O Barbanza 46

Page 1

obarbanza @obarbanzagal @o_barbanza 608 240 160 O Barbanza Marzo - Abril 23 Número 46 Baile de proxectos Nomes de lugar CONGALSA mira ao futuro Os nosos concellos comparten os seus plans de obras presentes e futuros 3/10 29 22 Ribeira presume de topónimos no novo libro de Fernando Cabeza A empresa fai balance do seu proxecto de industria intelixente A nosa web: obarbanza.gal Así regresa unha tradición Semana Santa no Barbanza (axenda concello a concello)

Entra en www.axendabarbanza.gal e pincha no botón "SUSCRÍBETE AQUÍ" para que te informemos semanalmente dos eventos da axenda comarcal, non te perdas nada!

Avanza o proxecto de nova biblioteca de Ribeira

Finalmente foron tres as propostas presentadas na licitación das obras de reforma e ampliación da Casa Gran Sol (no centro neurálxico da cidade, en plena rúa de Galicia) para convertela na nova Biblioteca Municipal de Ribeira: unha actuación do Concello que ten un prezo de licitación de 1.278.000 euros, IVE incluído, e que está financiada con cargo aos fondos de cooperación do Instituto Galego de Vivenda e Solo.

Conforme ao proxecto técnico, elaborado pola firma Oxil Arquitectura, proponse unha instalación que “vai permitir triplicar a superficie actual da biblioteca emprazada na rúa Manuel Lustres Rivas”, e que ostenta unha “forte aposta pola máxima eficiencia enerxética nas súas condicións ao tempo que estará

Licitada a ampliación e renovación do parque infantil de Pedra Pateira

OConcello de Ribeira licitou unha nova actuación dirixida á ampliación e renovación do parque infantil de Pedra Pateira, situado no barrio de Bandourrío: unha intervención cuxo orzamento ascende a 171.831,47 euros con IVE, financiado dentro do plan POS+2021.

O Concello explica que

na actualidade este parque presenta “unha capacidade insuficiente para os usuarios que o frecuentan” e, ademais, “parte dos xogos infantís están bastante deteriorados”. Os servizos técnicos municipais redactaron un proxecto que “permitirá adaptar as características do recinto infantil de Pedra Pateira ás necesidades actuais”. Así,

vanse desmontar os xogos no espazo destinado aos nenos e nenas de menor idade e demoler o caucho sobre o que se sitúan. Tamén se demolerán os accesos actuais e estenderase unha soleira de formigón coa que incrementar a superficie da área. Logo executaranse novos camiños accesíbeis de entrada ao parque e instalaranse unha serie de brinquedos, entre os que se inclúen un equipo combinado para idades entre 4 e 14 anos, un carrusel tipo balancín, tres resortes, un rocódromo e outro equipo combinado para idades entre 2 e 10 anos, entre outros.

Amais, estenderase unha capa de caucho continuo de distintas cores e espesor variábel en función da altura de caída dos xogos. Por outra parte, a valla perimetral actual será substituída por outra nova, será executada unha liña de pluviais para evitar a acumulación de auga superficial.

perfectamente integrada na arquitectura da contorna”, explicou o Concello, engadindo que se busca incrementar a superficie dispoñíbel no edificio de dous andares dándolle unha planta máis e construíndo ás súas costas outro edificio de similar volume, estética e características. Ambos estarán unidos por un ascensor.

Ademais, na zona posterior do solar acondicionarase un patio axardinado de 200 metros cadrados ideado para a realización de actividades ao aire libre complementarios á biblioteca.

En canto aos fondos bibliográficos, situaranse principalmente nun espazo soterrado. Tamén disporá de sala infantil, sala de estudo, sala de informática, dúas salas de “silencio absoluto” e outros espazos. A superficie total de actuación será de 797 metros cadrados sobre unha parcela de 431 que, cómpre lembrar, foi adquirida polo Concello coa intención de efectuar esta intervención.

Por outra parte, na busca da máxima eficiencia enerxética váiselle dotar dunha envolvente técnica, instalacións de baixo consumo, paneis solares fotovoltaicos e un alxibe de pluviais que permitirá recuperar e facer circular as augas grises.

OConcello de Ribeira aprobou inicialmente o proxecto de urbanización do futuro Polígono Industrial: un documento que foi encargado á empresa Monsa Urbanismo S.L. e que, xunto co proxecto de expropiación e os servizos arqueolóxicos, marca o rumbo para a creación de preto de 260.000 metros cadrados de chan industrial no entorno de Fontenla e Pedras Vermella. O proxecto, de máis de 700 páxinas de extensión, abrangue diversos aspectos cos que materializar a urbanización da área afectada, de 258.926,24 metros cadrados de superficie, tales como a execución e acondicionamento de vías públicas, aparcadoiros, saneamento, abastecemento,

subministración de enerxía eléctrica e canalización de gas, sinalización, mobiliario urbano e axardinamento de espazos libres, entre outros elementos.

Así, dedica 156.807,64 metros cadrados a solo industrial, 1.150,68 a equipamento, 64.770,12 a espazos libres, 577,53 a servizos urbanos e 35.620,27 ao sistema viario. O proxecto prevé a dotación de 456 prazas de aparcamento públicas e outras dúas máis para autobús.

O orzamento base de licitación ascende a 12.454.808,65 euros, IVE incluído e o prazo de execución de 22 meses: cifras ambas que se espera se acurten durante o proceso de licitación a partir das ofertas presentadas.

3 Marzo - Abril 23 O Barbanza Ribeira  ACTUALIDADE 
Aprobado de inicio o proxecto de urbanización do novo polígono
A transformación da Casa Gran Sol, en plena rúa de Galicia, recibiu tres propostas

 ACTUALIDADE  A Pobra do Caramiñal

Seguridade no Camiño de Santiago

O Concello da Pobra habilitará unha pasarela na Mercé para mellorar a mobilidade peonil

Con cargo ao remanente do POS+2022, o Concello da Pobra do Caramiñal presentou o proxecto para a habilitación dunha pasarela que una A Mercé coa entrada ao Camiño Real, a carón da AC-305. A intervención busca mellorar a seguridade e a mobilidade peonil, ademais de redundar positivamente dende o punto de vista turístico ao discorrer por alí o Camiño de Santiago do Barbanza (A Orixe), segundo avanzaron o alcalde, Xosé Lois Piñeiro (Nós Pobra), e o concelleiro da Mobilidade, Xabier Santos (BNG). O orzamento de execución ascende a 131.804’19 euros (93.677 euros procedentes da Deputación da Coruña e 38.126 euros da Administración local).

A construción desta senda, sinalaron, “permitirá continuar o tránsito peonil trala subida ao cruceiro da Mer-

cé”, evitando así aos viandantes ter que cruzar dúas veces a estrada para circular a pé en condicións de seguridade ata o inicio do Camiño Real,

segundo explicou Juan Antonio Millán, arquitecto de Cota Cuatro, estudio encargado da redacción do proxecto.

O dito viaduto terá unha lonxitude

de 135 metros e materializarase sobre dúas vigas de formigón (unha pegada a un muro de contención e outra colocada nuns piares) que soportarán un tapiz de plástico reciclado con táboas antiesvarante. A maiores, á altura do cruceiro, adecuarase a incorporación á senda cunha plataforma de granito.

A elección dos materiais responde a criterios de durabilidade, mantemento e redución do impacto paisaxístico.

En representación do Camiño de Santiago do Barbanza (A Orixe), o seu presidente, Manuel Mariño, xunto coa secretaria, Marián Treus, precisou que esta actuación reforzará a seguridade da peregrinaxe, ademais de beneficiar toda a veciñanza.

O mandatario local indicou que queda pendente que a institución provincial aprobe o plan no pleno para, deseguido, proceder co inicio do expediente de licitación. Asegura, ademais, que se trasladarán máis propostas en materia de seguridade á Xunta por ser o organismo que ten a titularidade da AC-305.

Mantemento no Museo Valle-Inclán

OCentro Sociocomunitario e de Benestar da Pobra do Caramiñal volve ser escenario dunha nova actividade titulada Tardes de baile. Trátase dunha serie de sesións que se desenvolven no segundo domingo de cada mes ata xuño, en horario de 20.00 a 22.30 horas, con distintas opcións musicais. O primeiro baile celebrouse este 12 de marzo con Mar Davila. No que respecta ao mes de abril, ao ser festivo, trasladarase para o día 16.

Increméntase así a oferta de disciplinas dándolles resposta ás demandas das persoas asistentes ao programa de envellecemento activo,

tal e como indicou a concelleira dos Servizos Sociais, Amparo Cerecedo (BNG). A edil incidiu en que “a música é curadora”, polo cal se lanza este novo programa que, se ben está especialmente pensado para as persoas maiores, quere servir tamén como un punto de encontro interxeracional de toda a comarca ao tempo que se dinamiza a vila aos domingos. Sinala, ademais, que se valorará ampliar as sesións ata finais de ano segundo a resposta da xente.

O director do referido centro, Ricardo Lago, explicou que se recupera unha proposta lúdica co ánimo de que acade o éxito de anos atrás.

Acampaña pobrense de voluntariado

Agora é o momento! realizou unha nova acción medioambiental na praia da Corna na mañá do pasado 12 de marzo. A xornada supuxo a retirada de 383’85 quilogramos de lixo. A limpeza do referido areal efectuouse de maneira manual con material proporcionado polo Concello (Medio Ambiente), ademais de contar coa colaboración da Protección Civil.

Tralas inclemencias da pasada tempada, a torre de Bermúdez, sede do Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal, foi obxecto dunha serie de tarefas de mantemento no granito e madeirames, segundo explicou a concelleira da Cultura, Patricia Lojo. O Concello executou unha intervención no paramento perimetral da parte baixa do edificio para a eliminación da colonización biolóxica. Unha empresa especializada realizou a limpeza

de xeito manual co material idóneo para a retirada da vexetación sen danar a pedra. Deseguido, aplicouse un biocida como tratamento preventivo, tanto nas paredes coma no chan, para atrasar o florecemento de liques ou musgos. A maiores, actuouse nos sollados de granito da contorna, así como no chan e escaleiras do patín. Doutra banda, procedeuse co cambio de cinco fiestras de madeira. O investimento superou os 5000 euros.

4 Marzo - Abril 23 O Barbanza
Sesións de baile para amenizar o Centro Sociocomunitario
O voluntariado local retirou lixo da praia da Corna

Plans de remodelación na Cachada

OConcello de Boiro vai levar a cabo obras para a construción dunha cuberta no Pavillón Polideportivo do Complexo da Cachada, traballos que se suman ás importantes tarefas de reforma recentemente desenvolvidas na piscina. O alcalde, José Ramón Romero, e a concelleira de Deportes, Dores Torrado, falaron máis polo miúdo das actuacións vindeiras, e tamén das acabadas de facer. Segundo sinalaron, o obxectivo deste proxecto é “realizar unha estrutura metálica para a cuberta do pavillón con obxectivo de achegarlle unha maior pendente e realizar unha cuberta a dúas augas”. A cuberta actual, sinalaron, é “totalmente plana”, o que “xera numerosos problemas de filtracións de auga na época de choivas e que se foron corrixindo de maneira puntual”.

Tamén engadiron que a nova estrutura instalarase por riba da existente, polo que non se precisa o peche das instalacións para a súa execución.

“Trátase dunha obra moi importante

para a actividade deportiva que se realiza na instalación. A teitume tivo moitos problemas de humidades nos últimos 20 anos que se foron mitigando con pequenas actuacións”, recoñeceu a concelleira de Deportes.

As obras, que ascenden a un impor-

te de 172.702,09 euros financiados con fondos propios, foron adxudicadas a finais de 2022 e comezarán a executarse nas vindeiras semanas para non interceder na actividade deportiva e competicións que se viñan celebrando nas instalacións.

Proxecto En(clave) nos centros de ensino

AConcellería de Educación de Boiro está a impulsar obradoiros de emocións nos centros de ensino. A actividade enmárcase no proxecto En(clave) de educación, igualdade e saúde que leva a cabo a súa segunda edición neste curso 2022-2023.

Neste momento desenvólvese nos centros de ensino o obradoiro de emocións no que se traballa a educación emocional e resolución de conflitos a través do teatro. Uns obradoiros nos que participan os nenos e nenas dos centros de Primaria e nos que se traballa a corresponsabilidade, a coeducación, a prevención da violencia e o control emocional.

O programa engloba tres grandes áreas de traballo: Igualdade, a sensibilización social e a visibilidade; Educación e prevención; e Saúde e benestar.

O programa deste ano inclúe, ademais dos obradoiros de emocións, obradoiros de prevención de acoso escolar e tamén de sexualidade e xénero destinados aos IES; obradoiros de xestión de residuos ambientais; de saúde mental infanto-xuvenil; de hixiene bucodental; de

avaliación visual con optométrica e alimentación e hábitos saudábeis.

A edición do presente curso inclúe tamén un programa de apoio específico ás ANPAS na comunidade educativa para realizar obradoiros e actividades específicas en funcións das necesidades detectadas.

“Estamos levando a cabo unha planificación de actuacións co obxectivo de renovar integramente a instalación e imos seguir traballando para ter unhas instalacións acorde coa actividade deportiva dos boirenses”, afirmou o alcalde, lembrando que no complexo veñen de realizarse obras de mantemento e de mellora integral, quedando pendentes as actuacións para a ampliación do complexo e as gradas da piscina. Respecto desta última, vén de facerse unha renovación dos vestiarios de acceso, nos que foi ampliada a capacidade e instalouse unha sala con sauna e baño turco. Tamén foron remodelados os baños públicos do andar baixo da instalación e tamén os baños da pista deportiva e vestiarios específicos de árbitros.

Ademais da renovación integral dos baños, levouse a cabo tamén a renovación dos falsos teitos do vaso da piscina e corredores de acceso; realizouse a renovación da máquina de deshumidificación e renovación do sistema de filtrado da auga; instalouse unha caldeira de biomasa para mellorar a eficiencia enerxética da instalación; e realizouse a mellora da iluminación e outras actuacións de mantemento xeral, como o pintado da instalación e outras reparacións.

As lagoas de Carragueiros e Abanqueiro, no catálogo de zonas húmidas de Galicia

As lagoas de Carragueiros e Abanqueiro veñen de ser incluídas no catálogo de zonas húmidas de Galicia promovido pola Consellería de Medio Ambiente. Amais, o Concello de Boiro vén de reiterar a colaboración no financiamento para a limpeza das lagoas, petición cuxo obxectivo é lograr unha mellora na conservación e xestión destas dúas zonas húmidas do termo municipal que posúen un alto valor ecolóxico. “Esta catalogación supón un paso máis na recupe-

ración e posta en valor do espazo, para o que xa solicitamos no 2021 financiamento, xa que empezou a dar problemas aos veciños”, recoñeceu o concelleiro de Medio Ambiente, Raúl Treus.

