A G A I V OT A
Nツコ 55
EDL IES MONTE CARRASCO - CANGAS
XUテ前 2011
REVISTA " A GAIVOTA "
EDL
CRÉDITOS A elaboración do presente número de A Gaivota foi posible grazas á colaboración dunha parte importante do noso alumnado e tamén, do profesorado. As alumnas e alumnos que participaron son: -
PAULA BROULLÓN CARLOS CAMAÑO CARMELA CARRILLO ZOE COSTAS INÉS COSTAS RUTH DE PEROY SONIA FERNÁNDEZ ANA FERNÁNDEZ SANDRA FERNÁNDEZ SARA GARCÍA LORENA GIRÁLDEZ CARLOS GONZÁLEZ ESTEFANÍA LAGOA ANA MARIÑO PAULA MARTÍNEZ ALDARA MARTINEZ YAIZA MARTÍNEZ RUT MARTÍNEZ VÍCTOR MONTES ANXO PIÑEIRO RAISA PIÑEIRO LUZ RODRÍGUEZ ABRÁN SANTOS ANA VIDAL MARÍA VIDAL
Por parte do profesorado, colaboraron neste número: -
ROCÍO ALONSO MIGUEL CAMESELLE KAROLINA CIESLIK CRISTINA FERNÁNDEZ LUZ JARES BEGOÑA OTERO XAQUÍN PASTORIZA ALLEY STONESTREET ROSA VARELA JOSÉ RAMÓN VIDAL
Ademais damos as grazas a todas as persoas que, dun xeito ou outro, nos axudaron a que isto saíra adiante. Que pasedes un feliz verán. Vémonos en setembro!
IES MONTE CARRASCO
2010-2011
ÍNDICE DE CONTIDOS
REVISTA " A GAIVOTA "
EDL
IES MONTE CARRASCO
2010-2011
EDITORIAL Neste ano que andamos do 2011, próximos ao final de curso, é chegado o momento de glosar o que aconteceu neste noso instituto do Monte Carrasco, dende hai máis ou menos un ano. É así que sucedeu que alá polo mes de xullo, cando as calores apertaban, se nos anuncian recortes no persoal do centro; despois de ardua batalla quedamos cun profesor menos. O curso comezámolo coxos, pero coa promesa de ter moitos aparellos novos nas aulas de 1º; este sería o curso do ABALAR. Estaría ben que vos molestarades en indagar a que vén este nome; todo ten un porqué. Pero non abalamos nada ata o mes de novembro, cando os camións da Consellería de Educación descargan grandes caixas cheas de proxectores, netbooks (outra palabra nova), PDI (esta vez toca investigar o acrónimo), portátiles, un gran armario cor lila... Cantas novidades aconteceron e o profesorado sobrevivindo entre cables, UBUNTU (aí queda esa!), alumnado cuns pequenos aparellos, formación caseira e demais inventos. Aí vamos que no mes de xaneiro aquilo parece que empeza a funcionar, e nesas seguimos. E aínda non empezara o curso, chegaron ao centro dúas rapazas falando inglés, unha polaca e unha americana, para que o noso alumnado non contribúa a esa estatística na que sempre os españois saímos mal parados no tema dos idiomas. Non cabe dúbida de que a lingua de Shakespeare xa non ten segredos para nós. Cando estabamos todos pasmados co ABALAR, chegan noticias da Consellería: hai que organizar eleccións ó Consello Escolar. Todo mundo a votar. No mes de novembro escollemos novos representantes do alumnado, do profesorado, dos pais/nais, do persoal non docente e do Concello (aínda non coñecemos ao varón designado para tan alta tarefa). Con todo, non deixamos de pasalo ben: .- Emborrallámonos no Magosto, comendo as castañas asadas cun chocolate quentiño. .- Divertímonos no Entroido: que ben o pasamos todos e todas disfrazados con personaxes do mundo da publicidade. .- Fomos a un montón de viaxes: Barcelona, Fragas do Eume, Val do Ellas, á neve a Valgrande (Pajares), Ourense, Pontevedra,… .- Fomos ao teatro, en inglés, en galego e en francés (que non se diga que non sabemos idiomas!). .- Tamén recibimos a visita duns compañeiros franceses do Collage Aristide Briand de Nantes no mes de marzo e nós fomos alá no mes de maio. .- E antes de que remate o curso, teremos a estrea da película deste ano, na nosa particular noite de cinema no Auditorio de Cangas. Ao peche desta revista, o director aínda non facilitou o título desta nova obra mestra, por aquilo de manter o suspense. .- E iremos a Ons, como sempre, a bañarnos, patear e tomar o sol. .- E penso que o Festival de Fin de Curso ha ser de traca. Segundo se oe polos fiadeiros da vila, este ano Rogers Waters tocará no ximnasio do Monte Carrasco. Pero mentres todo isto acontece, o alumnado de 2º, tenso e angustiado, afánase en facer ben unhas probas por orde da nosa Consellería de Educación, algo chamado a avaliar o noso sistema educativo, ben, polo menos a paciencia de todos nós, sobre todo dos que cargamos os datos no ordenador. E con todo isto e de cando en vez, podiamos adicar un tempo a estudar, dar clase, animar ao alumnado (ou desanimalo); en fin, a ir avanzando pola programación. E así acaba a crónica (interesada e malversada) deste curso que remata. A DIRECTORA, BEGOÑA OTERO RIOBÓ Páxina 3
REVISTA " A GAIVOTA "
EDL
IES MONTE CARRASCO
2010-2011
“ Pr o f e , m a r c ha m o s f a l a nd o c a s t el á n e vol vem os f a l a nd o g a l eg o” . Botando a vista atrás, síntome unha corredora de fondo, como ben dicía Lois Pereiro no seu poema. Miro, reflexiono e véxome ao principio de curso colocando nos tacos de saída (facendo a programación, calculando os días de cada avaliación, convocando reunións, pensando nas posibles actividades interesantes para toda a comunidade escolar, os días salientables do calendario etc). Todo este curso para min foi unha loita continua contra o tempo, tanto cronolóxico como ambiental, explícome: tivemos de todo, días de sol, de tormentas, de chuvias e ata de tsunamis. Penso que traballamos moito, corremos sen alento, algunhas veces chegamos á meta, outras quedamos a medio camiño, e outras non demos saído. Pero facendo unha retrospectiva penso que, en xeral, acadamos os obxectivos grazas ás distintas actividades que planificamos. O primeiriño que fixemos foi contar cos novos membros do EDLG, repartimos os carnés aos Axentes da lingua de 1ºESO. Dinamizamos o Blog: “http://aghaivota.blogspot.com/” tendo reunións todos os mércores no recreo co alumnado do EDLG. Puxémonos en contacto cos diversos centros: os da comarca, os de Ourense e Xinzo da Limia para empezar a organizar todo o que contabamos facer conxuntamente. Unha das primeiras actividades do proxecto inter-centros foi o concurso fotográfico para a posterior elaboración duns marcapáxinas e uns calendarios, organizado co Departamento de Plástica. Houbo moita participación. Fixemos a exposición de todas as fotografías e realmente era delicioso ver postas de sol, barcos, praias no centro; en décimas de segundo as nosas mentes íanse a outros mundos e lugares. A fotografía gañadora foi a de Eva Piñeiro cunha magnífica vista da conserveira de Massó. Repartimos os calendarios e os marcapáxinas polos comercios de Cangas e agasallamos tamén aos membros da comunidade educativa. Chegou o Samaín e cos grupos de teatro de 1º e 2º ESO metemos un pouco de medo aos habitantes do centro, pechámolos na biblioteca e tiveron que soportar contos de terror e de suspense. O que deu máis medo foi o “Fornadas” de Xabier P. Docampo aínda que o de “Seis dedos” de Xosé Miranda tampouco quedou atrás. Ah! Xa me esquecía, tamén fomos ao centro de maiores SANIDÍA para representar estes Páxina 4
REVISTA " A GAIVOTA "
EDL
IES MONTE CARRASCO
2010-2011
contos de terror, os nosos maiores quedaron encantados e agasalláronnos cunhas cantigas. Por suposto non faltaron as cabazas tuneadas aínda que este ano non tivemos moita participación. Inmediatamente despois preparamos o magosto conxuntamente coa ANPA e o departamento de actividades complementarias. Comemos castañas, participamos nos
xogos tradicionais (zancos, a corda, saltamos, xogamos á buxaina); había que baixar os quilos de máis que colleramos comendo as deliciosas castañas. Ese día entregamos os premios do concurso fotográfico e das cabazas. E sen perder alento......... Xa nos metemos no 25 de novembro, o día contra a violencia de xénero. Para ese día organizamos: exposición de carteis e visionado de vídeos das distintas campañas publicitarias, exposición de folletos, o mundo da música contra a violencia de xénero (fixemos unha selección de vídeos musicais, que publicamos no noso blog A gaivota, que trataban do tema e víanse todos os días na pantalla da entrada do centro), exposición de libros sobre o tema. Non vos digo, a estas alturas da carreira, xa empezamos a perder alento. E como se di en linguaxe comercial, iniciamos a campaña de Nadal; conxuntamente co Departamento de Plástica lanzamos o concurso de postais de felicitación de aninovo. A gañadora foi Carmela Carrillo García que, como todos os anos, nos deleita coas súas obras pictóricas. Non podemos esquecer que tamén representamos no CEIP de SAN ROQUE a obra “O león que non sabía escribir”, unha actuación maxistral do grupo de teatro do curso pasado. Como vedes, mellor dito ledes, é normal que diga que me sentín “un corredor de fondo que perdía o alento” con todas as actividades que organizamos xa no 1º trimestre. Menos mal que chegaron as vacacións de Nadal para descansar e retomar forzas e alento. No segundo trimestre proseguimos a carreira: traballamos para o día da Paz, subindo ao Blog diversos vídeos, a curta que tivo máis éxito foi “X nada”. Tamén seleccionamos músicas pola paz. Non nos esquecemos do día do amor, o 14 de febreiro, colgando unha selección de poemas de amor no Blog. Como o curso pasado volvemos a realizar a actividade “K m dis Korason?” onde o alumnado escribía mensaxes en linguaxe SMS. Tampouco esquecemos a Rosalía de Castro, xa que este ano cumpríase o 125 aniversario do seu Páxina 5
REVISTA " A GAIVOTA "
EDL
IES MONTE CARRASCO
2010-2011
pasamento, e homenaxeámola cunha selección do seus poemas que colocamos tamén no noso BLOG. Celebramos o Entroido dedicado, nesta ocasión, ao mundo da publicidade. Para o día da muller elaboramos diverso material para A Gaivota, (La esposa ideal, Mulleres galegas anónimas, Mulleres da cultura galega, Mulleres no mundo etc.) e representamos na biblioteca co alumnado de 1º ESO de Teatro a obra de “Ramón” de Sergi Belbel, adaptación de Begoña Muñoz. Veu Natalja Dudek, unha alemá que traballa nunha axencia literaria galega, sita en Cangas, a darnos unha conferencia. Explicounos como descubriu o galego e como esta lingua lle chegou o corazón tanto para desenvolver o seu traballo como a súa vida persoal. Tamén achegounos ao mundo editorial. E mentres estabamos nesta carreira, corriamos outra paralela: estivemos en permanente contacto co IES Julio Prieto Nespereira e o IES Lagoa de Antela preparando a viaxe ao Val do Ellas (reservas de autobús, reservas de cámping en Valverde del Fresno, concertar cita co Alcalde de San Martín de Trebellu, con Turismo, co CPI Santa Rosa de Lima, etc.) e ademais creamos un BLOG chamado “http://www.blogoteca.com/montelagoanespereira/” onde iamos colgando información sobre as particularidades lingüísticas, xeográficas e sociais desa zona estremeña, e das distintas zonas galegas..... Como vedes na segunda avaliación tampouco nos quedamos atrás en canto perder o alento. Realmente pertencer ao EDLG é ser unha corredora de fondo con ou sen alento. E agora que estamos na 3ª avaliación, cos tenis gastados e as camisetas suorentas, xa a punto de chegar á meta, ademais de preparar o mes das Letras Galegas coas “3ªTonadas +”, co recital de poesía intimista, co diverso material que seguimos subindo á Gaivota: gravacións de vídeo poemas, da exposición sobre Lois Pereiro etc., miramos atrás e pensamos que realmente a actividade que máis tempo levou preparar foi a máis positiva para o alumnado: a viaxe ao Val do Ellas. Fixémola xusto ao empezar a terceira avaliación. Houbo de todo, pero o máis salientable a nivel lingüístico e pedagóxico foi a convivencia do alumnado dos tres institutos de diferentes zonas lingüísticas (unha costeira, IES Monte Carrasco, unha urbana, IES Julio Prieto Nespereira e outra rural, IES Lagoa de Antela de Xinzo de Limia). A verdade é que foi moi interesante debido á amabilidade de todos cantos nos recibiron, tanto o alcalde Máximo Gaspar Carretero, como a directora e os membros da comunidade educativa do CPI de Santa Rosa de Lima (recordo a María Muro Murillo, a directora, emocionada, chorando ao ver o seu alumnado tan atento ás nosas lendas) e o persoal do cámping de Valverde del Fresno. Tamén foi moi interesante ver o Páxina 6
REVISTA " A GAIVOTA "
EDL
IES MONTE CARRASCO
2010-2011
orgullosos que se senten da súa lingua e a escasa dificultade que tivemos en comunicarnos con eles, nós en galego, eles na Fala . Podo resumir toda a viaxe nunha frase que dixo unha alumna de volta no autobús: “profe, marchamos falando castelán e volvemos falando galego”. E agora que estamos a escasos 20 días de que remate todo, aínda estamos correndo os últimos metros, case xa non vemos a meta: temos que publicar a revista, facer a memoria, está pendente de facer unha sesión de contacontos no CEIP San Roque, e máis cousas. É dicir, que sigo inspirando para tomar o último alento para chegar á meta, o 30 de xuño. O corredor de fondo perde o alento pero resiste. E para acabar quero dar as grazas ao Equipo Directivo, pois en todo momento sentimos que nos estaban dando alento, e aos membros do EDLG, especialmente a Pilar, Carlos e Xaquín pola súa inestimable colaboración.
