Revista Ayudeporte nº3

Page 1

3

4


4 Logo lunes, 29 de julio de 2013 7:29:22


Nº 3 AGOSTO 2014

SAÚDO DA ALCALDESA

A importancia do deporte no Concello de Melide

, a r b Lem limpo! xogo

por Ánxeles Vázquez Mejuto

LOITAS OLÍMPICAS

Actividades do curso 2013/14 por José Manuel Ayude López

BOXEO OLÍMPICO Nova disciplina 2013/14

CONTACT KARATE Nova disciplina 2013/14

12 14 18 23

por Agustín Pedregal

KICK BOXING

Actividades do curso 2013/14

POSTER

Calendario 2014

ESGRIMA

Actividade do curso 2013/14

OUTROS DEPORTES DA COMARCA Ballet, Danza, Pesca, Fútbol...

1


Nº 3 AGOSTO 2014

Saúdo da Alcaldesa

por ÁNXELES VÁZQUEZ MEJUTO Alcaldesa do Concello de Melide

hoxe en día un referente a nivel deportivo, e non só polos logros tan importantes da Escola Ayude. Outras actividades deportivas e deportistas tamén gozan dun enorme éxito. Moitos xogadores dos nosos equipos de fútbol sala foron convocados pola selección galega, e pilotos de ralli como Xesús Ferreiro e Javier Anido, tres veces campións galegos e dúas de España, Alberto Otero, gañador de rallis importantes, ou promesas como Enrique e Carlos Guerreiro, son un exemplo da vitalidade do eido automibilístico na nosa vila. Todo iso sen esquecernos do labor en prol do deporte melidá que desenvolven os equipos de fútbol e as distintas asociacións deportivas melidás.

Quero agradecer e aproveitar a oportunidade que a Escola Ayude me dá para saudar a toda a veciñanza de Melide, especialmente a todas e todos os melidaos que practican algún tipo de deportes. En Melide o deporte é moi importante. Temos numerosos deportistas locais que así o acreditan, algún deles na elite galega e estatal, como é o caso de deportistas da Escola Ayude. Nestes últimos anos a Escola Ayude non para de medrar e colleitar éxitos tras éxitos (campionatos e medallas en esgrima, taekwondo, kick boxing, loita olímpica…), que proxectan o nome de Melide por todo o territorio galego e estatal. Melide é

2

O equipo de goberno que eu presido sempre considerou o deporte como algo prioritario no noso Concello, pois apostar polo deporte é apostar por unha sociedade máis sa. Hay que ter en conta que o deporte e a saúde van unidos, por iso a importancia de promover a actividade deportiva para todas as idades. Actualmente as escolas deportivas do Concello de Melide moven máis de 1000 persoas ao ano, ademais de colaborar coas distintas actividades deportivas da vila. O reto deste equipo de goberno é manter e superar o excelente nivel deportivo que alcanzou a nosa vila; é difícil, pero xuntos estou segura que seguiremos colleitando éxitos importantes como os logrados até o de agora. Non teño dúbida de que o nome de Melide a nivel deportivo seguirá no máis alto.

Ánxeles Vázquez Mejuto

Alcaldesa do Concello de Melide


Nยบ3 AGOSTO 2014

LOITAS OLร MPICAS 2013/14

3


Loitas olímpicas

Nº 3 AGOSTO 2014

Loita Sambo No mes de Marzo celebrouse en Salamanca o campionato de España de Loita Sambo. Na categoría Junios desplazouse alí un loitador da Escola Ayude, Nicolás Rodríguez, que en - 57 kg proclamouse subcampión de España engadindo así máis palmarés nesta disciplina a nosa Escola de Melide. Outro éxito a destacar tivo lugar en Febreiro en Madrid no Campionato de España de Loita Grapling e Loita Sambo. Ata alí desprazouse Bruno Martínez da Escola Ayude conseguindo dúas medallas, unha de bronce en Grapling e outra de ouro en Loita Sambo.

Foto: Bruno Martínez cos seus trofeos no Torneo Nacional que tivo lugar en Madrid.

En total houbo once medallas para o conxunto da selección galega o que fixo acadar dita selección no terceiro posto do ranking nacional.

