Se me chegasen noticias de que existes de que as túas mans estalan de ternura e son xacintos alén destas ineludiblemente catro sempre catro paredes anegadas de espanto. Se me chegasen sinais do teu sorriso ou da seriedade coa que enfrontas a lúa e pasas polos días, esa longa ferida sen cauterios.
Se tivese a túa voz por un momento constatando sen máis a túa existencia aínda que ti non soubeses que eu existo aínda que ti non soubeses que eu espío e espero e fago da túa vida a miña arte... Por que escribes na tarde tantas caligrafías de silencio?
Pilar Pallarés
Non é o vento
Non é o vento nena non; É o meu corazón que ouvea. Escoita, é o meu corazón.
Antón Avilés de Taramancos
CHEGACHES ENTRE A CHUVIA
Chegaches entre a chuvia fendendo a singradura de días outonizos, camiño do inverno. Traías a brétema dunha dor no teu sorrir sereo e un ramallo de soños, durmindo no teu pelo, agardaba facerse árbore de luz no vento. Chegaches. Eras ti. O que esperara tanto tempo. O que sempre soñara sen sabelo. Xulio L. Valcárcel
Chamo á porta do amor na noite escura Chamo á porta do amor na noite escura e está o teu corazón coa luz prendida, a túa man socórreme a ferida e cúrame o teu labio a desventura. A auga que me dás tan fresca e pura é da fonte limpísima da vida: mel da túa roseira florescida entre as coxas, as sedas, a espesura... E xa por sempre irei de ti cautivo pois dásme a vida e dásme a sepultura dun amor imposível e furtivo. Como me doe a túa fermosura da que devezo e ando fuxitivo pois sei que o mal que teño non ten cura! Antón Avilés de Taramancos
Fernando Pessoa Amor é fogo que arde sem se ver; É ferida que dói e não se sente; É um contentamento descontente; É dor que desatina sem doer. É um não querer mais que bem querer; É um andar solitário entre a gente; É nunca contentar-se de contente; É um cuidar que se ganha em se perder. É querer estar preso por vontade É servir a quem vence o vencedor, É ter com quem nos mata lealdade. Mas como causar pode seu favor Nos corações humanos amizade; Se tão contrário a si é o mesmo amor?
Porque ti tamén estabas enferma dalgún xeito coma a casa miles de termómetros de febre e de torturas eu sabíao sabíao polo tacto non preguntes sabíao por como respirabas sabíao polas ondas e os outros arrecifes sabíao por ti e por min e por como chorabamos abrazados despois de xogar a destruírnos INOCENTEMENTE ABRAZADOS ULINDO A LANDRAS ABRAZADOS COMA UN TIGRE
Estevo Creus
Esta será na morte Esta será na morte a miña última palabra: quen me dera ser gata para vivirte sete veces.
Olga Novo
Álvaro Cunqueiro Por oír a unha rula decir de amor, amiga, namorado vou!
Por oír as cerdeiras como botan fror, Por oír a unha rula decir de amor, amiga, namorado vou! amiga, namorado vou! Por verte e non te vere no verde prado, Por oír as cerdeiras como botan fror, amiga, namorado vou! amiga, namorado vou! Porque non me non queres por teu namorado! Por verte e non te vere no verde prado, Amiga, namorado vou! amiga, namorado vou! -Nonon vento este meu Porque meporéi non queres porlume teu novo namorado! porque ardan as rulas, as cerdeiras e todo! Amiga, namorado vou! Amiga, namorado -No vento poréi este meuvou! lume novo porque ardan as rulas, as cerdeiras e todo! Álvaro Cunqueiro
Amiga, namorado vou!
Por amor
Por amor nacín da terra. Por amor son o que son. por amor canto o meu canto, por amor. Por amor sángranme os pulsos e ábreseme o corazón. Por amor dóenme os ollos. Por amor, só por amor. Darío Xohán Cabana
Ascendencia do amor e do mar E vén o mar en ascendente salto
E vén o mar en ascendente salto como unha longa inhalación aberta.
como unha inhalación En longa cada poro entra. Aire eaberta. sal exército de corais e metais En cada poro entra. Airetrae. e sal exército de corais e metais trae. Cando duro estoupa nos cons castelos de almafí iridiscencias bate. Cando duro estoupa nos cons castelosEspumas de almafí iridiscencias bate. rumorosas. Así o amor, unha chuvia leda deAsí estrelas Espumas rumorosas. o amor, unha chuvia leda de estrelas no teu interior estala, e ábrese. no teu interior estala, e ábrese.
Xulio L. Valcárcel Xulio L. Valcárcel
Quérote como ...
Quérote como a miña avoa facía as filloas fariñosamente e co sangue da derrota.
Quérote como o meu bisavó levaba a boina, altamente e sempre na cabeza. Quérote como as chourizas ben feitas, docemente pero cun aquel de picante.
Quérote como o gato que durmía a carón da lareira, despistadamente pero cun ollo no rato. Raúl Gómez Pato
Contra a morte o amor que vai conmigo Lois Pereiro
Dos días que reserva para min o destino cada unha das súas noites por vivir sería a derradeira a única esencial se puidese vivirte a ti tamén trasnoitado sobre o teu corpo en calma cohabitando os teus soños sobrevivindo á miña inexistencia soñando nas túas noites ou prorrogado en ti.
O que amo é o amor a mesma idea do amor o feito mesmo de amar as palabras coas que amo. amo a miña conciencia de amar. Ámome Mª Xosé Queizán
Por amor Darío Xohán Cabana
Por amor nacín da terra. Por amor son o que son. Por amor canto o meu canto, por amor.
Regrésame do medio das ruínas, amante, ás horas que moramos e esvaren novamente como noutrora os corpos na paixón.
Ana Romaní
Meu amor por ter representado os meus desexos Posto os beizos no ceo das túas palabras como un astro Teus bicos na noite viva E a ronsel dos teus brazos arredor de min Como unha chama en sinal de conquista Meus soños están no mundo Claros e perpetuos. E cando ti non estás aquí Soño que durmo soño que soño Paul Éluard
Paul Éluard
O amor O amor foi un trallazo moi forte que rompeu a ventá. E quedou rota para sempre. Eu limpei do chan os cristais. Corteime con eles en todos os dedos. Lupe Gómez
Todas as cartas de amor são Ridículas. Não seriam cartas de amor se não fossem Ridículas. Também escrevi em meu tempo cartas de amor, Como as outras, Ridículas. As cartas de amor, se há amor, Têm de ser Ridículas.
Mas, afinal, Só as criaturas que nunca escreveram Cartas de amor É que são Ridículas. Quem me dera no tempo em que escrevia Sem dar por iso Cartas de amor Ridículas.
A verdade é que hoje As minhas memórias Dessas cartas de amor É que são Ridículas.
(Todas as palavras esdrúxulas, Como os sentimentos esdrúxulos, São naturalmente Ridículas). Pessoa