1
2
.A contorna do IES Adormideras 13 .O noso calendario 15 .Abrindo fronteiras 15 .Auxiliares de conversa 16 .Programas europeos 17 .Moito teatro 18 .Joyeux Anniversaire !!!! 19 .Disfruta a lingua 20 .Que ben estamos na biblio!!! 22
.O IES Adormideras, pioneiro do bacharelato artístico en Gallicia 26 .Exposición no Fórum metropolitano 28 .Mural para Xapón, Adormideras-Sargadelos 30 .Visitas a museos e centros de arte 31 .Visita a outras escolas 32
.Visita a exposición de Sorolla 65 .Georges Méliès e o cine de 1900 66 .Exposición de Georges Méliès 68
ARTE
25 ANOS ENSINANDO CON
O instituto plurilingüe Adormideras acaba de cumprir 25 anos. Lonxe queda xa o curso 1990-91 cando empezou a súa andaina con profesorado provisional do que xa non queda ninguén no centro. A inauguración oficial tivo lugar o 22 de febreiro de 1991, sendo inaugurado polo entón presidente da Xunta de Galicia Don Manuel Fraga Iribarne, como aparece na placa que loce na entrada do instituto. Margarita Domínguez Díaz foi a primeira directora do instituto e a ela temos que agradecerlle poñer en funcionamento o centro que non debeu ser nada doado, xa que os inicios sempre son difíciles e mais cando se trata de organizar un novo centro educativo. Estivo na dirección dous cursos, sentando as bases do que hoxe é o instituto Adormideras. Miguel Izaguirre Cahue continuou este labor sendo director os tres anos seguintes, de 1992 a 1995. Durante a súa etapa establecéronse as liñas educativas que vertebrarán a identidade do instituto como centro democrático, plural, tolerante, solidario, flexible, innovador e vivo. No curso 1991-92 chega ao centro a primeira tanda de profesorado definitivo dos que xa van quedando poucos. No curso 1992-93 ten lugar a achega da segunda tanda de profesorado definitivo, creando así un claustro de profesores bastante estable ao longo de varios anos. Nestes primeiros anos conviven as ensinanzas do antigo BUP e COU coas novas ensinanzas de ESO e Bacharelato. Xa no curso 1993-94 ten lugar no instituto a implantación anticipada de ESO, empezando en 3º de ESO; e no curso 1994-95 somos centro piloto na implantación do Bacharelato Artístico, bacharelato que co tempo se convertiría nun dos principais sinais de identidade do noso instituto. Pedro Vázquez foi director o curso 1995-96. É moi difícil poder levar adiante un proxecto de dirección en tan só un ano, pero non por isto o labor de Pedro é menos importante que o do resto de directores. Foi quen de acadar os obxectivos es7
tablecidos, de entender as necesidades do centro e de continuar a consolidar a nosa identidade. Alejandro Porto Andión estivo 3 anos como director, de 1996 a 1999. De entre todas as súas liñas de actuación, a que deixou unha pegada máis forte no instituto foi a súa idea da creación da aula-materia. Creo que non me equivoco ao afirmar que todo o profesorado que traballa e traballou en Adormideras lle está moi agradecido. Traballar con este sistema facilita moito o labor do profesorado, aprovéitase mellor a hora de clase e o alumnado sae beneficiado, que é o obxectivo fundamental. Isto non ten que desmerecer o resto do seu traballo que foi tamén moi importante. Miguel Izaguirre Cahue retoma a dirección no curso 1999-2000 e será director durante 5 anos, ata o curso 20032004. Hai que agradecerlle moito a súa
8
dedicación ao instituto, non só polos anos que foi director senon tamén polas dificultades coas que tivo que lidiar. Houbo anos en que estivemos a piques de perder ao alumnado de ESO debido á pouca matrícula: no curso 2002-2003 había 50 alumnos matriculados en toda a ESO e 60 alumnos no curso 2003-2004. Afortunadamente, e grazas ás xestións do director, conseguiuse non perder estas ensinanzas. Carlos Pérez Valcarcel dirixe o centro de 2004 a 2008. Ten que seguir a loitar coa administración porque a matrícula segue sendo moi baixa e fálase incluso da posibilidade de implantar no instituto outro tipo de ensinanza para aproveitar as aulas, que finalmente non se levou a cabo. E xa que temos no instituto alumnos de Bacharelato Artístico, o director decide que é hora de comezar a decorar o instituto, facendo da decoración do centro unha das súas principais liñas
de actuación. Foi así como empezou a cambiar o aspecto do instituto decorando unha serie de portas con obras de pintores do século XX. Tarefa que continúa hoxe en día e que non debemos deixar de lado porque é algo que nos fai diferentes. Estrénome como directora no curso 2008-09 e con este curso 2016-17 vou xa polo noveno ano. A culpa é de Carlos Pérez que me convenceu para sustituílo eloxiándome as avantaxes do cargo; non me falou de desgustos, nin de sacrificios. Pero grazas ao traballo previo de todos os directores que me precederon, o certo é que o meu labor foi máis doado do que eu imaxinaba. Xa tiña o camiño trazado, só tiña que seguilo. Ao longo destes anos foron consolidándose os nosos sinais de identidade: Bacharelato Artístico, aula-materia, educación en valores. Durante os anos que levo na dirección seguín a consolidar ditos sinais pero tamén afrontei novos retos: • A potenciación das linguas estranxeiras que nos levou no curso 2010-11 a formar parte da rede galega de centros plurilingües e a pasar a denominarnos IES Plurilingüe Adormideras, aínda que a nosa andadura polo ensino de linguas estranxeiras comezou moito antes. • No ano escolar 2012-13 incorporámonos ao Proxecto Abalar, intentando estar sempre á última no apartado das novas tecnoloxías. Estamos agora empezando a traballar coa aplicación abalarMóbil xa que as novas tecnoloxías son o reto máis importante ao que teremos que enfrontarnos nos próximos anos. • Colaboración con diferentes institucións: Voz de Galicia , Concello, cerámicas O Castro e tantas outras. Pero
entre todas elas quero salientar pola súa transcendencia a colaboración na primavera de 2012 coa produtora de Xosé Abad na curtametraxe “A pegada dos avós”, co –protagonizada por varios alumnos do centro. Grazas a esta curtametraxe, o instituto viaxou pola xeografía española e hispano americana e por varios festivais internacionais. • Dende o curso 2014-15 formamos parte do Plan de mellora de Bibliotecas escolares. Son pequenos logros que van sumando e que fan que o noso instituto sexa todo un referente non só na cidade senón tamén na provincia. O número de alumnos foise incrementando paulatinamente: dos 286 alumnos matriculados no curso 2008-09 pasamos ata os 425 matriculados no curso actual. E a previsión para o próximo curso é de seguir incrementando esta cifra. O instituto que temos hoxe non sería posible sen o traballo de Margarita, de Miguel, de Pedro , de Alejandro e de Carlos. Grazas a todos eles, grazas aos membros das súas direccións e grazas a todos os profesores que forman e formaron parte nalgún momento do claustro do instituto de Adormideras. O instituto non sería o mesmo sen as suás aportacións. Como directora do instituto síntome orgullosa do traballo realizado por todos nós e de formar parte da gran familia de Adormideras. “Yo hago lo que tú no puedes, y tú haces lo que yo no puedo. Juntos podemos hacer grandes cosas” Madre Teresa de Calcuta. Carmen Tembrás Alonso Directora do IES Plurilingüe Adormideras
9
10
A NOSA
IDENTIDADE
Desde o ano 1992 a actualidade do centro recolleuse na revista Mapoula; nela puidose seguir a vida académica e cultural do Insti. Se miramos os distintos exemplares que temos podemos lembrar os alumnos, compañeiros e as distintas actividades ilusionantes que se realizaron ao longo destes vinte e cinco anos. Realmente debemos dicir que Mapoula é unha pequena mostra da vida deste Instituto. Só fai falta ver os primeiros exemplares mecanografados e feitos con recursos que hoxe nos soprenden e xa case temos esquecido case ata os máis vellos.
Estas revistas tamén nos permiten ver o paso do tempo, os avances do branco e negro á cor, da máquina de escribir aos programas de tratamento de texto e debuxo por ordenador, das cámaras fotográficas de antano ás modernas dixitais e ata os smarphones. Todos os anos emprendemos a revista Mapoula coa mesma ilusión e cos mesmos nervios, xa que van pasando os meses e sempre chegamos á final do curso coas mesmas présas e agobios vendo que non dá tempo a editala. Pero no remate, despois dun esforzo exhaustivo, por parte, especialmente, dos maquetadores o resultado sempre é exitoso. De feito xa relacionamos a presentación da revista Mapoula co fin do curso.
13
para apoiar a candidatura da torre como Patrimonio da Humanidade; lembramos tamén moi especialmente o número adicado ao desastre do Prestige no curso 2002-2003 e aos atentados do 11 M en Madrid nos que recollemos a repulsa e a solidaridade da Comunidade Escolar. Por todo isto continuamos traballando e intentando que a revista continúe sendo un símbolo do centro. Este ano conmemorando o 25 aniversario intentamos facer unha publicación especial para celebrar este evento. Contamos, como tódolos anos, coa colaboración do profesorado, alumnado, persoal non docente... e cos que xa non están no centro pero que formaron parte importante da nosa comunidade.
A revista tamén nos permite ver que hai actividades consolidadas que se veñen realizando desde hai anos e xa forman parte da vida do centro como, por exemplo, os calendarios-marcadores, a festa do nadal, entroido, a celebración da semana cultural das letras galegas,as diversas saídas culturais: París, actividaFinalmente agradecemos a todos des deportivas coma a semana branca... aqueles que colaboraron e traballaron conferencias, teatro... para que Mapoula puidese saír á luz ano tras ano durante estas dúas décadas. A revista serviu tamén para recoller acontecementos importantes na sociedade e, Equipo de dinamización da lingua concretamente, na sociedade galega. Citamos, por exemplo, o número adicado á Torre de Hércules do curso 2008-2009
14
A contorna do
IES Adormideras
Cando en 1991 se pensou en construír un novo instituto para A Coruña, pois daquela aínda non comezara nas aulas o declive demográfico, o Concello sinalou o lugar de Durmideiras, que estaba dispoñible, aínda que a súa situación non parecía axeitada, pois quedaba lonxe da poboación. Pero o que en principio era unha desvantaxe, a xente do Instituto soubo darlle a volta e convertelo nunha magnífica oportunidade. En efecto, o centro coa súa sección de Artes e a súa actuación punteira en todos os campos atrae alumnado para o que a súa situación de arrabalde supón máis unha vantaxe que un problema. Por outra banda a contorna foi mellorando en todos os aspectos de xeito que hoxe ofrece un enorme atractivo paisaxístico, histórico, artístico e de lecer.
Non hai dúbida que os pequenos areais, as vistas panorámicas, as súas sendas que poden aproveitar todo tipo de público son unha delicia a ter en conta. A Torre de Hércules ou Castelo Vello sigue suscitando o interese dos historiadores con novas contribucións para comprender a súa función e o seu transcurso ao longo dos séculos. A carón do instituto estaba o Castelo Novo, sobre cuxo lugar se levantou o Club do Mar. De interese foron tamén as instalacións militares que houbo ata tempos recentes para alerta e defensa da cidade, das que podemos ver fotografías e maquetas no Museo Militar. A toponimia menor segue viva e danos conta da conformación desta Punta Herminia. Agra de San Amaro, Campo das Ratas, O Acaroado, O Altar, etc., son resposta aos avatares que sufriu este recuncho.
Castelo novo e posto militar na boca da Praia de Durmideiras
15
Pero actualmente toda a contorna de Durmideiras nos ofrece un remanso de paz, onde gozar de natureza e arte ao mesmo tempo, de ceo, terra e mar, de aves e plantas variadas e de esculturas e pinturas de grandísimo valor. Comezamos a nosa andaina polo club do Mar onde podemos ver a nosa propia “capela sixtina” coas pinturas e relevos de Pedro Bueno sobre as paredes da cafetería. Fronte a ela a áncora do “Mar Exeo” (que naufragou en 1992) para recordarnos as desgrazas dos naufraxios. Tras pasear ao longo da praia achamos sobre unhas rochas a Serea de Mª Xesús Urgoiti. Máis adiante vemos unha reprodución da evolución da torre de Hércules antes de chegar ao Campo das Ratas, onde en tempos pasados se tiraban os escombros da cidade e onde durante a Guerra Civil axustizaban oficialmente a algúns prisioneiros, mentres que a outros os “paseaban” pola noite, por iso se ergueu alí un monumento en recordo destes represaliados. En fronte está o cemiterio dos “mouros” que loitaban nas tropas de Franco, agora reconvertido na Casa das Palabras. A explanada dos menhires data do ano 1992 aínda que algún folleto turístico despistado di que é da época neolítica. Desde aquí achegándose á beira do mar achamos a “Area da concha”, unha pequeniña cala cunha area tan fina (como a das beiras da praia das Lagoas) que se vendía na cidade para labores de limpeza nas casas. Continuando o paseo, admiramos a escultura de Hércules na barca dos Argonautas que forma parte das dedicadas á lenda de Hércules e que se poden ver a continuación, como son a Copa do Sol, a Hidra de Lerna, Hércules, ou a His-
16
Hidra de Lerna, de Goás Mendes
toria de Hércules e Xerión que se pode ver nas portas da Torre. Achegándonos á Punta Herminia atopamos unhas rochas con gravados que nos levan a épocas quizais neolíticas. E ao lado no mar está o Xugadoiro, onde as bravas ondas do mar “xogaron” cos restos do Mar Exeo ata despezalo. Ao pé da Torre unha estatua nos remite a lenda de Breogán, quen tras rematar a conquista de España comezada polo seu pai Brath, funda a cidade de Brigantia e constrúe preto dela una torre, polo que tamén será chamada Faro de Breogán. A Torre de Hércules, patrimonio da Humanidade, é o lugar máis alto e máis relevante do noso paseo. As súas paredes, as súas bóvedas, as inscricións romanas,… aínda teñen moitos secretos que revelar. E tras unha volta polos arredores do Areal das Lapas vendo as esculturas dos Ártabros, Os Gardiáns, Caronte, o Homenaxe a Picasso, etc., podemos tornar ata o instituto despois de mellorar as articulacións do corpo e abrir horizontes ao espírito. José M. Bértolo
O noso calendario Un dos sinais de identidade como centro é o noso calendario marcador que deseñamos tódolos ano. Aquí está o deste ano, pero non podemos esquecer que durante moitos cursos os distintos deseños que se foron realizando serviron para facer o calendario que sempre se distribuíu entre o profesorado e o alumnado. Así podemos marcar ben as datas dos exames, entregas de exercicios...e, por suposto, non esquecerse de cando son as vacacións !
