012 - 2013

AS FRAGAS DO EUME '13

Por Ana Vidal e Moisés Cordeiro, 4º

O venres 26 de abril comezou a nosa viaxe polas Fragas do Eume. Vimos todos coas nosas maletas e mochilas preparados para pasar unha noite fóra da casa. Saímos do instituto ó redor das 9 da mañá e o traxecto en autobús durou ó redor de dúas horas e media. Cando chegamos a Ferrol fomos ao parque das ciencias, onde nos dividiron en dous grupos para facer dúas actividades distintas. O primeiro grupo debateu cunha monitora anuncios sobre o medio ambiente e o segundo foi ó parque Aquaciencia, onde viamos e probabamos os experimentos científicos coa auga, como un muíño de auga, ou movemos unha bóla de mármore moi pesada só coa axuda da auga. Ó saír do parque Aquaciencia, dirixímonos ó barco que nos deu unha volta pola ría de Ferrol. No barco comemos e ata gravamos unha escena da película. O barco levounos a un pobo onde os profesores nos deixaron tempo libre para visitar e ver o característico da zona. Volvemos subir ó barco que nos deixou nunha fortaleza militar que protexía a ría da entrada de piratas. Unha guía contounos a historia desta fortaleza antes de que se convertese nunha prisión e de que actualmente estea dispoñible para os visitantes. Xa no barco fixemos o camiño de volta a terra. Ó chegar demos unha volta vendo o cidade de Ferrol. Nunha rúa céntrica pasamos por diante do Casino e un home que traballaba alí invitounos a ver as pinturas que tiñan nun salón e que eran moi importantes. Despois collemos o autobús que nos

levou ata o albergue, onde nos instalamos e nos xuntaron para dicirnos as normas da cea e do almorzo (tiña que haber tres encargados por mesa; un que puxera a mesa, outro que a recollera e outro que limpara). Ceamos e deixáronnos algo máis de tempo libre e antes de ir durmir puxéronnos unha presentación contándonos un pouco do que veriamos ó día seguinte nas fragas. O sábado levantámonos e fomos a almorzar. Ó rematar o almorzo contáronnos como debiamos facer coas sabas e como debía quedar a habitación polo que todos volvemos ós cuartos e comezamos a recoller as nosas cousas que xa metemos no maleteiro do autobús. Subimos ó autobús que nos levou ata onde comezaría o noso percorrido pola natureza. Alí vimos un antigo mosteiro e o muíño deste, antigas casas feitas de pedra onde a xente gardaba as castañas, o rastro do incendio que o ano pasado queimou parte do parque e moitas especies de plantas e de animais que as monitoras nos ían ensinando. Durante a nosa andaina por esta paraxe natural choveunos e ata caeunos sarabia encima pero ó rematala xa subimos ó autobús cunha única dirección, Cangas.


EDLG

IES MONTE CARRASCO

O ORIGAMI

por Ainhoa Fernández e Elena Bermúdez, 3ºA

O origami é a arte de orixe xaponesa do pregado do papel. Coñeceuse en Occidente dende hai séculos, pero actualmente poucas persoas saben exactamente o que é, os seus comezos e que beneficios trae practicala. O origami defínese como a arte educativa na cal as persoas desenvolven a súa expresión artística e intelectual. Partindo dunha base inicial (cadrados e rectángulos xeralmente) obtéñense figuras que poden ir dende modelos sinxelos ata pregados de gran complexidade. As formas preferidas para modelar son animais e outros elementos da natureza (flores, árbores, etc). A figura considerada máis antiga é a da bolboreta. Este pregado empregábase en vodas, nas que se realizaban unha bolboreta femia e outra macho, que se introducían en dúas botellas de sake; durante a cerimonia mesturábase o contido das dúas botellas nunha soa, ofrecéndollela aos noivos como símbolo de amor eterno. O origami ofrécenos a imaxinación e o papel necesario para elaborar o pensado e o inimaxinable; dende unha pequena grúa ata un elegante cisne, dende unha pelota ata a esfera máis complexa, dende un gracioso sombreiro ata un sombreiro que, segundo como foi deseñado e é construído, pode ser graduado á cabeza de quen queira poñelo. Os nenos e nenas do Monte Carrasco, coa axuda de Seila, a profesora de Plástica, fixemos unha exposición de papiroflexia no corredor principal do noso centro. Nela, mostrábanse diversas figuras, dende porcos ata as flores máis complexas. Todo comezou como un traballo obrigatorio de clase, como había moito nivel (á hora de realizar os pregados), Seila decidiu expoñer as mellores figuras. E aquí tedes os resultados.

11


A GAIVOTA

2012 - 2013

José Luis Sampedro

por Cibrán López, 2ºA

Escritor, humanista e economista español que avogou por unha economía «máis humana, máis solidaria, capaz de contribuír a desenvolver a dignidade dos pobos», escribo sobre el porque me parece unha persoa da que se poden aprender moitas cousas. Ó ano de nacer, a súa familia trasladouse a Tánger (Marrocos), onde viviu ata os trece anos. En 1 936 foi mobilizado polo exército republicano na Guerra Civil española, loitando nun batallón anarquista e pasando posteriormente a combater no bando nacional. Pasa a guerra en Melilla, Cataluña, Guadalajara e Huete (Cuenca). Tras obter unha praza de funcionario de aduanas en Santander trasládase a Madrid, onde, en 1 944, contrae matrimonio con Isabel Pellicer e realiza os seus estudos universitarios de Ciencias Económicas, que finaliza en 1 947 con Premio Extraordinario. Comeza a traballar no Banco Exterior de España, ademais de dar clases na universidade. En 1 955 convértese en catedrático de Estrutura Económica pola Universidade Complutense de Madrid, posto que ocupará ata 1 969, compaxinándoo con diversos postos en el Banco Exterior de España, alcanzando el nivel de Subdirector xeral. Por entón escribe Un sitio para vivir (teatro). Publica Realidad económica y análisis estructural e El futuro europeo de España. Entre 1 965 e 1 966, ante as destitucións dos catedráticos Aranguren e Tierno Galván, decide facerse profesor visitante nas universidades de Salford e Liverpool. Unido a eles, xunto con outros profesores, crean o Centro de Estudos e Investigacións (CEISA), que sería cerrado polo Goberno tres anos despois. En 1 968 foi designado Ann Howard Shaw Lecturer na universidade

norteamericana Bryan Mawr College. Á súa volta a España pide a excedencia na Universidade Complutense e publica El caballo desnudo, unha sátira que lle permitirá desafogar as súas frustracións ante a situación do país, cara ó final do franquismo. En 1 976 volve ó Banco Exterior de España como economista asesor. En 1 977 foi nomeado senador por designación real, nas primeiras Cortes democráticas, posto que ocuparía ata 1 979. En paralelo á súa actividade profesional como economista, publica diversas novelas e tras a súa xubilación, continúa dedicado a escribir, conseguindo grandes éxitos con obras como Octubre, octubre, La sonrisa etrusca ou La vieja sirena. Os seus éxitos literarios coinciden coa tráxica noticia da morte da súa esposa, Isabel Pellicer, en 1 986. En 1 990 foi nomeado membro da Real Academia Española, onde o seu heterodoxo discurso de ingreso, Desde la frontera, ten moito que ver co tema da súa obra La vieja sirena, publicada ese mesmo ano, considerada un canto á vida, ó amor e á tolerancia. Casa en Alhama de Aragón (Zaragoza), en 2003, coa escritora, poetisa e tradutora Olga Lucas Torre. Dende había tempo pasaba parte do ano en Tenerife, unha terra cuxos símbolos, o drago e o Teide, servíronlle para compoñer La senda del drago. Exerceu o seu humanismo crítico acerca da decadencia moral e social de Occidente, do neoliberalismo e as brutalidades do "capitalismo salvaxe". En referencia a isto, puxo o seu gran de area escribindo o prólogo á edición española do libro ¡Indignaos! de Stéphane Hessel. Morreu o 8 de abril de 201 3, en Madrid, ós 96 anos de idade.


EDLG

IES MONTE CARRASCO

Cabo Udra Kevin Ortube, 1ºA

Primeiro saímos do colexio as 9:30, chegamos a Cabo Udra e un guía chamado Miguel explicounos o sendeiro que iamos tomar e as cousas que iamos ver. Primeiro mostrounos una pedra, de feito era una das pedras máis antigas de Cabo Udra, que estivera soterrada a dez quilómetros e logo saíra á superficie. Tamén nos explicou que nesa pedra había lagartos arnais, típicos de Galicia. Un pouquiño máis cara arriba entramos nunha cabana feita de pedra. Seguimos camiñando e vimos moitas flores chamativas das que Miguel nos explicou as súas características, ata que chegamos a un acantilado onde había moitas aves e Miguel contounos o que facían alí e cando emigraban. Continuamos andando e chegamos ao museo de Cabo Udra que tiña fotos dos animais que viramos durante o traxecto, Miguel só nos explicou as características dos animais que non viramos. Despois disto, fixemos un alto no camiño e paramos a descansar nun bar que se atopaba ao lado do museo, algún rapaces e rapazas mercaron algo de comer, mentres que outros estaban observando os cabalos salvaxes que había por esa zona e adentrándose nunha especie de mirador que había alí. Cando rematamos de descansar, voltamos cara a onde deixaramos os autobuses.

13


A GAIVOTA

2012 - 2013

ESTRASBURGO ‐ PARÍS

Carlos González Poses e Aldara Martínez Guardado, 4º A segunda semana de febreiro, os alumnos de cuarto fixemos a nosa viaxe de fin de curso. Como o ano pasado fomos uns dos gañadores do concurso Euroscola, este ano recibimos como premio unha visita ao Parlamento Europeo en Estrasburgo e mais unha subvención para ir e para viaxar a onde quixeramos. Decidimos viaxar a París. Saímos o 1 3 de febreiro ás nove da mañá dende a estación de buses de Vigo con destino ao Porto, onde collemos un avión ao aeroporto de Frankfurt, en Alemaña, e logo, varios trens e buses ata Estrasburgo. Chegamos a Estrasburgo ás nove da noite e, xa moi cansos, ceamos e fomos durmir. nacionalidades e tivemos que completar unhas Ao día seguinte foi á visita ao Parlamento preguntas en distintos idiomas. Logo, leváronnos Europeo, onde fixemos de europarlamentarios en grupos máis reducidos a outras salas, onde, durante todo o día. Chegamos ben de mañá, ás divididos en comisións de diferentes temas, oito, e almorzamos cos compañeiros dos outros debatemos e aceptamos propostas. países. Logo, pasáronnos á cámara principal, Despois diso, volvemos á Eurocámara e alí un onde un estudante de cada país tiña que facer portavoz de cada comisión expuxo as propostas unha breve introdución de cada instituto en inglés aceptadas anteriormente e todos os estudantes ou francés. O presentador do noso instituto foi votámolas. A verdade é que se fixo un pouco Juanjo, que fixo unha marabillosa introdución en repetitivo e pesado, xa que todo o tempo inglés, na que dicía quen eramos e como estivemos falando en inglés e foi bastante pouca organizamos o traballo das probas do concurso. interactiva, eramos os máis pequenos e non había Despois, houbo unha quenda de preguntas a uns deputados. representantes funcionarios do parlamento Logo visitamos a cidade, ás seis da tarde, aínda durante unha o dúas horas. Víctor preguntoulle a que xa era noite. Vimos o centro antigo e a un dos representantes como vía o futuro de enorme catedral de Estrasburgo iluminada, que España no 2020, e este respondeu tranquilamente resultaba moi bonita. Ás dez, fomos cear e e evitando unha resposta clara, sobre o bos que mentres degustábamos unhas marabillosas pizzas “somos” en deportes coma o fútbol, tenis e comezou a nevar. Para moitos era excitante, xa ciclismo, ou o boa que é a nosa comida... que nunca antes viran a neve. Cando todos Máis tarde, fomos á comida onde tivemos que estabamos entusiasmados xogando coas folerpas facer un xogo, o Eurogame. Xuntámonos en de neve, Carlos quedou algo apartado e quieto. grupos de catro persoas de distintas Resultaba un pouco estraño e a policía francesa cacheouno e obrigouno a identificarse. Afortunadamente quedou nun susto, así que volvemos ao hotel. Ao día seguinte, todo a cidade estaba nevada, e fomos ver a catedral de Estrasburgo, onde Xaquín fixo de guía, e mais as zonas do centro que non visitaramos o día anterior, a “Petit France”, e demais. É unha cidade preciosa e con zonas bastante diferentes entre si, xa que no pasado pertenceu varias veces a Alemaña e por iso ten


EDLG bastantes trazos de este país. As casas son baixas e coma de película, todas están preto do río que fai de Estrasburgo a Venecia da Europa do Norte. É unha cidade moi acolledora e moi bonita. Pola tarde collemos un tren de alta velocidade ata París, viaxe que nos levou dúas horas. Alí aloxámonos nun albergue bastante cutre cheo de coreanos e moi preto da praza da Bastilla. Ese mesmo día paseamos un pouco polo noso barrio e fomos durmir. Ao día seguinte camiñamos ata Nôtre Dame. Pola tarde demos un longuísimo paseo por París, percorrendo os Campos Elíseos ata o Arco do Triunfo. Paseamos polas tendas da alta moda, como Louis Vuitton, Mercedes-Benz, Cartier...

O domingo pola mañá estivemos na Saint Chapelle, unha capela cunhas vidrieiras moi famosas e impresionantes. Pola tarde subimos á Torre Eiffel, dende onde vimos todo París. Pola noite, xa cando iamos durmir, ás 1 2 da noite soou a alarma de incendios e tivemos que evacuar o edificio. Afortunadamente, a razón deste son foi que alguén fumou nunha habitación no segundo andar. O luns pola mañá estivemos nun dos museos máis famosos do mundo, o Louvre, onde entre outras cousas, vimos a Gioconda, a Hermafrodita, a Venus, etcétera. Todo isto levounos moito tempo, así que comemos bastante tarde. De seguido, subimos ata o Sagrado Corazón, un palacete na cima de París, dende onde puidemos gozar dunha preciosa posta

IES MONTE CARRASCO de sol e do barrio bohemio que esta preto del. Chegamos ata o Moulin Rouge, un local famoso por varias películas. O seguinte foi o noso último día na cidade e pasámolo en Disneyland, un parque temático deseñado para nenos, e que foi o preferido de moitos. Había atraccións para xente máis maior e a verdade é que estivo moi ben. Ademais, coincidiunos co vixésimo aniversario, polo que antes de irnos houbo un espectáculo especial, con proxeccións e fogos artificiais que foi impresionante. Volvemos tarde, en tren, e xa nos despedimos da Cidade da Luz. O mércores 20, espertamos ás cinco da mañá para coller un bus e un avión ao Porto, e chegamos a Cangas ás cinco da tarde, moi cansos pero satisfeitos por unha viaxe moi divertida. Sacamos en limpo que foi a excursión da nosa vida. Nunca nos imaxinariamos que na nosa excursión de fin de curso visitaríamos o Europarlamento e estariamos cinco días en París. Para moitos de nós, que nunca tiñamos saído de Galicia, foi unha experiencia moi agradable. O mellor foi estar todos xuntos e poder gozar dos sitios con esa boa compañía. Para poder pasar estes días tan bos, tivemos a sorte de que uns grandes profesores que son Miguel e Xaquín, nos acompañaron durante todos eles. Sen eles a excursión non estaría nin a metade de ben, xa que souberon organziar cousas moi interesantes. Esperemos estar no cuadraxésimo Aniversario de Disneyland todos xuntos outra vez.

15


A GAIVOTA

2012 - 2013

Palabras Maiores

BAJO LA MISMA ESTRELLA, John Green

AHazel e a Gus gustaríalles ter vidas máis correntes. Algúns dirían que non naceron coa estrela, que o seu mundo é inxusto. Hazel e Gus son só adolescentes, pero se algo lles ensinou o cancro que ambos padecen é que non hai tempo para lamentacións, porque, nos guste ou non, só existe o hoxe e o agora. E por iso, coa intención de facer realidade o maior desexo de Hazel - coñecer o seu escritor favorito -, cruzarán xuntos o Atlántico para vivir unha aventura contrarreloxo, tan divertida como esgazadora. Destino: Amsterdam, o lugar onde reside o enigmático e malhumorado escritor, a única persoa que tal vez poida axudarlles a ordenar as pezas do enorme puzzle do que forman parte... Este libro a pesar de que os protagonistas están nunha situación complicada é moi divertido, engancha desde o principio ata o final, non hai partes aburridas por ningures. Alinguaxe empregada nel é a mesma que empregamos nós cos nosos amigos e iso aporta una gran proximidade cos personaxes do libro. E agora algúns fragmentos da novela : 1. -Los cigarrillos no matan si no los enciendes- me dijo mientras mi

madre se acercaba al bordillo-. Y nunca he encendido ninguno. Mira, es una metáfora: te colocas el arma asesina entre los dientes, pero no le concedes el poder de matarte. 2. -Nos vemos el próximo día, ¿no?-le pregunté. -Tienes que ver la V de vendetta, digo. -Vale.- le contesté-. La buscaré. -No. Conmigo. En mi casa – me dijo -. Ahora. Me detuve. -Casi no te conozco. Augustus Waters. Podrías ser un asesino en serie. Augustus asintió. -Tienes razón, Hanzel Grace. 3. -Las chicas que solo deben ponerse vestidos en ocasiones formales, pero a mí me gusta una mujer que dice: “Voy a ver a un chico que sufre un ataque de nervios, un chico cuya conexión con el sentido de la vista es más bien leve, así que, qué narices, voy a ponerme un vestido para él . (Habla de su amigo Isaac, el chico que tiene problemas de vista.)

QUE MIRAR...?

Daniela Rodríguez 3ºA

MAMÁ, Andrés Muschietti.

Ainhoa Fernández, 3ºA


EDLG

IES MONTE CARRASCO

Palabras Maiores

LAURA NO DESERTO.

