BOCAS PR 2ยบ E SO OX B EC TO CID AD AN ร A
Seladas
truganini (1812-1876) É considerada tradicionalmente como a última aborixe tasmana pura e a última en falar a lingua desa terra. A súa tribo foi masacrada polos cazadores de baleas europeos, e os supervivintes foron obrigados por eles a abandoar a súa illa, trasladándoos a campamentos insalobres onde enfermaron . Turganini decidiu unirse a unha revolta de aborixes, que foi sofocada, antes de regresar a Tasmania para morrer. Os seus restos foron cruelmente investigados con fins científicos, expostos nun museo e enviados en parte a Inglaterra.
Mariana Pineda (1804-1831) Foi unha heroína mártir da causa liberal en contra do absolutismo de Fernando VII. Trala morte do seu home, acollía no seu fogar aos liberais perseguidos e exercía como intermediaria entre os locais e os exiliados en Xibraltar. Acusada de complot constitucionalista, foi condenada a morte, coa excusa do bordado dunha bandeira liberal, e executada a garrote vil tras negarse a delatar aos seus correlixionarios.
Salote Topou III (1900-1965) Filla única do rei George Tupou II de Tonga, accedeu ao trono en 1918 e reinou ata a súa morte. O seu matrimonio foi un éxito estratéxico pois unificou as tres dinastías reais, dando estabilidade á coroa. En 1921 permitiu facer unha importante recopilación de estudos arqueolóxicos e antropolóxicos do seu arquipélago. Tamén era poeta e compositora musical. Foi coñecida en Europa cando asistiu á coroación da raíña Elizabeth II nun carruaxe sen capota, baixo a chuvia, como sinal de respeto cara súa anfitriona.
Martha Gellhorn (1908-1988) Dedicouse ao xornalismo. Os seus primeiros artigos publicáronse no The News Republic pero ela quería ir máis lonxe e decidiu ser corresponsal de guerra. Ata os anos oitenta cubriu os máis grandes conflitos do século XX: as dúas Guerras Mundiais e o conflicto de Vietnam, pasando pola Gran Depresión ou a Guerra Civil Española. Con oitenta e nove anos, considerada unha das corresponsais de guerra máis importantes, quitouse a vida despois de sufrir un cancro.
M un r í a d e M un correo z tu Amelia Earhart ( 1 8 8 1 - 1 9 4( 81 8) 9 8 - 1 9 3 7 ) Foi unha muller aviadora, a primeira en realizar como pasaxeira a travesía do Atlántico en 1928. Máis tarde, xa en solitario, superaría todos os records masculinos, tanto de distancia como de velocidade. En 1935 foi a primeira piloto en completar con éxito a difícil travesía do Pacífico, onde os homes fracasaran. En 1937 desapareceu cando intentaba dar a volta ao mundo facendo unha ruta diferente á habitual, o que serviría para engrandecer o seu mito.
Clara shumann (1819-1896) Foi unha das máis destacadas pianistas e compositoras do século XIX, que mantivo unha carreira musical ata o final dos seus días e logrou o recoñecemento dos seus coetáneos. Cunha formación musical privilexiada, foi ensombrecida polo seu home Robert Schumann, a pesar de ter logrado o éxito antes ca el, da mutua colaboración artística e de mostrarse sempre como soporte da súa vida e obra.
Aung San Suu Kyi (1945) Activista política birmana, considerada como un dos símbolos mundiais da loita pola democracia, tras convertirse na principal opositora da ditadura militar que asolou Myanmar dende 1962. Arrestada en varias ocasións, sufriu arrestos domiciliarios continuados durante décadas. En 1991 foille concedido o Premio Nobel da Paz pero a Xunta Militar birmana non lle deixou saír do país ata 2012, cando resultou elexida como representante ao Parlamento. Actualmente, unha lei do país impide a Suu Kyi presentarse como candidata ás eleccións.
Rachel L. Carson (1907-1964) Bióloga mariña, editora, escritora e divulgadora estadounidense, que a través da publicación do libro Primavera silenciosa (1962), xenerou a posta en marcha da moderna conciencia medioambiental, tras denunciar os efectos nocivos dos pesticidas. Gracias á sua investigación o DDT foi prohibido, pese as denuncias e os ataques da industria química contra ela. O seu labor tamén contribuíu á promoción de políticas e condutas para preservar o medioambiente, como a creación da EPA, a Axencia de Protección Ambiental estadounidense.
C habuca Granda (1920-1983) María Isabel Granda y Larco foi unha cantautora, poetisa e folclorista peruana. A súa dedicación á música recuperando os ritmos criollos, africanos, supuxo un grande escándalo na época, dado que pertencía a unha das mellores familias limeñas. Rompendo estruturas rítmicas convencionais, os seus temas convertíronse en clásicos, influíndo a moitos artistas de carácter internacional.