S É L G IN Abrindo fronteiras Desde o ano 1996, e moitos anos antes de que os institutos galegos puidesen ter ao seu alcance pantallas dixitais interactivas , antes de que internet e o ADSL (2000) ou Skype (2003) fose cousa corrente nas nosas vidas o noso instituto embarcábase nun proxecto para poñer en contacto alumnos de tres países a través de videoconferencias, e a compañía de ordenadores RM de Inglaterra chegaba ao noso centro para instalar unha pantalla (whiteboard) da que case non coñeciamos o seu uso. O IES Adormideras colaboraba nun proxecto europeo (SAELN ou Student´s Across Europe
Language Network) que co financiamento europeo e a axuda de software como Picture Tel 200 permitíanos , a través de chamadas telefónicas, poder ver e falar con alumnos do Monskseaton Community High School en Newcastle (Inglaterra) e alumnos de Gesamschule Eppendorf en Hamburgo (Alemania). As novas tecnoloxías entraran nas nosas aulas. As conversacións e a práctica do idioma facíanse máis reais. Os temas preferidos eran o deporte, os gustos musicais, os plans de vacacións e as distintas tradicións e costumes de cada lugar. 17
Era de agradecer a participación dos nosos alumnos que, de xeito voluntario e moitas veces en horario extraescolar, interesábanse por coñecer a xente e practicar as linguas estranxeiras. Coas novas tecnoloxías chegaron tamén os problemas tecnolóxicos: pantallas en negro, imaxe sen son, son sen imaxe. E a recorrente mensaxe de “a chamada desconectouse por motivos descoñecidos”. Ninguén a quen acudir porque nin entón nin hoxe en día tiñamos nin temos en persoal un técnico, como si tiñan en Inglaterra. E para o uso da pantalla dixital ían xurdindo empresas que nos poñían ao día.
Hoxe calquera desde o seu fogar pode establecer contactos con familiares e amigos, practicar idiomas con xentes doutro lado do planeta, nas escolas pódense proxectar imaxes , videos e facer presentacións en pizarras dixitais pero non debemos esquecer que tamén o noso instituto foi pioneiro en apostar polas novas tecnoloxías. Elisa Santamarina Fernández Departamento de Inglés
Auxiliares de conversa Se alguén contribuíu a que hoxe sexamos un centro plurilingüe foron os profesores visitantes e os auxiliares de conversa estranxeiros. Algúns deles como Nick Clift de Reino Unido ou Anita Berge de Alemania compartiron con nós plenas responsabilidades educativas e foron profesores de inglés no centro cóbado con cóbado co Departamento. Eles engadiron unha mirada nova, da que aprendemos e nos enrequecemos. Grazas Nick! Grazas Anita! Por outra banda, os auxiliares de conversa trouxeron a súa frescura e entusiasmo. Todos eles foron ferramentas fundamentais que axudaron a aumentar a motivación dos alumnos e alumnas e o seu interese na aprendizaxe dunha lingua estranxeira. Eles aportaron un contacto e unha exposición directa coa lingua e a cultura actual dos países dos que viñan, fomentaron a curiosidade dos estudantes e mesmo a súa influencia levou a vínculos máis profundos e lonxevos no tempo, como é o caso de Katrin, de Alemaña, que colaborou cos tres idiomas estranxeiros que se imparten no centro: inglés, francés e alemán e que continuou a traballar con nós desde o centro educativo de Dortmund, con quen organizamos dous intercambios culturais co alumnado. 18
Tamén de Alemaña tivemos a Jette, chea de alegría e vitalidade, que introduciu as clases de alemán polas tardes. Desde as illas británicas tivemos a Sonia, a nosa primeira lectora, nacida en Londres e filla de emigrantes galegos, vinculada a zona de Negreira onde hoxe ten unha empresa relacionada coa ensinanza das linguas. E a Jack, de Gales, viaxeiro incansable e gran afeccionado ao futbol. O seu amor pola cidade troúxoo de volta e hoxe está de novo vivindo na Coruña. Do novo continente tivemos a Dana, a Mathew, que estivo con nos case tres cursos e a Dianna que estivo dous. Todos eles deixaron a súa impronta e aprénderonnos moitas cousas das súas culturas e modos de vida. Traballaron con tódolos departamentos implicados no plurilingüismo: ciencias, física, tecnoloxía, volume e relixión, así como nos departamentos de linguas estranxeiras. Moitas grazas a todos eles! Dolores González Rodríguez Coordinadora do programa plurilingüe
Programas Europeos A nosa vocación cara o plurilingüismo foi un sinal de identidade mesmo desde os primeiros pasos deste instituto. No curso 1992-93 o IES Adormideras participou nun intercambio de alumnos conxuntamente cos do IES Camilo Xosé Cela de Padrón con varios centros educativos de Cornualles en Inglaterra, dentro da Acción IV do Programa Lingua. Na foto os dous centros son recibidos polas máximas autoridades educativas do Condado de Truro , Cornualles. Outubro 1992.
Dolores González Rodríguez Departamento de Ingés
19
Castelá
n
Moito teatro Dende o Departamento de Lingua Castelá e Literatura queremos aportar o noso granciño de area á memoria colectiva do IES Adormideras. Alguén se lembra daquel “café literario” que se montou cos alumnos de COU para ilustrar o que sería un ambiente modernista co motivo da lectura de Luces de Bohemia? Aínda queda unha vella cinta de VHS que recolle dita escenificación. Foi no curso, se non lembro mal, 94-95. Máis recentemente (moito máis!) levouse a cabo unha representación de La zapatera prodigiosa, a cargo dos alumnos de 3º da ESO, no ano 2013. En ambos os casos, os alumnos foron dirixidos pola nosa compañeira Loli Rey, gran amante do teatro. Eva Martínez Sahuquillo. Departamento de Lingua e Literatura Castelá
20
s é c n Fra Joyeux Anniversaire!!!! O Departamento de Francés quere felicitar ao instituto polo seu 25 aniversario. Como profesora de francés cheguei a Adormideras no curso 1992-93, polo que levo no centro case os 25 anos. A meirande parte destes anos traballei soa no departamento pero algún ano contei coa inestimable axuda de Jaime Duque e de José Manuel Bértolo. Dende que son directora, e xa vou polo noveno ano, pasaron polo departamento varias profesoras e todas xuntas intentamos que os alumnos aprendesen francés do xeito máis ameno posible. Contamos cunha aula e un departamento de francés. O feito de contar cunha aula-materia, equipada coas últimas tecnoloxías facilita moito a tarefa do profesor e os alumnos poden sacar moito máis rendemento das clases. Levamos tanto tempo traballando nestas condicións que eu xa non podo imaxinar o que sería ter que ir dunha aula para outra e aínda peor levando consigo o material. A verdade é que traballar así é bastante doado e resulta fácil contaxiar o noso entusiasmo ao alumnado. Tivemos a sorte de que as nosas portas fosen decoradas polos alumnos do Bacharelato Artístico e estamos moi contentas do resultado. A torre Eiffel loce nunha das paredes da aula grazas á profesora Lucía Pérez Romero que estivo no instituto tres anos e que organizou tamén as viaxes a París dos dous últimos cursos.
O resto das profesoras tamén ensinaron na aula e fóra dela organizando concursos, participando nas actividades do centro, asistindo a obras teatrais. Estou segura de que todas elas: Rocío Romero, Sarah Dumesnil, Isabel Pastoriza, Beatriz Vázquez, María Rey e María Jesús González recordan con agarimo o seu paso por Adormideras uníndose ás felicitacións do 25 aniversario. E como en todo aniversario non poden faltar os agasallos, voilà des photos de notre département. Carmen Tembrás Alonso Prosefora de Francés
21
o g e l ga
Disfrutar a lingua
O Departamento de Lingua e Literatura Galega, consciente de que a nosa asignatura non é unha materia máis do currículo, queremos que os nosos alumnos vivan o Galego e vivan en galego. Por iso esforzámonos en que coñezan a súa cultura,a súa historia... pero que tamén saiban disfrutar o presente na nosa lingua. Para nós son fundamentais todas aquelas actividades que presentan a lingua galega como algo vivo: coñecer directamente os escritores, coñecer os escenarios das obras e autores que len, percorrer os escenarios vitais dos nosos grandes autores, disfrutar da música actual en galego, do cine actual, do teatro...
2 2
Sempre procuramos implicar ao alumnado na vida cultural do centro e da cidade realizando múltiple saídas ou actividades que algunhas xa se repiten curso tras curso. Desde sempre colaboramos activamente cos outros Departamentos, Biblioteca... Coñecer o pasado da nosa lingua e a nosa cultura para poder así querela e coidala e para poder ser quen de proxectala cara a un futuro cheo de esperanza. Departamento de lingua galega
BIBL
IOTEC
Qué ben estamos na biblio!!! A Biblioteca do centro, que coma todas , mantiñase tal cal dende a creación do Instituto (libros pechados nos armarios, lugar para pedir libros de obrigada lectura) pero no curso 2013-14, comenzou un proceso de transformación grazas a que puidemos ter un equipo de profesores que adicasen algunhas horas e moito interese en cambiala. O primeiro cambio, o máis importante foi o abandonar o seu uso como lugar para facer gardas e devolver a dito espazo a súa misión como biblioteca: lugar de consulta, lectura e traballo. O cambio foise facendo a modiño, primeiro elimináronse as portas de cristal, deixando os libros ao alcance de todos, expurgáronse os seus fondos (algúns polo seu mal estado e outros por estar obsoletos) e ordenáronse doutro xeito Creáronse novas seccións como as de literatura xuvenil, en galego e castelán, a de cómics, películas, novela histórica e novela actual (suspense, intriga…) . E creamos un pequeño recuncho onde poder ler sentados comodamente en pequenos e modernos sofás. A biblio empezou pouco a pouco a formar parte do devir diario do insti, con exposicións, conmemoracións dos dias das bibliotecas, do libro, concursos etc... O noso blog adormiles, comenzou tamén a súa andaina, aínda que nestes momentos está en fase de cambios, xa que queremos crear máis espazo para poder colgar todo o material que o equipo da biblioteca foi realizando durante estes anos. 24
A
No seguinte curso 2015-16 presentámonos ao Plan B de bibliotecas e por fin nolo concederon, o que supuxo ter diñeiro disponible para ir facendo moitas cousas: persianas novas, pintura, reformar ventás, adquisición de novo mobiliario, maior número de ordenadores e innovación dos fondos, sobre todo para as novas seccións que estabamos a crear. Paralelamente a este cambio físico, e desde o seu inicio como grupo de traballo , o equipo da biblioteca foi facendo materiais didácticos que están a disposición de todo o profesorado e boletíns informativos sobre diferentes eventos como a conmemoración do ano de Einstein o curiosidades varias sobre Popeye, Alicia e Lewis Carroll, Jane Austen… E, se de lectura falamos, temos dous clubs de lectura que están funcionando co alumnado de 1º BACH: un de novela histórica e outro de literatura en xeral Na actualidade, traballamos noutra innovación coa creación dunha serie de exposicións fotográficas que se van cambiando cos meses, sobre o patrimonio artístico, cultural, etnográfico e xeográfico da nosa terra no que se mestura a fotografía con textos que permiten un maior acercamento ao mesmo e tamén cubrir aspectos concretos dos curriculos das diferentes materias. Como resultado de todo isto a nosa biblioteca é hoxe un lugar moi acolledor, que se enche de alumnos nos re-
creos, sobre todo o curruncho de ler, (e tamén de profes que baixan a vela), que fai exposicións das novidades e realiza pequenos concursos o exposicións que van tendo cada vez un pouco máis de participación estudiantil, como vimos na última celebración do día das bibliotecas na que o alumnado participou coas súas aportacións ou na última conmemoración de San Valentín e os corazóns que alegraron e decoraron un tempo a nosa Biblio. E como sabemos que unha imaxe vale máis que mil palabras aquí tedes unha sucesión, en imaxes, da súa evolución. Milagros Álvaro López Miguel Izaguirre Cahue
1
S R E ONE
pI 1
Ao falarmos dos pioneiros, véñennos á memoria esas carretas de lona nas que familias enteiras migraban cara ao oeste americano en busca de terras nas que asentarse. Daniel Boone e Davy Crockett son dúas iconas reais da historia dos pioneiros. As aventuras de Boone, as reais e mais as de lenda, son a base sobre a que se criou o arquetípico heroe do oeste no folklore americano. Pois ben, a moitas millas de distancia e uns cantos anos máis tarde, no IES Adormideras fomos, á nosa maneira, tamén pioneiros. No curso académico 2006-07 empezamos unha nova andaina explorando territorios descoñecidos ata entón. Non nos desprazabamos nas típicas carretas, senón que usabamos as últimas tendencias no ensino das linguas estranxeiras para mellorar as competencias do noso alumnado. Aínda lembro as caras de susto dos rapaces e rapazas cando o primeiro día de clase se atopaban con un profe que só falaba en inglés e que non entendía nada cando lle falaban en calquera outro idioma. Tamén lembro a súa sorpresa cando ese comportamento se estendía aos corredores do centro e mesmo á cafetería! Pero que fai aquí este home que nos fala só en inglés en todas partes? Tamén lembro moi vividamente como, ao cabo de moi pouco tempo os medos a cometer erros deixaban de ter importancia e as conversas informais na cafetería na lingua inglesa pasaron a ser algo típico e consubstancial no noso querido IES. “Code-switching” en estado puro. 26
A vella máxima de Confucio, “Contáronmo e esquecino. Vino e entendino. Fíxeno e aprendino” é o piar no que se sustenta o ensino das linguas, o “learn by doing”. Sacamos o uso da lingua fóra das aulas de inglés, outorgándolle así categoría de ferramenta nun entorno significativo. Primou a comunicación sobre a adquisición de coñecementos teóricos. Iso é o que nos fixo diferentes e “pioneiros”. Ata que punto conseguimos o noso obxectivo, só o tempo o dirá, pero nesta breve reseña gustaríame expresar o meu agradecemento aos nosos protagonistas, o alumnado, que coa súa curiosidade e vontade de mellora, fixeron posible que toda a maquinaria das seccións bilingues se puxera en marcha, así coma o meu respecto e admiración cara a todos os compañeiros e compañeiras que traballaron neste eido na persecución dun ensino público de calidade. É un gran honor para min ter participado nesta “aventura”. José Luís Sánchez Zas Profesor de Física
27
S E T r a O IES Adormideras, pioneiro do bacharelato artístico en Galicia No ano 1994 inaugurouse unha nova etapa na historia do noso centro. Nese curso, o IES Adormideras convertíase no primeiro centro de Galicia en ofertar o Bacharelato Artístico.
