O Barbanza - Número 1

Page 1

O Barbanza Edición Arousa Norte

Número 1

Ribeira  A Pobra  Boiro  Rianxo

Especial eleccións

www.obarbanza.gal Maio 19

26 M

Goberno único ou coalicións Ribeira

Ribeira: de esquerda a dereita, Xosé Vázquez (BNG), Rosa García (IPR), Vicente Mariño (PBBI), Xurxo Ferrón (Suma Ribeira), Manuel Ruiz (PPdeG), Laura Riveiro (Ciudadanos), José Manuel Vilas (PSdeG-Psoe). Non puido asistir Óscar Casais (Compromiso)

Boiro

Boiro: de esquerda a dereita, Raquel Suárez (BNG), Juan José Dieste (PPdeG), Dores Torrado (Boiro Novo), Carlos Rodríguez (Ciudadanos). Non puideron asistir José Ramón Romero (PSdeG-Psoe) e Manuel Velo (Iniciativa cidadá de Boiro).

A Pobra

A Pobra: de esquerda a dereita, Ramiro Ouviña (BNG), Patricia Lojo (PSdeG-Psoe), Manuel Durán (PPdeG), Xosé Lois Piñeiro (Nós Pobra)

Rianxo

Rianxo: de esquerda a dereita, Germán Allut (PPdeG), Mª Xosefa Comojo (Compromiso), Julián Bustelo (Rianxo en Común), María del Carmen Figueira (PSdeG-PSOE), Adolfo Muiños (BNG), Sara Resúa (Ciudadanos)

  57.679 votantes elixen 68 concelleiros e o futuro da comarca para 4 anos


2

maio 19

O Barbanza Ediciรณn Arousa Norte

Plan de dinamizaciรณn da lingua galega na mocidade 2019-2022

Participa www.lingua.gal


O Barbanza Edición Arousa Norte

O Barbanza

3

maio 19

Edición Arousa Norte

EDITA: Grupo Código Cero Comunicación S.L. Rúa das Hedras nº 4, 1º G 15895 Ames (Milladoiro) Tel.-fax: 981 530 268 - 608 240 160 www.codigocero.com

Nace "O Barbanza"

P

ermítannos que nos presentemos, un grupo de profesionais da comarca decidimos aventurarnos na publicación dunha revista mensual de ámbito comarcal que cubrirá os concellos de Ribeira, A Pobra, Boiro e Rianxo, é dicir O Barbanza- Arousa Norte.

DIRECTOR: Joferpa director@obarbanza.gal WEBMASTER: Marcus Fernández REDACCIÓN: Fernando Sarasketa Sonia Pena redaccion@obarbanza.gal FOTOGRAFÍA: Beatriz Martínez del Campo y Ricoy Joferpa DESEÑO E MAQUETACIÓN: Grupo Código Cero Comunicación PUBLICIDADE: publicidade@obarbanza.gal A NOSA WEB www.obarbanza.gal REDES SOCIAIS: facebook.com/obarbanza www.instagram.com/o_barbanza/ IMPRIME: PUBLICACIONES TAMEIGA, S.L. Número 1 (maio 2019) Publicación periódica. Tirada: 7.000 exemplares Depósito Legal: C 668-2019 I.S.S.N.: 2659-8256

A nova publicación conta co apoio do “Grupo Código Cero Comunicación S.L.”, unha empresa editora con 19 anos de experiencia responsable da edición da revista mensual de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia “Código Cero” e da Web “codigocero.com”. A edición impresa desta nova publicación leva o nome de “O Barbanza”, terá unha periodicidade mensual, unha tirada por número de 7.000 exemplares e unha distribución que abranguerá os catro concellos de Arousa Norte, ademais de Santiago, A Coruña, Pontevedra e Vigo. Trátase dunha revista de balde que contará cunha ampla distribución e que ademais contará con edición dixital. Evidentemente non tratamos de ser un medio de actualidade inmediata, para iso están xa os nosos compañeiros dos medios de comunicación de xornais, radios e televisións que o fan magnificamente. Nós, humildemente, queremos recoller historias de inquedanzas, de preocupacións, de aspectos sociais... e achegarlles temas que poidan ser de interese, sen esquecer loxicamente o aspecto cultural, económico, político, deportivo e festivo.... vamos o que é a vida diaria. Como é natural, apoiarémonos tamén na web a través da páxina “www.obarbanza.gal”, nas redes sociais, nas que por certo temos ampla experiencia, e na imaxe e o vídeo que esperamos sexa un dos nosos baluartes contando coa colaboración dos lectores e veciños.

www.codigocero.com D I A R I O D E N O VA S T E C N O L Ó X I C A S D E G A L I C I A Sigue a última hora de todo o que che interesa en materia de I+D+i. O noso boletín diario é o de maior difusión por subscrición en Galicia, tal como o amosan os máis de 3.000 subscritores que reciben no seu correo electrónico un resumo de xeito gratuíto do máis destacado en materia de novas tecnolóxicas. A que agardas? Subscríbete XA!

Síguenos en:

E quen está detrás desta aventura?. Como comentamos ao principio, un grupo de profesionais da comarca que edita desde hai case dúas décadas a revista mensual “Código Cero” dedicada a ciencia e tecnoloxía de Galicia. Unha publicación que se distribue en todo o pais e que na súa edición dixital, ”codigocero.com”, chega diariamente a máis de 3.000 subscritores cun boletín de novas tecnolóxicas de balde e que conta con preto de 15.000 usuarios únicos con varios milleiros de seguidores en redes sociais. Isto convérteo no terceiro medio de comunicación en galego da Rede e o oitavo medio de comunicación de Galicia. Pero non é todo, tamén a editorial publica libros e revistas e fai proxectos editoriais para institucións, organismos e empresas. Pero volvendo a este primeiro número da nova revista “O Barbanza” arrancamos cunha edición especial centrada case monograficamente na política, dadas as datas en que andamos. Pretendemos achegarlles aos candidatos, aos seus equipos e ao que eles cren que se debera facer nos próximos catro anos. Con todos contactamos e a súa resposta xa a verán nas seguintes páxinas. Queremos ser un medio o mais neutral posible, algo difícil, pero por intentalo que non sexa. Nacemos con moita ilusión e con gañas, e agardamos que saiban perdoarnos polos erros que cometamos nesta aventura, pero iso si, necesitamos o seu apoio e colaboración para poder contarlles historias cada mes. Non dubiden en escribirnos a "lectores@ obarbanza.gal". Moitas grazas e agardamos xa as súas suxestións e propostas. Vémonos no próximo número. O equipo de “O Barbanza” redaccion@obarbanza.gal


4

maio 19

O Barbanza Edición Arousa Norte

26M Manuel Ruiz Rivas Partido Popular

O

actual alcalde de Ribeira e o seu equipo queren seguir a liña de xestión das anteriores lexislaturas, “onde se conseguiu un Concello con menos débeda e máis marxe para investir”, explica o rexedor, engadindo que “Ribeira é hoxe a segunda cidade de Galicia con menos paro”. O grupo local do PP aposta nestes comicios pola representatividade (están presentes todas as parroquias e todos os ámbitos sociais), pola presenza feminina (hai 11 mulleres e 10 homes) e pola renovación. Ruiz Rivas, nado en Ribeira en 1957, é avogado e xestor de actividades deportivas, e foi concelleiro da súa cidade entre 1987 e 1997 e deputado do Parlamento de Galicia dende 1993. Esta, de conseguila, sería a súa terceira lexislatura local. Na cabeza do seu equipo para as eleccións locais (renovado nun 66%) están María José Sampedro Fernández, Ana Isabel Ruiz Reiriz, Ramón José Doval Sampedro, Manuel Emilio Pérez Outeiral, Ana Isabel Barreiro Rego, Víctor Reiriz Lampón, Juana María Brión Santamaría, Elvira Pereira Ageitos e Javier Ventura Sampedro.

Rosa García Pose

Iniciativa Progresista por Riveira (IPR)

O

Ribeira

AS CANDIDATURAS

s independentes de IPR acoden ao 26 de maio co reto de facer avanzar un proxecto de seu onde o máis importante é a defensa e o compromiso polas veciñas e veciños. A agrupación fai gala ademais dunha liberdade de acción coa que, segundo din, non contan outros partidos políticos que dependen dos programas ditados polos seus dirixentes. Rosa García Pose, ex-traballadora da Oficina Agraria Comarcal, leva 16 anos á fronte do partido. Foi a primeira muller que liderou unha candidatura en Ribeira. Nas súas propostas para estes catro anos latexa un obxectivo común: traballar pensando na xente. Arroupando a Rosa García ocupan a cabeza de listaxe de IPR Juan Manuel Reiriz Lampón, María de los Ángles Fernández Olveira, Tomás antonio Muñíz Pérez, Encarnación del Pilar García Suárez, José Ángel Vilas Parada, Sara María Moreira Sisto, David Cameán Mariño, Elisabeth Pérez Lorenzo e Daniel Martínez Chouza.

Xosé Vázquez Cobas

Bloque Nacionalista Galego

V

ázquez Cobas e o seu equipo queren gobernar Ribeira “coas ideas claras” e coa vontade de converter a cidade nunha urbe “accesíbel, xusta, verde e con emprego”. Vázquez Cobas amosou a súa intención de devolver a voz á cidadanía, de Ribeira e de todas as parroquias. En termos máis concretos, queren que a sociedade ribeirense “teña voz na política local”. O obxectivo: que o programa de acción sexa cen por participativo e integrador. Vázquez Cobas, nado en Carreira no 1957, é concelleiro e voceiro municipal do BNG e traballa a día de hoxe no Instituto Náutico Pesqueiro de Ribeira. O candidato vén acompañado de Luís Antonio Pérez Barral, María Cruz Rivadulla Márquez, Fátima El Gargari Sampedro, Daniel Couto Argibay, Silvia Varela Rodríguez, Alexandre Ríos Batista, Elvira Blanco Pérez, Francisco José Regueira Somoza e Rosana Ana Pérez Moares.

Óscar Casáis Montemuíño Compromiso por Galicia

Ó

scar Casáis Montemuíño e o seu grupo local queren traballar arreo a prol de Ribeira e a súa cidadanía, polos traballadores (por conta allea e autónomos) pero tamén polos desempregados e a xente que loita por saír adiante. Tamén apostan pola renovación e polo impulso da xente nova (a media de idade dos integrantes de Compromiso Ribeira é de 39 anos) e fan gala dunha firme vontade de diálogo con todas as frontes: non só a cidadanía, os colectivos e as entidades, senón tamén cos demais partidos. O obxectivo: traballar polo ben común do concello. Óscar David Casáis Montemuiño, natural da parroquia de Artes, é xefe do servizo de bombeiros do parque comarcal de Ribeira. A cabeza de lista complétana Ana María Vidal García, Rafael Pazos Rodríguez, Francisco Javier Gómez González, Cristina Pérez Castro, Nicolás Muñiz Brión, Miriam Crujeiras Pérez, José Manuel Martínez Muñiz, Julián Patiño Abeijón e María Josefa Bargiela Rego.


O Barbanza Edición Arousa Norte

Ribeira

AS CANDIDATURAS

26 M

José Manuel Vilas Álvarez

Laura Riveiro Rodríguez

J

L

PSdeG-PSOE

osé Manuel Vilas, candidato ribeirense do PSOE, manifestou o seu interese de loitar a prol da transparencia, da participación e de devolverlle a voz á cidadanía en materia de vida pública. O grupo do PSOE local queren dar unha viraxe ao rumbo seguido por Ribeira nas lexislaturas recentes, un cambio de dirección que teñen “moi claro” de que maneira debe darse e cara a onde: cara ao emprego, o emprendemento, as oportunidades para as empresas (co novo polígono industrial no punto de mira), a mellora nos accesos e a loita contra o despoboamento. Acompañan a José Manuel Vilas os seguintes cabeza de lista: Rita Rial Fernández, José Manuel Suárez-Puerta, Paula Pérez Queiruga, Herminio Caamaño Riveiro, Mª Dolores Fernández Guillán, Manuel A. García Pérez, Eva Mª Castro Calo, Emilio Pérez Calviño, e Mª Pilar Dios Arestín.

5

maio 19

Ciudadanos

aura Riveiro Rodríguez releva nestas eleccións a Asier Casáis á fronte de Ciudadanos Ribeira, agrupación local que comparte coa dirección do grupo o compromiso ao prol do rural e as parroquias, a posta en xogo de oportunidades de desenvolvemento e medidas de choque que derruben as desigualdades con respecto das cidades e das vilas. Tamén proxectan traballar duro contra o paro e os problemas económicos das familias. A candidata de Ciudadanos por Ribeira é xurista e ten unha ampla experiencia en comunicación dixital e mobilización cidadá. Laura Riveiro estará arroupada, no cumio da lista, por José Manuel Cardalda Novo, Francisco Manuel González Suárez, Rebeca María Cameán García, Ramón Fernández Fernández, José Luis Furones Ramos, Lucía Guiance Castro, Miguel Ángel Teira Crujeiras, Sara Martínez Lustres e Francisco José Baña Martínez.


6

maio 19

O Barbanza Edición Arousa Norte

26M

Ribeira

AS CANDIDATURAS

Vicente Mariño de Bricio

Xurxo Ferrón Vidán

V

urxo Ferrón Vidán foi elixido en asemblea xeral do seu partido este 21 de abril. O obxectivo de Suma Ribeira, agrupación do ámbito municipal, é poñer en xogo “outra forma de facer política”. Defenden un xeito de traballar integralmente colaborativo (ombro con ombro coa veciñanza) e que sitúe á veciñanza no centro da vida pública, na procura de mellores espazos onde vivir (e convivir) e da calidade de vida de cada quen. Suma Ribeira é un partido asembleario, democrático e feminista. Xurxo Ferrón é farmacéutico de Castiñeiras e ten as súas costas unha gran experiencia en activismo cidadá e iniciativas sociais. A candidatura de Suma Ribeira está liderada por Xurxo Ferrón Vidán, Mª Celia García Pillado, María Leonor Estévez Álvarez, María Carmen García Paz, Severino Manuel Muñiz Fontaíña, María de Los Ángeles Santos Casais, Manuel González González, Ana María Hernández Sevilla, Alicia Lourdes Tafur López e Juan José Martínez Muñiz.

Partido Barbanza Independente

icente Mariño de Bricio e os restantes integrantes da nova agrupación Partido Barbanza Independente (formado para concorrer nestes comicios municipais de maio por ex integrantes do Partido Popular local e Ciudadanos), apostan no seu programa pola proximidade á veciñanza, polo compromiso, polo “diálogo e o consenso” e por “escoitar a todos os veciños sen facer diferenzas para atender as súas demandas”. Amais, manifestaron a súa intención de non “deixar ningunha parroquia abandonada”. Vicente Mariño de Bricio é farmacéutico en Aguiño. O candidato polo PBBI concorre nestas eleccións acompañado, entre outras e outros, de Mª Herminia Pouso Maneiro, Mª Dolores Elorduy Callón, Miguel Ángel Vázquez Salgueiro, Emilio Andrés González Regueira, Gerardo Pardavila Fernández, Asier Casáis Álvarez, Tania Redondo Fernández, José Ángel Silva González e María Jesús Lustres Martínez.

Suma Ribeira

X

,,

Un alcalde para ti



8

maio 19

O Barbanza Edición Arousa Norte

26M Manuel Durán Guillán Partido Popular

O

Partido Popular local quere levar Pobra “á senda do crecemento”, tal e como fixo saber na presentación da súa candidatura, encabezada polo empresario Manuel Durán, sucesor de Isaac Maceiras. O grupo popular aposta pola dinamización económica e polo emprego, e por volver a situar o concello como un dos máis relevantes industrial, social, turística e culturalmente non só da comarca, senón de Galicia enteira. Tamén queren poñer o foco no deporte e no incremento de infraestruturas e servizos. O grupo de Manuel Durán está encabezado por Francisco Javier Otero Maceiras, Jesús Dieste Buceta, María González Santos, Mª Beatriz Martínez Outeiral. Marta Fernández López, Mª del Carmen Boo Cameán, Victorino Mouzo Tajes, Alberto García Rodríguez e Ricardo Guimarey Pérez.

Ramiro Ouviña Ouviña

Bloque Nacionalista Galego

N

A Pobra do Caramiñal

AS CANDIDATURAS

o punto de mira da candidatura de Ramiro Ouviña está a creación de empendemento (con especial atención á mocidade e ás mulleres), a atención á cidadanía (traballando por unha Pobra “das persoas, peonil, accesíbel e segura”) e a aposta pola solidariedade, a participación e os servizos sociais de calidade. Ramiro é capitán da mariña mercante, con experiencia na navegación de todo tipo de buques, pero con especial presenza ao mando de petroleiros. A día de hoxe xubilado, a súa relación co nacionalismo galego vén de lonxe, pero a partir dos anos 90 fíxose máis estreita, entrando pouco máis tarde nas listas do BNG, partido co que se presentou aos anteriores comicios locais. A cabeza de lista está composta por Ramiro Ouviña Ouviña, Mª Cristina Andrade González, Laura Novelle López, Alicia Miguéns Vila, Manuel Fernández Fernández, Mª Mercedes Maceiras Rodríguez, Xosé Mª Abuín Noya, Ana Rosa López Davila, Ramón Miguéns Romero e Mª Natividad Fernández Enríquez.

Xosé Lois Piñeiro García Nós Pobra

O

equipo actual de goberno na Pobra, comandado por Xosé Lois Piñeiro, quere prolongar a súa actividade catro anos máis. O obxectivo primordial é manter a liña de traballo da lexislatura que estamos a piques de deixar atrás, a de priorizar a participación veciñal, e mesmo levala aínda máis lonxe. Nós Pobra acudirá a estes comicios como partido político (nas eleccións de 2015 fíxoo como agrupación de electores). O actual alcalde da Pobra é profesor do IES Espiñeira de Boiro, exmilitante do BNG e de Compromiso por Galicia. En 2015 acode con Nós Pobra aos comicios locais e é elixido alcalde co apoio do PSdG e o BNG. Piñeiro estará acompañado dos seguintes cabezas de lista: Rosario Varela Fernández, José Carlos Vidal Suárez, María Genoveva Hermo Santos, José Andrés Lojo Fernández, Estefanía Ramos Olveira, Juan Manuel Betanzos Castro, María del Carmen Senise-Rosales Paz, Guillermo Antonio Pérez Cameán e Sonia Pajuelo Rubio.

Patricia Lojo Nine PSdeG-PSOE

O

equipo de Patricia Lojo queren devolverlle ao PSOE local o esplendor de épocas pasadas. A candidata, que foi vogal de asociacións de nais e pais de alumnado en Boiro, quere aplicar a súa experiencia de diálogo, participación e traballo colectivo á vida pública pobrense. Patricia ten tamén unha longa bagaxe como activista, encabezando accións a prol do ensino público e de calidade, e a prol da igualdade e a loita contra a violencia de xénero. A lista está encabezada por Patricia Lojo Nine, Laura Batista Outeiral, Mª Zaida Rey Lampón, José Luis Figueroa Núñez, Marcos José Santos Fungueiriño, Mª Montserrat Mariño Boo, Daniel Sobrido Moledo, Mª de la Soledad Cipriana Cameán Hermo, Martín Giménez Calviño e Manuel Pardavila Silva.



10

maio 19

O Barbanza Edición Arousa Norte

26M

Juan José Dieste Ortigueira Partido Popular

O

actual alcalde de Boiro polo Partido Popular, Juan José Dieste, encara nestas eleccións locais a súa terceira campaña. O rexedor e máis o seu equipo, que aspiran á maioría absoluta (con toda a capacidade de movementos que isto implica), queren dar continuidade “aos éxitos e logros acadados nas anteriores lexislaturas”. Dieste afronta a campaña destacando as importantes capacidades da agrupación local que representa en todos os ámbitos da actividade política. O alcalde, nado en Escarabote en 1963, ocupa o seu posto á fronte do Concello dende maio de 2011. É licenciado en Económicas pola USC e ten unha ampla experiencia profesional na empresa privada. Os dez primeiros candidatos do PP local está encabezada por Juan José Dieste Ortigueira, Fernando M. García Diéguez, Manuel Romero Vázquez, Carmen Breatriz Deus Míguez, Mª José Lorenzo Ouviña, Diego Santamaría Vila, Benigno Miguel González Bermúdez, Paula García Alcalde, Martín Romero Luaces e Denís González Maneiro.

Manuel Velo Velo

Iniciativa Cidadá de Boiro

I

Boiro

AS CANDIDATURAS

CBoiro acode a estas eleccións cunha candidatura renovada en máis da súa metade e cun ideario político e estratéxico que se apoia directamente no espírito democrático, no diálogo coa xente e na implicación cidadá. Á fronte do grupo sitúase novamente o seu fundador e ex alcalde de Boiro, Manuel Velo, que foi rexedor socialista da vila entre 1983 e 1995 e que volveu á política en 2015 (logo dunha paréntese iniciada en 2011) para liderar o partido do que segue a formar parte. O grupo está conformado nos seus primeiros postos por: Manuel Velo Velo, José Antonio García Castro, María Begoña Díaz Soto, Miguel Ángel Piqueras Abeijón, Jessica Sánchez Nine, Celestino Mariño Hermo, Sergio Barreiro Fernández, Alberto Fernández Muñiz, Elvira Comojo Fernández e Cándida Sieira Vilas.

Raquel Suárez Regades

Bloque Nacionalista Galego

O

BNG de Boiro, comandado por Raquel Suárez, está integrado por representantes de todo tipo de colectivos e frontes sociais sociais, culturais, deportivas e feministas. Segundo fixo saber a líder do grupo local do partido, o BNG de Boiro quere consolidar un Concello de diálogo coas veciñas e veciños, que busca facer revivir a vila e as parroquias, que pon o foco nos sectores económicos tradicionais (o mar, principalmente) e que non deixa de lado a innovación, senón que tentará potenciala xunto co emprendemento baseado no coñecemento e nas ideas novas. Raquel naceu en Boiro o 17 de maio de 1981. Encabezou a candidatura do BNG para as eleccións municipais de 2015 e en 2016 foi elixida membro da executiva do devandito partido. Estes son os dez primeiros da listaxe do grupo do BNG de Boiro: Raquel Suárez Regades, Carlos Blanco Ansoar, Santos Saborido Chouza, Francisco Xavier Santamaría Branco, Rebeca Romero Viturro, María Teresa Silva Fajardo, Ricardo Vázquez Regueiro, Raquel Martínez Bugarín, José Manuel González Tarrio e Roberto Ferreira Guerra.

José Ramón Romero García PSdeG-PSOE

O

PSOE de Boiro aposta forte pola voz da cidadanía e das empresas. A industria e o mar, do que dependen (directa e indirectamente) milleiros de familias, están no seu punto de mira. Neste senso, o grupo de José Ramón Romero, un colectivo muldisciplinar e con “coñecementos en todos os sectores”, ten entre os seus retos acadar máis traballo e, tamén, máis traballo de calidade. Ou sexa: fomentar a creación de emprego ao tempo que se garanten a igualdade, a calidade de vida e as oportunidades. Isto, sinala o grupo, acompañarase dun forte impulso ao comercio local. A lista do PSOE de Boiro está liderada por José Ramón Romero García, José Luis Ruiz Laíño, José Marcos Fajardo Outeiral, Mª Luísa Outeiral Campos, Mª Luísa Collazo Tubío, Raúl Romero Treus, José Navarro Antón, Carolina Buig Fernández, José Joaquín Noal Martínez e Mª de la Cruz Maneiro Paz.


O Barbanza Edición Arousa Norte

Boiro

AS CANDIDATURAS

José Carlos Rodríguez Muñiz Ciudadanos

O

grupo de Ciudadanos de Boiro está liderado por Carlos Rodríguez Muñíz, o que fora presidente da Asociación Boirense de Empresarios. O candidato a alcalde, actual director xerente de Seratlánticos, quere tirar proveito da súa experiencia asociativa e integradora á fronte da patronal para dar voz e acollida a todos os puntos de vista e todas as inquietudes. O grupo (integrado por xente da cultura, as empresas, o deporte, a acción social) quere devolver á veciñanza a confianza na actividade pública e cidadá, apostando por un xeito de facer política que aglutine todas as frontes sociais do termo municipal. José Carlos Rodríguez Muñiz conta coa seguinte cabeza de lista: José Eugenio Rodríguez Fernández, Mª Dolores Domínguez Pérez, Yolanda Belén Cadabal Martínez, Óscar López Suárez, Juan Carlos García González, Ana Isabel Regueira Pouso, Salvador Martín Muñiz, Mª José del Río Fernández e Rosa Mª Blanco García.

11

maio 19

26 M

Dores Torrado Ares Boiro Novo

D

ores Torrado repite á fronte da candidatura de Boiro Novo, unha fronte cidadá que se caracteriza pola súa pluralidade e polo espírito renovador das e dos seus integrantes. Queren dar representatividade total a todas as parroquias, impulsar o emprendemento e a innovación e estar preto da veciñanza, dándolle voz, participación e tamén oportunidades sociais e laborais. Torrado ten unha ampla experiencia na vida política local. Alén da súa traxectoria en Boiro Novo, foi voceira do grupo municipal do BNG e tenente de alcalde de Boiro durante a lexislatura dupla do dito partido, amais de concelleira de Facenda. Estes son os dez primeiros da listaxe do grupo de Boiro Novo: Dores Torrado Ares, Xurxo Triñanes Hermo, Berta Blanco Silva, Francisco J. Míguez Mato, Cristina Abeijón Sobrado, Francisco J. Otero García, Milagros Torrado Cespón, Eladio Mariño Hermo, Mª de los Álgeles Noal Ares e Joel Outeiral Domínguez.


12

maio 19

O Barbanza Edición Arousa Norte

26M

AS CANDIDATURAS

Adolfo Muíños Sánchez

Germán Allut Vidal

O

O

Sara Resúa Patiño

Julián Bustelo Abuín

Bloque Nacionalista Galego

actual alcalde acode a estas eleccións para seguir, nas súas palabras, “entregándose ao concello e á xente de Rianxo”. A proposta do até o de agora rexedor é ofrecer traballo e “un gran desexo” de seguir resolvendo os problemas das veciñas e veciños. Muíños, que busca nestes comicios a súa terceira lexislatura, asegura que a súa candidatura é a garantía de que Rianxo vai seguir avanzando e mellorando, e de que as persoas proseguirán estando “no centro da xestión e da acción de goberno”. Adolfo Muíños Sánchez, nado en 1966, é licenciado en Pedagoxía e diplomado en Maxisterio pola USC. Foi educador, director de actividades de tempo libre e membro de diversos colectivos culturais. A cabeza da candidatura do BNG de Rianxo está integrada por Adolfo Muíños Sánchez, Adelina Ces Quintáns, Xusto Xosé Ordóñez Figueira, Hadriana Ordóñez Otero, Tobías Betanzos Rego, Raquel García Abuín, Xosé Vázquez González, Maura Rañó Arcos, Xosé Anxo Moares Collazo e Cinthia Ermitas Romero Muñiz.

Ciudadanos

P

rocedentes en boa medida do grupo local do Partido Popular, os integrantes de Ciudadanos de Rianxo prometen mellorar o día a día da veciñanza, poñendo a calidade de vida das rianxeiras e rianxeiros no seu punto de mira por enriba de calquera outro proxecto. A súa batería de propostas céntrase tamén nos negocios e nas empresas (con medidas para dinamizar os sectores) e en mellorar as infraestruturas e servizos para Rianxo e para as parroquias. Tamén porán o foco en reactivar o polígono industrial, a gardería municipal e o proxecto de centro de día. Entre outros integrantes da lista, Sara Resúa acode xunto con José Manuel Comojo Varela, José Collazo Novoa, Mª del Carmen Abuín Miguéns, Mª Vanesa Martínez Durán, José Manuel Gómez Vicente, Rosana Pedrouzo Blanco, José Manuel Castillo Muñiz, José Torres Alcalde e Mª Agüeiro Patiño.

Rianxo

Partido Popular

grupo de Germán Allut aposta pola reactivación económica da vila e das parroquias, polo emprendemento e pola xeración de riqueza, e tamén pola mellora dos servizos e as infraestruturas. O aspirante a alcalde de Rianxo substitúe no seu posto a Vanessa Martínez Durán, a candidata nas anteriores eleccións municipais. Germán Allut é médico de profesión. Na súa andaina política caracterízase polo estreito contacto cos empresarios e emprendedores, os colectivos de maiores e a mocidade. A listaxe do Partido Popular está encabezada por Germán Allut Vidal, Mariano José Moares Rial, Francisco Rubio Vicente, Alicia Carou Romero, Mª Dolores Moares Vicente, Elisardo Jesús Fernández Villanustre, Carlos Abelleira Torres, Sabrina Romay Rey, Matilde Gago Baleirón e Mª del Carmen Abuín González.

Rianxo en Común

R

ianxo en Común (ReC), con Julián Bustelo á fronte, colle forza nestes comicios como grupo político municipal con entidade propia e con proxecto estratéxico definido. A anterior lexislatura serviulle ao grupo de campo de experiencia con propostas transformadoras para impulsar o comercio local ou para regular a participación cidadá na vida pública do concello. Julián Bustelo é arqueólogo e investigador da Universidade de Santiago. Na presentación do grupo os seus membros recalcaron o seu obxectivo de traballar polo “ben común” e mellorar a calidade de vida das rianxeiras e os rianxeiros. O equipo de Rianxo en Común está liderado por Julián Bustelo Abuín, Julio Alcalde Hermo, Ana Vidal Fungueiriño, José Alberto Angueira Gómez, Ana Rosa Figueira Vicente, Carlos González Sobradelo, Olalla Figueira Castaño, Carlos Angueira Gómez, Estefanía Pérez Yáñez e Tantino Rodríguez Gómez.


O Barbanza Edición Arousa Norte

Rianxo

AS CANDIDATURAS

María del Carmen Figueira Ares PSdeG-PSOE

O

grupo do PSOE de Rianxo acode a estes comicios locais co 60% da súa lista renovada e cunha marcada presenza feminina. Na presentación da candidatura púxose o foco no importante traballo previo das integrantes en materia de acción social, laboral, empresarial e cultural. A candidata a alcaldesa salientou que o grupo local socialista representa todos os sectores e ámbitos de actividade do concello, amais das súa parroquias. A aspirante a rexedora, que ten estudos de Filosofía, conta con experiencia na política local dende 1999, comezando como concelleira da parroquia de Isorna. Logo, nas seguintes lexislaturas do PSOE en Rianxo, foi concelleira de servizos sociais e máis de educación e cultura e economía e facenda. María del Carmen Figueiras integra un grupo en cuxos dez primeiros postos atópanse Francisco Javier García Ares, María José Tembra Muñiz, Rosa Ana García Figueira, José Manuel Suárez Ríos, Gema Becerra Lastra, José Somoza Carou, Luís Tubío Rodríguez, María Demelsa Iglesias Collazo e Rafael Vicente Figueira González.

Maio Cultural As nosas letras

13

maio 19

26 M

Mª Xosefa Comojo Sobradelo Compromiso por Galicia

A

líder en Rianxo de Compromiso por Galicia ten ás súas costas un longo percorrido de acción social. A xeito de exemplo recente, a súa foi unha das voces que máis se escoitou na reivindicación do centro de día para o concello, cuxa acción mobilizadora foi, precisamente, o caldo de cultivo da agrupación local: a oportunidade para ir pechando fileiras. O impulso da candidatura de Mª Xosefa Comojo e o seu grupo vén dado pola necesidade de seguir materializando movementos e reivindicacións a prol da mellora de Rianxo e o nivel de vida da súa xente. No cumio da lista, Mª Xosefa Comojo estará acompañada por Constantino Castaño Calvo, Christian Ferreiros Sánchez, Mª Guadalupe Fungueiriño Cebreiro, Benjamín Abuín Pérez, José Manuel Tubío Collazo, José Losada Fachado, Aurora Lesende Rey, Mª Amelia Castro del Río e Jesús José Ramos Castro.


14

O Barbanza Edición Arousa Norte

maio 19

26M

RESULTADOS DAS MUNICIPAIS 15 - XERAIS 19

Ribeira

VOTOS POR PARTIDO xerais 2019

VOTOS POR PARTIDO municipais 2015 Partido

Concelleiro

Votos

PP

9

5.206

40,96%

BNG.

4

2.206

17,36%

PSdeG-PSOE

3

2.175

17,11%

C´s

3

1.632

12,84%

I P De R

2

1.256

9,88%

A Pobra do Caramiñal VOTOS POR PARTIDO municipais 2015 Partido

Concelleiro

Votos

PP

5

2.005

34,95%

Nós Pobra.

4

1.563

27,24%

BNG

3

1.452

25,31%

PSdeG-PSOE

1

647

11,28%

Partido

Votos

PP

4.083

27,91%

PSdeG-PSOE

3.663

25,04%

C´s

2.121

14,50%

PODEMOS-EU-MAREAS EN COMÚN-EQUO

2.118

14,48%

VOX

1.062

7,26%

BNG

916

6,26%

PACMA

197

1,35%

EN MAREA

145

0,99%

CxG

46

0,31%

PCOE

39

0,27%

RECORTES CERO GV

37

0,25%

PCTG

22

0,15%

VOTOS POR PARTIDO xerais 2019 Partido

Votos

PSdeG-PSOE

1.807

30,50%

PP

1.361

22,97%

PODEMOS-EU-MAREAS EN COMÚN-EQUO

1.172

19,78%

616

10,40%

66

1,11%

C´s EN MAREA PACMA RECORTES CERO GV

916

0,91%

9

0,15%

CxG

8

0,14%

PCOE

8

0,14%

PCTG

7

0,12%


RESULTADOS DAS MUNICIPAIS 15 - XERAIS 19

Boiro

VOTOS POR PARTIDO Boiro xerais 2019

VOTOS POR PARTIDO municipais 2015 Partido

26 M

Partido

Votos

PSdeG-PSOE

3.046

27,6%

PP

2.930

26,55%

PODEMOS-EU-MAREAS EN COMÚN-EQUO

1.813

16,43%

C´s

1.398

12,67%

Concelleiro

Votos

PP

9

4.716

49,42%

BNG

816

7,39%

BNG.

2

1.211

12,69%

VOX

569

5,16%

I C BOIRO

2

958

10,04%

PACMA

137

1,24%

136

1,23%

PSdeG-PSOE

2

949

9,95%

EN MAREA

SON

1

927

9,71%

PCOE

47

0,43%

CxG

16

0,14%

RECORTES CERO GV

12

0,11%

PCTG

12

0,11%

C´s

1

620

6,5%

Rianxo

VOTOS POR PARTIDO xerais 2019

VOTOS POR PARTIDO municipais 2015 Partido

Partido

Votos

PSdeG-PSOE

2.020

29,45%

PP

1.641

23,92%

PODEMOS-EU-MAREAS EN COMÚN-EQUO

1.137

16,57%

BNG

879

12,81%

C´s

572

8,34%

VOX

Concelleiro

Votos

BNG

6

2.164

34,38%

PP.

5

1.687

26,8%

334

4,87%

PSdeG-PSOE

4

1.662

26,41%

EN MAREA

88

1,28%

SON

2

695

11,04%

PACMA

70

1,02%

RECORTES CERO GV

16

0,23%

CxG

16

0,23%

PCOE

16

0,23%

PCTG

11

0,16%


16

O Barbanza Edición Arousa Norte

maio 19

26M Preguntamos aos candidatos de Ribeira:

1. Problemas

1

“As principais carencias son a falta de solo industrial e dunha circunvalación que vertebre o noso tecido viario e desconxestione a cidade”

2 Manuel Ruiz

Partido Popular

“As solucións xa están en marcha. Por unha parte, nesta lexislatura conseguimos aprobar inicialmente o proxecto dun novo polígono na zona de Fontenla, preto de Pedras Vermellas, e para este obxectivo logramos que a Xunta fixese un cambio legal porque senón non sería posible. E por outra banda, a Consellería de Infraes-

1

“En Ribeira temos un problema social que abrangue a falta de emprego e todo o ámbito da desigualdade, das necesidades da xente. Tamén hai carencias en servizos básicos e infraestruturas: falta de mantemento en estradas, parques infantís, espazos verdes...”

2 Xosé Vázquez

Bloque Nacionalista Galego

“Políticas de igualdade e conciliación, residencia de maiores 100% pública, defensa da sanidade pública, mellora do plan de transporte público (que foi unha idea do BNG). Que as parroquias teñan voz, que se revitalicen e se descentralicen as actividades.

1

“Os problemas principais son a falta de limpeza e mantemento no mobiliario urbano, dunha planificación axeitada na ordenación do tráfico interior, de infraestruturas viarias eficientes (circunvalación), dun plan director portuario e de solo industrial que poida xerar emprego. Amais, estase a perder poboación”.

2 José Manuel Vilas PSdG-PSOE

“Hai que ampliar o centro de día e comunicalo coas parroquias, planificar as actividades extraescolares coas ANPAS dos centros escolares e avanzar no mantemento das instalacións deportivas. Ribeira tamén precisa dun plan director do Porto e integrar o parque periurbano

1

Laura Riveiro Ciudadanos

Ribeira

OS PROGRAMAS

“O Concello de Ribeira a día de hoxe enfrontase a catro grandes problemas. En primeiro lugar a falta de solo industrial esta lastrando o crecemento das empresas e impedindo a implantación doutras novas. En segundo lugar, Ribeira encóntrase nun estado de descoido e abandono por parte do Concello. En terceiro lugar, tras a peonalización é necesario crear unha alternativa para os vehículo. Amais, é preciso abordar o problema de inseguridade no que vive o noso concello”.

2. Propostas

3. Por que son de interese as súas propostas?

truturas xa está a traballar na redacción do proxecto da circunvalación, que roldará os 9 millóns de euros. Penso que a nosa boa sintonía coa Xunta de Galicia foi decisiva para desatascar estas necesidades históricas. Ademais, avanza a bo paso a construción da nova estación de autobuses e do novo auditorio e colle corpo a vindeira posta en marcha dun punto de encontro familiar e dunha vivenda comunitaria para persoas en dependencia. Tamén se vai impulsar a nosa presenza en todo o concello:

Promoveremos o comercio local e a hostalería, con bolsas de aluguer de baixos comerciais, e melloraremos os aparcamentos gratuítos, incluíndo a remunicipalización do estacionamento do Centenario. Rebaixaremos os impostos a empresas e autónomos que xeren emprego estábel, creando bolsas de prácticas para investigación, apostando polo turismo sustentábel... Crearemos solo industrial e emprestaremos especial atención aos servizos básicos de limpeza, alumeado, saneamento.

na cidade e que se faga compatible co plan de accesibilidade universal. Ten que haber unha reordenación racional do tráfico no interior de Ribeira e nas parroquias e máis unha lista de distribución electrónica en aras da transparencia na xestión municipal. Hai que impulsar medidas que eviten a perda de poboación, dinamizar rúas para potenciar o comercio e o turismo, tirar proveito sustentable dos parques natural e nacional (plan turístico), impulsar rutas gastronómicas, crear o cuarto xulgado e habilitar unha nova residencia dos maiores e un rexistro de propiedade.

2

“Para resolver o problema do chan industrial hai que seguir traballando no proxecto que xa está en marcha para que sexa unha realidade canto antes. En canto ao descoido das instalacións municipais e mobiliario urbano, cómpre crear un plan de conservación no que se recollan todas as necesidades e o seu cumprimento. Unha infraestrutura necesaria para Ribeira é a circunvalación que minore o trafico rodado na nosa cidade así como a creación de novas prazas de aparcamento. En canto a seguridade, é necesario o

levaremos a oficina da alcaldía a todas as parroquias”.

3

“Acabamos de presentar un programa con 130 propostas das máis de 250 que manexamos. A nosa credibilidade e capacidade de alcanzar acordos co resto dos grupos (só o 1% dos 287 asuntos que levamos a pleno decaeron, mentres que 215 foron apoiados por unanimidade) son a gran garantía de que, co Partido Popular, o noso concello seguirá crecendo”.

Tamén contemplamos un plan especial de mantemento dos equipamentos. Melloraremos os parques infantís e farémolos cubertos e inclusivos”.

3

“Temos a experiencia do traballo feito ao longo destes anos e moitas das nosas propostas son achegas da veciñanza. Contamos no BNG con modelos de éxito en Galiza que poden servir de orientación... Confiamos na veciñanza de Ribeira e das parroquias, a súa opinión será escoitada”.

Ribeira ten que contar cun museo do mar, cun centro de interpretación das Illas Atlánticas e cun plan PRUX para o Parque Natural de Corrubedo. Debe haber un palacio de congresos e exposicións e unha estación de tren para o Barbanza. Esta última é unha iniciativa nosa que está sobre a mesa do Ministerio de Fomento”.

3

“Porque demostramos ser serios e eficientes no labor municipal. Tras estes catro anos de acción política no Concello fomos quen de dar solucións a moitos problemas dos cidadáns”.

aumento do número de policías locais e nacionais. Debemos de tentar conseguir o ratio de axentes recomendado”.

3

“As propostas de Ciudadanos son medidas factibles e moi necesarias para mellorar a calidade de vida dos cidadáns. Ademais, estes teñen a referencia do traballo realizado nestes catro anos nos que se conseguiron importantes melloras no Concello”.


O Barbanza Edición Arousa Norte

Ribeira 1. Problemas

1

Rosa García

Iniciativa Progresista de Ribeira

“Para nós esta lexislatura ten que ser das persoas. A cidadanía é, por enriba de todo, a prioridade para Iniciativa Progresista de Ribeira. Un dos grandes problemas para nós é a situación económica. Ribeira está moi parada e hai dous sectores moi afectados, a hostalería e o pequeno comercio. Propoñemos, neste senso, un consello local cos dous devanditos sectores para conseguir dinamizalos. Por suposto, queremos que

1

“Os principais problemas de Ribeira son a escaseza de mantemento nas beirarrúas e estradas, nos parques, nas instalacións deportivas e noutras infraestruturas. Hai que avanzar en participación da veciñanza, incluír ás parroquias e os diferentes colectivos. Hai que sacar o concello do estancamento en desenvolvemento empresarial, turístico e educativo”

Óscar Casais

Compromiso por Galicia

2

“Cómpre poñer en marcha un plan real de reordenación do tráfico e estacionamentos e incrementar e mellorar as zonas de estacionamento público e crear unha ordenanza de accesibilidade.

1

Vicente Mariño

Partido Barbanza Independente

“Botamos en falta máis mantemento nas rúas e estradas, máis e mellores sinais verticais e no pavimento e máis e mellores roces nas marxes das vías. Logo está o problema da circulación, que é pésima. Ribeira está illada das parroquias e non hai onde aparcar, e o que hai, está en mal estado, como en As Abesadas. Tamén botamos en falta máis apoio ao pequeno comercio e á hostalería. Igualmente, hai necesidade

1

“Os problemas fundamentais son a falla de transparencia, a nula participación, a desigualdade, o empeoramento do benestar social da maioría da veciñanza. a falla de política medio ambiental e por iso falamos de catro alicerces: participación, transparencia, igualdade e benestar social”

Xurxo Ferrón Suma Ribeira

26 M

OS PROGRAMAS

Preguntamos aos candidatos de Ribeira:

2

“Todas as medidas que propomos están encamiñadas a cambiar a forma de facer política municipal. Partimos do convencemento de que é posible artellar medidas para unha democracia da participación e por iso propomos no programa unha carta dos dereitos dos veciños

2. Propostas

17

maio 19

3. Por que son de interese as súas propostas?

o polígono industrial deixe de ser unha quimera para converterse nunha realidade. Ademais, hai que dinamizar o turismo como actividade de ingresos”.

2

“Hai que activar un consello local de hostalería e pequeno comercio, impulsar o polígono, poñer en valor o Parque Natural de Corrubedo e implicar as forzas económicas e sociais para facer unha cidade atractiva para o turismo. Habilitar un estacionamento de caravanas”.

Tamén sería positivo habilitar parques multisensoriais e mellorar o mantemento e reparación do mobiliario público. Sería bo habilitar consellos nas parroquias ou elixir alcaldesas ou alcaldes para estes núcleos co fin de que teñan voz. E, tamén, modificar o regulamento de participación cidadá para que funcione realmente. Hai que ofertar máis solo industrial e mellorar o mantemento do actual, amais de crear un plan de emprego para a xente moza, persoas en risco de exclusión social e maiores de 55 anos. Tamén sería importante potenciar o ecoturismo, xa que

de solo industrial. E de máis diálogo coa veciñanza”.

2

“Necesitamos aumentar recursos para o mantemento das vías. Hai que reordenar globalmente o tráfico de Ribeira, non por barrios ou rúas, senón integralmente. Temos que reestruturar a zona azul e amarela actual, ao mesmo tempo que se ofrecen novas prazas de aparcamento e se acondicionan as existentes”.

onde se recollen todos os seus dereitos (información, participación, audiencia, iniciativa, queixas e suxestións, dereito á consulta popular ou referendo, dereito á reunión…), presupostos participativos e medidas de transparencia. En canto a medio ambiente e urbanismo as medidas irán encamiñadas a facer un concello no seu conxunto mais sustentable, mais amable coa xente. A modo de exemplo, e pensando nas persoas ás que Ribeira non lle ofrece calidade de vida polas súas circunstancias vitais, nesta lexislatura tense que cumprir a Lei de accesibilidade en todo o Concello, establecémolo como prioridade”.

3

“IPdR non depende de intereses alleos, somos de Ribeira e o noso obxectivo é Ribeira. Os cidadáns saben que ofertamos traballo, pontes entre eles e o Concello e, sobre todo, honestidade. Queremos facer política para eles e para nós, pero a nosa política non e un trampolín para chegar a outros sitios. Para nós, Ribeira es ti”.

dispoñemos dun parque natural e dun parque nacional. Igualmente, apostaríamos por habilitar un banco municipal de alugueres comerciais que dispoñan de bonificacións nos impostos municipais”.

3

“Somos xente de a pé, que día a día está en contacto coa veciñanza, desexando que o novo goberno local aporte un modelo de xestión máis participativo, transparente e áxil que traballe co obxectivo de acadar que Ribeira sexa un municipio atractivo para a sociedade actual”.

3

“Vemos que Ribeira está illada, tanto das súas parroquias como do entorno. Non se pode circular nin aparcar. Hai que limpar e rozar e ofrecer unha imaxe máis axeitada. Hai que conectar a cidade coas parroquias e é importante, como dixen, crear solo industrial: sentarnos todos a buscar unha solución e facer que esta avance”.

3

“Ribeira entre tod@s. Este lema recolle o espírito do programa. Nós cremos na veciñanza e por iso queremos que sexa partícipe en todos os asuntos do Concello. É máis, sen a veciñanza implicada sería imposible poñer en marcha as medidas que propoñemos. O programa contén ao redor de 130 medidas. Non é mérito dos que nos presentamos na candidatura, está compartido cunha morea de persoas que de forma desinteresada aportou o seu gran para que fose posible. Aí, nesa participación, reside o verdadeiro valor destas propostas”.


6 razóns para soñar en

RIVEIRA CASTRO DA CIDADE

MIRADOIRO DE PEDRA DA RA

FARO DE CORRUBEDO

DOLMEN DE AXEITOS

COMPLEXO DUNAR DE CORRUBEDO

FESTA DA DORNA

…descobre moitas máis en www.riveira.gal


O Barbanza Edición Arousa Norte

A Pobra do Caramiñal Preguntamos aos candidatos da Pobra do Caramiñal:

1

“O principal problema é o deixamento e o abandono que sufriu o noso municipio durante este catro últimos anos: as rúas están sucias, o mobiliario urbano mete pena (a maioría dos bancos do noso tan prezado xardín están rotos), boa parte dos farois do parque do Castelo non teñen luminaria, as cunetas non se limpan...”

Manuel Durán

Partido Popualar

2

“Propoñemos, entre outras cousas, xerar emprego. Por iso é polo que queremos realizar a terceira ampliación do polígono industrial e mellorar e optimizar

1

“Son moitos os problemas, pero o descenso demográfico é o que máis nos preocupa porque resulta máis complicado solucionalo. Fixar poboación é un obxectivo transversal en todas as nosas políticas”.

Xosé Lois Piñeiro

26 M

OS PROGRAMAS 1. Problemas

2

“Mellorar os servizos a disposición das familias. Seguiremos co servizo de conciliación todos os días non lectivos

2. Propostas

19

maio 19

3. Por que son de interese as súas propostas?

os usos e servizos dos portos comercial e pesqueiro. Apoiaremos a posta en marcha de empresas e comercios facilitando todos os trámites e mesmo reducindo e eliminando as taxas para todos os negocios que se instalen aquí ou que amplíen instalacións. Tamén apostaremos de cheo por un turismo sustentable e de calidade durante todo o ano”.

3

“Porque temos un programa moi meditado e moi traballo e porque cremos que se trata dunha iniciativa de propostas

e laborables do ano. Propoñemos novas medidas concretas, como o bono gardería ou o bono de alugueiro para familias con nenos/as menores de 3 anos, que esperamos teñan un impacto na taxa de natalidade do noso municipio”.

3

“Porque están pensadas para as persoas, porque xorden da participación directa de moitos veciños e veciñas que

moi ambiciosa á par que realista. Somos un grupo de persoas que entramos na política para traballar por e para as nosas veciñas e os nosos veciños. Non hai outro partido que poida xestionar os recursos de maneira máis eficiente e eficaz. Queremos recuperar a dinámica que había antes, tanto económica como cultural. Non queremos enganar a ninguén. Vimos a traballar, que é o mellor que sabemos facer”.

nos achegaron as súas propostas, porque poñen o interese público por riba de todo. Son serias, realizables e coa dose necesaria de creatividade para solucionar problemas complexos. Os servizos básicos e as axudas sociais son preferentes. Contamos con propostas que farán que A Pobra se sitúe na vangarda en todos os eidos”.

Nós Pobra

1

“Na Pobra do Caramiñal vimos sufrindo dende hai anos un devalo de poboación que ten como consecuencia un esmorecemento comercial e de actividades. Entre 2006, último ano cun censo por enriba dos 10.000 habitantes, e 2018, o noso Concello perde unha media de 51 persoas por ano. Son cifras inaceptábeis”.

Ramiro Ouviña

Bloque Nacionalista Galego

2

“Dirixiremos todos os nosos esforzos en deter esta tendencia e volver á senda do crecemento demográfico. De xeito decidido acometeremos a cons-

1

“Mellorar o Centro de Saúde, solucionar a falta dunha escola pública de 0 a 3 anos, a ausencia de asentamento do emprego e o descenso da poboación”.

2 Patricia Lojo

PSdeG-PSOE

“Xestionar coa Xunta as carencias do Centro de Saúde. Ten moi bo emprazamento pero non está en boas condición, nin dotado dos servizos necesarios para que sexa totalmente eficaz, e cómpre traballar coa Consellería de Sanidade para que non dependa de Ribeira senón da Pobra. Queremos ter unha escola pública, e que non todo quede en palabras senón en feitos. Non nos vale de nada unha gardería que está feita, pero nin e gratuíta, nin

trución de infraestruturas que afectan directamente á natalidade, como é unha escola infantil pública, e programaremos actividades de conciliación todo o ano. Traballaremos por conseguir máis solo empresarial e programaremos actividades de formación e emprego, como obradoiros. Imos aplicar medidas e incentivos fiscais e de abaratamento da vivenda, en especial a de aluguer, poñendo en valor as vivendas ociosas que hai na Pobra”.

