17
de
maio
ROBERTO VIDAL B LAÑO "Eu son un home... un señor maior con sombreiro e bigote, que de xeito absolutamente irresponsable, persiste na estúpida teima de vivir por e para unha das profesións, hoxe en día, máis absurdas e, sen embargo por iso, máis grandiosas.”
Roberto Vidal Bolaño (Santiago de Compostela, 1950-2002) é unha das principais figuras do teatro galego e un dos artífices da súa profesionalización nas últimas décadas do século XX. Comezou a súa andaina en 1974 coa fundación do Grupo de Teatro Antroido, co que participou nas Mostras de Teatro Abrente de Ribadavia. Posteriormente estivo vinculado a diferentes compañías teatrais, non só como autor, senón tamén como actor, director, guionista e escenógrafo. A súa obra caracterízase por un inquebrantable compromiso coa lingua galega e con Galicia, ademais de mostrar unha inequívoca vontade estética. O seu teatro é experimentación e nel combínanse a tradición popular coa culta e coas tendencias máis innovadoras.
Pero ademais do teatro, a súa faceta de actor desenvolveuse tamén noutros eidos. Dende o nacemento de Televisión de Galicia, foi habitual como adaptador de textos literarios para ese medio, entre os que destacan "O noxo" de Blanco Amor e "Cara de Lúa" de ´Ánxel Fole. Tamén participou como actor en series, como Mareas vivas e en películas cinematográficas, como Sempre Xonxa, de Chano Piñeiro, ou A lingua das bolboretas, de José Luis Cuerda.
biblioteca
EDLG
Instituto de Ensino Secundario MONTE CARRASCO