3 minute read

Gradiant fai balance dos seus 13 anos achegando ás empresas recursos de competitividade TIC

Gradiant duplica socios

O centro tecnolóxico leva 13 anos achegando ás empresas recursos de competitividade TIC

Advertisement

Benvida oficial

diant enfiou novembro con importantes novidades. Entre as máis destacadas, foi quen de duplicar a súa cifra e socios e incorporou á entidade financeira Abanca no seu padroado, que xa está formado por 13 entidades. Abanca tamén formará parte do consello empresarial do centro, que dobrou o número de socios nos últimos 2 anos e no que actualmente se agrupan 18 grandes compañías. Este órgano traslada aos directivos de Gradiant as necesidades tecnolóxicas das empresas.

O padroado de Gradiant está formado polo tres universidades públicas galegas (A Coruña, Santiago de Compostela e Vigo), oito das principais empresas do sector das tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) que operan en Galicia (Altia, Arteixo Telecom, EGATEL, Indra, Plexus, R, Telefónica e Televés, ás que se une Abanca) e a asociación Ineo, que agrupa a máis de 60 sociedades do devandito ámbito.

O consello empresarial de Gradiant está composto polos patróns empresariais da fundación e as compañías Cellnex Telecom, FINSA, Grupo Nova Pescanova, Gsertel, Hispasat, PSA Groupe, TRedess e Vodafone. Tres delas (Cellnex Telecom, Indra e Telefónica) cotizan no Ibex 35.

O presidente do consello empresarial de Gradiant, José Luis Albo, deu a benvida ao director de Innovación de Abanca, Eduardo Aldao, novo patrón en representación do banco galego, que asistiu este novembro, por vez primeira, á reunión do consello empresarial e agradeceulle o seu apoio no “desenvolvemento tecnolóxico de Galicia”.

Na reunión do consello empresarial analizouse a axenda estratéxica de Gradiant para o período 2021-2024, marcada polo plan de recuperación establecido polo Goberno español, con axuda da Unión Europea, tras a crise

OCentro Tecnolóxico Gra-

social e económica xerada pola COVID-19. 13 anos de andaina

En 13 anos, Gradiant constituíuse como un referente do sistema estatal de I+D+i e nun dos principais socios para as empresas galegas na mellora da súa competitividade tecnolóxica. Desde a súa constitución, Gradiant desenvolveu proxectos para máis de 200 compañías de Galicia, especialmente pequenas e medianas empresas. Cun persoal que alcanza os 100 empregados, en 2019 rexistrou unha facturación de 4,7 millóns de euros e puxo en marcha máis de 70 proxectos.

Gradiant concluíu desde o 2007 máis de 340 proxectos. O 85% dos mesmos comercializáronse e están a ser utilizados por diferentes compañías. Entre elas, as multinacionais Boeing, Eleven Paths, Microsoft, Navantia, Samsung ou entidades como a Organización do Tratado do Atlántico Norte (OTAN). 

O proxecto intelixente con CONGALSA

Onovo delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou o mércores 11 de novembro as instalacións de CONGALSA na Pobra do Caramiñal, onde foi recibido á súa chegada polo director xeral da compañía, Luis Miguel Simarro, e a directora de Relacións Externas, Isabel Cañas. Durante a súa estadía na sede de CONGALSA, Trenor tivo oportunidade de coñecer detalles do proxecto de fábrica intelixente da empresa, impulsado en colaboración con Gradiant. Denominado CONGALS4.0, está a día de hoxe en execución e que ten o remate previsto para 2022.

O proxecto, como lembraremos, ten a súa orixe na selección da empresa pobrense para formar parte da terceira edición do Programa Fábrica Intelixente da Xunta de Galicia, cuxo obxectivo é favorecer o avance do tecido industrial galego cara a modelos máis eficientes, sustentábeis, innovadores, mellor xestionados e intelixentes. A compañía desenvolve CONGALS4.0 en colaboración co Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia (Gradiant), ao abeiro dunha convocatoria subvencionada e impulsada pola Axencia Galega de Innovación, GAIN, e co-financiada con cargo a fondos europeos FEDER.

Durante a visita do delegado, o director xeral da compañía, Luis Miguel Simarro, aproveitou para pór en valor que o proxecto CONGALS4.0 axudará á empresa “a ser un dos tractores do cambio no sector alimentario galego”, promovendo o desenvolvemento “dun modelo fabril intelixente e hiperconectado”.

This article is from: