Neste estudo analízanse e compáranse as principais solucións FLOSS dispoñibles para creación de tendas de comercio electrónico adaptadas ás necesidades da peme galega. Partindo dunha análise inicial dos aplicativos dispoñibles que cobren as funcionalidades de montaxe dunha tenda en liña, estudouse a popularidade das plataformas FLOSS en base ao seu posicionamento nos buscadores, ao número de implantacións e ao tamaño das comunidades de usuarios e desenvolvedores en torno a cada plataforma.
Do total de plataformas libres escolléronse cinco para o seu estudo pormenorizado, nomeadamente, Magento, OsCommerce, Prestashop, Virtuemart e Ubecart.
Este documento distribúese cunha licenza Recoñecemento-CompartirIgual 3.0 España de Creative Commons.