M un r í a d e M un correo z Elizabeth Evatt tu (1881-1948) (1933)
Avogada australiana, eminente reformista e xurista, firme defensora dos dereitos humanos, especialmente os da muller. Converteuse na primeira xuíza que presidiu o Tribunal de Familia de Australia, a primeira nun tribunal federal, a primeira muller presidenta adxunta da Comisión de Conciliación e Arbitraxe e o primeiro australiano en ser elexido para o Comité de Dereitos Humanos das Nacións Unidas . Ata 2006 foi xuíza do Tribunal Administrativo do Banco Mundial, e actualmente compre o seu segundo mandato como Comisionada da Comisión Internacional de Xuristas.
Pitseolak Ashoona (1904-1983) Gran artista autodidacta inuit, pertencente a unha das últimas xeneracións criadas segundo o estilo de vida tradicional da súa cultura. A morte do seu home nos anos corenta propiciou o seu achegamento á arte como un medio de subsistencia. Alentada por un programa estatal de artes e artesanía, comezou a debuxar logrando un éxito inmediato. A súa prolífica obra, alegre e de vivas cores, céntrase na vida cotiá e nas lendas inuits. En 1974 foi nomeada membro da Real Academia das Artes de Canadá e en 1977 recibiu a Orde de Canadá pola súa contribución ás artes e ao patrimonio do seu país.
Victoria Kent (1898-1987) É unha das figuras femininas máis influíntes do s. XX en España. Nunha época na que as mulleres tiñan pouca implicación na vida pública, rompeu barreiras estudando Dereito na Universidade de Madrid. Foi a primeira muller en formar parte dun Colexio de Avogados, en participar nun Consello de Guerra como defensora e en ocupar un cargo político como Directora Xeral de Prisións, onde levou a cabo importantes reformas que humanizaron o sistema penitenciario, creando ademais un corpo feminino de funcionarias de prisións. Participou activamente na vida política, sendo unha das tres primeiras diputadas electas na historia de España. Morreu no exilio en Nova York.
Pemba Duma (1970-2007) É a máis famosa sherpa de Nepal, por ser a primeira muller alpinista en escalar dúas veces o Everest. Falaba nove idiomas e tamén é coñecida por crear a organización “Save The Himalaia Kingdom” orientada a protexer a cultura sherpa e a mellorar as condicións de vida no Himalaia, sobre todo dos nenos, independientemente da etnia á que pertencesen. Faleceu no descenso á cima do Lhotse.
Concepción arenal (1820-1893) Muller de grandes inquedanzas, asistía disfrazada de home ás clases na Universidade, debido á prohibición para as mulleres. Tamén firmaba artigos co nome do seu esposo ata a morte deste. Nos seus ensaios reivindica a capacidade intelectual da muller e o seu dereito a recibir a mesma educación que os homes. Obtivo os cargos de Visitadora de Prisións de Mulleres e Inspectora de Casas de Correción de Mulleres, onde exerceu un inestimable labor na súa loita por mellorar as condicións de vida das presas e proporcionarlles traballo e dignidade no cárcere.
M un r í a d e M un correo z María de Maeztu tu (1881-1948) (1881-1948)
Considerada a primeira pedagoga de España, e unida á Institución libre de Enseñanza, foi a gran impulsora da educación feminina neste país. Estudou Maxisterio e Filosofía e Letras nunha época en que as mulleres non accedían á Universidade e foi unha profesora de ideas innovadoras, gran conferenciante e feminista. Dirixiu en Madrid a Residencia de Estudiantes feminina e o Lyceum Club, foi nomeada Doctora Honoris Causa por varias universidades extranxeiras, Conselleira de Instrución Pública de España e membro da Asamblea Nacional na sección de Educación. Morreu no exilio na Arxentina.
Indira Ghandi (1917-1984) Filla de Nheru, o primeiro Xefe de Goberno da India, foi unha destacada loitadora pola independencia do seu país fronte aos ingleses. Formada en Oxford, ocupou varios cargos como ministra antes de ser elexida Primeira Ministra en 1966. Industrializou a India, apoiou a proclamación de Bangladesh como Estado independente, gañou a guerra contra Pakistán e en 1983 foi nomeada Presidenta do Movemento de Países No Alineados. Foi asasinada por dous membros da súa garda persoal tras ordenar un ataque contra fanáticos dun templo sij.
R igoberta menchu (1959) É a primeira indíxena gañadora do premio Nobel da Paz e Embaixadora de boa vontade da Unesco. Ao longo dos anos, mostrou sempre unha actitude especial para liderar con intelixencia aos seus irmáns quichés, o que lle costou a persecución das forzas represivas guatemaltecas e o exilio en México a partir de 1980. Xa no extranxeiro, dedicou a súa vida a defensa e promoción dos dereitos e os valores dos pobos indíxenas de América.
