24 DE FEBREiRO
DíA DE
ROSALÍA Unha vez tiven un cravo cravado no corazón, i eu non me acordo xa se era aquel cravo de ouro, de ferro ou de amor. Soio sei que me fixo un mal tan fondo, que tanto me atormentóu, que eu día e noite sin cesar choraba cal choróu Madalena na Pasión. “Seor, que todo o podedes -pedínlle unha vez a Dios-, dáime valor para arrincar dun golpe cravo de tal condición”. E doumo Dios, arrinquéino. Mais…¿quén pensara…? Despois xa non sentín máis tormentos nin soupen qué era delor; soupen só que non sei qué me faltaba en donde o cravo faltóu, e seica..., seica tiven soidades daquela pena…¡Bon Dios! Este barro mortal que envolve o esprito ¡quén o entenderá, Seor!…
EDLG biblioteca
24 DE FEBREiRO
DíA DE
ROSALÍA Adiós, ríos; adiós, fontes; adiós, regatos pequenos; adiós, vista dos meus ollos; non sei cándo nos veremos. Mia terra, mia terra, terra donde me eu criéi, hortia que quero tanto, figueirias que prantéi, prados, ríos, arboredas, pinares que move o vento, paxarios piadores, casia do meu contento, muío dos castaares, noites craras de luar, campanias trimbadoras, da igrexia do lugar, amorias das silveiras que eu lle daba ó meu amor, caminios antre o millo, ¡adiós, para sempre adiós! ¡Adiós, groria! ¡Adiós, contento! ¡Deixo a casa onde nacín, deixo a aldea que conoso por un mundo que non vin!
EDLG biblioteca
Deixo amigos por estraos, deixo a veiga polo mar; deixo, en fin, canto ben quero... ¡Quén pudera no o deixar!...
24 DE FEBREiRO
DíA DE
ROSALÍA ...Tal coma as nubes ............que leva o vento, i agora asombran, i agora alegran os espacios inmensos do ceo, ............así as ideas ............loucas que eu teo, as imaxes de múltiples formas de estraas feituras, de cores incertos, ............agora asombran, ............agora acraran, o fondo sin fondo do meu pensamento.
EDLG biblioteca
24 DE FEBREiRO
DíA DE
ROSALÍA Cando penso que te fuches, negra sombra que me asombras, ó pé dos meus cabezales tornas facéndome mofa. Cando maxino que es ida, no mesmo sol te me amostras, i eres a estrela que brila, i eres o vento que zoa. Si cantan, es ti que cantas, si choran, es ti que choras, i es o marmurio do río i es a noite i es a aurora. En todo estás e ti es todo pra min i en min mesma moras, nin me abandonarás nunca,
EDLG biblioteca
sombra que sempre me asombras.
24 DE FEBREiRO
DíA DE
ROSALÍA O forno está sin pan, o lar sin lea, non canta o grilo alí, e se non é coa pena que o consome, o probe soio está co seu sofrir. Sin que comer e sin abrigo tremba, por que os ventos sutils, húmedos inda, silban antre as pedras i as portas fan xemir. ¡Que ha de facer, Seor, se o desamparo tén ó redor de si!... ¿Deixar a terra en que nacen i a casa en que espera ter fin? ¡Non, non!, que o inverno xa pasou i hermosa primadera vai vir. ¡Xa os árbores abrochan na horta súa! ¡Xa chega o mes de abril! I anque a torrentes chove en horas tristes, en outras o sol ri; xa a terra pode traballarse, a fame dos probes vai fuxir. ¡Ai!, o que en ti nacen, Galicia hermosa, quere morrer en ti.
EDLG biblioteca
24 DE FEBREiRO
DíA DE
ROSALÍA Maio longo... Maio longo, todo cuberto de rosas, para algús telas de morte, para outros telas de vodas. Maio longo, Maio longo, fuches curto para min, veu contigo a mia dicha, volveu contigo a fuxir. Vendéronlle os bois, vendéronlle as vacas, o pote do caldo i a manta da cama. Véndéronlle o carro i as leiras que tia, deixárono soio, coa roupa vestida. «María, eu son mozo, pedir non me é dado, eu vou polo mundo pra ver de ganalo. Galicia está probe, i á Habana me vou...
EDLG biblioteca
¡Adios, adios, prendas do meu corazón!»
24 DE FEBREiRO
DíA DE
ROSALÍA ¡Follas novas!, risa dáme ese nome que levás, cal se a unha moura ben moura branca lle oise chamar. Non Follas novas, ramallo de toxos e silvas sós, hirtas, coma as mias penas, feras, coma a mia dor. Sin olido nin frescura, bravas magoás e ferís... ¡Se na gándara brotades, como non serés así!
EDLG biblioteca