Unha noite no muíño, unha noite non é nada; unha semaniña enteira, esa si que é muiñada.
Páxina 7
REVISTA " A GAIVOTA "
EDL
IES MONTE CARRASCO
2010-2011
DESDE A CHEMINEA
Vaia rebumbio houbo este ano no Carrasco! Á longa lista de actividades, celebracións e excursións que xa veñen sendo habituais, sumáronse algunhas novidades recibidas con distinto ánimo por parte dos diferentes colectivos da comunidade: o ABALAR con toda a súa nova tecnoloxía, tróuxonos obras e cambios nas aulas, e moita emoción e un algo pola rúa da amargura, sobre todo ó principio: que se ordenadores, que se canóns, que se páxinas web, que se net books..., eu que sei cantos termos e aparellos novos! Pero pouco a pouco, fómonos facendo á idea e aprendendo cousiñas que nos han de ser de utilidade nun futuro inmediato. Tamén foron novidade as lectoras; a falta de unha, chegáronnos dúas, procedentes de puntos tan distantes, e distintos, como Kansas e Polonia. Ademais da súa función nas aulas co alumnado, tamén se prestaron a axudar ó profesorado cos seus chapurreos anglófonos, e integráronse tan ben na nosa rutina que agora, mesmo lles dá pena marchar. E chegaron os franceses, un grupo de rapaces e rapazas que apenas entendían español (quen se acorda xa do galego!) e cambiáronnos por uns días o ritmo das clases, converténdonos, de paso, nun centro políglota, aínda que iso non afectou a toda a comunidade por igual. E fomos a Estremadura. Un grupo de alumnas e alumnos, acompañados de Luz e Reme, compartiron con alumnado doutros dous institutos unha viaxe ó Val Páxina 8
do Ellas para comprobar "in situ" que hai xente, mesmo fóra das nosas fronteiras, que fala o galego sen complexos nin vergoñas. E tivemos substitutas de longa duración. Ana e Lucía viñeron para cubrir as baixas das mamás María e Seila e quedaron connosco durante máis de seis meses. E houbo xente que marchou, e á que botamos moito de menos; e outra que chegou, e que foi atopando un oco entre nós. E por primeira vez na historia da Gaivota, contamos coa colaboración impagable dun pai. Carlos Camaño Rial adicou tempo e esforzo para que A Gaivota saíra adiante e conservara o seu espírito e a súa esencia. Manifestar aquí o profundo agradecemento pola maquetación, o asesoramento e, en xeral, a axuda prestada ó equipo da revista non só é xusto, senón tamén necesario. Sería estupendo que o seu exemplo cundise entre o resto das nais e pais da comunidade escolar. E así, entre alegrías e penas, entre risos e rifas fóisenos pasando un ano máis que esperamos que veña seguido de moitos outros igual de bos, porque a fin de contas, este é un bo sitio para estar. Que teñades un feliz verán!
A GAIVOTA
REVISTA " A GAIVOTA "
EDL
IES MONTE CARRASCO
2010-2011
B I B L I O T E C A , T O D O AVA N T E ! Rosa Varela
Rosa Varela
Matinando no espazo da Biblioteca, preséntansenos dúas imaxes: a Ágora de Amenábar, con Hipatia filosofando e impartindo clases na ágora de Alexandría; e o biblioburro de Luis Soriano, o pequeno quixote colombiano que achega historias á xente nova que non ten acceso á información (non teñen biblioteca, nin internet…), acompañado dos seus burros Alfa e Beto. Estas instantáneas pertencen a lugares e tempos afastados entre si, mais falan do mesmo, falan do desexo de conquistar o saber (como dicía Lorca “medio pan y un libro), da admiración ante o coñecemento, que afortunadamente aínda sobrevive na especie humana. Cando as revoltas relixiosas nas rúas de Alexandría ameazan a súa biblioteca, Hipatia “loita por salvar a sabedoría do Mundo Antigo” coa axuda dos seus discípulos. E no momento en que os rapaces e rapazas da illada aldea de La Gloria colombiana, moi afastados dunha biblioteca, reciben con impaciencia a visita de Luis Soriano e mais dos seus burros, Alfa e Beto, este loita contra o analfabetismo. Este último exemplo pon de manifesto que o poder da lectura existe de verdade, non é unha utopía. Lendo, sobrevivimos, medramos. Pergamiños, libros, a nube… distinto significante pero mesmo significado, distinto formato pero mesma esencia. Soportes nos que se mesturan, conversan, van da man mundos reais e mundos de ficción. E a lectura non é unha ficción.
Mentres tanto, no país da nube, Galicia, os políticos néganlles aos responsables das bibliotecas escolares o dereito a unha formación específica, necesaria para continuar “todo avante”. E ao tempo, a nosa biblioteca cada día cobra máis vida e prosegue a aventura quixotesca, súa permitirlles aos nosos rapaces e rapazas o acceso ao saber. É como esa árbore que medra no logotipo creado por Ainoa e que permite imaxinar, soñar, crear universos paralelos, sentir novas emocións, chorar, ter medo… Os visitantes vanlle dando sentido, son o zume que a alimenta. E neste mércores primeiro de xuño, as bibliotecas escolares de Galicia publican un manifesto, “A insoportable levedade das bibliotecas galegas”, no que defenden a Biblioteca como espazo de aprendizaxe colaborativa, porque tamén se senten quixotes que nadan contra corrente. Coma Ulises, tentemos superar as dificultades e aproveitar as melloras, enfrontémonos a Ciclopes, a Lestrigóns, a Poseidón… e cheguemos a Ítaca, logo dunha longa viaxe, ricos de canto aprendemos no camiño. http://bibliotecamontecarrasco.wordpress.com/2011/ 03/04/o-biblioburro/
Páxina 9
REVISTA " A GAIVOTA "
Pรกxina 10
EDL
IES MONTE CARRASCO
2010-2011
REVISTA " A GAIVOTA "
EDL
IES MONTE CARRASCO
2010-2011
Pรกxina 11
REVISTA " A GAIVOTA "
Pรกxina 12
EDL
IES MONTE CARRASCO
2010-2011
REVISTA " A GAIVOTA "
EDL
IES MONTE CARRASCO
2010-2011
Pรกxina 13
REVISTA " A GAIVOTA "
Pรกxina 14
EDL
IES MONTE CARRASCO
2010-2011
REVISTA " A GAIVOTA "
EDL
IES MONTE CARRASCO
2010-2011
Pรกxina 15
REVISTA " A GAIVOTA "
Pรกxina 16
EDL
IES MONTE CARRASCO
2010-2011
REVISTA " A GAIVOTA "
EDL
IES MONTE CARRASCO
2010-2011
Pรกxina 17
REVISTA " A GAIVOTA "
EDL
IES MONTE CARRASCO
2010-2011
O LEÓN QUE NON SABÍA LER de Ana Vidal
O pasado 21 de decembro levouse a cabo -por fin- a representación da obra de teatro O león que non sabía ler, adaptación do conto do mesmo título, que levabamos ensaiando dende o curso pasado e que escollemos despois de que os nenos e nenas de infantil de San Roque nos mandaran algunhas opcións. A representación foi todo un éxito despois de tódolos problemas que tivemos o ano pasado: a cancelación do festival no CEIP San Roque e que o noso león, Víctor, partiu unha perna. Este ano tamén tivemos algúns problemas, pero moito máis sinxelos de solucionar: a xirafa, Leti, foise do instituto e tivemos que adxudicar o papel a outra actriz, Aldara, que tivo que aprender o papel partindo de cero. Outro problema foi que ningún dos actores nin actrices lembraba xa o seu papel polo que en moi pouco tempo tiveron que aprendelo de novo, xunto con todo o que tiñan que facer no escenario. Luz, a nosa directora de escena estaba dos nervios e berrábanos cada dous por tres porque se acercaba a data da actuación e había moitas cousas sen preparar. Nos últimos ensaios preparamos con Luz e con Xaquín toda a obra enriba do escenario cos decorados xa postos, co pano e coa música. O día da representación estabamos moi nerviosos porque teriamos que actuar dúas veces: unha para Infantil e outra para o primeiro ciclo de Primaria. Cando todos os nenos de Infantil estaban sentados nos seus sitios, nós estabamos preparados para
comezar a función. Ó rematar, varios mestres de San Roque leváronnos comer algo para coller forzas para a segunda actuación. Fixemos a segunda representación xa máis seguros despois de tódolos aplausos que recibiramos na primeira. Os nenos do primeiro ciclo non quedaron atrás en aplausos esperando que volveramos a saír, para seguir coa nosa actuación.
Por último, desexo en nome de todos os meus compañeiros de teatro, agradecerlles moito a Luz, Xaquín e Rosa as tardes que adicaron a aguantarnos e axudarnos a ter novas experiencias, e a Carlos por ter feito a adaptación do conto. ELENCO: Víctor Montes Tovar: León. Teresa Martínez Paz: Leoa. Leticia Valente / Aldara Santomé Fernández: Xirafa. Eva Piñeiro González: Crocodilo. Sandra Fernández Paz: Rinoceronte. Inés Costas Villar: Mona. Saúl López Soliño: Mono. Rubén Pereira Graña: Voitre. PRESENTADORES: Aldara Martínez Guardado. Carlos González Poses. José Antonio Pérez Mariño. DECORADOS: Uxía Molanes Cabral. Andrea Pereira González. Noemí Requejo Riobó. Ana Vidal Antepazo.
Páxina 18
REVISTA " A GAIVOTA "
EDL
IES MONTE CARRASCO
2010-2011
III TONADAS+ 2011
E L P U T O C O K E : GGA A L E GO P A R A T O D O S E SE S P O E T A S! N O N E SQU E C E M O S X A M A IS N ON ! N ON ! A O M EU P OBO. V A I A SI! V A I A SI! P U T O C O K E , O U T R A V E Z , D I A SI: A L GO F A L L A N A T Ú A T E ST A , D IS QU E E S GA L E GO ? E N GA L E GO , P O IS, R E P R E SE N T A X A SE I QU E F U N C IO N A A SI N A C ID A D E . . . . A S R A IC E S, O GL O B A L , C O M P IT E N N A SO C IE D A D E X A T E S U N HA ID A D E , D E B E R ÍA S D E P E N SA R N O QU E É B O N P A R A A GA L E GU ID A D E E SA QU E D IS A M A R O D IF ÍC IL QU E É A P O R T A R O SIN X E L O QU E É C O L L E R A P R E N D E A SU P E R A R T E IGU A L QU E O F IX O A M U L L E R D IN QU E N IN GU É N É P R O F E T A N A SÚ A T E R R A E U D IGO QU E O QU E O D IGA SO D I M E R D A , M E R D A ! O M E U N O M E É P U T O C O K E , T O D O S SA B E N QU E N SO N N O M O N T E O U E N T R E B L O QU E S A P O IA M E N A M ISIÓ N HA I D IV ISIÓ N A SI O P O D E R A P R O V E IT A E U C A GO N A E SQU E R D A ! E U C A GO N A D E R E IT A ! M E U , N O N F A L O GA L E GO N O R M A T IV O N O N , O M E U GA L E GO E C HE C O M B A T IV O ! IST O É ! O M E U GA -A -L E GO ( E ST R IB IL L O ) T I E S T A N M O D E R N O QU E N O N T E S ID E N T ID A D E P R O P IA N E N O , T U SO M E N T E S E S U N HA P U T A C O P IA
E U T E Ñ O F A M E D E SA C HA R , C A N D O F A L O V O U D IR E IT IÑ O VOU C A R A O M A R C HA M A IM E R IO M IÑ O L E M B R O QU E N A E SC O L A , E N SIN Á R O N M E E N C A ST E L Á N SE E N A L GU N HA SE M E C O L A É P R O D U T O D A QU E L P L A N DA N DO EX EM P L O O C A T A L Á N D E F E N D E N D O A SÚ A L IN GU A X E X A N O N T E SO A T A N “ M A L ” C A N D O C HO F A L A N D E T R A X E ? HA I X E R A C IÓ N S QU E SU F R IR O N A R E P R E SIÓ N P E SA N O S SÉ C U L O S O SC U R O S, É U N GA L E GO C O N C OM P L EX O É D U R O D IC IR E ST O ” P E R O “ IST O É O QU E V E X O E U F E C HO A T A SC A , F IL L O T E , E N P O R T O SA B E N O B E N P O R QU E A QU E L A É A M IÑ A T E R R A . E P O N F E R R A D A T A M É N N O N A C R E D IT O N E SA L IÑ A D IV ISO R IA E SC O IT A , M E U IR M Á N , O QU E C O N T A A HIST O R IA ? IST O É O M E U GA -A -L E GO ( E ST R IB IL L O ) C A ST E L A O , R O SA L ÍA , P O N D A L , F E R M IN B O U Z A B R E Y , R A M Ó N C A B A N IL L A S, V IC E N T E R ISC O , X O SÉ L U ÍS M E N D E Z F E R R ÍN , R A M Ó N O T E R O P E D R A Y O , C A R L O S C A SA R E S, E D U A R D O B L A N C O A M O R , Á L V A R O C U N QU E IR O , L U ÍS P IM E N T E L , R O M Á N R A Ñ A , A N T O N IO N O R IE GA , C U R R O S E N R ÍQU E Z , X O A N M A N U E L P IN T O S, P A R D O B A Z Á N , P A D R E F E IJ O O , SO B R E IR A SA R M IE N T O , X O A N A T O R R E S, R A F A E L D IE ST E , U X ÍO N O V O N E Y R A . . . Páxina 19
REVISTA " A GAIVOTA "
EDL
IES MONTE CARRASCO
2010-2011
VISITA Ó MUSEO ANFACO Por Carlos Camaño O día 20 de decembro do 2010 os
Tamén nos propuxo buscar a fotografía
alumnos de 1ºA e 1ºB do IES Monte
máis antiga que tiveran alí conservada e
Carrasco visitamos o museo ANFACO
as chaves que se usaban para abrir as
(Asociación Nacional de Fabricantes de
latas. No museo había unha vitrina na
Conservas de pescados e mariscos) en
que se podía observar a evolución dos
Vigo. A nosa guía chamábase Mariña e
envases
durante
o
paso
dos
anos.
foi ela quen nos ensinou o museo. Esta excursión pareceunos unha O primeiro que fixemos foi ver un
maneira diferente de aprender máis sobre
vídeo do 1928 sobre o traballo das
o mundo das conservas, que tamén é
mulleres que desempeñaban o seu labor
historia
nas fábricas conserveiras. Despois diso,
interesante.
do
noso
pobo.