Gabriela mistral (1889-1957) Lucila Godoy Alacayaga, foi unha gran poeta chilena, educadora, diplomática e articulista coñecida polo pseudónimo de Gabriela Mistral. De ideas socialistas, sempre se preocupou pola educación da muller, pola valoración do indixenismo e pola condición social dos nenos. Cunha poesía sinxela e humana, de intensas imaxes intimistas e de exaltación da natureza da súa terra, gañou o Premio Nobel de Literatura en 1945.
Rosalía de castro (1837-1885) É a máxima expoñente da literatura galega e punta de lanza do Rexurdimento da lingua galega na recuperación literaria, política, histórica e cultural de Galicia no século XIX. Mito e símbolo de Galicia, foi unha escritora innovadora, comprometida e adiantada ao seu tempo, precursora da poesía moderna española e do existencialismo. Á súa traxectoria como poeta, cabe sumar a súa dedicación á narrativa, en ocasións vinculada tamén á práctica xornalística. .
M un r í a d e M un correo z tu Ranavalova ( 1 8 8 1 - 1 9 4 8( )1 8 2 9 - 1 8 8 3 ) Foi unha raíña de Madagascar da dinastía Merina. Quizais por oposición ao reinado de terror de Ravanalona I, esta monarca é recordada como a personificación da bondade. Acabou cos axustizamentos, abriu os portos ao comercio internacional, construiu escolas, deu inicio á primeira codificación da lei, permitiu a entrada aos misioneiros cristiáns e buscou o asesoramento de persoas de todas as orixes. Con todo, neste tempo comezaron os problemas con Francia, que culminarían coa declaración de Madagascar como colonia francesa.
Clara campoamor (1888-1972) Foi unha política española, avogada, pioneira da militancia feminista e sufraxista, unha das tres primeiras deputadas da historia de España, elexidas nos comicios de 1931 na II República. Como diputada, defendeu nas cortes a primeira Lei do Divorcio e, sobre todo, o sufraxio universal, especialmente o voto feminino. Tras unha loita en solitario, conseguiuno o 1 de outubro de 1931. Morreu no exilio en Suiza.
Wangari Maathai (1940-2011) Bióloga e científica keniata, xefa do Departamento de Anatomía Veterinaria da Universidade de Nairobi, a primeira muller doctorada de África central e oriental. É a creadora do movemento Cinturón Verde, un proxecto de reforestación protagonizado por mulleres, para mellorar as condicións de vida da poboación africana. Presidiu o Consello Nacional de Mulleres de Kenia e foi Viceministra de Medio Ambiente en 2002. En 2004 recibiu o Premio Nobel da Paz pola súa defensa do desnvolvemento sostible, a democracia, os dereitos humanos e a paz.
M un r í a d e M un correo z tu Ngaio Marsh (1881-1948) (1895-1982) É recoñecida internacionalmente, xunto a Christie, Allingham e Sayers, como unha das catro “Raíñas do Crime” ou grandes escritoras de novela negra da Época Dourada nos anos vinte e trinta. Tamén foi a máxima figura do teatro en Nova Zelanda, dando o impulso definitivo ao desenvolvemento escénico do seu país. Dirixiu o prestixioso British Theatre Guild co que logrou o distintivo de Dama da Orde do imperio Británico.
carmen conde (1 9 0 7 - 1 9 9 6 ) Muller polifacética, traballou en radio, prensa e na educación, fundando en 1931 a Universidade Popular de Cartaxena. Considerada a mellor poetisa da súa xeneración, a súa fecunda obra comprende, ademais, un centenar de libros de todos os xéneros: relatos, teatro, memorias e literatura infantil. En 1978 converteuse na primeira muller en ingresar na Real Academia Española da Lingua.
pocahontas (1595-1617) O seu verdadeiro nome era Matoaka, a filla do principal xefe indio de Powhatan. En 1607 os ingleses instálanse no futuro territorio de Virxinia e Pocahontas, tras coñecer a Jhon Smith, propicia a amizade entre europeos e indíxenas. En 1613 foi raptada polos colonos ingleses e Pocahontas decide non regresar á súa tribo. Alí perfeccionaría o inglés e achegaríase ao cristianismo, ademais de casar cun británico. Tres anos máis tarde viaxaría a Inglaterra como modelo de “domesticación” dos indíxenas e sería recibida polo rei poucos meses antes de morrer.