O rexistro das zonas húmidas de Galicia é de carácter público e contén información sobre o número, extensión, valores e estado de conservación dos espazos existentes na comunidade. A catalogación destes espazos vai permitir aumentar as posibilidades de xestión e conservación dos mesmos.

5 Marzo - Abril 23 O Barbanza Boiro  ACTUALIDADE 
O Concello de Boiro vai renovar a cuberta do Pavillón Polideportivo para corrixir de xeito definitivo as filtracións

 ACTUALIDADE  Rianxo

Nova vida para o Pazo de Martelo

Patrimonio dá a súa aprobación á rehabilitación da sede da Biblioteca Municipal de Rianxo

Os días pasados puidemos coñecer importantes novidades relativas ao proxecto para rehabilitar o Pazo do Martelo, en pleno núcleo urbano de Rianxo (edificio declarado BIC e hoxe en día sede da Biblioteca Municipal). En concreto, o proxecto, que terá un custe de dous millóns de euros (dos cales practicamente a metade virán da man do Goberno, con fondos do Programa de Impulso á Rehabilitación de Edificios Públicos, o PIREP), recibiu a aprobación definitiva por parte da Dirección Xeral de Patrimonio (Xunta). As obras porán o foco en solucionar importantes problemas de illamento, conservación e accesibilidade. Segundo informou recentemente o Concello, o inmóbel está moi afectado polas humidades, derivadas en parte das eivas da cuberta e do deterioro da fachada. Respecto á contía restante do orzamento, o Concello xa encargou a redacción do informe para a contratación dun crédito bancario por importe

dun millón de euros cos que cubrir o custe total das obras a realizar.

Soutomaior, coñecido como Paio Gómez Chariño (1225-1295). O inmóbel foi mercado polo Concello en 1973 e rehabilitado en 1983 polos arquitectos Rafael Baltar Tojo, José Bartolomé Argüelles e Carlos Almuiña Díaz, co obxectivo de convertelo en seda da Biblioteca Municipal.

Na actualidade a histórica construción presenta importantes filtracións de auga que provocaron relevantes deterioros no interior e máis no exterior. Ademais, as fachadas precisan un fondo traballo de restauración, xa que teñen problemas de desgaste provocados polo paso do tempo, pola humidade, polas inclemencias climáticas e pola substitución dos materiais tradicionais que complementaban e daban estrutura ás pedras. Outro punto crítico é a cuberta, que deixa pasar a auga da chuvia. O Concello tamén quere poñer o foco na accesibilidade, convertendo o edificio nun inmóbel libre de barreiras.

O Goberno local encargou o proxecto de rehabilitación á arquitecta Sandra González Álvarez, que estivo apoiada no seu traballo por Esmeralda Vázquez Prieto e máis polo arquitecto que dirixe la Oficina de Rehabilitación de Rianxo, Carlos Henrique Fernández Coto.

O Concello achega formación en artesanía, canto, teatro e poesía

OConcello de Rianxo vai organizar catro aulas formativas esta tempada a disposición da cidadanía: unha de Artesanías Creativas, baixo o epígrafe Crear coas mans; unha Aula de Teatro, co lema A Interpretación; unha

Aula de Canto; e máis unha

Aula de Poesía, centrada na Introdución á Lectura e á Escritura Poética. Todas as actividades teñen aberto o prazo de inscrición (na web municipal).

A Aula de Artesanías Creativas é un programa de formación sociocultural e ocio educativo cuxo obxectivo é dar forma a un espazo de lecer activo para “socializar, fomentar a imaxinación, mellorar a concentración e a psico-

motricidade, aumentar a autoestima e concienciar sobre problemas ambientais e de xénero”. Abordaranse moitos xéneros e formatos: cestería, encadernación, origami, olería, papel artesanal, reciclaxe, colaxe, bixutería, etc. A actividade está destinada a persoas maiores de 14 anos e será impartida por Electra Menéndez. Terá as seguintes datas: mércores 22 e 29 de marzo; 12, 19 e 26 de abril; 3, 10, 24 e 31 de maio; 7, 14, 21, 28 de xuño. As sesións levaranse a cabo en horario de 16:00 a 18:00 no Pazo de Rianxiño (aula de plástica). Haberá un máximo de 10 participantes.

Pola súa banda, a Aula de Teatro (A Interpretación) será impartida por

Como dixemos, o Pazo do Martelo é hoxe en día sede da Biblioteca Municipal de Rianxo. Foi propiedade na súa feitura orixinal, na Idade Media, do almirante galego Paio Gómez de Amantia Coello Rodríguez. O número de participantes será de 15 como máximo, maiores de 18 anos. O obxectivo é adentrar ás persoas participantes na interpretación dramática a través da formación actoral e da creación de personaxes. As sesións terán as seguintes datas: mércores 22 e 29 de marzo; 5, 12, 19 e 26 de abril; 3, 10, 24 e 31 de maio; 7, 14, 21 e 28 de xuño. Levaranse a cabo en horario de tarde no Liceo (baixo). No que atinxe á Aula de Poesía, tentará achegar as persoas participantes á expresión e escoita activa, tamén como canle de autocoñecemento, interacción e socialización.

O curso vai destinado a persoas maiores de 15 anos e que será impartido por Noelia Gómez Calvo. Celebrarase nas seguintes datas: sábados 25 de

marzo; 1, 8, 15, 22 e 29 de abril; 6, 13, 20 e 27 de maio; 3, 10, 17; e 1 de xullo. Horario e lugar: de 10:00 a 12:00 no Centro Sociocultural-Auditorio (primeiro andar). As sesións contarán cun máximo de 20 participantes.

Por último, a Aula de Canto vai destinada a fomentar o convivio musical entre os participantes, creando un espazo de participación cultural e traballo en equipo, tentando mostrar aspectos básicos sobre a voz e a música. O curso irá destinado a persoas maiores de 50 anos. A docente será a soprano noiesa Esperanza Mara Filgueira Rama. Desenvolverase no Liceo os luns 3, 10, 17 e 24 de abril; os días 8, 15, 22 e 29 de maio; os días 5, 12, 19 e 26 de xuño, o venres 19 de maio e máis o 9 de xuño. Máximo: 20 participantes.

6 Marzo - Abril 23 O Barbanza
 As obras porán o foco en solucionar importantes problemas de illamento, conservación e accesibilidade

Un novo xeito de facer turismo

Esta Semana Santa comezará a súa actividade de información a visitantes a remodelada nave de redeiras de Portosín

Oconcello de Porto do Son contará dende esta Semana Santa cun novo espazo de dinamización turística que será, tamén, punto de información aos visitantes e referente dun novo xeito de xerar actividade económica a través dos reclamos locais: máis sustentábel e o máis ligada posíbel á realidade social, económica e cultural do territorio sonense (unha realidade fortemente vencellada ao mar).

Estamos a falar do novo punto de información turística do municipio, situado en Portosín, concretamente na antiga nave de redeiras da contorna portuaria. O servizo porase en marcha esta Semana Santa.

Será non só un referente en materia de sustentabilidade, senón tamén en innovación e en transformación, ou sexa, nas metodoloxías de traballo que buscan lograr o equilibro perfecto entre produtividade económica e respecto polo medio natural e os oficiais tradicionais (neste caso o das redeiras).

Trátase dun proxecto impulsado polo Concello de Porto do Son coa Confraría de Pescadores San Andrés de Portosín e a Asociación de Redeiras de Portosín, a través dunha candidatura específica ás axudas de desenvolvemento local da Consellería do Mar.

A sede do servizo turístico atópase polo tanto na nave de redeiras de Por-

tosín, remodelada nun principio para mellorar o día a día das profesionais (co arranxo da cuberta, a disposición de elementos que permitisen incrementar a luz nas estancias interiores, a instalación de duchas e baños para as e os profesionais) e logo reacondicionada e reforzada con este novo cometido turístico complementario.

A proximidade de ambas as activi-

dades (a profesional ligada ao acondicionamento dos aparellos e á pesca e ao marisqueo, por unha banda, e a turística, pola outra) permitirá o desenvolvemento de actividades de divulgación e desenvolvemento nas que mostrar, de xeito regular e in situ, o día a día das e dos profesionais do mar.

A xestión do novo servizo correrá a cargo do Concello de Porto do Son.

As obras desenvolvidas na nave precisaron dun investimento de 270.677 euros (dos cales un 93% foi subvencionado a través do GALP Costa Sostible).

A respecto do cometido da oficina, o concelleiro Manuel Deán comentou que “buscamos incrementar as visitas a Portosín e á lonxa, amais de achegar información dos recursos propios do concello, quixemos, con este proxecto, poñer en valor o porto e a súa actividade”.

As reformas na nave tamén abrangueron o exterior do edificio, coa substitución de todas as xanelas e da porta principal, e coa transformación da fachada nun lenzo de arte urbana. De feito, a oficina estréase cun graffiti de Doc Toy e do grupo artístico Vella Escola, con sede en Noia e responsábel, entre outros murais, da homenaxe ao sancosmeiro de Outes ou das impresionantes intervencións externas do IES Virxe do Mar en Noia.

Impulso á área portuaria de Portosín Reforzada a Aula CeMIT

Aconselleira do Mar, Rosa Quintana, visitou o porto de Portosín, co obxectivo de informar dos detalles dos proxectos que impulsa o Goberno galego para a contorna litoral da vila. Na visita Quintana estivo acompañada do rexedor, Luis Oujo. A conselleira

puxo o foco na proposta técnica deseñada pola Xunta para mellorar o abrigo da dársena e ampliar atraques pesqueiros no peirao. O proxecto elaborado por Portos suporá un investimento de arredor de 2 millóns de euros, dixo, concretando que está previsto dotar a contorna

dun dique flotante de 120 metros de lonxitude para protexer a dársena do mar e do vento así como a instalación de peiraos flotantes profesionais para mellorar as condicións de amarre da frota (dando servizo a 17 embarcacións na contorna da nave de redes).

de Porto do Son

AAula CeMIT de Porto do Son, punto de divulgación e capacitación dixital do Concello, reforzouse este mes de marzo coa entrega de material tecnolóxico avanzado de mans da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), co

obxectivo de incorporalo á actividade formativa da Aula.

Trátase do seguinte material: unha impresora 3D (que se entrega xunto cun pequeno kit de consumíbeis con dúas bobinas), un kit de robótica (composto por 6 robots educativos e un equipo de 6

kits de construción), cinco unidades de drons, dúas unidades de lentes de Realidade Virtual con dous controladores e un kit de placas de comunicación e programación composto por catro placas tipo Arduino e dúas Raspberry PI 4 Model Quad-Core 64 bits.

7 Marzo - Abril 23 O Barbanza Porto do Son  ACTUALIDADE 

En marcha a Escola Infantil Municipal de Outes

O alcalde Manuel González reivindica os esforzos do Concello para acadar o solo industrial que precisan as empresas e a cidadanía

-

Un dos puntos candentes do concello de Outes, informativamente falando, é sen lugar a dúbidas o seu futuro polígono industrial. En O Barbanza quixemos afondar nesta cuestión e verificar en que punto do seu proceso de materialización definitiva se atopa neste intre a ansiada contorna industrial do municipio. Segundo o alcalde, Manuel González, o proxecto está pendente de varias autorizacións e a partir de aí someteríase á aprobación provisional. Este sería o paso previo á aprobación definitiva por parte da Xunta.

- Manuel, cales son, concretamente, as cuestións que quedan pendentes para a definitiva materialización do polígono?

- Nestes momentos estamos tramitando a modificación puntual do PXOM de cara a incluír unha zona urbanizable de uso industrial posto que o actual planeamento carecía de solo industrial logo de que unha sentenza xudicial anulara a cualificación da zona elixida polo anterior Executivo. En outubro de 2022 procedeuse a aprobación inicial desta modificación, que inclúe unha zona para solo industrial duns 35.000 m2 netos nas inmediacións da Serra de Outes. Aprobouse en pleno co apoio de tódalas forzas políticas agás o BNG e posteriormente abriuse o prazo de información pública durante dous meses, sen que se recibira ningunha alegación.

En paralelo estamos pendentes das autorizacións sectoriais de organismos como Estradas de Galicia ou Augas de Galicia, en canto os teñamos, avalia-

remos se xa podemos someter a modificación do PXOUM á aprobación provisional, que sería o paso previo á aprobación definitiva por parte da Xunta. A verdade é que non foi o proceso doado, porque ademais nos colleu a pandemia polo medio, cos conseguintes atrasos administrativos. Aínda así, tivemos determinación e demos pasos moi importantes. Unha vez que teñamos aprobada a modificación do PXOM afrontaremos a urbanización da zona para dotarnos dun polígono industrial, pero sempre e cando teñamos unha demanda de solo suficiente e solvente, posto que non queremos un polígono baleiro.

- Cales son os apoios e avais cos que se conta?

- Penso que o principal aval é a propia opinión dos empresarios, que foron consultados antes de escoller a zona onde se situaría o polígono, así como o da veciñanza que, ante a inexistencia de alegacións, pensamos que aproba a localización do polígono, que era unha das partes máis sensibles do proceso.

- Cal sería a localización exacta desta nova área industrial? Por que se elixiu esta localización concretamente?

- Sitúase entre os lugares de Xurisdición e Brión de Abaixo, a escasos 800 metros da Serra de Outes, nunha zona que agora ten fundamentalmente un uso forestal e agrario. Baralláronse varias opcións e esta foi a mellor valorada tanto por empresarios como polos propios grupos políticos.

- Que nos podería destacar desta iniciativa e que implicacións tería, ao seu xuízo, para o desenvolvemento do concello?

- Solventamos unha eiva importante que tiñamos no concello, posto que o anterior goberno non fixera nada dende que en 2014 fora anulada a zona escollida anteriormente. A figura do solo industrial é importante tanto por motivos de ordenación urbanística, para evitar que proliferen naves aquí e acolá, sen servizos adecuados; e é importante para o desenvolvemento económico e a creación de emprego pois agora mesmo estamos vendo como os empresariado local ten moitos problemas para ampliar o seu negocio, pola falta de superficie industrial.

Finalmente e co inicio do mes de marzo abriu as súas portas a nova Escola Infantil Municipal de Outes. Situada nas instalacións do antigo colexio vello do Cruceiro de Roo, este novo centro representa en palabras do Concello “un paso adiante para a mellora da conciliación no noso municipio”. Así se expresou o alcalde, Manuel González, na apertura formal do centro.

A apertura da escola, que conta con 30 prazas, foi posíbel grazas ao traballo conxunto do Goberno local, a Deputación da Coruña

e o Executivo autonómico, que achegaron en total 400.000 euros para a materialización do proxecto na sede do antigo CEIP Emilio de Navasqües (Cruceiro de Roo). Esta actuación supuxo ampliar en 10 prazas o actual Punto de Atención á Infancia (PAI) de Outes que se converte así nunha escola infantil.

O alcalde Manuel González informou recentemente que a Administración local ten tamén “un proxecto para habilitar no andar superior un pequeno fogar residencial para oito persoas maiores”.