Loita Olímpica A selección española de loita olímpica convocou a dous loitadores da Escola Ayude de Melide, recentemente proclamados campións de España en Madrid, para a concentración previa ao torneo internacional en Rumania. Xandre Freire desplazarase para a competición da loita grecorromana, este é un feito histórico para o deporte en Melide por ser o primeiro deportista en ir a un torneo internacional cao selección olímpica nesta modalidade. Por outra bande, Bruno Agra, o outro convocado pola selección en libre olímpica queda a espera da segunte convocatoria da súa modalidade. Con estas noticias, ponse un broche de ouro a un fin de semana histórico para o deporte melidense da man da Escola Ayude

Foto: Na foto, Xandre Freire e Bruno Agra coa selección nacional.

4


Loitas olímpicas

Nº 3 AGOSTO 2014

Loita Olímpica

Foto: Na foto, o equipo da Escola desplazado a Madrid.

O deporte melidense volver a estar de noraboa ao conseguir as súas primeiros medalla nacionais en loita olímpica en categoría absoluta, Cora Ayude en femenino e Bruno Agra en masculino. O pabellón do Consello Superior de Deportes acolleu o primeiro fin de semana de agosto o campionato de España de loitas olímpicas. A Escola Ayude de Melide aportaba cinco loitadores a selección galega para facerse con sendos metáis, plata para Cora Ayude e bronce para Bruno Agra. Metáis cos que se volverá a facer historia nos rexistros deportivos de Melide. Este logro non fai máis que alentar a toda a directiva da Escola Ayude a seguir o camiño de traballo coa canteira que sen dúbida seguirá traendo éxitos ó deporte melidense.

Torneo Internacional de Loita Olímpica

Foto: Na foto, Xandre Freire e Aaron Ayude coas respectivas medallas do Torneo.

En Novembro tivo lugar un ano mais o Torneo Internaiconal de Loita Olímpica celebrado en Barakaldo-Bilbao, o encontro enfrontaba clubes españois con clubes franceses cun total de 140 participantes ó evento. Isto fixo que o graderío vasco estivese a rebosar. Neste acto participaron dous loitadores melidenses; Xandre Freire e Aaron Ayude, ambos procedentes do Centro de Tecnificaicon de Pontevedra, acadando co bronce e prata respectivasmente. Estos bos resultados o inicio da tempada en Loita Olímpica animan moito a nosa escola de Melide para seguir acadando maiores exitos nas proximas copeticions. 5


Loitas olímpicas

Nº 3 AGOSTO 2014

Loita Olímpica

Foto: Na foto Aron Ayude no podio co seleccionador ruso Alexander Kacharev que se mostrou moi satisfeito coa actuación do loitador Melidense.

Durante o mes de Febreriro celebrouse o campionato galego de loita olimpica en categorias cadete e senior no pabillón municipal Santa Isabel do Concello de Santiago cunha participación masiva. A Escola Ayude de Melide, clásico nestes eventos, participou con cinco loitadores, nas dúas modaliddes de libre olímpica e grecorromana e así o medalleiro quedaba con Rebeca Quiñoy con bronce, grande logro tendo en conta que se facía un ano do seu debut,

Guillermo López que conseguiu plata en libre olímpica e bronce en grecorromana, boísimo resultado competindo en categoria superior, Xandre Freire, ouro en libre olímpica e bronce en grecorromana, medallas en categoría absoluta o que demostra a boa calidade do noso loitador. A gran victoria foi para Aaron Ayude que fixo pleno: ouro en libre olímpica e ouro en grecorromana. Desgraciadamente houbo que lamentar a lesión de Bruno Agra.

Parque Empresarial de Arzua, 8 Parcela, 15810 Arzúa, La Coruña 981 50 04 05 6


Loitas olímpicas

Nº 3 AGOSTO 2014

Loita Olímpica

Foto: Na foto, Roberto García, Xefe de Servizo da Secretaría Xeral para o Deporte, Santos López, Concelleiro de Turismo de Melide e Ánxeles Vázquez, Alcaldesa de Melide aproveitaron a celebración da 3ª Copa Deputación de Loitas para facer o recoñecemento aos logros deportivos dos dos deportistas da Escola Ayude de Melide.

