MANIFESTO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO 25 DE NOVEMBRO 2013. IES MONTE CARRASCO CANGAS DO MORRAZO Neste manifesto, nós, a comunidade educativa do I.E.S Monte Carrasco, queremos amosar a nosa loita e oposición contra a violencia de xénero.
Miles de mulleres no mundo, sofren a diario insultos, golpes ou ameazas,
das súas parellas, pais ou mesmo amigos, sendo vítimas deste delito.
Moitas delas rematan na morte; outras, nos xulgados; e outras, deixándose levar polo medo, viven esta situación día tras día, sen dicir palabra. Nalgúns casos inflúe a situación económica, que leva ó home a momentos de histeria nos que perde o control.
Pero non só se produce violencia de xénero nas parellas adultas. Nas nosas
idades, nas relacións créanse certas prohibicións que dan lugar á infelicidade da parella, considerado tamén violencia, neste caso psíquica.
O que debe facer a muller é negarse dende un principio a aceptalas, xa que despois ser ó moito máis difícil desfacerse diso. Vivimos nun mundo
no que se menosprezan os dereitos das mulleres (incluíndo certas relixións e culturas), e se sobrevaloran as capacidades dos homes. Seguramente, hoxe, se cada un de nós puxésemos o noso gran de area
para demostrar que estas suposicións son equívocas, poderiamos evitar tales problemas, angustias, desgustos, etc. Basta con poñerse no lugar da inocente muller que neste mesmo momento pode estar sufrindo, e razoar sobre se nos gustaría que nos pasase a nós e como actuariamos.
Nós animamos a estas mulleres a que loiten por ser felices, e denuncien a aqueles que as danan, para así, pór fin a esta inxustiza.
Eses berros de rabia e de piedade, as lágrimas retidas, as cicatrices... Loitar por cambiar todo isto por un único e memorable sorriso. Elena Bermúdez Guimeráns. 4ºESO