INTEGRACIÓN Revista da Fundación para a Protección de Discapacitados Psiquicos Terra de Celanova
TERRA DE CELANOVA
Nº2. Decembro 2013.
Revista da Fundación para a Protección de Discapacitados Psíquicos Terra de Celanova
Saúdo do Presidente da Fundación Como Presidente da Fundación para a Protección de Discapacitados Psíquicos da Mancomunidade Terra de Celanova, compráceme poder saudarvos a través da Revista creada no noso Centro Ocupacional.
SUMARIO Saúdo do Presidente da Fundación
Presentación
Talleres
Visitas o Centro Saidas e Eventos
Colaboradores do centro
Testemuñas de pais
Os usuarios
Traballos literarios dos usuarios
Levamos 15 anos de traballo incansable con este colectivo, e a motivación e as ganas de seguir avanzando non decaen. Comenzamos a labor no ano 1998, cun taller de xardinería, unhas instalacións moi precarias e pouco persoal. Fomos pouco a pouco ampliando as actividades a medida que se incorporaron máis usuarios. Na actualidade están a funcionar os talleres de xardinería, o invernadoiro, serigrafía, manualidades, cociña, ximnasia, autonomía persoal, taller académico, teatro ademáis da emisora de radio e a aula de informática. O servizo de transporte realizámolo con dúas furgonetas da nosa propiedade, coas que recollemos aos usuarios pola mañá nas súas casas e levámolos finalizada a xornada. Coa finalidade de mellorala calidade de vida destas persoas tan desprotexidas, era necesario atender tamén a situación na que se quedarán cando envellezan, polo que construírmos unha vivenda tutelada anexa ó Centro Ocupacional que esperemos impacientes a sua apertura. Gracias a esta publicación podedes coñecer máis de cerca o traballo que estamos a facer diariamente. Aproveito a ocasión para invitarvos a vir a coñecernos e a colaborar dalgunha maneira.
Pág. 3
COLABORADORES DO CENTRO
Presentación
A fundación de discapacitados psíquicos “Terra de Celanova” é unha organización constituída sen ánimo de lucro, foi creada en 1997 e funcionando dende o 28 de Setembro de 1998 como centro ocupacional, coa finalidades da integración social das persoas con discapacidade intelectual. OBXECTIVOS:
Orientar e facilitar aos usuarios o acceso a recursos comunitario se beneficiosos para o seu desenrolo persoal. Formar os usuarios en hábitos e habilidades laborais. Promover laboralmente aos usuarios a centros especializados de emprego, empresas ordinarias.. Facilitar o desenrolo persoal dos usuarios promovendo apoio adaptado as necesidades de cada un. Apoio as familias e responsables dos usuarios para a mellora da súa calidade de vida. Comezamos cun grupo reducido de 12 usuarios. Para o desenrolo das actividades previstas, dispúñamos dunhas instalacións reducidas formadas por 2 aulas, cociña, oficina e un baño. No ano 2004 o centro comezou unha reforma subvencionada pola Xunta de Galicia , durante este ano os usuarios do centro trasladáronse o albergue municipal de Vilanova. Con dita reforma as instalacións quedaron adaptadas as necesidades e actividades previstas cas que comezaría o novo curso, contando así con un novo taller para as diversas actividades, aula de informática na que temos na actualidade 6 ordenadores, unha nova aula para a implantación da emisora do centro a cal comezou a funcionar en xuño do 2007, cociña con equipamento industrial, oficina, e varios servizos adaptados. No ano 2009 subvencionado pola Xunta de Galicia cun orzamento de 127.070 € comezou a construción da Residencia (Vivenda tutelada Terra de Celanova)co obxectivo de poder axudar a esas familias que por dificultades económicas ou familiares non dispoñen do tempo necesario para a atención precisa dos discapacitados. Na actualidade debido á falta de subvención para o apoio económico non está en funcionamento, esperando a súa apertura nun breve prazo. Neste ano 2013, recibimos unha subvención pola Deputación, para a realización do taller de cociña, “ APRENDER A VALERNOS POR NOS MESMOS”, con ela pudemos mercas novo equipamento industrial para a cociña, podendo así os usuarios aprender a cociñar no centro e nas súas casas.
Página 4
No centro ocupacional realizamos distintos talleres.
