OPTATIVAS PARA 4º ESO IES FIN DO CAMIÑO. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
Curso escolar 2010- 2011
1
ITINERARIOS PARA O 4º DA ESO
OPCIÓN A
OPCIÓN B
Ciencias Sociais, Xeografía e Historia Educación Ético-Cívica Educación Física Lingua Galega e Literatura
COMÚNS
Lingua Castelá e Literatura Lingua Inglesa
MatemáticasA
MatemáticasB
Plástica
Física e Química
Música
Bioloxía e xeoloxía
Informática
Tecnoloxía
TRONCAIS
Francés Francés
Informática
Cultura clásica
Plástica
OPTATIVAS (elixe unha) Cultura clásica
Materias Alternativas
Relixión católica Historia e cultura das relixións
2
Atención educativa
(elixir unha)
SOBRE AS MATERIAS COMÚNS
MATEMÁTICAS A E MATEMÁTICAS B EN 4º ESO
En 4º de ESO ofértanse dúas materias de matemáticas diferentes (Matemáticas A e Matemáticas B) asociadas a un itinerario tamén distinto. No itinerario A impartirase as Matemáticas A. Traballaranse contidos útiles e necesarios para a vida cotiá, así como para a consecución de estudios relacionados coa economía. É por iso que se podería recomendar ao alumnado que remate os seus estudos ou que queira continuar con algún ciclo formativo relacionado coa administración,
comercio
e
marteking
ou
o
Bacharelato
Humanístico-Social (As porcentaxes na economía. Interese simple e composto…).
No itinerario B impartirase as Matemáticas B. Emprégase unha terminoloxía máis formal. As aprendizaxes teñen un carácter mais complexo ou abstracto, precisamente porque o seu principal 3
obxectivo é preparar ao alumn@ para o Bacharelato CientíficoTécnico. Algúns dos contidos son: comparación e simplificación, funcións exponenciais e logaritmo e a trigonometría.
SOBRE AS MATERIAS TRONCAIS
4
TRONCAIS DO ITINERARIO A
PLÁSTICA
A ensinanza secundaria obrigatoria entende a educación plástica e visual como motor do desenvolvemento das capacidades perceptivas, estéticas e expresivas da persoa. O cuarto curso, formúlase de xeito máis especializado. Partindo dos procesos comúns de creación artística. Os contidos son: • Bloque 1. Procesos comúns á creación artística. • Bloque 2. Expresión plástica e visual. • Bloque 3. Artes gráficas e deseño. • Bloque 4. Imaxe e son. • Bloque 5. Descrición obxectiva das formas.
ESCOLLER PLÁSTICA EN CUARTO, PERO... ¿COMO TRONCAL OU COMO OPTATIVA? SI... ●
Prefires o debuxo artístico ao técnico.
●
Desexas familiarizarche con técnicas artísticas e decorativas.
●
Pensas estudar un bacharelato de artes para logo acceder a
unha carreira artística, como Belas Artes. ●
Queres cursar un ciclo de artes plásticas e deseño (ilustración, 5
estampación, xoiería...) ou da familia de artes gráficas e imaxe e son.
Deberías escoller o ITINERARIO A e cursala como troncal. SI... ●
Prefires o debuxo técnico ao artístico.
●
Necesitas coñecementos de xeometría plana e descritiva.
●
Pensas estudar un bacharelato científico-técnico para logo
acceder a unha carreira técnica, como unha enxeñería. ●
Queres cursar un ciclo formativo de carácter técnico.
Deberías escollela como optativa no ITINERARIO B. MÚSICA 1.-INFORMACIÓN XERAL. A materia de Música, enténdese dende unha perspectiva práctica, máis atenta, se cadra, á interpretación en conxunto do grupo ou en solitario, tanto vocal como instrumental, con especial referencia á ESCOITA, á SINCRONIZACIÓN, ó SENTIMENTO GRUPAL, a loita por aprender o significado da SENSIBILIDADE e ó RESPECTO, a si mesmos, ós compañeiros o á profesora....e por suposto, tamén a aspectos
especialmente musicais, tales
como
a
lectura
ou
seguimento de partituras sinxelas, ou a conceptos básicos da teoría musical .O traballo en grupo é fundamental neste curso posto que os contidos propios do curso préstanse á investigación e o posterior 6
debate no aula. Así reforzaremos o sentimento de responsabilidade con respecto ós compañeiros e a integración dos alumnos con dificultades no grupo. 2.-CONCEPTOS. Os temas son os seguintes: A música nas nosas vidas, A música na televisión e a radio, A música e a publicidade, O concerto e a crítica musical, A música e o cine, O jazz, Os espazos musicais, As profesións relacionadas coa música, ¿ De onde sae a música?, Quero ser compositor e Temporada de concertos. 3.PROCEDEMENTOS. Inda que xa o apuntei máis arriba, volvo a facer unha sinopse dos procedementos a seguir: a)Realización de traballos de investigación ou resumo en torno ós tres temas propostos pola profesora. b) Seguimento, ben de musicogramas, ou de partituras ou ben de oído, dos temas musicais propostos pola `profesora, en orde a súa interpretación grupal no conxunto da clase. c) Se a marcha do curso o permitise, e o clima da aula tamén, gravaremos a maqueta dun programa de radio deseñado e levado a cabo polos alumnos utilizando diversos recursos, musicais, da linguaxe e tecnolóxicos que presupoño no seu haber.
