TREBELLOS
Apple introduce o chip M1 no iPad Pro O produto que xustificou o último evento de Apple é o iPad Pro, que incorpora o chip M1, o que supón un salto de potencia que tardaremos en ver o que pode dar de si, e que estará acompañado con conectividade 5G e, no caso do modelo con pantalla de 12,9 polgadas estréase a tecnoloxía Liquid Retina XDR, que é como Apple denomina ás súas pantallas con miniLED, o que permite incrementar considerablemente o nivel máximo de brillo da pantalla á que vez permite un bo contraste grazas a contar cun control por zonas da retroiluminación. Outro elemento que xustificaría o apelido Pro deste trebello sería o seu porto USB-C, compatible con Thunderbolt e USB 4, de xeito que multiplica por 4 o largo de banda do anterior iPad Pro. Grazas a Thunderbolt o iPad Pro podería soportar Ethernet a 10
26 |
Gbps e a conexión a pantallas 6K Pro Display XDR, así como a periféricos que permitirán o uso deste trebello para diferentes traballos creativos. O iPad Pro renova a súa cámara frontal, optando por un sensor de 12 Mpíxeles cunha óptica de ultra grande angular coa intención de captar un grande ángulo de visión sobre o que poder aplicar recorte, xa que nas videoconferencias estrea a función Encuadre Centrado, que permite que a cámara faga un seguimento de persoas, manténdoas sempre centradas no plano, o que busca unha maior flexibilidade en xuntanzas profesionais ou mesmo conversas familiares. O novo iPad Pro chegará na segunda quincena de maio, con prezos que parten dos 879 euros para o modelo de 11 polgadas (que carece da pantalla Mini-LED) e dos 1.119 euros para o modelo de 12,9 polgadas.
Número 213