INFORMÁTICA. Onde os usuarios adquiren o coñecemento a nivel básico do manexo do ordenador e a navegar en internet, realizando a súa vez xogos con actividades para exercitar a memoria.
Realízanse traballos de impresión de téxtil e vinilo usando as técnicas e maquinaria de serigrafiado. Este ano ampliamos este taller con novo equipamento.
RADIO. O centro conta cunha emisora de radio que funciona coma un taller máis onde se leva a cabo unha programación diaria variada, onde os usuarios toman unha parte activa na súa elaboración e nalgúns casos fan a programación eles mesmos.
TALLERES
SERIGRAFÍA.
Pág. 5
COLABORADORES DO CENTRO
COCIÑA.
TALLERES
Os usuarios acompañados sempre por un monitor elaboran a comida para todo o persoal do centro, tamén participan nas labores de limpeza e en tódalas actividades que se desenrolan a di ario na cociña.
TALLER DE XARDINERÍA. Neste taller desenrolan as técnicas tanto de xardinería coma de horticultura, ensinándolles o manexo de tódalas ferramentas e máquinas empregadas para tales fins. O centro dispón dun invernadoiro de hortalizas que se empregan para o abastecemento do comedor, tamén se realizan traballos de mantemento de xardíns para particulares e entidades públicas.
Convenio co I.E.S Celanova No ano 2008 asinámos un convenio de colaboración co I.E.S. de Celanova no cal desempeñamos labores de mantemento dos seu xardíns. Os obxectivos que tratamos de acadar son os da integración laboral, desen-
Este tipo de colaboracións externas serve como medio de poñer en practica tódolos coñecementos adquiridos no centro. Os usuarios responden cunha actitude positiva, sendo tamén unha forma de reafirmación persoal, xa que ao traballar inte-
Página 6
TALLER DE XIMNASIA. Na actualidade tódolos os usuarios asisten o taller a diario no ximnasio privado do centro, así como unha vez cada quince días asisten a piscina municipal de Xinzo para clases de natación. O obxectivo xeral do taller e mellorar a súa psicomotricidade.
TALLERES
AUTONOMÍA PERSOAL O obxectivo deste taller e poder valerse por si mesmos facéndoos o máis autónomos posible para a vida cotiá, aprendendo e practicando a realización das seguintes actividades: hixiene persoal, hixiene na casa, labores domésticas , coñecemento e manexo do diñeiro.....
FORMACIÓN ACADÉMICA Onde os usuarios adquiren coñecementos básicos de lectura, escritura, matemáticas e exercicios de memoria, tamén se fai unha labor de pronunciación e dicción con algúns dos usuarios que teñen problemas de vocalización
TALLER TEATRO: Este é o primeiro ano do taller de Teatro, creouse para conseguir os obxectivos de reforzar a autoestima, seguridade, mellorar a memoria, facilitar a comunicación, e por suposto divertirse. Estamos ensaiando varias obras as cales esperamos representar no auditorio ILDUARA de Celanova na vindeira primavera. E gravar unha curtametraxe dirixidos por Manuel Caldas Vilela.
Pág. 7
COLABORADORES DO CENTRO
TALLER MANUALIDADES: Onde se abarca tamén restauración de apeiros antigos ( cubas,testos,potes….). Os regalos dos días do pai e da nai, elaborados polos usuarios, Decoración das aulas. Bonecas en goma eva (FIFUCHAS), decoración de botellas, pratos, tellas, caixas …. Para a venda nas feiras, e encargos que nos fan para bodas, bautizos e comunións.
Visitas o centro Este ano recibimos as visitas do presidente da deputación de Ourense, José Manuel Baltar e do Vicepresidente da Xunta Alfónso Rueda, onde os nosos usuarios ensináronlles as instalacións, e explicaron as actividades levadas a cabo nos diferentes talleres.
TALLERES
TALLER DE OCIO: No inverno fanse xogos de exercitación onde os usuarios participan de forma activa. A partir de maio facemos saídas o aire libre como os paseos a Celanova, ir comer a area recreativa da Bola onde pasan o día, ir as piscinas en Celanova….
Pág. 8
Para estas actividades dispoñemos do diñeiro recadado ca venda das manualidades realizadas polos usuarios e traballo do mantemento dos xardíns do instituto, particulares e entidades públicas. Os usuarios séntense así recompensados polo seu esforzo e o seu traballo.