Foi
moi
Mariña ensinounos un banco de mostras de cheiros de produtos de conservas (que por certo, algúns cheiraban moi mal). A continuación, uns marcharon á planta piloto
onde
ensinaban
como
se
empacaban as latas nas conserveiras e outros
quedaron
para
facerlle
unha
entrevista gravada a Mariña que logo se ía expor na páxina web do instituto.
Páxina 20
Carlos Camaño Amado 1ºA
REVISTA " A GAIVOTA "
EDL
IES MONTE CARRASCO
2010-2011
O CARRASCO NA CATEDRAL DE TUI Por Aldara Martínez Guardado (2ºA) e Carlos González Poses (2ºB) A principios de decembro, o curso de segundo de ESO do IES Monte Carrasco fomos facer unha visita co Departamento de Ciencias Sociais a Tui. Nada máis chegar, despois de arredor dunha hora de viaxe, fomos á catedral. A catedral é un edificio de transición do románico ó gótico de arredor do século XII. Está situada nunha cima montañosa dende a que se domina todo Tui e a parte final do río Miño. A entrada principal da catedral ten unha portada gótica, unha das primeiras en construírse en España. Entramos nela e chegamos á nave principal, unha nave xigante na que se seguen dicindo misas. Na parte dereita de dita nave, hai unha sala pequena (o museo catedralicio) onde se poden ver obxetos pertencentes a esa época (libros, roupa...). Seguimos o noso percorrido e chegamos ao transepto, con arcos de cruzaría, e as outras dúas naves laterais.
podendo considerar así a catedral unha fortaleza-catedral onde todos os habitantes de Tui podían ser acollidos en caso de emerxencia ou ataque. Chovía en Tui, pero ao saír da catedral, fomos facer unha visita ao casco antigo. Mentres baixabamos cara ó autobús, pasamos polo “Túnel da Misericordia”, o Concello e as murallas, construídas como axuda da catedral-fortaleza para defender a cidade, e que tiñan varias torres defensivas, aínda que hoxe en día só se conserva “A Porta da Pía”. As rúas eran estreitas e irregulares, pois cando se construíron non se levaba ningunha orde. Pasado isto, compramos algo para merendar e collemos o autobús de volta á casa. A visita foi moi interesante porque puxemos en práctica todo o que estudaramos na clase de Ciencias Sociais: todo o que tiña que ver coas catedrais, coa forma das rúas medievais, etc.
Outra característica importante da catedral é que ten un claustro gótico. Este claustro consta dun pequeno xardín interior e, engadida posteriormente, unha torre defensiva dende a que se podía acceder por unhas escaleiras. Desde dita torre podíase chegar a unha zona de vivendas para os monxes e o seu bispo. Esta torre cumpría funcións defensivas, Páxina 21
REVISTA " A GAIVOTA "
EDL
IES MONTE CARRASCO
Os continuos cambios sociais, económicos e tecnolóxicos da nosa sociedade, demandan dos sistemas educativos, transformacións e innovacións capaces de dar respostas de calidade ás necesidades formativas do alumnado que garantan o éxito escolar e o seu desenvolvemento persoal e profesional nunha sociedade cada vez máis caracterizada polas redes de comunicación e a información multimedia. Co obxectivo da integración plena das TIC na práctica educativa, a Consellería de Educación da Xunta de Galicia pon en marcha o “Proxecto Abalar”, concreción na nosa Comunidade do Proxecto “Escuela 2.0” a nivel estatal, baseado nun modelo de política educativa 1 a 1 (un ordenador por alumno), na formación do profesorado para un uso pedagóxico das novas tecnoloxías e na innovación
Páxina 22
2010-2011
das prácticas de ensinanza utilizando os recursos e os contidos dixitais. Este modelo de Escola 2.0 é coincidente con outras políticas educativas iberoamericanas, como o “Paraguay educa”, o Plan Magalhaes de Portugal, “Una laptop por niño" de Perú, ou “Enlaces” en Chile, que buscan a equidade social, romper co tradicional illamento da escola e innovar os métodos de ensinanza e aprendizaxe para preparar á futura cidadanía do século XXI.
No presente curso escolar, e nunha primeira fase experimental, douscentos Centros da nosa Comunidade Autónoma, correspondentes ós niveis de 5º de Educación Primaria e 1º de Educación Secundaria Obrigatoria, equipáronse con conexión a internet, un netbook por alumno/a, un proxector dixital e unha pizarra interactiva. Asemade púxose en marcha o Espazo Abalar, con repositorios de contidos educativos e servizos para o profesorado titor e as familias, establecendo canles de comunicación que faciliten a necesaria colaboración entre eles.
REVISTA " A GAIVOTA "
EDL
IES MONTE CARRASCO
O noso Centro, que xa contaba con equipamento para unha atención personalizada á diversidade, dispón no presente curso académico 2010/2011, de dúas aulas de 1º ESO totalmente equipadas e reguladas segundo un Plan de funcionamento aprobado polo Consello Escolar, no que se recollen o protocolo de uso do equipamento e o rexistro de incidencias. Contamos, asemade, cun Plan de formación para todo o profesorado que imparte clase neste nivel, cunha coordinación Tic e con asesoramento técnico por parte da Unidade de Atención a Centros da Consellería de Educación. Aínda que tódolos cambios provocan sempre algunha inseguridade, a medida que imos vendo as potencialidades e usos didácticos das diferentes ferramentas da web 2.0, a aceptación e compromiso do noso profesorado é cada vez maior.
A importancia das Tic en tódolos ámbitos sociais, e no escolar en particular, é evidente. Fomentar o seu uso na aula é necesario para adaptar o sistema educativo ás esixencias dunha sociedade cambiante. Pero a simple dotación de medios tecnolóxicos non é suficiente para acadar unha educación cualitativamente diferente: unha vez informatizada a escola procede agora escolarizar a informática. A progresiva implantación das novas tecnoloxías nas aulas leva consigo unha redefinición da función docente e do proceso de ensinar e
2010-2011
aprender; cambios avaliativos e metodolóxicos que nos permitan acadar un proceso de aprendizaxe máis autónomo, personalizado e colaborativo, así como unha ensinanza baseada nun currículo por competencias, flexible e interdisciplinario, na que o profesor, nun proceso de formación permanente máis actitudinal que tecnolóxico, guíe ao alumnado na selección e transformación da información en coñecemento, ademais dunha reorganización do Centro e dos seus recursos, da dinámica da aula e da comunicación e relación coas familias do alumnado. Educamos para un tempo futuro que case non podemos imaxinar. Se a escola prepara para a vida, gran parte dela está na rede. O cambio é necesario, pero ordenado e planificado. Abalar é un proxecto a longo prazo, irreversible (o vindeiro curso amplíase a 2º de E.S.O), necesitado de apoios, medios e infraestruturas pero tamén de compromiso e confianza para acadar unha escola de progreso e mellora social, que innove metodolóxica e tecnoloxicamente, sen agudizar a desigualdade social, para aumentar as oportunidades de acceso á aprendizaxe, á información e á cultura dun alumnado que precisa ser competente e desenvolverse con naturalidade nun mundo dixital.
Coordinación Abalar I.E.S. Monte Carrasco
Páxina 23
REVISTA " A GAIVOTA "
EDL
IES MONTE CARRASCO
2010-2011
Imos coller hoxe
O que destacaría do meu pequeno e primeiro contacto co armario ABALAR, os ordenadores ABALAR e os alumnos de primeiro de ESO que están desexosos de usar ABALAR é : O GRAN INTERESE que se esperta neles cando ó inicio dunha sesión respondes á pregunta: “¿Imos coller hoxe os ordenadores?” -Bos días. Si, hoxe imos empregar os ordenadores. 5 minutos - Para que respiren, collan aire (e a profesora tamén) e asimilen a información que, sorprendentemente, todos os alumnos do grupo escoitaron (“si, hoxe imos coller os portátiles”) 10 minutos (polo menos!) - Para ver se falta alguén, explicar a actividade que imos facer, escribir no encerado a dirección da páxina web na que imos a entrar: Ex: parque nacionalmarítimo terrestre das illas Atlánticas de Galicia – fauna Ou Ex: iesmontecarrasco – recursos educativos – entrenamento mental – técnicas de estudo
Outros 5 – 10´ - Para que todo o grupo máis ou menos entre na páxina e comece a actividade e para responder a preguntas como ¿...e, que fago despois de entrar na páxina web do instituto?
O resto da sesión – Transcorre máis ou menos dentro do esperado. - Case todos saben crear unha carpeta, darlle nome, abrir un documento word, copiar e pegar un texto, unha imaxe ... - Algún pregunta : “¿en que grupo dos vertebrados (aves, réptiles, mamíferos, peixes ou anfibios) clasifico a foto dun merlo?” - Outro volve a preguntar que fai despois de entrar na páxina das Páxina 24
REVISTA " A GAIVOTA "
EDL
IES MONTE CARRASCO
2010-2011
os ordenadores?
illas Cíes. - Profe, dime alguén, é que neste ordenador non sei como gravar a carpeta no pendrive. Claro, dille a profe, o sistema operativo é Ubuntu, pero non vos preocupedes que é practicamente igual. - Escóitase comentar a alguén que ... el/ela xa coñecía a bubela, que o outro día na casa da súa avoa...
E mentres tanto : É necesario reiniciar o ordenador dalgún alumno, responder de novo que “Non!” á pregunta de se se pode entrar no tuenti ou no seu correo, repetir de novo a explicación da actividade que teñen que realizar, reiniciar o ordenador do profesor porque esqueceu acender primeiro o proxector e, parece que con a F1 e a outra tecla o proxector e o ordenador non se recoñecen e... entre unha cousa e outra... Toca o timbre! Os rapaces hoxe non teñen présa en pechar o libro/ordenador, o profesor recolle o seu, os alumnos empezan un a un a ir ó armario abalar, pero ó chegar ó alumno/a Nº 6, fórmase un grupo en torno á mesa do profesor porque o alumno/a nº 6 aínda non pechou o seu portátil, a profesora acelera o proceso, rífalle ó alumno nº 6, manda sentar ó resto. Chaman á porta, a porta ábrese. É o profesor ó que lle toca dar ós alumnos ABALAR a seguinte clase. ...2´ e xa remato “ (dille a profesora abalando). 5´ despois, a profesora sae da aula, pide desculpas polo retraso ó profesor que espera na porta, e venlle de novo a imaxe do malabarista e unha frase á súa testa : “o espectáculo ten que continuar..."
Páxina 25
REVISTA " A GAIVOTA "
EDL
IES MONTE CARRASCO
2010-2011
A DESPEDIDA Este é o último ano que nos veredes por estes corredores, este ano ímonos, compañeiros, pero prometemos non esquecervos nunca. Este instituto foi a nosa vida durante uns longos catro anos, aquí pasamos unha etapa que permanecerá nas nosas memorias sempre. E botando a vista cara atrás, asombrámonos cando recordamos aquel primeiro ano, o asustados que chegamos e o ben que o pasamos despois. Curso tras curso fomos deixando atrás a moitos amigos, pero tamén é verdade que coñecemos xente nova incrible. Non nos esquecemos dos profesores, algúns pasaron pola nosa vida sen deixar pegada, pero outros marcáronnos tanto que non deixaremos de lamentar o ter que deixalos atrás. Non sería xusto non nomealos a todos: Xaquín, Miguel, Pedro, Luís, Álex, María, Uxío, Ana, Xulio, Carlos, Sonia, Rosa, Pilar, Andrea, Maruxa, Carmen L., Cristina, Chus, Carmen A., Belén, Luz, Antonio, José Antonio, Lucía, Seila, Begoña, Mª Begoña, Elena, Beni, Rocío, e os conserxes, Salva, Silveria, César, Conchi, Paulino e Pilar, sen esquecernos de Raquel. Xuntos vivimos moito: a neve 2009, as múltiplas viaxes a Ons (este ao tócanos descansar da camiñata), Allariz 2010, Fragas do Eume 2011 e, finalmente, Barcelona. De todas as experiencias temos multitude de momentos graciosos e inolvidables que, de poñernos a contar, non nos daría a extensión que debe ter esta despedida. Aínda que recoñecemos que ás veces queixámonos demasiado e este ano aproveitámonos un pouquiño dos que se deixan, que saibades, profes e compañía, que estamos a piques de irnos, e sabemos que máis de un chorará a nosa ausencia. Mellor malo coñecido que bo por coñecer. Nós, a pesar de todo, tamén vos botaremos de menos máis do que pensades. Prometemos seguir vindo saudar e dar a vara por moito que Luz se empeñe en botar as visitas. A pesar de que con esta despedida parece que todo acaba, lembrámosvos que nos queda unha espléndida cea cos profes. Sen máis demora, despedímonos dándovos as grazas polos momentos vividos con todos vós. O ALUMNADO DE CUARTO
Páxina 26
REVISTA " A GAIVOTA "
EDL
IES MONTE CARRASCO
2010-2011
O noENTROIDO 2011 Carrasco
por Víctor Montes
experiencia, os de 4º, cun traxe moi divertido de coello de Duracell. A mellor canción fixérona os de 3º falando do tema inicial: o entroido. Os alumnos máis novos disfrazáronse de comerciantes, produtos alimenticios... Os de 3º da típica caixa de Happy Meal do Mc Donalds. Tódolos disfraces foron moi enxeñosos. A maioría dos titores disfrazáronse e fixeron unha canción expresando os defectos e virtudes dos diferentes cursos. O seu disfrace consistía en levar roupa dos anos 80 e unha perruca de rizos. Foi un día bastante caloroso nalgúns momentos da mañá, pero noutros chegou a facer mal tempo. Era un día moi esperado polos alumnos, xa que nos podiamos disfrazar do que nós quixeramos sen premisas. A festa empezou a partir das 10:50 da mañá con xogos populares preparados polo profesor de Educación Física. Podiamos encontrar no ximnasio: a pentanca, trompos, os bolos canteiros, a ra... Os integrantes da ANPA prepararon unha mesa con moitas comidas tradicionais de Galicia: filloas, biscoito, chocolate, orellas... Os colaboradores da asociación de pais estaban un pouco estresados xa que os alumnos non puideron resistir a un chocolate quente cunha orella cun pouco de azucre. Despois fíxose o concurso anual de disfraces e cancións, onde se podía participar en distintas modalidades. Na modalidade de disfrace individual gañou Abrán de 2ªB, que ía vestido de Red Bull, triunfou pola difícil elaboración. En disfrace de grupo gañaron os alumnos con máis
Como xa é tradición, os alumnos de 4º entregaron agasallos ós profesores, conserxes, administrativa, orientadora e á directora, que lles permiten recordar e parodiar como é cada profesor. Por último queimouse o momo que elaboraron manualmente os alumnos de 4º. A festa foi moi divertida pero o mellor foron as vacacións de entroido onde todos puidemos gozar da festa nas distintas parroquias de Cangas.
