MUSICAL CAÓTICO
Na historia hai moitos Papá Noel, todos simbolizan a San Nicolás, nado en Turquía no s.III. Era un sacerdote ao que lle gustaban os nenos e moi solidario, repartía agasallos entre os probes. A súa fama extendeuse por Europa. En Oriente era coñecido por San Nicolás de Myra. No s. XI os cristiáns trasladaron as reliquias do Santo en segredo. No s. XIX os inmigrantes holandeses fundaron Nova Amsterdam (actual Nova Iork) e extenderon a figura de San Nicolás.
No 1809 comezou a transformación do Santo nunha personaxe ficticia na que se reemplazou a San Nicolás por Santa Claus. No 1823 un poeta deu forma ao personaxe facendo un Santa Claus máis parecido a un gnomo con trineo e renos. No 1850 o Santa Claus estadounidense extendeuse por Europa. Cando o Santa Claus americano chegou a Francia fusionouse co Bonhomme Noel, dando nome a Papá Noel. A finais do s. XIX, a partir dun anuncio estadounidense, creouse a tradición de que Papá Noel procede do polo Norte.
Nadal en España
Olentzero, no Pais Vasco e Navarra. Un carboeiro bonachón que baixa dos montes cun saco cheo de agasallos. A súa orixe é anterior ao cristianismo.
O tío Nadal, Tió en Cataluña, é una figura moi curiosa. É un gran tronco que se coloca na casa e haino que alimentar. O máis curioso é que cando chega o Nadal o Tió caga os presentes: pequenos agasallos e larpeiradas.
O Apalpador, en Galicia, é unha figura mítica dun carboeiro que baixa do monte a noite do 24 ou do 31 de decembro a tocar o bandullo da rapazada para ver se comeron ben. Deixa un montón de castañas e ás veces algún agasallo.
Os Reis Magos, son tres magos que chegaron de Oriente a adorar ao neno Xesús dándolle ouro, incienso e mirra. En España os Reis Magos traen agasallos ás cativiñas e cativiños o 5 de xaneiro, a cambio déixaselles comida e bebida para os magos e os seus camelos.
Nadal en Italia
A Bruxa Befana, en Italia, é unha figura do folclore italiano repartidora de agasallos. É unha velliña boa que voa nunha basoira e que enche os calcetíns colgados nas chemineas a noite anterior ao 6 de xaneiro, de doces e agasallos, ou de carbón(se te portaches mal).