ANTÓN RIVEIRO COELLO Ás veces chega a nós como por casualidade unha novela desas que tomamos como mero entretemento e que ó final nos sorpende, porque descubrimos nela unha gran obra literaria. Isto pasounos con Laura no deserto , de Antón Riveiro Coello. Arranca a obra con Diana descubrindo os misterios da súa familia na Barcelona de posguerra, pero non debemos deixarnos enganar por este primeiro dato; non é unha novela sobre a Guerra Civil, nin sobre a posguerra, senón unha obra sobre a busca da identidade máis elemental das persoas. A busca de quen son, de onde veño e que relación me une coas persoas que me rodean. A causa de certas experiencias traumáticas na súa vida, Laura sofre unha amnesia da que só comeza a saír cando, nunha habitación dun

hospital norteamericano, escoita a unha enfermeira cantaruxar A Rianxeira. Paso a paso, coa axuda da súa familia e moita paciencia, irá recobrando fragmentos que lle permitirán recompoñer a súa historia. Unha historia que, partindo da costa galega, pasa pola España en guerra, pola Alemaña fascista e que, finalmente, a leva a Estados Unidos despois de vivir as consecuencias das dúas guerras. O reencontro coas súas lembranzas lévanos a outro tema importante na novela: os límites entre o correcto e o incorrecto. Os recordos dalgúns momentos da súa vida fanlle cuestionarse o que está ben e o que está mal. En situacións críticas como as que ela vive, o instinto de supervivencia é quen decide, pero cando as circunstancias cambian é difícil entender e xustificar algúns comportamentos. O sentimento de culpa fai a súa aparición mentres intenta completar a película que é a súa vida:

“A imaxe de Ivonne correndo na neve cara aos aramados asaltou os teus soños moitas noites. Adoitabas espertar bruscamente e vías como, no seu avance, se viraba e che espetaba os seus ollos acusadores. Parecía dicirche que debías aceptar a idea da morte, que non era a vida o que importaba senón a dignidade e o xeito de morreres.”

Moitos espazos, varios períodos históricos, distintas voces narrativas, e todos maxistralmente enlazados. Nada é superfluo, todo ten unha función e todo xira en torno a esa busca de identidade que a protagonista procura cando ve perdida a maior riqueza que temos os seres humanos: a memoria. Acompañada polos que a queren, pero á fin soa, como se enfronta o ser humano ós momentos decisivos da súa vida, Laura ten que atravesar o deserto no que se converteu a súa mente para chegar ó outro lado e saber quen é en realidade. PILAR ALONSO

17


A GAIVOTA

2012 - 2013

APRENDENDO EN SOTAVENTO

por Paula Martínez e Noelia Carballo, 3ºA


EDLG

IES MONTE CARRASCO

HÁBITOSNAESCOITAENOGUSTOMUSICAL No presente curso, os alumnos de 4º da ESO da sección bilingüe de Música fixemos una enquisa en colaboración co Departamento de Inglés sobre “Hábitos á hora de escoitar música e gustos musicais”. Dividímola en dúas partes, una primeira só de hábitos e outro con só gustos, e aquíanalizaremos ambas.

H ÁB I T O S

Esta parte constaba de dez preguntas sobre os momentos e a forma en que os alumnos do Monte Carrasco escoitan música, polo tanto a primeira pregunta era lóxica “¿Cantas horas de música escoitas ao día?”. Isto serviunos para verificar que practicamente a totalidade dos alumnos teñen este hábito, porén o número de horas varía segundo o curso de forma ascendente, é dicir, canto maior é o curso máis son as horas. En primeiro, arredor dun 35% fano menos dunha hora ao día, cifra que aumenta ate case o 50% se engadimos a opción “menos de tres horas á semana”. Porén esta cifra é moito menor en terceiro (un 15%) ou en cuarto (un 8%), sendo as opcións maioritarias 2-3 horas ao día ou máis de 3 horas, cun 60% en terceiro e máis dun 80% en cuarto. A pregunta de en que momento escoitan música mostra una igualdade entre tres das opcións (facendo deberes, traballando na casa ou simplemente escoitándoa), todas elas cun 25-30% e deixando no último lugar a resposta “estudando”, na que tamén se pode observar una tendencia ascendente segundo maior é o curso (dun 5% en primeiro, un 10% en segundo ata un 17% en 3º e 4º). Isto podería ser explicado na seguinte cuestión, xa que os dous soportes maioritarios son os MP3/iPod (45%) seguidos dos PC (35%), e ambos son aparellos con moitas funcións, o que podería desviar a nosa atención. A mesma igualdade que na primeira preséntase entre altofalantes e cascos, quedando en tódolos cursos practicamente empatados nun 50%. A música que se reproduce nestes aparatos provén maioritariamente de descargas legais, cifra que vai diminuíndo segundo superior é o curso, á que lle pasa o contrario coas descargas ilegais, aínda que arredor do 85% declara darlle moita importancia á calidade do formato. Por último, centrándonos máis en como é o momento exacto da escoita de música, descubrimos que a maioría o fai case sempre nas mesmas circunstancias: nunha sala calquera (practicamente ninguén ten sala específica para isto), nun ton medio-alto (arredor do 70%).

GUSTOS

No caso dos gustos, a pesar de non recibir unas respostas tan específicas como pediamos, sacamos algunhas

19


A GAIVOTA

2012 - 2013

cousas en claro, aínda que non demasiado sorprendentes. Hai un estilo de música preferido na maioría da xente, sen importar o curso, e un idioma: o pop e o inglés. Dentro deste estilo é onde atopamos a maior variedade de grupos e cantantes, como “OneDirection”, “Adele”, “Carly Rae Jepsen”, “Rihanna”, “Shakira”, “Beyoncé”, etc. Ademais, atopamos que estes músicos poden ser escoitados en calquera momento e situación, mesmo cando están tristes, como canción de amor ou para relaxarse. Sen embargo, á hora de motivarse destacan outros estilos coma o dubstep (Skrillex) o reggaeton ou o rock. O rock sería o segundo estilo favorito dos preguntados, aparecendo tamén en moitas das respostas en tódalas súas variantes, dende o heavy-metal ata o pop-rock (Melendi, Maldita Nerea), tanto en inglés como en castelán. De forma menos numerosa, case esporádica, aparecerían tamén outros estilos como o reggae, o reggaetón, o jazz, o soul ou incluso música asiática.


EDLG

IES MONTE CARRASCO

O MAGOSTO

Por Lorena Fernández e Ángela Cabral (2ºA)

O magosto realizábase tradicionalmente o 1º de novembro, día de Tódolos Santos, se ben en Ourense, por maduraren máis tarde as castañas, atrasouse ata o día 11, festividade de San Martiño. Na actualidade celébrase en calquera data comprendida entre a segunda quincena de outubro e a primeira de novembro, converténdose na festa do outrono por excelencia, e incorporándose distintos alimentos, coma chourizos e outros produtos elaborados nas matanzas do porco, coincidentes con estas datas. Tampouco adoitan faltar as sardiñas asadas. O magosto celebrábase tradicionalmente nun claro do mesmo souto, comezando a primeira hora da tarde coa recollida de leña e castañas. Facíase unha ou varias fogueiras con paus e frouma para conseguir brasas dabondo para asar as castañas; outras veces era na eira ou nun rueiro amplo, cos vellos na cociña da casa e os mozos na rúa. Era costume que as mozas trouxeran as castañas e os mozos, o viño; aínda que noutros casos os mozos achegaban todo e as mozas ían convidadas. Aínda que había que picar (ou sinalar) as castañas antes de botalas nas brasas, non faltaba quen botaba algunha enteira, para que estoupase na cara de quen as andaba a remexer, cousa que os participantes celebraban lanzando aturuxos. Por fin, no remate da festa, os máis rapaces xogaban a tisnarse coas mans cheas de feluxe mentres que mozos e adultos cantaban e bailaban, nalgúns casos saltando sobreos restos da fogueira. No lugar de Insuela (en Loureiro, Cotobade) era costume facer o magosto sabre unha pedra do Outeiro de Muimenta, que tiña sona de propiciatoria para que as parellas puidesen ter fillos se se deitaban nela. Hoxe en día as castañas ásanse nuns tambores metálicos colocados sobre o lume ou nuns tixolos especiais para este uso. Nós celebramos o magosto 2012 no instituto con moitas actividades, ademais de comer castañas asadas e beber refrescos. Xogamos a tirar da corda; fixémolo por cursos, aínda que moitos nenos e nenas metéronse polo medio da xogada; tamén xogamos a coller mazás, que consistía en coller as mazás nunha tina chea de auga coas mans na espalda e logo meter a cabeza nun caldeiro de fariña e, no tempo que nos daban, intentar encontrar diñeiro ou caramelos; e por último, ó pano. Logo, os demais podían xogar a outros xogos, aínda que non todos eran propios do magosto: o fútbol, o hula-hop ou tamén, o que facía o resto dos alumnos, dar voltas polo instituto. Desexamos que o ano que vén sexa igual, ou mellor, que é o que se espera.

21


A GAIVOTA

2012 - 2013

O uso de internet é unha práctica cada vez máis común, sobre todo entre os máis xoves. As novas tecnoloxías, a telefonía móbil e as redes sociais son, hoxe por hoxe, unha ferramenta de primeira orde para a formación, a socialización, o ocio e o desenvolvemento das persoas. O seu valor como recurso educativo é de grande importancia. Pero, como en case todo, este universo dixital ten os seus pros e os seus contras. A rede, pola súa grande influencia e capacidade, é un medio propicio para que, ao amparo do anonimato, das falsas identidades, da inmediatez e do efecto en cadea, poidan favorecerse actitudes agresivas e ameazantes, incluso entre menores. ...Un menor de Vigo leva catro meses sen ir a clase por temor ao acoso escolar... Catro nenas de 1 6 anos foron detidas por suposto acoso a unha compañeira de clase, á que humillaron e maltrataron, tanto fisicamente como nas redes sociais...Una niña de 1 0 años creó un exitoso grupo en Facebook para humillar a una compañera de clase...Atacaron la dignidad de un compañero en Tuenti... Estefanía, de 1 4 anos, denuncia a un neno de idade similar por ameazala con pegar ao seu mozo se non lle enviaba fotos dela espida polo Whatsapp... Novas coma estas son xa habituais nos xornais e non se trata dun comportamento normal entre nenos e adolescentes; é unha violencia que deixa marcas psicolóxicas para toda a vida e que non debemos tolerar. Estamos ante un caso de ciberbullying, ciberacoso, acoso dixital ou acoso por internet cando un ou unha menor molesta, insulta, humilla ou ameaza o outro menor por medio do correo electrónico, das redes sociais, da mensaxería, dos teléfonos e dispositivos móbiles ou dos videoxogos online. É a versión 2.0 do acoso. A incorporación masiva e temperá dos menores ao uso da rede, as amplas posibilidades de accesibilidade e portabilidade dos recursos sen medidas de privacidade, a maior presenza de contidos audiovisuais e a non percepción directa do dano causado, son algúns dos factores que poden propiciar unha presenza cada vez maior de problemas de ciberconvivencia no noso entorno (en España, o 11 ,6% dos adolescentes de entre 1 2 e 1 8 años sufriron maltrato psicolóxico a través da Rede e un 8,1 % a través do móbil). O Ciberacoso maniféstase de xeitos moi variados, dependendo da pericia tecnolóxica e da imaxinación dos acosadores: colgar na rede imaxes comprometidas (reais ou fotomontaxes), enviar mensaxes ameazantes por correo electrónico ou SMS, crear un perfil falso en nome da vítima nun foro ou rede social, incluíla nunha votación á persoa máis fea ou menos intelixente, facer circular rumores que lle supoñan un comportamento ofensivo ou desleal... E sempre presenta unhas características comúns: anonimato, reiteración, intencionalidade, roles (agresor, reforzador do agresor, defensor da vítima, testemuñas silenciosas, vítima), idades similares, desigualdade de forzas, pertenza a contornos físicos próximos e consecuencias imprevisibles. Conscientes dos efectos devastadores que pode exercer sobre o benestar psíquico e a saúde emocional das vítimas, nos últimos anos, a sociedade en xeral e os pais e educadores en particular, están a tomar conciencia da dimensión e consecuencias do acoso entre iguais. Os episodios de ciberbullying acostuman a estar ligados a situacións de acoso na vida real e de acoso escolar, polo que, independentemente de que se manifesten ou non neste contexto, é preciso coñecer as formas de detectalo, enfrontalo e erradicalo para garantir o dereito dos


EDLG

menores á protección e a integridade física e moral.

IES MONTE CARRASCO

Vexamos algúns datos sobre hábitos seguros no uso das Tic (INTECO) Uso e idades En cada fogar hai máis dun ordenador de media(1 ,3). O 61 ,3% dos fogares teñen o ordenador nun lugar común da casa. O 1 5% dos pais declaran acompañar sempre aos menores na navegación. O 52% dos pais teñen unha antigüidade de entre 1 e 2 anos no uso de internet. O metade dos menores acceden a diario a internet e pasan, de media, 1 5 h. conectados á semana. Reacción ante os riscos O 42% dos pais toma medidas técnicas (sistemas de seguridade, antivirus, filtros...). O 1 8% toma medidas educativas (advertir, dialogar...). O 20% toma medidas de carácter coercitivo (limitación de uso e controis parentais). O 1 5% dos menores pecha a conexión ou sae da web/chat. O 2% négase a facer o que lle piden. O 1 ,1 % pide axuda aos pais. O 6% dos nenos entre 6 e 1 6 anos afirmar ser vítima de ciberbullying e o 3% actuar de acosador. Medidas ante os riscos. O 77,5% das advertencias sobre o que os menores deben facer en internet, proceden dos pais e o 43,2% da escola. O 70,4% dos pais poñen normas de uso en internet aos seus fillos: limitar os días de conexión (64%), limitar horarios de conexión (59,6%), non chatear con descoñecidos (1 5,8%), non dar datos persoais (1 3,3%), non acceder a internet cando non hai alguén na casa (5,6%). A prevención, dende unha educación temperá en materia de seguridade, privacidade e protección dos dereitos das persoas, é a mellor solución a esta problemática que tanto preocupa á comunidade educativa. O labor dos pais e educadores é fundamental, tanto na prevención como nos pasos a dar na resolución dos conflitos. Xa que logo, os menores deben ter especial coidado en: · estar ben informados sobra a existencia do ciberacoso, · valorar a supervisión e o consello dos adultos como esenciais, · elixir contrasinais seguras e diferentes para cada servizo de internet, · non confiar en tódalas persoas que se lle presenten ou traten de coñecelos a través das redes sociais e programas de mensaxería, · non aceptar nin agregar como contactos a descoñecidos, · non enviar imaxes ou vídeos a usuarios nos que non se confía, · non facilitar datos persoais nin fotografías e pensar sobre o que se expón en chats e salas privadas, evitando dar pistas que permitan a outros acceder aos seus datos; deben usarse alcumes e nomes figurados,

23


A GAIVOTA

2012 - 2013

· ser coidadosos coas normas de comportamento en internet (netiquetas): os nosos interlocutores poden ser doutras culturas ou contextos socias e malinterpretar as nosas palabras; aclara os malentendidos educadamente, · coñecer as configuracións de seguridade e centros de axuda das redes sociais · non respostar ás provocacións; é o que quere o acosador, · non facer na rede o que non farían cara a cara. Se o acoso persiste, garda probas do que acontece (imprime, captura...) e ponte en contacto cunha persoa adulta. As familias, pola súa parte, deben: · potenciar nos fillos un pensamento crítico ante a rede e consensuar con eles o uso das novas tecnoloxías, · coñecer o uso e o funcionamento da rede, · limitar os horarios de uso para evitar dependencias e establecer un lugar de uso común do ordenador, · establecer criterios educativos consensuados cos fillos, tanto para uso dos aparellos tecnolóxicos (idades), como de acceso aos contidos (converter aos menores en adultos e un grave erro), · establecer un presuposto de gastos de acceso á rede e vixiar que se cumpra, · ensinarlles que o uso das novas tecnoloxías e de internet non é un escenario de impunidade, podendo ter consecuencias familiares (castigos), escolares (sancións) e penais (delitos), · non confiar cegamente nas aplicacións de seguridade instaladas nos equipos; non substitúen a prudencia nin á responsabilidade, · coñecer os “Centros de seguridade para familias” das redes sociais, · non demonizar as novas tecnoloxías, simplemente alertar dos riscos e consecuencias dun uso non apropiado, · establecer un niveis axeitados de comunicación familiar (saber dos fillos e que eles saiban dos pais) · estar moi atentos ás sinais de alerta: cambios de hábitos e costumes respecto a comportamentos anteriores (humor, asistencia a clase, concentración no estudo...) e seguir a súa evolución, · transmitir confianza aos menores para que confíen en nós, · valorar a gravidade e frecuencia do acoso, sobre todo se é físico ou se manexa información comprometedora do menor, debendo contactar co centro educativo para activar o protocolo correspondente e/ou acudir ás autoridades. Dende o centro educativo: · crear un clima de convivencia no Centro, · minimizar as diferenzas suprimindo os criterios que as provocan, · favorecer, como prevención, o traballo cooperativo e a titoría entre iguais, · traballar habilidades sociais dende o ámbito das titorías, · colaborar cos pais na educación condutual e tecnolóxica dos menores, · desenvolver o seu Plan de convivencia, dende un modelo colaborativo de resolución dos conflitos entre familia e escola, · aplicar cuestionarios de convivencia aos grupos, · tomar as medidas de tipo organizativo precisas, · incorporar aos RRI normas que garantan o bo uso das tecnoloxías, o respecto á privacidade e o dereito á propia imaxe, · poñer en marcha grupos de mediación entre alumnos, profesores e pais para implicar a todos contra a intimidación, · darlle as familias estratexias de actuación nos casos precisos, · coordinarse e colaborar na intervención interdisciplinaria precisa para cada caso. Aprender a convivir coa diversidade, polo seu alto valor preventivo, é un dos principais retos dos sistemas educativos e constitúe unha aprendizaxe imprescindible para a construción dunha sociedade máis democrática, solidaria e pacífica.