O Campo de Fútbol do Conchido será obxecto de melloras

Opleno da Corporación de Outes aprobou finalmente o inicio do expediente de convenio coa Deputación da Coruña para a mellora do Campo de Fútbol do Conchido. A través deste proxecto procederase á renovación do céspede artificial do campo, que segundo confirmaron fontes do Goberno local, atópase

na actualidade moi desgastado. Tamén está previsto ampliar as dimensións do terreo de xogo pasando de 58×98 a 60×100 m.

A Deputación achegará 140.000 € euros. O Concello, pola súa banda, comprométese a achegar o resto do investimento (136.000 €), con fondos propios e/ou achegas doutras administracións.

8 Marzo - Abril 23
Barbanza 
O
ACTUALIDADE  Outes
“O polígono de Outes mellorará a ordenación urbanística e impulsará o desenvolvemento económico e a creación de emprego”

Un novo futuro para a fábrica de Cadarso

Oinmóbel principal da antiga fábrica de curtidos da Chaínza, en Noia, vaise converter en centro do día. Os detalles do proxecto veñen ser compartidos polo Concello, que informou que se conta cun investimento de preto de 1,3 millóns de euros para os traballos construtivos, aos que se engaden 180.000 euros para cubrir o subministro e habilitación de equipamento.

O novo centro día agárdase que dea servizo a 60 persoas, tendo capacidade para atender a 15 persoas doentes de alzhéimer.

Polo que se refire ás restantes construcións da fábrica de curtidos Cadarso, o plan é habilitar un albergue turístico (con dúas ducias de prazas e cun custe de 470.000 euros, financiados con cargo ao Fondo de Cooperación de Medio Ambiente, o Concello e AGADER) e máis un centro de interpretación do sector tradicional do curtido, que foi un dos grandes piares económicos do territorio.

Segundo confirmou o Concello, está previsto que as obras comecen logo

do verán. O alcalde, Santiago Freire, anunciou que o seguinte paso é que a Dirección Xeral de Patrimonio dea luz verde definitiva ao proxecto de transformación, que será co-financiado polas consellerías de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e Política Social e Xuventude e o Concello.

Como dixemos, o centro de interpretación porá o foco na industria do curtido, e levará parello un fondo traballo de restauración e recuperación, non só da estrutura mesma do inmóbel, senón tamén da realidade histórica dun sector que foi clave na comarca durante os pasados séculos

(dende comezos do século XVIII até ben entrado o século XX).

O proxecto do recuperación tamén inclúe a mellora e acondicionamento dos predios lindeiros, que se converterán en área de lecer.

O Concello salientou que unha das grandes vantaxes deste plan para converter a antiga fábrica de curtidos en centro de día e punto turístico é a súa proximidade do centro urbano, xa que está só a algo máis de medio quilómetro do mesmo, ocupando, por outra banda, unha paraxe de gran beleza natural e paisaxística, na parroquia de Obre. A factoría foi un dos grandes referentes da industria galega do coiro, até o seu abandono no século XX e a súa posterior adquisición por parte do Concello en 2010.

Recta final das obras de mellora da seguridade na ponte Ceilán

As obras de mellora da seguridade viaria na Ponte Ceilán, na AC-550 ao seu paso polos concellos de Noia e Outes, están a piques de rematar. O alcalde de Noia, Santiago Freire, sinalou este pasado 24 de marzo que “nestes días estanse a instalar as novas luminarias LED na beira noiesa, polo que agardamos que nos próximos días poidan entrar en servizo e dar así resposta a unha demanda da veciñanza, que verá incrementada de forma moi significativa a seguridade viaria na zona”.

Esta mellora da seguridade viaria na ponte sobre o Tambre unirase “ás xa realizadas coa instalación das luminarias na glorieta de Orro, que dá acceso á variante de Noia e á Autovía Santiago-Noia”, apuntou Santiago Freire, engadindo que estas obras están a ser executadas pola Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, que inviste case 446.000 euros, e que despois serán recibidas polos

Concellos de Noia e Outes, entidades que se encargarán do seu posterior mantemento.

Ademais da optimización da eficiencia enerxética da ponte mediante

o cambio do alumeado previo por un novo con tecnoloxía LED, os traballos incluíron tamén a substitución das varandas de ambas as dúas marxes da ponte, que se atopaban deterioradas.

Os labores iniciáronse coa retirada dos restos de musgo e plantas existentes nos bordos exteriores do taboleiro mediante auga a presión. Despois retiráronse as varandas e aplicouse morteiro para tapar os ocos e aplicarlle un tratamento de impermeabilización previos á instalación de novas varandas de aceiro galvanizado: máis de 1.100 metros de varanda renovada para cubrir os 535 metros do viaduto en tramos de 6 metros, que chegaron prefabricados e pintados do taller para así facilitar a súa instalación.

O alcalde noiés agradeceu “a paciencia dos veciños e veciñas, sobre todo polos cortes de tráfico precisos para o desenvolvemento dos traballos nestes últimos meses”. Porén, amosouse convencido de que esta actuación “permitirá aos viandantes transitar pola Ponte Ceilán con moita máis seguridade ao tempo que contribuirá a embelecer a contorna”.

10 Marzo - Abril 23 O Barbanza
O Concello de Noia converterá o histórico complexo industrial en centro de día, albergue e centro de interpretación
 O centro de interpretación porá o foco na industria do curtido, e levará parello un fondo traballo de restauración e recuperación.
ACTUALIDADE  Noia

Plan Único: balance de investimentos

A Deputación da Coruña

traballos directos polo que só co Plan Único, a Deputación axudou a manter ou crear máis de 6.000 de empregos nos últimos anos sector da construción, ao que cómpre engadir os 3.000 empregos creados co PEL, os máis de 50 millóns investidos en obras da rede de estradas e o investimento na área cultural ou social".

ADeputación da Coruña leva investidos máis de 578 millóns de euros nos concellos e financiou un total de 3.276 obras nos concellos da provincia a través do Plan Único desde a súa creación no ano 2017.

Os datos foron dados a coñecer polo presidente Valentín González Formoso e o vicepresidente Xosé Regueira, durante o seu balance do conseguido estes anos co POS+. "O Plan Único da Deputación da Coruña é o maior plan de cooperación municipal de Galicia e un dos máis importantes de España", afirmou Formoso que destacou que neste tempo consolidouse como “unha ferramenta indispensábel para financiar obras e servizos públicos co obxectivo de mellorar a vida da cidadanía”. Formoso explicou que o investimento do Plan Único abrangueu os 93 concellos coruñeses e que esta contía é “unha cifra histórica, a través dun sistema de reparto de fondos xusto e transparente, que ademais outorga aos concellos a capacidade de decidir en que investir os fondos que se lles achegan”.

González Formoso apuntou que “cando chegamos ao goberno, o investimento do Plan de Obras e Servizos da Deputación era de 25 millóns ao ano, agora co Plan Único está entre 85 e 100 millóns de euros anuais, isto supón que os concellos reciben ata catro veces máis fondos da De-

putación para financiar as súas obras e servizos", explicou o presidente provincial, poñendo o foco en exemplos como Laracha, que pasou de recibir 563.975 euros aos 1,5 millóns actuais; Narón que pasou de 900.000 euros anuais co POS anterior aos 2,2 millóns do Plan Único ou Arteixo que pasou de 880.000 euros a preto de 2 millóns anuais co POS+.

Formoso incidiu tamén na importancia que ten o Plan para a creación de emprego. Lembrou que "por cada millón de euros de investimento en obra pública créanse 18 postos de

PLAN ÚNICO 2023 COMARCA BARBANZA

O presidente destacou tamén a contribución do Plan ao saneamento das economías municipais "especialmente durante os primeiros catro anos", e “a axuda que supón para que as administracións locais poidan soster servizos públicos básicos como a iluminación pública, a recollida de lixo ou a limpeza viaria ou servizos sociais”. Segundo dixo, o Fondo Social do Plan Único naceu coas necesidades da pandemia e nestes tres anos “permitiu financiar con 28 millóns de euros políticas sociais nos concellos que benefician ás persoas máis vulnerábeis, axudan á conciliación ou apoian ás familias que máis o necesitan".

 Desde a creación do Plan Único, a Deputación destinou 345.897.327 euros a financiar obras, un total de 3.276 actuacións repartidas nos 93 concellos.

Pola súa banda, o vicepresidente Xosé Regueira salientou a incorporación de 42 millóns de euros máis ao Plan Único 2023 (a través do pleno do mes de marzo), unha incorporación que sitúa o Plan no horizonte dos 90 millóns, “deixando para a corporación vindeira moitas facilidades para xestionar unha cantidade importante de recursos”, asegurou. Xosé Regueira lembrou que "estamos falando dun instrumento de planificación rápido, eficaz, claro e transparente" e que “practicamente toda a obra pública municipal da provincia ten detrás á Deputación a través do Plan Único”. O vicepresidente tamén aproveitou este balance para facer fincapé en que "falamos de máis de 3.000 contratos, o que significa moitísimos postos de traballo que grazas á Deputación se manteñen nas pequenas e medianas empresas, porque podemos dicir case con seguridade que o 99% das obras están sendo executadas por empresas da provincia."

Por último, Xosé Regueira cualificou o Plan Único como “un dos instrumentos de achegas económicas máis potentes non só de Galiza senón do Estado”. E engadiu: “A min gustaríame recordar que a Xunta, con máis de 11.400 millóns de orzamento, a través do Plan de Contratación, achega aos concellos pouco máis de 130 millóns de euros, mentres que desde a Deputación da Coruña, con 200 millóns escasos de orzamento, achegámoslle aos concellos ao redor de 100 millóns de euros”.

Desde a creación do Plan Único, a Deputación destinou 345.897.327 euros a financiar obras, un total de 3.276 actuacións repartidas nos 93 concellos. Construción de parques infantís, obras de humanización de rúas e espazos públicos, melloras de centros educativos e deportivos municipais, creación de xardíns e zonas verdes, obras de pavimentación, saneamento e abastecemento de auga en núcleos rurais ou novos sistemas de alumeado público son algunhas das obras financiadas a día de hoxe polo POS en todo o territorio provincial.

A Deputación da Coruña puxo á disposición da cidadanía toda a información sobre o Plan Único cunha nova páxina web (https://plan-unico.dacoruna.gal/) que xa está en funcionamento. Esta conta cun mapa interactivo para consultar os investimentos realizados en cada un dos 93 municipios da provincia.

11 Marzo - Abril 23 O Barbanza CONCELLO POS+ 2023 TOTAL POS+ 2017 - 2023 Núm. actuacións 2017-2022 Boiro 726.349,41 9.119.318,64 50 Carnota 347.262,22 4.155.359,08 33 Lousame 386.192,98 4.817.567,10 32 Mazaricos 588.401,13 8.037.270,97 26 Muros 468.504,18 5.897.110,25 33 Noia 480.974,03 6.213.368,05 22 Outes 505.948,55 6.055.422,05 58 Pobra do Caramiñal (A) 351.939,60 4.532.162,11 28 Porto do Son 517.584,02 6.598.050,49 47 Rianxo 446.454,67 5.846.991,39 33 Ribeira 1.434.038,40 12.147.138,93 89 TOTAL 6.253.649,19 € 73.419.759,06 € 451
PLAN ÚNICO
leva investidos máis 578 millóns de euros e financiadas 3.276 obras nos concellos

Boroa, o grupo de Ribeira, saca novo álbum O´ Clásico Fol

Ogrupo de Ribeira Boroa, vén de sacar novo traballo, O´ Clásico Fol, liderado por Sabela Olivares na gaita, piano, pandeireta e voz acompañada por Suso Bello á guitarra e voz e Alberto Millán ao baixo.

A banda, que tamén forma parte da Companhia do Ruído, trae desta volta un proxecto que ten como eixo central á gaita adaptada ás novas tecnoloxías destes tempos que corren.

Boroa crea un mundo sonoro coa gaita como protagonista alén de fronteiras para achegarnos harmonías de diferentes xéneros musicais pasados polo filtro acústico: folk tradicional galego, swing, jazz manouche, ragtime.

Nesta viaxe con Boroa experimentaremos coa música contemporánea, o cinema, ou a potencia sonora e a velocidade da música bretona e irlandesa.

Segundo informan dende a formación ribeirense, ao escoitar

O` Clásico Fol atopa-

Os empresarios de Ribeira activan unha campaña de Pascua

AAsociación de Empresarios de Ribeira presentou unha nova campaña para esta vindeira Semana Santa, co obxectivo de dinamizar as compras esta tempada a nivel local. Trátase da campaña Pascua no Comercio Local, que inclúe un sorteo de vales de compra por valor de 150 euros, dispoñíbeis para todas aquelas persoas que adquiran produtos e servizos nos establecementos de proximidade. A campaña que conta co apoio do Concello de Ribeira e da Xunta, desenvolverase dende o 27 de marzo até o 10 de abril. Quen precise máis información pode obtela na páxina web da Asociación de Empresarios de Ribeira.

rémonos co folk máis galego e coa formación clásica da autora, que unha vez levada ao directo convértese nun espectáculo que combina pezas para o baile e un potente fin de festa cunha escolma da música contemporánea galega.

OConcello de Dodro está a realizar, coa axuda das veciñas e veciños, unha actividade de pintura mural sobre os paneis das caixas de correo que se atopan en desuso nos núcleos do termo municipal e que, por este abandono e pola muda de hábitos en relación á comunicación, afean as aldeas co seu proceso de deterioro e esquecemento. A actividade de dinamización cidadá e participación creativa comezou en Manselle e desenvolverase entre o 24 de marzo e o 15 de abril. Máis información (e inscricións) no teléfono 981 802 472. O obxectivo do programa, amais do devandito, é realizar un labor conxunto de recuperación e restauración dos paneis,

seguido dunha intervención artística e pictórica sobre os mesmos, inspirada nunha pescuda sobre a vida veciñal “que sexa unha homenaxe á historia das aldeas e as súas xentes”, informou o Concello, poñendo o foco na importancia de

poñer en valor estes obxectos comunitarios “cargados de simbolismo, atravesados polo tempo e testemuñas dun pasado común, dunha rede de mensaxes e historias persoas entrelazadas que configuran, tamén, a historia do concello”.

Preséntase en Lousame a nova web turística dos concellos da ría de Muros e Noia

Aría de Muros Noia conta dende este mes de marzo cunha renovada e ampliada páxina web, destinada a facilitar o contacto permanente dos internautas, estean onde estean, coa totalidade do sector turístico da comarca e cos seus múltiples tesouros naturais, paisaxísticos e culturais. O sitio www.riademurosnoia. com foi dado a coñecer este venres por Teresa Villaverde, presidenta da ARD Ría de Muros Noia e alcaldesa de Lousame.

Teresa Villaverde fixo fincapé na funcionalidade da nova web, que será unha canle de referen-

cia dos concellos que integran a ría (Lousame, Muros, Noia, Outes e Porto do Son) e das súas empresas e entidades turísticas coa comunidade de viaxeiros do

mundo. Tamén puxo o foco na intranet da web, que permitirá ofrecer aos turistas “unha información actualizada e atractiva sobre este destino turístico” e “a propia información

dos establecementos hostaleiros, de restauración e de turismo asociados”.

“Poremos en marcha listas de distribución de WhatsApp, correos electróincos e a propia intranet da web para que a comunicación cos distintos actores turísticos da nosa contorna sexa o máis fluída posíbel”, asegurou Teresa Villaverde, quen aproveitou tamén para agradecer o traballo realizado polas empresas que desenvolveron o sitio e polas numerosas persoas que colaboraron na recollida dun gran volume de información e contidos para a páxina.

12 Marzo - Abril 23 O Barbanza
Os paneis das caixas de correo de Dodro serán obxecto de intervencións artísticas
 ACTUALIDADE  Novas da comarca

3 de marzo.

Día das Tres Grazas de Xesús Nazareno.

20:00 h.: Misa solemne na honra de Xesús Nazareno.

25 de marzo. Imposición de medallas

19:00 h.: Misa solemne.

29, 30 e 31 de marzo.

Triduo na honra de Nosa Señora dos Dolores

20:00 h.: Misa.

29, 30 de marzo

31 de marzo

20:00 h.: Misa solemne. Ao rematar a misa, Procesión.

2 de abril. Domingo de Ramos

11:30 h.: Procesión de Ramos dende a Igrexa Parroquial ata a Capela de Nosa Señora da Guadalupe, bendición dos ramos, e volta á Igrexa para celebrar a Santa Misa.

5 de abril. Mércores Santo

20:00h.: Acto de ánimas e confesións.

21:00 h.: Vía Crucis penitencial polas rúas de Rianxo.

6 de abril. Xoves Santo

20:00 h.: Santa Misa da Cea do Señor.

21:30 h.: Procesión. Ao rematar a procesión. Hora Santa.

7 de abril. Venres Santo

10:00 h.: Anuncio do Santo Encontro polas rúas de Rianxo, a cargo da Banda de tambores da Irmandade da Paixón de Cristo.

11:00 h.: Santo Encontro.

19:00 h.: Santos Oficios. Adoración da Cruz.

20:30 h.: Desencravo.

22:00 h.: Procesión do Santo Enterro. 9 de abril. Domingo de Resurreción

8 de abril. Sábado Santo

21:00 h.: Vixilia Pascual. En caso de choiva, os actos serán dentro da igrexa.

12:00 h.: Misa de Resurreción.

2023

Barbanza, destino de Semana Santa

En Ribeira

OConsistorio de Ribeira acolleu estes días presentación de actos de Semana Santa, unha axenda organizada pola Unidade Pastoral de Ribeira que este ano vén con varias novidades, en parte derivadas de encomendar nunha mesma persoa as parroquias de Santa Uxía, Corrubedo, Olveira e Artes, e tamén, segundo se fixo saber na presentación, “porque a xuventude vai ter unha presenza específica no calendario de actividades”. O acto contou coa participación do párroco Alfonso Mera, o diácono Mateo Aguado; Puri Cores e Carmen Pena en representación das Asociacións Amas de Casa e Alfaia; e María Sampedro como concelleira de Cultura e tenente de alcalde.

Alfonso Mera debullou as distintas citas tradicionais, como por exemplo o Domingo de Ramos, a celebración da Santa Cea no Xoves Santo para dar paso a continuación á Procesión do Paso ás 21 horas. No Venres Santo haberá o sermón do encontro no adro da Igrexa (11.30 horas), o Desencravo (19 horas) e a procesión do Santo Enterro (21 horas). O Sábado Santo

En Noia

OConcello de Noia e as entidades relixiosas locais (San Martiño, As Dores, A Terceira Orde dos Franciscanos, O Nazareno e O Resucitado) achegaron tamén o programa de actividades da vindeira Semana Santa na vila noiesa, que, segundo fixeron saber, “medra cada ano ano e converte a nosa vila nun destino cada vez máis atractivo dende o punto de vista relixioso e cultural”. A axenda inclúe 8 procesións, que arrancarán o venres

 A axenda está organizada pola Unidade Pastoral de Ribeira que este ano vai encomendar nunha mesma persoa as parroquias de Santa Uxía, Corrubedo, Olveira e Artes.

Carmen Pena informou de que na Procesión do Paso contarase cuns oitenta participantes, entre confrades, costaleiros, etc. e que quen se desexe sumar pode poñerse en contacto coa Asociación Alfaia ou coa propia parroquia. Puri Cores mostrou a disposición da asociación que preside a seguir axudando a dar máis auxe en Semana Santa.

celebrarase a vixilia pascual e para finalizar terá lugar o Domingo de Resurrección con misas solemnes nas distintas parroquias.

Máis aló destes actos, Mateo Aguado aludiu a outros momentos pensados para a mocidade, como a Hora Santa Xoven do Xoves Santo ás 23

31 coa procesión da Virxe das Dores e rematarán o domingo 9 de abril, coa procesión do Cristo Resucitado. No acto de presen-

tación fíxose entrega entregou do premio á gañadora da fotografía do cartel de actos da Semana Santa, que recaeu

horas ou un Via Crucis previsto para o Venres Santos ás 10.30 horas, saíndo dende o faro de Corrubedo e rematando na igrexa de San Xián de Artes tras pasar tamén pola igrexa vella de Olveira. Outro punto central será a celebración da vixilia pascual na noite do sábado en Ribeira.

en Uxía Gandarela. Os representantes do Concello agradeceron ás catro confrarías “o seu enorme traballo e dedicación”.

Pechou a presentación María Sampedro, quen destacou a dimensión cultural e de encontro social que ten a Semana Santa con independencia do seu carácter relixioso, e tamén tivo palabras para a forza da imaxe do cartel e en particular ás mans que se ven na fotografía de Lesmes, pertencentes a unha persoa que “botaremos de menos”: as mans de Leliña.

Programación

- 31 de marzo. Venres de Dores.

• 20.00 horas. Misa solemne á Virxe dos Dolores. Procesión.

- 2 de abril. Domingo de Ramos.

• 12.00 Bendición dos ramos no Cantón e procesión da Borriquita.

• 17.45 Procesión do Ecce Homo. Saída de San Franscisco. Pregón en San Martiño e regreso.

- 5 de abril. Mércores Santo.

• 21.30 horas. Via Crucis e procesión do Cristo da Misericordia.

- 6 de abril. Xoves Santo.

• 20.00 horas. Celebración da Cea do Señor (con lavatorio de pés). Procesión das Carracas.

- 7 de abril. Venres Santo.

• 10.30 horas. Santo Encontro no Curro. Procesión.

• 20.00 horas. Celebración da Paixón. Desencravo e procesión do Santo Enterro.

- 8 de abril. Sábado Santo.

• 22.00 Vixilia Pascual (San Martiño e San Francisco).

- 9 de abril. Domingo de Pascua.

• 11.00 Procesión do Resucitado (saída da Capela San Bernardo até San Martiño).

14 Marzo - Abril 23
O Barbanza  AXENDA DE SEMANA SANTA  Ribeira  Noia

Na Pobra

OeA Semana Santa da Pobra será un referente das celebracións galegas, non só polo compoñente relixioso (cos programas de actividades de Santiago da Pobra do Deán e Santa María A Antiga), senón tamén pola vertente turística e cultural impulsada polo Concello, cunha axenda que inclúe actividades centradas no patrimonio e a paisaxe. Esta axenda vén cunha feira nos Xardíns ValleInclán, un obradoiro de marisqueo nos Areos (o 5 de abril), unha andaina polo Camiño de Santiago do Barbanza (o Xoves Santo), unha ruta no río das Pedras (o Venres Santo) e visitas guiadas polo patrimonio local (o Sábado de Pascua).

Na parroquia de Santiago da Pobra do Deán, os actos comezan o Domingo de Ramos (2 de abril) coa Bendición dos Ramos e a misa en Santa Cruz (ás 10), coa Bendición de Ramos no adro do Castelo (ás 11.30 horas), coa misa ás 11.45 horas e coa procesión de Ramos (A Borriquita, acom-

pañada do grupo Xiada da Pobra) ás 12.30 horas. Ás 13.00 será a misa á recollida da procesión é ás 20.30 está prevista outra misa no Castelo.

A axenda do Mércores Santo comezará coas confesións ás 18.00 horas e coa misa da Cofradía do Santo Enterro e da Nosa Señora da Soledad, ás 20.30 horas.

O Xoves Santo comezará coas confesións ás 10.00 horas e proseguirá pola tarde (ás 19h) coa misa vespertina da Cea do Señor e a Procesión

Semana Santa

DENDE 31 DE MARZO

DEICA 10 DE ABRIL

A NOSA FEIRA nos Xardíns de Valle-Inclán

MÉRCORES | 5 DE ABRIL

Obradoiro de marisqueo de a pé na praia dos Areos

Punto de encontro: ás 12:45 h na Casa Mariñeira

12 € *Menores de 10 anos de balde

XOVES

SANTO | 6 DE ABRIL

Ruta xacobea guiada: A Orixe [Tramo da Pobra do Caramiñal]

8 km - dificultade baixa

Punto de encontro: ás 9:00 h no aparcadoiro situado diante da praza de abastos

9 €

Castelo), ás 11 (en Santa Cruz), ás 12 (no Castelo: Pascua Infantil) e ás 20.30 (no Castelo).

A axenda de Santa María a Antiga comeza o 31 de marzo (Venres de Dolores), cunha misa solemne ás 20 e a procesión ás 21. O Sábado de Paixón (1 de abril) vén cunha misa (ás 19.30) e o pregón da Semana Santa a cargo de Francisco José Prieto Fernández, bispo auxiliar de Santiago (ás 20.30 horas).

do Bico de Xudas e A Sentencia, acompañada da Banda Municipal de Vilanova. Ás 23h será a Hora Santa.

O Venres Santo están previstos ás 18h os Oficios da Paixón do Señor. Ás 19.30 horas será o Sermón do Desencravo e, logo, a Procesión do Santo Enterro (coa Banda de Música de Valga). O programa do Sábado Santo inclúe a Procesión da Soledad (ás 21.30h) e a Solemne Vixilia Pascual (ás 22.30h). O Domingo de Resurrección haberá misas ás 10h (no

O Domingo de Ramos (2 de abril) haberá bendición de ramos, procesión e celebración da eucaristía, ás 11.30 horas no Cantón da Leña. O Mércores Santo celebrarase o Vía Crucis ás 22 (con saída da capela do Cemiterio).

O Xoves Santo están previstos os oficios ás 18, a procesión ás 19 e a celebración da Hora Santa ás 23. O Venres Santo comezará co Sermón e a Procesión do Encontro (ás 11.00 na praza de García Martí) e seguirá cos Oficios da Paixón do Señor (ás 18.30) e a Procesión dos Caladiños (ás 23h).

O Sábado Santo inclúe a Santa Vixilia Pascual das 22h e o Domingo de Resurrección a misa das 11.30h e a Procesión do Resucitado ás 12.30.

P R O GRA M A C I ÓN A Pobra do Caramiñal

+ info: APOBRA.GAL

VENRES SANTO | 7 DE ABRIL

Ruta turística guiada polo río das Pedras

3 km – dificultade media

Punto de encontro: ás 10:00 h no aparcadoiro diante da praza de abastos Recomendada para maiores de 12 anos

9 €

SÁBADO DE PASCUA | 8 DE ABRIL

Ruta guiada polo centro histórico da Pobra do Caramiñal

Duración: 1 h e 30 min – dificultade baixa

Punto de encontro: ás 11:00 h da Casa Mariñeira

Recomendada para maiores de 12 anos

3 €

SÁBADO DE PASCUA | 8 DE ABRIL

Visita guiada á capela da Alba da igrexa de Santiago do Deán

Punto de encontro: ás 16:45 h na Casa Mariñeira Recomendada para maiores de 12 anos

3 €

Actos litúrxicos nas parroquias de Santa María a Antiga do Caramiñal e de Santiago do Deán

Información e inscricións previas necesarias na oficina do turismo da Pobra do Caramiñal, na Casa Mariñeira (parque do Castelo)

turismo@apobra.gal

671 090 262 - 687 482 835 - 981 843 280, ext. 2035

En Boiro

OConcello de Boiro avanzounos algúns detalles relevantes da axenda de actividades desta Semana Santa no termo municipal. A información sobre o programa, organizado pola Irmandade do Cristo da Misericordia en colaboración coa Administración local, foi dada a coñecer pola concelleira de Cultura, María Outeiral, a irmá maior da entidade relixiosa boirense, María José Figueroa, e o párroco de Boiro, Julio Cárdenas.

Os actos comezaron este sábado 25 de marzo, Sábado de Lázaro, co pregón e prolónganse ata o Domingo de Pascua, o 9 de abril. “Retomamos a costume do pregón, que terá cea de confraternidade, e haberá actividades durante todos os festexos”, afirmou a irmá maior, María José Figueroa.

O párroco de Santa Eulalia de Boiro, Julio Cárdenas, agradeceu o traballo que hai detrás da organización dos

 A concelleira de Cultura, María Outeiral, reiterou o apoio do Concello á directiva en organizar os actos da Semana Santa “un momento que supón unha dinamización do noso municipio, tanto para o turismo como o comercio”

actos “que recuperan todos os detalles de antes da pandemia para recuperar as costumes da parroquia”.

A concelleira de Cultura, María Outeiral, reiterou o apoio do Concello á directiva no seu traballo en organizar os actos da Semana Santa “un momento que supón unha dinamización do noso municipio, tanto para o turismo como o comercio”.

En Rianxo

Programación

- Sábado 25 de marzo - sábado de Lázaro

• 20.30 horas. Lectura do pregón por Miguel de la Mata, padre Franciscano, e imposición de medallas aos novos cofrades.

- Triduo na honra da Virxe das Dores

• Días 29 e 30 de marzo ás 20.00 horas, Triduo da Virxe das Dores.

• O 31 de marzo ás 20.30 horas, festividade das Dores con misa e procesión.

- Domingo 2 de abril - Domingo de Ramos

• 11.00h. Bendición de ramos no cruceiro de Bao con procesión e misa solemne.

- Xoves 6 de abril - Sábado Santo

• 20.30 horas. Misa da Cena de Cristo. Lavatorio, Hora Santa e sobre as 21.30 horas procesión do Ecce Homo, Virxe da Amargura e Soledad.

- Venres 7 de abril - Venres Santo

• Ás 19.30 horas, celebración da Paixón de Cristo e Desencravo

• Ás 21.00 horas, procesión do Santo Enterro.

- Sábado 8 de abril - Sábado Santo

• 21.00 horas, solemne vixilia pascual

- Domingo 9 de abril - Domingo de Pascua de Resurrección

• 11.30 horas, misa solemne de pascua

• 20.00 horas, santa misa

OConcello de Rianxo compartiu a axenda de actos de Semana Santa organizados pola Irmandade da Paixón de Cristo de Rianxo. O programa deu comezo este 3 de marzo, cunha misa solemne na honra de Xesús Nazareno. Proseguiron o día 25, con outra misa solemne (19.00 horas) e coa imposición de medallas encadrada no programa da Irmandade da Paixón de Cristo. Ademais, os días 29, 30 e 31 celebrarase o triduo na honra da Nosa Señora dos Dolores (con misa os días 29 e 30, ás 20.00 horas, e misa solemne o día 31, ás 20.00 horas con procesión ao rematar o oficio).

Xa en abril, o día 2 (Domingo de Ramos) celebrarase ás 11.30 horas a tradicional Procesión de Ramos dende a Igrexa Parroquial até a Capela da Nosa Señora da Guadalupe, onde serán bendicidos os ramos para regresaren logo os fregueses á igrexa parroquial e oficiarse a Santa Misa.

O 5 de abril (Mércores Santo) haberá dous grandes actos relixiosos: ás 20.00 horas o acto de ánimas e confesións e ás 21.00 horas o via crucis penitencial polas rúas de Rianxo.

No 6 de abril (Xoves Santo) celebrase a Santa Misa da Cea do Señor ás 20.00 horas e ás 21.30 horas a procesión e, ao rematar o percorrido, a celebración da Hora Santa.

As actividades do Venres Santo (7 de abril) arrincarán ás 10.00 horas co Anuncio do Santo Encontro polas rúas de Rianxo, a cargo da Banda de Tambores da Irmandade

da Paixón de Cristo. Ás 11 horas celebrarase o Santo Encontro, ás 19h os Santos Oficios (Adoración da Cruz), ás 20.30 a cerimonia do Desencravo e ás 22h a Procesión do Santo Enterro.

O 8 de abril, Sábado Santo, inclúe ás 21.00 horas a cerimonia da Vixilia Pascual.

A axenda rematará o Domingo de Resurrección, 9 de abril, cunha Misa de Resurrección ás 12.00 horas.

Segundo informou a Irmandade, en caso de choiva os actos desenvolverase no interior da Igrexa Parroquial de Rianxo.

O programa vén da man da Irmandade da Paixón de Cristo de Rianxo en colaboración co Concello.

17 Marzo - Abril 23 O Barbanza
Boiro  Rianxo
 AXENDA DE SEMANA SANTA 

Son  Outes  Lousame

Campamento de Semana Santa en Outes e actuación de Aires de Broña

OConcello de Outes organizará durante a Semana Santa unha actividade para facilitar a conciliación laboral e familiar das familias. Trátase do Campamento Tempo de Pascua 2023, para nenas e nenos de idades comprendidas entre os 3 (escolarizados) e os 12 anos. Quen precise máis información sobre esta iniciativa pode consultala na web do Concello. Trátase dunha iniciativa do

Centro de Información á Muller (CIM. O campamento enmarcase no programa Outes Concilia e levarase a cabo os días 3, 4, 5 e 10 de abril, en horario de 8:00 a 16:00 h, no edificio autónomo do CEIP Plurilingüe de Outes. As familias poderán “facer uso do servizo en función das súas necesidades, permitíndose as entradas e as saídas flexíbeis”. As nenas e nenos terán opción de almorzar e xantar

Lousame Concilia

Oservizo municipal Lousame Concilia tamén estará operativo nestas vacacións.

Ofrécense 20 prazas na convocatoria (4

no servizo, sendo as familias as encargadas de aportar os alimentos en termos e neveiras. As prazas serán limitadas. O prezo público establecido na ordenanza reguladora corresponde e ascende a 15 € o total do campamento. Tamén nas actividades de Semana Santa celebrarase a actuación do grupo Aires de Broña, será no Centro Social da vila, o domingo 9 de abril a partir das 18 horas.

A Semana Santa de Porto do Son recupera todas as súas actividades relixiosas tradicionais

días: 3, 4, 5 e 10 de abril). Lousame Concilia é un servizo de canguraxe para nenos e nenas de 3 a 12 anos que se celebra durante os

días laborábeis dos períodos de vacacións escolares, en horario de 9:30 a 14:30 horas, nas instalacións do CPI Cernadas de Castro.

Medio Ambiente ofrece 35 rutas para coñecer Cíes e Ons en Semana Santa

AXunta, a través da Consellería de Medio Ambiente anunciou a oferta turística desta Semana Santa en relación co arquipélago das Illas Atlánticas. En concreto, a Consellería anunciou que serán habilitadas 650 prazas para coñecer as Ciés e Ons, a través de 35 rutas guiadas e

de carácter gratuíto. Para participar, as persoas interesadas poden reservar xa a súa praza en liña a través da central de reservas do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas ou agardar ao propio día da súa visita para facelo de forma presencial nas casetas de información instaladas nas illas.

ACapela da Atalaia acolleu este sábado 25 de marzo a presentación oficial dos actos da Semana Santa de Porto do Son. Contouse coa presenza do alcalde Luis Oujo, dos concelleiros de Cultura e Turismo, Juan Pouso Avilés e José Manuel Deán Pouso; do bispo auxiliar de Santiago, monseñor Francisco José Prieto Fernández; dos párrocos locais, José Ramón Jorge Mosquera e Antonio Vila Brión; e do irmán maior da Confraría da Paixón do Noso Señor, Juan Pérez Pouso. O pregón da presentación veu da man de monseñor Francisco José Prieto Fernández.

Na cita Juan Pérez Pouso explicou que “tralo pasado ano de transición, no presente recuperaremos todos as celebracións como de costume, iniciándoo

Programación

coa procesión do Venres de Dores”. Tamén botou luz sobre a principal novidade da axenda: a presenza, na procesión do Ecce Homo do Xoves Santo, da cohorte de romanos da Irmandade do Cristo da Misericordia, de Boiro. Polo que respecta ao alcalde, Luis Oujo, quixo lembrarse dunha persoa fundamental nos actos litúrxicos da Pascua local: o párroco José Santos Montemuíño. Tamén tivo unha mención especial para todos aqueles que colaboran coa Confraría da Paixón para “que a Semana Santa local siga adiante”. O párroco José Ramón Jorge Mosquera fixo unha breve presentación do pregoeiro deste ano, o bispo auxiliar de Santiago de Compostela, monseñor Francisco José Prieto Fernández, quen realizou un emocionante pregón aplaudido polos presentes.

- Venres 31 de marzo (Venres de Dolores)

• Ás 20.00 horas. Na igrexa parroquial, misa na honra da Virxe e en memoria dos cofrades falecidos e posterior procesión.

- Domingo 2 de abril (Domingo de Ramos)

• 10.30. Reunión na praza de España, onde se bendicirán os ramos.

• 11.00. Procesión da Borriquita, dende a praza de España e posterior misa na igrexa parroquial.

- Martes 4 de abril (Martes Santo)

• 22.00. Procesión do Via Crucis, dende a Capela da Atalia.

- Xoves 6 de abril (Xoves Santo).

• 18.00. Na igrexa parroquial, misa e posterior procesión do Ecce Homo.

- Ventres 7 de abril (Venres Santo)

• 11.00. Na praza de España, representación do Santo Encontro (se chove na igrexa parroquial).

• 18.00. Na igrexa parroquial, liturxia, Desencravo e posterior procesión do Santo Enterro.

• 23.00. Proceso da Soledad, dende a Capela da Atalaia.

- Domingo 9 de abril (Domingo de Resurrección)

• 11.00. Dende a Capela da Atalaia, procesión de Xesús Glorioso, Encontro de Resurrección na praza de España e posterior misa na igrexa parroquial.

18 Marzo - Abril 23
O Barbanza  AXENDA DE SEMANA SANTA  Porto do

NOIA 2023

31 DE MARZO - VENRES DE DORES

20:00 Misa Solemne á Virxe dos Dolores.

PROCESIÓN

2 DE ABRIL - DOMINGO DE RAMOS

12:00 Bendición de Ramos no Cantón e PROCESIÓN DA BORRIQUITA

17:45 PROCESIÓN DO ECCE HOMO (Saída de San Francisco) Pregón en San Martín e regreso

5 DE ABRIL - MÉRCORES SANTO

21:30 VÍA CRUCIS e PROCESIÓN DO CRISTO DA MISERICORDIA

6 DE ABRIL - XOVES SANTO

20:00 Celebración da Cea do Señor con lavatorio dos pés.

PROCESIÓN DAS CARRACAS

7 DE ABRIL - VENRES SANTO

10:30 Santo Encontro no Curro. PROCESIÓN

20:00 Celebración da Paixón. DESENCRAVO

PROCESIÓN DO SANTO ENTERRO

8 DE ABRIL - SÁBADO SANTO

22:00 VIXILIA PASCUAL (San Martín e San Francisco)

9 DE ABRIL - DOMINGO DE PASCUA

11:00 PROCESIÓN DO RESUCITADO

(Saída da Capela de San Bernardo ata San Martín)

 NOVAS DE RIBEIRA

O

río Pedrín recupera o seu esplendor

Ribeira estrea unha nova senda turístico-fluvial próxima ao centro urbano

Oconcello de Ribeira, no marco da EDUSI “Máis Ribeira Atlántica”, vén de rematar os traballos de creación, limpeza e acondicionamento dunha nova senda turístico-fluvial na contorna do río Pedrín. O obxectivo principal desta actuación é a recuperación ambiental dunha zona que conta cunha gran riqueza natural, medio ambiental e cultural e a súa posta en valor para veciños e visitantes. A contorna do río Pedrín é unha localización

Oconcello de Ribeira dou comezo os traballos dirixidos á mellora no parque de Abesadas: unha intervención destinada a renovar o pavimento e substituir o actual, de zahorra e bastante deteriorado por causa das chuvias, por unha superficie máis duradeira.

O obxecto é empregar como material formigón pulido de cor area, o que permitirá soporta mellor o tránsito de persoas nunha zona con moita actividade comercial.

Esta intervención foi adxudicada a Construcciones Anspal e supón un investimento de 25.582,96 euros.

Osalón de plenos do Consistorio de Ribeira acolleu o pasado 23 de marzo a presentación de Poemarios, libro póstumo que aglutina máis de 150 composicións de Agustín Fernández Oujo, nacido en 1906 en Padín e falecido en 1978 en Avilés. O acto, que se fixo coincidir co 117º aniversario da concesión do título de Cidade a Santa Uxía de Ribeira polo Rei Alfonso XIII, contou coa participación do alcalde, Manuel Ruiz, e do fillo do escritor, carpinteiro e artesán ribeirense, Agustín Fernández Martínez, quen explicou que este volume funde dous títulos: Poemario de reflexiones y consideraciones cristianas e Poemario de inspiraciones, pensamientos y versos Fernández Martínez tivo palabras de agradecemento á familia de García Neira, ao alcalde do Concello, Manuel Ruiz pola publicación do libro, a Pastor Rodríguez pola edición do mesmo e a Miguel Ángel Vidal, director do Museo Municipal, pola montaxe da exposición do Santa Isabel, que recolle correspondencia

fluvial de grande importancia para Ribeira pola súa proximidade ao casco urbano da localidade. O seu percorrido comeza no monte Castro e discorre cara ao parque periurbano de San Roque, no que se sitúa un antigo lavadoiro e o curso de auga descende ata o centro urbano de Ribeira, por onde vai xa canalizado e soterrado. Dende o Concello levouse a cabo unha diagnose ambiental da zona e con estes traballos, optimízase tamén a calidade ambiental das marxes do regato e presérvase o antigo lavadoiro, actualmente rehabilitado e un refuxio para varias especies de anfibios. Estes

pequenos espazos húmidos xogan un papel crucial na conservación local dos anfibios, cuxas poboacións están en claro declive a nivel global debido á presión que a actividade humana exerce sobre os seus hábitats. As actuacións centráronse principalmente en dous ámbitos: a recuperación ambiental do río Pedrín e a creación dunha senda turístico-fluvial. Realizáronse as tarefas relacionadas coa rexeneración do río e da súa contorname do río Pedrín e no que atinxe á creación da senda turísticofluvial o itinerario discorre ao longo do río Pedrín durante uns 685 metros, dende Cubeliños ata o lavadoiro do río

entre Fernández Oujo e o segundo oficial Luis Cebreiro. Tamén agradeceu a Asociación de Veciños de Carreira, por poñer voz ao poema “Endecha por las tragedias del mar”, dedicado ás vítimas do Cartagena Nº3, onde morreron os seus 21 tripulantes en augas de Corrubedo e para as Igrexas Evanxélicas de Castiñeiras e Ribeira, do que o seu pai formaba parte.

Fernández Martínez concluíu a súa intervención cuns versos de Lucas Fernández, bisneto de Fernández Oujo, composto con once anos e dedicado a Ribeira. Pola súa banda, Manuel Ruiz significou o orgullo de poder presentar este Poemario, que pretende ser un recoñecemento a un fillo importante de Ribeira. O evento contou coa introdución e o peche musical de Borja Bretal García, alumno de guitarra do Conservatorio Enrique Paisal.

20 Marzo - Abril 23
O Barbanza
Comezan os traballos de mellora do pavimento no parque de Abesadas en Ribeira
Ribeira rende tributo a Agustín Fernández Oujo

Mil e unha razóns para iniciar un proxecto vital en Galicia

Xunta impulsa un programa para atraer talento galego do exterior e asentar poboación: Retorna Cualifica Emprego

A

Co obxectivo de atraer talento galego e reverter a curva descendente da nosa demografía, a Xunta impulsou o programa Retorna Cualifica Emprego. A través desta iniciativa, a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade aspira atraer unhas 400 persoas que viven no estranxeiro para que traballen e desenvolvan o seu proxecto vital en Galicia.

O programa, enmarcado na Estratexia Galicia Retorna 2023-2026, é o primeiro co que este departamento do Goberno autonómico promove o regreso de galegas e galegos menores de 50 anos residentes no exterior con interese en incorporarse ao mercado laboral na comunidade.

Por certo que o proceso de volta compleméntase coa correspondente formalización dun contrato laboral indefinido na comunidade. Para isto, a Xunta leva xa un tempo traballando na localización de nichos laborais que non están a ser cubertos pola poboación a día de hoxe residente en Galicia, poñendo o foco nas necesidades que manifestan as empresas interesadas en cubrir as súas vacantes. A oferta

deses postos darase á poboación galega residente no exterior, a través da elaboración dun plan personalizado de cualificación e empregabilidade e con apoios para a formación con vistas a complementar a cualificación profesional necesaria.

Con estas estratexias o Goberno galego quere “contribuír a dar cobertura ás vacantes laborais non cubertas pola falta de perfís profesionais en Galicia, ao tempo que enfronta a situación demográfica de envellecemento que afecta á comunidade e facilita o dereito das persoas galegas e da súa descendencia a regresar a Galicia”.

Como dixemos, o programa Retorna Cualifica Emprego forma parte da nova Estratexia Galicia Retorna 202326 (ERG2026), que duplica tanto en número de medidas (un cento) como en orzamento (450M€) á súa predecesora, a Estratexia Retorna 2020, aprobada en 2018 e que mantivo a súa vixencia ata 2022. O obxectivo é facilitar o regreso á terra de 30.000 galegos do exterior nos vindeiros catro exercicios, o que, segundo cálculos da Consellería, incrementaría nun 35 % o fluxo actual de retorno ata as 7.500 persoas cada ano.