SAIDAS E EVENTOS
ENTROIDO EN XINZO Todos os anos elaboramos os diferentes disfraces no taller de manualidaes para asistir o Entroido en Xinzo onde os usuarios disfrutan cas charangas e o ambiente do entroido.
MAC DONALDS En dúas ocasións co obxectivo de premiar o comportamento e o traballo de tódolos usuarios, e elexido o lugar por eles, fumos xantar o Mac Donals.
FESTIVAL INTERNACIONAL DE XARDÍNS DE ALLARIZ Esta actividade realizámola tódolos anos, pola mañá visitamos os xardíns e votamos o que máis nos gusta. Rematamos a xornada xantando o carón do río.
EXCURSIÓN A MUIÑOS No mes de Xuño pasamos dous días no albergue de Muíños, os usuarios disfrutaron da experiencia de pasar uns días fora da rutina habitual. Conseguindo así fomentar as relación persoais e en difinitiva divertirse.
“O MUNDIL “ Na hípica O Mundil en Cartelle, fixemos un programa de actividades específico para eles, viñeron encantados da experiencia, montar a cabalo, pintar no poni, non sabían o que máis lles había gustado…..
“O REXO” EN ALLARIZ
SAIDAS E EVENTOS
Outra actividade foi a xuntanza ca Fundación de Verín para compartir as actividades na aula de educación Medio Ambiental e na Queixería do Rexo. Co obxectivo xeral de fomentar a relación e as experiencias enr¡quecedoras entre eles, e disfrutar dun día dos animais da queixería e do medio ambiente.
“PORTOQUINTELA” Neste verán fomos en varias ocasións as pozas de auga quente, e o embalse das Conchas en Portoquintela, onde os usuarios disfrutaron das propiedades das augas quentes, baños no embalse e comidas o aire libre.
“BAILA CONMIGO” Esta forma parte doutra actividade que realizamos tódolos anos. Ensaian durante dous, tres meses o baile que van representar no festival de “Baila Conmigo” de Celanova. Co obxectivo de lograr a integración e socialización dos usuarios.
CELEBRACIÓN DOS CUMPLEANOS DOS USUARIOS Celébranse todos os cumpleanos dos usuarios, con torta elaborada no taller de cociña , e por suposto, non pode faltar o regalo entregado polos compañeiros.
MAGOSTO Celébrase tódolos anos con xogos e actividades o aire libre, facendo fogata no xardín na cal asamos os chourizos e as castañas, é unha das celebracións máis esperados do ano.
Pág. 10
COLABORADORES DO CENTRO
MANUEL CALDAS VILELA “Non debería de haber vido, non debería de haber vido”, así comeza o papel de pirata que interpreto na obra que estamos a ensaiar no Centro Ocupacional da Mancomunidade de Celanova, e así me recibe Xosé LuÍs, o fillo de LuÍs e Olga, cada vez que chego para ensaialo. Pero non é o único recibemento: recíbenme tamén os bicos de Eva, os saúdos de Ana, o sorriso pícaro de Fidel ( o meu partenaire de piratería teatral xunto co Robert), o cariño de Xosé, Carmela e Salomé, as preguntas de Enrique, en xeral, recibenme con un montón de cariño que ven non so dos rapaces senón tamén dos coidadores. Pero haí non queda todo( se a cousa se quedase nun mero intercambio de cariño, de por sí sería fantástico, pero un pouco coxo, coma o meu disfráce de pirata); trátase de aprender de eles e con eles e haí teño que admitir a miña admiración unha vez máis polo esforzo que fan para aprender o papel e perder o medo a representalo diante do público ( xa veremos como nos sairá cando chegue o momento). A pesares de que o mundo de piratas está moi deostado ultimamente por culpa dos da internet ( e tamén dos do índico) , eu tiven a sorte de atopar un niño, un niño de piratas que me ten feito rir o tempo que reflexionar sobre cousas pouco tecnolóxicas e moi humanas, como por exemplo o cariño que recibo deles, que debe ser prácticamente a única cousa que agora mesmo non se pode piratear no mundo moderno. E iso que non ten clave. Manuel Caldas Vilela