EDLG

Bibliografía

IES MONTE CARRASCO

AEDEL (Asociación Española de Evidencias Electrónicas). Consejos sobre privacidad, defensa contra abusos para menores y conservación de evidencias electrónicas para menores y sus tutores. (http://aedel.es/wp-content/uploads/2011/12/menores1.pdf) EMICI (Equipo Multidisciplinar de Investigación sobre ciberbullying), Protocolo de actuación escolar ante el ciberbullying. (http://www.emici.net/prot/Protocolo%20Ciberbullying.html) Observatorio de la Seguridad de la Información de INTECO, Estudio sobre hábitos seguros en el uso de smartphones por los niños y los adolescentes españoles (http://www.inteco.es/Seguridad/Observatorio/Estudios/Estudio_smartphones_menores)

Lexislación Ley Orgánica 1/1982, de 5 de mayo, de Protección civil del derecho al honor, a la intimidad personal y familiar y a la propia imagen. Ley Orgánica 1/1996, de 15 de enero, de Protección jurídica del menor, de modificación parcial del Código Civil y de la Ley de Enjuiciamiento Civil. Ley Orgánica 15/1999, de 13 de diciembre, de protección de datos de carácter personal. Ley Orgánica 5/2000, de 12 de enero, reguladora de la responsabilidad penal del menor.

Webs de interese Grupo de Delitos Telemáticos da Garda Civil: https://www.gdt.guardiacivil.es/webgdt/home_alerta.php Axencia de Protección de Datos: http://www.agpd.es INTECO: http://www.inteco.es Oficina de Seguridad del Internauta: http://www.osi.es Red.es – Chaval.es: http://www.chaval.es Denuncia nas redes sociais: https://www.osi.es/es/te-ayudamos/denunciar-suplantacion-identidad Facebook: http://es-es.facebook.com/safety/ Google: http://www.google.es/intl/es/goodtoknow/familysafety/ TUENTI: http://www.tuenti.com/privacidad Pantallas Amigas: http://www.pantallasamigas.net Protégeles: http://www.protegeles.com www.netiquetate.com: Proxecto para a promoción da Netiqueta Xoven para as redes sociais. #DeleteCiberbullying (Proxecto europeo de sensibilización sobre o ciberacoso)

Coordinación Abalar IES Monte Carrasco

25


A GAIVOTA

2012 - 2013

MAFALDA

Mafalda é un personaxe de cómic que nace para ilustrar unha campaña publicitaria dunha marca de electrodomésticos. Esta nunca chegou a publicarse, pero deu lugar a un personaxe imprescindible. Mafalda apareceu por primeira vez no 29 de septembro de 1 964. Non se sabe o seu apelido, pero nunha das tiras despois de Mafalda aparece un M. Cando apareceu tiña 6 anos. O seu autor é Joaquín Salvador Lavado Tejón, Quino, un humorista gráfico arxentino, fillo de inmigrantes andaluces. Mafalda é filla dunha típica familia de clase media Arxentina. Mafalda ten pai, nai e un irmán pequeno, Guille. Os pais de Mafalda e Guille, son de clase media, ("mediaestupida" segundo Mafalda). Non se sabe o nome do pai. A nai chámase Raquel e é unha ama de casa que non acabou os estudos por casar, cousa que Mafalda sempre lle reprochou. El é un axente de seguros que sempre está pendente de que á súa familia nunca lle falte o diñeiro. Debido á insistencia de Mafalda, compraron un televisor e despois un coche. O irmán pequeno de Mafalda, Guille, é rebelde e inxenuo. A súa inocencia é a principal causa do éxito das súas tiras. Igual ca a Manolito, a Guille gústalle a sopa, o cal non fará máis que provocar enfados coa súa irmá maior. O número de tiras editadas sobre Guille escasean pero hai que dicir que as existentes son todas de unha altísima calidade. Envolto no seu mundo pequeno e inxenuo, Guille non se relaciona prácticamente co grupo, polo que case sempre sae só ou con Mafalda, "Mafaldita", como lle chama el. Mafalda é unha nena moi simpática preocupada por temas sociais e políticos, da Arxentina, e tamén mundiais, dos anos 1 960 e 1 970 . Esta preocupación mostra altas doses de pesimismo, pero tamén certa esperanza en que un día a situación mellore. Representa o inconformismo da humanidade, pero con fe na súa xeneración. Os sus odios más nítidos abarcan a inxusticia, a guerra, as armas nucleares, o racismo, as absurdas convencións dos adultos e ... a sopa. Entre as súas paixóns figuran os Beatles, a paz, os dereitos humanos e a democracia. Mafalda é moi curiosa e nunca lle faltan preguntas para os seus abnegados pais. Preocúpase pola situación mundial, polo que está constantemente actualizándose a través da radio. Espera sacar unha


EDLG

IES MONTE CARRASCO

carreira universitaria e chegar a ser alguén na vida. Os seus amigos son moi distintos dela e tamén entre si. Cada un deles presenta trazos de carácter moi marcados que permiten unha gran diversidade de puntos de vista en diferentes cuestións. Felipe é o maior do grupo, xa que lles leva un ano a todos os demais, excepto a Miguelito, ó que lle leva dous. É un dos personaxes máis carismáticos e lévase ben con todo o grupo. O seu apelido é descoñecido. Felipe está locamente namorado dunha veciña moi guapa do seu barrio pola que suspira pero é posuidor dunha timidez que non lle deixará falar co su amor platónico. É un angustiado da vida, case sempre está pensando nas tarefas que non fixo e sempre está imaxinándose como a súa escola será demolida. Sempre fai plans que logo non se atreve a levar a cabo. É a personificación da indecisión e das dúbidas de todo tipo. Manolito é un personaxe fundamental nas tiras. É o personaxe máis bruto, culturalmente falando, xa que o seu cerebro é únicamente habilidoso para sacar contas. Axuda ó seu pai no seu almacén de comestibles e sempre está anunciando as excelencias do almacén Don Manolo. É o único personaxe xunto con Guille ó que lle gusta a sopa. Polo demais, odia con toda a súa alma aos Beatles e a Susanita debido principalmente aos insultos que esta lle di sobre a súa intelixencia. O seu ídolo é Rockefeller e a súa meta é ter unha gran cadea de supermercados cando sea maior. Representa o materialismo en estado puro. Susanita é a mellor amiga de Mafalda, aínda que son radicalmente diferentes. É o personaxe máis egocéntrico de todos xa que odia compartir protagonismo. A súa gran obsesión na vida é casar e ter moitos filliños e ser rica. Esta obsesión ademais vaina proclamando por aí, o que provoca continuas disputas para que cale. Lévase mal con Manolito polo que continuamente estanse pelexando e insultando. A súa vida é aparentemente normal a pesar de ser "a mala" do grupo e sempre está tratando de dar envexa ós demais. Representa o máis conservador e retrógrado da sociedade, sempre preocupada polas aparencias. Miguelito é o neno máis pequeno do grupo se non temos en conta a Guille. Nel móstrase a inxenuidade e o descubrimento do mundo. É un dos personaxes que máis se fai querer debido á súa forma de ser. Mafalda coñeceuno na praia estando de vacacións e resultou vivir cerca de Mafalda; pronto coñecería a todo o grupo. Non se leva mal con ninguén do grupo pero debido ó seu pouco coñecemento das cousas e á súa gran imaxinación sempre está con cuestións absurdas e con deducións sen sentido. Entre todos constitúen un universo no que están representadas as virtudes e defectos da sociedade adulta, á que Mafalda cuestiona constantemente.

27


A GAIVOTA

2012 - 2013

III XORNADAS DE ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL DO MORRAZO Por terceiro ano consecutivo, 8 centros centros de ensino secundario do Morrazo, CPI de Vilaboa, IES As Barxas e IES A Paralaia de Moaña, IES de Rodeira, IES Mª Soliño e IES Monte Carrasco de Cangas e IES Johan Carballeira e IES Illa de Ons de Bueu, a través dos seus departamentos de orientación, atrevémonos a organizar unhas Xornadas de Orientación Académico­Profesional dirixidas ao noso alumnado de 4º de ESO, bacharelato, FP e Educación de Adultos. O que pretendemos con elas é ampliar a

información que cada un das/os orientadoras/os xa damos nos nosos centros e dar a coñecer as titulacións do sistema universitario galego. Digo atrevémonos porque: .­ sin un orzamento para as xornadas, .­ cun movemento de case 1000 alumnos de 8 institutos, con horarios diferentes e con realidades diferentes, .­ 20 relatores que participan dende diversos puntos de Galicia, isto parecería misión imposible, senón fose porque: .­ cremos no traballo colaborativo: 8 centros cos seus Claustros, direccións, ANPAs, traballando hacia un mesmo obxectivo; 8 departamentos de orientación coordinando as accións necesarias para que este obxectivo se faga realidade, .­ porque neste momento de crise económica e de valores pensamos que a orientación para a elección de itinerarios formativos­ profesionais é a mellor inversión en esforzos e recursos que podemos facer dende os departamentos de orientación para o futuro do noso alumnado, .­ porque cremos na educación pública, nos profesionais dos centros docentes públicos tanto universitarios como non universitarios.


EDLG

IES MONTE CARRASCO

Ademais, non podemos deixar de agradecer a súa colaboración, porque sen a súa axuda isto non podería levarse a cabo: .­ A Federación de ANPAs Gameliña pola súa colaboración económica na edición da cartelería .­ A FECIMO pola aportación de agasallos para os relatores das Xornadas .­ Ao Concello de Bueu pola cesión de mobiliario .­ Ao Concello de Cangas pola boa acollida que sempre tivo cara a esta iniciativa, cedéndonos locais, materiais e persoal para a montaxe

IES A PARALAIA ­ Moaña (10:30 a 12:30 h.)

A nivel organizativo, as Xornadas desenvolvéronse en dúas fases: .­ A 1ª, o 20 e 21 de febreiro no Auditorio Municipal de Cangas, de 9:30 a 13:15h. Dirixida ao alumnado de bacharelato, CF e Adultos. Cun formato de mesas redondas, sobre o acceso a universidade, o acceso a CF de Grao Superior, os servizos das 3 universidades galegas e diversas titulacións universitarias de grao. .­ A 2ª, os días 15, 16 e 17 de abril, dirixidas ao alumnado de 4º de ESO e PCPI, destináronse a dar a coñecer os ciclos formativos de grao medio que se imparten nos institutos da comarca. Isto supuxo que o alumnado de 4º de ESO e PCPI de cada centro fixo un itinerario polos institutos con oferta de Formación Profesional, onde coñeceron de primeira man os talleres, os módulos, o profesorado e as saídas profesionais de cada ciclo de grao medio.

A valoración dos departamentos de orientación dos centros organizadores é altamente positiva, aínda que sabemos que para os centros supón un pouco de rebumbio nesas datas. Confíamos en que os principais destinatarios desta actividade, o alumnado, a tiveran aproveitado e sexan quen de realizar eleccións formativo­ académicas, con mais expectativas de éxito.

CM de Instalacións eléctricas e automáticas CM de Mecanizado (Neste centro tamén e imparte o CM de Xestión Administrativa) IES JOHAN CARBALLEIRA – Bueu (13:00 a 14:20 h.) CM de Estética persoal decorativa CM de Soldadura e caldeiraría CM de Peiteado e cosmética capilar (Neste centro tamén e imparte o CM de Xestión Administrativa)

B e g o ñ a O t e r o R i o bó

O alumnado do noso centro de 4º de ESO e PCPI participou só na 2ª parte das Xornadas, visitando os seguintes institutos, o día 16 de abril: IES de RODEIRA ­ Cangas (8:45 a 10:00 h.) CM de Xestión Administrativa CM de Instalacións de Telecomunicacións

29


A GAIVOTA

O

2012 - 2013

RAP TO D E EU RO PA


EDLG

IES MONTE CARRASCO

1. El

País,

8­11­2012.

31


A GAIVOTA

2012 - 2013

PRESTIGE

Ana, Daniela 3º A

Hai case trece anos que ocorreu unha gran catástrofe na costa galega. O 13 de novembro do 2002 un gran barco cargado con 77.000 toneladas de petróleo sufriu un accidente a 50 km da Costa da Morte.As causas do accidente non están claras, pero crese que a vía de auga puido ser producida polo impacto dun tronco dunhas grans dimensións no costado dereito do barco. No momento no que se produce o impacto comezan as negociacións entre o armador, o Goberno español e as empresas de salvamento, pero non conseguen pórse de acordo. Uns querían que se acercara á costa para poder descargar o seu cargamento, mais ao Goberno español dáballe medo que o porto quedara contaminado e que o partido perdese votos, polo tanto decidiron afastalo da costa, pois crían que así os residuos perderíanse no mar e non contaminarían a costa.

coñecer a súa gravidade, impedindo que a maioría da poboación española estivese ó tanto desta catástrofe. Contra isto creouse unha asociación chamada Nunca Máis, que contaba coa axuda dalgún partido político e outras organizacións. Tamén se organizaron diversas manifestacións en contra da marea negra. Hoxe en día unha grande parte do mar xa está rexenerada, varios biólogos marinos aseguran que nunca crían que o mar se fose rexenerar tan rápido, xa que foron ben pesimistas coa situación de hai dez anos. Os propios expertos do Comité Científico Asesor aseguran que a partir do quinto ou sexto ano non quedou ningún efecto sobre os ecosistemas mariños. «Efectos crónicos non quedaron. Poderíase dicir que o efecto do 'Prestige' desapareceu da costa nun 99%», asegura Urgorri. Este feito debe axudarnos a reflexionar para futuras ocasións e evitar que outro ecosistema quede tan danado coma o galego. OUTRAS CATÁSTROFES SEMELLANTES. • O Polycommander foi un petroleiro de bandeira noruega, que o 5 de maio do 1970 encalou nuns baixos próximos á illa de Cíes, debido a un erro do capitán.

Por desgraza, non acertaron coa elección porque ás 8.00 da mañá do 19 de novembro do 2002, o Prestige afundía a 250 km da costa galega, a 3850 m de profundidade, e o 2 de xaneiro do 2003, as manchas do combustible estaban a só 50 km da costa. Como é de supoñer, esta contaminación non tardou nada en invadir as costas e praias do noroeste de España e as Landas de Francia, aínda que Galicia foi a máis afectada. Un dos métodos para extraer o que quedaba de petróleo no barco foi usar un sistema de extracción, que consistía nunha tubaxe que facía subir o petróleo e despois de traspasalo varias veces finalmente era vertido a un petroleiro.A operación de extracción tardaba entre 6 e 12 horas.Ademais desta medida, tamén se introduciron (despois dun estudo) no interior do Prestige unhas bacterias que degradan o petróleo e expulsan CO2 e auga.Agora o barco está selado impedindo que as bacterias se vaian. O proceso de degradación estímase que finalizará no ano 2020. Moita xente de Galicia e doutras partes do mundo veu a estas costas para axudar a limpar o petróleo e axudar a recuperar a normalidade. Mais un dos problemas do Prestige foi que o Goberno restoulle importancia ó asunto e non permitiu que se dese a

• O Casón, un cargueiro de bandeira panameña, o 5 de decembro de 1897 sufriu un accidente nas costas galegas , debido a un temporal que fixo que a carga se movese e provocase un incendio.


EDLG

IES MONTE CARRASCO

PA R A M I N , O R N I T O L O X Í A A l e j a n d r o M a r i ñ o, 1 º B Non sei moi ben por que me gusta tanto a ornitoloxía, pero comecei a fixarme nos paxaros xa de pequeno, cando ía coa familia a Madrid no coche e nos campos de Castela viamos moitas aves rapaces. Foi alí onde meu pai me ensinou moitas cousas, como distinguir o lagarteiro do resto das aves rapaces ou a diferenciar a cola do miñato real da do miñato negro. Tamén iamos moito ó campo ver

Femia de alavanco real cos seus poliños na lagoa de Massó.

animais, a sitios como as Lagoas de Villafafila, na provincia de Soria; o Courel ou a Serra da Culebra. Agora estou realizando unha guía de aves con imaxes tomadas por min. Nela hai aves coma o liñaceiro común, o mazarico real, a avetarda, a escribenta liñaceira ou a avefría. A esta afección hai que dedicarlle moito tempo e moitísima paciencia. É necesario ter un material cunhas condicións mínimas: cámara con teleobxectivo, prismáticos ou incluso un telescopio terrestre son elementos imprescindibles. Actualmente non formo parte de ningún grupo, pero ás veces vou cunha asociación chamada Anduriñas, que anela aves. Aquí tedes algunhas das fotografías que teño sacado e que máis me gustan:

Mazarico curlí. Destaca o pico curvo que o diferencia da agulla colipinta. Avisteino en Massó. Macho de liñaceiro común coa plumaxe estival (peito vermello) na lagoa de Vixán.

33


A GAIVOTA

2012 - 2013

Pilro común (macho con plumaxe estival) Dúas crías de ferreiriño común pousadas

en Massó.

nun paíño en Vilaboa.

Macho de escribenta liñaceira cunha á

Mazarico rabipinto. Destaca o longo e

rota en Cabo Udra.

fino pico que ten para atopar pulgas na area. Foi avistada en Massó.

Pilro bulebule mudando da plumaxe invernal (gris) á estival (roxa). Cría de lavandeira branca alzando o voo en Pastoriza. Xirín común peiteándose co seu pico, nas pistas de atletismo de Macho adulto de chasco común e cría en Massó.

Cangas.