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade está a ofrecer a clústeres, asociacións empresariais e outras organizacións sectoriais a posibilidade de implicarse no Retorna Cualifica Emprego mediante a adhesión a un protocolo xa aprobado polo Consello de Goberno da Xunta. Logo estableceranse fórmulas de colaboración para a divulgación e comunicación dos obxectivos do programa coa finalidade de que as empresas coñezan a posibilidade de que as ofertas de emprego que non se cobren por falta de candidaturas no Servizo de Emprego de Galicia, poidan ser atendidas a través de persoas galegas residentes no exterior.

Convidarase tamén ás entidades representativas dos diferentes sectores adheridas ao protocolo a participar en xornadas, foros e actos de divulgación do programa e habilitarase unha canle específica de referencia no Servizo de Emprego de Galicia á que poidan dirixirse as firmas interesadas en lanzar as súas ofertas no exterior.

Modernización do servizo de emprego

Retorna Cualifica Emprego aproveitará as vantaxes do proceso de modernización que a Xunta está a acometer nos servizos de emprego para garantir a súa accesibilidade, proximidade e seu dinamismo.

Neste contexto, a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade está a renovar, nalgúns casos adquirindo novas infraestruturas, as oficinas de emprego, cun investimento previsto en 2023 de 3,3 millóns de euros.

Amais, completarase a dixitalización das oficinas cun novo software destinado a identificar as necesidades do mercado en tempo real e lanzarase unha nova oferta formativa para o persoal do servizo.

A Estratexia artéllase en catro áreas, sendo a laboral a que comprende o meirande número de medidas (37), seguida da educativa (30), a social (25) e a de asesoramento, seguimento, coordinación e control (8).

Colaboración público-privada

No marco da Estratexia intensificarase o asesoramento para o emprendemento e o autoemprego das persoas retornadas, poñendo o foco no rural. A través do programa farase fincapé na súa participación en programas de inclusión sociolaboral, reforzando a súa capacitación en habilidades transversais demandadas polo mercado e apostando por programas de desenvolvemento persoal da xuventude que regrese.

En canto a dotación de persoal, o Goberno galego ven de crear un servizo propio e permanente de orientación laboral e prospección empresarial integrado por 136 orientadores e orientadoras, grazas a un investimento de arredor de 5 millóns de euros. Estes 136 postos estarán repartidos nas 53 oficinas de emprego das correspondentes Xefaturas Territoriais de Promoción do Emprego da Xunta. Este reforzo de profesionais alimenta a rede existente en Galicia, moito máis extensa e que acada con estes novos profesionais os 666 postos ao contar a maiores con 268 orientadores laborais subvencionados en concellos, entidades sen ánimo de lucro e organizacións empresariais e sindicais, 220 axentes de desenvolvemento local e 42 axentes de emprego en entidades sociais que exercen un labor fundamental no apoio á empregabilidade de galegas e galegos.

21 Marzo - Abril 23 O Barbanza EMPREGO 
 O servizo autonómico de emprego contará coa última tecnoloxía para cruzar a demanda de persoas desempregadas coa oferta de vacantes

Autor de Toponimia de Ribeira

“Ribeira ten tres topónimos que non se documentan en ningún outro concello”

Falamos con Fernando Cabeza Quiles, que achegou un novo e exhaustivo volume sobre os nomes de lugar do territorio ribeirense á colección Terra Nomeada

Os nomes de lugar do concello de Ribeira son o eixe temático dun dos novos volumes da colección Terra Nomeada, impulsada polo Seminario de Onomástica da Real Academia Galega. Falamos da obra Toponimia de Ribeira, que está xa dispoñíbel en versión dixital na sección de publicacións de academia. gal.

O autor, Fernando Cabeza Quiles, investigador fortemente vencellado á nosa comarca, profunda na orixe e no significado dos nomes das entidades de poboación da capital do Barbanza, dende as nove

-Fernando, que supuxo para ti esta investigación en Ribeira? Significa algo especial polos teus vínculos con esta terra?

- Absolutamente, vivín en Ribeira durante a miña adolescencia e primeira xuventude e volvo sempre que podo. Polas estradas de Ribeira e de todo o Barbanza andei moito en bicicleta, unhas poucas veces sen a debida precaución a toda pastilla detrás do Sarasquete na recta das Saíñas. En Ribeira, mon amour, tiven os meus primeiros ligues. Bailei no Casino (con garabata) e na Sala de Festas Cambeiro (sen garabata) e fun de mozo varias veces ao baile da Dorna (tamén con garabata). Fun un verán á sardiña no Hermida. Despois, cando marchei a estudar para Santiago, fixen unha chea de viaxes de ida e volta pola curvilínea e mareante estrada vella no Celta (en realidade no Selta). Fun alumno no Colexio Galaxia de dona Carmen e de don Ángel Ron. Din clases no colexio de Corrubedo e no de Palmeira, fun moitas veces á pesca do facho neste última localidade nas estivais noites de luar, cando o mar estaba calmo coma un prato, co meu amigo palmeirán Antonio Sampedro, prematuramente falecido no mar unha fatídica tardenoite de forte surada, cando un vento adoecido entrou na ría coma un lobo famento. Meus pais Juan e Adela descansan o soño dos mortos nun cemiterio ribeirense á sombra dos piñeiros arrolados pola brisa mariña. Ribeira, con estas vivencias, é unha

parroquias (Aguiño, Artes, Carreira, Castiñeiras, Corrubedo, Oleiros, Olveira, Palmeira e Ribeira) ata os topónimos dos máis de 200 lugares que as compo ñen, así como os que designan a lagoa de Carregal, a praia de Balieiros, o cume dos Forcados e as illas de Sagres.

Cabeza Quiles é un dos principais divulgadores da realidade toponímica do país, socio fundador do Ins tituto de Estudos Bergantiñáns e membro da Asocia ción Galega de Onomástica, entidade que colabora na edición de Terra Nomeada da Real Academia Galega.

das miñas xeografías sentimentais, xunto coa Estrada (alí vivín de neno) e Carballo onde finalmente recalei por el amor de una mujer, como diría o currante cantautor asturiano Danny Daniel. Froito deste meu ambulante periplo vital fixen, por esta orde, Toponimia da Estrada, Toponimia de Carballo e, agora Toponimia de Ribeira. I love Ribeira ou Ribeira mon amour.

- É certo que en Ribeira hai nomes de lugar que non existen noutros territorios? Podes achegarnos algúns exemplos destes topónimos ou de topónimos ribeirenses de carácter especial?

- No meu libro Toponimia de Ribeira, recollo e estudo toda a toponimia maior (os nomes dos lugares poboados, 215) do concello, máis os de Balieiros, Sagres, Os Forcados e O Carregal. De todos estes, son exclusivos do concello de Ribeira, quérese dicir que non se documentan en ningún outro, os do Caramecheiro

 No meu libro Toponimia de Ribeira, recollo e estudo toda a toponimia maior (os nomes dos lugares poboados, 215) do concello, máis os de Balieiros, Sagres, Os Forcados e O Carregal.

(lugar así chamado por ser outrora abundante no pequeno caracol cha mado caramecha das dunas paisana), Listres (sinala un lugar que foi abondoso na planta chamada les ta) e Cudieiros (lugar de terra dura, semellante a unha codia ou anaco de pan endurecido).

- O libro que nos ache gas foi froito dun intenso labor de campo nas parro quias, cres que o traballo está rematado ou que é posible aínda descubrir máis no mes de lugar dos que fuches desve lando?

- Si que foi intenso, difícil e dificultoso o traballo, especialmen te con algúns topóni mos difíciles de roer. Ademais, cando empe cei a facer o libro, rompín un xeonllo e cando estaba empezando a dura e doloro sísima rehabilitación, xurdiu o confinamento e foime imposible viaxar a Ribeira para realizar o im prescindible traballo de campo. Este inconveniente resolvino grazas ao FB, que non tiña ata ese momento, poñéndome en contacto cos meus amigos e coñecidos de Ribeira que me ían contestando, vía Internet, ás preguntas que eu, coa miña pata quebrada, lles ía facendo dende a miña casa de Carballo: onde queda

22 Marzo - Abril 23 O Barbanza
 ENTREVISTA

este topónimo? o lugar é moi areento? antano houbo dunas?, aínda quedan alí muíños?, o lugar é moi pedroso?, vense sobreiras? recordas se houbo porcos teixos?, etc., etc. Eruditos, estudosos e curiosos locais coas súas respostas, como Domingo Regueira, Manuel Gago Pérez, José Antonio Olveira López ou Antonio Parada Mariño, que ademais é o autor das magníficas fotos do libro, aforráronme moitas viaxes a Ribeira. Tamén contei cos libros dos historiadores ribeirenses Daniel Bravo Cores e Xosé María Fernández Pazos. Despois, cando me recuperei algo da miña perna e se puido saír da casa, boteille vontade e pateei moito o concello. En canto a rematar todo o estudo dos topónimos de Ribeira (e de calquera outro concello galego) é inabarcable, porque falta toda a microtoponimia (os nomes dos lugares non habitados, pedras terrestres, pedras mariñas, regos, montes, leiras, e un innumerable etcétera).

- Cal é a túa metodoloxía de traballo?

- Cando empecei con esta miña afección ao estudo da toponimia, sobre o ano 1976 (xa choveu), só había un libriño do profesor Rabanal, que por certo veraneaba no edificio de Sarasquete nas Carolinas, e outro máis completo de Moralejo Laso. Inicieime nos secretos do difícil a arriscado estudo da toponimia, con eses escasos materiais bibliográficos e co meu entusiasmo e intuición (creo que son moi intuitivo). Daquela percorrín Galicia en coche para comprobar se se cumprían os detalles naturais aos que se referían os topónimos, método que sigo practicando. Fixen tantos quilómetros, que ao pouco tempo tiven que despedirme do meu dous caba-

 Por agora máis libros da toponimia dos concellos do Barbanza non teño pensado escribir. O meu próximo obxectivo é publicar un libro de relatos que titularei Defuntos e santos inocentes.

los de cor azul, pero o meu esforzo e teimosía (de acordo co meu apelido, son moi cabezón) tivo recompensa, porque o meu primeiro libro Os nomes de lugar, editado por Xerais, vendeuse como rosquillas. Outro método imprescindible, que agora felizmente se pode empregar máis, e a consulta de documentación antiga, que amosa a forma dos topónimos nun estadio máis antigo, que nos pode dar pistas sobre o seu significado, caso do actual topónimo Corrubedo, que aparece en cartularios marítimos antigos como,

lugares aldeáns ou barrios do extrarradio que ata non hai moito tempo eran entidades illadas e independentes foron engulidas pola cidade de Ribeira da que agora forman parte. Recordo, por exemplo que o edificio do colexio Galaxia estaba case rodeado de leiras e que a próxima zona das Avesadas se atopaba, de acordo co significado agrícola do seu topónimo, cheo de terras de labor. A costa da Mámoa, á que subía moito na miña querida bicicleta, estaba baleira de casas de, empregando un termo mariñeiro, punta a chicote. Na Fieiteira, había fieitas e no Caramecheiro a xente aínda apañaba caramechas das dunas. Por outra banda, o traballo que habería que facer contra reloxo é o da recollida dos microtopónimos (topónimos menores de lugares non habitados de leiras, pedra, penedos, pequenos bosques, camiños antigos, regos, etc.). Se non se fai axiña vanse perder, o que é unha mágoa porque hai moitos rapaces licenciados en galego ou galego-portugués en paro, que poderían facer ese traballo moi ben.

- Ademais das parroquias, o teu traballo en Ribeira tamén te levaría á costa e ás relevantes paraxes naturais do concello, non é así?

antes de evolucionar á súa forma actual, Corovedro e Currovedo, o que nos indica que o topónimo foi hai moitos anos, no seu principio, *curru(m) veterum ‘curro (para cabalos, etc.) vedro, veterano ou vello, como, por exemplo, o topónimo Pontevedra se refire a unha ponte vedraia, vedra ou vella.

- Fernando, Ribeira non é dos concellos que máis sufra o fenómeno do despoboamento, aínda que supoñemos que non se verá cen por cen librada deste triste fenómeno demográfico, pero que acontece cando nun concello abundan os núcleos de poboación baleiros que atesouramos? Trátase dun traballo contra reloxo?

- Aínda que nos últimos anos recaeu, penso que Ribeira non ten ese problema en absoluto. No noso concello, permitídeme que tamén o considere meu e que o manifeste, houbo, non sei se polas auras mariñas ou porque o marisco é afrodisíaco, un crecemento poboacional extraordinario. Moitos

- Si, así como a cidade de Ribeira non é bonita urbanisticamente falando, as paisaxes de mar do concello son inmellorables e moi numerosas. É difícil escoller ante tanta beleza, pero eu destacaría O Carreiro de Aguiño visto dende o miradoiro da Pedra da Ra, co seu rosario de pedras e pequenas illas, (Noro, Vionta, etc.), entre as que se abre paso o carreiro ou canle marítima por onde navegan con catro ollos os barcos pesqueiros da frota de Ribeira que veñen do norte, sen necesidade de entraren na ría por fóra de Sálvora. No libro pode verse unha magnifica fotografía do Carreiro dende o miradoiro de Tucho Parada.

- Cando porás o foco nos restantes concellos do Barbanza? Xa tes en mente máis proxectos?

- Por agora máis libros da toponimia dos concellos do Barbanza non teño pensado escribir, son traballos moi esixentes e dificultosos e nesa colección xa fixen os tres devanditos. O meu próximo obxectivo é publicar un libro de relatos que titularei Defuntos e santos inocentes; estounos amosando no meu FB como experimento e gustan moito. Con todo, non estou certo de podelos publicar, porque as editoriais galegas publican unha literatura creo que demasiado militante (humilde, pero firmemente, opino que non o están a facer de todo ben).

23 Marzo - Abril 23 O Barbanza
ENTREVISTA 
Vista de Ribeira e da súa contorna nunha foto de Antonio Parada Picos dos Forcados nunha imaxe de Antonio Parada

Espazo Museístico da Carpintería de Ribeira “Estaleiro do Ciprián”

O Espazo Museístico da Carpintería de Ribeira “Estaleiro do Ciprián” é un proxecto de rehabilitación integral dun estaleiro para reconvertelo en museo sen perder a esencia industrial da súa actividade económica principal: a construción de barcos.

Imaxe: Sam Ponsford

Volve FalaRedes

Son)

a música e o deseño de iluminación xogan creando un espectáculo cheo de plasticidade, cor e ritmo.