Copa Diputación de Loita Olímpica No mes de Decembro celebrouse a 3º Copa Deputación da Coruña de Loitas Olímpicas en Melide cunha participación de 120 loitadores. A Escola Ayude fíxose coa copa e cos trofeos ós mellores loitadores. Cabe destacar o debut da canteira de loita melidense como é o caso de

Foto: O equipo da escola Ayude.

Xesús Expido, Manuel López, Víctor Buja, Mario Varela, Borja García, Nicolás Devesa, Brais Lugris e Mateo Lugrís, Pablo Quintela, etc... onde tamén estiveron os alumnos que están becados no centro de tecnificación. Ó remate reuníronse tódolos deportistas nunha multitudinaria comida duns 200 comensales que degustaron o polbo na garnacha, pero sen dúbida o feito máis destacable foi a presencia do Xefe de Servizo da Secretaría Xeral para o Deporte, Roberto García, que asistiu toda a xornada comprobando in situ o bo traballo que se está facendo co deporte en Melide dende a Escola Ayude incentivando valores como o respeto, o sacrificio, o compañerismo e a sociabilidade. As súas palabras neste sendo foron de recoñecemento público a Escola e tamén fixo entrega dos diplomas en recoñecemento ós medallistas mundiais polo éxito obtido no recente campionato do mundo en Italia a Cora Ayude, Patricia López e Aaron Ayude. 7


Nยบ 3 AGOSTO 2014

BOXEO OLร MP ICO

2013/14

8


Boxeo Olímpico

Nº 3 AGOSTO 2014

Boxeo Olímpico O primeiro fin de semana do mes de Agosto foron días moi completos para a Escola Ayude en Melide. Por una banda, facía o seu debut no campionato galego de boxeo infantil (técnico), disciplina deportiva que inclue no seu calendario de competición e o facía cuna equipo de oito boxeadores noveis en Vilagarcia de Arousa até onde se desplazaron as escolas galegas para disputar as medalla. Os de Melide trouxeron a sua primeira medalla autonómica nesta disciplina, un bronce conseguido por Aaron Ayude que abre camiño os novos talentos en Melide. En Xullo tivo lugar o campionato galego de combate en Boiro o que acudirá o competidor clasificado. Por outra banda, a Escola Ayude celebrou a súa tradicional gala do deporte a que asistiron alumnos, pais, competidores, simpatizantes, etc... onde se fixo

Foto: Na foto o equipo desplazado a Vilagarcía de Arousa.

entrega dos trofeos ós deportistas máis destacados da temporada e os de revelación. Os premiados foron: Nahum Ayude e Patricia López en infantil e Bruno Martínez e Cora Ayude en senior, entre os castro xuntan 6 medallas internacional e 7 nacionais. Os máis esperados, os premios revelación foron para Nerea Iglesias, pola súa medalla de plata no campionato de España de esgrima e Rebeca Quiñoy polas súas medallas en loita olímpica e kick boxing. Pero quizáis o momento máis emotivo para a dirección da Escola foi o recoñecemento que fixeron os país para cada entrenador polo seu traballo, dedicación, e as oportunidades que se dan ós máis xóvenes. Emotivo porque son os país os que ve n o progresos e valores que os rapaces adquiren co seu traballo, guiados polos seus adestradores.

Foto: Momento do recoñecemento recibido por parte dos pais ós adestradores.

Campionato Galego de Boxeo olímpico O 5 de Xullo en Boiro, tivo lugar o Campionato Galego de Boxeo no que participou Aaron Ayude que acadou coa medalla de plata neste campionato. O combate entre Aaron Ayude -vs- Sergiy Nigeruk poderedes velo no canle de Youtube no seguinte enderezo electrónico: http://youtu.be/yZmdCVMbJI8

Foto: Momento do campionato galego Sergiy Nigeruk vs Aaron Ayude.

9


Nยบ 3 AGOSTO 2014

C O N TA C T

KARATE 2013/14

10


Contact Karate

Nº 3 AGOSTO 2014

O CONTACT KARATE irrompe con forza en Galicia Da man de Juancho Vázquez delegado en Galicia do Contact Karate e coa colaboración de Jose Ayude responsable do departamento de Contact Kárate infantil e de Ángel Pedreira, esta nova arte marcial foi introducido en Galicia con gran éxito. Xa foron varios os cursos realizados para dalo a coñecer e promover o seu implantación e crecemento na rexión. O Contact Kárate é un sistema moderno e actualizado, acorde ós novos tempos nos que o practicante aficionado e o publico en xeral demandan unha forma nova de ver e practicar as artes marciais. O Contact Kárate é un deporte de contacto similar a outros pero que coas súas propias caracteristicas e sen perder de vista as súas tradicións mira cara ó futuro. O seu obxectivo pasa por aumentar o prestixio do Kárate, a pesar de tantos deportes actuais de contacto que estan a xurdir. Foto: Na foto, Juancho Vázquez e J.M. Ayude en plena acción.