M un r í a d e M un correo z t uana frank ( 1 8 8 1(-11992498- )1 9 4 5 ) Foi unha nena xudía alemana, coñecida mundialmente polo Diario que escribe no seu escondedoiro en Amsterdam, tras ser perseguida a súa familia polos nazis. Alí permanecerán ocultos dous anos, pero serán descubertos, arrestados e trasladados a campos de concentración. Ana non sobreviviu, morreu con 16 anos en Auschwistz, pero gracias ao seu conmovedor relato converteuse nun símbolo do Holocausto.
maría moliner (1900-1981) Licenciada en historia, pero con gran interese pola expresión lingüística e a gramática, accede por oposición ao Corpo de Arquivistas e Bibliotecarios en 1922, levando a cabo un gran labor na organización de bibliotecas populares durante a época da República. Adicou 17 anos á elaboración da súa obra mestra, o Diccionario de uso del español, considerado una obra de referencia para escritores e xornalistas e reeditado en numerosas ocasións. Morreu en Madrid en 1981 sen ser aceptada como membro da Academia, pese a que o seu dicionario supera en moitos aspectos ao da RAE.
M un r í a d e M un correo z tu Neerja Bhanot (1881-1948 ( 1)9 6 3 - 1 9 8 6 ) Foi unha asistente de voo hindú, que se convertiu nunha heroína mundial. En 1986, 4 terroristas, membros da organización Abu Nidal,secuestraron o voo Pan Am 73.Tras a fuxida da tripulación, Neerja tivo que facerse cargo do avión. Cando os terroristas comezaron o tiroteo, a azafata usou o seu corpo para protexer a un grupo de nenos que fuxían, pero morreu no proceso. Posteriormente foi galardoada co premio Ashok Chakra.
M un r í a d e M un correo z tu ( 1 8 8 1 - 1Zenobia 9 4 8 ) camprubi (1887-1956) Zenobia Camprubí foi unha escritora, tradutora, editora, reportera e profesora universitaria nacida en 1887 en Malgrat del Mar, Barcelona e morta o en 1956 en San Juan, Estados Unidos. De amplia formación cultural, quedou eclipsada pola figura do seu home, Juan Ramón Jimenéz, Premio Nobel de Literatura. Muller polifacética, emprendedora e feminista, esforzouse por promover a dignidade persoal das mulleres a través do traballo e a autonomía intelectual.
Nicole Kidman (1967) É unha actriz australianana de orixe hawaiana. Estudou interpretación e ballet en Sidney e traballou en películas e series australianas. En 1999 deu o salto a América para traballar coas grandes productoras, convertíndose no 2006 na actriz mellor pagada da industria cinematográfica. Na súa carreira ten gañados un Óscar, tres Globos de Ouro e un Bafta da Academia Británica.
MARÍA CALLAS (1923-1977) Foi unha soprano estadounidense, filla de emigrantes gregos, a mellor da súa xeneración e unha das maiores do século. Converteuse nun mito dos amantes da ópera, debido á súa portentosa voz, e a súa persoal forma de abordar a interpretación dos personaxes en escena.
CESÁRIA ÉVORA (1941–2011)
Cantante caboverdiana nacida nunha familia de músicos. Cantaba descalza para denunciar a situación de pobreza que había no seu país. Despois de pasar por dificultades que a obrigaron a abandoar a música, logrou a fama en Paris aos 47 anos. A súa voz afinada e melancólica fala do aillamento da súa terra, do comercio de escravos e da emigración. Compuxo temas para grandes películas, logrou un Grammy e Francia otorgoulle a medalla da Lexión de Honor.
NADINE GORDIMER (1923-2014) Foi unha narradora, escritora de relatos e ensaísta sudafricana en lingua inglesa, a primeira africana que recibiu o Premio Nobel de Literatura. Gran defensora da abolición do "apartheid" do seu país, enfrontouse abertamente ao réxime racista de Johannesburgo, que respondeu prohibindo a publicación de varias das súas obras. Ligada ao Congreso Nacional Africano de Mandela, converteu o trauma sudafricano no grande tema das súas novelas, dando voz ao drama da minoría negra.
MARÍA GUERRERO (1867-1920) Foi unha actriz dramática, coñecida como a figura feminina máis destacada da escena española. Alcanzou algúns dos éxitos máis notables da súa época, ennobleceu a profesión dos intérpretes e difundiu por toda España, parte de Hispanoamérica e Europa o legado teatral dos clásicos hispanos e as aportacións dramáticas dos seus coetáneos. Para ela escribiron obras Echegaray, Galdós ou Zorrilla.
FATEN HAMAMA (1931-2015) Actriz, guionista e productora exipcia de talle internacional, un icono do cine árabe. Debutou na gran pantalla con sete anos e protagonizou algúns dos títulos máis coñecidos da época dourada do cine exipcio. Abandonou o seu país debido ao seu activismo en favor da democracia e a muller árabe, logrando cunha das súas películas que se cambiasen as leis sobre o matrimonio e o divorcio. Trala súa retirada, foi elexida no ano 2000 “ Estrela do Século” pola Organización de escritores e críticos de Exipto
FRIDA KALHO (1907-1954) É a pintora máis coñecida da historia, un dos iconos artísticos e revolucionarios do século XX polas súas ideas comunistas, nacionalistas e feministas, fonte de inspiración continua para outros artistas. A súa pintura inxenua e colorista inspirada na cultura indíxena precolombina reflexa, non obstante, un complexo mundo psicolóxico, froito do sufrimento físico e afectivo representado nos seus autorretratos.
KATE SHEPPARD (1847-1934) Pioneira e líder do movemento sufraxista en Nova Zelanda, o primeiro país que aprobou por lei, en 1893, o dereito das mulleres a votar en condicións parellas aos homes. Membro activo do WCTU, a primeira gran organización feminina, e Presidenta do Consello Nacional da Muller, propuxo reformas políticas e preocupouse pola independencia xurídica e económica da muller.Viaxou a Inglaterra e a Norteamérica para compartir a súa experiencia, o que supuxo un impulso sufraxista decisivo para outras organizacións feministas.
GERTY CORI (1896-1957) Bioquímica estadounidense de orixe checa. É a primeira muller que gañou o premio Nóbel de Fisioloxía e Medicina. Logrou ser catedrática da Washington University School of Medicine, tras moitos anos de discriminación, nos que só contrataban ao seu home, pese a ser ela a principal investigadora. Formularon o ciclo de Cori, polo cal o glucóxeno se converte en ácido láctico no tecido muscular, é resintetizado despois e almacenado como fonte de enerxía. Tamén identificaron o intermediario chamado éster de Cori.
ELLEN J.SIRLEAF (1938) Economista e política liberiana, actual presidenta de Liberia. Foi a primeira muller en ser elexida Xefe de Estado de Africa, tras ocupar numerosos cargos de responsabilidade en organismos internacionais como Nacións Unidas ou o Banco Mundial. En 2011 recibiu o Premio Nobel da Paz por poñer fin ao conflicto armado no seu país, como representante das mulleres que loitan pola construcción da paz.
MBUYA-NEHANDA (1840-1898) Líder relixiosa, é considerada a persoa máis importantes da historia de Zimbabwe. Xunto a outros dirixentes, declarou a guerra aos colonos ingleses que invadiron a súa terra en1896. Ao principio colleitaron grandes éxitos, pero coa chegada do exército inglés varios líderes foron detidos e axusticiados. Na súa defensa Nehanda declarou que ela era só unha medium do espírito Murenga. Actualmente é chamada respetuosamente Mbuya (abuela) no seu país.
MARÍA PACHECO (1496-1531) Nacida nunha familia da alta nobreza , que lle procurou unha esmerada educación. Converteuse nunha muller moi culta, con amplos coñecementos de matemáticas e historia, latín e grego. Foi defensora xunto ao seu esposo Xoán de Padilla, líder dos comuneros, dos dereitos e liberdades dos nobres casteláns frente aos flamencos que chegaran con Carlos I. A loita durou varios meses, pero o rei sofocou duramente o levantamento, Padilla foi decapitado cos outros líderes e María decidiu gobernar Toledo no seu lugar ata a derrota final, que a obrigaría a fuxir a Portugal onde morrería
EMILIA PARDO BAZÁN (1852-1921) É considerada a mellor novelista española do século XIX, aínda que nunca logrou ser admitida como membro da RAE. Foi unha gran activista a favor dos dereitos da muller e logrou ser a primeira catedrática da universidade española. Escritora fecunda, destacou tamén como xornalista, tradutora, ensaista, crítica literaria e editora
HARRIET TUBMAN (1820-1913) Foi unha abolicionista estadounidense, nacida nunha familia de escravos. Muller moi astuta e de gran fortaleza, tras escapar da plantación onde era maltratada, decidiu axudar a outros escravos a lograr a liberdade, levándoos ao norte. Foi perseguida pola lei, pero en 13 misións rescatou ela soa á súa familia e a outros 300 escravos. Ao término da Guerra de Secesión, onde tivo un lugar destacado, seguiu acollendo e axudando aos xa libres, e traballando polos dereitos da muller e osufraxio universal.
WANG YAPING (1980) Piloto militar e a segunda astronauta chinesa en viaxar ao espacio. Seleccionada por ser unha excelente científica, ademáis de ser capitana das forzas aereas do seu país. En Xunio de 2013 Wang despega na nave Shenzhou-10 para pasar 12 días vivindo na estación espacial Tiangong 1. Nela levaron a cabo unha serie de experimentos físicos, tecnolóxicos e científicos, e Wang impartiu a primeira clase dende o espacio para alumnos de primaria chineses.
