Revista Ayudeporte nº2

Page 1


Logo lunes, 29 de julio de 2013 7:29:22


Nº 2 AGOSTO 2013

SAÚDO DA ALCALDESA

A importancia do deporte no Concello de Melide

, a r b Lem limpo! xogo

por Ánxeles Vázquez Mejuto

EDITORIAL

Presentación do segundo número da revista “Ayudeporte” por José Manuel Ayude López

LOITA

Actividades de loita olímpica 2012/13

KICK BOXING

Actividade de kick boxing 2012/13

13 14 16 18 24 26

DEFENSA PERSOAL E POLICIAL Cursos de defensa persoal

TAEKWONDO

Actividade de taekwondo 2012/13

POSTER

Poster dos alumnos/as na Escola Ayude 2012/13

ESGRIMA

Actividade de esgrima 2012/13

2º DÍA DO DEPORTE NA RÚA Escola Ayude

OUTROS DEPORTES DA COMARCA Pesca, Danza, Atletismo e Motor...

1


Nº 2 AGOSTO 2013

Saúdo da Alcaldesa

por ÁNXELES VÁZQUEZ MEJUTO Alcaldesa do Concello de Melide

colabaorar coas distintas entidades deportivas da vila, como neste casa concreto coa dita escola. O labor en prol do deporte da Escola Ayude, asi como doutras entidade melidás, é fundamental. Nestes últimos anos a escola non para de recibir premios e medallas: 1.º campión de esgrima na categoría M10, 7 medallistas nacionais en loita olímpica, medallas de taekwondo e kick boxing a nivel autonómico, etc, que non fan máis que proxectar o nome de Melide como un referente autonómico e estatal no eido do deporte. Mais non só a Escola Ayude nos está dando alegrías. Tamén outras actividades deportivas e deportistas melidoas logran premios e trofeos que prestixian a vila. Moitos xogadores dos nosos equiposs de fútbol sala foron convocados pola selección galega , e pilotos de ralli como Xesús Ferreiro, tres veces campión de España, ou Alberto Otero, gañador de rallis importantes, son un exemplo da vitalidade do deporte no noso Concello.

Quero agradecer a oportunidade que a Escola Ayude, a través da súa revista, me dá para saudar a todos/as os/as vecinos/as de Melide, especialmente a todas e todos aqueles que prectican algún tipo de deporte ou actividade deportiva. O actual equipo de goberno sempre considerou o deporte como algo prioritario que hai que incentivar. Apostar polo deporte é a apostar por unha sociedade máis sa. Non podemos esquecer que o deporte e a saúde van collidos da man, por iso a importancia de promover o deporte para todas as idades desde o Concello. Actualmente as escolas deportivas do Concello de Melide moven sobre unhas 1000 persoas ao ano, ademais de 2

Nesta liña estamos, na de potenciar, promocionar e cuidar o deporte no Concello de Melide, e nese camiño seguiremos. Estou segura que entre todas e todos, entidades deportivas públicas e privadas, seguiremos colleitando éxitos e colocando o nome de Melide no máis alto.

Ánxeles Vázquez Mejuto

Alcaldesa do Concello de Melide


Nº 2 AGOSTO 2013

Editorial

por JOSE MANUEL AYUDE LÓPEZ Director da Escola Ayude

Co animo de seguir co proxecto de promoción deportiva que leva dando continuidade nos ultimos anos desta escola de deportes que tanto esta progresando tanto en adeptos como en oferta deportiva, temos o pracer de editar o segundo número da REVISTA DEPORTIVA DA COMARCA DE MELIDE (AYUDEPORTE) na que teran cabida todas as disciplinas deportivas practicadas con rigor federativo tanto a nivel comarcal, autonómico como nacional no concello de Melide. O obxetivo da revista revista non é outro que facer un reconto dos logros conseguidos nesta última tempada deportiva no concello de Melide e a sua comarca, para así, poder informar dos logros conseguidos polos distintos clubes, así como definir o formato das disciplinas deportivas que neste momento, estan sendo máis presentes no noso concello o cal demostra a gran canteira e o bo facer dos diferentes clubes que operan nesta comarca. Con todo isto preténdese facer chegar o espiritu competitivo a todos os mozos e mozas da comarca. E promocionar a oferta deportiva que mellor encaixe nas perspectivas da xuventude de Melide.

JOSÉ MANUEL AYUDE Director da Escola Ayude impartindo clases de esgrima.

MELIDE POR ESPAÑA Representación da ESCOLA AYUDE 2012/13

KICK BOXING: Ourense, Viana, Pontevedra, Melide

Nesta revista queremos destacar todos os deportes, especialmente os de combate que xurden na comarca de Melide como as actividades deportivas que na mesma se celebran como o 2º DÍA DO DEPORTE NA RÚA DA ESCOLA AYUDE que tivo lugar en Melide o día 2829 de xullo 2013. Neste día estiveron presentes as modalidades de LOITAS OLÍMPICAS, KICK BOXING, TAEKWONDO, TAI CHI e a ESGRÍMA, que tantos éxitos autonómicos e nacionais están a traer para o noso Concello.

LOITA: Pontevedra, Vila de Cruces, Vigo, Lugo, Murcia, Granada, Gijon, Melide.

Espero que proxecto sexa apoiado por todos os simpatizantes do deporte deste Concello.

ESGRIMA: A Coruña, Lugo, Santiago, Vigo, Melide,Valladolid, Guadalajara, Burgos, Navarra, Viana do Bolo, Pinto (Madrid), Alcobendas (Madrid)

Saúdos deportivos,

TAEKWONDO: Villalba, Carballiño, Cangas do Morrazo, A Coruña, Pontevedra, Melide TAI CHI: Palas de Rei, Vigo, Melide.