Páxina 27
REVISTA " A GAIVOTA "
EDL
IES MONTE CARRASCO
2010-2011
I XORNADAS DE ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL DO MORRAZO Este curso, os departamentos de orientación dos institutos do Morrazo decidiron coordinarse para organizar unhas xornadas de orientación académica e profesional dirixidas ao alumnado de 4º de ESO, Bacharelato de Formación Profesional; tamén participou alumnado das Ensinanzas de Adultos. Os obxectivos das xornadas eran: .- Informar ao alumnado, familias e comunidade educativa en xeral, das saídas
académicas e profesionais que se abren ao remate da ESO, do Bacharelato e da Formación Profesional, complementando a información que se dá nos centros por parte dos orientadores escolares. .- Informar da proba de acceso a estudos universitarios, así como dos servizos das universidades galegas (bolsas de estudos, residencias,…) .- Facilitar o contacto directo cos profesores que imparten familias profesionais de formación profesional, ensinanzas universitarias de grao e con técnicos de emprego. As xornadas desenvolvéronse os días 1, 2 e 3 de marzo no Auditorio de Cangas, organizando mesas redondas tanto pola mañá como pola tarde. Combináronse intervencións: .- De titulacións universitarias de grao que se imparten nas tres universidades galegas, tratando de abarcar todas as ramas de coñecemento universitario (aínda que sen abordalas todas) e incidindo especialmente nas novas titulacións que se implantan pola aplicación do Plan Bolonia. .De ciclos formativos de formación profesional, tanto de grao medio como superior, incidindo especialmente nos que se imparten na comarca. .- De acceso ao mundo laboral, con presenza de técnicos de emprego do Concello de Cangas, responsables da formación
Páxina 28
REVISTA " A GAIVOTA "
EDL
IES MONTE CARRASCO
ocupacional e do programa Eduemprende da Consellería de Educación. .- De acceso á universidade, tanto dende o bacharelato como desde a formación profesional. Neste sentido abordáronse as novidades que trouxo a LOE, na propia proba de acceso para o alumnado procedente do bacharelato; na posibilidade de mellorar a nota media dun ciclo formativo de grao superior a través das probas da parte voluntaria da proba de acceso á universidade,… .- Dos servizos que ofrece o sistema educativo galego, para os estudos superiores, universitarios ou non: bolsas de estudos, residencias…
2010-2011
imparte os estudos que lles interesan. A valoración que fixemos os orientadores das xornadas foi moi positiva, aínda que sinalamos algúns aspectos de mellora: .- A utilización das tardes non foi moi proveitosa porque baixaba moito a participación. .- Mellorar a selección de ensinanzas que traemos ás xornadas. .- A sesión do día 3 de marzo, para os de 4º, hai que mellorala, porque non resultou demasiado proveitosa (segundo a súa propia opinión). .- Mellorar algúns aspectos organizativos: duración de cada unha das mesas redondas, descansos…
Ao mesmo tempo, no vestíbulo do Auditorio puxéronse a disposición do alumnado folletos, carteis, audiovisuais…, de todos os estudos e servizos dos que estabamos a informar. A xornada da mañá do xoves 3 de marzo estaba especialmente pensada para o alumnado de 4º de ESO, así que o noso alumnado escoitou as mesas redondas sobre os ciclos formativos que se imparten na comarca e a busca de emprego. Ao longo dos tres días, pais e nais, alumnado e profesorado compartiron un espazo de reflexión e encontro en torno a un tema que nos preocupa a todos, profesionais da educación, familias e estudantes: a que se van dedicar as xeracións futuras? Tamén supuxo relacionarse alumnado de varios centros, xa que estudantes de oito institutos da comarca, de diversas procedencias, participaron nas xornadas: de ESO, de Programas de Cualificación Profesional Inicial, de Bacharelato, de Formación Profesional, de adultos; podendo facer preguntas directamente ao profesorado que
Aínda que organizar unhas xornadas destas características é complexo, pensamos que o traballo compartido sempre é máis satisfactorio. Consideramos moi positivo abrirnos ao contorno, organizándoas fóra dos centros, nun lugar de fácil acceso para todos e que nos posibilite a infraestrutura necesaria; ademais, deste xeito implícase ás familias, ao profesorado no seu conxunto e á comunidade en xeral.
BEGOÑA OTERO RIOBÓ
Páxina 29
REVISTA " A GAIVOTA "
EDL
IES MONTE CARRASCO
O noso club “O Faladoiro” iniciou o seu terceiro ano de singradura polos océanos da lectura cun cambio de rumbo. Considerabamos que o espazo do recreo era moi curto para falar dos libros e decidimos fixar as xuntanzas os luns pola tarde, quedando a comer no instituto. E pensamos que este cambio resultou afortunado, xa que non só conseguimos manter aos nosos incondicionais do ano pasado, agora en 2º, senón que tamén tivemos incorporacións das novas fornadas de 1º. No primeiro trimestre deixamos voar a nosa imaxinación a lombos dos dragóns. Dragal, a herdanza do dragón de Elena Gallego Abad ensinounos que baixo a nosa realidade cotiá pode haber todo un mundo encantado de profecías, medallóns que cobran vida, labirínticas galerías subterráneas e dragóns agardando a súa oportunidade para saír á superficie. Un rapaz
Páxina 30
2010-2011
e unha rapaza de 4º da ESO de calquera vila costeira nosa podían pasar de chapar as mates ou o inglés a pescudar os misterios do segredo do dragón. Tivemos a oportunidade de falar destes fabulosos animais mitolóxicos, presentes en todas as tradicións do mundo e elemento moi importante da cultura popular, dende as lendas e contos até as películas e videoxogos. Ademais, recibimos unha visita moi especial: a autora do libro, Elena Gallego, respondeu amablemente á nosa invitación e transmitiunos o seu entusiasmo polos dragóns. Asemade, explicounos o proceso de creación dunha novela, como os personaxes e a trama cobran vida propia e flúen baixo as teclas do ordenador. Estaremos pendentes das dúas vindeiras partes da triloxía Dragal e do seu final, que a pesar das preguntas dos rapaces, non nos foi desvelado pola autora. No segundo trimestre, enfundámonos nun gabán de tweed e puxémonos a investigar, lupa en man, o misterio do can dos Baskerville. Seguindo a pluma de Conan Doyle, acompañamos a Sherlock Holmes e o Doutor Watson dende o 22 B de Baker Street até os desolados páramos de Devonshire, tralas pegadas dun arrepiante sabueso pantasma. Percorremos visualmente os escenarios nos que transcorre a acción e pescudamos nas lendas tradicionais que
REVISTA " A GAIVOTA "
EDL
IES MONTE CARRASCO
inspiraron a Conan Doyle para escribir este clásico da literatura detectivesca. O desenlace deixou frío a máis dun, ao desvelarse que o misterio non tiña nada de sobrenatural ou demoníaco e si de intervención de forzas humanas cobizosas. A partir desta lectura, afondamos en clásicos da literatura de terror galega coma o conxunto de relatos de Rafael Dieste en Dos Arquivos do Trasno. Tamén visualizamos a curtametraxe “Sobre a morte do Bieito”, de Xudit Casas, baseado no relato do mesmo título. Tamén temos previsto proxectar a longametraxe "La vida privada de Sherlock Holmes", de Billy Wilder. No terceiro trimestre continuamos coa literatura policiaca, pero neste caso, cambiamos a verde campiña inglesa polas rúas de Vigo e a Sherlock Holmes polo inspector Leo Caldas. O libro elixido foi A praia dos afogados, o éxito de vendas de Domingo Villar. Un cadáver, unha praia de Panxón e moitos misterios sen aclarar, con historias de mariñeiros que volven da morte e persoas que non son realmente quen din ser.
2010-2011
Temos previsto facer un roteiro literario polos escenarios reais da novela: O Bar Puerto, O Elixio, a comisaría de Policía de Vigo, Monteferro e o porto de Panxón. Outra das actividades pendentes, que nos fai especial ilusión, é a posibilidade de ler contos de medo á luz dunha candea no muíño de Coiro, na hora en que os espíritos comezan a poboar as tebras. En resume, foi un bo ano para o Club de Lectura O Faladoiro. Cómpre salientar a implicación dos nosos rapaces, fieis ao longo destas sobremesas do luns, o alento de Rosa, a alma do noso club, e a colaboración co novo Cine Fórum do Instituto, co que compartimos o visionado dalgunhas películas. Ademais, cobrou novo pulo o noso blog ofaladoiro.wordpress.com, no que se reflicten os comentarios que van xurdindo da lectura dos libros. E anunciamos que seguiremos á procura de pequenos dragóns para o noso club, onde o máis importante é a vosa participación.
A fermosa composición artística que vedes aquí foi a gañadora do concurso para atopar LOGO para a biblioteca. É obra da alumna de 1º A Ainoa Fernández de la Campa, e nela simboliza a funcionalidade do espazo da biblioteca como lugar para ler, navegar na internet, escoitar e ver material audiovisual, etc. Grazas pola creatividade e pola participación.
Páxina 31
REVISTA " A GAIVOTA "
EDL
IES MONTE CARRASCO
2010-2011
Q U E É U N R A L LY E ?
Carlos Camaño
Un rallye refírese a unha espectacular competición automobilística que se leva a cabo fóra das pistas habituais que se utilizan para os certames máis tradicionais; non se corre nun circuíto, senón que as carreiras son dun punto a outro no mapa. Os traxectos para esta especialidade teñen dificultades que poñen a proba a destreza do piloto e a do seu copiloto, que xoga tamén un papel primordial anticipando os obstáculos e curvas usando un mapa do traxecto a seguir. As distancias a recorrer soen ser bastante longas, os traxectos frecuentemente inclúen barro, xeo e area.
A historia do rallye data de 1911, onde se comezou a utilizar o termo para o "Rallye de Monte Carlo". Por suposto que carreiras de características similares existiron con anterioridade, só que o termo non se coñecía; por exemplo, unha competencia que xa cumpría coas características propias dun rallye foi a tradicional "Concours desVoitures san Cheveaux",de París a Rouen, onde como dato anecdótico participaba xa a compañía Peugeot. Este tipo de carreiras multiplicouse por Europa, e o desenvolvemento das mesmas só se paralizou temporalmente durante as guerras mundiais. De feito, o Rallye de Monte Carlo aínda é un clásico, e forma parte do "World Rally Championship", Páxina 32
WRC ou en español Campionato Mundial de Rallyes, que se disputa nun tour que abarca varios países, cada un con dificultades locais características nas súas pistas. Ao longo dos anos o formato do rallye tamén foi evolucionando, no sentido de que hoxe en día non se participa unicamente entre pilotos, senón que tamén se fai entre compañías fabricantes de automóbiles ou coches, e é común promover novos modelos no mercado a través do uso dos mesmos, pero "modificados" especialmente para estas probas; de feito por motivos de seguridade, despois dunha escalada na potencia dos vehículos participantes que se viviu no mundo, as regras dende 1987 din que se debe competir en vehículos tipo "A", próximos aos modelos de produción. É unha proba realmente espectacular para presenciar, pero con algúns riscos; en máis dalgunha ocasión saíron lesionadas persoas, incluso con algúns desenlaces fatais, tanto para os pilotos como para o público. Un verdadeiro deporte de alto risco. Carlos Camaño Amado 1ºA
REVISTA " A GAIVOTA "
EDL
IES MONTE CARRASCO
2010-2011
ESPELEOLOXÍA Por Ana Mariño
Páxina 33
REVISTA " A GAIVOTA "
Pรกxina 34
EDL
IES MONTE CARRASCO
2010-2011
REVISTA " A GAIVOTA "
EDL
IES MONTE CARRASCO
2010-2011
de Sonia Fernández
A finais do ano, e Zoe Costas entrevistamos a Brais Guimeráns, un dos guitarristas do grupo Give´EmWar. O grupo está composto por catro persoas: Brais, Abel, Raúl e Carlos. Brais é de Darbo (Cangas); Abel, Raúl e Carlos, de Bueu. O grupo formouse en abril do 2010; polo momento só actúan nas discotecas de por aquí preto, e aínda non teñen ningunha canción gravada. - Pódesnos contar como naceu o grupo? - Estabamos eu e o baixista (Abel) e tocabamos na casa xuntos e queriamos ter un grupo e transmitir todo o que sentimos a través da música. Abel coñecía a un batería co que contactamos e o batería (Raúl) xa tiña dous guitarristas, polo tanto, xuntámonos. Rubén e Dani (guitarristas), por diferenzas musicais deixaron o grupo e buscamos un cantante; ó cabo dun mes encontrámolo e sabía cantar e tocar a guitarra. Actualmente estamos nós os catro. - É a primeira vez que facedes algo así? - Eu persoalmente estiven noutros catro grupos. - Por que se vos ocorreu formar un grupo? - Porque mirabamos na televisión a moitos rockeiros tocando e fíxose o noso soño. - De quen foi a idea? Por que? - A idea de formar o grupo foi miña e xa che expliquei o porqué na pregunta anterior. - Cal foi a vosa inspiración para crealo? - A miña foi Metallica, vemos moitos grupos que están actualmente na escena do metal e saber que son persoas normais fainos esquivar todos os obstáculos e poñer máis ganas. - Por que o nome de Give´EmWar e non outro? - Porque é o nome do segundo álbum dun grupo de Albacete chamado AngelusApartida que saíron adiante. - Quen compón as letras? En que ou quen vos inspirades para compoñelas? - As letras están compostas polo batería e o cantante. Inspirámonos en todo, a vida en xeral. - De que falan? Cales son os temas máis frecuentes nas vosas cancións? - Só temos tres temas: un deles fala sobre o malas que son as drogas; outro sobre a guerra, e o terceiro critica a Igrexa. - Quen compón a música? - Todos poñemos da nosa parte, cando a alguén se lle ocorre algo, ensínao e se nos gusta, poñémolo. - Onde ensaiades? É difícil atopar tempo e espazo para ensaiar? - Ensaiamos en Bueu e grazas aos pais de Raúl (batería) que nos deixan a súa casa. E é difícil atopar tempo debido aos estudos. Páxina 35
REVISTA " A GAIVOTA "
EDL
IES MONTE CARRASCO
2010-2011
- Con que cantantes ou grupos vos sentides máis identificados? - Metallica, ChildrenofBodom, Machingehead e moitos máis. - Actuastes algunha vez con outros grupos? - Si, e temos planeado facelo con máis grupos. - Cando empezastes a facer actuacións? Onde tedes actuado? Tedes actuado fóra de Galicia? - Comezamos hai tres meses polo Morrazo. De momento aínda non temos actuado fóra, pero temos pensado facelo en Albacete. - Nas actuacións, responde o público ás vosas expectativas? - Si, dos tres concertos que demos no que o público se involucrou máis con nós foi no último, foi algo incrible. - Sacastes xa ou tedes pensado sacar algunha maqueta? Se non é así, onde podemos escoitar a vosa música, ademais de nos concertos? - Temos pensado sacar unha maqueta, agora en decembro comezaremos a gravar e esperamos que para xaneiro ou febreiro o teñamos listo. Temos MySpace e axiña subiremos as cancións que gravemos, pero de momento, en Youtube. - A propósito da vosa estética, como é? A que responde? Por que esta e non outra? - Somos persoas normais, só que temos cadeas colgando, camisetas de grupos, pulseiras de pinchos e pelo largo. Gústanos ser diferentes dentro da normalidade. - Por último, tedes algún patrocinador que vos axude a enfrontar os gastos? Ou algunha axuda procedente dalgún organismo, institución, asociación...? - Non temos nada por agora, e é difícil porque os instrumentos e o equipo custan moito diñeiro, por iso é difícil formar un grupo. - A este nivel, a música dá para vivir dela ou é a realización dun soño? - En principio é un soño, se a cousa vai ben gustaríanos vivir disto, pero por se acaso, estamos estudando. - Algún agradecemento que dar? - Quería darlle as grazas á nosa familia (de cada membro do grupo) que nos está axudando co grupo, e a todos por apoiarnos e estar nos nosos concertos e a vós por estar facéndonos esta entrevista. Grazas a ti por concedernos a entrevista e con isto finalizámola. Que vos vaia moi ben nesta andaina.
Páxina 36
REVISTA " A GAIVOTA "
EDL
IES MONTE CARRASCO
2010-2011
Por Inés Costas
Páxina 37
REVISTA " A GAIVOTA "
Pรกxina 38
EDL
IES MONTE CARRASCO
2010-2011
REVISTA " A GAIVOTA "
EDL
IES MONTE CARRASCO
2010-2011
Excursión a A s t u r i a s por Ruth de Peroy
O
día 27 de marzo o alumnado de 1ºA e 1ºB fomos de excursión a Pajares-Asturias, unha famosa estación de esquí. Estivemos cinco días alí, co cal aloxámonos ata o venres 1 de abril. O primeiro
día, indo de camiño, paramos en León, para facerlle una visita á catedral. Observámola por dentro e sacámoslle fotos. Cando xa iamos indo para o autobús pasou una banda de música e quedamos un ratiño a escoitala. Cando a banda acabou montamos no autobús e fomos de camiño a Asturias. Paramos nunha cafetaría a comer e cando acabamos, xogamos un chisquiño por alí. Volvemos a montar no autobús e emprendemos o camiño de novo. Estivemos moitas horas no autobús e por fin chegamos.
E
staba todo nevado e fomos deixar as nosas cousas no apartamento. Para min non eran nada do outro
mundo, senón un sitio máis para durmir e asearse. Baixamos cear a outro edificio, e o comedor era bastante amplo e grande. Despois fómonos á velada nocturna, na que todos nos presentamos dicindo o noso nome, cantos anos tiñamos, de onde eramos… Ó día seguinte levantámonos ás sete, e fomos a unha caseta buscar os nosos esquís. Chegamos ao apartamento, vestímonos coa nosa roupa e subimos á montaña. Ao chegar mesturáronnos a todos e mandáronnos a cada grupo cun profesor. O noso profesor a verdade é que era moi duro. Sempre estaba mandándonos facer a ‘cuña’. A cuña é un movemento de pés moi estraño que fai que poidas xirar e frear. Estabamos derrotados, día a día sen parar, sempre co mesmo, esquiando e esquiando. Levantabámonos todos os días ás sete, e faciamos as camas. Todas as noites, antes de irnos durmir iamos á velada nocturna, e cada día faciamos cousas diferentes. O mércores fomos a Oviedo, visitar o museo da minaría. Cando volviamos, paramos no centro comercial, e despois volvemos á estación. A tarde foi xenial, e ó día seguinte volvemos a esquiar coma sempre, pero esta vez algúns xa baixaron por unha pista empinada. Ó día seguinte acompañounos o monitor para baixar unha pista vermella, e todos a baixamos, moi contentos polo noso desenvolvemento nesa semana.
C
hegaba a hora de recoller as cousas, e así foi. Metémonos no autobús, e de volta para a casa. No medio do camiño paramos na mesma cafetaría onde comeramos o primeiro día, e máis tarde fomos
a una gasolineira onde había una tenda con outra cafetaría. Alí despedímonos e volvemos para a casa. A excursión foi marabillosa. Páxina 39
REVISTA " A GAIVOTA "
EDL
IES MONTE CARRASCO
2010-2011
Estefanía Lagoa, Ana Fernández e Raisa Piñeiro
Páxina 40
REVISTA " A GAIVOTA "
EDL
IES MONTE CARRASCO
2010-2011
Pรกxina 41
REVISTA " A GAIVOTA "
EDL
IES MONTE CARRASCO
2010-2011
FÚTBOL SALA
Luz Rodríguez, Paula Martínez e María Vidal
O fútbol sala, futsal ou fútbol de salón, é un derivado da unión doutros deportes. Os xogadores precisan dunha gran habilidade técnica e dominio sobre o balón, así como de velocidade e precisión na execución tanto ao recibir, como ó pasar ou realizar xestos técnicos. Trátase da execución dunha ou varias accións técnicas individuais ou colectivas para responder a unha situación problema que se presenta durante o xogo e pódense clasificar de acordo á intencionalidade do equipo en ofensiva (intención de anotar gol) e en defensiva (impedir a anotación de gol por parte do conxunto contrario). En xeral, todos os xogos deportivos representan situacións tipo de ataque e defensa. Enténdese por sistema de xogo a disposición dos xogadores no terreo de xogo xa sexa para chegar á portería do contrario ou para defender a propia. Existen tres sistemas de xogo básicos, que son: 1-2-2 Un porteiro, dous xogadores no fondo e dous na parte dianteira; a defensiva xera dúas liñas defensivas e a ofensiva, tres carrís (bandas e centro) por onde se pode xogar o balón rápido e en profundidade. 1-3-1 Un porteiro, tres xogadores no fondo e un na parte dianteira; á defensiva adiántanse os dous laterais formando un rombo (1-1-2-1) conformando tres liñas defensivas que posibilitan o peche do centro e das bandas, obrigando a "lateralizar o xogo". A ofensiva proporciona seguridade ao contar cunha "columna vertebral (dous xogadores situados Páxina 42
no centro, o máis retrasado facendo unha liña de tres cos de cada unha das bandas ou base dun "triángulo" e o máis adiantado, a punta dese triángulo, obrigando ao equipo contrario a ampliar a súa fronte defensiva para conter a acción das ás deixando máis espazos ás costas dos defensores. Esta disposición espacial xerou unha especialización dos xogadores segundo a situación dos mesmos no campo da seguinte maneira: . Peche: Xogador que se sitúa por diante do porteiro como base da liña de tres xogadores ao ataque e último xogador de campo á defensiva. . Ás: Xogadores que se sitúan sobre as bandas utilizando estas como espazos para xogar a pelota e desprazarse a defender a portería propia. . Pívot: Xogador do equipo más próximo á portería rival, que cumpre funcións ofensivas de recibir e xogar o balón ás costas da portería, xa sexa para voltearse e rematar ou pasar aos seus compañeiros, e defensivas. 1-4-0 Un porteiro, catro xogadores no fondo; é un sistema netamente ofensivo creado por Antonio José Azevedo (Zego), xogador e adestrador brasileiro de fama mundial, cuxo propósito era buscar a presión por parte dos catro xogadores rivais emparellándoos e xerando espazo ás costas dos defensores, o cal se gañaba lanzando a pelota por elevación e desbordando en velocidade ou facendo que foran a ese espazo para poder xerar outro polas bandas e abrir polo lateral.
REVISTA " A GAIVOTA "
EDL
IES MONTE CARRASCO
2010-2011
A.D. AS LAGOAS
O equipo das Lagoas é unha formación deportiva onde só xogan rapazas, excepto na categoría de benxamíns, que é mixta, aínda que tamén nela predominan elas sobre os rapaces. É de Cangas do Morrazo e leva quince anos funcionando. É o único grupo de fútbol sala feminino desta localidade e está composto por tres categorías: -Benxamíns. -Infantís -Junior. O equipo de benxamíns formouse este ano, e como non era moi abundante, o adestrador pensou facelo mixto. Isto tivo bastante éxito xa que así acudiron máis rapaces. O das infantís recuperouse este ano pois aínda que hai dous xa houbera un, desapareceu por falta de xogadoras. Ó final da tempada tiveron que xogar as alevíns, porque as rapazas marcharon. Este ano, o equipo non é moi numeroso. Só somos oito rapazas, pero levamos moi boa racha. De momento acadamos o segundo posto detrás do Poio, que son as rapazas que nos gañaron o ano pasado sendo alevíns. Pero nós gañámoslles na copa, acadando a primeira posición. O junior é bastante numeroso e
ten varias xogadoras moi boas. Nesta categoría xogaron varias rapazas que foron coa Selección Galega ó campionato de España de fútbol sala feminino. Os tres grupos adestran pavillón de Espiñeira, en Aldán. xogamos na casa, xogamos pavillón de Rodeira, pero xogamos fóra, facémolo pavillón do equipo contrario.
no Se no se no
O adestrador dos tres equipos é Miguel. O delegado das infantís é Miguel Avelao e o das junior, Amador. O equipamento das distintas categorías é de diferente cor: o das benxamíns é azul, o das infantís é laranxa con granate. O das junior é verde e negro. Normalmente adéstrase dous días a semana.
Páxina 43
REVISTA " A GAIVOTA "
EDL
IES MONTE CARRASCO
2010-2011
R e c u nc ho l i t e r a r i o
Todos temos un lado escuro... Por Sara García Santos
Páxina 44
REVISTA " A GAIVOTA "
EDL
IES MONTE CARRASCO
2010-2011
R e c u nc ho l i t e r a r i o
Pรกxina 45
REVISTA " A GAIVOTA "
EDL
IES MONTE CARRASCO
2010-2011
PALABRAS MAIORES, Por Ana Vidal Antepazo HERIDAS DEL PASADO MEDI ANOCHE
JANE CASEY
"Cando o pai de Jenny, unha das miñas mellores alumnas, e a directora viñeron, souben enseguida que algo ía mal. Jenny desaparecera o sábado pola tarde e xa era luns. O recordo da desaparición do meu irmán, cando apenas era unha nena, fixo que ese sentimento de baleiro volvera a min. O máis normal en min era quedarme despois das clases a corrixir deberes, pero esa tarde non fun capaz. Decidín irme. Nada máis chegar á casa puxen un chándal e saín correr. Despois de media hora correndo, empecei a sentir molestias e decidín volver pero non collín o mesmo camiño que me levara ata alí. No novo camiño había unha vagoada chea de árbores coas raíces por fóra da terra. Cunha desas raíces tropecei e caín ó chan. Ó levantarme vin algo, de soslaio, que non encaixaba coa paisaxe. Achegueime e entre os xacintos vin unha cousa branca. Unha man..." É un libro que trata temas de actualidade como a pederastia, o abuso a menores, a intransixencia dos que todo o saben e as secuelas que todo isto deixa nos parentes que pasan por tales trances; e todo isto mesturado dunha dose de amor e comprensión. A morte dunha alumna lanzará a súa profesora a participar xunto coa policía na investigación do caso. O libro é entretido porque ó ser unha novela que trata tantos temas non dá tempo ó aburrimento e mergúllanos na acción.