Fdo. Agustín Pedregal Dtor. Técnico Contact Karate

C

la arboneria

con el deporte melidense

Foto: Na foto, Juancho Vázquez delegado en Galicia do Contact Karate.

11


Nยบ 3 AGOSTO 2014

KICK BOXING

2013/14

12


Kick Boxing

Nº 3 AGOSTO 2014

Campionato de España de Kick Boxing O resto da expedición quedaron as portas do podio! - Miguel Villamallor, 4 - Aron Ayude, 4 - Guillermo López, 5 - Óscar García Anido, 4 - Beatriz Pérez López, 4

Foto: Na foto, selección Galega desplazada a Madrid

A fináis do mes de Marzo tivo lugar o campionato de España de Kick Boxing (modalidad de light contact) en Villaviciosa de Odón (Alarcón, Madrid), até alí desplazáronse tódalas seleccións autonómicas cos deportistas clasificados. En total, máis de 250 deportistas procedentes de toda España , e como non podía ser de outra maneira, a selección Galega tivo tamén a súa representación con 12 deportisas, dos que 10 forman parte da Escola Ayude de Melide e dous da Escola de Juanchu Vazquez, adestrador do Club do Multiusos Fontes do Sar de Santiago e que ademáis participou en calidade de seleccionador galego.

Sen dúbida Galicia deixou notar o seu potencial técnico en Madrid pola demostración dos seus deportistas. Cabe destacar o debut en competición nacional de Iván Pampin que estivo moi a altura cunha final moi axustada, tamén o arroxo e desparpaxo aplaudido por tódolos asistentes de Roí Vazquez, o que nun error arbitral deixouno sen o seu merecido ouro. Tamén a Escola Ayude de Melide segue facendo historia no deporté melidense ó conseguir o seu primeiro ouro na categoría absoluta femenina por Cora Ayude que con este xa son dous récords que aporta o deporte do Concello, sois medallas nacionais en categoría absoluta, sendo junior, no mesmo ano e en deportes diferentes.

O final os conseguiron metáis os de Melide que despois de combates moi axustados e incluso decidir varios de eles con extra round, aportaron a a selección o total de 7 metáis, repartidos como segue: - Nahum Ayude, ouro - Patricia López, ouro - Cora Ayude, ouro absoluta - Iván Pampin, plata - Roi Vázquez, plata - Antia Vázquez, bronce - Lucas López, bronce

Foto: Patricia López no podio en Italia da WKA.

13




Kick Boxing

Nº 3 AGOSTO 2014

Campionato do Mundo WTKA Os días 31 de Outubro, 1, 2 e 3 de Novembro do pasado ano, celebrábase o campionato do mundo da WKA unificado. Déronse cita 93 países e 5.000 deportistas na cidade de Marina de Carrara (Italia), até alí desplazábase unha delegación española formada por 35 membros dos que 3 competidores forman parte do equipo da Escola Ayude de Melide: os irmáns Ayude e Patricia López. A delegación española conseguía 8 ouros, 1 prata e 2 bronces. De estas medallas, os de Melide aportaban 4 ouros e un bronce, Patricia López oro en semi e en light, Cora Ayude ouro en semi e en light e Aaron Ayude bronce en light,

Foto: O equipo nacional no campionato WKA en Italia.

16

co que en Melide xa presumen de ter campións do mundo en kick boxing ou o que é o mesmo medallistas mundiales. A empresa non foi fácil, equipos como Escocia, Inglaterra, República Checa, Italia, Suiza ou South Africa quedaban atrás no camiño dos melidenses que despois duns duros enfrentamentos conseguian facerse con 5 medallas en semi contact e light contact. Ademáis, poideron aproveitar para facer un pouco de turismo por Italia, coñecendo cidades como Pisa, Bolonia, Florencia, Carrara e Petrasanta. A volta, nada maís chegar foron homenaxeados no instituto onde cursan os seus estudios.