Jose Manuel Ayude López Diirector da Escola Ayude 3


Nยบ 2 AGOSTO 2013

LOITAS

OLร MPICAS 2012/13

4


Loitas olímpicas

Exitos en loita

por ESCOLA AYUDE Escola de Combates

O sábado 17 de novembro 2012 tivo lugar o VI TORNEO INTERNAICONAL DE LOITAS OLÍMPICAS “CIDADE DE VIGO”, no que se enfrontaron 120 loitadores do Pais Vasco, Castela e León, Galicia e Portugal. A Escola Ayude de Melide presentaouse a este evento con 10 loitadores da súa canteira. A excelente actuación dos participantes fixo que a Escola Ayude acadase con dúas medallas de bronce por Xandre Freire e Miguel Villamor mentres que Guillermo López acadou unha medalla de prata. Os ouros foron para Antón Azarov que ademáis foi o deportista máis mozo do evento, Aron Ayude e Bruno Agra que ademáis levou o trofeo

Nº 2 AGOSTO 2013

ao mellor loitador masculino. Título que gañou por gañar todos os seus combates cunha demostracion de técnica ben executada. Na modalidade feminina o ouro foi para Cora Ayude e Patricia López, esta última tambén levou o trofeo á mellor loitadora do torneo por unha excelente demostración nos seus combates. Os outros loitadores foron Mario Varela ,Nahum Ayude que non puideron acceder ás medallas pero sen dúbida o seguiran intentando nas seguintes edicions. En definitiva uns resultados que animaron o comezo da tempada nesta disiciplina arraigada na Escola Ayude de Melide que nos esta danado os seus froitos e o ánimo para seguir nesta linea.

Foto: Participantes da Escola Ayude no VI TORNEO INTERNACIONAL DE LOITAS OLÍMPICAS “CIDADE DE VIGO”

5


Loitas olímpicas O sabado 24 de Novembro tivo lugar a 2º EDICIÓN DA COPA DIPUTACION DA CORUÑA DE LOITAS OLÍMPICAS en Melide . A cita acudiron 100 loitadores das catro provincias galegas. Da Escola Ayude de Melide presentouse un equipo de 22 loitadores que se fixeron coa copa non sen antes conquistar as diferentes medallas en xogo para deleite do numeroso publico que asistiu de todas as partes de Galicia. Ó final da competición houbo unha xuntanza na que ademáis de confraternizar se puido degustar o pulpo, un dos pratos típicos de Melide, na famosa Pulperia Ezquiel. Asisitiron uns 150 comensais, que sen dúbida levaron un recordo grato pola armonía e camaradería que se respirou en todo o acto.

Con todo isto a Escola Ayude fíxose coa copa por segundo ano consecutivo cun total 10 ouros de Lucas López, Iker López, Carlos Adam, Roi Vázquez, Aron Ayude, Bruno Agra e Xandre Freire en masculino e Sabela Cabado, Patrcia López e Cora Ayude en femenino. As medallas de prata foron para Mirian Martínez en feminino e Marcos Villamor, Miguel Villamor e Guillermo López. Os bronces para Nahum Ayude, Fernando Cabado, Mario Varela. Ademáis dos trofeos aos mellores loitadores do torneo foron Aron Ayude en masculino e Sabela Cabado en feminino, en resumo un xornada chea de exitos para os loitadores melidenses, sen dubida unha disciplina deportiva que segue dando importantes logros deportivos para Melide.

Foto: Participantes da Escola Ayude no VI TORNEO INTERNACIONAL DE LOITAS OLÍMPICAS “CIDADE DE VIGO”

6

Nº 2 AGOSTO 2013


Loitas olímpicas

Nº 2 AGOSTO 2013

Foto: Aron Ayude recibindo o trofeo das mans do Teniente de Alcalde do Concello de Melide.

Foto: Sabela Cabado recibindo o trofeo á mellor loitadora das mans do Teniente de Alcalde do Concello de Melide.

7


Loitas olímpicas

Nº 2 AGOSTO 2013

de 8 loitadores 7 conseguiron ouros e unha prata. Este resultado e testigo do traballo e do empeño que puxeron Patrcia López, Mirian Martines, Antia Vázquez, Guiillermo López, Cora Ayude.

Foto: O equipo da Escola Ayude en Santiago de Compostela.

O 02 de Febreiro 2013, 120 loitadores de toda Galicia reuníronse en Santiagode Compostela no Santa Isabel para a clasificación das prazas para o Campionato de España Escolar e Junior que se celelbrou en Granada. A Escola Ayude como vén sendo habitual foi coa intencion de clasificar a todos os seus loitadores e case o consigue xa que

Este pequenos pero grandes deportistas de alto nivel que compaxinan os seus estudos ca sua preparación deportiva no Centro de Tecnificación en Pontevra conseguiron pleno en loita grecorromana e en loita libre olímpica, todos ouros, excepto Guillermo López que tivo unha das finais mais complicade ,pero un 5 - 4 e un 4 - 3 nos asaltos respectivsmnete son testemuñas da dificultade pola que tiveron que pasar os nosos deportistas. Na foto o equipo Ayude con Laura, Directora Deportiva do Programa de Deporte na Escola da Xunta, Adrian da Concellería de Deporetes de Santiago e o noso Presidente da nosa Federación José Luís que apoian e aplauden a labor da nosa Escola.

Campionato de España de loitas olímpicas O 8 e 9 de Marzo do 2013 a loita galega triunfou en Granada no CAMPIONATO DE ESPAÑA DE LOITAS OLÍMPCAS EN CATEGORÍA ESCOLAR E JUNIOR, onde se deron cita os 250 mellores loitadores de España.