7
Ademais que para a túa formación xeral, esta materia é útil para cursar o bacharelato de artes, na modalidade de artes escénicas, música e danza e para os estudios profesionais de música nos conservatorios.
INFORMÁTICA
A informática é unha ferramenta imprescindible na sociedade actual. Se optas por escollela estudarás: ●
Bloque 1. Sistemas operativos e seguridade informática.
●
Bloque 2. Multimedia.
●
Bloque 3. Publicación e difusión de contidos.
●
Bloque 4. A Internet e as redes sociais.
Recorda que as ferramentas informáticas son utilizadas de forma xeneralizada en tódalas profesións, case en calquera disciplina e tamén é frecuente o seu uso en tempo de ocio; do que se deduce que ten unha alta probabilidade de ser un ingrediente fundamental na túa vida futura.
A informática é utilizada en todas as profesións e en calquera disciplinar, ademais de servirche para o teu uso persoal.
8
TRONCAIS DO ITINERARIO B
BIOLOXÍA E XEOLOXÍA COLLER BIOLOXÍA E XEOLOXÍA? CLARO QUE SI! POR QUE? Porque TI ES DE CIENCIAS, aínda que non o saibas. Porque trata de cousas que podes ver e te rodean, a Terra e os seres vivos. Porque explica cousas que todos nos preguntamos: Por qué se parecen os xemelgos? Como se forman as montañas? Como hai tantas razas de cans? Pode un león vivir a base de iogures? Porque che proporciona coñecementos que vas necesitar en moitas profesións. Porque proporciona temas de conversación para os ascensores e os autobuses. Sabías que os cabalos ó principio tiñan 5 dedos nas patas e eran do tamaño dun gato? Que un oso polar e un pingüín nunca se atopan? Que Europa estivo cuberta de xeo? QUE SE VE EN CUARTO CURSO? En 4º vese dende o máis pequeno (a célula) ó máis grande (a Terra). O curso divídese en tres grandes bloques: 1.- Xenética e Evolución • A célula. Unidade de vida. 9
• A información xenética. • Herdanza e transmisión de caracteres. • Orixe e evolución dos seres vivos. Aquí verás como funcionan os seres vivos no nivel máis básico (a célula) e
como aparecen novos seres vivos. Verás resposta a
preguntas como as seguintes: Nacen as moscas da carne podre? Que diferenzas hai entre os distintos tipos de seres vivos? Por que os fillos se parecen ós pais? Que lle di a un ser vivo como ten que funcionar? Podería ser posible un Parque Xurásico? Como aparecen e desaparecen especies? Aparecería o home se non se tiveran extinguido os dinosauros? Onde e cando apareceu o ser humano? 2.- Os seres vivos e o medio natural • Estrutura dos ecosistemas. • Dinámica dos ecosistemas. Vese a relación entre os seres vivos e o medio. Cousas como, Por que non hai máis leóns que gacelas? Poderiamos vivir sen plantas? Que é un parásito? Que teñen en común unha balea asasina e un tigre? Están relacionados todos os seres vivos? Tirar pilas no mar fai que haxa menos peixes? 3.- A Terra, un planeta en continuo cambio • O relevo e a súa modelaxe. • Estrutura e dinámica da Terra. • Manifestacións da dinámica terrestre. 10
• A historia do noso planeta. Onde se ven os cambios sufridos polo planeta ó longo do tempo, cómo sucederon e o efecto que tiveron nos seres vivos. Cambiaron de posición os continentes? Que son os fósiles? Por que só hai canguros en Australia? Como funciona un volcán? Onde hai máis terremotos? Cando se extinguiron os dinosauros? PARA QUE ME VAI VALER ISO? Moitas profesións e estudos superiores precisan ou baséanse en coñecementos que se ven en Bioloxía e Xeoloxía. Calquera cousa relacionada ca Terra ou cos seres vivos usa algún destes coñecementos. Iso inclúe, entre outros estudios, bioloxía e a xeoloxía (claro), mediciña, farmacia, veterinaria, ciencias medioambientais, enxeñerías ( en especial enxeñerías de montes) hortofruticultura, ciencias do mar, … Por outra parte, esta materia é moi útil para certas familias profesionais da FP: Industria alimentaria, actividades físicas e deportivas,
actividades
agrarias,
actividades
marítimo-
pesqueiras…
FÍSICA E QUÍMICA É unha materia dirixida ao alumnado que vaia cursar un bacharelato científico-técnico ou ciclos formativos das ramas da saúde, mecánica ..., entre outros. 11
A Física e Química en 4º curso, inclúe, por unha parte, o estudio do movemento, as forzas e a enerxía dende o punto de vista mecánico. Esta parte, eminentemente Física, require unha base matemática axeitada para un adecuado desenvolvemento da mesma. De outro lado, iníciase o estudio da Química orgánica como novo nivel de organización da materia, fundamentalmente nos procesos vitais. Tamén se trata a sostenibilidade abordando algúns dos problemas cos que se enfronta a humanidade, incidindo na necesidade de actuar para lograr un desenvolvemento sostible. Os bloques de contidos son: 1- Profundización nos métodos do traballo científico. 2- As forzas e o movemento. • As forzas como causa do movemento • A superación da barreira
