
3 minute read
Santiago, premiada polo seu proxecto para frear con tecnoloxías a presenza de CO2
from Código Cero 202
Tecnoloxía contra o CO 2
Santiago, galardoada co Premio X Aire Limpo polo proxecto TRAFAIR
Advertisement
Oproxecto europeo TRAFAIR, impulsado polo CESGA, o CiTIUS da USC e o Concello compostelán co obxectivo de controlar e optimizar a calidade do ar das cidades a través de tecnoloxías avanzadas, vén de obter un novo e importante recoñecemento á súa traxectoria e ao seu interese científico, tecnolóxico e medioambiental, amais de pola súa capacidade para ser extrapolado a todo tipo de contornas urbanas con elevada presenza de tráfico por estrada, como é o caso de Santiago. O proxecto TRAFAIR (Understanding Traffic Flows to Improve Air Quality) está na base do II Premio X Aire Limpo que vén de recibir o Concello de mans da plataforma do mesmo nome. Segundo informou o Goberno local, o premio (que será entregado cando a situación sanitaria o permita) é unha distinción ao “carácter innovador e colaborativo da iniciativa”. O galardón, cuxo prazo de presentación de candidaturas tivo que estenderse por motivo da pandemia da COVID-19, supón un recoñecemento aos concellos pioneiros na
Máis datos sobre o proxecto
Ainiciativa TRAFAIR, que tamén foi galardoada no Forum Pa de Roma co Premio Pa Sustentábel, vén da man dun consorcio integrado por nove organizacións de España e de Italia. O seu xermolo está na necesidade de afrontar con tecnoloxías intelixentes unha problemática moi presente nas grandes cidades. Trátase de pór en xogo unha plataforma que permita comprobar a calidade da atmosfera de maneira rápida e eficiente e facelo cun sistema que permita tomar as mellores decisións para mellorar a dita calidade e beneficiar a cidadáns, negocios e administracións.
O novo servizo, froito dos resultados de investigación do proxecto TRAFAIR, estase a despregar nas cidades de Santiago de Compostela e Zaragoza e as italianas Florencia, Módena, Livorno, e Pisa. O proxecto está liderado pola Universidade de Módena e Reggio Emilia (UNIMORE) e conta con nove socios, un total de catro institucións públicas por país e unha empresa de servizos. No que respecta á parte española, participan o CiTIUS, o CESGA (Centro de Supercomputación de Galicia), o Concello de Santiago de Compostela e a Universidade de Zaragoza. posta en marcha de accións destinadas a mellorar a calidade da súa atmosfera, de maneira que sirvan de inspiración para outros homólogos locais. O xurado, composto por investigadores de prestixio e asociacións profesionais da calidade do aire, puxo de manifesto a súa grata sorpresa polo número e calidade das candidaturas, dado o contexto sanitario.
Na categoría de cidades menores de cen mil habitantes, o xurado salientou o exemplo da cidade de Santiago de Compostela, en recoñecemento ao rigor científico do proxecto TRAFAIR e a utilización de novas tecnoloxías e o desenvolvemento de servizos innovadores e sustentábeis para producir “nova información robusta e fiábel”. Ademais, destacou “a valiosa e pioneira xeración de coñecemento” que xorde ao cooperar administracións públicas e universidades de España e Italia, tal e como recollía a candidatura de Compostela.
Tanto o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, como a concelleira de Medio Ambiente, Mila Castro, agradeceron a concesión do premio. Lembrou o rexedor que grazas ao programa TRAFAIR estanse instalando sensores de calidade do aire nas zonas de meirande intensidade de circulación, algúns dos cales están xa en funcionamento. Isto proporcionará unha imaxe en tempo real das condicións do aire nos momentos de maior conxestión do tráfico, para así poder determinar unha mellor e mais eficiente xestión destes fluxos”, dixo.
Pola súa parte, José Ramón Ríos Viqueira, investigador adscrito ao CiTIUS (Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da Universidade de Santiago de Compostela) amosábase compracido tras a notificación do recoñecemento: “Para os investigadores do CiTIUS que participamos neste proxecto, todos membros do grupo de investigación en Gráficos por Computador e Enxeñaría de Datos (COGRADE), este premio é unha proba clara de que a investigación realizada no CiTIUS, ademais de ter impacto científico, ten tamén un impacto social moi importante, que neste caso redundará nun mellor coñecemento sobre a calidade do aire que se respira en Santiago de Compostela”.