3 minute read
GAIN convoca a primeira edición dos Premios Galicia de Innovación e Deseño
from Código Cero 206
Altofalante de talento
A Xunta a través de Gain convoca a primeira edición dos Premios Galicia de Innovación e Deseño
Advertisement
Traxectoria innovadora: 15.000€ Empresada Axencia Galega de Innovación (Gain), convocou a primeira edición dos Premios Galicia de Innovación e Deseño, uns recoñecementos dirixidos a visualizar e distinguir o labor das persoas e empresas que están a contribuír “de xeito significativo ao desenvolvemento económico e social en Galicia a través da innovación e o deseño”.
Haberá dúas seccións (innovación e deseño) cunha contía total de recoñecementos de 60.000 euros.
En concreto, con estes premios, informa a Xunta, búscase “salientar as mellores prácticas para que sirvan de inspiración a todo o tecido empresarial galego, poñendo de relevo como a innovación e o deseño son esenciais para mellorar a competitividade das empresas e, en definitiva, a calidade de vida das persoas”.
As seccións e as categorías son as seguintes: • Sección innovación
Trátase da sección específica destes galardóns que recoñecerá as persoas e empresas galegas coas traxectorias e prácticas de innovación máis destacadas conta con tres categorías: rios e profesionais cunha traxectoria de alomenos dez anos na que a innovación fose unha das súas características relevantes. Pequena e mediana empresa: 15.000€ Pequenas e medianas empresas con demostrada actividade innovadora durante alomenos os últimos cinco anos. Gran empresa: carácter honorífico, para grandes empresas cunha actividade innovadora ao longo de, como mínimo, a última década.
• Sección deseño
Nesta sección recoñecerase ás persoas e empresas que mellor representen a contribución do deseño galego á innovación conta con tres categorías: - Profesionais: 15.000€ Profesionais do deseño (persoas físicas ou equipos de profesionais) cunha traxectoria de alomenos dez anos de recoñecido prestixio no sector. - Deseñadores/as mozos/as: 15.000€ Creadores de ata 35 anos de idade cunha traxectoria profesional inferior a dez anos. - Empresas: carácter honorífico. Distinguirase o labor de empresas consolidadas que incorporasen o deseño a súa estratexia empresarial ao longo de, como mínimo, a
AXunta de Galicia, a través
última década. Os Premios Galicia de Innovación e Deseño están destinados a visualizar e distinguir o labor das persoas e empresas que están a contribuír “de xeito significativo ao desenvolvemento económico e social en Galicia a través da innovación e o deseño”
Prazos e requirimentos
O prazo de presentación de candidaturas ficará aberto ata o 9 de decembro de 2020. Poderán ser candidatas as persoas físicas e as persoas xurídicas que teñan polo menos un establecemento permanente en Galicia, validamente constituído e que manteña a súa actividade. As candidaturas da categoría Traxectoria innovadora da sección de Innovación do certame, así como as das categorías Profesionais e Deseñadores/as mozos/as da sección de deseño, deberán contar, como mínimo, con dous avais de persoas de recoñecido prestixio nos ámbitos da innovación e do deseño, respectivamente.
Xornada online sobre vixilancia tecnolóxica
OCIS Tecnoloxía e Deseño da Axencia Galega de Innovación (Gain) vai organizar o 28 de outubro unha xornada online sobre os Desafíos e oportunidades da Vixilancia Tecnolóxica no contexto actual. Na sesión avaliarase até que punto están preparadas as nosas empresas para a seguinte revolución industrial e, entre outros asuntos, cales son os retos aos que se enfrontan hoxe en día os profesionais que se adican a tarefas de vixilancia tecnolóxica e intelixencia competitiva.
Será a primeira de tres accións dedicadas á devandita temática que o CIS Tecnoloxía e Deseño organizará no marco da súa experiencia en actividades e proxectos relacionados coa xestión e implantación da vixilancia tecnolóxica en empresas e entidades de Galicia. Participará o experto Enric Escorsa O´Callaghan, director executivo de IALE Tecnología.