CORY AQUINO (1933 - 2009) Corazón Aquino, Presidenta de Filipinas desde 1986 ata 1992, foi unha das primeiras mulleres de Asia en ocupar a máxima representación do seu Estado. Tras o asasinato do seu marido, un senador da oposición ao ditador Marcos, ela converteuse en símbolo da oposición ao réxime. En 1986 gañou as eleccións aínda que se lle otorgou o mandato a Marcos. Pero as manifestacións populares e a presión internacional provocaron que o ditador e a súa familia abandonasen o país.
MARGARITA XIRGU (1888-1969) Foi unha importante actriz, empresaria e directora de teatro. Representou os textos dos mellores autores da época e Lorca elexiuna para estrear case todas as súas obras. Cábelle o honor de ter sido a impulsora do Festival de Teatro Clásico de Mérida, tras estrear a Medea que Unamuno escribiu para ela. Na guerra do 36 exiliouse a Lationamérica onde creou escolas de arte dramático e dirixiu varias institucións culturais. Morreu en Montevideo
SOPHIE REDMON (1907-1955) Foi a primeira muller criolla que logrou licenciarse en Medicina en Surinam, pese á discriminación sufrida. Tamén dramaturga e actriz, levou a medicina aos máis pobres a través de programas de radio e obras de teatro. Ademais era feminista e política en activo, traballando para mellorar a condición social e económica das mulleres e dos grupos desfavorecidos do seu país.
CLEOPATRA (69A.C.-30 A.C.) Muller políglota, de vasta cultura, con grandes dotes políticas e capacidade de sedución, foi a última raíña de Exipto. Compartiu o goberno co seu irmán, pero logrou o trono en solitario coa axuda de Xulio César. Trala morte deste, uniuse a Marco Antonio e loitaron contra Octavio Augusto, o futuro emperador, quen os venceu na batalla de Accio e acabou por anexionar Exipto ao Imperio Romano.
ROSA PARKS (1913-2005) É todo un símbolo da loita polos dereitos civís e unha heroína do movemento antisegregacionista nos estados Unidos. En 1953, tras negarse a ceder o seu asento nun autobús a un blanco, foi detida e condeada a pagar unha multa segundo a lei de separación racial. Pero o seu xesto serviría para iniciar as protestas contra a lei, crear asociacións e organizar o boicot aos autobuses, que provocarían a abolición da segregación nos transportes públicos estadounidenses.
AGUSTINA DE ARAGÓN (1786-1857) Foi unha heroína española, símbolo da resistencia do pobo contra a invasión francesa de 1808 na Guerra da Independencia. É famosa pola súa defensa do Portillo en Zaragoza, ao facerse cargo do canón trala morte dos artilleiros, contribuíndo así ao rexeitamento dos inimigos que xa entraban na cidade. Por alentar o espírito de loita entre os zaragozanos se lle ofreceu o grao de oficial do exército, e o rei concedeulle unha pensión vitalicia.
PARK GEUN-HYE (1952) Filla do dictador coreano Park Chung Hye, conseguíu aos sesenta anos convertirse na primeira muller en chegar á presidencia en Corea do Sur. Durante a súa campaña pedíu perdón polos abusos e violencias ós dereitos humanos cometidos durante o goberno de seu pai. Ela espera loitar polos dereitos dos cidadans e gobernar dunha maneira xusta.
NOOR JEHAN (1926-2000) Foi una actriz e cantante de orixe pakistaní, unha das máis grandes e influíntes da India e Pakistán. Nacida nunha familia de músicos, gravou 10.000 temas musicais en varias linguas do Indostán. Posúe o récord de interpretación de temas musicais para películas. ademais é considerada como a primeira directora de cine de Pakistán.
BILLIE HOLIDAY (1915-1959) De nome Eleanora Fagan, é a cantante máis definitiva de toda a historia do jazz. As súas extraordinarias cualidades vocais que posuía e a capacidade interpretativa déronlle un lugar na posteridade. De gran influencia para numerosos artistas, a súa voz era un lamento vocal e a emoción degarrada que despregaba nas súas actuacións segue a ser inimitable. A súa canción Strange fruit foi considerada pola revista Time a mellor canción do século XX.
GOLDA MEIR (1898-1978) Naceu nunha familia rusa xudía emigrada a Estados Unidos para fuxir das persecucións. En 1921 trasládase a Palestina xunto ao seu marido seguindo os ideais do movemento sionista que pretendía establecer unha patria propia para os xudeus. Ela foi unha peza fundamental na creación do Estado de Israel en 1948 e do seu recoñecemento internacional. Foi nomeada ministra en dúas ocasións e elexida Primeira Ministra en 1969.
