2 minute read

Avanza o plan de mellora do servizo móbil no rural a través dunha consulta pública

Obxectivo, mellorar a cobertura

Avanza o plan de mellora do servizo móbil no rural a través dunha consulta pública

Advertisement

AAxencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) vén de compartir unha consulta pública sobre as medidas de apoio á cobertura de telefonía móbil en zonas rurais, que estará aberta ata o próximo día 10 de decembro de 2020. O obxectivo é coñecer se os operadores contemplan plans de despregamento nun total de 385 núcleos situados en zonas illadas e espazos naturais de 94 concellos que se adheriron ao Plan autonómico para mellorar as comunicacións móbiles no rural.

Estes municipios da nosa terra trasladaron á Xunta arredor de 1.000 núcleos nos que realizar comprobacións de cobertura para abordar o Plan de mellora. Os técnicos da Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (AETG), en colaboración coa AMTEGA, realizaron medidas de verificación en todos estas entidades de poboación, incluíron probas de realización de chamadas e medidas da calidade do sinal, e que deron como resultado que en 385 núcleos non se cumpren os requisitos mínimos con ningún operador para a realización de chamadas de voz coa calidade suficiente (imposibilidade de establecer chamada, nivel de sinal inferior a -115 dBm ou capacidade de ligazón ascendente inferior a 0,5 Mbps).

Unha vez finalizada esta consulta, o seguinte paso será o lanzamento dunha primeira convocatoria pública de axudas a operadores para facilitar cobertura nas zonas nas que non haxa previsto ningún despregamento. Os operadores interesados deberán presentar os seus proxectos para as zonas que elixan e as entidades locais, que resulten beneficiadas, deberán aportar terreos para a execución das torres precisas por parte do operador público galego RETEGAL, nas que se instalará o equipamento de comunicacións móbiles. En total, destinaranse 5 millóns de euros públicos para estas actuacións.

O obxectivo é coñecer se os operadores contemplan plans de despregamento nun total de 385 núcleos situados en zonas illadas e espazos naturais de 94 concellos.

Galicia propuxo esta solución á Comisión Europea, que é o organismo que ten que aprobar a convocatoria pública de axudas, coa que está manter contacto e intercambiando de información para poder dar resposta á demanda.

A pesar de que Galicia conta cunha cobertura móbil do 98%, á que contribuíron en boa medida os investimentos públicos para incentivar a extensión do 4G na Comunidade, aínda existen zonas rurais illadas e espazos naturais nas que non é posíbel realizar chamadas de voz a través do móbil

Para dar solución a esta situación, a Xunta de Galicia puxo en marcha unha iniciativa para mellorar as comunicacións móbiles no rural, coa firma dun convenio coa Federación Galega de Municipios (FEGAMP), ao que se adheriron 94 concellos. 

This article is from: