2016 general

Page 1

PREVENCIÓN E SENSIBILIZACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO

IES FIN DO CAMIÑO FISTERRA 25 DE NOVEMBRO 2016


IMOS PENSAR…… 1.SE QUERO A ALGUÉN TEÑO QUE CONTARLLE TODO? 2.SE QUERO ALGUÉN DEBO FACER AS COUSAS CON ÉL CANDO O PIDA….? 3.OS “ CELOS” SON UNHA PROBA DE AMOR? 4. “ QUEN BEN TE QUERE CHE FARÁ SUFRIR”? 5. CANDO QUERO A UNHA PERSOA DEBO FACER TODO O QUE ME PIDA? 6. UNHA PERSOA PODE CAMBIAR POR AMOR?


IMOS PENSAR…… 1.SE QUERO A ALGUÉN TEÑO QUE CONTARLLE TODO?

• AÍNDA QUE SEXA A TÚA PARELLA, NON TES PORQUE CONTARLLE TODO,ambos tedes o voso espazo persoal …..

• NON PERTENCEMOS A NINGUÉN.


IMOS PENSAR…… 2. SE QUERO ALGUÉN DEBO FACER AS COUSAS QUE EL ME

MANDE

• Porque alguén sexa a túa parella non tedes ningunha obrigación de facer o que el/ ela che mande, se ti non o desexas nese momento.

• Todo o que decidas facer é porque ti queres, non porque os demais che obriguen


IMOS PENSAR…… 3.OS “ CELOS” SON UNHA PROBA DE AMOR? QUE ME CONTROLE , QUE ME MANDE MOITOS WHASAP…. QUE QUEIRA SABER ONDE ESTOU A TODOS OS MOMENTOS….

OS CELOS SIGNIFICAN INSEGURIDADE, DESCONFIANZA E POSESIÓN DA OUTRA PERSOA. NON SON UNHA PROBA DE AMOR


IMOS PENSAR…… 4. “ QUEN BEN TE QUERE CHE FARÁ SUFRIR”?

SE MANTES UNHA RELACIÓN CON OUTRA PERSOA É PARA SER FELIZ, SE ALGUÉN CHE FAI INFELIZ, FAICHE PERDER A ILUSIÓN, CHE AISLA DOS TEUS AMIGOS….ALGO NON FUNCIONA….


IMOS PENSAR…… 5. CANDO QUERO A UNHA PERSOA DEBO FACER TODO O QUE

ME PIDA.?

QUERER A ALGUÉN NON CONLEVA ESTAR OBRIGADA A FACER O QUE SEXA POR COMPLACER A ESA PERSOA. É NECESARIO RESPETAR AS DECISIÓNS PERSOAIS. O AMOR NON É A ENTREGA INCONDICIONAL, ESO É SUMISIÓN


IMOS PENSAR…… 6. UNHA PERSOA PODE CAMBIAR POR AMOR?

NINGÉN CAMBIA POR AMOR…. CAMBIA E EVOLUCIONA POR EL MESMO….. O QUE UNHA PERSOA CAMBIE NON É A TÚA TAREA. NON DEBES OLVIDAR A TÚA FELICIDADE POR ESPERAR QUE ESOS CAMBIOS SE PRODUZAN OU NON….


Violencia no noivado


Que pasa ?…… Paco y Raquel son novios desde hace 5 meses. Los dos están muy a gusto y son muy felices. El último sábado, fueron a una discoteca a bailar. Nada más llegar, Raquel vio al fondo de la sala a un antiguo novio suyo, al que hacía mucho tiempo que no veía. Fue directamente hacia él, muy contenta, y se saludaron con un beso. Paco no se acercó. Observó la escena desde lejos. Cuando Raquel volvió junto a él, éste le dijo: "A mí no me vuelvas a hablar, eres una zorra".

• Como crees que se sinte Paco cando Raquel vai saudar ao seu amigo? • Credes que por isto se xustifica a resposta de Paco a Raquel? • Coñeces a alguén que lle pasara? • Que pasou ? Que fixeches? • Paréceche unha situación de violencia ?


Que pasa ?…… Carmen acaba de dejarlo con su pareja, llevaban 6 meses. Luis, la ex pareja de Carmen es muy celoso y ella comenzó a darse cuenta de que no era lo que quería. A raíz de esta ruptura, Luis empieza a pasar fotos que comprometen a Carmen por WHASSAP y ella no sabe como terminar con este problema. Un día comenta a sus amistades que ha vuelto con Luis, que él está muy arrepentido

• Porque crees que Carmen volveu con Luís? • Credes que antes de deixalo Luis amenazou a Carmen con iso? • Credes que isto é un exemplo de violencia? Porque ? • Coñecea


Que pasa ?…… Hace dos meses has empezado a salir con tu pareja y te dice que se va a ir una semana a la excursión de fin de curso. Te cuenta lo bien que se lo van a pasar con sus compañeros y compañeras: salidas, visitas, discoteca… Te pones “celoso/a” y le dices que como vaya a la excursión rompéis vuestra relación.

• Os parece lóxico esta reacción? • Que crees que sinte a rapaza nesta situación?


¿QUE É A VIOLENCIA DE XÉNERO? • Todo acto de violencia baseado na pertenza ao sexo feminino que teña ou poida ter como resultado un dano ou sufrimento físico, sexual ou psicolóxico para a muller, inclusive as ameazas de tales actos, a coacción ou a privación arbitraria da liberdade, tanto si se producen na vida pública ou na privada. (def. segundo o artigo 1 da Declaración sobre a Eliminación da Violencia contra a Muller de Nacións Unidas, 1994).


MANIFESTACIÓNS DA VIOLENCIA DE XÉNERO 1.VIOLENCIA FÍSICA (non aparecen en todas as relacións de abuso, pero iso non quere dicir que non haxa malos tratos)  Cada 10 min. unha muller morre de forma violenta, o que supón un total de 53.000 o ano.  Inclúe condutas tales como empurrar, abanear, perseguir, golpear, darlle unha labazada, dar patadas...  As primeiras agresións non adoitan ser as de maior intensidade. Podemos crer que un empurrón non ten importancia.

UN 3% DAS RAPAZAS RECONOCE QUE A SÚA PARELLA LLE PEGOU E UN 36% CONFESAN SENTIR MEDO POLAS MENSAXES QUE RECIBEN A TRAVÉS DO WASSAP.


MANIFESTACIÓNS DA VIOLENCIA DE XÉNERO 2. VIOLENCIA PSÍQUICA:No 100% dos casos de violencia de xénero dáse a violencia psicolóxica. SOE SER O PRIMEIRO PASO QUE AVISA DA POSIBLE VIOLENCIA. Podemos distinguir entre: • Maltrato verbal: insultos, gritos, ameazas,comentarios ofensivos( estás gordas ….), mensaxes humillantes a través de whassap, tuenti… • Maltrato emocional: destrución de obxectos que para ti son importantes, mirarche con desprezo, manifestar celos, deixarte plantada, facerche regalos despois de portarse mal contigo, abrir as mensaxes do correo electrónico, revisar o teu móbil… • Maltrato social: que pode levar ao illamento ( control de relacións terceiras, control excesivo e constante sobre todo o que fas,….


3.Malos tratos sexuais:  Cada 2 minutos hai unha nova vítima de violación e/o agresión sexual.  O 60% das violacións e agresións sexuais non se denuncian.

4.Acoso sexual: Unha de cada 10 traballadoras( 9.9%) padeceu algunha forma de acoso sexual no seu emprego nos dous último anos.

5.Tráfico ou utilización de mulleres:  En Europa, entran cada ano mais de 500.000 mulleres e nenas que serán vítimas da explotación sexual.  Contabilizase internacionalmente como o segundo delito mais rendible do mundo.


6.Mutilación xenital feminina:  No mundo, 135 millóns de mulleres e nenas foron mutiladas xenitalmente e dous millóns mais engádense a esta cifra cada año. Practicada de forma xeneralizada en mais de 28 países africanos e en algúns de Oriente Próximo.

7.Matrimonio forzado ou precoz:  O goberno de Afganistán, informou de que é habitual que as nenas de entre 10 e 12 anos contraian matrimonio.

E calquera outras formas análogas que lesionen a dignidade, a integridade e a liberdade das mulleres.