EDLG

IES MONTE CARRASCO

de Gabriel Fernández, 1A Wes é o seu nome artístico, o que o fai coñecido no mundo da música rock do noso entorno, onde destacou como voz solista do grupo Astarot que todos nós coñecemos. Tivemos ocasión de falar con el nunha interesante entrevista que incluímos a continuación. A súa voz ten unhas cualidades especiais que a fan grandiosa no contexto da música chamada "heavy". Invitámosvos a coñecer á persoa que está detrás desas fermosas e apaixoadas interpretacións nun amplo repertorio de discos que todos tedes escoitado nunha morea de ocasións. Agardamos, coma sempre, que sexa do voso agrado e que esta pequena achega vos permita descubrir tamén a música que se fai no noso pobo e que o grupo Astarot soubo levar por toda Galicia e por moitos recunchos de España. Cando comezaches a cantar? E como xorde a posibilidade de facelo de xeito profesional? Comecei a cantar con quince anos. Xorde a posibilidade de facelo de xeito profesional porque apareceu Carlos (o guitarrista), oíume e preguntoume se quería ir para o seu grupo, e eu aceptei. Como e en que circuntancias nace Astarot? Comezaches canda o grupo ou incorporácheste máis tarde, cando este xa estaba formado? Astarot montárono Carlos Gandón (guitarra) e Carlos Rodal (baixo). Eu entrei no grupo no segundo concerto. Como decidistes o nome do grupo? Fixérono entre dous amigos do grupo, e a nós pareceunos ben. Quen o formaba inicialmente? Sufriu moitos cambios ó longo do tempo? Carlos Gandón, Carlos Rodal, Tebi (batería) e eu. Foron moitísimos cambios. Nun primeiro momento cantabades en castelán. Cando e por que decidistes cambiar de lingua? Porque os tempos cambiaron e probamos co galego e funcionou bastante ben. Como ves o panorama musical galego na actualidade? Que cambios experimentou dende os anos 80 ata hoxe? Eu, persoalmente, míroo pobre, é dicir, que case non hai xente que cante. Os cambios foron menos salvaxes, antes volviámonos tolos e agora controlamos máis. Por que, na túa opinión, a música galega en xeral, é tan pouco coñecida: cuestión de calidade, de márketing...? Hai grupos que son moi coñecidos, pero non tantos que fagan rock. É principalmente unha cuestión de márketing. É moi sacrificado isto de ser cantante? Require moitas horas de ensaio? Que é o máis difícil: o tempo de ensaio, as viaxes...?

35


A GAIVOTA

2012 - 2013

Ó principio, non, pero logo é máis difícil, ás veces pérdese tempo. Os ensaios requiren moitas horas. Tanto o tempo de ensaio como as viaxes conlevan moita dificultade. Hai nervios ó de subirse a un escenario? Como se superan? Ó principio tiña nervios. Supéranse cando te acostumas e te soltas, é dicir, que fas coma se estiveras só. Podes contarnos algunha anécdota que che pasara nun concerto? Un día, nun concerto, unha rapaza mentres eu cantaba deume o móbil e dixo que ollara o nome das amigas e fixera autógrafos. Ó final falei con elas e deilles os autógrafos con gusto. Á parte de cantar, tocas algún instrumento? Eu toco a gaita e un pouco a guitarra. Gustaríache que algún dos teus fillos se dedicara á música? Por que? Encantaríame que algún dos meus fillos se dedicase á música. Pero dáme o mesmo que se dediquen a outra cousa. A decisión é deles. A marcha de Astarot abre unha nova etapa musical na túa vida ou abandonas esta profesión? Abre unha etapa na vida. Á hora de facer balance, que che aportou todo este tempo en Astarot? Aportoume satisfacción, gocei moito e coñecín Galicia. Que consellos lles darías ós rapaces que queiran dedicarse á música de xeito profesional? Que sexades abertos de mente, que non vos avergoncedes do gusto da vosa música e que vaiades probando outros tipos de sons e máis grupos. Grazas novamente, Wes, pola túa colaboración nesta nosa revista, e dende o Carrasco desexámosche unha longa vida de éxitos persoais e profesionais. Eso si, non deixes de agasallarnos coa túa voz. Unha aperta!


EDLG

O ENTROIDO por Ruth de Peroy, 3ºA IES MONTE CARRASCO

O e n troi d o é unha festa de carácter tradicional que se celebra entre os meses de febreiro e marzo, coincidindo co período inmediatamente anterior á coresma. A coresma é un período que dura corenta días, e que representa o tempo no que Xesús estivo nun deserto sen poder comer e beber. Neste período quérese transmitir esta idea ás persoas. Digamos que o entroido é unha forma de desfase antes do período de coresma.

O entroido consiste en mascaradas, bailes e outras manifestacións buliciosas, rompendo así cos canons morais. A xente ocupa o lugar doutros personaxes, con isto pódese dicir que no entroido ‘todo vale’, tendo en conta que foxes da realidade. Un dos entroidos máis famosos da comarca celébrase na parroquia do Hío, que se localiza en Cangas do Morrazo. Son famosos os seus festexos populares do entroido. Coñecido vulgarmente como Carnaval do Hío, é unha festa popular que se celebra 40 días antes da Semana Santa, na cal se vai de aldea en aldea bailando, cantando e bebendo viño tinto. Este evento dura tres días que sempre coinciden en domingo, luns e martes. Neste entroido a xente dedícase a ir andando de aldea en aldea por toda a parroquia, mentres baila, canta e bebe viño tinto. Os pratos do entroido máis tradicionais poden ser o cocido, o lacón con grelos.. e as sobremesas máis tradicionais adoitan ser doces, tales como son as orellas e as filloas. O entroido no Monte Carrasco celébrase antes de vacacións do entroido. Consiste nunha chocolatada con orellas invitada pola ANPA, mentres gozamos cun desfile protagonizado polos alumnos de tódolos cursos. Cada curso presenta una murga e, en teoría, deberían ter todos os alumnos do mesmo curso un disfrace relacionado co tema do ano dese entroido. Tamén se celebra a queima do momo, un espectáculo único no noso centro, que consiste en queimar un macaco feito por algúns alumnos de cuarto da ESO. Este elemento cólgase dun pau, e ditos alumnos de cuarto da ESO préndelle lume ata que este arde.

37


A GAIVOTA

Oh Canada! Carmen Amado Fuentes 2012 - 2013

“Oh Canada our home and native land! True patriot love in all thy sons command. Car ton bras sait porter l’épée, Il sait porter la croix! ...”. Cada vez que lembro a miña estadía en Canadá durante o pasado mes de outubro, non sei por que estraña razón xorde na miña mente esta melodía. Supoño que será porque todos os días comezabamos as clases escoitando o himno nacional, bilingüe: a primeira das curiosidades que vos contarei a continuación. O pasado 29 de setembro de 201 2 un grupo de 22 profesores/as de educación primaria e secundaria voamos cara a Canadá para participar no programa PIALE (programa integral de aprendizaxe de linguas estranxeiras) na modalidade de integración, organizado pola Consellería de Educación. Este programa consiste na integración do profesorado participante na vida escolar en centros de Canadá e na vida social do país a través das familias acolledoras.

O primeiro que chama a atención de Canadá é que se trata dun país inmenso, por algo é o segundo país máis grande do mundo, cunha extensión de 9.984.670 km2 e unha poboación aproximada de 35 millóns de habitantes. Está dividido en dez

provincias e tres territorios (máis dependentes do goberno central que as provincias), e a súa capital é Ottawa (“Óragua”, como din alí). Por razóns históricas, Canadá formou parte dos imperios francés e británico e conseguiu a súa independencia no ano 1 867, isto fixo que sexa unha nación bilingüe con dúas linguas oficiais, o inglés e o francés. A paisaxe canadense é espectacular. Os canadenses coidan moito a natureza e no seu tempo de ocio gozan realizando actividades ao aire libre, incluso durante o inverno. Eu tiven a sorte de poder ir ao comezo do outono, cando aínda non fai demasiado frío e se pode apreciar como as follas dos arces cambian de cor case a diario, o que lle da á paisaxe un toque case que máxico. Os canadenses son xente moi amable, acolledora e tolerante. Unha das cousas que máis me chamou a atención foi a ampla diversidade cultural que enriquece a súa sociedade e que falen da súa poboación inmigrante como “new Canadians”, o que corrobora a fama de país tolerante e pacifista de que goza Canadá. En canto á gastronomía, se sodes comellóns coma min, non esperedes gran cousa de Canadá. Neste país, como en moitos outros, a xente non lle dá tanta importancia á comida coma nós, e seguen o modelo británico, como ex-colonia que son,


EDLG

IES MONTE CARRASCO

de almorzo, sándwich e froita ás 11 .30h./1 2.00h. e cea ás 1 8.00h. Un dos pratos típicos de Canadá é o poutine (patacas fritidas cubertas de queixo fundido e unha salsa algo doce). Tamén son moi populares as beaver tails (torradas en forma de cola de castor cubertas do que queiras: queixo, marmelada, canela, mazá...), o famoso maple syrup (sirope de arce) e, por suposto, unha ampla variedade de hamburguesas e perritos calientes. O sistema educativo canadense é algo diferente ao noso. A educación é obrigatoria ata os 1 8 anos e para acadar o título o alumnado ten que superar 30 créditos repartidos en 1 2 cursos, equivalentes a distintas materias, das que 1 8 son obrigatorias (como inglés e matemáticas) e 1 2 son optativas. Ademais deben realizar 40 horas de servizos á comunidade fóra do horario lectivo. O alumnado cursa cada ano oito materias divididas en dous semestres, ao final dos cales deberán examinarse. Aínda que a educación obrigatoria remata aos 1 8 anos, ao alumnado inmigrante, que primeiro ten que superar a barreira lingüística, permíteselle permanecer no sistema ata os 21 anos se así o precisa. O día a día no meu centro de destino, Rideau High School de Ottawa, non era moi diferente ao que estaba afeita (a práctica docente é moi parecida en todas partes) aínda que houbo moitas cousas que me chamaron a atención. O Rideau High School

escolariza alumnado de graos 9, 1 0, 11 e 1 2 que equivalen a 3º, 4º da ESO e 1 º e 2º de Bacharelato do noso sistema educativo. A entrada do instituto amosa a multiculturalidade do seu alumnado, decorada con bandeiras representativas dos seus países de orixe e carteis de benvida en varios idiomas. O alumnado do centro fala un total de 43 idiomas diferentes!! (eu apenas son capaz de poñer nome a 43 idiomas distintos...). As aulas están moi decoradas, con taboleiros e cortizas rodeados de “trimmers”, cenefas de distintos deseños e cores que alegran o contorno, como a que puxemos este curso en 1 ºB. O alumnado non ten unha aula asignada para cada grupo como temos nós, senón que cada materia se imparte na súa propia aula o que obriga a colocar as taquillas no corredor. De todas as aulas, eu destacaría, por diferentes ás nosas, a de cociña con varios postos (“learning stations”) equipados con cociña, forno e todos os utensilios necesarios para a elaboración das receitas propostas cada día, que se cociñan e finalmente comen ao rematar a clase, e a de música que era enorme e estaba equipada con multitude de instrumentos que o centro cede ao alumnado durante o curso. Todos os días tiñamos a mesma rutina: as clases comezaban ás 9h. e remataban ás 1 5.1 0h. A distribución da carga lectiva era sempre a mesma: catro

39


A GAIVOTA

2012 - 2013

sesións de 75 minutos cun descanso de 11 .30 a 1 2.30h. para comer. O profesorado xantaba na sala de profesores ou nos departamentos e o alumnado na cantina ou fóra do instituto. Non teñen recreo. O comezo do día resultoume cando menos curioso. Ao tocar o timbre, o alumnado diríxese á súa aula, na que xa está o profesor/a esperando, animado pola melodía das películas do axente 007, e de seguido soa o himno de Canadá. Neste momento todo o mundo permanece de pé escoitándoo e mesmo cantándoo, e aqueles aos que aínda non lles dera tempo de chegar á aula deben pararse a escoitalo no corredor ou onde lles cadre estar nese momento. A continuación a secretaria do centro dá os bos días “Good morning, Rideau”, e os recados, tales como que os carnés da biblioteca xa están listos, e desexa un bo día a todos, “have a nice day, Rideau”. Despois de xantar a música que animaba a voltar ás aulas era un fragmento da obertura de Guillerme Tell de Rossini. Curioso, non si? Polo que á metodoloxía respecta, chamoume moito a atención que todos traballan por tarefas e proxectos promovendo o “critical thinking” que obriga ao alumnado a pensar, reflexionar, tomar decisións, relacionar e non ser só receptores de información por parte do profesorado. Se me preguntarades cal era o meu grupo favorito diríavos que a clase ELD (English Literacy Development), ou clase de alfabetización de nenos que acababan de chegar a Canadá procedentes de países como Thailandia, Paquistán, Nepal, Somalia, Kenya, Iraq ou Iemen. Moitos destes nenos chegaron a Canadá fuxindo dos conflitos bélicos desenvolvidos nos seus países de orixe, ou de campos de refuxiados. Lembro as caras de Zafran, Shahed, Mae, Mohamed e moitos outros cos que me encariñei dende o primeiro

momento. Dadas as diferenzas culturais e relixiosas do alumnado, o instituto traballa temas de convivencia dende todos os ámbitos; de feito a mascota do centro é un carneiro (en inglés ram) e xoga coas letras para promover un código de conduta para o seu alumnado, que deberá ser respectuoso, tolerante, estar motivado e así acadar o éxito: RAMS (respectful, acceptable, motivated, successful). E xa para finalizar só me queda engadir que despois de facer tantos quilómetros, e ter gozado desta enriquecedora experiencia canadense, cando chegou o momento de finalizar a miña estadía en Canadá, non vou negar que estaba feliz de volver á casa coa miña xente, de volver ao IES Monte Carrasco.


EDLG

IES MONTE CARRASCO

EU, PIANO por Iván Malvido, 1º A

• Hamilton Godoy • Ludwig van Beethoven • Martha Argerich • Nelson Freire • Ricardo Castro Un piano é un instrumento musical composto por unha • Sergei Rachmaninoff caixa de resonancia, e dentro del, hai unha serie de • Sérgio Mendes cordas metálicas de diferente lonxitude e diámetro, • Sviatoslav Richter ordenadas de maior a menor, tres pedais e un teclado. • Tim Rice-Oxley Estas cordas son percutidas por pequenos mazos • Tori Amos impulsados por un teclado, producindo sons claros e • Vladimir Horowitz vibrantes. • Wladyslaw Szpilman Wolfgang Amadeus Mozart O piano apareceu en Italia. Creado ao principio do século •• Magne Furuholmen XVIII polo italiano Bartolomeo Cristofori en Florencia • Roger Hodgson (Italia), sobre o nome «piano-forte», o piano nace da • Freddie Mercury evolución dun instrumento chamado clavicordio (século Eu levo tocando o piano dende os catro anos. Empecei XV). con el porque dende moi cativo me atraía a música. polo piano porque un día mirei nun programa No piano de cola as cordas están en posición horizontal. Decidinme de televisión unha moza tocando no piano unha melodía Os pianos de cola teñen unha cuberta superior abatible, que me engaiolou. Cando toco o piano estou relaxado, de xeito que os sons producidos polas cordas saen ó síntome cómodo e esquézome de tódalas preocupacións. exterior sen barreiras de ningún tipo. Fabrícanse en No conservatorio hai varios graos, o elemental, que ten varios tamaños. catro cursos, e o profesional, que ten seis. Para que te O piano vertical ou de parede constitúe unha variante. collan tes que ser bo, xa que as partituras requiren moito Nel, as cordas están en posición vertical. Tamén hai de estudo. Eu cambieime para a escola de música porque os distintos tipos. Algúns destes son a espineta, o piano de días de clase coincidíanme cos adestramentos de consola, o piano de estudio e o piano vertical antigo. balonmán, aínda que pode que volva ao conservatorio, xa O órgano electrónico ou teclado electrónico é unha cando se remata hai moitas máis posibilidades que na invención do século XX. Ten a mesma aparencia do piano. que escola de música. Como me cambiei, puxéronme en A diferenza é que o son do órgano electrónico provén de segundo de elemental. A miña ilusión para o futuro é medios de síntese electrónica (produce un son xerado dedicarme á música, ou sexa, que quero ser profesor de artificialmente) Ademais, pode reproducir o son de ou cantante/compositor. diferentes instrumentos e moitas veces incorpora cancións música Recomendo tocar o piano ou calquera outro instrumento e ritmos predeterminados. porque mellora a capacidade de memorización e a auditiva. Algúns dos pianistas máis importantes son: • Alexandre Paz • Arturo Benedetti Michelangeli • Chris Martin • Franz Liszt • Frederic Chopin Neste artigo da revista vouvos falar do piano, para que saibades un pouquiño máis sobre este instrumento musical.

41


A GAIVOTA

2012 - 2013

REMO

Yeray León González - 1ºA

O remo é un deporte marítimo que consiste en desprazar o remo pola auga e así conseguir moverte cara ó teu obxectivo indicado polo patrón (persoa que marca o rumbo do barco, e encóntrase de costas á popa vendo así os movementos dos remeiros). Cada fin de semana hai unha regata nun lugar determinado, pero sempre como características ese lugar ten que ter á parte de mar (como é lóxico), un batel na competición. Esta regata é organizada polo equipo local e pola Federación Galega de Remo. Os equipos intentan gañar a regata para así ascender postos na clasificación, ou afianzar máis o seu liderado con respecto ós demais equipos da táboa. O remo é un deporte que “engancha” porque mentres remas podes observar as marabillosas vistas que temos na ría de Vigo. Aparte de todo isto, en remo podes exercitar os músculos no ximnasio ou saír a correr polo noso marabilloso paseo de Rodeira; á parte de todas estas vantaxes, o Club de Remo Vila de Cangas proporciónache prendas gratis, polo cal ó ir a unha regata, e ir todo o equipo conxuntado co mesmo uniforme, dáse maior sensación de ser un verdadeiro equipo, e tamén ó ir todos conxuntados intimídase algo máis ós equipos contrarios, o que permite partir cunha lixeira pero á súa vez importante vantaxe: o medo dos contrarios. O remo é un deporte que che permite facer novos amigos, do teu equipo ou de un equipo contrario. Se estás nun club competitivo, no que normalmente quedes entre os primeiros a final de tempada poderás acceder a unha serie de regatas nas que o gañador proclámase campión de Galicia, e os que mellores tempos teñan de Galicia competirán contra os que mellor tempo teñan de Asturias, Cantabria e do País Vasco, e o gañador desa regata proclamarase campión da Concha (premio outorgado ó mellor batel de España)


EDLG

IES MONTE CARRASCO

O Carrasco cos olímpicos 2012:

David Cal Nun número máis, e non é por falta de méritos, acompáñanos nestas páxinas da Gaivota o grande deportista David Cal. Despois do seu triunfal paso polo Reino Unido nas pasadas Olimpíadas, desvélanos algunhas das dúbidas sobre o seu presente e futuro, e convídanos a seguir o seu exemplo de esforzo e loita por destacar e superarse a si mesmo. Na historia do olimpismo español non hai pegada coma a súa. Serás ti quen de ocupar, algún día, o seu laureado lugar? - Cando comezaches a practicar piragüismo? Como descubriches este deporte?