MARIA GONZALEZ SALPURIDO A miña experiencia neste centro comezou cando decidín facer o proxecto de fin de carreira sobre a radio coma canle de integración para persoas con discapacidade, escollendo este centro pola miña proximidade a el. O que comezou sendo tan só iso, parte dun traballo da facultade, converteuse logo nunha experiencia moi positiva para min, grazas en parte a acollida que recibín de tódolos membros do centro. Todos eles, dentro das súa problemática persoal, amosáronse cariñosos e receptivos coa miña chegada, acostumados a tratar sempre coas mesmas persoas, a chegada de alguén novo ó centro tradúcese en algo moi positivo para o grupo. Os primeiros días apenas me involucraba nas actividades, tan só os observaba, pero pouco a pouco conseguiron que fora unha máis e cada vez que unha das coidadoras estaba ocupada noutra actividade era eu a que me encargaba de coordina-los programas radiofónicos con eles, dándome así a oportunidade de poñer en práctica os coñecementos que adquirira durante a miña formación. Costa crer que cuns recursos tan reducidos e cun grupo que non se salva nunca de imprevistos sexa posible sacar a diante tódolos días a programación radiofónica da emisora pero nisto xogan sen dúbida un papel fundamental tanto as traballadoras do centro como os membros do mesmo. Estou completamente convencida de que nesta experiencia aprendín máis eu deles ca eles de min e non puiden evitar botar de menos ó grupo cando chegou o momento de despedirse. De todo o aprendido nestes meses quedo coa súa capacidade de superación, co seu compañeirismo e coa solidariedade como grupo, visible en cada paso que dan e en cada actividade do centro. María González Salpurido
TESTEMUÑAS DE PAIS
Mª DOLORES IRMA DE PEPIÑO
Ola son a irmá de Pepe, o meu irmán leva 5 anos no centro entereime deste pola asistenta social de Celanova, eu quería habelo metido antes no centro pero debido o empeoramento da súa enfermidade, tiven que esperar a que tivera a medicación apropiada. O que quería era que relacionara con xente, e agora vai encantado , está moi contento e incluso madruga sen ningún problema para asistir o centro.
MARIA NAI DE FIDEL
Ola eu son a nai de Fidel . O meu rapaz leva 15 anos no centro, e a miña intención era que estivera con xente e ocupado. Coñecín o centro por medio da asistenta social a cal me informou de todo. Agora anda moito máis activo e máis contento, hasta interésalle a xardinería na casa,e asesóranos.
.
CELSA NAI DE CARMELA
Ola son a nai de Carmela, coñecín o centro por medio dunha reunión que fixeron a alcaldesa e o presidente da Fundación no colexio de Ramirás fai xa 15 anos. Decidín que asistirá o centro co obxectivo de que aprenderá a ser máis autónoma dentro da súa discapacidade que se sociabilizara co entorno. E alégrome da decisión, aprendeu a facer moitas cousas sobre todo na cociña, xa que este é o taller que máis lle gusta, inda que na casa non coopera como no centro, pero cando axuda séntese moi contenta.
Pág. 12
COLABORADORES DO CENTRO
OS USUARIOS
ROSA
Ola chámome Rosa, son da Bola e teño 34 anos, levo 6 anos no centro e gústame moito estar aquí, desde que veño creo que o meu comportamento mellorou moito agora son moi traballadora, os talleres que mais me gustan son a emisora e a xardinerÍa. Lévome con todos os compañeiros pero en especial con Eva e Fernando cos que traballo en xardinería e cos que teño mais cousas en común.
SARA
Ola o meu nome é Sara!! Teño 34 anos e levo vindo o centro un ano, na casa aburríame moito en cambio aquí coñecín a xente coa que o paso moi ben e fago actividades con eles. Os talleres que máis me gustan son informática e manualidades. Teño boa relación con todos o compañeiros pero en especial con Eva e Dolores que son moi atentas comigo e axúdanme en todo.
ROBER
Ola a todos!!!!!! Son Roberto de Fonteblanca, teño 36 anos e levo 15 deles no centro, gústame vir o centro porque alégrame estar cos compañeiros en especial con Eva que me axuda en todo, escóitame e compréndeme. O taller de emisora é un dos que máis me gusta sobre todo dar os deportes, tamén me gusta facer o mantemento dos xardíns do instituto e os da Mancomunidade.