Do mesmo modo fixeron murais, obras a gran escala, que se foron colgando ou pintando directamente nos muros do centro. Incluso o patio está presidido por un graffiti, que pintou un antigo alumno, estando xa na facultade de Belas Artes e O primeiro ano houbo 15 alumnos, no que fai alusión á vida e identidade do tanto da Coruña e arredores como de instituto. lugares máis afastados, Ferrol ou Lugo. Hoxe en día, cuns 180 alumnos, o BachaAs obras en tres dimensións fóronrelato Artístico é a opción maioritaria no se colgando dos teitos e colocando por IES Adormideras. todos os espazos comúns, facendo do centro un lugar onde a arte está moi preAo principio, as novas materias impar- sente. tíanse na Aula de Debuxo. Pronto veuse a necesidade de levar cada materia prácHai instalacións temporais , como son tica, con todos os medios e materiais ne- as árbores de Nadal, que xa son unha cesarios (modelos para a copia, proxec- tradición no centro, e nas que participa tores para a imaxe, barro, escaiola, colas, toda a comunidade escolar. cartóns, cabaletes, taboleiros...), á súa aula específica. Isto propiciou un cambio de distribución en todo o centro que se converteu nun dos sinais de identidade de Adormideras: estableceuse este modelo de aula-materia e instaláronse taquillas para uso dos alumnos. Pouco a pouco fóronse enchendo os espazos de todo o centro de manifestacións artísticas. A decoración de portas de todas as estancias do centro, un proxecto que se conserva ao longo do tempo, permítenos apreciar obras de arte moi coñecidas, que os alumnos reproducen neste peculiar soporte.
28
Outra das manifestacións artísticas moi singulares son as performance, que se preparan ao longo do curso para poñer o broche na Graduación de Bacharelato. Nesta, os rapaces aportan as súas capacidades que cultivan á marxe dos estudos, como a música, danza, expresión corporal... para engadila á expresión plástica e que deu creacións que emocionaron a todos. Forman parte tamén desta despedida as exposicións fin de curso coas obras máis representativas dos traballos feitos durante todo o ano. Fóra do centro, fixéronse exposicións solidarias, nas que os alumnos doaron as ventas dos seus traballos á Fundación Vicente Ferrer e á Cociña Económica da Coruña. Alumnos de Bacharelato Artístico tiveron a sorte de participar en A pegada dos avós, un documental sobre a memoria histórica. Botando a vista atrás, a maior riqueza que aportou a implantación do novo bacharelato foi a chegada dun alumnado moi diverso. Os novos alumnos viñan (e veñen) de distintos puntos de Galicia e procedentes de centros que pouco tiñan que ver con esta zona. Segundo o seu número foi crecendo, víamos como o noso centro acollía o carácter especial, diferente, máis atrevido, dos alumnos de bacha-
relato artístico. Así, foise creando un clima de respecto á diversidade do que seguimos estando orgullosos hoxe en día. Moitas veces escoitamos a testemuña de rapaces que tiveron que sentir e soportar o rexeitamento por ser distintos e a felicidade que sentiron no noso instituto, onde gozaron dunha acollida respectuosa e atoparon o seu lugar. Precisamente isto foi o que levou ao noso instituto a crear con forza un lema que se fixo o noso sinal de identidade: “Adormideras, un lugar diferente”. María Luisa García Berrios
29
Exposición no Fórum Metropolitano O primeiro acto de celebración do 25 aniversario do instituto Adormideras foi unha exposición en xuño do 2016 na Sala Plataforma14 (Fórum Metropolitano), amosando traballos realizados polo alumnado de Bacharelato de Artes. A mostra foi un éxito de público ao longo das tres semanas que permaneceu aberta. “Liña de Saída” foi o título desta mostra aludindo á liña como elemento básico esencial nas artes plásticas, pero tamén como metáfora da situación vital dos novísimos e novísimas artistas que presentaron os seus traballos, rematando o Bacharelato de Artes coma tantos outros compañeiros nos anos pasados para iniciaren unha carreira de fondo (probablemente, tamén de obstáculos) cara ao seu futuro profesional. Ano tras ano, o profesorado das materias artísticas temos a sorte de lidiar con este alumnado peculiar, entre fráxil e valente, sensible e despistado, creativo e inconstante... alumnos sabedores de que elixen un camiño difícil e fermoso e que as musas -se é verdade que existenpor forza deben atopalos traballando. María Álvarez Fernández Departamento de debuxo
30
Ademais ano tras ano, o alumnado que remata 2º de bacharelato de Artes, coa axuda do profesorado, monta unha exposición de despedida na pranta baixa, alá por maio-xuño, onde podemos disfrutar dunha pequena representación do traballo realizado ao longo do curso, especialmente nas clases de Técnicas de Expresión Gráfico-Plástica, Debuxo Artístico e Deseño. Deixamos aquí unhas cantas imaxes para lembrar as mostras dos últimos anos.
31
Mural para Xapón, Adormideras-Sargadelos No ano 2011 varios alumnos do Bacharelato de Artes do noso centro, xunto coa profesora Pura Sorribas participaron nunha interesante iniciativa da fábrica de cerámica de Sargadelos en O Castro (Sada). O mural mide case tres metros de alto e está composto por un mosaico de 429 pezas de porcelana. Nel homenaxéase ás vítimas do terremoto e o posterior tsunami que tiveron lugar en Fukushima, Xapón, a través dunha referencia á súa bandeira e un poema de Kobo Daishi que ten a particularidade de recoller, sin ningunha repetición, todos os sons da lingua xaponesa. Na actualidade, o monumento atópase no Concello de Cabana de Bergantiños onde, como escribiron os xornais que na súa inauguración, os visitantes poden desfrutar desta obra “nada con espírito de supervivencia”. Montse Llamas Blanco
32
Visitas a museos e centros de arte A o longo de todos estes anos, como vos podedes imaxinar, temos organizado moitas visitas a diversos museos e centros de arte da nosa cidade. Coñecer a arte da nosa contorna resulta imprescindible para os estudantes que se forman para ser profesionais das Artes Plásticas ou Artes Aplicadas, pero tamén para enriquecer a vida de calquera persoa e para entender mellor o mundo que nos rodea. Moitas veces, estas visitas supoñen o primeiro acercamento do noso alumnado a unha exposición de arte e sempre é unha experiencia que non se esquece. Temos participado en exposicións guiadas de artistas consagrados, aproveitando a oportunidade de ter as súas obras na nosa cidade, pero tamén de artistas novos, que poden ser un bo espello no que mirarse neses primeiros anos de saída ao mundo da arte profesional.
Temos visitado exposicións de pintura, de escultura, de fotografía, instalacións… da arte clásica ás linguaxes contemporáneas máis actuais. En galego, en castelán e en inglés, como procede nun centro plurilingüe como o noso. Temos posto en práctica algunhas propostas didácticas que se nos ofrecían para ampliar os nosos coñecementos, participando en talleres para elaborar pezas de cerámica, pinturas, gravados, filmando vídeos, fotogrando... En definitiva, temos visitado Museos como o MAC, cando ainda se chamaba Museo de Arte Contemporánea Unión Fenosa, o Museo de Belas Artes, o Kiosko Alfonso, a Fundación Luis Seoane, a Fundación Barrié, A Fundación, tamén cando ainda se chamaba Fundación Caixa Galicia, o Palacio Municipal de Exposicións, Palexco, e tamén a fábrica de cerámica se Sargadelos en O Castro (Sada). E seguro que en todos estes anos, algún máis se nos queda sen citar.... Montse Llamas, e profesores que participaron nas visitas durante todos estes anos.
33
Visitas a outras escolas Non hai como ver de preto as aulas e talleres onde se imparten os estudos que estamos pensando empezar, para coñecelos mellor e axudarnos a decidir. Algunhas escolas que temos visitado atópanse a carón de nós, como a EASD Pablo Picasso e doutras sepárannos decenas de quilómetros, como a Escola de Restauración e a Facultade de Belas Artes, ambas na cidade de Pontevedra. Montse Llamas
34
Lembran
zas
Os inicios do IES Adormideras A directora do IES Adormideras, María do Carme Tembrás, invítame a compartir convosco os meus recordos dos primeiros tempos do instituto, dado que tiven a honra de dirixir ese centro nos anos da súa posta en marcha. Nos anos oitenta do pasado século, os institutos coruñeses non daban acollido a tantos rapaces que desexaban estudar aquel rigoroso bacharelato, o chamado BUP (Bacharelato Unificado Polivalente). Non estaba tan lonxe a supresión total de taxas nos centros públicos, é dicir, a gratuidade total do ensino medio. Para completar a oferta dos institutos Eusebio da Guarda, Salvador de Madariaga, Monelos, o chamado Agra I e o Instituto Zalaeta, nos anos setenta edificouse un centro no novo barrio de Elviña. Dos anos oitenta son Sardiñeira, Monte das Moas e o actual Rafael Dieste, antes coñecido como Agra II, que viñeron remediar a escaseza de prazas escolares naqueles barrios de tanta poboación nova, constituída en moitos casos por fillos de emigrantes galegos retornados da emigración europea. Por tanto, e para solucionar definitivamente o problema escolar da cidade, a Consellería de Educación decidiu dotar á cidade cun centro máis, en principio como equipamento do chamado polígono de Adormideras, un novo barrio luminoso e marítimo. Aquelas pendentes próximas á Torre de Hércules foran achanzadas ao serviren de canteira de rocha para construír o dique de abrigo Barrié de la Maza.
36
O edificio levantouse en tres meses, os do verán de 1990. Chocábannos nun primeiro momento os tabiques de bloque de formigón sen revestimento, e os condutos moitas veces á vista, pero a funcionalidade foi magnífica. Non andabamos tan lonxe da arquitectura de vangarda que se estaba a facer en Europa. Aquel verán o equipo directivo nomeado matriculaba aos alumnos nunha sala prestada amablemente polo Instituto Zalaeta. A Delegación de Educación enviábanos alí a todos aqueles pais e nais, angustiados, que non conseguiran praza para os seus fillos en ningures. Polas tardes, e as fins de semana, visitabamos a obra, que avanzaba rapidamente, nas longas xornadas de traballo dos días de verán. Velabamos por que houbese ocos para tódolos departamentos e actividades, en colaboración coa construtora e coa Unidade Técnica da Delegación. Comezamos o curso con puntualidade. Pero o noso alumnado proviña maioritariamente doutros barrios, sobre todo dos populosos Mallos, Agra do Orzán e Castrillón - Os Castros, e mesmo de máis lonxe. O percorrido e a frecuencia do autobús urbano eran moi insuficientes. Coa axuda da Asociación de Pais e do Concello, e a colaboración do empresario señor Prada, conseguimos establecer un servicio especial da Compañía de Tranvías coincidente cos horarios do Centro.
Houbo que loitar un pouco máis para conseguir equipamento, que ía chegando aos poucos. Sobre todo, o profesorado sentía a carencia de libros. Moito lle insistimos ao presidente da Xunta, daquela Manuel Fraga, no acto de solemne inauguración do centro, para que dotase como era debido aquel fermoso espazo da Biblioteca! Felizmente, conseguimos unha boa dotación extraordinaria con ese obxectivo. Un agasallo que facía a Consellería daquela a tódolos centros, novos ou non, era una obra dun artista plástico. Alfonso Abelenda pintou un mural no alto vestíbulo do edificio, na parede que se eleva sobre as portas de acceso ao salón de usos múltiples. Daqueles tempos lembro a dedicación e competencia dos equipos directivos iniciais; dos claustros de profesores, provisionais ou definitivos; do persoal non docente. Teño que nomear aos conserxes Juan, xa falecido, e Julita, que chegou algo máis tarde; ás limpadoras Pili, Susa e Concha; aos administrativos Estrella e Manuel. Nestes máis de vinte e cinco anos, o alumado aprendeu, pero non podedes imaxinar o que aprendeu o profesorado. Tivemos a satisfacción de ir usando as
novas tecnoloxías de información e comunicación que ían chegando ao longo dos últimos vinte e cinco anos. Lembremos só que en 1990 Internet acababa de ser inventada. Foi tamén o profesorado o que se adaptou a alumnos que formaban parte dunha sociedade en proceso de cambio. Naqueles tempos ingresábase no BUP unha vez obtido o título de EXB, Ensinanza Xeral Básica, cando se cumprían catorce anos. O camiño da Formación Profesional era outro. Aquel bacharelato, o da Lei Xeral de Educación de 1970, era tan “unificado” que ata o terceiro curso, o ano en que o alumnado cumpría 16, non había máis optatividade que inglés ou francés, relixión ou ética, e unha materia secundaria de dúas horas semanais. Agora tendes moita optatividade, orientación, medios, tecnoloxía. E sobre todo, constatación e valoración dos distintos talentos en que podedes destacar. Moita sorte aos alumnos do IES Adormideras, especialmente aos artistas; e parabéns a todos aqueles que participastes e participades do seu éxito. Margarita Domínguez Díaz Exdirectora
Aqueles anos
do equipo de profesores se encontraba Margarita,como directora provisional.
No ano 1991 fun destinado, xunto a un bo grupo de profesores ao novo instituto que se creou na cidade da Coruña: o IES de Adormideras, un instituto como calquera outro da cidade , no que se impartía, daquela, o BUP e COU. Ao fronte
No seguinte ano fun elixido polo claustro como director do centro , e durante os anos seguintes, co bo facer de todo o profesorado, o centro foi tomando pulo, aínda que cunha deriva diferente ao que ocorría no resto de centros: nós 37
tiñamos moitos máis alumnos nos grupos altos que nos baixos, chegando a ter ata 7 grupos de COU. A razón era obvia : a localización do centro nun polígono, o de Adormideras, arredado do resto da cidade, iso si moi preto do emblema da cidade: a Torre de Hércules. Dita localización propiciou que non tivésemos alumnado suficiente da zona para cubrir os grupos baixos e pouco a pouco, segundo foron creándose novos institutos na cidade os alumnos do COU ían quedando en zonas máis próximas co que o número de alumnado diminuía ano a ano, o que constituía un problema para o futuro do noso centro. O claustro de profesores decidiu que deberiamos arriscarnos e empezar a impartir as novas ensinanzas que viñan da man da ESO , así que no seguinte curso, no 1994, comezamos coa implantación adiantada da ESO nos seus primeiros cursos. Isto supoñía, non só unha didáctica diferente nas aulas, senón tamén empezar de 0, xa que non había nin libros de texto nin materiais, nin decretos ou normas que regulasen o novo ensino. Todo un reto didáctico para todos, xunta directiva e o profesorado, que traballou arreo e formando un bo equipo. Pero seguiamos sen ter moito alumnado dos grupos baixos. Tendo en conta esta escasa poboación e as posibilidades do centro, o seguinte director, Alejandro Porto animouse a propoñer un cambio importante e moi pouco común nos centros oficiais: a aula-materia, dado que tiñamos poucos grupos e moito espazo dispoñible. E así o centro foi cambiando a súa estrutura e tamén a súa dinámica diarias: co aula-materia non eran os “profes” os que ían ás aulas dos grupos, senón os alumnos, que se dirixían a aula onde o profesor impartía a súa materia. Para algúns compañeiros creo que foi un alivio porque subir do 1º andar ao 38
3º para volver baixar na seguinte hora despois volta subir era duro, así que co cambio contribuímos á boa forma física do alumnado que agora subía e baixaba. Pero o noso problema de falta de poboación arredor do centro seguía aí e salvounos a decisión de educación de designarnos (1996) como o centro, que dentro da cidade ía impartir o bacharelato artístico, unha novidade que viña da man da nova lei educativa, a Logse . Isto foi salvando a nosa escaseza de alumnado, pois incluso nalgún ano só tiñamos un alumno para 1º da ESO, que, claramente, foi enviado ao IES de Zalaeta. A partir dese momento o noso centro foi recibindo en primeiro de Bacharelato a todos aqueles alumnos que querían ir pola rama artística e non só viñan dos outros centros da cidade, senón doutros lugares máis lonxe. Con eles tivo que vir novo profesorado para impartir as materias artísticas. De novo o centro volveu a cambiar: necesitabamos novos espazos para volume, técnicas, debuxo artístico ……… os espazos transformáronse e apareceron aulas en L para o artístico, aulas “suxas” nas que poder ter barro e poder manter os tornos para traballar. Neses anos eu volvín a ser o director do centro, e do equipo de profesores (1999-2004). A verdade é que todo estes cambios tiñan un efecto beneficioso no claustro: non había forma de aparvarse, había que ir cambiando a cada pouco e ademais facelo en equipo pois era a única maneira de saír airosos. Este traballo en equipo é moi salientable no centro, pois axuda a ter obxectivos comúns, algo que é moi positivo para calquera equipa directiva, e fai máis doado o seu labor, aínda que eles deben facer fronte a todo o papelorio e relación coa administración que, como todos sabemos, ás veces non é un traballo moi doado.