Comecei aos oito anos. Practicábase cerca de onde eu vivía.

- Tiveches que renunciar a algo polo piragüismo?

En principio, non; pero cando queres mellorar, si. Renuncias a estar coa familia, cos amigos e a moitas cousas que fai o resto da xente. - Supoñemos que antes de converterse nunha profesión, o deporte foi para ti unha afección. Cando viches claro que podía ser o teu traballo?

Iso valo vendo pouco a pouco, a medida que vas conseguindo mellorar os resultados.

- E se non fose esta, a que te dedicarías, que profesión che gustaría exercer?

A calquera relacionada co deporte.

- Cantas horas adestras á semana?

Adestro entre corenta e cincuenta horas semanais.

- Dentro do piragüismo hai varias especialidades. Pódesnos dicir cales? Cal é a túa?

A miña é canoa en augas tranquilas. Tamén hai o kayak, kayak de mar, kayak surf, surfsky, augas bravas, rodeo, estilo libre, descensos, kayak poloY

- Cando comezaches a competir de forma profesional, pensabas conseguir tódalas medallas que tes?

Non. Competía porque me gustaba, pero non imaxinaba o que conseguín. O meu soño era unha medalla olímpica e xa levo cincoY - Cal é a que máis valoras? Por que?

A primeira, a medalla de ouro de Atenas 2004; por ser a primeira, é a máis especial.

- Cal foi a competición máis complicada para ti? E a máis fácil? Cal é a razón?

Todas as competicións son complicadas.

- Como vive un deportista de elite a preparación dunhas olimpíadas?

por Lorena Piñeiro Piñeiro, 1ºB

Con paciencia e moitas gañas.

- Na actualidade es o deportista español con máis medallas olímpicas. Como se leva iso? Que se sente?

Síntome moi satisfeito e realizado.

- Nalgún lugar lemos que dixeches que “había que buscar una motivación extra; seis medallas ya era coleccionismo”. Como debemos entender esta afirmación? Está en relación coa túa decisión de preparar os próximos Xogos no Brasil?

Non había ningún deportista español con cinco medallas, eramos tres deportistas con catro medallas. A quinta tiña unha boa motivación, a sexta, xa non tanto. - Poderías contarnos algo da túa marcha ó Brasil?:

Na Olimpiada, o meu adestrador recibiu unha oferta para adestrar o equipo brasileiro de canoa, valorámolo e atopamos moitos máis pros que contras. As desvantaxes son o descoñecemento do Brasisl e a distancia, pero as vantaxes son moitas máis. - Cales son as túas expectativas cara as próximas olimpíadas?

Estamos a principos do ciclo, pero intentarei loitar por unha medalla. - A que idade, máis ou menos, pensas retirarte? Tes algún proxecto para cando esto ocurra?

Aínda non teño clara a miña retirada.

- Aparte do piragüismo, cales son as túas afeccións?

Gústame ler, a música, o surf e a mountainbike. - Que nos dirías sobre o piragüismo para animarnos a practicalo?

Invitaríavos a practicalo e se vos gusta, animaríavos a continuar. Grazas novamente, David. Parabéns da comunidade educativa do Carrasco e que sigas colleitando éxitos por moitos anos olímpicos máis...

43


A GAIVOTA

2012 - 2013

Rec unc ho literario

Haikus

AnaMariño,PaulaMartínez,Hajar,Ainhoa,3ºESO

O haiku( ) é unha forma de poesía tradicional xaponesa. É un poema breve, xeralmente está formado por tres versos de cinco, sete e cinco sílabas respectivamente. A poética do haiku basease no asombro que produce no poeta a contemplación da natureza. A n a Ma r i ñ o C’est un grand rêve, le lac et toi avec moi. Cette année mon rêve. É un gran soño O lago e ti comigo Este ano o meu soño Le lac au printemps, l’oiseau rêve à vivre, et l’année passe. O lago na primavera O paxaro soña que vivira O ano pasa Pieds cassés par la marche. Le fauteuil fatigué de larmes. Naufrage dans l’herbe. Pés rotos pola marcha O sofá cansado de lágrimas Naufraxia na herba Les vieux placards verts range les feuilles enfermée pleines de rêves. Os vellos armarios verdes Garda as follas encerradas Cheas de soños Une maison brillante avec un jardin sauvage est oublié pour les roses. Unha casa brillante Cun xardín salvaxe É esquecido polas rosas Grand mur de morts est la vie d’un enfant brave une femme marche. Gran muro de mortes é A vida dun neno valente Unha muller anda. Un tiroir plein de lettres brûlées et mots

perdus sans vous. Un caixón cheo de De cartas queimadas e palabras Perdidas sen vostede Bonheur en printemps la fleur timide danse avec le temps. Felicidade en primavera A flor tímida baila Co tempo Paula Martínez Les grilles de la main Sont bien les devoirs Qui sont les pensées. As reixas da man Son ben os deberes Que son os pensamentos Le robinet gris Est la grande bouche d’eau Le fauteuil écoute. A billa gris É a gran boca de auga O sofá escoita Hajar Les enfants quand ils sont petits, ils ont le nez comme le verre. Os nenos cando Son pequenos, teñen O nariz como o cristal les voitures sont la poésie absurde des routes de soie. Os coches son A poesía absurda Das estradas de seda Ainhoa Les yeux gothiques la rosée noire comme la nuit la rivière meurt. Os ollos góticos O orballo negro como a noite O regueiro morre


EDLG

Rec unc ho literario

IES MONTE CARRASCO

V E R SO S CO N S E N T I D O S Esta escolma de versos son froito dunha A AVARICIA DO HOME actividade de aula realizada na clase de Lingua Galega. O potencial artístico é Un paxaro cantaba no río, evidente. Xulgade vós mesmos... un paxaro comía no niño, AMOR SILENCIOSO Se o meu sangue fora tinta e o meu corazón tinteiro, co meu sangue escribiríache "o teu amor é o primeiro". Ti cada día fasme máis forte, un sorriso e unha cara fermosa, eu por coñecerte teño moita sorte, e ti seguro que estás orgullosa. Algúns nenos son saben como tratarte, eu son o único que sabe amarte, os teus ollos son unha obra de arte e contigo irei ata Marte.

O poema está a punto de rematar, eu quero ver un sorriso nesa cariña, seguro que cando o leas vas chorar, pero ti por sempre serás a miña namoradiña. Kevin Ortube. 1ºA TÓDALAS NOITES MIRANDO Ó MAR Tódalas noites ollando ó mar, a escuma entraba nas nosas pedras. Tódalas noites ollando ó mar, observando sen présas as estrelas. O mar estaba alporizado, rompía na beira con forza. O mar estaba alporizado, e tírate pola borda. A lúa alumeaba as pedras, brillaban fermosas na praia. A lúa alumeaba as pedras, diamantes as rochas semellaban. Estrelas que na noite me acompañan, facendo clara a noite entrada. Estrelas que na noite me acompañan, as nubes afastadas da praia.

un paxaro rompía a chorar, unha paxara morría no mar.

A paxara bicou o merlo, a paxara de amor viviu, a paxara quixo querelo, o merlo non lle sorriu.

Un cazador entrou no bosque, un cazador ó merlo matou, a paxara suicidouse. Xa que ó seu amigo estrañou. O bosque estaba de loito, o bosque viu como o cazador e a avaricia do home un merlo matou.

Yeray León González, 1ºA POEMA Amor, fala, que cada vez que calas xa vexo que marchas. Amor, a túa voz é coma a dun paxaro voador que ó ceo declara o seu amor. A ti, meu luceiro, unha cousa vouche dicir, o meu amor é sincero e é só para ti. A min, miña alma, gústame a túa fala, o mar está en calma mentres me ames e non pase nada. Amor, se te vas, morro, se me deixas só, só me afogo.

Iván Malvido, 1º A

Andrea Vázquez, 1ºB SE A BRANCA LÚA... Se a branca lúa é o sol azul, e se o sol azul é o mar negro, que será do meu futuro incerto? Serei quen de conter a forza do abedul? O vento que movía a vida, incluso o país que eu coñecía, quebrantouse coma un témpano de xeo, que enxordeceu o lamento do noso pensamento.

Alejandro Mariño, 1ºB

45


A GAIVOTA

2012 - 2013

Rec unc ho literario

O neno de goma Unha vez había un rapaz que tiña todo o corpo de goma. El estaba moi contento porque cando facía os deberes podía borrar as faltas co dedo; tamén podía borralas coa fronte. Pronto os seus compañeiros observaron que tiña o corpo de goma e pouco a pouco fóronlle cortando partes do corpo para borrar os seus deberes. Un cortoulle o nariz e outro cortoulle unha orella. Co tempo, o rapaz desapareceu do instituto, pero todos os alumnos tiñan moitas gomas.

Un neno cunha mala sorte Érase unha vez un neno chamado Antonio, aínda que todos lle chamaban Toni, que estudaba no IES Río Jack (situado no sur da provincia de Pontevedra). Un día, no instituto, un neno chamado Pedro pegoulle unha malleira; a Pedro castigárono expulsándoo tres días do instituto. Aos 3 días, ese neno chegou ao instituto con unha soa idea: molestar todo o que puidese a Toni. Ao pouco tempo Toni deuse conta do sucedido e comentoulles iso aos profesores, pero estes non lle fixeron caso. Pola rúa Pedro atopouse a Toni e que fixo? Pois darlle unha tunda a Toni ata romperlle o brazo. Toni foi ao hospital e dixéronlle que ía estar entre dous e tres meses e suspendeu cinco materias por faltar a clase tanto tempo. En setembro Toni quixo recuperar as materias e por mala sorte só recuperou dúas, Matemáticas e Ciencias Sociais, e suspendeu tres: Ciencias Naturais, Francés e Lingua Castelá. Ao empezar o curso de 1º (porque repetiu por culpa do seu brazo), non se atopou, por sorte, con Pedro (debido a que non pode repetir porque xa repetiu o ano pasado). El sacou todos notables e sobresalientes debido a que xa o dera o ano pasado. O malo foi o último trimestre, porque iso foi o que non dera o ano pasado. Para el o último trimestre foi eterno porque non estivera o ano anterior. Cando rematou, os profesores e o Consello Educativo, déronse conta de que Toni suspendera case todas as materias por culpa do brazo. Por primeira vez na historia da educación decidiron que Toni debía promocionar a 3º porque merecía estar cos seus antigos compañeiros. Todo se arranxou, e Toni alegrouse moito por atoparse cos seus compañeiros e sobre todo por librarse de Pedro debido a que repetira 2º e ademais cambiara de instituto ao IES Xurelos (situado na fronteira entre Galicia e Asturias).


EDLG

IES MONTE CARRASCO

Rec unc ho literario por Carlos Camaño Rial ­ Ó gran mestre Cortázar

O vello escritor estaba ensimesmado no seu traballo. Agochábase naquel cuartucho pequeno arrodeado de libros, acendía o seu ordenador xa antigo, seleccionaba unha carpeta do disco duro onde tiña a súa música favorita que comezaba a soar suavemente, e ó avalar das corcheas no pentagrama deixaba a súa mente saír na procura da súa musa para encher a pantalla de fermosas palabras que conformaban igualmente fermosas historias que acababan por sorprender a quen tiña ocasión de lelas. Fora quen de adaptarse á modernidade, aparcara a súa Olivetti nun andel daquel refuxio privado e coa axuda dun veciño tolo polas tecnoloxías que lle regalou algunhas tardes de consellos e información foi quen de mercar o que no seu día era un pc de penúltima xeración. Non lle facía falla máis. A artrose que lle ía deformando os seus rápidos dedos agradeceu o cambio da mecanográfica polo novo teclado brandiño e cómodo. Ó comezo peteiraba con forza sobre as letras emulando o que foran tantos anos de escrita e corrección na máquina antiga, mais pronto conseguira afacerse a aquela sonoridade característica do plástico que cuspía a vida na pantalla. Tampouco gastaba en papel. Noutrora engurraba folios e folios cando as ideas nacían reviradas e non acababan de endereitarse, pero agora bastáballe dar para atrás ó cursor, poñerse a carón da palabra buscada, destacala e premer no “supr” para facela desaparecer e poñer no seu lugar aqueloutra que merecía máis. Por que ía negarse a tantas vantaxes? Nesas andaba unha tarde poallenta dun mal mes de maio cando alguén chamou á porta. Afeito como estaba a recibir visitas dos veciños, dos amigos, dos nenos curiosos que ás veces achegábanse a velo só por comprobar que non era verdade o que outros contaban de que aquel vello estaba coma unha cabuxa, sen volverse na súa cadeira dixo sinxelamente: “adiante”. Cando se abriu a porta estaba debullando unha frase no reconto da historia que nacía ós pouquiños daquela mente privilexiada, e nin sequera levantou a cabeza para averiguar de quen se trataba a visita. Pero notou de inmediato un frío arrepiante que se apoderou daquel recuncho quentiño ata aquel momento e que se foi colando en cada unha das gretas que había no chan, nas paredes, no mobiliario, nos libros e na alma. Ese frío conxeloulle as ideas, as mans agarrotáronse e cada un dos seus

47


A GAIVOTA

2012 - 2013

Rec unc ho literario

músculos parecía dominado pola sensación nova de descontrol, non parecían seus, non respondían ó que el lles ditaba. Unha voz feminina soou entón dende a porta e o vello escritor foi entón quen de volverse. - “Boa tarde. Perdoe que o moleste, que interrompa esa fermosa tarefa que vostede fai mellor que ninguén”. A voz era doce, melosa, mesmo cativadora, pero a mirada daquela fermosa muller era un verdadeiro imán para a súa vontade. Recoñeceu aqueles ollos claros dalgún recordo da súa longa vida, estaba seguro de que tiña visto aquela faciana e aquel mirar nalgún momento especial, pode que na infancia, pode que non. Só puido articular un vago son que quería significar “boa tarde”, pero quen falou foi o xesto de sorpresa que modelou as engurras da súa cara. - “Non se asuste, non tema. Veño para facerlle un encargo. Sei que só vostede será quen de levalo a cabo. Coñezo todo o que ten escrito, mesmo podería dicir que coñezo todo o que aínda ten por escribir, e por iso confío en que atenderá o meu requirimento” Sorprendido por aquelas palabras e pola presenza da estraña na súa casa fixo un aceno para que a muller entrara no seu escritorio e ofreceulle unha cadeira. Ela, agradecida, sentouse e comezou a falar. - “Verá, non lle podo dicir quen son, non lle podo dicir de onde veño, non lle podo dar información ningunha agás o que necesito de vostede. O meu encargo é moi sinxelo, e precisamente por iso, sei que non hai ninguén máis no mundo que poida levalo a cabo. Ninguén. Só vostede.” - “Non me trate de vostede, por favor. Hei de recoñecer que me ten totalmente intrigado, non dou entendido o sentido desta conversa, do seu encargo, do segredo que conleva o que me quere pedir. Pero ó mesmo tempo estou engaiolado coa posibilidade de cambiar o rumbo da miña vida, aínda que sexa por un tempo, e compracela coa súa demanda. Déame máis datos. Paréceme que non vou ser capaz de dicir que non. A miña imaxinación xa empeza a voar axiña de máis!” - “Sabía que me había de entender. Verá –dixo entón aquela muller, un sorriso fermoso plantado con confianza na cara, un brillo aínda máis atractivo nos ollos, a voz, un río cantareiro pletórico de sonoridade- o que lle vou pedir non pode saír destas catro paredes. Ha de ser o segredo mellor gardado do mundo. Ten que escribir unha novela especial, vostede vai ser o amo da historia, sei que non a vai haber mellor, a extensión será a que o autor decida, e a única condición no relato é que a páxina 1 00 vai estar baleira. Do resto xa me encargarei eu: da publicación, da distribución, do abono na súa conta dos beneficios editoriais, que os vai haber e moitos. É posible que ó rematala deba tomar un respiro e facer unha viaxe desas tanto tempo soñadas, a calquera parte do mundo, sen preocuparse polo custe. Eu asumirei tódolos