SANTA TERESA (1515-1582) Foi unha relixiosa fundadora da Orde Carmelita e cumio da escritura mística española. Nun mundo dominado por homes, loitou con valentía polo dereito das mulleres a pensar libremente e a escribir sobre asuntos espirituais. En 1622 foi canonizada e posteriormente, en 1970, proclamada doutora da Igrexa, sendo a primeira muller que recibía esta distinción
GEDONG BAGOES OKA (1921-2002) Gran filósofa balinesa e loitadora pola paz e os dereitos humanos. Licenciada en inglés e profesora, experta en relixións, entrou en contacto co cristianismo e a filosofía occidental, que comparou co hinduísmo, convertíndose en devota dos principios de Ghandi respecto á non violencia e a conservación do medio ambiente . Foi vicepresidenta do Consello Mundial da Relixión para a Paz, membro do Consello de Administración da Fundación sobre a Diversidade Biolóxica e diputada no Parlamento de Indonesia.
AKIKO YOSANO (1878-1942) Seudónimo da escritora Yosano Akiko, unha das máis famosas e máis controvertidas poetisas da literatura moderna de Xapón. Experta na literatura clásica de Xapón, escribe tamén ensaios, crítica e versións modernas de textos poéticos antigos. Interesada en problemas sociais e das mulleres, en 1921 fíxose directora da Escola Feminista de Bunka e abriu novos horizontes no campo pedagóxico. A súa actitude antibelicista e a irónica referencia ao emperador no poema “Non morras” asombraron na súa época.
BEATRIZ GALINDO (1465-1534) Foi a primeira muller coñecida que se dedicou á docencia en España e unha das mulleres máis cultas da súa época. Entre escolares e mestres alimentou o seu afán por aprender e ensinar, desafiando a súa condición de muller. E con tan só 16 anos, nun mundo acotado por homes, coseguiu recoñecemento pola súa excelente instrución no latín. Foi a mestra de Isabel a Católica e das súas fillas posteriormente, e acompañou á raíña ata a súa morte.
CARMEN AMAYA (1913-1963) Hoxe en día, é considerada un mito, a bailaora xitana máis universal que o flamenco ten dado. Co seu xenio instintivo, apaixonado e pouco academicista, revolucionou o baile flamenco. Actuou nos mellores teatros e auditorios de Europa e América, sendo admirada polas máis grandes personalidades do seu tempo, incluídas as estrelas hollywoodenses, dado que as súas aparicións cinematográficas son numerosas en ambos continentes..
STEPHANIE RICE (1988) É unha nadadora australiana. Empezou a súa carreira na adolescencia, a principios da década do 2000, e retirouse en 2014 despois dunha lesión. Os seus tres ouros nos Xogos Olímpicos de Pekín foron acompañados por tres récords do mundo. No seu palmarés ten ademais dúas pratas e cinco bronces en Mundiais e dous ouros en Xogos da Commonwealth.
ALVA MYRDAL (1902-1986) Foi unha política sueca e ministra sen carteira, representante do Partido Socialdemócrata, activista feminista e pacifista que ,en 1982 recibiu o Premio Nobel da Paz pola súa contribución ao movemento de desarme nuclear durante os anos sesenta e setenta. En 1949 foi nomeaada directora da Oficiña de Asuntos Sociais da Organización de Nacións Unidas, cargo que ocupou durante un ano para pasar a dirixir ,no ano 1951, o departamento da UNESCO.
VERA MENCHICKOVA (1906-1943) Axedrecista rusa, foi campeona do mundo de xadrez dende 1927 ata a súa morte e a primeira muller que conseguiu a categoría de mestre. Considerada como a gran pioneira do xadrez feminino, decidiu participar case exclusivamente nos torneos masculinos, logrando significativas victorias a pesar das críticas feroces ante o seu atrevemento. Faleceu tras ser bombardeada a súa casa de Londres polas tropas alemás na II Guerra Mundial.
HILDEGARDA DE BINGEN ( 1098 - 1179) Foi unha das personalidades máis importantes da Idade Media. Muller de amplísima cultura, erudita en cuestións científicas, filosóficas, relixiosas, musicais, lingüísticas e literarias, foi unha das escritoras de maior produción do seu tempo. Ingresou aos oito anos na orde de San Benito, chegando a ser abadesa, e tivo visións místicas proféticas durante toda a súa vida que relatou e ilustrou con beleza e detalle. É doctora da Igrexa.