Kick Boxing

Nº 3 AGOSTO 2014

Open Internacional en Portugal No mes de Febreiro a Escola Ayude de Melide desprazouse a Mirandela (Portugal) para participar no Open Internacional de Kick Boxing organizado pola Federación Portuguesa de Kick Boxing das mans do selecionador nacional Jose Pina. Melide destacou en Portugal ó conseguir catro ouros, catro pratas e dous bronces, destacando a deportividade e calidade tecnica dos melillenses, que foron felicitados polo selecionador portugués e moi aplaudidos polos asistentes o acto.

Foto: Delegacion galega desprazada ata Portugal xunto co Selecinador Nacinal Portugués e o Alcalde de Mirandela.

Os ouros foron parar para Nahum Ayude, Lucas López, Patricia López e Guillermo López. As pratas para Aaron Ayude, Miriam Varela, Mario Varela e Sabela Cabado e os bronces foron para Fernando Cabado e Rebeca Quiñoy. Cabe destacar a actuación a de Nahum Ayude que dominou todos os enfrontamentos cunha calidade tecnica e deportiva que chamaba moito a atención dos asisitentes.

17


Nยบ 3 AGOSTO 2014

ESGRIMA 2013/14

18


Esgrima

Nº 3 AGOSTO 2014

Campinato de España M12 de Esgrima De histórica hai que cualificar a actuación galega nos Campionatos de España de esgrima disputados en Guadalajara para as categorías M10 e M12 onde participaron máis de 200 tiradores de todos os recunchos do país. Entre eles, a Escola Ayude de Melide aportou cinco dos sete membros da delegación de Galicia. Os resultados foron óptimos xa que Nerea Iglesias chegou á final conseguindo a medalla de prata en espada, unha presea histórica en esgrímaa de Melide e de Galicia ó ser a primeira a nivel nacional nesta categoría para a comunidade autónoma.

Foto: Nerea Iglesias coa súa medalla

Os demais membros da expedición tiveron tamén unha actuación brillante pois quedaron ás portas das medallas no caso de Nahum Ayude por un só tocado, de Marcos Villamor de dous tocados, e de Mabel Rodríguez e Álex Sueiro dun asalto. Estes resultados fixeron que Antonio García, director xeral da Federación Española de Esgrima, felicitase personalmente ó adestrador galego polo traballo dos deportistas tanto pola súa calidade técnica como polo seu comportamento deportivo na pista, un feito que confirma á súa vez o bo traballo que se está facendo desde esta Escola Melide para os xovenes deste Concello.

Foto:Participantes da Escola Ayude no campionato nacional.

19


Esgrima

Nº 3 AGOSTO 2014

Xornadas de Esgrima Infantil O último sábado do mes de Marzo tivo lugar outra xornada da liga Galega de Esgrima Infantil en Santiago e alí estivo presente o equipo infantil de Melide que despoís de moitos enfrentamentos volveu a subir ó podio, representantes de esgrima da Escola como son Marcos Villamor, bronce, Nerea Iglesias, bronce e Alex Sueiro, plata. Os outros tiradores quedáronse as portas dos metáis, tal é o caso que Edgar Castro, Mabel Rodríguez e Lucía Blanco, co que queda patente que os tiradores de Melide tamén están arriba e cun futuro máis que prometedor

3ª Xornada de Liga Galega de Esgrima

Foto: Os 10 tiradores da Escola Ayude que participarón no evento.

20

O Pabillón Municipal de Coia da cidade de Vigo acolleu a 3º Xornada da Liga Galega de Esgrima en categorías M9 e M12 a espada e florete. A Escola Ayude de Melide acudiu a xornada cun equipo de 10 tiradores optando a 5 medallas e despois dunha larga competición con dous rondas de poules, os melidenses conseguiron 4 medallas, Edgar Castro bronce en miniesgrima, Alex Sueiro bronce en M12, Nerea Iglesias a sorpresa da competición, ya que acadou un bronce no seu debut e Nahum Ayude que conseguiu repetir ouro. En xeral, a participación dos de Ayude foi boa porque oito dos dez acabaron entre os dez primeiros, foron: Mabel Rodríguez,Lucía Blanco, Rubén Simón, Marcos Villamor, Fernando Cabado e Candela Freire.