Este último cambio foi o que salvou ao instituto, porque a maior parte dos nosos alumnos son artistas e entre eles e os profesores, xa baixo a batuta dun novo director, Carlos Pérez, seguíronse impoñendo no centro o selo que ían deixando o noso novo alumnado, unha marca que ve e nota perfectamente todo aquel que vén visitar o centro: a obra inicial destes futuros artistas campa por todo o centro, dende as portas aos móbiles, esculturas, mosaicos e debuxos que un se atopa por doquier.
Recordos Os anos que pasei no Instituto de Adormideras, entre 1996 e 1999, coincidiron con esa etapa da vida na que un comeza a desenvolver o seu proxecto vital: os fillos son pequenos, dan moito traballo… e moitas satisfaccións… todo son proxectos e ilusións. Seguramente é por iso que recordo aqueles anos con especial cariño e nostalxia. Eran tempos nos que aquela, durante anos, temida Reforma, que se derivaba da aplicación da LOXSE, comezaba a tomar corpo e facerse realidade. Despois dos primeiros cursos nos que un número reducido de Institutos, entre os que se encontraba o de Adormideras, comezaron a súa andadura anticipando a implantación dos cursos 3º e 4º da ESO, no 1996 chegaron aos centros os alumnos e alumnas de 1º e 2º da ESO, como consecuencia da extinción dos vellos 7º e 8º de EXB. Aquilo si que resultou un impacto para o profesorado dos centros de secundaria, que nunca tiveramos con anterioridade que termar daquelas criaturas rebulideiras que parecían os coellos de Duracell… Menos mal que daquela
Agora, e dende hai xa 4 anos a nova directora Carmen sigue ao fronte do centro, e o cadro de profesores, aínda que vai cambiando, segue formando esa boa equipa coa que un centro pode levar a bo porto o seu labor dun ensino diferente e que permita que o alumnado saia preparado ao tempo que con uns valores baseados no respecto aos demais e a camaradería. Miguel Izaguirre Cahué Exdirector
tamén se incorporaron ao centro algúns compañeiros do corpo de mestres, que logo nos aprenderon a lidiar con aqueles “gremlins” . Recordo entre eles a Manoli, a José Luis, a Laureano… Tamén recordo aquelas tertulias ao saír de clase que mantiñamos un día á semana Pedro, Felipe, Luis Varasa, Ovidio e eu mesmo diante dunhas tazas en Casa Odilo, que en troques de mando a distancia tiña un pau co que accionaba o control do volume do televisor. E recordo moi especialmente ao meu compañeiro no equipo directivo Manuel Gey, con quen chegara a manter unha sintonía no persoal e no profesional que nos permitía a ambos os dous navegar polas dificultades do día a día botando unhas risas para facelo máis doado. En fin…. Unha forte aperta a todos e longa vida ao Instituto de Adormideras. Alejandro Porto Exdirector
39
Adormideras desde a distancia Non hai nada mellor que a distancia para ampliar o noso campo de visión sobre un tema calquera. Se somos actores nunha obra de teatro, a nosa perspectiva varía dependendo do lugar que ocupemos no escenario, mentres que o espectador, a unha distancia prudencial, domina toda a escena. Isto é o que me ocorreu a min, con este instituto tan singular; fun actor con máis dun papel e con todo non fun capaz de facer unha análise obxectiva ata tomar distancia. Dubidei sobre se o título deste artigo é o adecuado ou debería encabezalo como “Adormideras, ese milagre”, posto que a súa especial singularidade mantívose ao longo do tempo, xeración tras xeración, superando efémeras modas estudantís, cambios na política educativa, dificultades varias e mesmo substitución do persoal por diferentes razóns. Cheguei a este instituto no ano 2000, un pouco preocupado pola mala fama que este centro sen dúbida tiña. De seguido constatei que entre o que se dicía fóra e o que se percibía dentro, se había algunha coincidencia, esta estaría no conxunto baleiro. Atopeime cun alumnado agradable en xeral e un profesorado culto, intelixente e estable, xa que se mantiña desde a inauguración do centro. Os institutos nos que eu estiven anteriormente, representaban a normalidade dos centros de secundaria, é dicir, edificios feitos case en serie, sen personalidade, cuxa escasa entidade quedaba en xeral liquidada por algúns profesores ou departamentos entusiastas, capaces de espertar ao conxunto, da súa rutina diaria.
40
O milagre do que falo débese a que Adormideras é un instituto marxinal, sen ningunha connotación pexorativa, xa que ocupa unha zona marxinal da cidade da Coruña. Salvo honrosas excepcións, os nosos alumnos non comezan os seus estudos de secundaria con 12 anos e terminan aos 17 ou 18. A mala política de adscrición dos anos anteriores, facía moi difícil a alimentación de alumnado para a ESO, mesmo por parte do propio polígono de Adormideras. Doutra banda o Bachalerado de Artes, verdadeiro aglutinador de estudantes, alimentábase e aliméntase de alumnos procedentes de todos os centros da Coruña e arredores, que o único que tiñan en común eran os piercings, tatuaxes e pelos multicolores, que utilizan e utilizaban para diferenciarse. É dicir, non hai nin houbo, suficiente coherencia temporal no alumnado como para manter o mesmo “statu quo” do centro ao longo de todos estes anos. Un instituto a parte de estudantes, confórmase co persoal laboral e administrativo, os profesores e os cargos directivos. Se estes tres últimos alicerces non funcionasen como reloxos, o primeiro, é dicir os alumnos, estarían totalmente desnortados e este centro non sería o que é. E destes, é sen dúbida o profesorado o máis determinante. Nada se podería facer sen a colaboración, máis ou menos activa de todos os profesores. Non se pode entender un centro como este, sen o seu bo facer dentro e fóra das aulas e o seu apoio aos sucesivos equipos directivos. Cantas veces os observei saíndo en actividades extraescolares cos seus alumnos, dirixindo obras de teatro ou festivais ou formando parte activa desas marabillosas obras artísticas que marcan o noso centro. E todo isto, oíndo ao vulgo, que os profesores gañan moito e traballan pouco ou directamente, que non fan absolutamente nada. Desde a comodidade da miña distancia, quero proclamar a miña admiración por este colectivo, tan maltratado.
Tres foron os equipos directivos durante a miña estancia en Adormideras, o de Miguel Izaguirre, o meu propio e o da actual directora Carmen Tembrás, aínda que anteriormente houbo algún outro, de forma máis ou menos provisional. A eses equipos e a Miguel, sobre todo a este, tocoulles bailar coa máis fea, xa que lidaron cun centro de nova creación, que acolleu a LOGSE de forma voluntaria. Aí establecéronse as bases de funcionamento deste instituto e nesas épocas os profesores, partindo de cero, tiveron que elaborar todos os materiais didácticos para o bo funcionamento das súas respectivas materias. Todo isto, xa practicamente esquecido, é dun mérito extraordinario e é creo eu, a orixe dun ESTAR único, que non ten parangón en ningún dos centros que eu coñecín anteriormente. A miña época como director, poderiamos definila, como aquela na que se fraguou a personalidade actual deste instituto. Conscientes da imaxe anodina, dun centro basicamente de arte, impúlsase e promove a maquillaxe do instituto, comezando coa pintura das portas da parte baixa e dirección, con obras de pintores do século XX e os logotipos das aulas; case á vez, aínda que un pouco antes, constrúese a sala de ping-pong e eventos múltiples. Realízanse exposicións anuais con obras de alumnos e a maiores outras con carácter monográfico, con temas tan variados como traballos sobre sereas ou unha curiosa exposición itinerante de microorganismos e imaxes microscópicas titulada “ Adormideras baixo ou microscopio”. Comézanse a instalar as pizarras interactivas, cómpranse ordenadores e amplíanse as salas de informática. Tamén se solicita por iniciativa de Carmen Vecino, Xefa de Estudos da época, que Adormideras sexa centro bilingüe, xerme do que hoxe é plu-
rilingüe. Por último e como curiosidade dicir, que é nesta época cando se celebra a primeira graduación do IES Adormideras. O equipo de Carmen Tembrás, o que se mantén ata hoxe en día, é sen dúbida o máis lonxevo e poderiamos dicir, que consolida a singular personalidade deste centro, mellorándoo ano a ano, tanto na súa estética como na informatización do centro, que mellora moito. Pero de todo isto xa sodes testemuñas. Así que cando vexades esa muller loura de ollos verdes e aspecto fráxil, pensade que ela e o seu equipo, son os que garanten que ano tras ano, graduación tras graduación, o Instituto Adormideras continúe sendo como é e que vós, alumnos de hoxe, poidades comezar novos estudos co orgullo, que outros estudantes de anteriores xeracións xa teñen, de estudar nun lugar tan especial. Celebramos os XXV anos do Instituto Adormideras e aínda queda unha cantidade apreciable profesores primitivos, daqueles que inauguraron o centro. Houbo moitas idas e vidas, cambios de destino e xubilacións, XXV xeracións de alumnos, persoal administrativo forzado a cambiar de centro... Quizais, non todos lembren o instituto co mesmo agarimo. Hai quen se sentiría infeliz alcanzando o mesmo nirvana, pero eu, na distancia, esta “ADORMIDERAS UN SITIO DISTINTO”, véxoa como unha illa nun mar eslamiado e anodino de leis de educación e politiquillos vidos a máis. Un “milagre” de diferenza e singularidade, apartada desas correntes máis ortodoxas; desas supostas “novas” e “innovadoras” formas de educar. Felices Aniversarios! Carlos Pérez Valcarcel Exdirector
41
42
n ó i c stra
i n i m Ad
O máis importante son as persoas O tempo voa, ¿non si?. E como non temos a facultade de empurralo ou detelo ao noso antollo, conformámonos con acumular os bos recordos e borrar, cando se pode, os que non interesan. A cousa é que vinte e cinco anos dan moito e temos un feixe deses bos recordos aos que nos referiamos; o primeiro día de traballo nun ordenador compartido por catro persoas cunha impresora que aínda debe andar por algún curruncho do instituto, as actas escritas a man, as pegatinas coas cualificacións para pegar nos libros escolares. ¡Os libros!, que desapareceron hai case dez anos ou máis e eran azuis ou grises de-
pendendo da etapa educativa, os festivais nos que os conserxes eran, e son, técnicos de iluminación, son, e o que cadrase. Con todo, o máis importante son as persoas que pasaron polo centro, e os non docentes que quedamos aquí queremos recordar a Dolores García, Estrella Pérez, Suso Gómez, Julita Martínez, Pilar Rodríguez, Jesusa Carbajales, Pilar Ojea, Conchi Prego, Luisa Fandiño, Marta González, José Francisco Pedreira, José Antonio Moure, Pilar Vázquez e outros compañeiros e compañeiras que durante estes vinte e cinco anos compartiron tempo e espazo con nós.
Manuel Mallo Administrativo
43
Cons
erxe
Aqueles marabillosos anos A miña chegada ao centro foi no verán do 2003. Traballo novo, novos compañeiros. Fun moi ben recibida por todos e gardo gratos recordos dos anos pasados en compañía de Suso, o compañeiro que por aqueles tempos compartía a conserxería comigo. Ese curso 2003-2004 Miguel Izaguirre era director e o centro, sempre diferente, un fervedoiro. Góticos, heavies, otakus… mesturábanse co resto do alumnado. Camiñar polos seus pasillos era adentrarse nun universo de xente orixinal con personalidade propia que nos facía distintos ao resto dos centros. Naquela época o centro non era coma nós o coñecemos. Frío, gris, pouco tiña que ver co de agora. Un centro máis pero que co esforzo de xente estupenda
ría
(compañeiros e alumnos) foi cambiando ano tras ano ata ter o aspecto que vedes na actualidade. Pintaron portas, fixeron esculturas, murais e cadros, decoraron aulas… Ao longo dos anos os compañeiros cambiaron; Suso deixounos e veu Fernando, a miña querida Estrella foi trasladada a outro centro e moitos compañeiros fóronse retirando pero aquí quedamos Fernando, Manuel e eu. Todos os anos chega xente nova pero creo que todo o que pasa por aquí nalgún momento da súa vida, queda con un bo recordo; o dun centro, que durante o tempo que pasou connosco, fíxoo sentir un máis desa comunidade tan especial que formamos tódolos de Adormideras.