RITA L. MONTALCINI (1909-2012) Foi unha neurobióloga italiana, gañadora do premio Nobel de Fisioloxía e Medicina en 1986 polo descubrimento dos factores de crecemento nervioso nos vertebrados. Expulsada da Universidade de Turín a consecuencia das leis antisemitas de 1943, continuou os seus estudos clandestinamente. Máis tarde, comezou a investigar na Universidade de Saint Louis, Missouri, onde traballaría como profesora titular ata xubilarse. De volta ao seu país, tamén sería Directora do Instituto de Bioloxía Celular do Consello nacional Italiano de Investigación.
EMMA IHRER (1857-1911) Feminista e líder sindicalista alemá, pioneira na defensa dos dereitos das mulleres traballadoras nunha época na que tiñan prohibida a actividade política e sindical. Dirixiu varias asociacións femininas de carácter socialista para axudar ás obreiras, fundou xornais e publicou obras a favor da igualdade laboral cos homes e sobre a loita de clases. En 1890 foi elexida membro do Consello da Comisión Xeral de Sindicatos, a única muller dos sete cargos dispoñibles.
TITINA SILA (1943–1973) Guerrilleira e mártir de Guinea-Bissáu na Guerra de Independencia contra Portugal. Muller de grandes cualidades organizativas e de liderado, aos 18 anos xa era a líder da guerrilla no Fronte Norte. Tras morrer nun enfrontamento con militares portugueses, converteuse nunha das figuras máis populares do seu país. Na data da súa morte celébrase en Guinea-Bissáu o Día Nacional da Muller.
DOROTHY CROWFOOT (1910-1994)
Científica británica, nacida no Cairo, galardonada en 1964 co premio Nobel de Química por desenvolver a técnica de difracción de raios X para aplicala na búsqueda da estrutura tridimensional exacta das moléculas orgánicas complexas. Determinou a estrutura da pepsina, os esteroles, a penicilina e a vitamina B12. En 1969 descubriu a estrutura cristalina da insulina, medicamento fundamental no tratamento da diabetes.
XOANA DE ARCO (1412-1431) Heroína e santa francesa. Aos 13 anos tivo as primeiras visións de santos que a impelían a poñerse ao frente do exército francés contra a invasión inglesa na Guerra dos Cen Anos. Ataviada con roupas masculinas, convenceu ao delfín de Francia e venceu ao xeneral inglés logrando que fose levantado o sitio de Orleans. En 1429 escoltou a Carlos VII ata a súa coroación, pero un ano máis tarde, tras o fracaso da ofensiva contra Paris, foi feita prisioneira, entregada aos ingleses, xulgada por herexía e condeada a morrer na fogueira en Ruán.
SHIRIN EBADI (1947) Avogada iraní, activista polos dereitos humanos e unha das primeiras mulleres xuízas da historia de Irán, aínda que se veu obrigada a dimitir tras a revolución islámica de 1979. Arriscando a súa propia vida, estivo inmersa como defensora en varios casos políticos que lle causaron problemas coa xustiza. Actualmente da clases na Universidade. En 2003 converteuse na primeira muller musulmana en recibir o Premio Nobel da Paz .
ISABEL II (1926) É a actual monarca do Reino Unido e Irlanda do Norte, Xefa de Estado nominal dos 16 estados soberanos da Commonwealth e Gobernadora Suprema da Igrexa Anglicana. Converteuse en herdeira ao trono cando foi coroado seu pai Jorge VI, logo da abdicación do seu irmán Eduardo VIII. En 1953 foi coroada, trala morte do rei, polo tanto, o seu reinado é oficialmente o máis longo da historia de Inglaterra.
BESSIE COLEMAN (1892-1926) Foi a primeira muller afroamericana piloto da historia e a primeira persoa de ascendencia afroestadounidense que obtivo unha licenza internacional de piloto.
MARIE CH. STOPES (1880 - 1958) Foi unha gran investigadora en Xeoloxía e Botánica, a máis nova dos doctorados británicos. Gran activista polos dereitos da muller e pioneira da planificación familiar, é coñecida por abrir a primeira clínica de control da natalidade en Europa, coa oposición da Igrexa e do sector médico, e por publicar libros a principios do século sobre problemas sexuais e métodos anticonceptivos.
MARIE CURIE (1867-1934) María Salomea Sklodowska-Curien, foi unha científica polaca, a máis coñecida da historia e un icono da muller na ciencia . É coñecida por ser a primeira muller en recibir un Premio Nobel, a primeira persoa en recibir dous polo descubremento e estudo dos elementos radioactivos, e a única en facelo en dúas especialidades científicas distintas (Física e Química).
MARIE MUTOLA (1972) Atleta mozambiqueña, a mellor da historia na categoría de 800 metros. Mantívose vinte anos competindo ao máximo nivel internacional, logrando 3 récords do mundo, un ouro olímpico, 3 campeonatos do mundo ao aire libre e 7 en pista cuberta. Retirouse en 2005, tras lograr un palmarés moi difícil de superar na súa especialidade.