O mellor co-piloto Xesol colle impulso para universalizar, a baixo custe, a súa tecnoloxía para salvar vidas nas estradas
X
esol Innovation, punteira empresa da confluencia entre TIC e automoción, deu a primeira semana de marzo un paso de xigante para poñer a súa tecnoloxía de asistencia na condución (que achega un revolucionario extra en seguridade, autonomía, monitoraxe e intelixencia) o máis preto posíbel dos nosos automóbiles. A empresa, con sede na Tecnópole de Ourense, celebrou o 5 e o 6 de marzo unha dupla demostración da súa tecnoloxía de baixo custe para a axuda na condución, un desenvolvemento que está chamado a reducir drasticamente as taxas de sinistralidade nas estradas. Sobre todo, porque pon en xogo recursos para ver e detectar, nas viaxes, o que doutro xeito non vemos nin detectamos. O seu sistema ten a súa orixe no programa de investigación Horizonte 2020 da Unión Europea, do que Xesol recibiu 2 millóns de euros para o proxecto SmartCars, que, á súa vez, deu como resultado o Sistema Avanzado de Asistencia á Condución (ADAS) da empresa galega, que é quen de facer monitoraxe da estrada e identificar peóns, vehículos, sinais de tráfico e tamén as liñas do vieiro polo que circulemos; empregando para iso tecnoloxía de visión computacional e redes neuronais. Segundo lembrou a empresa nas demostracións, os modelos que existen no mercado roldan os 900 € e o sistema galego poderá adquirirse por 550 €.
16 |
equipados con este dispositivo intelixente, composto dunha cámara, un PC e unha pantalla. No transcurso da experiencia, unhas cen persoas tiveron a oportunidade de probar algún destes vehículos, familiarizándose coas potencialidades dun automóbil cun sistema de axuda á condución integrado, que detecta e advirte sobre posíbeis perigos na estrada. O seguinte paso será que este prototipo pase ao proceso de comercialización, explicaron dende Xesol.
Máis datos do sistema “Adestrouse o sistema para que detecte a presenza dun obstáculo na estrada e avise ao condutor do perigo de colisión, emitindo unha alerta tanto sonora como visual”, explicou José Crespo, responsábel legal e de protección de datos de Xesol, quen puxo o foco na redución do risco: “A nosa tecnoloxía axudará a potenciar a seguridade viaria e a salvar vidas”. En termos máis concretos, dixo que os sistemas como SmartCars de Xesol poden evitar que até 7.300 persoas deixen a vida nas estradas ao longo dunha década. A demostración do primeiro día desenvolveuse, precisamente, no Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole) de San Cibrao das Viñas (Ourense), nun circuíto habilitado con sinais, e continuou o venres 6 durante toda a mañá. A empresa lembra que se empregaron nas probas un total de 15 vehículos
O sistema avanzado de asistencia á condución (ADAS) desenvolvido por Xesol Innovación forma parte do proxecto SmartCars que a start-up galega leva desenvolvendo dende o seu nacemento en 2012. O dispositivo perfeccionado por Xesol pode ser implantado en calquera vehículo fabricado a partir do ano 2000 sendo, en palabras dos seus creadores, “moito máis preciso sobre os sistemas xa existentes”, pois basea a súa tecnoloxía de detección na visión artificial (en troques de infravermellos ou radares) co maior número de ángulos de visión aumentada do mercado (tres cámaras de visión artificial), alén de considerarse intelixente porque achega un sistema de aprendizaxe rápida. O sistema foi deseñado para ser instalado de xeito sinxelo en calquera coche xa en uso, á marxe da gama á que pertenza, o que fai que a condución avanzada estea ao alcance de calquera usuario.