Laura Paz Mato
44
A fermosa sensación de ensinar a VOAR Unha compañeira e amiga pediume que escriba unhas liñas para o número especial da revista MAPOULA que sairá coa conmemoración do 25 aniversario do IES Adormideras e eu, despois de ter disfrutado durante vinte e catro cursos nese centro, cos compañeiros de profesión, alumnos e outros profesionais, non podía negarme. Empezarei dicindo, aínda que algúns xa o sabedes, que son profesor por vocación e de Matemáticas por casualidade, non sei se isto terá que ver coa reflexión que vos conto a continuación. Nos meus primeiros anos de docencia lin a seguinte cita “as matemáticas son ás sen as cales é imposible levantar os pés do chan”, e eu pensei: que reto tan importante teño que realizar nos próximos anos. Coa ilusión con que un empeza unha profesión, que como vos dixen antes coincide coa miña vocación, víñame a devandita cita á cabeza de cando en vez e non me convencía moito que para os meus alumnos de secundaria fosen tan imprescindibles as matemáticas para poder levantar os pés do chan e VOAR. E pasaron máis anos e cheguei á conclusión de que era desafortunada. Por que? Porque neses anos ían pasando alumnos polas aulas nas que daba clase que eran capaces de “levantar os pés do chan” con moi poucos ou con moitos coñecementos matemáticos. Os coñecementos que se imparten nunha materia determinada son importantes, claro que si! E en concreto os de
matemáticas imprescindibles para futuros enxeñeiros, físicos, arquitectos... Pero estas profesións son elixidas por unha minoría de alumnos, que ademais soen adquirir os coñecementos matemáticos de secundaria moi ben e sen problema ningún na aprendizaxe. E que pasa coa maioría de alumnos que non van ser enxeñeiros, físicos, arquitectos?....., non van “ poder levantar os pés do chan” porque non son capaces de aprender a derivar ou integrar con soltura?, e cantos dos que aprenden recordan despois de pasar uns anos? Aprender matemáticas é importante e imprescindible para algúns e faralles “levantar os pés do chan” e ao mellor ter un voo raso. Pero para todos, o importante será que saibamos inculcarlles, valores como solidariedade, comprensión, respeto, vontade, sacrificio, respecto, igualdade... e con estes valores e moitos “nons” do profesor pero “nons” acompañados de non deber facelo porque.... non debes permitilo porque....e tamén algúns coñecementos de matemáticas e outras materias, seguro que “levantarán os pés do chan e voarán....” E nós profesores, uns en activo e outros xa xubilados sentiremos a satisfacción de velos (aos que recoñecemos) de cando en vez pola rúa, no súper, de compañeiros no insti, no hospital de médico, enfermeiro ou auxiliar, na tele, segundo a dirección que teña tomado o seu voo. Pero sabemos que conseguiron levantar os pés do chan e VOAN e algúns sen que as matemáticas lles teñan axudado. Os “profes” tamén temos as nosas espiniñas cravadas, que doen, pois algúns 45
nin con matemáticas nin sen elas conseguiron levantar os pés do chan e algún voou na dirección equivocada e estrelouse. E rematarei con outra cita que desde que a lin non variou a miña magnífica opinión sobre ela “a felicidade non chega cando conseguimos o que desexamos, senón cando aprendemos a disfrutar do que temos”
José Manuel Garrote Heras Profesor de matemáticas
46
Do ensino gústame a sensación de novidade Do ensino gústame a sensación de novidade. Ese setembro que é como un comezar outra vez, alumnos novos que o fan todo distinto. Todo cambia, pero ao mesmo tempo hai algo que permanece. Non só o edificio, os seus espazos físicos, senón tamén a súa alma, ese espírito que se foi formando ao longo dos cursos. Cando volvo a vista atrás, recordo con nostalxia un claustro xove, que chegaba a un instituto novo. Moitos daqueles profesores convivimos xuntos máis de 20 anos. A única que repetía era Margarita, a directora, pois o curso anterior xa funcionara o centro pero con profesorado provisional. Aínda eran os tempos de BUP e COU. Por aquel entón contabamos con moi poucos alumnos nos primeiros cursos, pero en cambio os COUS eran moitos e moi numerosos, aínda que estaban formados principalmente por repetidores que buscaban outra oportunidade. Fomos dos primeiros en implantar anticipadamente a reforma. Canto esforzo, como sempre por parte do profesorado, que intentaba inventar como debería ser ese novo sistema educativo!! Todo novo: a ESO, o Bacharelato de dous anos, o PEC , o PCC, os procedementos, actitudes... Non pode deixar de pensar nestes anos sen ver aqueles folios despregables, as enquisas, as miles de reunións dirixidas por Loli Rei... Por aquel entón tomamos unha decisión que cambiaría o rumbo do que somos hoxe en día. Por expreso desexo de mar-
garita, que loitou moito por conseguilo, decidimos ofertar o bacharelato artístico. Fomos o primeiro e único centro da Coruña en ter o bacharelato de artes. Novamente a traballar, a improvisar, a discorrer. A partir de aquí todo cambiaría. Chegaron os alumnos con pelos azuis, peinados raros ou con roupas curiosas. Afixémonos a convivir con estes adolescentes particulares, que querían ser distintos e loitaban orgullosos por mostrar a súa diferencia. Aquela singular pirámide poboacional dos inicios potenciouse aínda máis. Seguiamos con clases con moi pouco alumnado da ESO e con moitos e abundantes alumnos no artístico. Se ata houbo algún curso no cal tivemos que valorar no consello escolar para seleccionar os que se podían matricular! Puidemos disfrutar durante anos do privilexio de clases con pouquísimo alumnado. O artístico deu identidade ao instituto, “ un lugar diferente”. A tolerancia, a diversidade, un centro no que todos se senten identificados. Outra decisión que contribuíu á nosa imaxe externa, foi a de incorporar a aula- materia. Aquí os que se moven son os alumnos. E aínda que poida parecer complicado é normal ver un fluxo de adolescentes ordenados saír da aula e subir e baixar as escaleiras entre clase e clase. As taquillas tamén deron un aire novo aos nosos corredores. Grazas ao traballo dos alumnos do departamento de debuxo, sobre todo, Ana Pita, e a ilusión 47
do que entón era director, Carlos Pérez , fixeron que a arte saíse das aulas e se coara por todos os recunchos. Cada ano íase ampliando a oferta artística,máis portas, graffitis, esculturas... ata facer que con só entrar no noso vestíbulo se respire arte. Outro cambio aconteceu coa chegada dos pequenos (1 e 2º de ESO), ao claustro de sempre sumáronse os mestres que viñan desprazados dos centros de primaria. Algúns deles estarían moitos anos connosco como foi o querido Laureano. O último gran cambio foi a constitución do centro como plurilingüe. Desde entón ademais de galego e castelán hai asignaturas que se imparten en inglés. Foi a época
de Mister Zas, a quen os alumnos se dirixían no recreo na lingua de Shakespeare. A plurilidade lingúística completaríase ademais con francés e alemán. Todos estes anos van unidos ao desenvolvemento das TICs . Moitos aínda nos acordamaos das teles con video naquel moble que había que arrastrar polo corredor e desde alí a hoxe en día: canóns, pantallas dixitais, aulas abalar, de informática... E aquí seguimos, agardando un novo setembro, moito máis artísticos, máis plurilingües, máis tecnolóxicos... e os que aínda quedamos, moito máis velllos. Carmen Orro
Vivenzas De volta no meu instituto Lembro como se fose onte cando Nacho e Cristian, dous bos amigos meus, timbraban na miña casa e xuntos marchabamos ó instituto, para a presentación do novo curso, o primeiro que ía vivir no IES Adormideras. Era a mañá dun día calquera do mes de setembro de 2005. Coa seguridade de ir acompañado por dous amigos maiores que xa coñecían o instituto e á vez cos nervios de calquera que afronta o inicio dunha nova etapa, chegabamos á porta do centro, onde tivemos que agardar un anaco ata a hora da presentación. Foi neses intres cando puiden comezar a palpar a atmosfera do meu novo centro, a cal creo que posúe matices especiais, polo menos para min, debido maiormente á presenza do Bacharelato Artístico e todo o que isto conleva. Un pouquiño despois entrabamos no salón de actos e dábase polo tanto o pistoletazo de saída ó meu curso de 1º de ESO e en xeral á miña etapa no centro. A partir de aquí, practicamente sen darme conta, ó tempo dáballe por coller velocidade de cruceiro e comezaba así unha continua e intensa sucesión de experiencias que, entre outras moitas cousas, permitíronme coñecer a algúns dos maiores amigos que teño hoxe en día, coñecer a grandes persoas dedicadas á docencia como o meu amigo Garrote (o cal fartouse de ensinarnos a min e a miña clase contidos ma-
51
temáticos en 6 anos consecutivos como profesor) ou aprender e interiorizar determinados valores como a importancia de comprender o deporte coma un eixo fundamental para mellorar a calidade das nosas vidas, da man da profesora de Educación Física, Isabel. E así, uns anos despois do meu período como alumno no centro e unha vez rematada a miña carreira, é cando decido que tal vez sexa a docencia ese futuro laboral no que atope a motivación que tan importante e necesaria é para desenvolvernos en calquera ámbito da vida. Deste modo comezo os estudos para converterme en profesor e cando chega a hora de decidir o centro no cal realizar as prácticas, vólvense abrir as portas do IES Adormideras, comezando a miña segunda e breve etapa no instituto. Por moito que eu queira, non podo saber con exactitude se o meu futuro se atopa na docencia, pero non por iso esta experiencia deixará de ser útil, tanto no plano profesional coma persoal. Profesionalmente, o feito de encarar as clases dende o outro lado permite observar e analizar moitas cousas coas, obter unha visión moito mais completa do fenómeno que representa unha clase (os alumnos non somos nin por asomo tan listos como cremos e dende logo o profesor non é tan tonto nin nos ten tanta manía como podemos chegar a pensar na adolescencia, é mais, adoita saber e sentir moito mais do que aparenta). Ademais de obter esta visión mais ampla do que é unha clase, tendo en conta tamén os procesos de preparación das mesmas e do temario en xeral, un ten a posibilidade de ver todas esas partes reservadas ó profesorado como son as reunións de avaliación, os claustros, o acceso á documentación oficial do centro, etc., é dicir, coñecer de primeira man a profesión. No plano persoal foime moi útil tamén, posto que permite darse conta do que un madurou e evolucionou dende aquela mañá hai xa 12 anos. E é que, tal como afirmou Nelson Mandela, “non hai nada coma volver a un lugar que parece non ter cambiado para descubrir en que cosas cambiaches ti mesmo”. Elías González Gurrutxaga
52
Sempre gardei un bo recordo da miña época de estudante Unha boa parte da miña forma de ser e da miña maneira de ver o mundo adquirina entre as aulas de Adormideiras. Aínda non tiña moi claro que quería facer na vida e menos aínda como a arte ía axudarme a pescudalo. Nunha época onde todos os novos somos indefinición, os meus compañeiros e profesores conseguiron que un rapaz sen ilusións, sen ganas de estudar, sen que lle gustase nada, descubrise un novo mundo. Non sei que pensaredes vós pero eu sempre gardei un bo recordo da miña época de estudante.Non podo negar que alí foi onde encontrei os meus primeiros desenganos, fiascos e triunfos e onde me ensinaron gran parte dos coñecementos que co paso do tempo fun ampliando ata converterme no que a día de hoxe son. Considérome afortunado por ter formado parte do Consello Escolar no que se falcilitaba o dereito á educación nuns anos onde a administración das armas era tan fácil pero dar libros tan difícil, onde construír tanques era tan fácil pero construír escolas tan difícil.
Son consciente da miña responsabilidade á hora de contar a miña historia da maneira correcta, de seguir aprendendo, de facer todo o que faga para cambiar o modo no que a xente é vista e tratada. Cando estaba estudando ás veces sentíame raro, diferente e notaba que non encaixaba, pero agora estou aquí e por iso quero dicirlle a ese rapaz que esta aí, lendo isto, e sente que é raro ou diferente, que non encaixa en ningunha parte, que sexa el mesmo e ensine esta mensaxe ás seguintes xeracións. Aprende todo o que poidas sobre os demais, para entendelos mellor, para saber as súas necesidades. Eu enfoqueino na beleza, baseándome naqueles coñecementos básicos das expresións gráfico-plásticas que adquirín no meu instituto. O vivido e tamén o coñecido foron configurando a memoria propia e a identidade, para definir a coherencia do que eliximos e ao que aspiramos.
David Gigirey
53
Lembranzas do bacharelato e volta ao centro A primeira vez que cheguei ó centro entrei como estudante. Quería estudar o Bacharelato Artístico pero no instituto que me correspondía non tiña esa posibilidade, así que cheguei aquí como tanta outra xente chegou e chegará, coa motivación de dar resposta a unha necesidade de aprendizaxe moi concreta: a de aprender a debuxar e aprender sobre arte. Esa chegada ó centro supuxo por outra banda un dos primeiros grandes cambios da miña vida: abandonar a zona e a xente coñecida para adaptarme a un novo ambiente, a uns novos compañeiros, a unha nova familia. Porque aínda que era das tímidas, o recordo máis salientable que gardo deses dous anos de bacharelato é o bo ambiente e as boas relacións entre todos. E foi precisamente esa lembranza o que me levou a voltar, esta vez para realizar as prácticas do Mestrado de Profesorado despois de facer Belas Artes.
Un dos meus traballos de 2º curso para a asignatura de debuxo artístico.
Nestes anos cambiaron moitas cousas no centro e unha gran parte dos que foron os meus profesores xa non están para compartir co novo alumnado moitos grandes momentos, como os pequenos símbolos de Varasa no día do aniversario da proclamación da II República, os ánimos de María Luisa para estudar Belas Artes ou os incansables e acertados consellos e leccións de Indalecio ata nos corredores. E que curiosa é a memoria, que máis aló de todas estas lembranzas, no meu segundo primeiro día recoñecín no aire o mesmo cheiro de entón. Ester Pallares Soengas (2009-2011) Antiga alumna
54
Entroido 2009-2010
Desde o corazón de Siria. Pasaron 20 anos desde a primeira vez que pisei as aulas do IES Adormideras, sendo unha nena recentemente chegada desde Siria e sen apenas saber falar algo de español. Os seis anos que durou a miña formación no instituto condicionarían a miña personalidade e forxarían os cimentos da muller na que me convertín hoxe en día. Cando me contou a miña irmá que se atopou con Maria Xosé, a nosa profesora de galego e comentoulle que se celebraba o aniversario do instituto, non o dubidei nin un só segundo. Quería formar parte da homenaxe, aínda que agora que me puxen a escribir, non podo evitar que me salten as bágoas ao lembrar aqueles días. A transición non foi nada fácil para ningunha das partes. Foi todo un reto que ninguén se esperaba. Acórdome do primeiro día de clase, tímida e con medo, non sabía ben o que pasaba ao meu ao redor, non só pola diferenza idiomática, senón polo gran cambio cultural que tiven que afrontar, sen previo aviso, sen previa preparación, vinme envolta no medio dunha “xungla” e eu como cachorro perdido e indefenso, o único que quería era desaparecer e pasar o máis desapercibida posible. A actitude dos alumnos, a súa personalidade, a súa linguaxe corporal, mesmo a súa vestimenta era totalmente diferente ao que experimentara. Os nenos da miña idade en España eran diferentes aos nenos de Siria, parecían máis seguros de si mesmos, máis adolescentes que nenos.