Esgrima 2ª Xornada de MiniEsgrima

Nº 3 AGOSTO 2014

1º Ranking Autonómico

Este domingo celebrouse en Melide a 2º Xornada da liga galega de miniesgrima en categorias M9 e M12 na que partciparon escolas de toda Galica. A Escola Ayude de Melide, que ademáis de ser a escola encargada de organizar, participou cun equipo de 10 tiradores cun bo resultado, xa que Edgar castro en M9 consiguio o seu 1º bronce o que fai patente a progresion da escola nesta disicplina e en M12 Nahun Ayude proclamar campeon que é o 1º ouro nesta proba para a escola ,ata alli desprazaronse o Teniente Alcalde Santos López que puido comprobar o dificil que é chegar ata o podio á vez do bo ambiente deportivo que culminou coa xa tradicional pulpada na Pulperia A Garnacha. Foto: Os 10 tiradores da Escola Ayude que participarón no evento.

Comeza a tempada para a Escola Ayude de Melide e non o podia facer de mellor xeito, xa que en Noviembre stivo lugar o 1ºRanking Autonómico de Esgrima en categoria M15 e absoluta na cidade de Lugo con motivo das festas de San Froilan.

Foto: Primeiro ouro para Nahum Ayude.

Dende Melide acudimos cun equipo de tres tiradoras Patrcia López en M15 que se proclamou campiona do Ranking. Antia Vázquez acadou en 6º lugar e en categoria absoluta Cora Ayude acadou a 1º medalla en categoria absoluta para esgríma melidense ao conquistar o bronce perdendo o pase á final por axustado 15 a 13 con Aracelli que acadou de 1ª no resultado final, con estes resultados a Escola aprepara a súa proxima cita que terá lugar en Madrid.

21


Esgrima

Nº 3 AGOSTO 2014

Campeonato de Esgrima en Segovia eliminatorias nas que compiten os 48 clasificados para o Campionato de España dun total de 110 deportista. Sen dúbida un novo exito para o deporte de Melide, deportista que vén de proclamarse campiona de España de loita olimpica e de Kick boxing so está ó alcance duns poucos elixidos, proba da calidade das oportunidades deportivas que a Escola Ayude pon ó alcance dos mais xovenes deste concello.

Foto: Os participantes galegos posando no campionato de Segovia.

A Escola Ayude segue facendo historia en esgríma galega concretamente na espada feminina e en categoria M15 Patricia López métese na final de 8 onde se xogan as medallas, caendo por un axustado 15 a 14 coa representante de Madrid que acadou campiona de España, despois dunhas

Tamén hai que destacar que competiron Hakima Rei que conseguiu un meritorio 29º posicion e en masculino Lucas Febreiro que acadou en 24ª ambos do Compostela Esgrima e Iago Fdez. que acadou 8ª da Coruña, co que a mellor clasificada de Galicia foi Patrica a representante de Melide.

16º Edición Copa del Mundo Femenino

Foto: Cora Ayude e Jose M. Ayude no campionato internacional.

22

16º Edicion da Copa do Mundo de espada feminina e o torneo internaiconal por equipos celebrado en Burgos e ó que se achegaron 16 paises, ainda que sen dúbida a gran espectacion foi o equipo ruso que o cabo seria o gran vencedor, as españolas metéronse nas semifinais tanto nas individuais como en equipos, a actuación da melidense Cora Ayude que participaba nun combinado de CastillaLeón/Galicia capitaneado por Jose Auyde fíxose cun meritorio 9º posto por equipos, que despois destes resultados coloca á melidense no posto 52º do Ranking nacional de 150 tiradoras o cal é esperanzador cara a clasificación do capionato de España tendo en conta que ainda quedan dous probas o cal deixa patente que a esgrima de Melide está a destacar.


Nยบ 3 AGOSTO 2014

OUTROS DEPORTES

2013/14

23


Outros deportes da comarca

Ballet en MELIDE

Nº 3 AGOSTO 2014

Atletismo CERNE

O día 21 de xuño as 19.30 no Auditorio Municipal (Casa da Cultura de Melide) tivo lugar o evento ‘Melide en danza’. As alumnas de danza da Escola Ayude de Melide representaron dúas coreografías. O grupo de ballet preparatorio representou ‘Ribbon’ e o grupo preparatorio II un lírico titulado ‘Young and Beautiful’. Na clausura participaron alumnas dos concellos de Vila de Cruces, Lalín e Chantada.