Xandre Freire. campeón de España en Gecorromana junior. Patricia López, campiona de España en escolar. Cora Ayude subcampeona de España Junior. Aron Ayude subcampeon de España Escolar. Guillermo López subcampeon de España Escolar. Bruno Agra, medalla de bronce. Miriam Martínez rematou en 5º lugar.

Galicia como a nivel nacional. O nivel foi altísimo xa que as medallas vendéronse moi caras, pero o nivel técnico acompañado da actitude competitiva fixeron que os melidenses subisen ao mais alto do podium mellorando asi os logro conseguidos polos de Ayude, xa que estes foron 8 os metais nacionais conseguidos para Melide e particularmente para a Escola xa que tanto Patricia López que fixo unha competición excelente, aplaudida polos selecionadores, do mesmo xeito que Aron Ayude se convertiron nos seguintes deportistas en conseguir medalla nacional en dous deportes difentes. Unha fazaña reservada para os máis grandes, pero sen dúbida a gran revelación do campionato foi Guillermo López que gañou todos os seus enfrontamentos por touch no 1º asalto chamando asi a atención no só dos asintentes senon tamén dos adestradores que ali se atopaban, co que os melideneses poden estar orgullosos de ter estes deportistas entre a sua xuventude.

Con estos esplendidos resultados Melide conságrase como referente da loita olímpica en

Con estes resultados péchase a competición nacional para case todos excepto para Cora

Galicia estivo represnetada polo sus seleción, que se decidiu no campionato celebrado en Santiago de Compostela o 2 de Febreiro 2013. A Escola Ayude de Melide aportou á seleción 7 loitadores dos que 6 conseguiron medalla, dous ouros, tres pratas e un bronce.

8


Loitas olímpicas

Foto: Participantes da Escola Ayude no CAMPIONATO NACIONAL DE LOITAS OLÍMPICAS en

Nº 2 AGOSTO 2013

Granada.

Ayude e Xandre Freire que esperan ser chamados para a Concetración Nacional coa Selección Española de Loita Olímpica. Se todo sae ben continuar cunha competición internacional que sería un broche de ouro para unha tempada cos obxectivos mais que superados.

9


Loitas olímpicas

Nº 2 AGOSTO 2013

O 25 de Mayo 2013 tivo lugar a fase final da liga galega de Loitas Olímpicas en idade escolar, o acto tivo lugar no pavellón Municipal de Vila de Cruces en Pontevedra. Ali déronse cita os 300 loitadores inscritos na competición procedentes de toda Galicia, para disputar os podios finais. A Escola Ayude de Melide impúxose un ano mais conseguindo a liga para Melide, a asistencia foi masiva dun publico entregado que gozaban coa competición dos infantís. Foto: Xandre Freire, Bruno Agra, Aron e Cora Ayude.

O CAMPIONATO DE ESPAÑA DE LOITAS OLIMPICAS EN CATEGORIA KADETE E SENIOR.

Foto: O equipo escolar de Loitas Olímpicas da Escola Ayude.

Con este campionato péchase a tempada de loita para os infantís de Melide, facer especial mención ós novos talentos procedentes das escolas deportivas municipais que fan que o futuro da Loita Olímpica este garantida neste Concello da man da Escola Ayude. A xornada rematou cunha comida de fraternidade acompañados dos pais dos deportistas. A próxima cita foi o 8 de xuño en Guadalajara no Campionato de España M15 de Esgrima. Esta é outra das disciplinas as que a Escola Ayude compite a nivel nacional.

10

A Escola Ayude aportou á seleción galega catro loitadores para este torneo, Cora Ayude acadou o ouro en kadete e Bruno Agra rematou no 5º posto, Aron Ayude no 7º posto e Xandre Freire en Grecorromana acadou o bronce. Os tres compaxinan os seus estudios coa preparación deportiva profesional no Centro de Tecnificación de Pontevedra, os resultados foron bastantes bos tendo en conta que loitaban nuha categoría superior a de eles. Dende a revista os animamos a seguir loitando nesta linea para seguir acadando mais exitos como o veñen facendo ata agora.


Nยบ 2 AGOSTO 2013

KICK BOXING

2012/13

11


Kick Boxing

Nº 2 AGOSTO 2013

5º Copa Diputación de Kick Boxing

Foto: Participantes da V Copa Diputación de Kick Boxing en Ourense.

Unha excelente actuación da Escola Ayude de Melide na 5º Copa Diputación de Kick Boxing de Ourense, tivo lugar o sábado día 6 de Xullo no Paco Paz de Ourense. Ata alli desprazáronse 150 deportistas de toda a nosa comunidade galega. De Melide foron 10 deportistas dos que 7 conseguiron medalla; 2 ouros ,3 pratas e 2 bronces. Os ouros foron para Lucas López, Andrés e Rubén Simon que ademais convertiuse no seu primeiro ouro nun torneo autonomico, as pratas foron parar para Carlos Adan, Gabriel Adan e os bronces foron para Fernando Cabado e Marcos Cotos. A xornada rematou cunha visita a Outariz para gozar das augas termais cos nosos campions.

Cea de Gala en Melide O 22 de Xuño celebrouse a 3º Cea Gala do deporte da Escola Ayude, que xuntou a case un centenar de simpatizantes do deporte, onde se fixo balance do ano deportivo, exitos ,viaxes, novas disciplinas, ademais de facer unha mención especial ós deportistas melidenses e facerlles entrega dos premios ós mellores deportistas do ano, cousa que foi moi dificil porque en Melide temos moitos deportistas que son medallistas nacionais en varias disiciplinas. O final o Concello de Melide fixo entrega dos recoñecementos ó merito deportivo a: Rubén Simon, Nahum Ayude, Marcos Villamor, Sabela Cabado, Patrica López, Aron Ayude, Xandre Freire, Bruno Agra, Antia Vázquez, Mirian Martínez, Cora Ayude e Adolfo Prieto.

tres deportes difenrentes como xa esta sendo co taekwondo que xa trouxo medallas autonómicas para Melide e da intencion de abrir outra nova dsiciplina deportiva e asi ampliar a oferta a todos os veciños de Melide. O representante do Concello asistente a cea e que fixo os honores de entregar ós nosos pequenos pero grandes deportistas os seus meritos, Santos López, agradeceu o traballo que se esta a facer desde esta escola a favor do deporte e mostrou o compromiso para seguir co seu apoio en todas as nosas actividades a todos os niveis, o que J.M. Ayude, responsable da entidade, agradeceu do mesmo xeito que os asisntentes.

Cabe destacar Patrica López deportista activa da Escola Ayude, o merito deportivo, xa que é unha das deportistas que participaron en 4 deportes difenrente, obtendo exitos en todos durante o tempada 2012/13 (ouro no Campionato de España de Loita, 9º no Campeonato de España de esgrima, prata no Campionato Galego de Promesas de Taekwondo). Dende a Escola Ayude destacouse de seguir coa promocion deportiva a nivel nacional en 12

Foto: Santos facendo entrega a Patricia López do merito deportivo.


Defensa persoal

Nº 2 AGOSTO 2013

Megaxove en Ourense No evento deportivo e cultural de Megaxove en Ourense participaron numerosas actividades de lecer e deportivas entre as que se atopa o torneo de Kick boxing que todos os anos se leva a cabo e tamén houbo exibición de loitas olimpicas. A Escola Ayude de Melide estivo presente en ambas modalidades.

dedican á promoción do deporte infantil. A esceula Ayude aproveitou para gozar nunha xornada matutina dos beneficios das augas termales de Ourense en Outariz na que os deportistas da escola mostráronse moi contentos e entusiasmados para a seguinte edición do evento.

No torneo de kick boxing a Escola Ayude acadou con 8 ouros en mans de Lucas López, Nahum Ayude, Borja Igrexas e Guillermo López en masculino e Sabela Cabado, Patricia López, Cora Ayude e Miriam Martínez en feminino. A entrega de medallas foi a cargo do concelleiro de deportes, secretario da Xunta, Delegado de goberno e por supuesto o encargado do evento. Ó evento acudiron miles de visitantes que gozaron destas disciplinas deportivas. Os nen@s da escola participaron no torneo como nas difenrentes actividades alli propostas, sen dúbida unha cita obrigada para as entidades deportivas que se

Foto: Alumnos da Escola Ayude nas termas de Outariz en Ourense.

Defensa persoal A defensa persoal como seu nome indica é un un sistema de combate real, práctico e eficaz inspirado nas artes marciais dalgúns países de oriente, o que fai un dos métodos de defensa e combate máis completos, xa que escolle as mellores técnicas de cada arte marcial e o actualiza á realidade das nosas necesidades cotians para poder defendernos de calquer ataque.

Foto: Alumnos que estan a practicar as chaves de defensa persoal,

A Escola Ayude segue a impartir todos os anos un curso de defensa persoal ou policial organizado polo mestre da escola J.M Ayude. A participación desta disciplina está a ter cadía día mais adeptos que fan do curso unha xornada de aprendizaxe e de amistade entre os participantes que o final das clases remata cunha comida para todos los participantes. 13


Nยบ Nยบ 22 AGOSTO AGOSTO2013 2013

TAEKWONDO 2012/13

14


Taekwondo

Nº 2 AGOSTO 2013

Taekwondo en Villalba se celebrou nesta localidade. Moitas escolas da xeografía galega, deronse cita alli, e como non podía ser de outra forma, os de Melide tambén tiveron a sua representación con; Iker López ,Lucas López, Nahum Ayude, Miguel Villamor, Carlos Adan, Sabela Cabado y Gabriel Adan.

O sábado 2 de febreiro 2013 a Escola Ayude trasladouse cos pequenos deportistas ata Villalba, Lugo para competir na liga de Taekwondo que

Esta é unha nova disciplina que se está a impartir na Escola Ayude de Melide e que está empezando a ter os seus primeiros resultados positivos neste nenos e nenas da nosa escola. Soto, Montes y Garrapucho alavaron o traballo, esforzo e a actitude dos nosos deportistas melidenses que esperan consolidar e acadar maiores exitos nesta disciplina o próximo campionato autonómico.

Taekwondo na Coruña

Taekwondo en Cangas

Como nova disciplina deportiva na que competiran deportistas de Melide non podía empezar de mellor xeito xa que a cita na Coruña do Clinic de Combate de Alta Competicion a cargo de Nicolas García, medalla de prata na olimpiada de Londres 2012 e o adestrador do C.A.R. Marco Carreira, acudiron Lucas López, Carlos Adan, Sabela Cabado, Nahum Ayude, Patrcia López, Antia Vázquez, Aron Ayude, Cora Ayude, Gabriel Adan e Adolfo Prieto da Escola Ayude. Os deportistas compartiron unha xornada de adestramento con estas estrelas que felicitaron o nivel técnico que estan a amosar os deportistas melidenses nesta categoría.