55
Para engadir máis confusión, todo funcionaba ao revés. Os “guays” sentaban ao final da clase e non eran os máis aplicados precisamente. Unha vez que todo o mundo xa elixira cal sería a súa base de operación na aula, eu séntome nunha esquina ao final da clase, querendo esconderme e non ser vista. Entra o profesor, e como é costume nas aulas de Siria, levántome en sinal de respecto ao mestre. Ninguén máis se ergue, e cun aceno de asombro nos meus ollos, vólvome a sentar lentamente con cara de confusión e sentíndome, se aínda máis cabe, totalmente fóra de lugar. Por que ninguén se levanta? Preguntábame. - Que ousados! Incluso a actitude dos profesores era diferente. En Siria o profesor é temido, é tratado como un Deus e aquí todos os profesores eran amables e saudábanche polos corredores. O trato era moito máis próximo. A semana desenvólvese da mesma forma, entramos na aula e os profesores pasan lista e fan un breve resumo de como se desenvolverá a clase durante o curso, do cal non entendo absolutamente nada. Durante esa semana os profesores esperan coñecer aos alumnos e para a miña “desgraza” a algúns profes ocorréuselles a idea de presentarnos ante a clase para familiarizarnos os uns cos outros. Eu sentín que o mundo se me viña encima. Entendía mellor do que
56
falaba e desde a primeira palabra que solto, toda a clase se dá conta que son “diferente” e automaticamente convírtome no último que quería, obxecto de interese e centro de atención. As miñas irmás e eu fomos das primeiras alumnas estranxeiras que tivo o Instituto. Había unha nena inglesa, pero desde logo fomos as primeiras que procediamos dunha cultura e idioma tan diferentes. Os nenos non oíran falar de Siria antes. Nin sequera sabían situala no mapa, pero si sabían que era un país árabe. Crían que viña da metade do deserto e que vivía con camelos. Facíanme preguntas típicas dos nenos, supoño. Tedes televisión? Tedes chicle? Sentíame como unha extraterrestre á que todos observaban con gran curiosidade.Cos profesores a experiencia foi totalmente diferente, que ao revés dos alumnos e a súa inocente crueldade, mostraban gran fascinación pola miña procedencia, e por suposto interese na miña formación e integración na clase. O reto era dobremente difícil. Era a primeira vez que se enfrontaban a unha situación similar. Non só proviña dunha cultura diferente, senón que case non falaba o idioma e a idade na que me enfrontaba a ese cambio era crucial para o desenvolvemento da miña personalidade e habilidades sociais.
Hai certas persoas e experiencias que quedan gravadas para sempre. É posible que moitos dos profesores non saiban o efecto que causaron en min. Que se cadra un xesto natural para eles significaba un mundo para aquela nena que se sentía perdida e desprotexida, que non sabía como desenvolverse no seu novo ambiente. Quero agradecer a Flor, a miña profesora de relixión, a tenrura, o amor e apoio que me mostrou desde o primeiro segundo que entro nesa aula, recentemente graduada, a súa primeira experiencia como docente. Foi máis ben unha irmá maior, unha guía espiritual e persoal, unha amiga á cal acudir nos meus momentos máis baixos cando tiña dúbidas existenciais, e nos máis alegres tamén. Foi ela que sabendo canto me gusta cantar axudoume a formar parte do coro da Igrexa de Santo Tomás, onde coñecín xente marabillosa que se convertería na miña segunda familia ata o día de hoxe. Non só iso, senón que nas súas clases se falaba de todo. Eran máis ben clases de ética máis que de relixión, clases construtivas, nas que conversabamos de todo, temas de actualidade, falabamos de racismo, de inmigración, etc. Ata os alumnos que acudían ás clases de cultura relixiosa asistían ás nosas clases para participar nos debates.
Agradecer a Maria Xosé, que, a pesar de estar exenta por ser alumna estranxeira, o seu esforzo por facerme partícipe en clase e facerme ler en voz alta, a pesar de ser extremadamente lenta lendo. Estou moi orgullosa da miña nota de 8 sobre 10 en selectividade, máis alta que a miña 5 en lingua española. Grazas Maria Xosé!
A todos os profesores, encantaríame nomearvos un a un. Teño mil anécdotas e recordos indelebles na memoria. Sobre todo, quedo co agarimo e o arroupada que me sentín durante aqueles anos, por parte de todos no instituto. O respecto e o inGrazas a Garrote, o meu profesor de terese en coñecer a miña outra mematemáticas, que foi como un pai para tade. min, un guía en todos os sentidos, tanto academicamente como persoalmente. Un home cunha gran ética e vocación para o ensino. Polas nosas conversacións, polos teus consellos de valor incalculable, por todo o que me inculcaches e por ensinarme as matemáticas como ninguén. Sempre quixen ser de letras, pero estareille agradecida eternamente á miña nai por facerme cambiar a ciencias a última hora. Valeu a pena por terche como profesor e guía. 57
A Loreto Santos, a miña eterna compañeira de estudos. Por todas as noites estudando xuntas, pegadas ao teléfono para non quedarnos durmidas, resolvendo dúbidas e animándonos unha á outra. Grazas pola túa axuda e apoio. Sen ti o meu paso polo instituto non tería sido o mesmo. Sen ti eu non sería a mesma. Sen dúbida foi un longo percorrido de aprendizaxe, de convivencia, integración e crecemento. Síntome moi orgullosa de ser unha ponte de unión entre dous mundos tan diferentes. Espero que o meu paso por IES Adormideras fose de exemplo para as futuras xeracións de inmigrantes chegados ao instituto, que, como eu naquel entón, buscan integrarse, ser aceptados e atopar o seu sitio na sociedade. Sara Hanna Exalumna
A Barbería Terminei o instituto a principios do século XXI. Cursei a especialidade de letras puras e alí atopei a dúas das profesoras que máis me influíron a nivel académico. Carmen Orro e a súa materia de Filosofía e Loli Rei con Literatura Universal. Ao terminar o instituto instaleime en Barcelona onde cursei estudos de cinematografía. Pero a miña verdadeira carreira estaba entre fogóns. Hoxe hai tres anos que abrín, xunto ao meu socio Xabi Barral, un local na rúa Orzán, onde mesturamos: cociña, licores, cervexas, música, arte e literatura. Chámase “Barbería” e conseguimos gozar co noso traballo. Salvador Lago Exalumno
58
o roxo que sae na foto é Mauro Lago, o meu irmán, que tamén estudou en Adormideras e o fotógrafo, para asinar as fotos, é Rodolfo Buceta.
As Nosas CREacións Ninguén
O amor
Son un espazo en branco, unha sesta sen tarde. Son un guerreiro sen espada, vento sen aire. Son un cabaleiro andante que carece de Rocinante.
Esquecín que aquelas cartas Contaban unha historia Esquecín gardar a chave Do frío do inverno Esquecín decirche Que o pecado era eterno Esquecín que morría Por terte entre os meus dedos Esquecín desexarme sorte Botándote de menos Desdibuxei o teu rostro Da miña memoria dilatada E morría por decirche Que quedaras
Nunca existo, nin existirei ou eso penso, xa que aínda pode ser, que así como ti me les sexa a miña forma de ser, unhas gotas de tinta nun papel. Seguindo esa idea, aínda que eu na túa vida sexa como nun camiño unha pequena pedra, serías capaz de levar esta carga toda a ruta enteira?. Non pido que me leves de viaxe a ningún lado, non pido que dunha lexión leves o mando, que de bravos guerreiros te fagas cargo, non pido que camiñes descalzo por un camiño de fríos cravos. Non pido que sendo rato mates o gato, nin que tires unha moeda e caia de canto. O meu ser, meu amigo, é á vez, unha carta de amor e de suicidio, o caos e o punto zen, un estado algo ambiguo. Pero tes que entender que aínda que pareza todo un lío, tes que na escuridade poder ver, e encontrarlle o seu sentido. Antonio Fernández López 3º ESO
60
Cristina Barral Villasenín. 2º Bach. C
Mareiro As nubes escorregan polo vento. O mar embravécese. Tolemia, inxustiza, revolución” son as verbas que debuxa na escuma. De sócato, calma as súas furias e entón só queda paz. A paz piadora dos paxariños pescadores, a paz calada polo segredo do vento, a paz quente da derradeira raiola de sol, a paz dun tempo breve de ollos pechados, a paz dun pestanexar ente revolucións. Cristina Barral Villasenín. 2º Bach. C
61
62
Saídas A nosa viaxe á neve Apuntámonos á excursion de Andorra case sen pensalo. De feito o ano pasado, en Jaca, tiñamos a idea de que ía ser a última viaxe xuntos no instituto. Pero ao final así acabamos, seis estudantes de segundo de bacharelato de viaxe á neve en medio do curso. E foi unha das mellores decisións que puidemos tomar. A viaxe de ida fíxose demasiado longa, e máis se temos en conta que foi de noite. Creo que só durmin unhas 3h. Mais, ao chegar alí tiña enerxía como de ter durmido dez horas máis. As mañás de esquí eran xeniais. Tiñamos que levantarnos ás 7 da mañá, almorzar pronto e chegar á estación antes das 10:00 que era cando comezaban as clases. O resto do día resumíase en comer apurados, esquiar ata as cinco e volver ao hotel, descansar, ducharse, cear e para a cama.Unha rutina moi marcada que pronto nos fixo esquecernos do día a día no instituto (que non sei ata que punto é bo, xa que estamoa en segundo de Bacharelato). Os días pasaron bastante rápido, e cando nos quixemos dar conta, xa estamos no bus de volta (esta vez a viaxe fíxose máis curta). Como sempre, tocou unha mini depresión post-vacacional, pero nada que non se cure cunha semana enteira de traballos e exames para recuperar os días perdidos. Sabela Ulloa García 2º D Bacharelato
64
A Domus
Visita a Domus
A Domus é un museo científico. Un dos obxectivos é a diversión, o estímulo pola curiosidade e as reflexións dos seres humanos.
Na visita á Domus vimos moitas cousas.
Permítenos descubrir o mundo da inxeniería xenética, facer unha foto da familia xunto a modelos a escala real dos nosos antepasados, comprobar o peso do noso corpo desmiuzado nos seus compoñentes principais: auga, azucres, proteínas, graxa, observar e coñecer os distintos tipos de células que compoñen o noso organismo e ver imaxes dun punto real. A súa sala de exposicións temporais permiten profundizar en cuestións do ser humano como o rostro, o cráneo, a aspirina, as construcións no mundo animal, incluídas as humanas. Tamén ten un salón para proxectar cine en 3D. Paréceme moi interesante porque aprendemos como é e como funciona o noso corpo.
Fomos en bus ata alí, tamén volvemos ao instituto en bus. O primeiro que fixemos foi ir a unha sala cunha guía, nesa sala explicounos e ensinounos as partes dun corazón. O corazón era de verdade pero era de porco, ensinounos como abrilo. Logo tocámolo cuns guantes. Despois disto puidemos facer unha visita libre. Medímonos e pesámonos, tamén estivemos tirando a unha portería para ver quen lle daba máis forte, colgámonos dunha barra para ver quen aguantaba máis sen tocar o chan, tiramos pelotas para metelas nuns ocos, había tres ocos, cada un estaba a unha distancia distinta. Paseino moi ben. Luís Rey Míguez 3º ESO
Ana García River 3º ESO
65
Visita á fundación Mª José Jove O pasado mércores fomos á exposición da Fundación María José Jove, e nada máis entrar nos guiaron directamente ata o lugar onde se albergaba o cadro de Anselm Kiefer. A obra deste pintor neoexpresionista xira en torno á posguerra alemá; na súa obra (un só cadro, ocupando lugar de honor na sala) séntese o caos, a pobreza e a desolación que viviu o pintor no seu país despois da Segunda Guerra Mundial, e con esta idea a fundación comunicounos o seu verdadeiro obxectivo.
Non estabamos alí para contemplar un cadro de Kiefer destacando entre outros, non. O verdadeiro atractivo da visita, pola que a maioría de nós decidiu ir, era polo proxecto de poder expoñer unha obra artística de calquera tipo xunto con Kiefer pero, debería tratar a problemática dos refuxiados. Para explicar moito mellor este tema, veu Alí, un home sirio e pintor que leva vivindo en Coruña doce anos e logrou escapar xusto antes de que o conflito comezase. Realmente creo que a historia de Alí foi a verdadeira estrela da mañá, todos ficamos calados ante a súa terrible verdade. El é musulmán, non practicante e ten evinteún irmáns. Logrou escapar grazas a que o chamaron para representar Siria nunha feira de arte en España, pero dous dos seus irmáns, enxeñeiros, tiveron que fuxir cara Alemaña a pé, a unha das súas irmás morreulle un fillo e logo de dous meses atravesando Siria chegou a Europa mais tivo que quedar nun campo de refuxiados. A situación que viven é desesperada, os medios trátanos con tanta superficialidade que parece que falan do curioso crime da semana. Por iso pediunos tanto a nós, presentes, como a os nosos compañeiros quen on puideron ir, que fagamos unha obra, non concentrándonos no premio que pode haber senón en intentar expresar como nos sentimos con respecto a este tema.