A obra estreouse o domingo 19 de marzo ás 12,00 h no Auditorio Constante Liste de Teo. Despois iniciará unha xira que a levará a visitar O Barco de Valdeorras (Auditorio Lauro Olmo) o 31 de marzo ás 19,30 h; Viveiro (Teatro Pastor Díaz) o 14 de abril ás 18,00 h; Boiro (Casa da Cultura Ramón Martínez López) o 15 de abril ás 19,00 h; Vilalba (Auditorio Carmen Estévez) o 16 de abril ás 18,00 h; Vilagarcía de Arousa (Auditorio Municipal) o 22 de abril ás 18,00h; O Porriño (Centro Cultural) o 28 de abril ás 17,00 h; Monforte de Lemos (Edificio Multiúsos) o 29 de abril ás 18,00 h e Porto do Son (Casa da Cultural de Portosín) o 30 de abril ás 19,30 h.

Como en cada actividade do FalaRedes, a entrada será de balde.

Vobxectivos de achegar actividades de lecer en galego aos concellos galegos, unha axenda que abrangue os máis de 200 municipios e entidades que forman parte da Rede de Dinamización Lingüística. Así o anunciou este 16 de marzo o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, durante a presentación da XII edición desta iniciativa, que abre a súa programación do 2023 coa peza Castelao, de Culturactiva Producións, escrita, dirixida e interpretada por mulleres. Novamente todo o relativo á axenda poderemos consultalo ao detalle no Portal da Lingua (lingua.gal), impulsado pola Secretaría Xeral. Tamén podemos visualizar no mesmo site todo o relacionado coa peza Castelao.

García mostrou a súa satisfacción por abrir “o programa de dinamización lingüística FalaRedes 2023 cunha peza dedicada a Castelao cos obxectivos de fomentar o coñecemento dunha das figuras máis relevantes da cultura galega e en galego do século XX; potenciar a mirada feminina nas montaxes teatrais; promover o consumo de produtos culturais en galego do público familiar; proporcionar aos nenos e nenas unha experiencia de ocio positiva ligada á lingua e, en definitiva, contribuír á normalización e difusión da lingua galega nas idades máis novas e no contexto familiar e cultural”.

Canda Valentín García tamén interviñeron na presentación, que acolleu o compostelán Pazo de San Roque, as actrices Mónica Camaño e Cris Collazo, encargadas de dar vida ao propio Castelao e demais personaxes da peza.

Primeira obra sobre Castelao dirixida á cativada

Segundo fixeron saber, Castelao é a primeira obra sobre o autor de Rianxo dirixida á nenez, en concreto a un público de seis a 10 anos e ás súas familias. Con texto de Paula Carballei-

feliz e aventureiro na súa vila natal.

“Trátase dunha montaxe de ritmo trepidante na que a tensión dramática cabalga sobre o lombo dunha persecución polas rúas de Rianxo nas horas previas á partida cara Arxentina do escritor e a súa nai”, explicou o secretario xeral, engadindo que “para facer aínda máis atractiva a representación”, os diálogos de ficción introducen elementos marabillosos combinados con elementos recoñecíbeis da obra de Castelao, cos que o elenco,

350.000 euros para a promoción do galego nas entidades locais

ASecretaría Xeral de Política Lingüística destina este ano 350.000 euros ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega. As subvencións irán dirixidas aos concellos galegos e agrupacións dos mesmos que superen os 3.000 habitantes.

O prazo de presentación de solicitudes estará

aberto ata o 17 de abril e as axudas irán destinadas a fomentar a prestación dun servizo lingüístico e a promover a planificación e o desenvolvemento de programas de dinamización da lingua galega nas entidades locais. As solicitudes cursaranse por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñíbel na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Ademais, ao longo do ano a Consellería de Cultura seguirá engrosando a oferta de actividades de ocio en lingua galega para distribuír entre os distintos concellos pertencentes á Rede de Dinamización Lingüística.

FalaRedes

FalaRedes é un programa de dinamización da lingua galega da Secretaría Xeral de Política Lingüística que se desenvolve en entidades locais pertencentes á rede. Os seus obxectivos son ampliar a oferta de ocio no noso idioma, reforzar a oferta de actividades en galego dos concellos adscritos, promover o uso e valoración positiva da lingua propia de Galicia e apoiar os e as artistas que desenvolven o seu traballo nela.

Con este apoio, as entidades beneficiarias prestaranlle á poboación servizos lingüísticos baixo algunha das tres modalidades obxecto de subvención: a

creación dunha unidade técnica de traballo, o mantemento das xa existentes ou a implantación de programas de dinamización lingüística.

25 Marzo - Abril 23 O Barbanza CULTURA 
A nova edición do programa arrinca cunha peza para a rapazada adicada a Castelao (con funcións en Boiro e O

Libros para saudar a primavera

Homenaxe ao Xosé Ramón Fernández Barreiro na Coruña

estivo acompañada no Salón de Sesión de María Pita por Ana Romero, directora do Instituto José Cornide, e Emilio Grandío, coautor da obra.

Convocada a XXVII edición do Certame de Poesía Francisco Añón

Aalcaldesa da Coruña, Inés Rey, presidiu a presentación do

libro Profesor Barreiro. Homenaxe debida o ribeirense, Xosé Ramón Barreiro Fernández,

que serviu para homenaxear á figura do historiador no seu segundo cabodano. A rexedora

Xosé Iglesias Lamela falou de poesía e mar en Rianxo

O libro recolle artigos de persoas vinculadas co historiador nado en Ribeira. “Neste libro está canalizada unha parte dese saber que desprendía Barreiro”, sinalou a alcaldesa, que definiu ao homenaxeado como “unha figura clave para entender a historia da Coruña”. No acto tamén estiveron presentes Beatriz López e Álvaro Barreiro, viúva e fillo do historiador.

OConcello de Outes, no marco do seu compromiso por promover os valores creativo-literarios da nosa lingua, organiza unha nova edición (a número 27) dun dos máis prestixiosos e referenciais certames poéticos de cantos se convocan en Galicia: o Certame de Poesía Francisco Añón, que rende homenaxe ao ilustre representante local do Rexurdimento (Francisco Añón, un dos grandes autores do Rexurdimento e, como tal, un dos principais artífices da posta en valor das nosas lingua e literatura logo dos longos anos de esquecemento dos séculos escuros) e tamén aos novos talen-

tos que xorden no ámbito das nosas letras e a nosa cultura. Poderán participar no certame todas as persoas que o desexen e que presenten os seus traballos en lingua galega. O prazo de presentación remata o 3 de abril. As bases xa se poden consultar na web do Concello de Outes.

Trátase dun certame aberto ao público en xeral.

Presentadas no Museo Valle-Inclán as aventuras do viquingo galego

Aprimeira entrega da saga viquinga Emil el rival desembarcou no Auditorio do Museo Valle-Inclán da Pobra na tarde este 24 de marzo.

Emilio Vázquez

Fernández é o artífice deste libro de ficción histórica ambientado no século IX que narra as aventuras de Emil, quen aos oito anos é apresado por

unha frota viquinga durante unha incursión polas augas do río Volia para, xa en terras escandinavas, ser adoptado por un nobre e instruído para a guerra. Co-

O11 de marzo presentouse en Rianxo, no Museo do Mar, o libro de poemas Atlántico Norte, chamádeme Ismael, do escritor e mariñeiro Xosé Iglesias Lamela (Cee, 1974), editado por Caldeirón. O autor veu acompañado polo grupo musical Barahúnda.

O libro, que rende homenaxe no seu título á inmortal obra de Melville, Moby Dick, é froito da experiencia persoal biográfica do autor en augas do Gran Sol e outros martes lendarios e inspiradores tradicionalmente ligados á pesca dos mariñeiros galegos.

meza así a lenda deste personaxe viquingo de ollos marróns e cabeleira escura e rizada. Na presentación, o autor estivo arroupado pola concelleira da Cultura, Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), e o edil boirense Marcos Fajardo. Lojo enxalzou a capacidade do escritor para elaborar un texto “que conecta a súa inventiva coa realidade pasada da costa galega, na que houbo unha forte presenza dos pobos escandinavos”.

26 Marzo - Abril 23 O Barbanza
 LITERATURA
O cambio de estación no Barbanza veu cunha manchea de novidades literarias

Olibro Fenómeno Fan, que une a poesía de Clara Pino coa pintura de Xavier Magalhães para analizar o concepto de movemento de masas e, a partir de aí, abordar outros temas, foi dado a coñecer os días pasados (o 16 de marzo) no Auditorio do Museo ValleInclán.

A concelleira da Cultu-

ra, Patricia Lojo (PSdeGPSOE), acompañou no acto á autora Clara Pino, quen tamén se encargou de dar o toque musical á cita, e ao editor Xabier Romero. Durante a súa intervención, a edil salientou a conexión de dous medios de expresión, de palabras e de trazos, para, a través da cultura, reflexionar sobre a sociedade actual.

Concurso de microrrelatos pola igualdade na Pobra

No marco da celebración do Día Internacional da Muller, a Concellaría da Igualdade da Pobra lanzou (entre outras moitas actividades) a segunda edición do concurso Igualdade, conta comigo! Trátase dun certame de microrrelatos orientado á poboación adolescente e adulta para fomentar uns valores baseados na igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e eliminar comportamentos e actitudes que manteñen os estereotipos de xénero. Repartirá 600 euros en premios e o pra-

zo de presentación mantense aberto ata o día 30 de marzo. Preténdese así impulsar un exercicio de reflexión, sensibilización e difusión.

As bases están ao dispor das persoas interesadas en www.apobra.gal.

Noia Histórica e Terra Saúde organizaron o pasado 16 de marzo, no Edificio do Casino, unha charla sobre a frutífera, complexa e histórica relación entre os libros e a cultura mariñeira, unha confluencia temática da que teñen abrollado grandes obras da literatura e grandes poetas e novelistas. A charla Literatura e o Mar puxo en foco en cuestións como a sustentabilidade, a vida no mar e os contos e as novelas que tratan sobre a vida no mar, alén doutras temáticas relacionadas

cos barcos máis literarios e cos animais mariños que foron protagonistas de libros senlleiros.

As Sátiras de Horacio no Centro Cultural Lustres Rivas

OConcello de Ribeira, a Editorial Rinoceronte e a Asociación Cultural Barbantia organizaron este mes de marzo o acto presentación do libro Sátiras, de Horacio, na tradución de María Margarita Fernández Gómez. Foi o pasado venres, 24 de marzo no Centro Cultural Lustres Rivas. Interviñeron María Sampedro Fernández, concelleira de Cultura, María Xesús Blanco, presi-

denta de Barbantia, Moisés Barcia, editor de Rinoceronte Editora, Raúl Gómez Pato, director da colección Vétera e María Margarita Fernández Gómez, tradutora das Sátiras, empregadas no seu día polo poeta romano para expoñer os vicios e defectos da sociedade do teu tempo e, en última instancia, corrixilos. A tradución ofrécese en prosa, aínda que seguindo a secuencia dos versos orixinais,

O sonense Jose Manuel Sánchez Sande presentou Ondas de soños na súa terra

ACasa da Cultura de Porto do Son acolleu a presentación de Ondas de soños, poemario breve (88 páxinas) do escritor local José Manuel Sánchez Sanda, publicada por Círculo Rojo.

A obra sitúanos no ano 1996, en Porto do Son, e ponnos na pel do propio escritor, no tempo da súa adolescencia, cando era un rapaz con milleiros de inquedanzas que comeza a plasmar nun caderno os seus soños, os seus logros, os amores e desamores, así como as historias do mar que acontecen na súa

Contouse coa presenza da libreira e escritora Mercedes Corbillón, o mariñeiro e comunicador Rogelio Santos Queiruga e todo presentado e moderado por Enrique Suárez.

vila mariñeira. O resultado é un libro que é unha viaxe no tempo, unha viaxe de sentimentos, compromiso social e moi especialmente cariño e tenrura.

José Manuel Sánchez Sande (Porto do Son, 1982) é escritor vocacional. A pesar de levar dende os 14 anos escribindo poesía, non é ate un tempo despois cando decide cumprir un dos seus maiores soños: publicar as poesías que durante tantos anos foi escribindo. Finalmente, debuta no 2022 coa sua primeira obra de poesía, Ondas de soños.

e cada sátira vai precedida dun pequeno resumo elaborado pola propia.

27 Marzo - Abril 23 O Barbanza LITERATURA 
Os libros e a cultura mariñeira centraron unha charla en Noia
Fenómeno Fan, de Pino e Magalhães, deuse a coñecer na Pobra

Escultor

“Na Pobra sumo boas amizades, monumentos e devocións sentimentais”

Falamos dos proxectos pasados, presentes e futuros, fóra e dentro da nosa comarca, do escultor Gonzalo Sánchez Mendizábal

-

Gonzalo, cales son os teus inicios no mundo da arte?

- Son natural de Bolivia (Cochabamba, 1954), non obstante, a miña infancia e adolescencia transcorren entre Inglaterra e Italia. Ata 1970, cando me traslado a España para cursar estudos de Belas Artes na prestixiosa Escuela de San Fernando, en Madrid, por suxestión de quen daquela era o director da Academia Española de Belas Artes en Roma, Enrique Pérez Comendador, personalidade coa que anos adiante asisto no campo da escultura monumental.

- De que fontes mana o carácter da túa obra?

- Alén dos saberes académicos, a partir de 1974 especializo a miña actividade no estudio da arte clásica, colaborando en proxectos de grandes institucións de Europa con patrimonio escultórico grego e romano. Centros como o Museo Británico (Londres), os Museos Capitolinos e o Museo Nacional das Termas (Roma), o Museo da Acrópole e o Museo Nacional (Atenas), e asemade co Instituto Arqueolóxico Alemán. Máis sen renunciar á creación da contemporaneidade, por exemplo, participando en feiras internacionais de arte, como Leeds e Bath, no Reino Unido, ou colaborando coa Johnathan Gallery de Lon-

dres, onde compartín espazo con artistas como Henry Moore, David Hockney, Francis Bacon, Chagall e Giacometti.

- Fálanos da túa vinculación co Barbanza.

- En 1978 fixo definitivamente a miña residencia en España e establezo en Madrid o Estudo de Escultura, cun obradoiro de fundición propio, dende onde realizo o meu traballo artístico e intelectual. Tempos felices nos que coñezo á miña muller e nai da nosa familia, María José Martínez de Dios, ilustradora, neta da pintora María Dios Rivademar, pobrense que me descubriría lugares tan fermosos como son A Pobra do Caramiñal e O Barbanza. Nesa vila, localidade que visitamos coa frecuencia que permite o ritmo de traballo dun artista, sumamos boas amizades, monumentos de altos voos e devocións de orde sentimental. En 2023 asentaremos alí a nosa segunda residencia para evadir o espírito das presas e da arritmia da capital.

- Onde podemos admirar obras de arte co teu selo persoal?

