Código Cero 213

Page 11

Das TIC ao ceo O CITIC e o Consello social da UDC activan un programa para impulsar vocacións tecnolóxicas

P

romover vocacións científicotecnolóxicas entre estudantes de secundaria e bacharelato. Ese é o obxectivo do programa Das TIC ao ceo, lanzado polo Centro de Investigación TIC (CITIC) e o Consello Social

da Universidade da Coruña, e inaugurado o pasado 22 de abril con motivo do Día Internacional das Nenas nas TIC. Para lograr este obxectivo, diferentes profesionais de prestixio no ámbito das TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación),

todos eles graduados pola Universidade da Coruña, ofrecerán charlas a estudantes de centros educativos, para achegar a súa experiencia no desenvolvemento da súa carreira profesional. Así, buscarase visibilizar casos de éxito para servir como referente e fomentar o interese de cara ás disciplinas STEAM (ciencias, tecnoloxía, enxeñaría, arte e matemáticas, polas súas siglas en inglés). O ciclo desenvolverase ata a finalización do actual curso escolar. Das TIC ao ceo foi inaugurado por Ana Freire, investigadora, doutora en Informática e profesora na Universidade Pompeu Fabra de Barcelona, onde tamén dirixe o Centro de Estudos de Sostibilidade. É co-fundadora do proxecto Wisibilízalas, recibiu o premio Ada Byron Joven 2019 da Universidade de Deusto e foi seleccionada por Business Insider entre os 23 mozos españois de 35 anos ou menos chamados a liderar a revolución tecnolóxica. Ana Freire explicou a 100 estudantes de 4ª da ESO e 1º de bacharelato do Colexio Calasanz PP Escolapios da Coruña a súa traxectoria e algúns dos proxectos nos que está a traballar actualmente. 

O delegado da Xunta interésase polos proxectos en Intelixencia Artificial do CITIC delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou as instalacións do CITIC para coñecer algúns dos proxectos de investigación punteiros nos que se está a traballar dende o centro. Acompañado polo vicerreitor de Política Científica, Investigación e Transferencia da UDC, Salvador Naya, o director e o subdirector do CITIC, Manuel F. González Penedo e Javier Pereira, o delegado da Xunta puido descubrir diferentes proxectos destacados no ámbito da Intelixencia

O

Artificial, área na que o CITIC é referente na comunidade galega. Trenor destacou que “o CITIC é un éxito da colaboración entre a Universidade, a sociedade, a Administración e o tecido empresarial”, que “marca a diferencia con respecto doutros centros e está a definir o camiño da investigación e da colaboración con empresas para sacar adiante proxectos”. Tamén asegurou que “todos os coruñeses e os galegos podemos sentirnos orgullosos deste centro, ao que auguro un futuro moi prometedor”.

Cofinanciado pola Unión Europea. Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020. Promover o desenvolvemento tecnolóxico, a innovación e unha investigación de calidade. Unha maneira de facer Europa

Número 213

| 11


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.