66
Para moitos o premio non é o feito de expoñer ao lado de Kiefer ou o premio metálico senón poder representar toda esta traxedia. No mes de maio, para a celebración do día dos museos (para isto foi decidida esta temática) teremos que ter unha obra persoal sobre os refuxiados; esperamos poder expresar coa arte o que as noticias di con tanta frivolidade. Ana María Senra 2º D Bach
Méliès e Sorolla Visita á exposición de Sorolla Hai uns días que visitamos a exposición das pinturas de Sorolla na Fundación Barrié. Alí poidemos ver con detalle os seus estudos e apuntes de escenas ó aire libre e paisaxes. A guía contounos que Sorolla foi encargado dende América para facer varios lenzos que compuxeran a serie de “Visións de España”, que irían destinados á decoración da biblioteca do director da Spanish Society of América. Na exposición vimos os estudos previos á realización desas obras finais. Persoalmente foi unha exposición que me gustou moito e na que tamén tiven a oportunidade de aprender dun mestre como Sorolla. Nos seus estudos apréciase moi ben o modo excepcional do artista para debuxar coa cor, a súa sensibilidade para apreciar diversas cores e, sobretodo, as sombras violetas que inundan case todos os lenzos e que os dotan dun realismo 67
absoluto. Algo que sen dúbida nos sorprendeu a todos foi o hiperrealismo que só se aprecia dende unha certa distancia, xa que se nos achegamos máis á pintura comprobamos que se compón tan só de pinceladas enérxicas, decididas e soltas de cor. Creo que isto último foi o que máis me interesou da exposición, non tanto polo asombro dese “efecto óptico” senón máis ben polo traballo que ten detrás, conseguir saber exactamente onde debe ir cada cor e cada sombra para lograr tal realidade. En resumo, disfrutei moito da exposición, na cal descubrín outro modo de mirar e entender a pintura de Sorolla pola cal, anteriormente, non tiña maior admiración. Cristina Barral Villasenín 2ºC
Georges Méliès e o cine de 1900 Preto das datas de Nadal, visitamos unha exposición moi interesante sobre o cine de 1900 que resultou especialmente útil para o alumnado, xa que nese momento o seu contido coincidía co temario que estabamos a dar. Chamábase “Georges Méliès e o cine de 1900”, e consistía nunha exposición itinerante que neses momentos se ubicaba nos Xardíns de Méndez Núñez de A Coruña. Temos que destacar os decorados da mesma, xa que, nada máis entrar, mergullándonos nunha casa aristocrática do século XIX. Alí unha guía explicounos a orixe do cine da man dos Irmaos Lumière, así como a evolución do mesmo. Puidemos ver unha maqueta de cinematógrafo (o invento dos Lumiére que marcou o inicio do cine), moitos carteis, diversos obxectos da época , maquetas de teatros e do estudo do xenio do que falaremos a continuación. Profundizamos no papel de Georges Méliès no desenvolvemento do cine narrativo, xa que é coñecido por ser o precursor de nada menos que o cine de ficción! Este ilusionista de orixe francesa trasladou os seus espectáculos de maxia ao cinema, introducindo os primeiros efectos especiais e, o máis importante, marcando o inicio dun cine completamente distinto, o de ciencia ficción. A súa importancia, ademais das innovacións técnicas, radica no desenvolvemento dun cine moi diferente do que se levaba facendo ata o momento de tipo documental, como as curtas dos irmáns Lumière que capturaban escenas cotiás da Francia industrial do século XIX. Méliès comezou a contar 68
historias fantásticas a través do cinematógrafo (invento descuberto polos Irmáns Lumière), é dicir, presentaba como reais cousas que nin a ciencia nin a técnica acadaran ata o momento. A súa imaxinación foi tal que incluso prediciu a viaxe á lúa na súa película máis famosa “Viaxe á lúa” (que foi a primeira longametraxe da historia)! Tivemos ademais o honor de ver a película enteira de “Viaxe a lúa”, tamén de bocetos orixinais da vestimenta e dos personaxe feitos por el mesmo, e incluso fotografías dos actores e actrices. A todos nos gustou moito a exposición, porque presentaba de forma moi entretida e didáctica un tema xa de por si interesantísimo. Ademais aprendemos moitísimo da historia do cine e da propia vida de Georges Méliès. Para vós, se vos interesa esta temática tedes un libro moi interesante, recomendado para todas as idades e co que ides aprender moitas cousas sen apenas decatarvos chamado “La invención de Hugo Cabret” de Brian Selznik, que ademais dunha historia belísima na que participa Méliès, está repleto de ilustracións preciosas feitas a grafito. Se sodes dos que preferides o cine, tedes tamén unha película xenial producida por Johnny Depp inspirada no mesmo libro e co mesmo título dirixida polo gran cineasta Martin Scorsese, na que actúan Chloë Grace Moretz, Jude Law e Asa Butterfield, entre outras. Recibiu máis de 15 premios dos que destacan o Globo de Ouro ao mellor director (2012) e catro Oscars á mellor fotografía, ao mellor son, aos mellores efectos visuais e ao mellor deseño de produción. En definitiva, esta foi unha excursión que nos abriu as portas a un mundo novo que vos animo a decobrer pola vosa conta. Ángela Camiños 2º C Bach
69
Exposición de Georges Méliès Recordo ese día como se fose onte. A maioría dos meus compañeiros estaban máis emocionados polo feito de non ter clase e disfrutar das exposicións cos amigos que do que a saída representaba ou esa foi a miña impresión persoal. Non podo dicir que eu non tivese certa emoción por non ter clase, estaría mentindo, pero, o que realmente me emocionaba era o feito de entrar en contacto coa arte, pois eu non frecuento, para a miña desgraza, os museos. Na exposición de George Méliès, a entrada recordoume a un deses cines antigos onde o mostrador estaba decorado cunhas teas vermellas e o encargado vendía tíckets, recordo ter pensado na posibilidade de introducir unha moeda para recibir a miña entrada. Ao pasar ao interior do lugar, un proxector antigo reproducía algunhas películas do autor mentres que na posición oposta unha vitrina mostraba varios obxectos que aparecían e desaparecían en honor á condición de mago que tivera Méliès. Unha guía comezou coa visita introducíndonos na vida e época do autor, diferentes salas conformaban a exposición, moitas cheas de fotografías, outras con documentos e mesmo recreacións en 3D. Había unha sala máis grande cás outras onde dominaba unha xigantesca pantalla na que proxectaron unha das películas máis características de Méliès: Viaxe á lúa, un dato curioso que recordo é que os homes actuaban como mulleres porque non había moitos actores nin actrices que puidesen traballar para unha película destinada á prole. Nuria Piqueras Fernández 2ºC Bach
PULL & BEAR Hai uns días fixemos co instituto unha excursión á sede central de “Pull & Bear” en Narón. A viaxe ata alí fixémola en bus, o tempo pasóusenos voando, xa que todos tiñamos moitas ganas de ir. A verdade e que tivemos mala sorte, xa que cando chegamos estaba chovendo. O sitio é enorme e impactante. O primero que nos ensinaron foi a zona de embalaxe, resultou impresionante ver todo iso. O edificio é enorme e está cheo de maquinaria e caixas por todas partes, sobre todo caixas. Explicáronos como funciona o percorrido da chegada da 70
prenda e como se transporta ás diferentes tendas. Foi moi interesante. Cando xa acabamos a visita por esa zona, entramos noutro edificio diferente. Neste estaban os escaparates das diferentes tempadas, era marabilloso ver os manequíns vestidos con esas cores brillantes (incluso había un escaparate cos manequíns que se ían pór en China). Tamén visitamos a tenda piloto, esta tenda é o modelo que teñen que seguir o resto de tendas de “Pull & Bear”. Finalmente fixemos un percorrido polas oficinas, mentres que nos explicaban que función ten cada sección e que relevancia ten cada unha. Sobre todo me chamou a atención unha sala na que entramos e todo o que mirabas era roupa e teas ordeadas por cores. Impresionante. Ademais tivemos o privilexio de falar co director, o cal nos fixo un par de preguntas e nos deu, a cada un, unha bolsa de recordo de “Pull & Bear”. Foi unha das mellores excursións da miña vida, encantaríame volver noutra ocasión, sen dúbida. Noelia Lubián López 2ºC Bach
A educación física, unha educación para a vida
O vinte e cinco aniversario do noso centro educativo é unha marabillosa ocasión para celebrar, brindar e lembrar en voz alta todas aquelas aventuras docentes vividas desde o ano 1991 ata o ano 2015, sendo o último curso o máis emotivo e gratificante para min xa que sentín un especial agarimo e proximidade de moitos alumnos. O inicio da miña longa viaxe no IES, plantexábase como a continuidade dos meus labores docentes iniciadas no ano 71
1980, pero non tardei en darme conta de que o meu novo e probablemente último destino da miña particular singradura, era un centro cunha idiosincrasia moi especial, por iso, esta última travesía educativa representaba un gran reto no que merecía a pena involucrarse e comprometerse máis aló das catro paredes do meu pequeno ximnasio. Consciente da importancia que para a educación integral teñen as actividades para-escolares, grazas ao apoio atopado nas directivas do centro, e grazas á complicidade dos meus compañeiros: Flor, Manuela, Mª Xosé, Bértolo, Tallos e Fernando aos que admiro e agradezo todo o seu esforzo, iniciamos unha serie de actividades deportivas que suporían unha experiencia vital significativa para moitos alumnos, compañeiros e sobre todo para min mesma. O comezo destas primeiras actividades deportivas foron unhas pequenas, pero á vez intensas competicións de “fútbol praia”, organizadas por unha compañía de refrescos de carácter multinacional na que os nosos alumnos se esforzaron ao máximo e gozaron de practicar un deporte en equipo. Debido ao éxito da convocatoria e as ganas e enerxía dos nosos alumn@s, aproveitamos a convocatoria inter-centros para participar en “fútbol once” masculino, ao que posteriormente se incorporaron as mozas do noso instituto. Á súa vez, motivados polo interese e as ganas do alumnado na participación ligueira, buscabamos tempo para poder participar en carreiras de “campo a través” de fin de semana, organizadas por centros educativos da cidade. Resulta incriblemente satisfactorio deterse a lembrar aqueles tempos nos que no blogue do Instituto colgábanse fotografías dos eventos deportivos nos que os nosos mozos e mozas eran os protagonistas xa que todas estas fazañas 72
deportivas realmente pertencíanlles e dalgunha forma sempre lembrarán con alegría e ilusión o seu instituto sentíndose moi orgullosos de cursar os seus estudos en Adormideras. Tamén recordo con especial agarimo as xornadas que organizamos de iniciación ás “actividades acuáticas”, desenvolvidas no náutico de Oza as fins de semana, denominados sábados azuis nos que os mozos e mozas aprendían e divertíanse remando. Co discorrer do tempo e grazas á confianza xerada polo éxito de participación nas actividades anteriores, emprendemos o maior dos retos: organizar actividades de longa duración pero esta vez lonxe de casa. Así que desta nova iniciativa xurdiron as actividades de montaña que se concretaron en dous tipos: semana verde e semana branca. Pola súa singularidade a actividade máis atractiva era a desenvolvida na neve. O interese que espertaba entre os alumnos concretouse en múltiples edicións (9) e coñecemos varias estacións: Candanchú, Sierra Nevada, Vallnord, Astún e Formigal. Gozamos de paisaxes inesquecibles na famosa ruta do Cares, percorremos as “majadas” nos Picos de Europa, bordeamos os Lagos de Covadonga e descendemos en piragua polo río Sella. Sen dúbida, o balance das experiencias vividas son moi superiores as boas e inesquecibles que as malas, que por certo xa esquecín. Unha das maiores satisfaccións é contemplar na distancia, como estas iniciativas son secundadas e consolídanse ano tras ano. Un verdadeiro pracer como docente.
Breve anecdotario: • Opción de viaxar en avión á neve. Instantes previos ao pago, a compañía aérea creba. Tivemos que volver viaxar en autobús. • A sorte sorrinos. A lotaría acórdase de nós e podemos viaxar economicamente. • Preparativos da semana branca, venda de polvoróns de Nadal. Algún alumno viaxou gratis coa recadación. • Confecciónanse camisetas con logos exclusivos para financiar a actividade. • Sendeirismo pola costa. Oito horas de intensa choiva. Empapados. • Viaxamos en compañía dun virus. Parte da expedición non pode esquiar. • Atrapados por temporal no hotel non puidemos esquiar. Ampliamos a estancia na estación. • A petición do alumnado, gran festa guateque final de actividade. Baile incluído. • Primeiro día de esquí e gran dor de pés. Á procura da bota perdida. • Iniciación no esquí, faltan mans ou sobran cousas. Os veteranos afánanse cos novatos. • A actividade consolídase. Acompáñannos á neve ex-alumnos do centro. • Viaxamos toda a noite en autobús e directamente á Alhambra. Como sempre espectacular. • Unha visión diferente: o interior da montaña. Visitamos varias veces a cova de Güixas. Sempre fría e diferente. • No museo militar de Jaca esperábannos 32.000 figuras de chumbo organizadas en 23 escenarios temáticos. • Unha visita con moito contido ecolóxico. Máis dun centenar de especies animais do cinco continentes en réxime de semi-liberdade. Cabárceno. Isabel Tabeayo Profesora de Educación Fisica
73
Exposición gravados de Goya Hai uns días fomos de excursión co instituto ao museo de Belas Artes da Coruña para ver unha exposición dos gravados de Goya, ademais tamén fixemos unha pequena práctica do proceso de creación dun gravado. Eu pensaba que primeiro iamos realizar unha visita pola exposición dos gravados de Goya, pero o primeiro que fixemos ao chegar foi a práctica dos gravados. Estaban postas un par de mesas onde nos fomos sentando por grupos. A cada un nos deron unha pequena placa de plástico e unha ferramenta chamada “punta seca”, coa cal debemos riscar a placa facendo un debuxo. Quedámonos todos pensando que debuxo facer, a maioría estabamos bloqueados, incluso algúns nos puxemos a mirar debuxos no móbil. Cando tivemos o debuxo terminado, unha moza botoulle tinta por riba á nosa placa, para que logo a pasásemos por unha máquina que pasaba pasaba o debuxo a papel. Todos quedamos moi contentos cos nosos gravados e gardámolos para levalos a casa. Despois diso xa fomos a ver a exposición dos gravados de Goya. Era unha visita guiada, unha moza ía explicándonos a vida de Goya e ensinaba e contaba o significado dos diferentes gravados. Había gravados de diferentes temas e tamaños, foi moi interesante. A min gustáronme moito, aínda que prefiro as pinturas deste artista. Noelia Lubián López 2 Bach,C
74
A nosa viaxe a Roma O curso 2011-2012 os alumnos de latín e grego do centro fixeron unha viaxe a Roma coa súa profesora Inés Sánchez. A viaxe realizouse no mes de xuño, ao remate das clases. Fixemos un percorrido pola Roma Imperial (Foro, Coliseo, teatro Marcelo, Panteón…), Trastevere, Piazza Navona, Piazza d’ Espagna... Aproveitamos tamén para visitar os estudos de Cinecittà e os marabillosos xardíns de Villa D’Este ás aforas de Roma.
75
Outra maneira de aprender matemáticas
Fundación Barrié
Hoxe día 13 de Febreiro, fomos á Fundación Barrié. Cando chegamos tivemos que facer grupos de oito persoas eu estiAntonte fomos coa profesora de Mate- ven con Sarah, Diego, Daniel Pedro, Desimáticas a un obradoiro sobre a materia. reé, Uxía, Eila e Lucía. Tivo lugar na Fundación Barrie ao longo da maña. O obradoiro tiña diversas estaPuxémonos nunha mesa, había moicións: resolución de problemas, estatísti- tas e en cada unha facías unha actividaca, hologramas, tangrams, cálculo, cons- de distinta. A primeira que fixemos foi a trución de infraestruturas e numerosos dos problemas, logo tivemos que poñer xogos. o noso nome e apelido ao revés para que no espello se vise normal, a terceira foi Do noso instituto participamos nós, unha de 3D, na cuarta traballamos cos rapaces de 1º de ESO, e mais os de 2ª ordenadores, mandáronos facer unha pero tamén había alumnado doutros actividade que consistía en darlle a unha centros. opción e aínda que nos dese outra, quedarnos na mesma opción e aos outros o Para min foi divertido e paseino moi mesmo pero ao revés (porque nos manben. Eu repetiría esta experiencia e ade- daron dividirnos en dous grupos), outra mais a recomendaría. actividade na que tivemos que resolver operacións e por último unha de xogos. Rebeca Moreno Vázquez 1º ESO
Agora vou dar a miña opinión, a min a que máis me gustou foi a dos problemas e a que menos a das operacións. Pero en xeral , gustoume moito a experiencia. Iria Botana Álvarez 1º ESO
76
x i M x Ma E ti, que vas estudar despois? Tomar unha decisión respecto á túa formación académica é unha elección que nos segue (ou persegue) toda a nosa vida. Varios estudos afirman que, das dez cousas das que máis nos arrepentimos na nosa última hora, a carreira universitaria elixida é unha delas. Xa ben sexa por seguir as nosas ambicións ou por compracer aos nosos proxenitores, moitos acaban escollendo carreiras de gran prestixio social ou cun forte salario que, sen embargo, non teñen nada que ver co que realmente anhelan. Isto non debería ser permitido sen ter en conta antes as preferencias do estudante. Ante todo, é o aspirante a universitario o que vai cursar a formación elixida, non os pais. Se a materia escollida non é do agrado destes, cómpre que o pensen antes de forzar ao seu fillo nuns estudos que, se ben lle proporcionarán unha vida mellor , non o farán feliz. A anticuada xustificación “é polo teu ben” volve a poñerse de moda para uns pais que non ven ao seu fillo como tal, senón como un motivo para fachendearse diante dos seus colegas. Nunha socieda-
78
de na que a fortuna e o estátus priman sobre a felicidade propia, o descontento xeral aumenta e leva a moitos infelices a situacións extremas. Quen non ten oído falar dun avogado ou dun galeno afamado e acomodado (ao que practicamente non lle faltaba nada) que se quita a vida polo estrés e a dureza da vida que leva? Detrás destes desafortunados e incomprensibles fins abundan os casos de pais que imponen aos fillos un futuro que non desexan. Isto pode axudar ao estudante a triunfar na vida e madurar psicoloxicamente, pero tamén pode crear unha persoa emocionalmente fráxil, que ante as adversidades da vida se derrumba como un castelo de area ante a forza da ola de preamar. E por isto que a mellor forma de continuar os estudos consiste en estudar o que verdadeiramente queres e non o que che imponen. Porque os cartos dan para moito, e a fama relativa axúdache a mellorar a túa autoestima, mais a felicidade non se merca, e é a mellor medicina contra calquera doenza, xa ben sexa física ou mental, algo que a fama, unha droga con efectos secundarios, xamais che dará. Diana González Besada 2º B Bach
cesidade de recorrer a estudos de historiadores, de primeira man. Asemade, teño unha base lingüística asentada para Dende hai case dezaoito anos, compa- aprender outros idiomas e un alicienxino como galega a prendizaxe da lingua te para conseguir emprego no futuro. E dos rumorosos pondalianos co idioma aínda queren que deixe de falar galego? de Cervantes. Se a isto engadimos un coñecemento exhaustivo das verbas da linDiana González Besada gua shakesperiana, iniciada a súa asimi2º B Bach lación asemade que deprendía a lingua oficial, a tarefa de profundizar no estudo das linguas vólvese abondo complicada Se lle preguntas a alguén do resto da Pedebido ás continuas confusións entre nínsula qué é o galego, de seguro que dirá idiomas. A raíz disto, varios familiares té- que é tan só unha lingua. Con gran probañenme recomendado deixar de estudar bilidade, se lle preguntas pola súa opinión galego, aducindo a súa completa inutili- ao respecto, dirá que non ten utilidade dade no futuro. fóra de España e mesmo fóra de Galicia.
