2 minute read

O CITIC recibe un importan te recoñecemento polo seu traballo contra a COVID

A batalla antipandemia do CITIC

Investigadores do centro da UDC reciben un recoñecemento da RAGC polo seu papel na loita contra a COVID-19

Advertisement

Un grupo de Investigadores do Centro de Investigación TIC (CITIC) da UDC recibiron un recoñecemento por parte da Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) polo seu importante papel na loita contra a COVID-19. Os encargados de recibir o galardón foron Ricardo Cao, Susana Ladra e Marcos Ortega, en representación de grupos de investigación da Universidade da Coruña e proxectos centrados na procura de solucións directas fronte ao COVID-19.

A RAGC quixo recoñecer o traballo desenvolvido por 20 grupos de investigación galegos que desenvolveron proxectos centrados en paliar os efectos da pandemia do coronavirus SARS-CoV-2. Estas contribucións foron financiadas por diversas institucións como o Instituto de Salud Carlos III, a Axencia Galega de Innovación (GAIN), o Fondo Supera COVID, a Fundación Amancio Ortega, o SERGAS, Tragsa, Augas de Galicia e Edar Bens.

Ricardo Cao recibiu o galardón en representación do Grupo Modelización, Optimización e

Inferencia Estatística da UDC e polas súas achegas en proxectos relacionados co modelado matemático para determinar o impacto futuro da infección baixo diferentes supostos e analizar a súa distribución xeográfica. Así mesmo, cómpre salientar que Ricardo Cao é presidente do comité de expertos da iniciativa Acción Matemática contra el Coronavirus, promovido polo Comité Español de Matemáticas (CEMat).

Á súa vez, Susana Ladra recolleu o recoñecemento outorgado ao proxecto EPICOVIGAL, Epidemoloxía xenómica e monitorización en tempo real do SARS-CoV2 en Galicia, proxecto liderado polo investigador da UVigo David Posada, do que Ladra é investigadora principal na UDC.

Pola súa banda, Marcos Ortega recolleu o galardón en representación do Grupo de Investigación de Visión Artificial e Recoñecemento de Patróns da UDC, cuxo equipo investigador desenvolveu diferentes proxectos destinados a mellorar a eficiencia, precisión e rapidez dos procesos de diagnóstico de persoas infectadas pola COVID-19 a través da Intelixencia Artificial. 

Máster Internacional en Visión por Computador

OCITIC informou de que o vindeiro curso impartirase o novo Máster Internacional Universitario en Visión por Computador na Universidade da Coruña, no que tamén participan as Universidades de Santiago de Compostela, Vigo e Porto (Portugal). Este mestrado é de especial interese para ampliar a formación e capacidades no ámbito da visión por computador, tan demandado na actualidade por unha chea de sectores grazas aos avances tecnolóxicos no eido da aprendizaxe profunda (Deep Learning) e da Intelixencia Artificial en xeral.

Características do mestrado: • Titulación oficial do

EEES en España e Portugal. • Docencia impartida na

Coruña, con vídeo-conferencias desde outras universidades. • Flexibilidade co formato presencial para compatibilizar co traballo. • Prácticas en empresas ou centros tecnolóxicos especializados na visión por computador.

Para máis información cómpre visitar a web https://www.imcv. eu. O prazo de inscrición comeza o 19 de agosto e finaliza o 31 de agosto. Máis información sobre o proceso de preinscrición en https:// estudos.udc.es/es/study/ admission/4535V01.

This article is from: