Código Cero 211

Page 26

TREBELLOS

O Xperia PRO permite facer retransmisións en directo dende fontes de vídeo externas Sony está a lanzar nos EE.UU. o Xperia PRO, un smartphone con conectividade 5G (incluíndo mmWave) que pode considerarse a evolución do Xperia 1 II que en España véndese a 1.199 euros, pero que ten un prezo de 2.500 dólares (2.066 euros), diferenza de prezo que estaría xustificada por unha características que non ten competencia no mercado: unha entrada HDMI. Ao contar con entrada de vídeo, a pantalla do Xperia PRO pode empregarse como monitor de vídeo para cámaras profesionais (soportando 4K e HDR), o que é unha prestación que agradecerán moitos profesionais do vídeo, pero Sony non deixa a cousa aí, e permite que poida empregarse este sinal de vídeo externo para a realización de retransmisións de vídeo

26 |

en directo a través de aplicacións de terceiros. Deixando a un lado esta impresionante prestación do Xperia PRO cómpre dar conta das súas prestacións, bastante ordinarias en móbiles de gama alta de 2020. Falamos dun móbil cunha pantalla OLED 4K de 6,5 polgadas en formato ultrapanorámico, equipado cun procesador Qualcomm Snapdragon 865, 12 GB de RAM, 512 GB de almacenamento interno, dobre SIM, Wi-Fi 6, Bluetooth 5.1, cámara traseira tripla (con 12 Mpíxeles en cada sensor), cámara frontal de 8 Mpíxeles e batería de 4.000 mAh, sendo este último elemento precisamente o seu punto máis feble se temos en conta que pretende empregarse o terminal como monitor de vídeo ou como emisor de retransmisións en directo.

Número 211


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.