Patricia López acadou, no Campionato Galego de Promesas de Taekwondo que se celebrou en Cangas, a primeira medalla autonómica. Procalandose subcampeona galega. O fin de semana do 1 de Xuño deuse cita a élite do Taekwondo galego infantil con 500 deportistas que competiron para decidir as mesdallas na cidade do Lérez (Pontevedra). A Escola Ayude acudiu á cita con catro competidores que trouxeron dúas medallas de bronce consolidando a disciplina deportiva na Escola Ayude de Melide. As medallas foron para Lucas López en alevin e Patricia López en infantil os outros competidores foron Iker López e Nahum Ayude.

Foto: O equipo de Taekwondo de Escola Ayude

Foto: Deprotistas de Melide con Nicolas García e o adestrador Marco Carreira.

Foto: Combate infantil de Taekwondo en Lérez, Pontevedra.

15




Nยบ 2 AGOSTO 2013

ESGRIMA 2012/13

18


Esgrima

Nº 2 AGOSTO 2013

Esgrima co ouro en M9 moi merecido despois de doblegar a todos os seus adversario en diferentes roldas, sen dúbida uns resultados que poñen de mnifiesto o bo facer e as cualidaddes técnicas dos deportistas melidenses estan a ter nesta categoría deportiva. O público achegado de toda Galicia, que ao fianlizar consagrar coa xa trdicional comida todo o colectivo de esgrímaa. Alli pais e deportistas compartiron bos anacos na Pulperia Ezequiel o que puxo un broche de ouro para unha xornada chea de satisfacion. Foto: Tempada 2011/2012 Melide F.S

Este ano non puido comezar de mellor maneira para a Escola Ayude de Melide ao confirmarse como referente do deporte de esgrima ó Concello de Melide. O domingo 13 de xaneiro celebrouse as XXI Xornada da Liga Galega Infantil M9 e M12 en Melide. O equipo de Melide formado por 11 tiradores Lucia Branco, Alexandra Suiero, Rubén Simon, Nahum Ayude, Marcos Villamor este último fixose co bronce en M12, Mabel Rodríguez que consegiu a prata en M12 feminino, Candea Freire que tamén obtivo a prata en M9, Uxia Castro que acadou o bronce en M9 e o trofeo espadín ao tirador mais benxamin, xa que só ten cinco anos. O gran triumfador foi Fernando Cabado que se fixo

Foto: O equipo da Escola Ayude acompañado polo director técnico da federacdión gallega de esgrima e o xa clásico tenente alcalde Santos López.

Brillante actuación dos de Ayude en Pinto O 15 de Xuño celebrouse en Pinto (Madrid)o Critreium Nacional de Esgrima M10 (a árma a espada). A representación galega estivo formada por Rubén Simon, Nahum Ayude e Marcos Villamor, os tres da Escola Ayude de Melide. A participación foi masiva polo que os tiradores melidenses tiveron que empregarse a fondo, deste xeito, Rubén Simon consigiu a posición 35º que é unha boa posición tendo en canta a cantidade de deportistas e por ser o seu primeiro nacional, Nahun Ayude rematou 1º no seu grupo pero non foi suficiente para chegar as finais, aínda que o gran triunfador da competición galega foi Marcos Villamor que se alzou co ouro consiguinedo asi o 1º Campionato

de España para a sala de armas de Melide e para esgrímaa galega xa que nunca antes se conseguira un ouro nesta categoría.

Foto: Marcos Vilamor amosando orgulloso o seu título nacional.

19


Esgrima

Nº 2 AGOSTO 2013

Trofeo de Lugo O fin de semana comenzou o traballo co inicio da nova tempada para a Escola Ayude de Melide e non puido empezar de mellor xeito, xa que por unha banda conseguironse os primeiros trofeos para os tiradores de Melide no trofeo de Lugo absoluto e M15 no que Patricia López alzouse co 1º posto, Antia Vázquez co 3º en feminino e Aron Ayude co 3º en masculino, sen dúbida froito do tarbajo realizado nestes tempos, pero este é o principio da tempada e quedan moitos compromisos deprotivos aos que esperamos poder acudir co mesmo ánimo que vimos mostrando nas ultimas tempadas.

Foto: Equipo de Esgrima Escola Ayude desplazado a Lugo para a sua competición.

1ª Copa Diputación da Coruña de Esgrima O domingo 2 de Xuño tivo lugar a 1º Copa Diputacion da Coruña de Esgrima en Melide nas

Foto: Equipo da Escola Ayude na 1º Copa Diputacion de la Coruña de Esgrima.

20

categorias M15 e absoluta, a participacion da Escola Ayude non puido ser mellor xa que en M15 o podio estivo protagonizado polos de Melide. Aron Ayude impúxose en masculino e Patrcia López acadou prata en feminino e Antia Vázquez bronce, en absoluta Cora Ayude que se estreaba nesta competición rematou no 5º posto o cal é todo un exito para as aspiracións da escola. Aron Ayude e Patricia López aproveitaron este campionato como preparatorio para proxima cita no campionato de España M15 e que se celebrará o 8 de Xuño en Guadalajara, onde os tiradores de Melide se desplazaron para competir cas mellores Salas de armas de España.


Esgrima

Nº 2 AGOSTO 2013

Melide en Guadalajara Melide estivo presente en Guadalajara, para representar a Galicia no campionato de España M15. Os representantes de galicia foron Adrian Villadoniga do club 100tolos, Aron Ayude e Patrcica López da Escola Ayude de Melide, os 48 clasificados do ranking nacional de espada déronse cita para disputar da clasificacion final. Os enfrontamentos foron moi intensos dado a calidade de todos os tiradores, despois da primeira rolda de enfrentamentos os galegos clasificáronse para as finais directas e ó final Adrian clasificouse de 37º, Aron Ayude 32º e Patricia López de 9º o que evidencia unha progresión dos deportistas melidenses nesta disciplina deportiva.

