Boletín novembro

Page 1

TIBURÓN

(Jaws) 1975 Para os amantes das emocións fortes, todo un clásico do cine de terror e aventuras. Sendo aínda un director novato, Steven Spielberg roda o seu primeiro grande éxito. Ata entón, os grandes estudios non estreaban grandes producións no verán, pero o éxito foi tan grande que se convertiu nunha das películas máis vendedoras de billetes da historia do cine. O argumento é sinxelo, un tiburón ataca aos bañistas nas praias dunha vila costeira, tres homes partirán ao mar para dar caza ao asasino nunha loita que ten ecos do Moby Dick de Melville. E non podemos esquecer a música, xa convertida nunha icona popular. Gozade de esta película de suspense e sustos antes de que chegue o verán e a próxima vez que vaiades a praia a sensación será moi diferente

DECEMBRO

2013

O VIOLINISTA NO TELLADO (The Fiddler on the Roof) 1971

Un musical clásico e un drama. A historia dun leiteiro e a súa humilde familia, os amores e desamores das súas fillas cando o nazismo está a piques de arrasar Europa. A película no só conta cuns números musicais excelentes se non que tamén reflicte as costumes e o peso da tradición no pobo xudeu. Unha película para gozar con tranquilidade, con ganas de ver cine que fala da xente, do cotiá, das penas e das alegrías da vida. E por suposto para sempre

quedará gravado nas nosas retinas o leiteiro cantando entre as vacas: “se eu fose rico…” Non vos perdades esta película e seredes máis ricos

A GUERRA DAS GALAXIAS (Star Wars) 1977

Tamén coñecida como o episodio IV “unha nova esperanza” dentro das dúas triloxías, é en realidade a primeira das seis películas da saga espacial en estrearse. Aquí comezou todo, dende uns efectos especiais que revolucionaron a industria do cine, ata toda unha mitoloxía de seres e mundos. Aínda que parece unha película de ciencia ficción, en realidade trátase dunha película de aventuras clásica soamente que aquí os cabaleiros usan espadas láser, cambian os cabalos por naves espaciais, e os bruxos polos jedis. Pode que as últimas películas da saga non sexan do agrado de todo o mundo, pero a primeira triloxía e en especial esta película e “O imperio contraataca” xa son clásicos do cine. Únete as aventuras de Luke, Leia e Han Solo na loita contra o imperio, se non ves esta película quedarás mergullado para sempre no lado escuro. Que a forza te acompañe.

CLÁSICOS DO CINE DOS 70

dispoñibles na biblioteca do centro

E DO EDLG

Instituto de Ensino Secundario MONTE CARRASCO

www.bibliotecamontecarrasco.wordpress.com


ler

ASTÉRIX E OS PICTOS

Jean-Yves Ferri e Didier Conrad.

LA CRUZ DE EL DORADO César Mallorquí

Jaime, un rapaz que sofre a perda do seu pai nun naufraxio fronte á costa de Colombia, coñece e fai amizade con varias persoas ó longo da súa aventura. Entre elas, destaca Rasul, un home serio e enigmático de orixe siria, que o acompaña no seu longo camiño ata Cartagena, onde Jaime exerce o oficio de tahúr. Ó pouco tempo ten que fuxir a Barranquilla por ter estafado a varios xogadores. Alí coñece a un ancián que, detrás do seu aspecto e a súa fama de todo, esconde un misterio e un tesouro que Jaime intentará atopar coa axuda de Antonia, unha rapaza astuta, suposta neta do todo, que leva a Jaime por onde ela quere e o manipula. Que buscan? A que perigos se enfrontan? Que sorpresas os agardan? Resalta a lealdade e a sinceridade de certos personaxes, fronte á avaricia, a falsidade e a cobiza de outros. É unha historia moi interesante, con personaxes moi diversos. Engancha dende a primeira páxina, xa que está moi ben enlazada e mergúllanos na aventura do rapaz por entretida e inesperada. Alumnado de 4 de ESO B o

OS ÁNGULOS DA BRASA Manuel Álvarez Torneiro

O último poemario de Manuel Álvarez Torneiro acaba de gañar o Premio Nacional de Poesía, concedido nesta ocasión por primeira vez a un libro escrito en galego. Os ángulos da brasa xa tiña recibido tamén o Premio da Crítica Española 2012 e o Ánxel Casal de Poesía 2013. Ó longo dos poemas desta obra, o autor vai facendo unha reflexión sobre o cotián, marcada polo fastío, o desencanto e a desesperanza. O tempo é unha presenza constante, que o mesmo aparece reflectida nas estacións como nos meses do ano, cargados dun forte valor simbólico. Inzada de referencias culturais moi variadas (Rilke, Brueghel, Garcilaso, Juan Ramón Jiménez ou Shakespeare, transmítenos a idea do mundo como un lugar inhóspito no que o paso do tempo só deixa apatía e lembranzas.

Todos estes libros están á vosa disposición na biblioteca do centro

Coma sempre, estamos no ano 50 a.C. e toda a Galia está ocupada polos romanos... Bo, toda, non. Queda a irredutible aldea que xa coñecemos. Os inmortais Astérix e Obélix continúan as súas aventuras, agora saídas da pluma de JeanYves Ferri e Didier Conrad.

Esta vez, os inigualables galos terán que desprazarse ás Illas Británicas, a Caledonia, para sermos máis precisos, co fin de acompañar a un picto que se extraviou no mar. E tamén alí, para deleite de Obélix, se atoparán cos romanos...

YO SOY MALALA Malala Yousafzai

"Non me importa se na escola debo sentarme no chan. O único que quero é educación. E non lle teño medo a ninguén". Xa case todos sabemos quen é Malala. Cando moitas veces protestamos porque temos que estudar cousas que non nos gustan ou non nos interesan, deberiamos lembrar estas palabras da rapaza que se enfrontou á morte por defender o seu dereito, e o de todas as nenas, á educación, que se converteu nunha ameaza para os talibáns portando como única arma os seus libros. O seu valor, a súa determinación e a forza moral que mostrou ó longo da súa loita son un exemplo de superación e de tenacidade contra as inxustizas e os abusos que día a día se cometen en todo o planeta.

NA LINGUA QUE EU FALO Najla Shami e Rosalía de Castro

Ben sabemos que a música e a poesía son inseparables. Algúns dos máis coñecidos e recoñecidos poemas de Rosalía de Castro son actualizados na voz de Najla Shami. Outros son adaptados e algúns son creados pola propia intérprete a partir da vida e o sentir rosaliano. De ascendencia palestina e galega, e cunha sólida formación musical Najla Shami combina con acerto distintos estilos e procedencias musicais para reinventar a Rosalía e ofrecérnola pero fiel a si mesma cunha voz suave á vez que potente que enche de sentimentos os versos que canta. Na lingua que eu falo combina ademais texto e imaxe, o que o fai visualmente moi atractivo. Un libro para ler, contemplar e escoitar.

www.bibliotecamontecarrasco.wordpress.com


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.