EDLG

IES MONTE CARRASCO

Rec unc ho literario

gastos dende este momento. Que lle parece? Non, non diga nada. Mañá, a esta mesma hora volverei para que me dea a resposta, e aí comezará todo, ou rematará todo. Debo marcharme xa, así que pénseo e mañá falamos” Apenas lle deu tempo a acompañala á porta. Cando a pechou a cabeza estaba xa fóra daquel lugar da súa vida. Sucaban a súa imaxinación todas aquelas paisaxes soñadas e inventadas centos de veces. Non houbo acougo no resto da tarde, non houbo descanso nin tranquilidade en toda a noite, non houbo tempo que tardara tanto en pasar coma aquela espera. A decisión xa fora tomada mesmo antes de ser proposta. Non podía negarse, non sabía negarse, non quería negarse, non ía negarse. Fareino, claro que o farei, aínda que sexa o último. A descoñecida volveu á casa do vello escritor como prometera, e xa soubo só con verlle a cara, de que estaba no certo que non diría que non. Pactaron os prazos, pactaron os prezos, pactaron o que ninguén soubo que pactaran. Aquel ordenador comezou a arquivar na súa memoria unha nova historia que ninguén fora capaz de contar xamais. Os dedos do ancián voaban sobre o teclado. A súa mente, máis lúcida que nunca, enlazaba idea tras idea, parágrafo a parágrafo, capítulo a capítulo, un mar de emocións, paixóns, aventuras e vivencias capaces de enganchar na lectura a calquera persoa que deixase pasar os ollos pola primeira páxina. En pleno clímax narrativo chegou a páxina 1 00 e o escritor dubidou. “Para que esta páxina en branco?”, pero inmerso no fervor creativo deixouna baleira e comezou coa seguinte. Así ata rematar. E fíxoo nun tempo récord. Aquela musa descoñecida resultara especialmente produtiva en cuestión inspiratorias. Mesmo se sentira rexuvenecer con cada nova páxina. Chegara o día. Quería, por fin, viaxar. O libro saíu ó mercado. As ventas disparáronse. As traducións multiplicáronse. As contas bancarias medraron. A casa do vello escritor ía caendo a cachos, na aldea non volveron saber del. Vírono marchar unha mañá cedo cunha grande maleta e un máis grande sorriso. Foi o último que os seus veciños recordan. Ninguén se volvera a preocupar pola súa vida ata que ... Comezaron a chegar os primeiros investigadores. Facían preguntas xerais, nada clarificadoras, como tampouco o eran as respostas. Pasara algo? por que o buscaban? quen quería atopalo? A aldea revolucionárase algo ó principio, pola novidade, logo, polo costume, volvera á tranquilidade. Pero o caso non fora resolto. Mais cal era o caso? Algúns falaban dun morto, ós poucos días falaban de varios cadáveres, o cabo dos meses parecía un andazo, pero nada concreto. Na aldea non había mortos, ninguén coñecía ós mortos dos que se falaba nin a relación destas vítimas co vello escritor. Resultaría un asasino en serie que vivira entre eles toda a vida escondendo a súa auténtica personalidade? Ninguén o cría,

49


A GAIVOTA

2012 - 2013

Rec unc ho literario

pero algúns sospeitaban. E na sospeita debuxaron a aquela muller que se vira na aldea en dúas ocasións. Contáronllelo ós investigadores, pero non amosaron interese... Escritores vellos, mulleres novas non é un cóctel demasiado explosivo, na aldea, non. Arquivaron o caso, retiraron dos mercados o libro en tódalas súas edicións e traducións, en tódolos países, pero algúns exemplares, por descoido ou descoñecemento quedaron en pequenas bibliotecas, en casas particulares, enriba da mesiña de noite de quen o adoptara de libro de cabeceira, ou herdábase neses lotes que os bibliófilos transmiten a novos bibliófilos sen saber que nese agasallo pode estar a fin. O número de vítimas descendeu ata case cero, pero aínda, de cando en vez, aparecían novos cadáveres ó carón do libro. O caso non tiña solución. Ninguén sabía que a negra maxia daquela historia só lle quitaba a vida a quen a media noite o sorprendía na súbita lectura da páxina cen.

TI TAMÉN...?

p o r Ro s a E s c o l a n o, 3 º A

- Eu tamén lle digo a miña nai que non atopo algo, e vai ela e atópao. - Eu tamén dixen: "Trae, que ti non sabes", e non souben. - Eu tamén quero o que non teño. - Eu tamén chorei con "Hachiko". - Eu tamén mentín algunha ve na vida. - Eu tamén fun ó baño e non había papel hixiénico. - Eu tamén vin unha película de baile e quería ser unha bailarina profesional. - Eu tamén twiteei en inglés ó principio. - Eu tampouco entendín ó principio o twiter. - Eu tamén tiven a sensación de caer ó baleiro cando durmía. - Eu tamén pensei que Bambi era unha rapaza. - Eu tamén quero ser inmortal. - Eu tamén debuxo algo, encántame, e ó pouco, espántame.

- Eu tamén estudo algo e ós cinco días esquézome. - Eu tamén quero ver o futuro. - Eu tamén leo o meu horóscopo. - Eu tamén usaba o messenger. - Eu tamén leo un libro e quero ser a protagonista. - Eu tamén teño o cordón do zapato desatado, átoo e ó segundo desátase. - Eu tamén quero viaxar por todo o mundo. - Eu tamén fun a un sitio buscar algo e logo esqueceume o que ía buscar. - Eu tampouco entendo por que os baños do instituto cheiran tan mal ás veces. - Eu tamén teño todo o corpo tatuado con tinta invisible. - Eu tampouco podo facer un exame con Miguel. - Eu tamén quixen formar un grupo de música cos meus amigos.


EDLG

Rec unc ho literario

IES MONTE CARRASCO

Morrer de celos

Por Yeray León González - 1º A

Nunha vila moi antiga, demasiado antiga para recordar o seu nome, vivía un raparigo duns 13 anos chamado Manolo, aínda que todos lle chamaban Manu. Ese neno tiña que sacar a pastar a diario a uns animais moi antigos que eran unha mestura entre as actuais ovellas e os tigres, os ovigres. Manu tiña un problema, mellor dito, un grave problema: a el gustáballe unha rapaza, Daniela, a rapaza máis guapa de toda a vila e para moitos, a máis fermosa de todo o Reino. Daniela quería a Manu pero como compañeiros, e nada máis, pero Manu seguía empeñado en acabar conquistando á súa mellor amiga. Despois de case tres meses intentando que ela se fixara nel, pasou algo que cambiaría toda a historia. Cando Manu ía sacar a pastar os seus ovigres, unha fera moi perigosa, e moi temida (tan temida que os pastores teñen que saír armados das súas respectivas casas, por medo a encontrarse a esa besta), o caso é que a Gran Fera, chamada así polos campesiños, atacouno e se non chega a ser pola axuda de Marta naqueles tempos a lenda de “Manu o mata-feras” non tería sentido (pero iso é outra historia que contarei máis adiante). Marta pasara nuns pequenos intres de ser unha completa descoñecida para Manu a ser a súa salvadora, a persoa que evitara a súa morte e a persoa que empezaba a provocar que no seu interior se desenvolveran sentimentos parecidos os que sentía cando estaba preto de Daniela. Pero o que aconteceu despois pasou de castaño a escuro, e a cousa empezouse a poñer cada vez máis e máis negra. Cando Manu lle contou o que pasara con Marta e, sobre todo cando lle contou o dos seus sentimentos cara a aquela rapaza, a reacción da súa mellor amiga non foi a que el esperaba, Daniela recriminoulle que el se sentira atraído por aquela nena, e incluso parecía un pouco celosa, e se de verdade estaba celosa, non había motivos para iso, xa que supostamente e segundo as palabras de Daniela, Manu para ela non era máis que un amigo, e se era así, por que se poñía de aquela maneira? Manu non o entendía. Pero pasaron os minutos, as horas e os días e Daniela non cruzaba palabra con Manu, pero Manu si que se falaba, e moito, con Marta. Chegou o día no que Daniela coñeceu a Marta, e non por casualidades da vida, se non porque o pai de Daniela víñalle reclamar ó pai de Marta que lle devolvera o diñeiro. O pai de Marta, un respectable comerciante da zona, instaurara na vila, unha tenda de produtos de cociña, e ó parecer segundo reclamaba o pai de Daniela, a carne de ovigre vendéralla caducada, e pediulle que lle devolvera o diñeiro, pero o pai de Marta non aceptou tal reclamo e díxolle que a súa carne era de moi boa calidade. O pai de Daniela puxo en tea de xuízo tales afirmacións do comerciante e marchou, non sen antes retalo, “vémonos na Eira Abandonada ás cinco da tarde”, e o comerciante limitouse a dicir un seco pero temeroso “alí estarei”.

51


A GAIVOTA

2012 - 2013

Rec unc ho literario

Daniela, que fora co seu pai á tenda, presenciou o cruce de declaracións, e ó outro lado da disputa encontrábase Marta que tamén viu a batalla verbal entre o pai de Daniela e entre o seu propio proxenitor. Logo, xa na casa, Daniela preguntoulle ó seu pai quen era aquela nena da tenda, e el díxolle que era a filla do comerciante, e cando lle preguntou como se chamaba e o pai contestoulle “chámase Marta”, a cabeza de Daniela toleou por completo, xa non sabía que facer, se esperar a que os acontecementos xurdiran por si sós ou se ir agora mesmo á tenda e espetarlle na cara todo o que sentía por ela, máis ben sentía moitísima rabia pero aínda que ela o negara, tamén sentía envexa.

Xa ás cinco da tarde na Eira Abandonada, o pai de Daniela e o de Marta víronse as caras, fronte a fronte, sen armas, pero tamén sen palabras; as normas estaban claras, o que primeiro se rendera, perdía; se perdía o pai de Daniela non pasaría nada, pero se polo contrario perdía o pai de Marta, tería que devolver o diñeiro reclamado polo pai de Daniela. A loita foi dura, pero despois de que o pai de Daniela collera unha pedra e lla tirara á cabeza ó pai de Marta, parecía que tiñamos ganador da vergoñenta pelexa que comezou por un reclamo dun produto en mal estado. Pero cun acto reflexo incrible, o comerciante colleu a pedra e tiroulla a Martín (o pai de Daniela) ás costas, este caeu polo monte abaixo, e cando chegou ó final do empinado outeiro, faleceu, coa mala sorte de que caeu por un río e ninguén máis soubo nada del. Daniela, coa certeza de que a desaparición ou morte do seu pai estaba influenciada polo pai de Marta, quixo axustar contas con aquela familia que lle roubou ó seu mellor amigo e quitou da súa vida ó seu pai. Cando as cousas entre Manu e Daniela volveron á normalidade, e esta aceptou que Manu e Marta sentiran entre eles unha atracción física, Marta desapareceu sen máis, xusto a noite na que Daniela ía ó río a rezarlle a Deus para que seu pai volvera, e a desaparición de Marta coa visita de Daniela ó río parecía unha simple coincidencia, ou non? Pasaron os días e Marta non aparecía. Manu, moi preocupado, empezou a sospeitar de Daniela, e ás veces, preguntábase como podía sospeitar da súa mellor amiga, pero tiña que facelo, ata que un día apareceu Marta, viña polos carreiros que pasaban preto da casa de Manu. A nai de Manu, cando se asomou á fiestra e viu a Marta, exclamou con alegría: "¡ Xa está aquí a nena que desaparecera!". Manu pegou un chimpo e saíu correndo abrazar a Marta, pero cando chegou alí quitáronselle as ganas de abrazala, Marta estaba irrecoñecible, tiña a cara chea de restos de sangre, tiña que vela un médico inmediatamente. Xa recuperada Marta contou todo o que lle pasara, e dixo que unha persoa a tirou polo río, pero que grazas á sorte púidose agarrar a unha rocha e salvarse. Un inspector, especialista en asasinatos foi inspeccionar a zona pola que supostamente caera Marta. Cando se ía dar por vencido, encontrou a proba que culparía posteriormente a Daniela.


EDLG

IES MONTE CARRASCO

A nena misteriosa Alejandro Álvarez, Andrés Guitián e Daniel Paz O 5 do 5 do 2005 iamos dando un paseo na bicicleta e chegamos a Aldán. En Aldán había unha casa encantada, nós entramos e quedamos a durmir ás 5 da madrugada. Empezou a tronar e ás 5 e 30 escoitei uns ruídos na parte de abaixo. Eran as voces dunha nena pero alí non había ninguén; nós cun pouco de medo volvemos a subir e cando nos deitamos volvemos a escoitar a mesma voz. Baixamos moi rápido e vimos como unha sombra. Cando volvemos abaixo miramos unha nena chorando nunha esquina, nós fomos diante dela e preguntámoslle que lle pasaba, ela en vez de mover o corpo, moveu a cabeza facendo media volta de 180 grados, ela tiña os ollos brancos e microscópicos, en vez de contestarme atacoume dándome un zarpazo na barriga, cando espertei, tiña as marcas de sangue do zarpazo.

O 12 do 12 do 2012

Alba Boullosa, Ivana Carballo, Andrea Regueiro e Nevenka Villar

Vai ocorrer unha desgraza a noite do 1 2 do 1 2 do 201 2, uns din que non se pode saír das casas a partir das 22:1 5 e que todos os animais desapareceran. Manuela, unha nena da aldea de Darbo, ten pesadelos todas as noites, ten soños dunha pantasma que lle di o 1 2 do 1 2 do 201 2 esperámoste eu e tódolas pantasmas da vila de Darbo no cemiterio. Ao día seguinte no instituto Manuela comunícalle ás súas amigas o sucedido: -Manuela: tódalas noites teño soños dunha pantasma; dime que o 1 2 do 1 2 do 201 2 teño que presentarme no cemiterio. -Elia: Ti estás tola ? Aos soños non se lles fai caso. -Manuela: xa pero son tan reais ... Ao día seguinte: · Aida: Que mala cara tes ! Estás enferma? Estás moi pálida. · Manuela: Non, non estou enferma. Sigo tendo os pesadelos. É horroroso, non para de repetirme o 1 2 do 1 2 do 201 2 vai ó cemiterio. Estou maldita! Metéuseme no cerebro. · Elia: Ao mellor, o que deberías facer é ir ó cemiterio. · Manuela: Pero eu non quero ir soa! Por que non vides comigo? · Aida: Nós tamén temos medo. · Elia: Pero podemos protexernos.

· Aida: Eu vou levar unha cruz da miña avoa. · Elia: E eu vou levar uns allos. · Manuela: E eu unha estaca. No cemiterio ... · Manuela: Teño moito medo, por que non voltamos? · Aida: Non podemos volver? · Elia: Eu creo que sería a mellor opción. De repente escóitanse uns ruídos. · Elia: Algo se acerca...? De repente aparece o enterrador, dilles que aquí non se está para facer trasnadas, fóra! Ao día seguinte... · Elia: Esta Manuela está tola. · Aida: O mesmo che digo, víchela no instituto? · Elia: Non, non a vin, paréceme moi raro que non viñera. · Aida:Chegaría ben á casa? Elia mira o reloxo. · Elia: xa é tarde, temos que ir comer... · Aida: Podemos coller o atallo do cemiterio, así chegaremos antes. Pasando polo cementerio: · Aida e Elia: AH!!! · Aida:Unha tumba baleira! · Elia: Vamos ver... Achéganse á tumba, ven a Manuela e co susto caen dentro, e non volven saír xamais.

53


A GAIVOTA

2012 - 2013

DAS REDES SOCIAIS Á FAMA

por Miguel Cameselle

A continua necesidade de vender produtos fai necesariamente que a industria estea á procura de estratexias para que a poboación, potenciais consumidores, sintamos a necesidade de ter que consumir dito produto. Isto é aplicable á produción discográfica, que se ben debería motivar ao consumidor dentro do terreo estritamente artístico, todo canto factor de “marketing” sexa motivador de promoción do “artista” será tido en conta. A industria musical é coma calquera outra, unha industria, unha fábrica que produce obxectos, neste caso “artistas” para vender o máis rápido posible e obter os maiores beneficios. Cando o compact disc chegou, tal vez poucos ou ninguén foi capaz de prever o tremendo impacto negativo que a dixitalización da música ía supoñer no mercado discográfico. Polo de pronto as copias de material gravado audiovisual pódense replicar perfectamente, o material protexido con dereitos anticopia son colgados na rede e postos a disposición de calquera con acceso a web, etc. É dicir, o que parecía que ía ser o principio dunha idade de ouro para as discográficas podendo vender interminablemente gravacións novas con son “perfecto” (Así o definían Sony e Phillips, os inventores do CD) e as gravacións de sempre co son mellorado nunha nova remasterización deu como resultado inesperado que as vendas foron mudando en descargas, ilegais a meirande parte. Non é obxecto deste artigo debater entre as excelencias do son dixital fronte ao analóxico ou viceversa, senón que vou tentar de analizar unha das estratexias que vén a utilizar a industria discográfica na actualidade para superar a crise e que está dirixida a moitos adolescentes e adultos. De todos é coñecida a sentencia de “se non podes co teu inimigo, únete a el”. E iso, supoño, foi o que pensou o señor “Industria Discográfica” baseándose principalmente nestas dúas premisas: Os potenciais consumidores están abandonando os hábitos “tradicionais”: televisión, equipo de alta fidelidade, lectores de cd, etc. por un ordenador ou móbil con conexión a internet. Internet e as novas tecnoloxías supoñen a democratización da música. A primeira premisa penso que non necesita explicación. Calquera cun mínimo de observación decatarase que os xoves de hoxe en día comunícanse continuamente nas redes sociais (Facebook, Twitter, etc etc.). Termos como “trending topic” asúmense coma cotiáns para as novas xeracións e xorde unha idea xeral de que calquera “conectado” poderá impoñer un tema de pensamento se este é digno de ser “topic” pola sociedade “virtual”. Respecto á segunda premisa, calquera que teña coñecementos de informática, saberá que para facer unha gravación musical xa non compre contratar os servizos dun estudo de