- Sería longo de enumeralas todas. Sen saír do Barbanza, son varias as esculturas públicas da miña autoría, todas elas fundidas en bronce. Na Pobra, A Pescantina dos Areos (2001), peza conmemorativa da muller traballadora, o monumento a Ramón del Valle-Inclán (2002), un galego

extraordinario a quen admiro e escritor de fama internacional, O Emigrante e Navegante galego (2006), lembranza das dores desa emigración que non cesa e da dura vida das xentes que loitan co mar. En Boiro, O Mexilloeiro, (2014) de Cabo da Cruz, homenaxe a un dos oficios principais e fonte de riqueza da ría da Arousa. Son figuras nas que, inspirándome nos tipos humanos do país, creei modelos que seguen a ser largamente imitados aquí e acolá. Rianxo perdeu en 2003 a proposta que formulei para un símbolo cultural e tan representativa como A Rianxeira, primaron enredos e intereses alleos ao eido artístico.

- Mais, alén nós, sabemos que estás presente en varios continentes?

- Si, por suposto, son pai de creacións das que sentirse orgulloso en España, Europa e as Américas. Da obra pública en territorio nacional, e simplificando, meus son os monumentos dedicados a persoeiros como Félix Rodríguez de la Fuente ou Blas Infante (Mancha Real, Jaén), José Garralón (Universidad Complutense, Madrid), Dolores Ibárruri, la Pasionaria ou Alfonso Castelao (Rivas-Vaciamadrid, Madrid), creacións como o grupo escultórico Hacia el Padre (Cofradía de Jesús Divino Obrero, León) ou a Virxe de Sopetrán (Guadalajara). Das pezas realizadas en Italia, Grecia, Alemaña, Dinamarca, Inglaterra, Ucraína, Bolivia, Estados Unidos,

Canadá, citaría a serie de retratos oficiais para a representación diplomática da ONU en Roma, o estudo do natural feito ao poeta Arthur Rimbaud (colección particular), John Lennon (Colección Yoko Ono), Diana de Gales (Fundación Barnardo, Londres), Cardeal Newman (Birmingham, Inglaterra), Otondo dedicado a San Leopoldo Mandic na Catedral de Belgrado (Serbia).

- Ten o teu Estudio de Escultura en Madrid un carácter aberto e participativo ou é un obradoiro de exclusivo uso privativo para ti como artífice?

- Aquí realizo un labor artístico tanto teórico como reflexivo e práctico. Pretendo que funcione como un espazo onde se formen novas xeracións de escultores. Á vez que levo a cabo a produción da miña obra desenvolvo un estudo continuado durante toda a miña traxectoria, proposto xa dende a xuventude, sobre as formas e as súas relacións co espazo, cuxo resultado veño publicando en diversos ensaios ademais de abundante obra gráfica e escultórica. Investigo sobre a orde das formas na natureza, o corpo e

os tratados de anatomía, percorrín o mundo para estudar a escultura grega e exipcia, o retrato romano, e recuperar o Canon de Policreto. Dou valor ao intelectual, non só á execución material da estatuaria.

- Gonzalo, e xa para concluír, poderías adiantarnos algún dos proxectos que ocupe os teus empeños actualmente?

- Estou a piques de rematar, a realización dun Pantocrátor triunfal e rodeado pola simboloxía dos evanxelistas, composición de dimensións xigantes destinada á igrexa de Barajas (Madrid). Singularmente, sinto un orgullo especial por ser ese artífice a quen a Fundación Nosa Terra (Panamá) confía a execución dun excepcional monumento que homenaxeará aos máis de 8.000 galegos que participaron na construción do Canal de Panamá en 1904. Propósito emotivo este recoñecemento para o que deseñei un grupo de traballadores, estatuaria nobre fundida e cincelada en bronce, para presidir os modernos accesos ao dito canal de tránsito mundial. Será inaugurada en breve. Abrazará as comunidades de Galicia dunha e doutra ribeira do océano.

28 Marzo - Abril 23 O Barbanza
 ENTREVISTA

Así se fai unha industria intelixente

CONGALSA remata con éxito o seu proxecto para converterse en factoría 4.0

para facer monitoraxe en tempo real de diferentes datos de procesos da compañía, integrando esta información con outros procedentes de provedores e clientes. Con isto buscouse dixitalizar a cadea de valor da empresa e automatizar diferentes rutinas de traballo: desde a xestión de mantemento, ata a planificación das fabricacións.

“CONGALS4.0 permitiunos perfeccionar as nosas metodoloxías de análises de datos para estimar e predicir comportamentos de prezos, de materias primas, de vendas de produto e de procesos” detallou Daniel García, director de Sistemas Intelixentes de Gradiant, que engadiu que ao abeiro do proxecto de transformación “incorporamos outras tecnoloxías que axudarán á empresa na prevención de potenciais ciberataques, optimizando a seguridade e privacidade da planta”.

Compoñente humano

CONGALSA, empresa da Pobra do Caramiñal, é un referente en alimentación e, cada vez con pasos máis firmes, tamén en innovación e transformación. Isto quedou constatado novamente o pasado 24 de marzo, coa presentación dos resultados do proxecto CONGASL4.0, a estratexia de fábrica 4.0 da compañía, que mobilizou un total de 4,8 millóns de euros nos últimos tres anos e cuxo obxectivo foi “avanzar cara a un modelo de industria alimentaria cada vez máis intelixente e interconectada”.

O proxecto, desenvolvido en colaboración con Centro Tecnoloxico Gradiant, chegou ao seu remate con (en palabras da empresa do Barbanza e do centro vigués) “relevantes resultados”.

CONGALS4.0, proxecto co-financiado con fondos FEDER que contou co apoio da Axencia Galega de Innovación (GAIN), apoiouse firme nas tecnoloxías máis avanzadas, pero tamén no compoñente humano. “Todas as melloras tecnoloxías implantadas na empresa estarán a o servizo das persoas”, comentou o director xeral da compañía alimentaria, Luis Miguel Simarro, quen participou na presentación de resultados (celebrada na sede

principal da empresa no Polígono da Tomada), xunto coa directora de Innovación e I+D da empresa, Mónica Cascallar, o director xeneral de Gradiant, Luis Pérez Freire, e o seu director de Sistemas Intelixentes, Daniel García. Segundo lembraron, o obxectivo principal da iniciativa foi o de desenvolver un modelo de negocio 4.0. para CONGALSA, interconectando procesos produtivos e de xestión. Para logralo, sensorizouse gran parte da planta e desenvolvéronse sistemas

Durante a presentación do proxecto, o director xeral da compañía destacou que a tecnoloxía implementada “non vai substituír ás persoas, senón que estará ao servizo das mesmas, de todos os traballadores e traballadoras da empresa”. E engadiu: “Apostamos pola automatización, pero a calidade e as persoas seguen sendo acenos de identidade da nosa empresa”.

Ao fío do devandito, indicou que a implementación de sistemas intelixentes de visión de diferentes produtos axudará, por exemplo, aos operarios para realizar máis eficazmente o seu labor. Tamén dixo que as tecnoloxías

de Realidade Aumentada implantadas están sendo “especialmente útiles en formacións orientadas ao persoal” e que a incorporación da impresión 3D xa “é unha ferramenta máis de traballo diario na empresa, moi útil para que os técnicos desenvolvan o seu labor con maior precisión, con redución de custo e melloras de tempo de desenvolvemento”, dixo.

Outro dos piares do proxecto é o factor sustentabilidade. “CONGALS4 favorecerá a redución de consumo enerxético coa mellora de rendemento dos compresores de frío en función da climatoloxía e a carga de traballo, grazas ao desenvolvemento dun sistema denominado frigorista intelixente”, comentou Simarro.

Pola súa banda, Mónica Cascallar destacou que a iniciativa mobilizou directamente para a súa implementación a máis de 60 persoas, só entre CONGALSA e Gradiant. Cascallar puxo en valor a importancia de lograr resultados nun contexto que “non foi doado, posto que a iniciativa púxose en marcha a finais de 2019, pouco antes da pandemia e a crise sanitaria derivada pola COVID dificultou nun primeiro momento o seu desenvolvemento”.

Luis Miguel Simarro tamén quixo salientar a actitude de todo o persoal da empresa, que “foi clave no impulso deste proxecto” e que permitiu que o cambio cara á fábrica intelixente fose o máis suave posíbel. “En CONGALSA xa practicabamos a innovación cando aínda non se denominaba I+D+i. Esta cultura sempre a tivemos no noso ADN. Pero, sen dúbida, coa implementación deste proxecto fomos un paso máis aló, posto que os seus resultados van permitir situarnos como un referente de modelo de fábrica intelixente dentro da industria alimentaria galega”, destacou Simarro.

Pola súa banda, Luis Pérez Freire comentou que “esta alianza con CONGALSA demostra que os centros tecnolóxicos son aliados clave nos procesos de innovación do sector empresarial, facilitando a adopción das tecnoloxías habilitadoras do novo paradigma de industria intelixente grazas ao noso posicionamento avanzado nas mesmas”.

Finalmente, Mónica Cascallar sinalou que CONGALSA4.0 é un proxecto que segue vivo. “Estamos traballando con practicamente todas as ferramentas desenvolvidas no marco da iniciativa, pensando en como industrializar algúns dos pilotos validados para seguir medrando de xeito sustentábel, xerando novo coñecemento e aproveitando na industria as tecnoloxías accesíbeis e emerxentes”.

29 Marzo - Abril 23 O Barbanza
Luis Miguel Simarro director xeral de CONGALSA Daniel García director de Sistemas Intelixentes de Gradiant
EMPRESA 

Botámonos ao monte

Boiro será o anfitrión de Os 100 do Barbanza a prestixiosa proba de trail que percorre a nosa serra os días 24 e 25 de xuño

Trekkers, o percorrido de 100 quilómetros deste ano pasa por un total de 25 parroquias dos 7 concellos e conta cunha subida acumulada de 2.600 metros. “Trátase da única proba de 100 quilómetros que se celebra en España e que ten detrás un gran esforzo e implicación de todos os concellos polos que transcorre”, afirmou Laura Lado, engadindo que se trata dunha importante cita deportiva non competitiva e cun máximo de 300 inscricións.

Ficha técnica

- Data: Domingo 21/5/2023

- Hora: 10:30 h.

- Lugar de saída/ meta: paseo marítimo de Portosín

- Distancias: 21 km14 km - Andaina 14 km

- Desniveis+: 1030 m+ ou 590 m+

- Tempos de corte:

- 21 km: tempo máximo 3 h. - Corte: no km. 8 en 1:30 h.

Boiro será o anfitrión da oitava edición da proba deportiva Os 100 do Barbanza que organizan os International Trekkers de Barbanza e Sar e que se celebra este ano os días 24 e 25 de xuño de 2023. Na presentación da nova edición da proba, celebrada no Consistorio boirense, participaron (entre outras/os) o alcalde de Boiro, José Ramón Romero; o presidente da asociación, Francisco Alcalde; o director técnico, Xavier Boullón; e a vogal de sendeirismo da Federación Galega de Montañismo, Laura Lado; xunto con alcaldes e concelleiros dos municipios polos que pasa a proba.

Segundo lembraron, Os 100 do Barbanza é unha proba de trail de 100 quilómetros que se realiza en 24 horas e que este ano forma parte da Liga de Sendeirismo de Galicia e da Liga Ibérica. “É unha proba de ultrafondo e ultradistancia das

EDITA: GRUPO CÓDIGO CERO

COMUNICACIÓN S.L.

Rúa das Hedras nº 4, 1º G

15895 Ames (Milladoiro)

Tel.: 981 530 268 - 608 240 160

Foto pax. 1: Shutterstock

O Barbanza

máis importantes do territorio nacional, e que supón un desafío persoal e deportivo”, recoñeceu o presidente da entidade.

A historia desta proba, que pasa polos concellos de Boiro,

A Pobra, Ribeira, Porto do Son, Noia, Lousame e Rianxo,

remóntase ao ano 2014 e naceu co obxectivo “de dar a coñecer lugares senlleiros dos municipios, recuperar camiños esquecidos e tamén promover a paisaxe, a gastronomía, o turismo e a cultura da comarca”. Segundo fixo saber o director técnico dos International

Pola súa banda, o alcalde de Boiro, José Ramón Romero, convidou á veciñanza dos sete concellos a que se sume a participar desta proba deportiva que “non só potencia o deporte senón que tamén a nosa natureza, a nosa paisaxe, a nosa cultura e a nosa gastronomía... para Boiro é un orgullo poder ser o anfitrión desta proba”.

As inscricións para participar na VIII edición de Os 100 do Barbanza poden facerse a través da páxina web www. itrekkers.org.

- 14 km: tempo máximo 2:30 h.

- Avituallamentos: 3 na distancia longa - 2 na distancia curta (incluíndo o de meta)

- Período de inscricións: apertura o 15/11/2022 - peche

14/5/2023 ás 23:59 h.

- Duchas: Polideportivo "David Vidal" de Portosín

- Prezo: 20 € ou 15 € (Andaina 7 €)

Comezou a primavera e unha das probas de trail máis agardadas polos seareiros dos deportes en plena natureza: a Xtosín Trail 2023, que se celebra o 21 de maio, segue a coller corpo, atraendo a atención dos seareiros dos deportes na montaña e dos

DIRECTOR: Joferpa director@obarbanza.gal

WEBMASTER: Marcus Fernández webmaster@codigocero.com

REDACCIÓN: Fernando Sarasketa Sonia Pena

mellores deportistas galegos e estatais nas diferentes modalidades do fenómeno trail (o termo inglés co que se engloban as carreiras e andainas de sendeiros).

Segundo veñen de lembrar dende a organización, o Xtosín 2023 preséntase con dúas distancias para a

redaccion@obarbanza.gal

carreira propiamente dita (con distancias de 21 e 14 quilómetros) e cunha distancia de 14 quilómetros para a modalidade de andaina.

As entidades responsábeis desta importante proba da nosa comarca (Arousa Neo e a Área de Deportes do Concello de

Porto do Son) tamén confirmaron que a nova edición preséntase “coa mesma carta da convocatoria anterior”, pero na versión da media maratón “non faltarán os soutos, as fragas, as carballeiras, sin esquecernos da incríbel saída pola praia de Coira para enfrontarse ao cortalumes de Queiro

que nos vai poñer no alto do monte Iroite en pouco mais de quilómetro e medio”. De novo a proba rematará na dársena de Portosín, “un enclave único para poñer o remate a a unha carreira e un circuíto únicos”. Quen precise máis información pode ir recadándoa en Arousa. com.

IMPRIME:

MAQUETACIÓN E DESEÑO: Óscar Louzán

FOTOGRAFÍA:

Beatriz Martínez del Campo y Ricoy

Joferpa

Antonio Parada

Abelardo Soler - Abso

PUBLICIDADE: publicidade@obarbanza.gal

CORREO DO LECTOR: lectores@obarbanza.gal

A NOSA WEB www.obarbanza.gal

TAMEIGA, S.L.

Número 46 (Marzo - Abril 2023) Publicación periódica.

Depósito Legal: C 668-2019

I.S.S.N.: 2659-8256

30
Marzo - Abril 23 O Barbanza
 DEPORTE
As inscricións para o Xtosín Trail, abertas ate o 14 de maio

Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.