A batalla antipandemia do CITIC Investigadores do centro da UDC reciben un recoñecemento da RAGC polo seu papel na loita contra a COVID-19
Máster Internacional en Visión por Computador CITIC informou de que o vindeiro curso impartirase o novo Máster Internacional Universitario en Visión por Computador na Universidade da Coruña, no que tamén participan as Universidades de Santiago de Compostela, Vigo e Porto (Portugal). Este mestrado é de especial interese para ampliar a formación e capacidades no ámbito da visión por computador, tan demandado na actualidade por unha chea de sectores grazas aos avances tecnolóxicos no eido da aprendizaxe profunda (Deep Learning) e da Intelixencia Artificial en xeral. Características do mestrado: • Titulación oficial do EEES en España e Portugal. • Docencia impartida na Coruña, con vídeo-conferencias desde outras universidades. • Flexibilidade co formato presencial para compatibilizar co traballo. • Prácticas en empresas ou centros tecnolóxicos especializados na visión por computador. Para máis información cómpre visitar a web https://www.imcv. eu. O prazo de inscrición comeza o 19 de agosto e finaliza o 31 de agosto. Máis información sobre o proceso de preinscrición en https:// estudos.udc.es/es/study/ admission/4535V01.
O
U
n grupo de Investigadores do Centro de Investigación TIC (CITIC) da UDC recibiron un recoñecemento por parte da Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) polo seu importante papel na loita contra a COVID-19. Os encargados de recibir o galardón foron Ricardo Cao, Susana Ladra e Marcos Ortega, en representación de grupos de investigación da Universidade da Coruña e proxectos centrados na procura de solucións directas fronte ao COVID-19. A RAGC quixo recoñecer o traballo desenvolvido por 20 grupos de investigación galegos que desenvolveron proxectos centrados en paliar os efectos da pandemia do coronavirus SARS-CoV-2. Estas contribucións foron financiadas por diversas institucións como o Instituto de Salud Carlos III, a Axencia Galega de Innovación (GAIN), o Fondo Supera COVID, a Fundación Amancio Ortega, o SERGAS, Tragsa, Augas de Galicia e Edar Bens. Ricardo Cao recibiu o galardón en representación do Grupo Modelización, Optimización e
Inferencia Estatística da UDC e polas súas achegas en proxectos relacionados co modelado matemático para determinar o impacto futuro da infección baixo diferentes supostos e analizar a súa distribución xeográfica. Así mesmo, cómpre salientar que Ricardo Cao é presidente do comité de expertos da iniciativa Acción Matemática contra el Coronavirus, promovido polo Comité Español de Matemáticas (CEMat). Á súa vez, Susana Ladra recolleu o recoñecemento outorgado ao proxecto EPICOVIGAL, Epidemoloxía xenómica e monitorización en tempo real do SARS-CoV2 en Galicia, proxecto liderado polo investigador da UVigo David Posada, do que Ladra é investigadora principal na UDC. Pola súa banda, Marcos Ortega recolleu o galardón en representación do Grupo de Investigación de Visión Artificial e Recoñecemento de Patróns da UDC, cuxo equipo investigador desenvolveu diferentes proxectos destinados a mellorar a eficiencia, precisión e rapidez dos procesos de diagnóstico de persoas infectadas pola COVID-19 a través da Intelixencia Artificial.
Cofinanciado pola Unión Europea. Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020. Promover o desenvolvemento tecnolóxico, a innovación e unha investigación de calidade. Unha maneira de facer Europa
Número 204
|5