3

“A diagnose do problema da perda de poboación é compartida por cada

está aberta, nin e para todos os cidadás da Pobra. Hai que crear emprego e dar servizos. Cando a xente ten un posto de traballo e pode conciliar coa súa familia non ten que marchar do sitio onde leva vivindo e traballando toda a vida. Traballar polo emprego e traballar para frear o despoboamento. Tamén temos que coidar o noso rural durante todo o ano, non soamente en épocas de eleccións, senón con persoal traballando durante o ano para que a xente do rural non se sinta abandonada”.

3

“Porque melloran a calidade de vida de todas as veciñas e veciños, porque apostamos polo crecemento, por avanzar

unha das persoas coas que falamos, e facémolo con moitas ao longo do ano. Saben tamén que o feito ata o de agora foi inútil e que as medidas que nós propoñemos ou nunca se aplicaron ou se aplicaron mal. Por iso confían nun goberno do BNG e nas nosas solucións. As mulleres e homes desta vila e desta comarca coñecen moi ben as espectaculares posibilidades da Pobra. É posíbel que sexa o mellor lugar para vivir de toda a Barbanza. O BNG vaino pór en valor”

cara a diante, e saír do estancamento. Somos un equipo novo, renovado, que dende a humildade e a ilusión quere traballar para o benestar do noso concello. Porque queremos unha Pobra igualitaria, unha Pobra mais xusta, unha Pobra do benestar social. Somos persoas valentes, responsables e con compromiso, que xa vimos loitando en diferentes áreas, poñendo os problemas dos demais sempre por diante. Damos un paso adiante porque somos capaces da facer da Pobra un lugar mellor, un lugar onde haxa emprego e futuro para a nosa xente nova”.


20

O Barbanza Edición Arousa Norte

maio 19

Boiro

26M

Preguntamos aos candidatos de Boiro:

1. Problemas

1

Juan José Dieste Partido Popular

“Fan falta medidas para impulsar a creación de máis empresas e máis emprego. Avanzar en atención sanitaria, en formación innovadora. Hai necesidade, tamén, de optimizar as infraestruturas municipais e a accesibilidade, os equipamentos dos portos, a seguridade nas estradas. Tamén é preciso actuar nos colectivos de maiores e nas familias, mellorando a súa calidade de vida, e avanzar na loita contra a violencia de xénero, favorecer a igualdade e garantir a conciliación”.

2

“Imos habilitar obradoiros de emprego para a mocidade, impulsar bonificacións fiscais para emprendedores, investir

1

Raquel Suárez

Bloque Nacionalista Galego

“Hai falta de atención á veciñanza, non se teñen en conta os problemas da xente. Logo hai carencias en aparcamento, unhas carencias que o Goberno do PP fai perdurar no tempo xa que mantén pechada unha infraestrutura pública destinada a tal fin. Hai falta de accesibilidade, deficiente mantemento dos colectores e do servizo de recollida do lixo. Existe un claro abandono do rural, escasa iniciativa cultural pública e un

1

Manuel Velo

Iniciativa Cidadá de Boiro

“Necesítase unha residencia pública para a terceira idade, reducir o alto custe do Imposto de Bens Inmobles e seguir desenvolvendo o urbanismo e o emprego xuvenil e, tamén, as oportunidades laborais para as persoas maiores de 50 anos. Tamén é preciso axilizar a xestión do Concello, reducir a débeda e controlar o gasto. Igualmente, é necesario solucionar a ausencia de estacionamentos habilitando espazos gratuítos e públicos para aparcar.

1

José Ramón Romero PSdeG-PSOE

“Hai problemas en comunicacións coas parroquias e as asociacións, e hai necesidade de estender o acceso a servizos como Internet. Fai falta impulsar o polígono, o emprego e a industria, e favorecer a innovación e o traballo colaborativo. Tamén é preciso impulsar o deporte a cultura, humanizar máis rúas e poñer en valor o noso patrimonio, por exemplo os núcleos das nosas parroquias ou o Pazo de Goiáns e a súa contorna”.

2

Boiro

OS PROGRAMAS

"Queremos estreitar o contacto coas parroquias e coas asociacións veciñais. Tamén impulsaremos a transparencia, a accesibilidade á información

2. Propostas

3. Por que son de interese as súas propostas?

no novo parque empresarial e crear máis aulas de informática. Tamén queremos ampliar as axudas e bolsas a deportistas e estudantes. Actuaremos na humanización das estradas e rúas, optimizaremos o saneamento e modernizaremos os portos, amais de mellorar a lonxa de Cabo de Cruz e incidir, tamén, na sustentabilidade enerxética. Optimizaremos a recollida do lixo. Amais, poremos o foco nas infraestruturas deportivas, modernizándoas, e reforzaremos o noso compromiso cos maiores, habilitando a residencia con 200 prazas e 80 postos de traballo. Achegaremos unha

evidente desleixo polo patrimonio. Fan falta alternativas para a mocidade e un mellor funcionamento dun servizo público como é a piscina municipal”.

2

“Desde o BNG apostamos por un Boiro accesíbel, con servizos públicos dignos, queremos recuperar os espazos públicos e a participación da veciñanza, recuperar a cultura e o patrimonio, mellorar o aparcamento, levar servizos e actividades ás aldeas, entre outras”.

Respecto do Pazo de Goiáns, hai que equipalo cun museo local e outro comarcal e dar forma a un relevante xardín botánico”.

2

“Somos un grupo preparado e contamos cunha ampla experiencia atendendo as necesidades da veciñanza de Boiro”. Cómpre ter en conta que á fronte da Iniciativa Cidadá, ICBoiro, está o ex alcalde Manuel Velo, que xa ten demostrado a súa capacidade de xestión cando foi rexedor do Concello, e que, ademais,

online do Concello e a cobertura dixital en todos os núcleos. Apostamos polo saneamento integral e por rehabilitar os núcleos de Abanqueiro, Cespón, Lampón, Bealo, Macenda, Cures e Cabo de Cruz. Neste último núcleo faremos unha mellora paisaxística na súa fachada marítima. Fai falta máis limpeza, máis mantemento das infraestruturas, e infraestruturas novas como unha nova estrada a Cabo de Cruz dende a DP-1106. Faremos fincapé nun plan de accesibilidade universal, no incremento dos estacionamentos e na mobilidade sustentable. Amais, é a nosa intención construír unha nova estación de

nova gardería e parques infantís cubertos. Ampliaremos as axudas para as familias e impulsaremos medidas de igualdade e conciliación. Tamén haberá máis prazas de estacionamento e humanizaremos a Praza da Mancomunidade, ao tempo que dinamizamos o comercio”.

3

“Porque contamos co importante aval destes anos de boa xestión municipal. Seguiremos traballando para todos con claridade e rigor sin suba de impostos nos próximos 4 anos tal como viñemos facendo nos últimos 8”.

3

“Porque son propostas acordes coas necesidades de Boiro e da súa veciñanza. Levamos traballando toda a lexislatura a carón da xente do noso municipio, interesándonos polas súas problemáticas e trasladando as súas demandas ao Concello, por iso temos un amplo coñecemento do que precisan e niso se basea o noso programa”.

conta nestes comicios cun importante equipo de persoas, todas e cada unha delas cunha ampla formación cívica e cun coñecemento integral das necesidades de Boiro para cumprir as promesas do programa ofrecido á veciñanza”.

3

“Porque nos acreditan as obras e servizos que se fixeron cando Manuel Velo foi alcalde, impulsando o progreso integral de Boiro dende da gobernanza no Concello. Viñeron outros alcaldes detrás, pero Boiro quedou en foto fixa”.

autobuses e humanizar a rúa Principal de Boiro, ao tempo que fortalecemos o comercio. Crearemos unha cidade deportiva e rehabilitaremos o Edificio das Colonias. Tamén traballaremos por habilitar unha escola de idiomas e garantiremos maior actividade cultural. Optimizaremos os servizos para os nosos maiores”.

3

“Porque formamos un equipo de traballo renovado e con capacidade, disposto a cumprir o programa electoral. Todos e cada un dos puntos do noso programa foron estudados e deseñados sabendo que é posible levalos a cabo”.


O Barbanza Edición Arousa Norte

Boiro 1. Problemas

1

“O Goberno actual pechou a porta do Concello aos cidadáns, instalouse na soberbia, na falla de transparencia e no electoralismo. Esqueceu o rural, demostrou non ter interese polo tecido económico, a riqueza, o emprego, a cultura, a educación ou o patrimonio. Non tivo nunca un proxecto político para Boiro”.

