NOVAS TIC Alén Space desenvolve un nanosatélite para a misión Alfa Crux
A empresa galega Alén Space, especializada na fabricación e operación de pequenos satélites para todo tipo de aplicacións, vén de subir un novo chanzo no camiño de converterse nun referente internacional no seu ámbito New Space. En concreto, confirmou a súa participación no proxecto Alfa Crux da Universidade de Brasilia (UnB) para o desenvolvemento dun CubeSat que permitirá a realización de investigacións e experimentos no ámbito das comunicacións ba-
seadas na Internet das Cousas (IoT). A misión, que conta co apoio da Fundação de Apoio a Pescuda do Distrito Federal (FAPDF) e da Axencia Espacial Brasileira (AEB), tamén estudará a caracterización dos efectos do clima espacial nas comunicacións por satélite en latitudes ecuatoriais. Esta iniciativa é posíbel grazas á colaboración entre a UnB e Alén Space, que permitirá o uso as súas instalacións e o seu programa de
adestramento e capacitación especializado no desenvolvemento de nanosatélites (Hands-on Training Programme). A empresa galega explica que a integración e validación do CubeSat realizarase este verán na súa sede de traballo, coa presenza dos estudantes brasileiros. O obxectivo é que “o nanosatélite estea listo e entregado ao lanzador entre os meses de outubro e novembro de 2021”.
Verín impulsa un plan de dixitalización e unha oferta de emprego de 32 prazas
O Concello de Verín vai
desenvolver un programa de modernización e dixitalización para ofrecer o mellor servizo posíbel á veciñanza e gañar en eficiencia, sustentabilidade, axilidade e óptima xestión. Segundo explica o
O CCG retransmitirá dende a súa web o Concerto das Letras Galegas
Goberno local, o plan ten unha orixe clara: poñer en marcha accións urxentes para contrarrestar as
O Auditorio do Mar de Vigo acollerá o tradicional Concerto das Letras Galegas do Consello da Cultura Galega. Será presencial, o vindeiro 16 de maio, e poderase seguir en directo a través da web do CCG (consellodacultura.gal/ especial/concerto-letras-2021/), emitíndose tamén a través da CRTVG, e no propio 17 de maio na segunda canle da TVG. O Concello de Vigo colabora na realización deste iniciativa que xuntará a experimentación musical de LauraLaMontagne e PicoAmperio coa poética de Xela Arias (1962-2003), figura á que se lle dedica nesta ocasión o Día das Letras Galegas.
actuais necesidades en materia de equipo humano, que se viu reducido drasticaAs entradas do concerto serán de balde e pódense retirar desde xa a través da plataforma Teuticket. En palabras do CCG, o Concerto das Letras Galegas é “unha aposta consolidada do Consello da Cultura para celebrar dunha maneira festiva o Día das Letras Galegas”, e este ano pretende “ser tamén unha homenaxe ás vangardas e aos novos creadores”.
mente dende 2015 por baixas definitivas ou ceses de xubilación. O obxectivo é lanzar unha oferta de emprego público de 32 prazas. En concreto, o
Humor tecnolóxico de Henrique Neira
Concello prepara “un ambicioso plan de modernización”, que pasa “pola dixitalización de todos os servizos municipais, a introdución das novas tecnoloxías en todas ás áreas da administración local e a informatización do conxunto das actividades de xestión”.
24 |
Número 213