É útil o galego?
Craso erro. Dende a aprobación en 1981 do Estatuto de Autonomía, a fala de Castelao foi recuperando o terreo que perderá frente á lingua de Castela, e hoxe en día os galegos podemos enorgullecernos de posuír lingua propia, e gozar das utilidades que esta nos reporta. Sen ir máis lonxe, que non quixo nunca coñecer de boca da propia Rosalía a dor do inmigrante galego? Ou escoitar os rumores dos pinos do bardo Pondal? Non hai mellor forma para vivir estas experiencias que aprendendo a lingua na que foron escritas. Ademais, aprender galego axuda á hora de buscar información sobre a nosa cultura, xa sexa mediante a lectura ou preguntando aos maiores. Simultaneamente, e grazas á inserción do galego nas institucións públicas, o noso idioma é unha gran axuda na búsqueda de emprego, tan solicitado nesta última década. É máis, a aprendizaxe do galego a unha idade temperá proporciona un apoio extra para iniciarse noutras linguas.
Pero, é relevante o nivel de utilidade dunha lingua? Alguén é quen de coller unha regra e medir a utilidade do galego ou doutras linguas como o euskera ou o catalán? Non hai moito, o metro de Londres incorporou o galego entre os distintos idiomas que se falaban nun spot creado por eles.Pero non falo de publicidade, falo de cultura, de historia, de identidade propia. O galego é unha parte de min, un anaco do que supón ser galega. Dende a centralidade imposta no século XV, sen esquecer os Séculos Escuros e a represión franquista, o galego estivo en constante sufrimento. Pero eu, como galega, tampouco esquezo ás Irmandades da Fala, non me deixo embarcar polas Glorias Lago, non permito que os que queren ser como algúns políticos repitan que ser nacionalista galega é unha traición a España e á Constitución.
Porque eu berro coma Rosa Cedrón e Grazas ao galego, hoxe en día éme po- teño como herdanza a insolencia de Suso sible coñecer a historia do meu pobo, a Vaamonde, para non ter que aturar ós súa cultura e os seus costumes sen ne- que nos queren caladiños e obedientes. 79
E seguiremos loitando, como Moncho ReboiTen algunha utilidade aprender e falar ras, para que ese meniño que acaba de galego? Esa é a pregunta que todo estunacer na nosa terra non se esqueza de dante de Galicia se fai como mínimo unha quen é, para que o noso país sempre vez na súa vida. sexa un berce para el, para que nunca lle falte unha lareira na que se quentar. A dúbida poder xurdir nun momento de frustración mentres se está estudanAsí que se me preguntan se o galego é do, sen ganas, para algún exame da maútil, diría que ultimamente consegue sacar teria, ou mentres se ten que escribir a toda esta raiba para poder berrar coma típica redacción sobre este tema. Castelao “denantes mortos que escravos” . Normalmente, mentres pensas a resValeria Santaya Pérez posta fronte unha folla de papel en branco, 2º B Bacharelato os únicos argumentos que che veñen á cabeza son en contra, como o clásico; “ fóra de Galicia o galego non serve para nada”, “ En Galicia o galego é unha lingua minoriza- o galego só se fala nas aldeas”... Certo é que da, unha lingua con moitos falantes pero que en Galicia apenas chegamos a tres millóns está en perigo de extinción. Vou argumentar de persoas e hai moitos casteláns falantes. por qué estou a favor de ser bilingües e as Por sorte para nós, o galego ten moitas simiventaxas de aprender a lingua galega. litudes co portugués, polo que poderiamos comunicarnos con máis de 200 millóns de En primeiro lugar, ao ser unha lingua persoas ( entre Brasil e Portugal) con moitos falantes, o galego dános a posibilidade de sociabilizar con xente, que Outra cuestión na que ninguén se para está acostumada ou incluso que só fala a pensar é a facilidade que o galego nos este idioma, como no caso das persoas aportou á hora de aprender novos idiomas. maiores dos pobos galegos, polo xeral. Apótanos sons que noutros idiomas, como no castelán, non existen, polo que teremos Por outro lado, así axudamos a con- mellor pronunciación. Tamén aprendemos servar a lingua galega xa que se non se novas estruturas gramaiticais. fala pode dar lugar a que desapareza e así conseguimos darlle máís importancia A todo isto pódese engadir que o coe aumentar o número de falantes. ñecemento da nosa lingua fainos máis completos como persoas. Por último, aprender o galego, achéganos máis á cultura galega e incluso,ás vePor moi minorizada que estea, forma ces, dános máis posibilidades á hora de parte da nosa cultura e tradicións. buscar un emprego. Sen galego non hai Galicia En conclusión, aprender a lingua galega axúdanos tanto a nós de forma persoal como á Carlota Ramudo cultura galega e nunca está de máis aprender 2º B Bacharelato un novo idioma e enriquecer as nosas mentes. Nina Urdaneta Bonome 2º B de Bacharelato
80
Somos coma Einstein O venres 17 de maio, dous alumnos do instituto, Alejandro Saavedra e Martín Otero, participaron na fase rexional das Olimpíadas de Física, unha competición convocada pola Sociedade Española de Física. O que comezara como unha simple proposta por parte do profesor Antonio Jesús García Bastida, e que continuara con sesións de repaso nos recreos e pola tarde, rematou o luns da semana seguinte, cando un correo lles comunica o seu avance cara á fase nacional, en Girona, onde competirán contra os gañadores das fases rexionais de toda España Sorte Rapaces!!!
Adiviñas Estou todo o tempo contigo aínda que no colexio non debería, axúdache no que necesitas e no que imaxinas. Marta González Rodríguez 2º ESO A ( O teléfono móbil)
Vesme polas mañás ás veces as novas tráioas boas ás veces as novas tráioas malas Lucía Sesar Ares 2º ESO A ( O Telexornal)
Non son transformable, cambiáchesme por outro, emprégasme pouco, pero as avoas quérenme moito Levi Barros García 2º ESO A ( O teléfono fixo)
81
- A verdade é que a min me impresionou. Na maioría dos institutos non existe un ambiente así. Aquí a xente é moito máis aberta, compresiva, hai moitos tipos de persoas cada un con gustos diferentes e todos se respectan entre eles. Isto creo que ten relación coa arte que se estuda neste centro. Síntome orgullosa de pertencer a este instituto para o pouco tempo que levo nel. Gústavos poder - A primeira vez que fun ao instituto, pa- ser parte del? Como vos sentides? receume moi soso pola parte de fóra, pero cando entrei vino todo cheo de debuxos e -Non cabe dúbida de que estamos moi esculturas. Era completamente diferente contentas aquí! As longas viaxes todos ao meu anterior instituto; sabía que todo os días merecen a pena. Coñecemos a suporía un cambio. moita xente moi simpática e orixinal e non nos podemos queixar da liberdade - Cando eu entrei por primeira vez no que nos deixan en Adormideras! instituto foi o día en que fun a inscribirme. Desde fóra parecíame aburrido e serio, Ángela García, Lucía Beade e Paula Babío case non me semellaba un colexio. Pero, Visión de Adormideras ao entrar debo admitir que me impresionou, nunca vira un instituto tan decorado e orixinal. Cando me dixeron que todo fora feito polos estudantes, emocioneime aínda máis. Nada máis chegar a este instituto sor- O voso primeiro día no instituto foi antes prendeume que fose un bloque gris, das clases, en cambio a primeira vez que eu pero nada máis entrar vin que era todo entrei foi xusto o día que comezaron. Esta- un mundo de artistas cos cadros, os muba moi nervosa xa que non coñecía a nin- rais, as obras expostas nos corredoiros. guén e por iso o que máis me impresionou foi o ambiente que había cando entramos Cando comezaron as clases, no único na clase. A titora explicounos moi ben todo que podía pensar é que me recordaba e iso gustoume moito, xa que tiña moitas tanto ao mundo de Harry Potter, fóra dúbidas e ela solucionoumas, a vós non vos do instituto de Hogwarts sénteste coma tranquilizou? un bicho raro, con calidades que os muggles non posúen pero, ao estar dentro - A min non. Nese instante centreime do instituto es único con xente totalmenmáis en coñecer xente antes que no regu- te distinta. lamento do instituto. Os primeiros días pareceume que non encaixaba con ninguén, Así é que todos nos expoñemos como pero co tempo decateime do bo ambiente artistas únicos e diferentes, cousa que que hai entre as persoas e acolléronme nos fai diferentes pero iguais. moi ben. É un instituto completamente diferente, onde hai moita diversidade. A vós Malena Paz Ferrant non volo pareceu? 1º Bacharelato F
Primeiras impresións
Diálogo entre tres estudantes novas de 1º Bach F
Visión de Adormideras
82
Adormideras, un sitio distinto Non é que sexa unha alumna que cambiara de centros con moita variedade, é máis, só estiven en tres, pero creo que é suficiente como para comparalos con este novo insituto. Para empezar, tiven que matricularme en marzo en vez de en verán. Iso, aínda que non sexa moi importante, chamoume moito a atención, e pregunteime que máis tería de distinto, ata que tiven a resposta diante dos meus ollos: este instituto é un mundo diferente. Se por fora parece un edificio gris calquera, por dentro é unha explosión de cores e formas .E isto só na entrada!. En ningún instituto desta cidade tiven taquillas -as cales son o mellor que podían existir-, e moito menos posar para que me debuxasen os meus compañeiros, nin traballar con arcila, ou incluso disfrazarme de cidadá grega para un traballo de Fundamentos. Tes dous recreos en vez de un, que, aparte de facer os días máis amenos, neles podes ver que todos os cursos se xuntan nun só piso e conversan entre eles, en vez de terse odio os uns aos outros. Os profesores son máis agradables que noutros centros, e todos eles teñen a intención de que nos esmeremos e saquemos o mellor de nós.
Con todo isto temos un ambiente tan bo que permite que sexamos máis liberais, que expresemos o noso amor e cariño como queiramos, e sobre todo con respecto entre todos nós, tanto entre alumnos como tamén co profesorado. Aquí todos queremos deixar a nosa pegada, e que mellor que facer as nosas nel? Sabedes a orixinalidade que hai en todos os currunchos? Poder ver pinturas famosas nas paredes exteriores dos baños, ou un graffiti no muro da terceira pranta, ou portas pintadas,... E a que hai no teito? Por que non se lle ocorreu a outro instituto máis vello ca este? Direivos eu por qué: de non ser pola boa vibra, polas boas memorias que facemos, polo comezo da nosa pegada no mundo,.. de non ser por todo isto non existiría un mundo aparte do resto da Coruña, escondido tras eses muros grises. Cando me deron a opción de participar nesta revista, non dubidei nin unha décima de segundo en que debía contar a miña impresión, explicando o marabilloso que pode ser un instituto, lugar do que os adolescentes se soen queixar, pero que aquí o único que facemos é estar agradecidos de pertencer a un mundo creado por todos nós, polos pequenos artistas atopados no noso interior. Fernanda Quintáms Inchausti 1º Bacharelato F
83
Adeuse
s
Nosoutros non te esquecemos Un ano máis, e como xa vén sendo habitual na nosa revista, temos que falar de xubilacións. Esta vez soamente temos unha xubilada e isto si que é unha novidade, xa que ultimamente adoitabamos despedir a varios compañeiros. A profesora afortunada é a nosa querida Ánxeles Vidán Ortiz, profesora de inglés dende o curso 1991-92. Xubílase logo de traballar no instituto vinte e cinco anos, os mesmos que cumpre o centro. Que dicir de Ánxeles que non saibamos todos? Para min foi unha excelente profesional, isto tiven ocasión de confirmalo dende que pasei a ser directora e, por suposto, foi sempre unha moi boa compañeira, unha persoa chea de xenerosidade, disposta sempre a botar unha man alí onde se precisaba. Os profesores perderon coa súa partida pero tamén o fixeron os alumnos. Ánxeles era unha persoa que amaba a súa profesión, non lle importaba ter que traballar cos alumnos de apoio ou de diversificación cos que tiña unha paciencia infinita e os alumnos apreciábana moito porque se sentían valorados e con posibilidades de saír adiante. Para unha profesora conseguir que un alumno con dificultades supere unha materia e mesmo un curso é unha satisfacción moi grande. E Ánxeles pode sentirse orgullosa porque moitos alumnos dos que ela foi titora conseguiron titular. Ademais de traballar na aula, Ánxeles participou activamente nos diferentes proxectos do centro, nas conmemoracións e nos festivais anuais; formou parte dalgún equipo directivo e non deixou en ningún momento de continuar a súa formación, o que a levou nalgúns casos ben lonxe, refírome as súas estadías en Canada e Nova Zelandia. Ánxeles traballou moito e ben e merece a mellor das xubilacións. É unha mágoa perder a unha compañeira tan querida pero temos que alegrarnos por ela. Agora, despois de tantos anos adicados ao ensino, chegoulle o momento de iniciar unha nova etapa na súa vida. Feliz xubilación, queridísima Ánxeles. Non te esquezas dos que aínda quedamos polo instituto, nosoutros non te esquecemos. Carmen Tembrás Directora
86
87
88