Código Cero 208

Page 28

TREBELLOS

Vodafone traerá a España as lentes de realidade aumentada Nreal Light Dende Nreal levan anos apostando pola realidade aumentada de cara ao mercado de consumo, chegando a fabricar unhas lentes lixeiras e económicas que ao longo do presente ano levaron aos mercados xaponés e surcoreano da man de distintas operadoras de telecomunicacións, e na vindeira primavera chegarán tamén a Alemaña e España grazas a un acordo con Vodafone, compañía que venderá as lentes Nreal Light como un xeito de ofrecer experiencias de realidade aumentada e realidade mixta aproveitando as posibilidades da 5G. As lentes Nreal Light proxectan unha pantalla xigante fronte aos ollos do usuario, correndo os contidos presentados pola conta dun smartphone de última xeración conectado por USB-C, de xeito que consegue ser unha solución relativamente económica. As lentes fan uso da realidade aumentada para poder presentar

28 |

aplicacións correndo nunha especie de pantalla xigante transparente, mentres que con aplicacións de realidade mixta poden amosar contido dixital sobre o noso contorno visible, combinando o mundo real co contido dixitais, permitindo que o usuario interactúe con obxectos virtuais en 3D. Ao estarmos ante unha solución que proxecta unha grande pantalla virtual os usuarios poden correr até 3 aplicacións de xeito simultáneo, facilitando o consumo audiovisual, o acceso a redes sociais, a visualización de fotografías ou incluso a utilización de ferramentas ofimáticas, achegando unha experiencia única que serve de anticipo do que estas tecnoloxías ofrecerán no futuro, para o que resulta crucial que vaian desenvolvéndose aplicacións que exploren as moitas posibilidades e a reacción dos usuarios.

Número 208


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.