Ceo-Terra: astronomía e
gravitación universal 3- Profundización no estudio dos cambios. • Enerxía, traballo e calor 4- Estrutura e propiedades das sustancias. Iniciación ó estudio da Química orgánica. • Estrutura do átomo e enlace químico • Iniciación á estrutura dos compostos do carbono 5- A contribución da Ciencia a un futuro sostible. • Un
desenvolvemento
científico-técnico
para
a
sostenibilidade. 12
Esta materia é especialmente útil para cursar estudios de carácter científico, enfocado ó bacharelato científico técnico que da acceso a carreiras como química, física, matemáticas, bioloxía, enxeñerías… ou ben para cursar unha FP das familias de carácter científico tecnolóxico: química, mantemento
de
servizos
á
produción,
electricidade
e
electrónica , obra civil…
TECNOLOXÍA
Esta materia trata de desenvolver en ti habilidades que te permitan identificar un problema técnico e dar unha solución construtiva. É necesario poñer en xogo un conxunto de coñecementos sobre os fenómenos nos que se basean as máquinas e os elementos que as constitúen, e tamén sobre os procesos de análise, deseño, manipulación e construción de obxectos técnicos, empregando tamén a tecnoloxía informática. Contidos: • Bloque 1. Instalacións en vivendas. • Bloque 2. Electrónica, pneumática e hidráulica. • Bloque 3. Tecnoloxías da comunicación. • Bloque 4. Control e robótica. • Bloque 5. Tecnoloxía e sociedade.
13
O igual que física e química, esta materia é especialmente útil para
cursar
estudos
de
carácter
técnico,
enfocados
ó
bacharelato científico- técnico que da acceso a carreiras como arquitectura, enxeñerías, física… ou ben para cursar unha FP de carácter tecnolóxico: mantemento de servizos á produción, electricidade e electrónica,actividades marítimo pesqueiras, obra civil…
MATERIAS OPTATIVAS OPTATIVAS DOS ITINERARIOS A E B
CULTURA CLÁSICA (OPTATIVA DO ITINERARIO A)
Esta materia ten un obxectivo básico: coñecer os aspectos máis relevantes das sociedades e as culturas de Grecia e Roma e descubrir desde o mundo de hoxe o fío que nos guía ata elas. A cultura grecolatina, patrimonio común e irrenunciable, é a base necesaria 14
dunha parte moi considerable do pensamento humano occidental, e as formas creadas polo xenio de gregos e romanos constitúen o soporte e a esencia da nosa civilización. Os contidos distribúense en tres bloques:
• Bloque 1, Grecia e Roma como civilizacións históricas singulares. • Bloque 2, As pegadas do mundo clásico. • Bloque 3, Nocións básicas de lingua e literatura gregas e latinas.
A cultura clásica está enfocada sobre todo para os estudios do bacharelato de humanidades e ciencias sociais. É de utilidade en xeral para moitas titulacións universitarias mais, en concreto, para as carreiras como a historia, a historia da arte, a filoloxía clásica e outras do bacharelato de artes, como belas artes.
INFORMÁTICA. OPTATIVA DO ITINERARIOS B
• Esta materia ven explicada na páxina 7
FRANCÉS (OPTATIVA DOS ITINERARIOS A E B)
15
“C'est une belle langue à qui sait la défendre, elle offre des trésors de richesses infinies...”* Yves Duteil (cantautor francés) *(“é unha fermosa lingua para quen saiba defendela / ofrece tesouros de riquezas infinitas...”) A quen vai dirixida a materia? • ó alumnado que estudou francés como segunda lingua estranxeira nun contexto escolar dende fai aproximadamente dous ou tres anos dentro do marco da regulamentación vixente. • é recomendable que siga cursando francés o alumnado que foi cualificado positivamente en 3ºda ESO e ó que polo tanto o estudo dunha segunda lingua estranxeira non lle supoña unha dificultade máis.
ALGÚNS DATOS RELEVANTES ACERCA DA LINGUA FRANCESA. O francés como lingua estranxeira é a segunda lingua máis aprendida no mundo despois do inglés, segundo datos recollidos pola organización “La Francophonie dans le monde 2006-2007” hai 128 millóns de falantes (como lingua materna ou lingua adoptada).
16
Por outra parte, o coñecemento de idiomas como o francés é un factor moi valorado polas empresas, e para certas carreiras universitarias como as filoloxías, tradución e interpretación, turismo.. así como a familia profesional de FP de Hostalería e Turismo.
PLÁSTICA (OPTATIVA DO ITINERARIO B)
• Esta materia ven explicada nas páxinas 4 e 5
17