Foto: Equipo de Esgrima Escola Ayude desplazado a Lugo para a sua competición.

Campionato Galego de veterans O domingo 8 de Xuño tivo lugar na Coruña o Campionato Galego de veterans de esgrima na que paraticipaba J.M. Ayude que consegiu dúas medallas bronce en espada e bronce en sabre. Así conclúe a tempada cunha actuación progresiva e exitosa, xa que estas son as primeiras medallas con estas armas en conmpeticiones ofiacles, nas que o director da escola Ayude está a formar parte. As loitas foron moi disputadas ao competir con tiradores da talla de Villadoniga, Bescansa, Piñeiro, Goas que son grandes campions en competicións nacionais e internacionais.

21


Esgrima

Nº 2 AGOSTO 2013

Os dias festivos da semana santa os deportistas de Melide estiveron concentrados en Murcia e en Viana do Bolo para preparar os seus compromisos nacionais e internacionais nas respectivas disciplinas deportivas que se imparten na Escola Ayude.

O aproveitamento foi pleno e esperamos que poidamos materializalo nas siguinetes probas clasificatorias para o campionato de España que seran en Valladolid o proximo 20 de abril e en Madrid o proximo 6 de Xuño.

O equipo M10 e o M15 viaxou ata Viana do Bolo no centro de tecnificaición onde se prepararon con adestramentos de 5 horas diarias en xornadas partidas con tiradores e mestres dunha das mellores escolas de esgrima española como é a Sala de Esgrima de Burgos liderada polo seu mestre Carlos Zayas.

Por outra banda tamén aproveitar a concentración en Murcia coa selección española de loita olimpica para mellorar o rendemento á vez que esperar a chamada para algún dos comrpomisos internacionais que ten esta tempada a selección española, aínda que o só feito de que sexan convocados dous dos nosos loitadores xa é un gran recoñecemento para os nosos deportistas.

Foto: O equipo da Escola Ayude de Melide xunto con J.M. Ayude e Carlos Zayas en Viana do Bolo, Ourense.

22


Esgrima

Nยบ 2 AGOSTO 2013

Momentos Esgrima

Foto: Esgrima 2013

23


Nº 2 AGOSTO 2013

II DÍA DO DEPORTE na RÚA

24

Melide, 2013


2º Día do Deporte na rúa

Nº 2 AGOSTO 2013

2º Día do deporte na rúa en MELIDE O sábado 1 de Xullo déronse cita ducias de deportistas de escolas deportivas das catro provinxias galegas en Melide. Viron deportistas dos clubes de Santiago, Lugo, Carballino, Lalin, Vigo... Co motivo da celebracion do 2º Día do Deporte na rúa no Concello de Melide, houbo representacions de todas as disciplinas como a esgrima que causou moi boas sensacions entre os practicantes doutros deportes que probaron e quedaron prendados con este deporte, que por certo é o unico de orixe español, outra das disicplinas que chamou a atención foi a loita, deporte moi arraigado na cultura galega, o kick boxing estivo presente coma otros anos, pero sen dúbida as novidades foron o taekwondo que tivo moi boa aceptación e o tai chi da que fixeron exibicion Rafael Reiriz e Victor representantes do departamento de tai chi da federación galega de kun fu, en xeral foi un día moi entretido xa que se deron cita clubes deportivos de diferentes disciplinas que estiveron encantados e sorprendidos da oferta deportiva que esta ofrecerse en Melide neste momentos. Durante a exposición repartíronse ricos doces típicos de Melide que degustaron os deportistas. Despois houbo unha xuntanza e comida para todos os asistentes a modo de despedida e esperamos que os videiros anos poidamos seguir ofrecendo novidades nos nosos deportes.

Foto: Foto de esgrima no día do Deporte na rúa en Melide.

Foto: Nenos practicando Kick Boxing infantil o día do Deporte na rúa en Melide.

Fotos momentos das diferentes disciplinas.

Foto: 2º Día do Deporte na rúa en Melide, Lucas do Olimpia de Carballino.

Foto: Momento de loita de Ramón García Sueiro, preolímpico e Torreiro campión de España, e loitador del DCENTROM de tecnificación de Pontevedra.

Foto: Momento Tai Chi con abanico, Rafael Reiriz e Victor.

25


Outros deportes da comarca

PESCA

Nº 2 AGOSTO 2013

por XAVIER PAZO BLANCO Presidente da Asociación de Troiteiros Río Furelos

VIII Campionato de Pesca “TERRA DE MELIDE”

organizado pola Asociación de Troiteiros “Río Furelos” Este pasado sábado 6 de abril celebrouse en augas do Furelos o campionato de pesca, “Terra de Melide”que xa vai pola VIII edición. O presidente da Asociación organizadora manifesta a súa satisfacción polo grao de consolidación que ano tras ano vai acadando este evento, non só polo número de pescadores que mostran o seu interese en participar, senón pola cantidade de casas comerciais (este ano foron 30) que dan o seu apoio para que este evento teña continuidade.

Foto: Gañadores do VIII Campionato de pesca “TERRA MELIDE”.

capturas que cadaquén achegaba no seu cesto. Este foi o resultado: Clasificación por capturas: 1º PREMIO: Manuel Gil Cuñarro, de Lalín: 8 troitas 2º PREMIO: Juan Ruibal Vilar, da Estrada: 7 troitas

Inscribíronse nesta ocasión 132 persoas para acceder ao sorteo público celebrado o pasado día 4, que lles deu dereito a 14 pescadores a participaren na competición, dado que as bases establecen que o gañador do certame anterior participa sen entrar no sorteo. A xornada de pesca deu comezo ás 8:30 cando a xeada, tan ausente neste inverno pertinazmente chuvioso, aínda ruxía debaixo dos pés. Os participantes con cadanseu xuíz situáronse no tramo que lles tocara en sorte e utilizando cebo artificial, tal como recollen as bases, tiveron ata as 13 horas para mostrar a súa pericia coa cana, nun río Furelos, “a priori”, máis impracticable que en anos anteriores, por un caudal excesivamente xeneroso ao que xa non estabamos habituados. O intenso frío da primeira hora da mañá afectou negativamente as capturas, que non comezaron a se producir ata que o sol foi amornando a hora e as troitas fixeron acto de presenza. Ás 13 horas, rematado o período establecido os pescadores concentráronse na Praia Fluvial, onde os organizadores procederon a contar e medir as 26

3º PREMIO: Iván Bruzos Cendán de Palas de Rei: 7 troitas. PREMIO á captura de maior tamaño tamén o conseguiu Manuel Gil Cuñarro (35 centímetros)

O total de troitas pescadas (71), por decisión da organización, foron entregadas aos socios de maior idade. Finalizado o reconto procedeuse alí mesmo a unha entrega simbólica de trofeos. A xornada concluíu cun xantar na Pousada Chiquitín ao que acudiron participantes e organizadores, tamén estiveron representantes de Asoc. río Pambre, Asoc. río Iso e Asoc. pescadores da Ulloa. Á finalización do mesmo membros da directiva da Asociación “Río Furelos” fixeron entrega dos premios aos gañadores e agasallos aos demais participantes. Só lle resta á directiva desta Asociación agradecer a colaboración da Consellaría de Medio Ambiente, á Deputación e ao Concello de Melide, así como a todas as firmas comerciais e particulares que nos apoiaron na organización deste VIII campionato.


Outros deportes da comarca

PESCA

Nº 2 AGOSTO 2013

por XAVIER PAZO BLANCO Presidente da Asociación de Troiteiros Río Furelos

Caeu “a vella” no Furelos Víase vir. Este ano o Furelos baixa a rebordar. Promete fartura. Non é que haxa moitas capturas pero o promedio de tamaño das troitas é superior ao de anos pasados. Levabamos días con indicios de que podía pasar e pasou. Nas últimas semanas xa se pescaron varias troitas que rondaban o quilo, e mesmo que o superaban. Hai quince días o Furelos sorprendía a Juan Lamas Rodríguez, ofrecéndolle unha troita de 53cm e 1,670 gramos. Un marabilloso exemplar que encheu de satisfacción a este avezado pescador, un xubilado de Sobrado que non se imaxinaba o que aínda lle tiña reservado o Furelos. O pasado sábado día 6 , facendo unhas probas cun cebo totalmente artesanal, ficou sorprendido polo trallazo que acababa de notar. Aquilo non podía ser unha troita, tiña a forza dun salmón, dun auténtico campanu. Presentindo que se lle podía escapar semellante trofeo, pediu axuda aos colegas que viña de deixar. Dese xeito todos foron testemuñas de que acababa de caer “a vella” do río Furelos. Foron necesarios pericia, esforzos e paciencia para evitar que o instinto de supervivencia daquela troita impresionante non acabase nunha decepción. Menos mal que se enleou no sedal, pensaron todos ao quitala, se non, rompería con todo. “A vella”, mediu 66 cm. e deu na báscula 2.800 kg.. Unha troita de case tres quilos!!; velaí está a foto que non mente. E a cara de satisfacción de Lamas, tampouco.

Foto: Juan Lamas mostrando unha troita de case 3 Kg. que acaba de pescar.

27


Outros deportes da comarca

Nº 2 AGOSTO 2013

DANZA Danza en Vila de Cruces, Danza en Vila de Cruces, celebrouse o 16 de Xuño no auditorio Xosé Casal organizada pola Escola Scene Ballet na que participaron grupos dos Concellos de Vila de Cruces, Lalín, Melide, Antas de Ulla, nas diferentes modalidades de ballet, danza moderna e zumba. Os grupos invitados de Escuela de Danza Carmen Seoane (A Coruña), Grupo de Charo Reina (Ponteareas) Las Alumnas de grupo de Preballet de Mélide onde se imparten clases na Escola Ayude representaron a coreografia “ O segredo das Fadas”.

Foto: Intres da actuación de ballet en Vila de Cruces.

Enlace de la página de la Escuela https://www.facebook.com/SceneBallet

Video coreografía “ El secreto de las Hadas” http://www.youtube.com/watch?v=p6uNTdzUfXE

DANZA Ballet en Melide, O sabado 1 de Xuño tivo lugar o acto de clausura do Curso de Ballet, que este ano a Escola Ayude ofertaba como actividade artistica e deportiva, ó evento achegáronse 70 bailarinas das escolas de Lalin e Vila de Cruces, dirixidas pola súa mestra Adriana, as de Melide coa súa interpretación levantaron o sonriso do numeroso publico que asistiu ó acto, sen dúbida unha actividade que se repetirá para o ano dada a participación e aceptación que está a ter o ballet na nosa comunidade.

Foto: Grupo de ballet de Melide esperando ó seu turno para actuar.