Foto: Intres das alumnas de Melide realizando as suas coreografías

Este ano a Asociación Deportiva Cerne, organizou a 2 edición da Media Maratón “Os 21 do Camiño”, sendo un éxito tanto a nivel de participación (500 participantes) como de grandes atletas formaron parte desta proba, tales como: Pedro Nimo, Hassan Lekili ou Elías Salvador Domínguez Cabral. Tamén cabe destacar a participación noutras carreiras nas que participaron moitos membros da Asociación, coma a Maratón Coruña 42 e o vindeiro outubro varios compoñentes da Asociación correrán na maratón de Amsterdam.

Deportistas de alto nivel (DGAN) O concello de Melide pode sentirse orgulloso de contar entre os seus veciños con deportistas de tan alto nivel. A secretaría xeral para o deporte de Galicia acaba de publicar a listaxe dos deportistas recoñecidos como de alto nivel na comunidade (DGAN). Desde xeito, Xandre Freire e Cora Ayude convírtense nos primeiros deportistas de alto nivel do concello de Melide, un feito moi significativo tendo en conta o traballo que se está a facer dende a escola de deportes. Esperamos que estes xóvenes se convirtan no espello de moitos outros que veñen detrás. Noraboa rapaces, a seguir asi!

Foto: Xandre Fereire e Cora Ayude

24


Outros deportes da comarca

Nº 3 AGOSTO 2014

Taekwondo Este ano a Escola Ayude tivo pouca representación no campionato galego de Taekwondo. A este campionato presentouse a alumna Patricia López pero unha lesión na primeira ronda de combates deixouna fóra da competición. Tamén cabe destacar a participación de Nahum Ayude no Torneo Nacional de Xerez no que acadou ás portas das medallas por unha amonestación que inclinaba o combate cara ó adversario. Este anopor parte da escola melidense non se recolleron grandes triunfos co que queda seguir traballando para o ano que vén en espera de mellorar os resultados deste ano. Foto: Patricia López e Adolfo Prieto.

Tai-Chi

Foto: Alumnas de Tai Chi do Concello de Melide con Alba Iglesias, a mestra das clases para a 3ª idade.

Outro ano mais a Escola Ayude non só impartiu a actividade como todos os anos senón que ademáis por primeira vez impartiu un curso lectivo para a 3ª idade no que os maiores puideron aproveitar as propiedades terapéuticas desta ximnasia chinesa ancestral. E para a nosa escola un orgullo moi grande poñer a disposición de todos os veciños do concello este tipo de actividades que benefician a saude nos nosos veciñ@s. Gracias a Alba a instrutora, este tipo de actividades podense levar a cabao na nosa escola.

25


Outros deportes da comarca

Nº 3 AGOSTO 2014

IX Campionato de Pesca “TERRA DE MELIDE” Organizado pola Asociación de Troiteiros “Río Furelos” Este pasado sábado 5 de abril celebrouse en augas do Furelos o IX campionato de pesca, “Terra de Melide”. O presidente da Asociación organizadora manifesta a súa satisfacción polo grao de participación e porque todo transcorreu segundo os parámetros marcados polos organizadores. Case se pode falar dunha inscrición masiva de pescadores que solicitaron acudir desde os máis diversos lugares, Lalín, A Coruña, Sobrado, Palas, Toques, Arzúa, Friol, Curtis, Monterroso e por suposto de Melide. Como vén sendo norma só poden participar aqueles que son agraciados no sorteo, porque as prazas son limitadas, tal como o establecen as bases do certame. A xornada de pesca deu comezo ás 8:30 cunha meteoroloxía variable, aínda que con temperaturas levadeiras. Os participantes con cadanseu xuíz situáronse no tramo que lles tocou e tiveron ata as 13 horas para mostrar a súa pericia coa cana, nun río Furelos, cun caudal xeneroso e aparentemente farturento. Ás 13 horas, rematado o período establecido os pescadores tiñan que presentar as súas capturas ao xurado e despois de facelo este foi o resultado: Clasificación por capturas: 1º PREMIO: Jesus Rouco Varela de Toques : 9 troitas 2º PREMIO: Iván Bruzos Cendán de Palas de Rei: 7 troitas 3º PREMIO: Diego González Lírio de Melide: 7 troitas. 4º PREMIO: Juan Lamas Rodríguez de Sobrado: 6 troitas.