Páxina 46
REVISTA " A GAIVOTA "
EDL
IES MONTE CARRASCO
2010-2011
R e c u nc ho l i t e r a r i o
Vai frío. Estou tremendo dentro do armario da miña habitación. Fixen algo que non debería ter feito. Arrepíntome, pero se non o fixera igual acabaría suicidándome. Cada palabra que dicía era un golpe no meu estómago, sufría cada vez que ría, con cada sorriso que esbozaba tiña ganas de dicirlle catro cousas, pero no era capaz, e cando me decidín a facer algo, tiven que facer iso. Non podo máis, teño que fuxir, teño que saír deste país e fuxir lonxe. Matara a Mónica Petresi Collin e non sabía que facer. Era culpable de todo o que me contaran. Cumpro condena ou non? Fuxo ou dou a cara? Minto ou digo a verdade? Demasiadas preguntas na miña cabeza que se resumen nunha idea: escapa, corre con tódalas túas forzas, xa non te chamas Sara, chámaste Nuria, es de Libia, non de España, non che gustan os cómics senón os libros. Nuria Chapitelli, es unha persoa nova. Todos os días penso na inocente Mónica, que culpa tiña ela de que eu
non soubese facer raíces cadradas, nin debuxar ben, nin facer ximnasia, nin estudar, nin escribir unha historia, nin filmar unha película, nin facer nada coa perfección con que o facía ela? Tampouco tiña esas curvas, nin ese pelo, nin eses ollos, nin esa beleza. Tampouco tiña esas amigas, nin eses amigos, cos que ela podía contar para todo. Tampouco tiña a ese mozo que nos levaba un ano. Eu era a desgraciada e ela a que tiña sorte, pero só era iso, sorte. Non era súa culpa ser como era. Son culpable de algo que non ten nin pés nin cabeza. Pero teño que esquecerme de todo isto. Hoxe encontrei un novo traballo en Holanda! Teño uns compañeiros moi educados, e moi amables, trátanme moi ben. Son a xefa duns aprendices de Dereito. Eu estaba no último ano pero aceptáronme igual. Cada día me arrepinto máis do de Mónica. Cada día teño máis amigos, e non sei que facer. Segundo día de traballo. Coñecín a un mozo que se chama William, un nome algo corrente, pero axúdame moito cos aprendices. Terceiro día de traballo. Invitei a William á miña casa. É moi amigo meu, é moi simpático e divertido. Supoño que nalgún futuro poderemos chegar a algo. É fermoso ter uns amigos nos que confiar, Páxina 47
REVISTA " A GAIVOTA "
EDL
IES MONTE CARRASCO
2010-2011
R e c u nc ho l i t e r a r i o
persoas que querer, ser boa nun ámbito. Cada vez que penso nisto, penso en Mónica, eu mateina por todo isto. Debería alguén facerme a min o mesmo, NON MEREZO TODOS ESTES LUXOS. Cuarto día de traballo. Os aprendices saben máis do que parece, e axudámonos moito. Estou facendo moitas amizades con eles. Son moi simpáticos. Quinto día de traballo. William pediume que fose a súa moza. Díxenlle que si. Os meus remordementos son demasiados. Agora teño todo o que tiña Mónica. Teño amigos, fama, mozo, dotes para facer algo..., síntome fatal. Mudareime e desaparecerei? Encontrarían o cadáver e estaranme a buscar? Teño demasiadas preguntas na miña cabeza. Sexto día de traballo.
Sétimo día de traballo. Vou deixar o traballo. Non quero divertirme e pensar que Mónica o facía e eu arrebateille a vida. Non podo ver o rapaz dos meus soños e ver que el está namorado de min, como Mónica do seu mozo, non podo ver ós meus amigos, e pensar que Mónica os tiña. Estragueille a vida a unha pobre rapaza que non facía nada malo. Deixo que me colla a policía ou debo seguir mentindo? Non sei. Agora non pertenzo a nada. Supoño que desfixen a miña vida por completo. Supoño que os meus amigos, o meu mozo, todo o mundo deixará de buscarme, de pensar en min, e desaparecerei das súas vidas. Son as tres da tarde, e xa me chamaron cinco compañeiros de traballo, e falei con William cinco veces. Son feliz, quérenme, pero non podo selo. Teño un plan e vou seguir adiante polo ben de todos.
William quéreme moito, e dime que sen min non é nada. Non podo facerlle sufrir, como fixen co mozo de Mónica.
Deixarei unha nota na que afirme que son a culpable do ataque a Mónica, o porqué do que fixen, onde estou, quen son en realidade, a quen quero, direi que estou arrepentida de todo o que fixen e que non quero facer máis dano, por iso… suicídome. Páxina 48
REVISTA " A GAIVOTA "
O SOLAR
potro
EDL
IES MONTE CARRASCO
2010-2011
R e c u nc ho l i t e r a r i o
Por Rocío Alonso
pañuelo
Páxina 49
REVISTA " A GAIVOTA "
EDL
IES MONTE CARRASCO
2010-2011
R e c u nc ho l i t e r a r i o
VERSOS CONSENTIDOS Unha actividade creativa da aula de Lingua e literatura galega...
C A R TA S A U N P R E S O
Pรกxina 50
S O ร A R
REVISTA " A GAIVOTA "
EDL
IES MONTE CARRASCO
2010-2011
NO MONTE Perdida no monte, entre as follas asómase o sol ensinándo os seus raios, mostrando o seu son. Perdida no monte, entre as follas, canta un paxariño movendo as súas ás, a carón do seu nidiño. Perdida no monte, entre as follas, a árbore crece, quere alcanzar o ceo para que ninguén a desprece.
COMO SENTIRTE
Páxina 51
REVISTA " A GAIVOTA "
EDL
IES MONTE CARRASCO
Hai tres anos vivín aquí en Galicia, concretamente en Santiago de Compostela. Esa vez pensaba que esa sería a única oportunidade que había ter de ver Europa e España. Pero no verán de 2010, recibín unha oferta da Xunta de Galicia para visitar de novo a terra que conquistou o meu corazón. Non podo explicar moi ben que é, pero hai algo aquí que a xente aprecia e que é distinto dos EE.UU. A relación dentro da comunidade é íntima e importante. Hai unha cultura que non existe nos EE.UU. e que a xente non quere perder e é algo envexable. Nesta ocasión a experiencia foi distinta con grandes diferenzas respecto da primeira vez . Sen a miña familia e o meu contorno, a transición faise difícil. Anteriormente, asistía á universidade e vivía nunha pensión con alumnos da miña idade. Non había responsabilidades nin estrés. Soamente, unha terra nova, unha cultura nova e xente nova que coñecer. Encantábame Santiago: a cidade, a historia de España diante de min. As lembranzas que teño están cheas de alegría e nostalxia, pero son recordos da miña xuventude, dos anos en que intentei descubrir quen son eu e en que me gustaría traballar. Aquela vez cometín un grave erro, un gran erro: usei o calendario para contar os días que faltaban para que puidera marchar ó meu fogar. O que máis lamento é iso. E, esta vez, antes de chegar aquí decidín que non me ía queixar de ningunha cousa. Por iso, non teño un calendario, só para escribir os meus recados ou algo do instituto—nada máis. Teño máis alegría na miña vida debido a este feito. Como vedes esta miña estancia en Galicia é completamente distinta da outra. Non son unha estudante. Non teño un calendario. Estou aquí para aprender pero nunha dimensión completamente distinta. Estou aquí para dar clases de inglés. Estou aquí para vivir, para ter a miña propia vida, para facerme parte da comunidade. E creo que é o que teño. Ó principio, a meta non estaba moi clara. Agora, despois de meses coñecendo ós estudantes nas dúas escolas, estou cómoda. Síntome como parte da comunidade. Gústanme as clases cos alumnos no instituto. Gústame cando os profesores me invitan a comer nas súas casas para presentarme as súas familias. Gústame andar polo medio da cidade e escoitar os meus alumnos que gritan o meu nome ou me ven correndo como unha cabra polas rúas. No podería ter pedido nada mellor. Tal vez máis horas Páxina 52
2010-2011
de traballo cos profesores para poder coñecelos mellor. En xeral, foi xenial. A miña única esperanza é que teñades aproveitado o noso ano xuntos porque eu gocei moito del. Aprendín moito e espero que vós teñades aprendido tamén. Algúns días sentinme chea de obstáculos porque o meu cerebro non funcionaba á suficiente velocidade debido á dificultade que supoñía recibir información noutra lingua e responder nela ou a causa da confusión entre nós sobre calquera tema, pero, a pesar de todo, levarei as lembranzas de Cangas comigo cando marche a Kansas. Recordarei o primeiro día en que nos reunimos por primeira vez e o medo nas miradas dos alumnos e na miña, ou os días con 1°ESO cando os xogos se fixeron demasiado agresivos, ou o día en que 3°ESO probou os PopTarts por primeira vez. Eses son recordos que hei lembrar e me farán sorrir. Lamento que non teñamos máis días para pasar xuntos porque é inmensamente triste deixar o Monte Carrasco, os alumnos e os profesores. Espero que manteñamos comunicación no futuro, especialmente o ano que vén. Espero poder regresar. Por iso, nunca digo “nunca”, porque dixen “nunca”
algunha vez e mira onde estou—en España de novo. Volverei. Esperade e veredes. Aprendín un montón e estoulles moi agradecida a todos por ser parte da miña aprendizaxe aquí. Grazas Ata a próxima vez.
REVISTA " A GAIVOTA "
EDL
IES MONTE CARRASCO
2010-2011
Allie e Karolina son as lectoras de inglés que nos acompañaron neste curso no Carrasco. As circunstancias quixeron que foran elas dúas as elixidas polo azar, e, como poderedes ler á continuación directamente dos seus corazóns, nin elas nin nós queremos que esta súa aventura no instituto teña fin... Dende A Gaivota Best of luck! We'll miss you!... e xa nos miraremos!
Páxina 53
REVISTA " A GAIVOTA "
EDL
IES MONTE CARRASCO
2010-2011
AS VIDEOCÁMARAS SON PARA O VERÁN
por Miguel Cameselle
Seguramente moitos de vós teredes na casa unha cámara de vídeo que mercaron os vosos pais nun intento de ir facendo arquivo dos mellores momentos. Seguro que despois duns poucos meses gravando incansablemente calquera acontecemento familiar ou viaxe, pouco a pouco a cámara de vídeo foi quedando no caixón porque ninguén tragaba xa esas interminables películas onde a cámara se balancea dunha esquina a outra dun palacio, dun monumento, os familiares ou amigos posan diante da cámara sen facer nada coma se fose unha foto, o zoom non para quieto un segundo, etc. Entón chegades a unha conclusión: mellor fago soamente fotos. Á gran maioría de xente que coñezo pasoulle isto, moitos deles cando gastaran moitos cartos nunhas cámaras de última tecnoloxía. É o vídeo un come cartos? Se somos sensatos, veredes que tamén as fotos son terriblemente aburridas a maioría das veces. Quen é o valente que cando rematan as vacacións e volven os seus amigos ou familiares pide que lle ensinen as fotos que tomaron? Acaso non hai cousa máis terrorífica que ese momento despois de ser convidados a xantar no que o anfitrión solta iso de “vide para o salón que vos ensinamos as fotos da viaxe”? E comeza o pesadelo de asistir a un desfile de centos de imaxes dos anfitrións posando firmes en camiseta, bermudas, gorra e sandalias diante de todo canto monumento, edificio e demais paraxe célebre podemos imaxinar. Nós, coma amables invitados, mantemos o tipo intentando non bocexar e botando man das máis orixinais sentencias: “Oh si, que chulo!... impresionante… que pasada!...” Porque se somos sinceros, se nós non estamos nesas fotos ou reflicten algo de nós, a cousa é ben aburrida e unha vez vistas dez fotos, moitas de elas desenfocadas, con persoas moi lonxe ou cos pés cortados… Se iso nos pasa coas fotos, imaxinade o que é soportar un vídeo, que non deixa de ser unha sucesión de vinte e cinco fotos por segundo multiplicados polas horas que dura a batería da cámara… dan calafríos só de pensalo! Como pasa con todo, o mellor xeito de acadar unha boa foto ou un bo vídeo é practicar e estudar. Moitos veredes que tedes maior facilidade para sacar unha boa foto ou un bo vídeo porque algunha xente ten un gusto estético innato para facer unha boa composición (onde situar a xente, obxecto ou monumento dentro do rectángulo que é a imaxe), pero aqueles de vós que pensedes que carecedes de esa facilidade, non desesperedes, todo se aprende. O obxectivo deste pequeno artigo é deixarvos uns pequenos consellos para que comecedes Páxina 54
REVISTA " A GAIVOTA "
EDL
IES MONTE CARRASCO
2010-2011
a usar a cámara de vídeo dun xeito divertido e evitedes algúns dos erros que nos levan a deixala gardada para sempre. Imaxinade que viaxades a París. Embriagados da emoción de estar xusto diante da torre Eiffel, colledes a cámara de vídeo e que facedes? Poñela diante da cara, premer o botón de gravar e comezar a mover a cámara de esquerda a dereita, de arriba a abaixo, agora movedes o zoom para ver se podedes ver a xentiña que se atopa arriba, agora quitades zoom para ver o lonxe que están, agora xirades para que se vexa o que hai ás vosas costas, un par de movementos máis por se quedou algo sen gravar, agora xirades bruscamente porque esquecerades gravar a familia que por certo está pasando do cámara pois está buscando as botellas de auga das mochilas… parades a gravación. Se agora chegades á casa e vedes esa gravación observaredes que é insoportable, máis que un vídeo sobre París parece unha viaxe en montaña rusa. Pensade que os vosos espectadores que non estaban ese día convosco saberán que se buscan en Google atoparán cousas mellores para ver a torre Eiffel. Este é un erro común que todos facemos cando comezamos a xogar cunha cámara de vídeo. Agora imaxinemos que imos facelo mellor, chegamos a París, embriagados da emoción de estar xusto diante da torre Eiffel. Pois imos admirala. Non acendades a cámara, contemplade cos vosos ollos toda a paisaxe e prestade atención a aquelas cousas que vos chaman a atención. Unha vez que xa vos pasou o efecto sorpresa, collede a cámara e ide gravando pequenos anacos das diferentes cousas que vedes pero sen mover moito a cámara. Se queredes non ter que facer moita montaxe no ordenador, pensade que o mellor é seguir unha lóxica, por exemplo, primeiro un gran plano xeral no que se vexa case todo, deste modo xa informamos de onde nos atopamos, logo gravamos outros planos máis cerrados collendo detalles, incluso os dos familiares mortos de sede. Mantede a cámara sempre quieta excepto cando sigades un obxecto en movemento. E non utilicedes moito o zoom cando esteades gravando, porque cansa ao espectador. Lembrade tamén que os planos xerais (eses nos que sae un amplo espazo como os que mostran paisaxes e moita xente) dan moita información do lugar pero teñen pouca emoción, se abusades deles e os facedes moi longos faredes unha película aburrida. Un truco é contar mentalmente ata non máis de cinco segundos e parar a cámara (lembrade que as cámaras teñen micrófono e se os espectadores chegan a escoitar en cada plano a vosa voz contando en alto pasaredes a ser o centro de todas as mofas). Por moi bonita que sexa a paisaxe, non é o mesmo vivila que vela en vídeo. Máis de cinco segundos, e todos a durmir. Os planos cerrados, como os primeiros planos das caras da xente, son máis emotivos e aguantan máis tempo sen aburrir (máis tempo quere dicir uns segundos máis, non minutos), pero se a persoa non está a falar ou facendo algo interesante, controlade o tempo porque o único que o espectador sacará en conclusión é que o cámara está namorado desa persoa. Lembrade tamén que a maioría das cámaras, cando lle dades a gravar, tardan un ou dous segundos en poñerse a facelo. Páxina 55
REVISTA " A GAIVOTA "
EDL
IES MONTE CARRASCO
2010-2011
Cando teñades que cortar a unha persoa na pantalla, non a cortedes por debaixo dos xeonllos porque produce un efecto feo, ou a gravades de pés a cabeza ou a cortades por enriba dos xeonllos (o chamado plano americano, porque foi moi utilizado nas películas de vaqueiros nas que tiñan que verse as cartucheiras), se queredes achegarvos máis á persoa, cortade logo por riba da cintura. Os movementos de cámara son arriscados ata que non teñades moita práctica, pero podedes comezar facendo panorámicas (mover a cámara dun lado a outro sobre o mesmo eixo); o mellor é ter un trípode pero se non o tedes, non movades os pés e xirade sobre a cadeira, non sexades moi rápido salvo que busquedes efectos raros e mantede sempre a mesma velocidade, sen ir a saltos. Como os occidentais lemos de esquerda a dereita, se movedes a cámara na mesma dirección, o espectador interpretará que avanzamos, mentres que se movedes a cámara de dereita a esquerda interpretará unha volta a atrás. Para compoñer un plano (isto tamén vale para as fotos) é moi útil seguir a regra dos terzos que consiste en dividir a imaxe en tres terzos imaxinarios horizontal e verticalmente (a maioría das cámaras teñen no menú a opción de poñer as liñas na pantalla), os puntos de maior interese están onde se cruzan ditas liñas. Parece ser que o noso cerebro abúrrese se non xoga, así que mellor é poñer as cousas importantes nun deses puntos e nunca no centro da pantalla porque é tan obvio que resulta aburrido. Estas liñas tamén nos serven para poñer o horizonte, non poñades o mar xusto no medio pois parecerá unha foto cortada e sen vida. Pero a regra dos terzos soamente é unha recomendación, confiade tamén no voso instinto. Lembrade que aínda que estamos a falar de imaxe, o vídeo tamén é son. Prestade atención aos sons dos lugares, se tedes facilidade para a oratoria facede comentarios mentres gravades ou facede falar á xente. Se despois editades o vídeo no ordenador sempre podedes poñer música ou mesturar sons doutras imaxes. Aínda que estivemos a falar de gravar coma se estivésemos de viaxe, lembrade que podedes usar a cámara para facer as vosas primeiras películas, se sodes imaxinativos, non vos cortedes e chamade aos vosos amigos. Poucas cousas hai máis divertidas que intentar facer unha película con amigos e veredes que non só é máis fácil do que parece senón que ademais aprenderedes a contar historias con imaxes e son. E a REGRA DE OURO PARA CHEGAR A SER O MELLOR VIDEOCÁMARA é o RESPECTO A UN MESMO. Se gravades a alguén a quen non lle gusta que o graven estades deixando de ser persoas respectuosas e respectables. Non toda a xente está sempre de humor para que a graven, tedes que aceptalo. Seguro que vos molestaría se a xente entrase na vosa habitación sen pedir permiso; gravar en vídeo é un pouco parecido, así que sempre que vaiades gravar, petade na porta, e se non vos abren, non insistades. Páxina 56
REVISTA " A GAIVOTA "
EDL
IES MONTE CARRASCO
2010-2011
O DESCOÑECEMENTO DA LEI NON EXIME DE DELITO. Cando teñades algo divertido ou interesante, teredes moitas tentacións de subilo a internet, pero pensádeo ben antes de facelo. Todo o que se colga en internet é imposible de borrar, aínda que vós o borredes xa seguro quedou unha copia por algún recanto da internet. Pode que pensedes que só o poden ver uns amigos, pero calquera pode copiar o voso vídeo por moi protexido que pensedes que o tedes (se a industria discográfica perde millóns de euros cada ano porque se piratea a música, pensades que vós estades máis protexidos ca eles que gastan moitos cartos en defenderse?). Pero o que máis debería preocuparvos é o sufrimento que poderiades causarvos ou causar a outra persoa por colgar unhas imaxes que fóra de contexto serviran para degradarvos ou degradar a alguén. Non só porque cometedes un delito, senón tamén porque por poñer un exemplo: imaxinádevos dentro duns anos indo a unha entrevista de traballo, todos nerviosos, presentádesvos intentando dar boa impresión e a persoa que vos entrevista recoñécevos como o “borracho chistoso daquel vídeo” que lle ensinara un primo que resultou ser amigo dun dos vosos amigos. Seguiría sendo un vídeo divertido para vós? Pensádeo. Para ser bos cámaras, só tedes que ter unha actitude dende o principio: respecto; o resto adquírese coa práctica. Agora que chega o verán e o tempo de lecer é un bo momento para darlle uso á cámara de vídeo.
Producións Monte Carrasco presenta...
Páxina 57
REVISTA " A GAIVOTA "
EDL
IES MONTE CARRASCO
2010-2011
I CERTAME AUDIOVISUAL ESCOLAR IES MONTE CARRASCO O noso centro vén de convocar o I CERTAME AUDIOVISUAL ESCOLAR IES MONTE CARRASCO. Esta iniciativa xorde coa intención de fomentar a creatividade audiovisual entre o alumnado e persoal pertencente á comunidade educativa dos centros de ensino secundario, bacharelato e formación profesional da comunidade galega. Dentro dos obxectivos que propón destaca o de establecer unha canle para compartir o audiovisual feito nas aulas, ademais de impulsar o coñecemento da linguaxe audiovisual e xerar un espírito crítico cara ás producións realizadas no ámbito do audiovisual. Tamén intenta favorecer o uso das novas tecnoloxías da información e da comunicación e o recoñecemento do seu valor coma ferramentas para a expresión creativa e/ou didáctica. Por último interésanos fomentar o traballo en equipo e o respecto polas creacións individuais. Establecéronse os seguintes premios para os participantes: 1- Mellor Audiovisual de Ficción 2- Mellor Audiovisual Didáctico (Documental) 3- Premio do Público ACCÉSITS: 1. Fomento de valores para a convivencia. 2. Fomento do uso do galego. 3. Fomento do uso de linguas estranxeiras. Os premios non son excluíntes de cara a gañar un ou máis accésits. Nesta primeira convocatoria puido participar o alumnado matriculado en centros públicos e privados de E.S.O., Bacharelato e Formación Profesional de Galicia durante este curso 2010-2011. A participación foi realizada baixo a titoría dun profesor ou profesora responsábel do proxecto, como establecen as Páxina 58
bases, e nela pódense integrar membros da comunidade educativa do centro. Establecéronse dúas categorías: A) Educación Secundaria Obrigatoria. B) Bacharelato e Formación Profesional As obras tiñan que cumprir unha serie de requisitos que se establecían nas bases e o xurado para os premios Mellor Audiovisual de Ficción e Mellor Audiovisual Didáctico (Documental) estivo composto por dous profesores/as, dous alumnos/as de audiovisuais máis un profesional do audiovisual de recoñecido prestixio. O premio do público estableceuse por votación libre das persoas asistentes ás proxeccións. Todos os traballos se exhibirán durante unha semana de xuño. E para os accésits o xurado poderá incorporar un especialista en cada un deles. Os membros dos xurados tiveron que valorar os seguintes criterios: - Calidade e orixinalidade da obra. - Adecuación dos recursos da linguaxe cinematográfica. - Riqueza no uso da lingua. - Uso das novas tecnoloxías e de software de edición. - Valor didáctico. - Fomento de valores democráticos, de respecto e tolerancia. A entrega de galardóns realizarase nun acto que se celebrará no Auditorio Municipal de Cangas no mes de xuño, e vaise editar un DVD cos traballos gañadores. E o palmarés desta primeira convocatoria coñecerémolo cando esta Gaivota estea no prelo, así que quedades convidados para ler no vindeiro número e no blog do Instituto o nome dos/as participantes e dos/as gañadores/as.
REVISTA " A GAIVOTA "
EDL
IES MONTE CARRASCO
2010-2011
PATINAXE: GRpoUr RPutOMSartíSneH O W z Vaqueiro A patinaxe é o deporte que practico e que máis me gusta. E vouvos falar un pouco del, centrándome nos grupos show, que é a categoría na que compito. O show consiste nunha coreografía patinada cun tema. Esta coreografía dura aproximadamente cinco minutos nos que cada grupo mostra a súa técnica, expresión corporal e coordinación. Todo isto é o que valoran os xuíces nun campionato, ademais da representación do tema e da vestimenta de acordo coa coreografía. Aínda que se esixen uns principios de técnica, nesta categoría non se fan saltos, téñense en conta outros aspectos técnicos como o nivel de deslizamento. Dentro dos grupos show pódense atopar dúas modalidades: grupos grandes e grupos pequenos. Entre eles diferéncianse polo número de compoñentes. Nos grandes hai un mínimo de dezaseis persoas pero non hai máximo, mentres que nos grupos pequenos hai un mínimo de seis persoas e un máximo de doce. Nos últimos anos reduciuse o número de grupos grandes porque necesitan moita xente. Para patinar nos grupos show hai que ter catorce anos como mínimo pero non hai límite de idade, este é un dos problemas
polos que non se manteñen os grupos grandes, xa que a estas idades o estudo necesita máis tempo ou a xente xa traballa e non dispón de tempo para dedicarllo á patinaxe en competición. Este ano incorporouse unha nova modalidade: os cuartetos. Son grupos de catro persoas que teñen a mesma dinámica pero nos que xa se poden realizar saltos. O tempo de duración da coreografía tamén varía, pois é menor. En España sobresaen nesta categoría os cataláns, pois son os que sempre ocupan os tres primeiros postos nos campionatos de España, aínda que chegan máis aló xa que algún club ten o título de campión do mundo varias veces, mentres que Galicia é a segunda comunidade con maior nivel nos grupos show. Espero que vos resultara interesante este artigo, xa que a min a patinaxe é algo que me apaixona.
Páxina 59
REVISTA " A GAIVOTA "
EDL
IES MONTE CARRASCO
2010-2011
VOLEpoIrB O L Sandra Fernández Paz O voleibol é un deporte onde se enfrontan dous equipos, sobre un terreo liso separado por unha rede central, tratando de pasar o balón por riba da rede cara ó chan do campo contrario. Só está permitido darlle tres toques ao balón, e non podes retelo (senón é falta de retención). Está permitido tocar o balón con calquera parte do corpo: cabeza, brazos, pernas... A continuación imos entrevistar a Raisa (4º), ela está nun equipo de voleibol (Maniotas) e vainos contar un pouco de todo, relacionado co voleibol. 1.Como capitá do equipo, como foi a tempada? Penso que para ser o primeiro ano, a temporada non estivo mal xa que nos serviu para mellorar certos aspectos técnicos e meternos un pouco no mundo da competición. 2.Como afrontas as derrotas e as vitorias? Pois... penso que grazas ás derrotas é onde aprendemos os fallos, o que temos que mellorar cada unha de nós, e as vitorias son máis de vivilas no momento co teu equipo e poder dicir que o traballo que estamos levando a cabo dá bos resultados. 3.Como empezaches no mundo do voleibol? O voleibol sempre foi un deporte que me chamaba a atención e como xa practicara varios deportes anteriormente apetecíame comezar con algo novo e, preguntando sobre algún deporte que se practicara en Cangas, oín falar dun equipo de voleibol e decidín optar por el. Ó principio como non había xente da miña idade (só estabamos dúas rapazas), adestrabamos coas maiores. 4.Gustouche a experiencia? Si, de feito xa acabamos a tempada e xa estou esperando a que comece a seguinte. Serviume para coñecer outra xente, practicar deporte, aprender moitas cousas interesantes sobre o voleibol que antes non sabía... 5.Quen foi o teu apoio dentro do equipo? O meu apoio dentro do equipo é o adestrador e, por suposto, as miñas compañeiras, en especial Sandra (jaja!). 6.Como é a túa relación co adestrador? A miña relación co adestrador é a mesma que comparten as miñas outras compañeiras con el, Maikel xa leva moitos anos no mundo do voleibol e sabe como levarnos por bo camiño, como todo adestrador, de vez en cando enfádase un pouco (con razón) pero sempre que o necesitamos esta aí. Involúcrase moito no equipo, é como se fora un xogador máis, e que menos que mencionar as pachangas que xogamos contra el. 7.Que aspectos destacarías do voleibol para que a xente se anime a probalo? É un deporte sen contacto en comparación con outros deportes,é en equipo o que facilita que poidas coñecer a moita xente e pasalo ben, é nun deporte económico que se pode compaxinar ben con outras actividades, entre elas, os estudos... O máis importante é que ó ser un deporte de equipo apréndese a respectar uns aos outros. Páxina 60
REVISTA " A GAIVOTA "
EDL
IES MONTE CARRASCO
2010-2011
DE INTERCAMBIO EN NANTES por Abrán Santos Piñeiro O pasado dezaoito de maio, parte dos alumnos de segundo da ESO saímos cara a Francia xunto con Luz e Elda, cheos de sono polo madrugón que
tiveramos
que
facer
para
facturar a equipaxe no aeroporto de Peinador ás cinco e media da mañá. No
voo
de
Peinador
a
Barajas
coñecemos a moita xente, entre ela, o equipo de baloncesto de Melilla. Ó chegar ó aeroporto de Nantes percatámonos de que estabamos no estranxeiro porque todos os franceses que pasaban por alí quedábanse vendo para nós, polo alto ton de voz que empregabamos. Despois de dez minutos de coche chegamos ó colexio Aristide Briand, onde nos recibiron os nosos correspondentes acompañados da que durante unha semana ía a ser a nosa familia. O día dezanove recibíronnos no instituto, onde nos volvemos a atopar cos nosos amigos/as franceses; despois fomos de visita ao castelo de Clisson onde fixemos un pícnic para despois ir degustar o mosto e para darmos un paseo polas viñas. Pola tarde todo o grupo de amigos franceses e españois fomos dar unha volta polos xardíns e parques de Francia, e máis tarde cada un regresou para a súa casa. O día vinte tivemos que asistir ás clases francesas, onde non entendiamos nada. A continuación comemos no instituto (onde nin aos franceses lle gustou a comida), e pola tarde fomos visitar “Les machines de lile”, onde todos quedamos
fascinados
coas
máquinas enormes que fabricaban e tamén
descubrimos
auga,
cando
o
que
que
botaban ía
dentro
dirixindo a máquina nos empapou a todos. Páxina 61
REVISTA " A GAIVOTA "
EDL
IES MONTE CARRASCO
2010-2011
Pola noite todos fomos á festa que organizou a nosa amiga francesa Solem, onde pasaron certas cousas das que non vou falar. O sábado e o domingo tocounos convivencia francesas,
coas onde
nosas cada
familias un
fixo
diversidades de cousas. O domingo pola tarde todos os do intercambio
quedamos
nun
xardín
francés, no cal o pasamos moi ben nunha divertida batalla de auga de franceses contra españois, na que ninguén conseguiu quedar seco. O día vintetrés pola mañá volvemos a asistir ás
clases
francesas,
onde
agora
entendiamos algo máis. Despois marchamos de pícnic e ó parar nun bar descubrimos que existía a cocacola de cereixa e de vainilla, cousa que nos sorprendeu moito. Despois do pícnic fomos dar un paseo en barco polo río Edre, que nos resultou un pouco aburrido, posto
que
eles
non
viñan
con
nós
ás
excursións, excepto o día vinte que nos acompañaron á recepción no concello de Nantes, onde nos invitaron a almorzar. Despois regresamos ó colexio e voltamos á casa
cos
nosos
correspondentes.
O
día
vintecatro fomos de visita ó castelo dos duques
de
responder
a
Bretaña, algunhas
onde
tivemos
cuestións.
que
Despois
volvemos ó colexio para comer, pensando se a comida sería mellor que a outra vez. Despois de xantar, Nicol, a profesora francesa distribuíunos en equipos para realizar un xogo de pistas de Xulio Verne, para o que necesitariamos percorrer case toda a illa de Nantes para atopar as respostas. Máis tarde regresamos á casa dos nosos compañeiros con ganas de aproveitar a última noite. O día vintecinco, o último día da nosa marabillosa estadía en Francia, comezamos a mañá asistindo ás clases e recibindo os premios do xogo de Xulio Verne. Ó Páxina 62
REVISTA " A GAIVOTA "
EDL
IES MONTE CARRASCO
2010-2011
rematar decidimos ir despedirnos de Francia e dos franceses, indo todos a comer un kebab e estar xuntos ata a hora de partir cara ó aeroporto para regresar a España. Ó chegar ó aeroporto, a imaxe de ver a todas as francesas chorando, fixo que a máis dun lle escaparan as bágoas, ata algúns que tiñan moita pena pero que eran incapaces de chorar metían o dedo no ollo. Poucos podían conter as bágoas nos últimos abrazos ás francesas, pero o momento triste pasou a ter parte de graza cando presenciamos a caída de Luz polas escaleiras mecánicas e o tropezón de Víctor no ascensor. Ninguén podía quitar da cabeza a imaxe de Víctor tirado no chan, e o ascensor intentando pechar as portas co rapaz interpoñéndose polo medio. Pero só puidemos consolar as francesas durante cinco minutos, porque volveu á mente de todos a imaxe da despedida e a idea de que posiblemente non nos volveremos a ver máis. Logo no avión, recordando as cousas estrañas de Francia como que no colexio non se podía levar pantalóns curtos, nin minisaias, nin camisetas de asas as nenas, foi cando recordamos a outra parte triste, que no noso instituto os libros estábannos esperando para os últimos exames do curso. Aínda así, seguimos o resto da viaxe aproveitando as últimas horas, xa sen os franceses, pero co desexo de que algún día volvamos a atoparnos todos xuntos de novo, pese a que para iso aínda quede moito camiño por recorrer. ABRÁN SANTOS PIÑEIRO
Páxina 63
REVISTA " A GAIVOTA "
EDL
IES MONTE CARRASCO
2010-2011
Letras Galegas 2011
Lois Pereiro
Loia,
desamor II (1985) paraíso.
Luzes de Galiza,
De amor e desamor (1984) De amor de Náufragos do
Poemas 1981/1991 Poesía última de amor e enfermidade. Poemas para unha Loia Loia
“Saber que está un á morte e o corpo é unha paisaxe de batalla: unha carnicería no cerebro. (...)” “Curiosidade” “(...) solitario, enfermo e fatigado a morte anticipouse e chegou antes.” “O corredor de fondo perde alento”
“ (...)¿Que lle podo ofrecer a quen me intente se son un fío solto da esperanza tecida e destecida por Penélope?” “O pasado apodrece baixo terra e o presente non flúe, é un río morto Pero esta vez non haberá resurección e o futuro é por forza alleo a min.” “If I die before I Wake...” “(...) A amizade protexe e o amor cura o odio contaxia e fire a indiferencia mata. Apagado este incendio sobrevivide libres deste estertor final de quen vos ama.” “Análise hemática do amor” “(...) Todos aqueles que me amaban morto amáranme máis vivo (...) “Desde a superficie dun novo e imprevisto salvamento” Páxina 64
REVISTA " A GAIVOTA "
EDL
IES MONTE CARRASCO
2010-2011
Escolma poética
Lois Pereiro
Tristemente convivo coa túa ausencia sobrevivo á distancia que nos nega mentres bordeo a fronteira entre dous mundos sen decidir cal deles pode darme a calma que me esixo para amarte sen sufrir pola túa indiferencia a miña retirada preventiva dunha batalla que xa sei perdida resolto a non entrar xamais en ti pero non á tortura de evitarte.
Luz e sombras de amor resucitado
Poesía última de amor e enfermidade.
Páxina 65
REVISTA " A GAIVOTA "
EDL
IES MONTE CARRASCO
2010-2011
O noso patrimonio cultural e industial:
Ronseis doposraRloistarVearela
Pรกxina 66
REVISTA " A GAIVOTA "
EDL
IES MONTE CARRASCO
2010-2011
A B L OG OS F E R A do Ca r r a s co Amigas e amigos: seguimos a traballar e dar contido ós BLOGS pensados para toda a comunidade escolar. Aquí reseñamos unha vez máis os enderezos electrónicos de todos aqueles que están relacionados co noso instituto: www.aghaivota.blogspot.com Como xa sabedes este é o Pai Blog do Equipo de Dinamización Lingüística, aínda que serve de base para todas as actividades do centro. www.bibliotecamontecarrasco.wordpress.com Este é o irmán maior dos blogs nacidos na Biblioteca. Dende el teredes información actualizada, enlaces moi axeitados e todo de primeira man. Non deixedes de visitalo. www.ofaladoiro.wordpress.com O grupo de lectura e as súas actividades póñense á vosa disposición neste recuncho. www.carrascoschool.wordpress.com Como o seu nome indica este é o espazo do Departamento de Inglés para que practiquedes cunha WebQuest. www.mateclase.wordpress.com cousas máis. www.filispines.wordpress.com Literatura Galega.
Para vos axudaren coas matemáticas e moitas
Cheo de propostas do Departamento de Lingua e
www.carrumeiro.wordpress.com Unha páxina do grupo de 3º da ESO para todos nós, coa intención de aportar información da materia de Lingua Galega de 3º. www.apoiosenrede.wikispaces.com Unha wiki chea de recursos educativos como buscadores, conxugadores, dicionarios, correctores; tamén actividades para as distintas materias do ensino secundario, ferramentas para a web 2.0, xogos educativos e webs de recursos... Non a debedes perder!! Poñédea nos favoritos.. www.lobeiro.wordpress.com información que xera o instituto.
Outro sitio máis para adentrarse na extensa
www.escunchadeirodalingua.wordpress.com Neste espazo tedes moitísima información sobre o traballo desenvolvido no canto da industria conserveira e baleeira e a relación coa conservación da lingua. E, como sempre, o noso consello: non deixedes de curiosear... A aldea global está chea de sorpresas...!!!
Páxina 67
REVISTA " A GAIVOTA "
EDL
IES MONTE CARRASCO
2010-2011
Bd eAAN D A D E S E Ñ A D A nxo Piñeiro e Lorena Giráldez
Páxina 68
REVISTA " A GAIVOTA "
EDL
IES MONTE CARRASCO
2010-2011
Pรกxina 69
REVISTA " A GAIVOTA "
Pรกxina 70
EDL
IES MONTE CARRASCO
2010-2011
REVISTA " A GAIVOTA "
EDL
IES MONTE CARRASCO
2010-2011
Pรกxina 71
REVISTA " A GAIVOTA "
EDL
IES MONTE CARRASCO
2010-2011
PASATEMPOS de Anxo Piñeiro
que leva o número 1. Estabamos ... nunha cadeira.
HORIZONTAIS: 1. Tornaba brando. 2. Rapidamente, con celeridade (locución adverbial). Case sempre andamos a pisar nel. 3. O acto no que lles botan auga na cabeza aos nenos. Ao revés, adverbio afirmativo. 4. Dise das que perderon a memoria. Un, para os romanos. 5. Ao revés, desfixen cos dentes. Superficie plana limitada por dúas rectas e o arco correspondente. 6. Prefixo negativo. Entregaron armas a un exército. 7. Ao revés, moeda peruana. Un átomo convértese nun ... cando se lle engade ou diminúe un electrón. Nome de letra, en plural. 8.A filla do fillo. Arácnido microscópico. 9. Pon bonito, enfeita. Ao revés, une con fío. 10. Une en matrimonio. Cabeza de gando. Reflexivo. 11. Naipe
VERTICAIS: 1. Don Manuel ..., famoso profesor universitario de grego hai anos. O contrario de alá. 2. Célebre xeneral de Tebas de nome raro e longo. 3.- Nome de varón pouco común nestas terras. Peitos da muller. 4. Non deixará marchar, obrigará a permanecer. Na parte traseira. 5. Lugar de Italia relacionado con San Francisco. Botaban gargalladas. Conxunción copulativa. 6. Doutrina política de Hitler e seguidores. Letras de aran. 7. Cincocentos, para os romanos. Colón foi nomeado Almirante da Mar ... Famoso extraterrestre no cine. 8. Ao revés, nome de letra. Letras de caro. Fai dimitir do cargo a un subordinado. 9. As que contan moitos chistes. Primeira letra de Alemaña no seu idioma. 10. Marchabas. O que resulta moi pesado ou moi caro. 11. Prefixo negativo. Marchar. Véndense nas pastelarías. Páxina 72
REVISTA " A GAIVOTA "
EDL
IES MONTE CARRASCO
H or i z ont ai s : 1. Nome de pila de Kazama. (Shin Chan) 2. Marca dos Looney Toons. 4. Animal que se sitúa no 2º barco de Luffy. (One Piece) 5. Fusión de Goten e Trunx. (Dragon Ball Z) 7. Editorial americana. 8. Cidade habitada por xente amarela. 9. Expresión que utilizaban os antigos Galos cando xuraban algo. 11. Bruce Banner. 14. Antiga Francia. 15. Saúdo ao Cesar.
2010-2011
Verticais: 3. Grupo semántico de: Doctor Muerte, Célula, Joker, Duende Verde… 6. Neno mal criado de 5 anos. 8. Clark Kent 9. Lugar por onde percorren a cidade os superheroes. 10. V de… 12. O home mono. 13. Protagonista de Dragon Ball GT, sobriña do “home mono”.
SUDOKIÑOS
Páxina 73
REVISTA " A GAIVOTA "
EDL
IES MONTE CARRASCO
2010-2011
U N C U R S O E N F OT OS
Pรกxina 74
O CARRASCO
4 ยบ ES O
NO VAL DO ELLAS
I C O N C U R S O D E F O TO G R A F Í A "O MAR DE CANGAS"
PRIMEIRO PREMIO: Reflexo Massó Eva Piñeiro (3º)
SEGUNDO PREMIO: Porto-Aventuras Víctor Montes (2ºB)
3º PREMIO: Barra Anxo Fernández (4º)
4º PREMIO: Mar de outono Ana Mariño (1º B)