Grandes achados en cálculo, comunicacións e informática (IV) Henrique Neira Pereira achéganos a primeira entrega dunha serie de reportaxes que teñen como protagonista a nosa terra
166. PUNTOGAL
— 2014. O venres 16 de maio, véspera do Día das Letras Galegas e do Día de Internet, estréase o dominio galego .gal, coa posta en marcha da web www.dominio.gal.
167. FEMTOXAT
— 2014. A Universidade de Vigo presenta en outubro o FemtoXat, un satélite de arredor de 300 gramos de peso fabricado no campus vigués mediante impresión 3D de metal e polímero. Lanzouse no 2015 para formar parte como repetidor da rede Humsat.
163 163. FIBRA ÓPTICA ESCURA
— 2013. Presentación o 30 de abril no CESGA da rede Recetga Nova, xestionada por esta entidade, e que coa tecnoloxía de fibra escura multiplica por 800 a capacidade de Recetga, a rede científica e tecnolóxica de Galicia. Conéctanse á rede cada día arredor de 90.000 persoas desde centros de investigación e entidades públicas de Galicia.
164. HUMSAT-D
— 2013. O 21 de novembro ás 11.21 horas entraba en órbita e comezaba a súa actividade o satélite galego Humsat-D, impulsado pola Universidade de Vigo co apoio do Ministerio de Ciencia.
165. LATENCIA CERO
— 2014. O día 4 de abril realízase a primeira experiencia pública en Galicia de comunicación musical deslocalizada e sincrónica a través da rede, buscando a latencia ou retardo cero entre músicos situados en dous lugares diferentes. O experimento foi do Equipo Canal Campus da USC e o CESGA, e consistiu nunha actuación musical en rede no encontro Galician Connection’14 en Santiago.
Número 203
168. DRON
— 2015. O 26 de xaneiro fai o primeiro voo de proba no concello coruñés de Teo un dron dotado cunha neveira destinada a transportar órganos para transplantes. O proxecto das estudantes Tays Ferrer, Susana López, Macarena Arca e Andrea Magán foi premiado nun concurso en Dubai (Emiratos Árabes Unidos).
169. UBUNTU PHONE
— 2015. En febreiro o fabricante español BQ lanza o Aquaris E4.5 Ubuntu Edition, un móbil cun sistema operativo baseado en Linux que se pode configurar en lingua galega.
165
172 170. LIFESEEKER
— 2015. O 17 de marzo Gradiant presenta LifeSeeker, un sistema que converte os móbiles en radiobalizas e permite localizar máis facilmente persoas perdidas ou desaparecidas.
171. FOGAR DIXITAL
— 2015. O 22 de xullo a Xunta de Galicia lanza en período de probas o proxecto Fogar Dixital, deseñado para monitorizar nas súas casas pacientes con doenzas crónicas.
172. SERPENS
— 2015. A Universidade de Vigo participa na construción do satélite 'Serpens', do tipo Cubesat e desenvolvido en colaboración coa Axencia Espacial do Brasil e coa participación de estudantes de institutos e universidades do Brasil, dos Estados Unidos e de Italia. Foi deseñado para obter e retransmitir datos ambientais e lanzado en 2015.
173. VEHÍCULO AUTÓNOMO
— 2015. Un vehículo autónomo Citroën fai unha viaxe experimental do Porriño a Madrid.