ALGÚNS DATOS: • A violencia de xénero é a primeira causa de morte e de minusvalía para moitas mulleres, por encima do cancro e dos accidentes de tráfico. • En España, segundo o Ministerio de Sanidade, Política social e Igualdade, no ano 2009 foron asasinadas a mans das súas parella ou ex-parellas 56 mulleres, no 2010 73, no 2011 61, no 2012 52 mulleres ,2013 54, 2014 54, 2015 60 • Neste ano, 37 ( 3 de novembro)….. • Estes datos refírense só a violencia de xénero que acaba en morte pero iso non quere dicir que a incidencia da violencia de xénero non sexa maior.


Existiu sempre?

• Cada 18 segundos unha muller sofre unha agresión polo simple feito de ser muller, por culpa dos estereotipos que pesan sobre ela … • A violencia de xénero existiu dende sempre, só que non saía a luz. Foi en 1997 cando Ana Orantes denunciou nun programa de televisión o maltrato sufrido durante 20 anos por parte do seu marido …. Poucos días despois morreu ( queimada polo seu marido)


¿COMO COMEZA?

Cando na miña relación de parella empezo a subir peldaños ¡¡¡¡PELIGRO!!!!

Creo que os homes somos mellores cas mulleres

Aceptar insultos, ameazas, agresións. Aceptar faltas de respeto malascontestacións desprecios, control ….. Aguantar cousas que non me gustan coas que non estou de acordo Permitir que controle a miña vida, con quen me relaciono, a miña forma de vestir Creo que son menos ca el, debo centrar miña vida na miña parella

RAPAZAS

RAPACES

As mulleres non saben ben o que queren, ás veces hai que dicirllo Os homes soen resolver os seus conflitos coa violencia O medo é o mellor recurso para que che respecten como home Un home forte e protector resulta máis atractivo para as mulleres


¿COMO COMEZA? De maneira progresiva … Isto ten que ver coa chamada

ESCALADA DA VIOLENCIA. Proceso paulatino e ascendente de etapas nas que a intensidade e a frecuencia das agresións vanse incrementando a medida que pasa o tempo.

Morte Violenta Agresións físicas Agresións verbais Agresións psicolóxicas


COMO SE DESENVOLVE: CICLO DA VIOLENCIA Ademais das etapas que dan forma as situacións de violencia, tamén establécese un proceso cíclico entre unha agresión e outra. 1.Fase de acumulación da Tensión 2.Fase de Explosión Violenta. 3.Fase de Lúa de Mel( arrepentimento) A medida que pasa o tempo esta progresión modificase e a fase de TENSIÓN faise mais corta e se intensifican as estratexias do agresor na fase de EXPLOSIÓN. A fase de arrepentimento tamén acúrtase e incluso desaparece.


CICLO DA VIOLENCIA


A VIOLENCIA NO NOIVADO • Sábese que na fase de noivado os sinais de abuso que aparecen a cotío son de carácter sutil, indirecto, encuberto e disfrazado ou mesturado con mostras de afecto e sentimentos amorosos • Estes primeiros comportamentos, normalmente relacionados con comportamentos posesivos e de control, van cobrando forza co tempo. Por esta razón, a única solución eficaz nestes casos é dar por rematada a relación o máis axiña posible.


POR QUE É IMPORTANTE QUE SEPAS DETECTAR AS PRIMEIRAS SINAIS DE VIOLENCIA? 1. Porque agora é cando estades formando a vosa conduta e as relacións que establecedes serán a base do que despois será a vida adulta. 2. Porque a violencia no noivado, en todas as súas manifestación pode traer consecuencias como: depresión, tristeza,relacións sexuais non seguras,fracaso nos estudos, influír nas relacións de amistade …. 3. Porque estas relacións abusivas poden continuar por descoñecemento,por crenzas erróneas do que é o amor e as relacións de parella. 4. Por que tod@s temos o dereito a vivir unha vida feliz e cunha relación de parella satisfactoria para os membros da mesma.


POR QUE É IMPORTANTE QUE SEPAS DETECTAR AS PRIMEIRAS SINAIS DE VIOLENCIA? COIDADO, podemos pensar que a violencia afecta só as persoas adultas ou que viven coa parella. Sen embargo as estatísticas confirman que está presente nas parellas máis xoves (FONTE:macro enquisa de violencia en contra da muller 2015)


A VIOLENCIA NO NOIVADO



A VIOLENCIA NO NOIVADO SINAIS DE ALARMA NO AGRESOR. 1.Intenta reiteradamente controlar a conduta da súa parella. 2. Mostrase posesivo,é extremadamente celoso . 3. Ailla a persoa dos seus amigos. 4. Mostra condutas humillantes,recorre a ameazas 5.Presiona a súa parella para manter relacións sexuais. 6. Ten cambios de humor imprevisibles, ten un estilo de comportamento violento en xeral,é agresivo verbal. 7. Ten un uso abusivo de alcohol , drogas, historias de maltrato coas anteriores parellas.


A VIOLENCIA NO NOIVADO 1. 2. 3. 4. 5. 6.

SINAIS DE ALARMA NA VÍTIMA Ten cambios de humor que antes non tiña. Mostra baixa autoestima,se siente rara, con problemas de nerviosismo.. Illase de amigos e familiares. Non sabe como comportarte xa para que non se enfade. Minte e oculta situacións de abuso por parte da súa parella Nota que os sinais cada vez se volven máis violentos…..


A VIOLENCIA NO NOIVADO INDICADORES DE QUE ALGO NON VAI VEN NA RELACIร N 1.Illamento: 2.Desconsideraciรณn 3.Amenazas. 4.Control y celos. 5.Dominaciรณn y abuso emocional. 6.Presiรณns sexuais 7.Indiferencia afectiva e chantaxe 8.Discusiรณns e ter medo


Pensa o que sentes


Indicadores dunha relación de dominio e control: cando o amor non é amor…. Pero si yo no he hecho nada

1.Illamento: 2.Descalificación. 3.Amenazas. 4.Control. 5.Dominación. 6.Presións sexuais 7.Indiferencia afectiva e chantaxe


1.ILLAMENTO: INTENTA QUE NON TE RELACIONES CON OUTRAS PERSOAS -Non lle gusta que vaias a ningunha parte sen el. -Cada vez que estades con amigos ponse borde.


2.DESVALORIZACIÓN/DESCALIFICACIÓN: -Burlase de ti e/ ou avergóñate en público. -Non se fía de ti. Quere controlar o teu móbil, manda mensaxes constantemente… / doble check do whassap -Critica constantemente as túas opinións ou formas de pensar. -Trátate como se foras menos competente que el. -Encontra defectos en case todo o que fas. -Sentes que cando lle contas as túas cousas mostra pouco interese.


3.AMEAZAR, INTIMIDAR, CHANTAXE EMOCIONAL: POÑER SOBRE AVISO DE QUE SE NON FAS O QUE QUERE VAI TER CONSECUENCIAS.

-Non te atreves a dicirlle o que sentes. -Algunha vez ponse nervioso contigo e “ descontrola” , sentes medo. -“ Mándame unha foto ….se non te fías de min demóstrasme que non me queres ….”


4.CONTROL: -Sobre o que fas.” mándoche whassap , me preocupo por ti ….” -Con quen te relacionas. “con quen estás” “ porque o tes de amigo no tuenti …” -Sobre a túa maneira de vestir, maquillarte, falar ou comportarte” pareces unha … “ -Sobre o que levas no teu bolso, mochila, fotos …. -Sente celos frecuentes por calquera motivo e realiza interrogatorios continuos para asegurarse que es fiel.


5.DOMINACIÓN: -Di o que está ben ou mal na vosa relación -Sempre quere mandar e tomar as decisións importan -Cree que es da súa propiedade.


6.PRESIĂ“NS SEXUAIS: -Ameaza con buscarse a outra para conseguir o que ti non lle das. -AcĂşsate de anticuada ou estreita. -Pon en dubida os teus sentimentos por el.


7-INDIFERENCIA AFECTIVA E CHANTAXE EMOCIONAL: -Sospeita -Descúlpase ante erros ou os nega,indiferenza, silencio -Faite crer que es a responsable da súa felicidade. -A veces utiliza na túa contra cousas que lle tes contado confidencialmente.


Ingredientes dunha relación sa e saudable.

1. RESPETO MUTUO: As túas opinións son tan importantes como as del, aínda que sexan diferentes. 2. INDEPENDENCIA e LIBERTADE: No hai porque facer todo xuntos, somos diferentes con gustos diferentes. E se facedes cousas xuntos, organizádeas xuntos e divertídevos os dous. Compartes cousas cas demais persoas e non só con el ( el non é o único) É tan importante o tempo que pasas con el como o que pasas coas túas amizades. 3. CONFIANZA: Tes confianza con el para falar calquera tema. 4. COMUNICACIÓN: Falas con el dos conflitos sen temor nin sensación de imposición. 5. AUTONOMÍA: Cada parte da parella debe ter autonomía para decidir que quere, cando o quere e como o quere. SEN IMPOÑER EN REALIDADE, TANTO EL COMA TI, FACEDES SEMPRE O QUE DESEXADES FACER


COMO CHE PODE AFECTAR UNHA MALA RELACIÓN DE PARELLA? 1. 2. 3. 4. 5.