EDLG

IES MONTE CARRASCO

gravación. Cun ordenador persoal e unha tarxeta de son de prezo moderado poderase facer un produto musical e a maior parte da xente non será quen de distinguir se se trata dun produto profesional ou unha gravación caseira, máis aínda cando a escoita de dita obra musical se fará a través duns altofalantes de ordenador o duns auriculares de oferta dun bazar chino. Se xuntamos estas dúas premisas, temos as ferramentas ideais para que os adolescentes con soños de ser estrelas no firmamento da música, poñan as súas esperanzas nestas posibilidades. O cal, ó meu parecer pode ser moi frustrante. Imaxino a algún dos meus alumnos/as con talento que pense “ Vou gravar as cancións, vou gravarme uns vídeos co móbil, subireinos a you tube, twitearei, e en breve serei aclamado por un gran número de xente, de súpeto o móbil comezará a soarY é da televisión que me reclaman!!!, as discográficas pelexan por contratarme!!!, xa estou de xira mundial!!!”. Non, nonY non estou retratando o soño de ningún adolescente enfermo, isto é o soño de calquera rapaz e de moitos pais e nais. O mesmo que os que soñan con ser un xogador na selección vermella. É o que algúns denominan o soño americano. E aquí enlazo coa industria discográfica. Como xa dixen, o señor Industria Discográfica debeu pensar que o tempo era chegado para aliarse co inimigo, así que se de vender se trata, aliémonos coas novas tecnoloxías. E así o señor Industria Discográfica creou o artista anónimo con talento que procedía das redes sociais, cumprindo así a versión moderna dese soño americano. E así chegaron artistas como Anni B Sweet (aínda vos acordades dela?), Pablo Alborán (que está hoxe en día ata na sopa), etc. Vou centrarme neste último, Pablo Alborán. Non vou cuestionar o talento deste músico, para min queda fóra de toda dúbida, gustos á parte, que se trata dun gran artista. Pero que ten de especial Pablo Alborán para que provoque un estalido nas redes sociais, mentres que milleiros de músicos e artistas de igual calidade non conseguen mostrar a súa arte máis aló de seu círculo de amigos e familiares? Trátase de talento?, de cuestión de sorte?, de chegar primeiro? ou simplemente é cuestión de traballo, tempo, esforzo e diñeiro? Normalmente detrás dos mitos, sexan os Beatles, Os Tres Tenores ou Justin Bieber sempre hai unha boa campaña de promoción. Cando un artista chega ao público, raro é que non fora exaxerado e dulcificado pola prensa e os medios de comunicación que tamén teñen que vender e necesitan unha gran noticia. Volvendo a Pablo Alborán, repito que non teño nada en contra deste artista, simplemente o escollo porque é o que máis de moda está, reproduzo un extracto publicado en El País sobre el: Pablo Alborán pertenece a las primeras generaciones interactivas españolas, esas que vinieron al mundo al tiempo que internet se socializaba y que ha crecido moviéndose como pez en el agua por las redes sociales […]. Y es que a Pablo Alborán la fama le ha llegado a través de la pantalla del ordenador, como ya le ocurriese hace apenas dos años a la también malagueña Annie B. Sweet, […]. El idilio de Pablo con la Red comenzó hace dos meses, cuando el director artístico de EMI, Billy Mann, le enseñó a la cantante Kelly Rowland ­ex vocalista de Destiny's Child, ganadora de cinco Premios Grammy y artífice de una de las canciones de más éxito del pasado año junto al Dj francés David Guetta (When love takes over)­ el vídeo en el que Alborán interpretaba con su guitarra

55


A GAIVOTA

2012 - 2013

"Solamente tú", tema compuesto por el malagueño, como todos los de su primer álbum. Rowland se quedó maravillada y lo subió a Twitter, donde se propagó como la pólvora. En una entrevista posterior, también por un canal on­line, Rowland aseguró que estuvo a punto de "caerse al suelo" tras escuchar "a ese ángel”.

Deberíamos dicir que o artigo é unha mentira? Pois non, sería cruel dicir que este artigo está cheo de mentiras, todo o contrario, o que está é incompleto. Calquera que lea este artigo pode completar o que falta, aquí vai un intento de resumir a crónica: Pablo Alborán, un rapaz cheo de talento, sobe os seus vídeos a You Tube e Billy Mann, un xefe dunha das discográficas máis grandes do mundo é avisado por unha fada madriña, vai a páxina de You Tube, e emocionado co descubrimento, móstrallo a Kelly Rowland para que “flipe” Que sorte a de Pablo Alborán que os astros aliñáronse para que un manda máis da discográfica se fixara nel!!!. Ou pode ser que o artigo pasara por alto algunhas cousas, como a intervención da industria da música. Calquera cun pouco de sentido común decátase que Billy Mann non atopou o vídeo na rede por casualidade. Non fai falla ser Colombo para pensar que a compañía discográfica xa tiña en mente apostar por este artista que moi probablemente deuse a coñecer mediante un manager, representante ou profesional do espectáculo. E o de que Kelly Rowland se desfaga en eloxios é unha boa estratexia para ir preparando motores de cara ao lanzamento discográfico. De feito, nun informe da Federación Internacional da Industria Fonográfica sobre a música dixital no 201 2, nun artigo titulado “A arte do marketing dixital” poñíase como exemplo a campaña de Pablo Alborán e cómo a propia discográfica gravou os vídeos das actuacións do artista co gallo de xerar comentarios nas redes sociais e a través de estes decidir cales das corenta cancións que gravou o artista rematarían no seu primeiro álbum. Dito material de vídeo foi aproveitado logo como material adicional nun disco acústico da campaña de Nadal. Deste xeito, a discográfica creou unha comunidade nas redes sociais que pensou formaba parte directa do éxito do artista. Por outra parte, quen pode dicir que non teríamos o mesmo éxito aínda que a campaña nas redes sociais tivese sido un fiasco? Pero non rompamos o feitizo, así que é mellor quedarmos coa historia tal e como a conta a prensa, obviando eses detalles mercantilistas e pensando que tal vez no caso de calquera dos milleiros de adolescentes que están colgando na web as súas estupendas interpretacións, os astros do firmamento calquera día destes aliñaranse para que os produtores das mellores discográficas peten na súa porta e lles fagan asinar un contrato cheo de euros, fama e triunfo. Á fin e ó cabo non preferimos as películas con finais felices?


EDLG

IES MONTE CARRASCO

Producións Monte Carrasco presenta... A LIGA DOS CHARNECOS EXTRAORDINARIOS En tempos de crise, cando os maiores non acadan solucións, necesítanse superheroes. O IES Monte Carrasco ten unha chea deles. Son a “Liga dos Charnecos Extraordinarios”. O IES Monte Carrasco négase a acatar as normas referentes á educación chegadas do goberno do país de Coz. Para obrigalo, Lex Tutor preséntase no noso centro para impoñer mediante o terror a ditadura dos recortes. Algúns alumnos (charnecos) do instituto conseguen accidentalmente superpoderes que usarán para intentar devolver a liberdade e acabar coa corrupción instaurada polo réxime das tesoiras. Suspense, acción e, sobre todo, moitas risas na nova superprodución do Obradoiro de Iniciación ao Audiovisual.

57


A GAIVOTA

2012 - 2013

III CERTAME AUDIOVISUAL ESCOLAR IES MONTE CARRASCO O CERTAME AUDIOVISUAL ESCOLAR IES MONTE CARRASCO unha vez máis, e xa van tres. Queremos dicir que xa cumpre este ano a súa terceira edición, que xa se nos vai facendo grande e que vai acadando sona por fóra das nosas fronteiras, ou o que é o mesmo, por fóra das fronteiras do Morrazo e arredores. A concorrencia de centros de Vilanova de Arousa, A Estrada ou Alfoz deixan constancia disto. Esta iniciativa, que xurdiu coa intención de fomentar a creatividade audiovisual entre o alumnado dos centros de ensino secundario, bacharelato e formación profesional, continúa fiel ós seus obxectivos de establecer unha canle para compartir o audiovisual feito nas aulas, impulsar o coñecemento da linguaxe audiovisual, desenvolver a capacidade crítica, favorecer o uso das novas tecnoloxías e valoralas como ferramentas para a expresión creativa e didáctica, ó tempo que se fomenta o traballo en equipo e o respecto polas creacións individuais. Nesta terceira convocatoria volveu a haber unha gran participación, ata o punto de que esta vez houbo que ampliar o prazo de inscrición ante a petición de varios centros que querían participar e que, como adiantabamos ó comezo, cada vez chegan de máis lonxe. E non só iso, tamén traen unha maior variedade temática. Atopamos, por exemplo, o maltrato animal, animación á lectura, o drama dos nenos da guerra. O fallo do xurado terá lugar coma sempre, neste mes de xuño. O xurado está composto por dous profesores ou profesoras, dous alumnos/as de Iniciación ó Audiovisual do IES Monte Carrasco e un profesional do audiovisual. Por outra banda, o premio do público establécese por votación libre das persoas asistentes ás proxeccións. A entrega de premios terá lugar nun acto que se celebrará no Auditorio Municipal de Cangas o 14 de xuño, e a continuación estrearase a película producida polo noso instituto. O que si podemos facer é informarvos acerca da anterior convocatoria. O xurado estivo composto por Miguel Cameselle Teijeiro, José Ramón Vidal Calvelo, Seila Acuña Ferradanes por parte do profesorado; por Inés Costas e Manuel Borrego, por parte do alumnado e por Camilo Camaño, que, reunidos o 14 de xuño, outorgaron os seguintes premios: - Premio ó mellor audiovisual de ficción ESO: “Volveremos do IES Alfoz-Valadouro. - Premio ó mellor audiovisual de ficción Bacharelato “Luca” do IES de Allariz. - Premio ó mellor audiovisual didáctico ou documental: “Azul” do IES “Manuel García Barros”. -Premio do público: “Adeus” do IES Alfoz-Valadouro. -Accésit pola banda sonora “Animais artificiais” do IES “Manuel García Barros”. N´A Gaivota do próximo curso informarémosvos dos resultados desta edición.


EDLG

IES MONTE CARRASCO

CON OUTRA OLLADA

Ao longo de tantos anos trafegando nos quefaceres da existencia, quen lles fala ten asistido a unha morea de cambios nos usos e costumes das persoas que pululan a diario por este universo que é a comunidade educativa. Hai xa ben anos que os nenos comezaban o curso no mes de setembro coas mesmas roupas, as mesmas mochilas, os mesmos estoxos e os mesmos lapis de cores cos que remataran as clases no mes de xuño. Mesmo moitos deles comezábano cos libros que xa utilizaran anteriormente os seus irmáns, os seus amigos ou os fillos dos amigos dos seus pais, que eran forrados con plásticos novos ou papeis de cores para darlles unha nova aparencia. Despois veu un período no que isto foi mudando e a rapazada viña ó comezo do curso xa non só con libros novos, que iso sería doado de entender, senón como se fosen a unha festa, lucindo as súas mellores galas, a roupa de estrea, os tenis de marca, a mochila de moda. E tamén houbo un tempo feliz -aínda que curto, esa é a verdade- en que a gratuidade dos libros de texto permitiu ás familias enfrontar o comezo do curso coa tranquilidade que daba non ter que facer un desembolso extra para dotar as nenas e os nenos do material escolar que só lles ía servir durante noves meses. Pero ultimamente estamos asistindo a unha serie de cambios que teñen, todos eles, un denominador común, que é o mesmo que está presente en todos os demais ámbitos das nosas vidas: o termo que os une é "crise", que vén seguida de "recortes", e que teñen unha forte repercusión no mundo escolar. Xa non hai libros de texto gratuítos e, agora, damos un paso atrás nos avances acadados e o alumnado volve, como en épocas pasadas, a utilizar libros emprestados por irmáns ou amigos maiores que xa superaron o curso que eles comezan. O mesmo ocorre con estoxos, mochilas e demais material escolar que, ata hai ben pouco eran novos do trinque cando comezaba o curso e agora prolongan a súa vida útil máis alá do seguinte mes de xuño. Estamos a poñer en práctica un dos principios da optimización dos recursos: a reutilización. Lonxe de ser esta unha consecuencia negativa da crise, mesmo se pode ver como un dos poucos, pouquísimos, aspectos positivos da mesma. Tiñámonos acostumado a usar e tirar sen reparar en gastos, causas ou consecuencias, sen mirar arredor de nós e sen pararnos a pensar se o que tiramos serve ou non, ou se alguén o podía necesitar. Estivemos inmersos de cheo niso que se chama consumismo, que é necesario nunha sociedade capitalista para que o capital se mova e as empresas poidan obter uns beneficios cada vez máis elevados. Pero dende o sentido común, se non nos deixamos levar polas modas e as aparencias, sabemos que moitas veces, os obxectos que desbotamos están en perfectas condicións para seguir sendo usados. E aquí xorde o pequeno -pero importante- aspecto positivo ó que faciamos referencia anteriormente. Tal vez sexa bo para a formación destes nenos e nenas ver que non é necesario estrear unha mochila cada mes de setembro; que non é ningunha deshonra nin ningún delicto usar os libros do curmán un ano máis vello e que os tenis son moi similares independentemente da marca que teñan. Ó mellor de aquí sae unha nova conciencia ligada á reutilización, á valoración do que temos e do esforzo que fixemos para conseguilo, e á solidariedade. Ó mellor de aquí saen os resultados máis positivos de toda a reforma Wert. Pilar Alonso Leivas

59


A GAIVOTA

2012 - 2013

O S F U R A N C H O S por Elena Bermúdez e Paula Martínez, 3ºA

As persoas que teñen moitas viñas preparan o viño para logo vendelo nos furanchos. Un furancho, tamén chamado loureiro, é un local de tempada xeralmente habilitado nunha adega particular, onde se venden os excedentes do viño que o propietario elabora para o seu consumo particular. Os furanchos venden o viño para sacar algo de cartos e acabar co viño dun ano para outro, para que non se amontoe. Ó principio só se vendía viño, pero co paso do tempo engadíronse produtos caseiros para acompañar a bebida. Co paso dos anos os hostaleiros queixáronse xa que os furanchos facíanlles moita competencia vendendo os mesmos produtos máis baratos e a estes puxéronselles unhas normas, como por exemplo non vender máis de tres pratos de comida, non vender refrescos (só se pode un vaso de auga da billa)… Para indicar onde se atopa o furancho, colócase unha rama de loureiro na entrada do camiño da casa, e así a xente sabe que o furancho xa abriu. O viño sérvese en cuncas de porcelana. O cliente pode elixir unha media (cunca metade), enteira (cunca) ou xerra (xerra chea). O taberneiro garda o viño en barrís e para servirllo á xente quítao de alí. As comidas que acostuman acompañar ó viño son as sinxelas de facer como por exemplo a tortilla, bocadillos de bistés, zorza, callos… Pero como dixemos anteriormente non se poden vender máis de tres pratos porque está prohibido, o único obxectivo é facer que non pese tanto o viño acompañándoo dalgún aperitivo como os anteriores. Hoxe en día, a xente opta máis por ir ós bares e restaurante, pero antigamente, íase ós furanchos a pasar un bo rato. As vantaxes de ir a un restaurante son que podes pedir o que queiras, son lugares máis preparados, poden abrir durante todo o ano mentres que os furanchos só o poden facer durante tres meses. E as vantaxes de ir a un furancho son que son máis baratos, encóntraste coa xente do pobo ou da vila. A diferenza dos restaurantes, nos furanchos sempre hai máis alboroto. Alí cántanse cancións típicas galegas por exemplo "Alfonso da herba", e tamén se contan anécdotas, as máis comúns eran por exemplo, historias dos mariñeiros e das matanzas dos porcos. Sobre as matanzas dos porcos, consérvase unha anécdota, sobre a que un grupo da vila fixo unha canción. Trata sobre un grupo de amigos que van ó furancho e falando co taberneiro, cóntanlle que fixeran a matanza do porco, pero non quedou ben morto, e escapou ata chegar a meterse na casa do dono.


EDLG

IES MONTE CARRASCO

A Gaivota Celta por

Xaquín Pastoriza

O sábado 1 de xuño foi un día de agonía e de éxtase. Fora unha tempada dura, con moitos desgustos, desilusións e incertezas. Non me quero acordar do regreso de Bilbao, 18 horas de bus para ver a despedida do Celta de San Mamés co amargo sabor da derrota nos labios. Mesmo cheguei a perder a fe na permanencia. Pero había algo inxeplicable, coma unha pequena lapa que permanecía acesa, algo que me dicía que esta vez ía ser diferente. Dende o gol de Bermejo contra o Zaragoza no último minuto do desconto abriuse unha fiestra de esperanza que esconxuraba as pantasmas do descenso. O sábado, Vigo tinguiuse de celeste, e non só polo ceo espléndido que presaxiaba un final feliz. Os balcóns, os monumentos máis representativos, as ventás dos bares, lucían as miñas cores, as nosas cores. No bar de sempre concentrámonos os de sempre, os fieis os crédulos, os inxenuos. Entre polbo e cervexas calmábanse os nervios. Nos altofalantes a música de A Roda, o celtismo de taberna. Pensamentos para Fito, o seu carismático cantante, falecido hai pouco, que participara na festa do ascenso a pé de campo e que seguro que albiscou a permanencia desde o ceo, celeste. A foliada do Celta escrita na camiseta e no sangue, coma unha doce condena que se transmite de xeración en xeración. Comezou a ruta cara ao abismo, collemos un Vitrasa no que ía escrito “Todos co Celta”. No noso camiño ao estadio, unha marea de camisetas estendíase polas rúas até confluír no vello Balaídos. Xa non queres pensar en nada, só en que chegue a hora do partido canto antes, en que se acabe este sufrimento. Intuímos que o recibimento ao equipo fora apoteósico, polo eco das gorxas, polo fume das bengalas, polo cheiro a pólvora queimada, a batalla, tal vez a vitoria. Á entrada do estadio, todo tremía, anunciando a traxedia ou apoteose próximas. Nas gradas forxouse unha irmandade de gorxas, as voces de alento medraban cada vez máis, formando unha marusía co cántico do himno. Afouteza e corazón. Os pelos de punta. Nestas situacións sénteste arroupado pola multitude, confortado pola proximidade de milleiros de corpos unidos por un sentimento. O partido foi malo, tenso, sen cabeza. Pero o verdadeiro partido xogábase nos nosos corazóns. As nosas voces batían coma ondas contra portería do

61


A GAIVOTA

2012 - 2013

Espanyol até empurrar ao fondo das redes o centro de Iago Aspas. Loucura. Abrazas á primeira persoa que sentes, non miras para ela, non sabes quen é, pero nese momento é o teu irmán. A grada forma un só corpo. Diego non pode soportar a tensión e marcha cara ás escaleiras. Non pode ver para o campo. Sandra achégaselle, vai e vén canda el para darlle ánimos e transmitirlle como vai o partido. As noticias, os rumores esténdese por todo o estadio, erguendo a grada con esperanzas e medos. Varios goles do Real, varios paus do Dépor. A resistencia queda en mans dun rapaz de 17 anos, con cara de neno e carácter de adulto. O tempo dilátase. Os segundos fanse horas. Nos últimos quince minutos pasa toda a tempada pola túa cabeza. Acórdaste dos fallos, dos goles en contra, de todas as veces que nos marcaron no último minuto. E pensas que hai dous meses estabamos mortos e enterrados e non dás crédito á posibilidade de chegar á outra beira, á salvación. É entón cando agroman as bágoas. Cando ves a María, a presidenta da nosa peña, derrubándose a chorar co escudo do Celta e o nome do seu fillo tatuados na pel. Ollos húmidos. Notas un sabor a sal nos beizos, un sabor amargo, pero agradable, porque sabe a vitoria. 5, 4, 3, 2, 1. O desconto é unha interminable conta atrás. E entón sucede. Non escoitas como o árbitro pita o final, só oes un ruxido salvaxe, o son das portas do inferno cando este queda atrás. E queres abrazar a todo o mundo mentres a tensión e as bágoas mudan o teu rostro. E pensas que a felicidade debe ser algo parecido a isto. Que despois de todo, mereceu a pena. Un ano concentrado nun segundo. Liberación. Éxtase. Só abres os brazos para abrazar ao seguinte siareiro. Para abrazar a Vigo, ao Morrazo, a Arousa, a Compostela, aos Ancares, a Valdeorras, a Miguel, que veu dende Viveiro a ver os últimos cinco partidos. A Galicia enteira. Incluso aos rivais do Norte, porque sabes polo que están pasando, porque ti o viviches moitas veces. Cando abres os ollos, ves o campo transformado nun mar de camisetas celestes. A xente tírase polo chan, a rebolos, de xeonllos. Euforia. Cres que estás vivindo un soño e non queres espertar nunca. E pensas que a nós, desta, non nos tocou perder. Pensas nos que non se renderon, nos que cren que o destino non está escrito, que si se pode, porque xuntos, ao fin, conseguímolo.