Foto: José Antonio González Mejuto posando co seu trofeo.

26

Foto: Participantes IX Campionato de Pesca.

PREMIO á captura de maior tamaño correspondeu a Jose Antonio González Mejuto de Melide cunha captura de 38,5 cm O total de troitas pescadas foi de ( 93 ).

Finalizado o reconto procedeuse alí mesmo a unha entrega simbólica de trofeos. A xornada concluíu cun xantar de cocido na Pousada Chiquitín ao que acudiron participantes e organizadores, tamén estiveron representantes doutras asociacións como Río Iso, Río Pambre e Pescadores da Ulloa. Á finalización do mesmo membros da directiva da Asociación “Río Furelos” fixeron entrega dos premios aos gañadores e agasallos aos demais participantes. A directiva desta Asociación quere agradecer a colaboración da Consellaría de Medio Ambiente, da Gardería do Servizo de Conservación da Natureza, da Deputación da Coruña e do Concello de Melide, así como a todas as firmas comerciais e particulares que nos apoiaron na organización deste IX Campionato de pesca.


Outros deportes da comarca

Nº 3 AGOSTO 2014

Fútbol

Foto: Equipo C.I.R.E. de Melide

O C.I.R.E. nace no pobo de Melide no ano 1975. Ó longo da súa vida, moitos xogadores e xogadoras estiveron vinculados ao club. Actualmente, conta coas seguintes categorías: Prebenxamíns, Benxamíns, Alevíns, Infantís, Seniors e Veteranos. Nas categorías inferiores xogan aproximadamente arredor de 100 nenos. A máxima aspiración é que os rapaces que forman parte aprendan, non só a xogar ó fútbol, senón que aprendan a traballar en equipo, o concepto de deportividade, de xogo limpo, e por riba de todo, que disfruten. Outra das aspiracións será loitar sempre polos primeiros postos e poñernos as nosas propias metas.

A categoría Veteranos repetirá categoría esta tempada. A súa traxectoria é meteórica, xa que este equipo formouse hai 6 anos, e dende entón encadearon 4 ascensos e loitan arreo para se manter nas categorías máis altas. A promoción do deporte, e do fútbol en particular, é a máxima que move a este club, que traballa con rapaces dende idades moi temperás, para que valoren esta actividade, para que lles axude no desenrolo da súa propia vida persoal e para que poida ter unha continuidade no tempo. E todo isto sustentado coa axuda dos case 700 socios e socias e de gran parte das casas comerciais da vila e diferentes negocios, que apoian ao equipo, tanto loxística como economicamente.

A categoría Seniors, xa confirmado que xogará a próxima tempada na 2ª rexional despois de acadar o ascenso nesta última. A aspiración é continuar co traballo que se comezou, isto implica seguir conservando o grupo humano co que contamos, que as novas fichaxes se integren á perfección nesta maquinaria, e sobre todo que o traballo e o compromiso siga sendo a base do equipo. Cremos que o traballo e o esforzo teñen recompensa.

27


Outros deportes da comarca

Nº 3 AGOSTO 2014

Melidenses por España: Catro de catro

Catro vitorias nas 4 primeiras probas do Campionato de España de Históricos: Canarias, Ávila, Avilés e Costa Brava. Duas destas probas foron puntuables para o Campionato de Europa, onde a vitoria na xeral do europeo tamén foi para o equipo galego.

En canto ó Rally de Galicia Histórico, logo de esperar meses por un posible financiamento que non deu chegado, intentarase realizar para o 2015 si se lograra o Campionato, e así poder ter un argumento para recuperar a puntuabilidade ante as Federacións.

Agora quedan 3 probas máis para intentar traer o Campionato de España para Melide.

Cabe destacar o incondicional apoio dos veciños de Melide que en todo momento arrouparon os representantes melidenses desta disciplina deportiva.

Foto: Ferreiro e Campos no Rally de Gran Canarias.

28



Nยบ: 20401-406


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.