Página 13
COLABORADORES DO CENTRO
TRABALLOS LITERARIOS DOS USUARIOS CONTO DO DÍA DO MEDIO AMBIENTE Érase unha vez un arbore que só, lle gustaba que viñera a primavera porque víase máis abrigado cas súas follas novas, e dicía que fermosa é a primavera, polo menos non pasarei frío coma no inverno que estou sen follas, agora teño follas e flores o meu arredor e non me sinto tan só, xa que teño con quen falar e os paxariños piando contentos, xa que en inverno non están tan ledos coma na primavera. A árbore falaba cos seus compañeiros do contentos que estaban xa que tiñan con que abrigarse e xa non pasarían frío.
EVA FERNANDEZ RODRÍGUEZ
LAURA Te llevo en mi corazón primero Es algo que busco y nunca encuentro Lo se porque lo siento, es mi sentimiento De amor que tu me arropas en estos fríos meses De enero, me siento libre cuando te encuentro, Me siento libre y cuando te encuentro , nada Es complicado a tu lado sigo reconocible Por estar aquí contando los segundos junto a ti Y esto lo escribí pensando en ti… Porque te quiero por encima de cualquier pero Mas allá del poderoso caballero, don dinero Tu renaces al amante yo adormezco al guerrero Se que nuestro amor es sincero y al final de todo Somos hijos del mismo cielo
MARTÍN ELGUERO CALDARELLA
Recicla con nós No centro ocupacional estamos concienciado ós rapaces para que se mentalicen do importante que é o reciclaxe para o medio ambiente. Ademais, aquí proporcionamos un servizo de recollida selectiva de papel, imos a tódolos concellos da Mancomunidade, recollémolo e levámolo á planta situada en Mandrás (Celanova). Dende alí ocúpanse de levalo á planta de reciclaxe de papel
Que materiais depositar no contenedor amarelo:
Que materiais depositar no contenedor xenérico:
Restos orgánicos Cueiros, compresas Papel e cartón manchado
de graxas Bombillas Espellos Louza rota Cintas de vídeo e de audio Disquettes e CDs bolígrafos Xoguetes de plástico Calquera material distinto de: Envases de plástico, latas e briks Envases de vidro Papel e cartóns limpos
Botellas de plástico que contiveran alimentos (aceite vexetal, refrescos, auga, leite, salsas, ...) Botes de plástico de produtos de aseo ou limpeza (xel de baño, champú, xabón líquido, lavavaixelas, limpiadores do fogar, suavizante, ...) Latas de conservas e de refrescos Briks de leite, viño, zumos, ... Papel de aluminio Bandexas de porexpan ou corcho branco Redecillas de envoltorio de froitas ou verduras Plástico film (plástico de cociña para envolver) Bolsas de plástico Bolsas plásticas de aperitivos Bolsas plásticas de bolería industrial De forma xeral todos os envases de plástico, latas e briks
TAMÉN PODEDES ESCOITARNOS NA NOSA EMISORA, A RADIO DA COMARCA DE CELANOVA.
RADIO CENTRO Revista da Fundación para a Protección de Discapacitados Psíquicos “Terra de Celanova”
FUNDACIÓN PARA A PROTECCIÓN DE DISCAPACITADOS PSÍQUICOS “TERRA DE CELANOVA” Enderezo: Barrio da Ermida, 39 baixo Localidade: Celanova c.p: 32800 Telf: 988432176 correo: centro.ocupacional@terradecelanova.es
NO 107.4 DA FM
CONTAMOS CO APOIO DA MANCOMUNIDADE TERRA DE CELANOVA E TÓDOLOS CONCELLOS QUE A FORMAN:
CELANOVA CARTELLE GOMESENDE
www.terradecelanova.es
A MERCA PONTEDEVA QUINTELA DE LEIRADO RAMIRÁS
Tamén no Facebook
VEREA.
CONCELLO DE CELANOVA CONCELLO DE GOMESENDE
CONCELLO DE CARTELLE
CONCELLO DE A MERCA
CONCELLO DE PONTEDEVA
CONCELLO DE VEREA
CONCELLO DE QUINTELA DE LEIRADO CONCELLO DE RAMIRÁS