EDLG

IES MONTE CARRASCO

A B L OG OS F E R A do Ca r r a s co Benqueridos internautas: os nosos BLOGS non saben de crise nin recortes. Seguimos a traballar e a producir cousas boas para achegarvos e que sirvan a todos como ferramenta para dar unha pouca de cor ó noso rumbo. Velaí moitos dos que son, aínda que non todos: www.aghaivota.blogspot.com ___ Onde curiosear tódalas actividades e propostas do Equipo de Dinamización da Lingua Galega, e moito máis... www.bibliotecamontecarrasco.wordpress.com ___ Dende a nosa Biblioteca, pero non só falamos de libros... www.ofaladoiro.wordpress.com ___ Os grupos de lectura e as súas falcatruadas... www.carrascoschool.wordpress.com ___ Que non se diga que non lle damos á lingua... inglesa... www.mateclase.wordpress.com ___ Tamén os números teñen o seu sitio na aldea global... www.criaturasmitoloxicas.blogspot.com ___ Aquí atoparedes o mundo fantástico da imaxinación sen fronteiras, con tódalas súas variantes. www.carrumeiro.wordpress.com ___ Actividades varias relacionadas coa nosa fala. www.apoiosenrede.wikispaces.com___ As ferramentas do presente e do futuro: buscadores, conxugadores, dicionarios, correctores; tamén actividades para as distintas materias do ensino secundario. Centos de recursos e enlaces para non quedar atrás... www.lobeiro.wordpress.com___ Non caduca nunca, sempre disposto a ser visitado... www.escunchadeirodalingua.wordpress.com___ Este espazo segue vivo, con toda a información sobre o traballo desenvolvido no canto da industria conserveira e baleeira e a relación coa conservación da lingua. www.crenzasdecangas.wordpress.com ___ Unha páxina onde se recolleron as lendas relacionadas con Cangas e traballada polo alumnado de primeiro da ESO. www.montecarrascoabalar.blogspot.com ___ A máis nova criatura para compartir contidos relacionados coas aulas Abalar. E, non pensedes que a cousa remata aquí. Seguide á procura do rastro do Carrasco...!!!

63


A GAIVOTA

2012 - 2013

Letras Galegas 2013

Roberto Vi d al B ol añ o Por Noelia Carballo, 3ºA

Por Noelia Carballo, 3ºA Este ano por primeira vez dedicóuselle o Día das Letras Galegas a un autor entregado enteiramente ó teatro, Roberto Ignacio Vidal Bolaño, figura imprescindible para entender a evolución do panorama teatral galego das últimas décadas. Roberto Vidal Bolaño naceu en Santiago de Compostela o 31 de xullo de 1 950. Co paso do tempo converteríase nun dos maiores profesionais do teatro galego.

Realizou estudos en Santiago de Compostela, pero con doce anos comezou a traballar. Fíxoo nun taller de coches, nunha axencia de viaxes, nun bancoY, ata que decidiu consagrar a súa vida ás artes escénicas. Con 27 anos iniciouse no mundo teatral co Grupo Antroido, co que se deu a coñecer nas Mostras de Teatro Abrente de Ribadavia como dramaturgo e escenógrafo. Nel realizou traballos como iluminador, escenógrafo, director, escritor e tamén, autor. Despois de 1 977 converteu o grupo Antroido nunha compañía teatral galega. En 1 984 participou no teatro institucional, poñendo en escena a súa obra Agasallo de sombras en colaboración co Centro Dramático Galego . Na súa traxectoria artística escribiu unhas trinta obras teatrais. Tamén escribiu guións para a Televisión de Galicia e para a Española. Traballou como actor en series televisivas, como Mareas vivas, e en películas como Sempre Xonxa ou A lingua das bolboretas. E traballou como actor de dobraxe en máis de cincuenta películas. Nos últimos anos da súa vida estivo co grupo Teatro do aquí, co cal representou as súas últimas obras que fixo. O 11 de setembro do ano 2002, en Santiago de Compostela, faleceu dun cancro de pulmón. A pesar da súa curta vida, é o dramaturgo máis prolífico da literatura galega, non só polo número de obras que escribiu, senón tamén pola cualidade das mesmas e pola magnitude das innovacións que foi capaz de introducir na nosa escena. Destaca como característica da súa produción o compromiso inquebrantable coa lingua. Foi escritor exclusivamente en galego, que con el deu un paso adiante como lingua teatral. Ademais, tamén se caracteriza a súa obra pola intención estética. Busca continuamente experimentar e conxugar a tradición culta coa popular e a dimensión literaria coa histórica, a social e a política. Ao mesmo tempo, critica a modernidade –ó xeito de Otero Pedrayo- e recréase na estética da derrota. Moitas das súas obras teñen un certo compoñente subversivo ou así foron interpretadas en moitas ocasións, o que lle valeu quedar á marxe de axudas institucionais. Cuestións relativas á relación entre a relixión e a ciencia, entre a razón e a fe, críticas ó poder, ó dominio, ó control duns grupos sobre outrosY están presentes na súa obra. Aínda así, recibiu moitos premios entre os cales están o Premio Abrente, Premio Cunqueiro, Rafael Dieste, Eixo Atlántico, Tirso de Molina, etc.


EDLG

IES MONTE CARRASCO

Escolma da súa obra

Roberto Vidal Bolaño

Algunhas das súas obras máis importantes por orde cronolóxica son: • Laudamuco, Señor de Ningures (1970) • Caprice des Dieux (1985) • Bailadela da norte ditosa (1986) • Agasallo de Sombras (1992) • Días sen gloria (1992) • Saxo Tenor (1993) • As actas escuras (1994) • Anxeliños Comedia Satánica (1996) • Touporrotou da Lúa e o Sol (1996) • Doentes (1998) • Rastros (1998) • La Lengua de las Mariposas (1999) • A burla do galo (2000) • Mar Revolto (2001)

65


A GAIVOTA

O P

2012 - 2013

C L

É Á

D S

A

E T

N

O I

S C

O

Teresa Villamor e Lorena Piñeiro,1ºB

Hai uns días, na clase de Ciencias Naturais, vimos un documental titulado Océanos de Plástico. Pareceunos moi interesante porque vimos como afectaba o plástico aos animais e ás persoas. Decidimos investigar máis a fondo para elixilo como tema do noso traballo. O plástico é unha ampla gama de materiais sintéticos ou semisintéticos utilizados nunha

gran e crecente variedade de aplicacións. Procede do petróleo. Tarda unha media de 150 anos en degradarse, aínda que non se chega a descompoñer, senón que só se vai rompendo en anacos cada vez máis pequenos. As praias de todo o mundo están contaminadas polos fragmentos microscópicos procedentes deles. Cada ano, gastamos cen quilogramos deste tipo de residuos por habitante. Estamos usando 12.000 tm de plástico ó ano en todo o mundo. Dende o 2000 xa producimos tanto coma no século pasado. Un terzo desta cantidade utilízase en produtos dun só uso. Deixamos que o plástico colonice os nosos mares: na superficie, baixo a auga, a mil metros de profundidade… Só nas augas do Mediterráneo viaxan á deriva tres millóns de tm de lixo e o 80% é plástico. Os efectos sobre os seres vivos son moi


EDLG

IES MONTE CARRASCO negativos: os peixes comen o plástico, moitos animais morren afogados. Outros, non poden nadar porque se ven atrapados por este material. O zooplancto tamén traga partículas minúsculas que logo se acumulan nas cadeas alimentarias… Isto é preocupante dado que os estudos científicos evidencian de que os seres humanos temos no corpo ftalatos, bisfenol A…, que son substancias que forman parte dos plásticos e teñen efectos hormonais, así por exemplo, estudos científicos indicaron que caracois que permaneceran en botellas de plástico puxeron

moitos máis embrións que os que se mantiveran en botellas de vidro e que nais embarazadas con índices de ftalatos elevados no sangue tiñan fillos varóns que presentan alteracións relacionadas co aparello xenital. Impresiona pensar que nos estudos científicos que se fixeron, de 671 peixes recollidos, polo menos o 35% tiñan algún tipo de plástico nos seus estómagos e en tres mil aves recollidas en praias de oitos países o 95% tamén os tiña. Hai uns anos, descubriuse unha “illa de plástico” de gran tamaño no océano Pacífico. Localizouna un grupo de científicos e ecoloxistas en medio do océano Pacífico. Ten unha extensión de case 1,7 millóns de quilómetros cadrados, (case o triplo de España). E segue medrando! O lixo, procedente maioritariamente de América, concéntrase e xúntase co do Sur de Asia nese lugar debido ás correntes mariñas. Ao parecer, o vertedoiro flotante non é o único que existe espallado polos océanos do planeta. Os investigadores cren que existen catro máis de amplas dimensións e non deixan de tomar mostras das augas do lugar. The Marine Mammal Center (Centro de Mamíferos Mariños) é un sitio onde colabora xente para rescatar e rehabilitar mamíferos mariños que teñen algún problema. Está situada en San Francisco,

67


A GAIVOTA

2012 - 2013

Estados Unidos. Dende hai anos, trataron con novos e frecuentes casos causados polo plástico que hai nos océanos. Este material causa feridas graves en moitos animais, como afogamento, aforcamento, etc. Dende 1975 o “hospital” tratou con máis de 17.500 elefantes mariños, baleas, lontras mariñas, focas, delfíns e moitas máis especies ameazadas ou en perigo de extinción. Cada ano, os seus programas educativos e eventos teñen a finalidade de explicarlles a máis de 30.000 nenos e adultos os efectos que ten o plástico sobre os medios mariños. Neste programa, traballan moitos solidarios/as que se achegan para axudar a este plan contra os plásticos vertidos nos océanos. Moita xente pensa que as súas accións individuais non serven para nada, pero isto non é así. Para evitar que o plástico contamine aínda máis os océanos, podemos: •

Evitar os produtos que teñan envases plásticos.

Levar a nosa propia bolsa á panadería, ó

supermercado... etc. •

Substituír as botellas de auga de plástico por unha

cantimplora ou recipiente semellante. •

Reencher a cantimplora en fontes ou billas de auga

potable. •

Procurar substituír, sempre que sexa posible, os

produtos con envases de plástico por outros que teñan outro tipo de recipientes. •

Separar o lixo para facilitar a súa reciclaxe.

Colaborar coas “familias taponeiras”, gardando os tapóns do leite e botellas para

levalas a un punto de recollida, xa que estas tapas conteñen moito plástico. •

Facer como algúns países da Unión Europea, usando bolsas orgánicas, feitas de

amidón de pataca e millo en vez de usar as de plástico. Despois estas bolsas son levadas a un punto onde as xuntan con materia orgánica para que se descompoñan e formen compost para os granxeiros.


EDLG

IES MONTE CARRASCO

Bibliografia •

http://alexmartorell.jimdo.com/2009/08/21/la­descomposici%C3%B3n­del­

pl%C3%A1stico/ •

http://www.marinemammalcenter.org/what­we­do/#.UST8PB0094I

http://www.plasticseurope.org/what­is­plastic.aspx

www.youtube.com La noche temática: “Océanos de plástico”

Opinión Este traballo pareceunos moi interesante porque démonos conta da importancia de reciclar o plástico, xa que fai un dano permanente nos ecosistemas e nos animais. Esperamos contribuír a que a xente tamén se dea conta do dano que estamos facendo ó noso planeta cada día. Agradecemos ás persoas que axudan a expandir a verdade sobre o desastre que está ocorrendo no noso mundo. Cremos que todos somos responsables do que está pasando, polo que todos debemos pór o noso graíño de area para axudar a minimizalo.

69


A GAIVOTA

2012 - 2013

DENDE O EDLG


EDLG

IES MONTE CARRASCO

71


A GAIVOTA

2012 - 2013

PASATEMPOS da Gaivota

Busca nesta sopa de letras palabras relacionadas co deporte. ÁLEX - 1º A

SUDOKIÑOS


EDLG

CRÉDITOS

A elaboración do presente número de A Gaivota foi posible grazas á colaboración dunha parte importante do noso alumnado e tamén, do profesorado, pais, nais e persoal vencellado ó noso centro. As alumnas e alumnos que participaron son: - HAJAR ABDAOUI - ALEJANDRO ÁLVAREZ - ELENA BERMÚDEZ - FÁTIMA BOUKARKOUR - ALBA BOULLOSA - PAULA BROULLÓN - ÁNGELA CABRAL - IVANA CARBALLO - NOELIA CARBALLO - MOISÉS CORDEIRO - ROSA ESCOLANO - AINHOA FERNÁNDEZ - GABRIEL FERNÁNDEZ - LORENA FERNÁNDEZ - CARLOS GONZÁLEZ - ANDRÉS GUITIÁN - YERAY LEÓN - CIBRÁN LÓPEZ - IVÁN MALVIDO - ALEJANDRO MARIÑO - ANA MARIÑO GARCÍA - PAULA MARTÍNEZ - ALDARA MARTÍNEZ - KATIA MEIRA COSTA - REBECA MENDUÍÑA - KEVIN ORTUBE - DANIEL PAZ - RUTH DE PEROY - LORENA PIÑEIRO - ANDREA REGUEIRO - MAURO RODRIGUEZ

IES MONTE CARRASCO

- DANIELA RODRÍGUEZ - ANA DE SÁ - ANDREA VÁZQUEZ - ANA VIDAL ANTEPAZO - TERESA VILLAMOR - NEVENKA VILLAR Por parte do profesorado, pais e outros colaboradores participaron neste número: - SEILA ACUÑA - PILAR ALONSO - CARMEN AMADO - CARLOS CAMAÑO - MIGUEL CAMESELLE - ALBERTO CASQUEIRO - ÁLEX CORTÉS - BEGOÑA OTERO - NIEVES OTERO - XAQUÍN PASTORIZA - JOSÉ RAMÓN VIDAL Ademais damos as grazas a todas as persoas que, dun xeito ou outro, nos axudaron a que isto saíra adiante. Que pasedes un feliz verán. Vémonos en setembro!

73


A GAIVOTA

2012 - 2013

ÍNDICE DE CONTIDOS Editorial Desde a cheminea Faladoiro maior Obradoiro de educación afectivo-sexual Carteleira do Carrasco As Fragas do Eume '13 O origami José Luís Sampedro Cabo Udra Estrasburgo-París Palabras Maiores Aprendendo en Sotavento Hábitos na escoita e no gusto musical O Magosto Ciberbullying Mafalda III Xornadas de orientación académica e profesional no Morrazo O rapto de Europa Prestige Para min, ornitoloxía Unha hora con... Wes, a voz de Astarot O Entroido Oh Canadá Eu, piano Remo O Carrasco cos olímpicos: David Cal Haikus Versos consentidos O neno de goma Un neno cunha mala sorte Páxina cen Ti tamén...? Morrer de celos A nena misteriosa O 12 do 12 de 2012 Das redes sociais á fama Producións Monte Carrasco presenta... III Certame Audiovisual Escolar IES Monte Carrasco Con outra ollada Os furanchos A gaivota celta A blogosfera do Carrasco Letras Galegas 2013 Océanos de plastico Dende o EDLG Pasatempos Orlas

3 4 5 6 7 10 11 12 13 14 16 18 19 21 22 27 28 30 32 33 35 37 38 41 42 43 44 45 46 46 47 50 51 53 53 54 57 58 59 60 61 63 64 66 72 72 75


MONTE CARRAS CO - PROMOCIÓN 201 3 4 º ES O

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA "O MUNDO NAS MANS DELAS" PRIMEIRO PREMIO: Alejandro Mariño (1º B)



Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.