Código Cero 200

Page 24

MARCOS MATA

O presidente do CPETIG, festexa con nós o fito dos dous centenares de capítulos de Código Cero

—— Se queres celebrar algo, máis vale que sexa ao grande. O Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia tiña que estar presente na celebración dos 200 números de Código Cero si ou si, sen alternativa posíbel. Por que motivo? Pois, porque máis alá da intensa colaboración xerada dende o colexio con este medio, non cabe dúbida de que unha boa parte do impulso tecnolóxico da nosa terra ao longo dos últimos anos debémosllo ao CPETIG e ás súas/seus integrantes, ao que cómpre engadir as súas relevantes contribucións na dignificación da profesión informática, na divulgación tecnolóxica e en todo o relativo a acabar coas diferentes fendas TIC galegas.

-M

arcos, cal cres que foi o papel despregado por Código Cero en Galicia ao longo destes anos e destes 200 números? Cal foi o papel despregado polo CPETIG? - A contribución de Código Cero a poñer en valor o tecido tecnolóxico e innovador de Galicia é indiscutible. No voso haber tendes o mérito de ser o primeiro medio especializado, consolidado como medio de referencia exercendo un xornalismo moi proactivo e comprometido co impulso e a visibilización do sector TI galego. Co paso dos anos, esta publicación converteuse nun espazo de confluencia e de encontro, no que nos damos cita os profesionais, as entidades colexiais, as empresas, as universidades, as administracións… Chegar aos 200 números é unha auténtica proeza, que desexamos teña moitos anos de continuidade. Pola nosa banda, o CPETIG desenvolveu neste tempo o seu labor nun dobre plano de actividades, do servizo á sociedade en xeral, e de defensa da profesión de Enxeñaría Técnica en Informática e servizos aos nosos colexiados. Entre as actividades destacaría a organización das Xornadas de Informática Xudicial Iuristicgal, coa colaboración da AMTEGA, e que este ano chegarán á súa X edición e a oferta formativa que programamos cada ano. Esa formación pretende estar sempre á vangarda da especialización, en sintonía coa demanda do mercado laboral de novos perfís profesionais. Tamén foi decisiva neste período a implantación da Certificación da Experiencia Profesional para Recoñecementos Académicos e Laborais (CEPRAL) en Galicia, o primeiro certificado de experiencia profesional destas características do ámbito da informática, para profesionais que necesitan certificar a súa experiencia ou estudantes que requiren obter unha validación académica. No eido da defensa da profesión, ademais de accións dentro da nosa Comunidade, participamos activamente no traballo a nivel estatal do Consello Xeral de Colexios, que durante case sete anos tiven a honra de presidir. É un ámbito onde desgraciadamente queda moito por facer. A pesar do esforzo e das múltiples iniciativas levadas a cabo, que non poucas veces estiveron preto de acadar a nosa equiparación ao resto das enxeñarías, continuamos nunha situación de agravio ó non recoñecerse o que de feito xa é unha realidade, a nosa condición de profesión regulada. - Marcos, se che parece ben, ollamos agora cara ao futuro. Que nos van deparar os vindeiros quince anos de actividade TIC galega? - O sector TIC está nunha dinámica sostida de crecemento, convertido no máximo expoñente dunha economía en plena transformación. Inflúe en todos os sectores da economía, transformando os espazos de traballo e cambiando o modelo de negocio. En Galicia, agrupa a máis de 3.000 empresas, cun negocio que supera os 2.000 millóns e equivale ao 2,4 % do PIB. En España, supón o 3,1% do PIB. 24 |

“CHEGAR AOS 200 NÚMEROS É UNHA AUTÉNTICA PROEZA, QUE DESEXAMOS TEÑA MOITOS ANOS DE CONTINUIDADE”


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.