Non durmir ou descansar correctamente. Dores de cabeza ou outros malestares físicos. Problemas nos estudos por falta de atención e concentración. Illamento dos teus amigos e amigas. Facer que desconfíes na xente que che rodea e estar continuamente nervioso/a. 6. Non ter gana de facer as cousas que antes che gustaban. 7. Estar confusa. 8. Tristeza continuada.


Que é unha relación sa? 1. 2. 3.

4. 5. 6. 7. 8.

É non abusar da parella pedíndolle que faga cousas pola outra persoa. É poder expresarnos con total liberdade e sen temor a que a nosa parella se enfade por dicir o que pensamos ou a que nos prohiba algo. É cando cada persoa no se enfada porque a outra persoa nos leva a contraria. É valorar o esforzo e o traballo da miña parella. É cando ninguén impón a súa vontade. É recoñecer cando nos pasamos ou equivocamos. É cando as decisións que nos afectan ás dúas persoas da parella son o resultado dun acordo mutuo É aceptar e respectar as opinións, os gustos, actividades e amizades da outra persoa. É apoiarse e axudarse mutuamente en plans e proxectos aínda que estes non sempre coincidan.


Test para rapazas con relación de noivado (respostar si ou non) Se saes cun rapaz e… 1. Controla continuamente o que fas. 2. É Celoso e posesivo. 3. Non quere que estudes 4. Búrlase de ti diante das túas compañeiras /os. 5. Racha cousas que ti aprecias. 6. Ameázate. 7. Pégache. 8. Non quere que teñas relación coas túas amizades de sempre. 9. Obrígache a facer cousas que ti non queres. 10. Bérrache a cotío e perde o control. 11. A miúdo faite sentir culpable. 12. Faiche chorar. 13. Tes medos das súas reaccións. 14. Sentes que te afasta da xente que queres. Se contestaches que si ás preguntas número 6 ou 7, ou a varias das demais, seria moi importante que reconsideraras a posible continuidade coa túa parella, porque co paso do tempo as persoas agresivas son cada vez máis violentas.

NON HAI XUSTIFICACIÓN DE NINGÚN TIPO DIANTE DOS MALOS TRATOS. TOLERANCIA CERO. POLO TANTO DI NON O MALTRATO


Test para rapaces con relación de noivado (respostar si ou non) Se saes cunha rapaza e … 1. Sentes a necesidade de saber ónde está, que está facendo e con quen. 2. Tes celos do que fai a túa parella. 3. Algunha vez empuxaches,pegaches a túa parella. 4. Dixécheslle en ton ameazante “ non te enfades.” 5. Ameazáchela con pegarlle ou levantaches a man con intención d e facelo. 6. Durante algunha discusión lanzaches ou rachaches obxectos, ou golpeaches pareces. 7. Consideras que é importante que as cousas se fagan a túa maneira. 8. Pensas que ás veces merecería que lle pegaran. 9. Danaches ou rachaches intencionadamente algo que era importante para ela. 10. Seguíchela algunha ves cando ela non o desexaba, ou revisaches o seu móbil TUENTI,whasappp….. 11. Impedícheslle saír nalgunha ocasión. 12. Sácache a cotío das “ túas casillas”. 13. Ás veces bulácheste dela diante das súas amizades.Sentes a Controla continuamente o que fas. 14. Tentas que se relacione menos cos seus amigos. Se contestaches que si ás preguntas número 5 ou , ou a varias das demais, seria moi conveniente que consideraras seriamente que tes un problema de violencia e que consultaras con algunha persoa

NON HAI XUSTIFICACIÓN DE NINGÚN TIPO DIANTE DOS MALOS TRATOS. TOLERANCIA CERO. POLO TANTO DI NON O MALTRATO


Recorda:


Recorda:

Unha relaciรณn de dominio e control pode acabar en violencia!!!!!!!!!


Recorda:


MOITAS GRAZAS POLA VOSA ATENCIÓN


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.