28


Outros deportes da comarca

Nº 2 AGOSTO 2013

MELIDE MOTOR SPORT A Escudería Melide MotorSport este ano non poderá levar a cabo a V edición do Rali de Galicia Histórico como viña facendo nestes

sobre todo pola grande repercusión medíatica, deportiva e económica que supón para o pobo de Melide. Pola nosa banda non desistimos en intentar facer algún tipo de activade este ano para intentar recadar fondos e que non se apague a vinculación de este evento que tantos sacrificio, tempo e diñeiro nos levou quitar adiante. Pero a Escudería Melide MotorSport, e HRC sigue a súa actividade deportiva con varios pilotos participantes nos campionatos galego e estatal de Rallys. A gran afición existente no noso pobo engadido da repercusión que HRC ten por España a nivel competitivo fai que sexan non so pilotos do pobo senón tamén doutras zonas os que queren participar levando o noso como concursantes nas competicións que participan. Aínda que o noso piloto Jesús Ferreiro non vai continuar asiduamente no Campionato de España de Rallys de Históricos, temos outros representes da escudería HRC moi ben posicionados cos cales intentaremos acadar o título de Escuderías. No campionato galego están competindo pilotos como Delfino Ramos, Carlos Rubén Guerreiro, Sergio Vázquez (fotos: BMW M3, Mitsubishi Evo X, Ford Fiesta XR2).

catro últimos anos. É unha magoa pero as circunstancias leváronnos a determinar esta anulación moi ao noso pesar. Nestes días moitos participantes e veciños de Melide interesáronse por esta situación intentado dar unhas explicacións difíciles de entender 29


Outros deportes da comarca

Nº 2 AGOSTO 2013

ATLETISMO desnivel acumulado de 6.000 m o cal dános unha idea da dureza da proba na que paraticparon Ivan Lugris e Xose Penas. Ainda asi colocaronse no 5º e 7º posto da xeral que tendo en conta a participación de case 200 corredores,a clasificación é mais que satisfactoria. Sen dúbida un bo comezo para o Clube de Atlestismo de Melide que esperemos que siaga a acadar mais exitos en futuras carreiras. Foto: Saida dos corredores no Trail Fraguas Río Mandeo, Betanzos.

A actividade deportiva do recentemente creado Clube de Atletismo de Melide o Clube Deportivo A.D. Cerne xa comenzou. Cunha carreira de 13,5 Km. denominada trail polas fraguas do río Mandeo en Betanzos, Ivan Lugris consegiu acadar o 15º posto na carreira, aínda que a participación foi mais numerosa por partre do Clube, tamén correron Tony García, Manuel Lodeiro, Diego Sánchez e Xesus Freire. Pero sen dúbida a proba mais dura foi a organizada polo Concello de As Pontes na Coruña, un Ultra trail de 67km. Cun

C

la arboneria

con el deporte melidense

30

Foto: Corredores melidenses do Ultra Trail en As Pontes, A Coruña.


Outros deportes da comarca

Nº 2 AGOSTO 2013

FÚTBOL FEMENINO en MELIDE O Atlético de Melide está a competir na liga con 7 equipos alevín, infantil, cadete xuvenil, seniors e veterans. Destacar que o equipo feminino tivo unha campaña bastante irregular pero obtiveron unha boa actuación do equipo alevín, feminino e xuvenil e non tan boa do equipo infantil-cadete que acabou descendendo de categoría. En xeral foi unha tempada difícil para o primeiro equipo logo de saír a competir con varios xogadores nas súas filas que pola súa mocidade non se adaptaron na categoría. En xeral unha campaña difícil e complicada pero bastante positiva para os nosos equipos que esperamos que acaden mellores exitos en tempadas futuras.

Foto: Foto do equipo do Atlético de Melide 2012/13.

Destacamos o equipo feminino fixo un gran esforzo na segunda metade da liga para poder acadar no sexto posto. Desde a directiva do Atlético de Melide, comentan que seguiran a traballar e involucrándose para que fútbol de melidense siga a crecer. Foto: O Atlético de Melide xogando un partido nesta tempada 2012/13

31


Outros deportes da comarca

Nº 2 AGOSTO 2013

C.I.R.E. MELIDE O C.I.R.E. nace no pobo de Melide no ano 1975. Ó longo da súa vida, moitos xogadores e xogadoras estiveron vinculados ao clube. Actualmente, conta coas seguintes categorías: Prebenxamíns, benxamíns, alevíns, infantís, seniors e veterans. Nas categorías inferiores xogan aproximadamente arredor de 100 nenos. A máxima aspiración é que os rapaces que forman parte aprendan, non só a xogar ó fútbol, senón que aprendan a traballar en equipo, o concepto de deportividade, de xogo limpo, e por riba de todo, que disfruten. Outra das aspiracións será loitar sempre polos primeiros postos e poñernos as nosas propias metas. A categoría seniors, xa confirmado que xogará a próxima tempada na 2ª rexional despois de acadar o ascenso nesta última. A aspiración é continuar co traballo que se comezou, isto implica seguir conservando o grupo

32

humano co que contamos, que as novas fichaxes se integren á perfección nesta maquinaria, e sobre todo que o traballo e o compromiso siga sendo a base do equipo. Cremos que o traballo e o esforzo teñen recompensa. A categoría veterans repetirá categoría esta tempada. A súa traxectoria é meteórica, xa que este equipo formouse hai 6 anos, e dende entón encadearon 4 ascensos e loitan arreo para se manter nas categorías máis altas. A promoción do deporte, e do fútbol en particular, é a máxima que move a este clube, que traballa con rapaces dende idades moi temperás, para que valoren esta actividade, para que lles axude no desenrolo da súa propia vida persoal e para que poida ter unha continuidade no tempo. E todo isto sustentado coa axuda dos case 700 socios e socias e de gran parte das casas comerciais da vila e diferentes negocios, que apoian ó equipo, tanto loxística como economicamente.


Tfno: 981 50 70 97 Alexandre B贸veda, 13 15800 MELIDE (A Coru帽a)


Nยบ: 20401-406


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.