José Carlos Rodríguez Ciudadanos

2

“Imos pór en marcha unha oficina de atención cidadá, con compromiso de resposta en 48 horas. Habilitarase unha aplicación móbil que permitirá á veciñanza facer trámites sinxelos ou dar conta de incidencias sen saír da casa. Poremos a nosa xestión ao alcance de toda a

1

“Todo aquilo que ten que ver co eido dos servizos sociais, ou co eido cultural está esquecido. En Boiro a acción política do Goberno local resúmese na súa maior parte en cemento e asfalto de xeito arbitrario segundo se achegan as eleccións”

2 Dores Torrado Boiro Novo

26 M

OS PROGRAMAS

Preguntamos aos candidatos de Boiro:

“Propomos un Concello transparente e coas portas abertas onde prime a participación veciñal. Un dos nosos compromisos sociais é rematar na próxima lexislatura coas listas de agarda nos servizos sociais, sobre todo no ámbito da

2. Propostas

21

maio 19

3. Por que son de interese as súas propostas?

cidadanía que saberá o que se gasta, o que se aforra, e en que. Haberá un plan de dinamización do comercio e transformaremos o urbanismo nos núcleos e travesías. Impulsaremos unha programación cultural acorde co que é Boiro. Habilitaremos as infraestruturas agora pechadas: Escola de Hostalaría, Edificio das Colonias, o local de 500 m2 da entreplanta do concello, o estacionamento da Boqueira de Anegral, etc, e porémolas a render”.

3

“Porque coñecemos Boiro: témolo diagnosticado e deseñamos o tratamento que necesita. Contamos cun

dependencia. Amais, aumentar as prazas de centro de día e construír a residencia pública para maiores serán prioridades para nós. Tamén propoñemos un urbanismo mais sostible e centrado na xente, sacando o tráfico pesado do centro urbano, apostando pola construción dunha rede de carril bici e rehabilitando as zonas máis degradadas. Non nos esquecemos da dinamización cultural e a recuperación do noso patrimonio histórico como o Pazo de Goians, facendo de Boiro un concello

proxecto realizable co que cubrimos todas as áreas. Amais, dispoñemos dun equipo profesional, formado, comprometido e experimentado en ámbitos moi diversos e que posibilitará que un programa tan ambicioso como o que presentamos sexa unha realidade. O noso é un compromiso honesto que non imos a traizoar en ningún momento. Na candidatura atopamos, dende enxeñeiros ata técnicos en turismo, empresarios, mariscadores, politólogos, economistas, mexilloeiros, avogados… Pero sobre todo, ilusión e gañas de cambiar moitas cousas”.

máis atractivo para visitar e para vivir, dinamizando o comercio e a economía local”.

3

“O noso programa non é só unha batería de propostas de campaña, é o resumo de todo o traballo que fixemos nesta lexislatura. Todo ese traballo feito en positivo e de xeito constante demostra que estamos preparados para liderar un goberno alternativo que traballe dende o minuto 1 para que Boiro volva a ser de novo o referente social, cultural e económico da comarca”.

NON SÓ EN PAPEL TAMÉN EN DIXITAL A través da plataforma Magzter podes acceder co teu dispositivo móvil aos nosos contidos dunha maneira cómoda e atractiva Ademais do acceso á revista mesmo fóra de liña tamén incorpora elementos interactivos Magzter facilita a navegación e mesmo incorpora atallos a contidos multimedia na Rede

DISPOÑIBLE A VERSIÓN DIXITAL EN:

www.codigocero.com


22

O Barbanza Edición Arousa Norte

maio 19

Rianxo

26M

Preguntamos aos candidatos de Rianxo:

1. Problemas

1

Adolfo Muíños

Bloque Nacionalista Galego

“A dinamización comercial. Un problema global que nos sacode de xeito importante en Rianxo. Debemos deseñar estratexias para melloralo. Os altos alugueiros dos baixos comerciais tampouco axudan. Tamén sinalo o alto custe do chan industrial público. Tamén importa a falta de determinados servizos sociais como o centro de día. E melloras na rede viaria. E, aínda que fóra das nosas competencias directas, a pesca artesanal e o marisqueo”.

2

“Un plan de dinamización comercial con de inxección de fondos para

1

Germán Allut

Partido Popular

“O endebedamento é un dos grandes problemas, co que terá que cargar a corporación entrante. Por exemplo, abonar o crédito de 1,5 millóns de euros pola compra do pazo, pagar aos provedores en torno a 1.146.000 euros, ao que cómpre engadir 200.000 polo crédito para iluminación... e máis que pode aparecer. É necesario activar o comercio, mellorar as comunicacións, impulsar o polígono, o saneamento integral e a atención á terceira idade, amais de dinamizar o turismo e incrementar a poboación”.

2

“Pagar aos provedores en menos de 7 meses, e é que moitas familias de-

1

“Nós cremos que os principais problemas actuais do concello de Rianxo residen nas infraestruturas viarias (que, ou non existen ou non contan cun coidado e cun mantemento axeitado), nas carencias en saneamento, no Plan Xeral de Ordenación Municipal (que a día de hoxe aínda non está aprobado), nos servizos sociais, no turismo e no emprego”

Sara Resúa Ciudadanos

2

“Mellorar as infraestruturas viarias e o alumeado. Axilizar os trámites nos

1

Julián Bustelo

Rianxo en Común

“Os principais problemas son a falta de emprego e de oportunidades. Isto expulsa á xente nova fóra do noso concello. Cada vez son máis os comercios que pechan na vila, á vez que seguimos tendo un polígono industrial paralizado e un entorno rural esquecido, no que, no canto de artellarse as medidas necesarias para xerar riqueza e fixar poboación, non sequera se cumpren uns servizos mínimos. Rianxo é o municipio da comarca que máis poboación perde, e a maior velocidade.

2

Rianxo

OS PROGRAMAS

“Promover as empresas e iniciativas. Hai que impulsar o parque

2. Propostas

3. Por que son de interese as súas propostas?

promover o comercio de proximidade. A reclamación aos donos do solo industrial, Xunta e Ministerio, de rebaixas importantes e creación de naves de alugueiro. Como Concello xa temos establecidas bonificacións en impostos a quen xere emprego, incluídos autónomos e empresas no polígono e no municipio en xeral. No que atinxe o centro de día a compra do Pazo de Rianxiño e a súa posta a disposición da Xunta para crear un centro de día público. No que atinxe ao viario estamos realizando actuacións de saneamento e abastecemento que contemplan

penden da solvencia económicas destas empresas. Tamén hai que aplicar bonificacións no IBI, no IAE e no ICIO, para facilitar a instalación de novos negocios. Sería positivo crear unha oficina de atención ao comercio, asesorando ás empresas e axudándoas na captación de axudas. Hai que poñer en valor o náutico propoñendo una nova sede que albergue todo tipo de servizos e consiga atraer usuarios durante todo o ano. Tamén é necesario intensificar a limpeza dos areais e mellorar os seus equipamentos, fortalecer o sector hostaleiro, impulsar os distintos deportes que se practican na

servizos sociais, para que cheguen canto antes ás familias máis desfavorecidas. Facer revivir o turismo do concello, que ten un enorme potencial neste ámbito, e impulsar o comercio local axudando ás veciñas e veciños que se esforzan por sacar adiante Rianxo. Queremos, tamén, darlle un empurrón ao polígono industrial, por exemplo coa creación de viveiros de empresas. Tamén é importante conseguir unha taxa

empresarial e ao noso tecido comercial. Estudaremos a demanda potencial de parcelas menores cás que se ofertan e, no seu caso, instaremos á Sociedade Solo Empresarial do Atlántico, titular do parque, a dividir algunhas das existentes, dotándoas ao tempo das comunicación e servizos correspondentes. Impulsaremos un espazo de coworking, un espazo de titularidade municipal no que se faciliten despachos, servizos e asesoramento, a quen non se pode permitir alugar un local. Poremos en marcha unha liña de micro-créditos, a xuro 0, para que quen ten unha idea empresarial conte co respaldo do Concello.

a reposición do firme, medida que imos seguir estendendo. Propoñemos unha suba importante nestas actuacións nos proxectos da deputación e nos orzamentos”.

3

“Con constancia e traballo imos resolvendo os problemas día a día. Hai melloras feitas en todos os ámbitos. A transparencia e o diálogo son claves do noso quefacer diario. Creo que á cidadanía pode interesarlle a nosa aposta por ser solventes primeiro para encarar con garantías as actuacións”.

vila e conseguir financiamento para facer posible e visible o centro de día (incluíndo a súa adhesión ao Centro Galego de Igualdade e Benestar). É preciso incrementar os horarios da gardería e o servizo a domicilio aos nosos maiores. Tamén habería que crear unha brigada con base fixa para roces e limpeza”.

3

“Son propostas específicas que non enganan a ninguén. Cremos que somos a mellor opción de goberno. Xa está ben de agardar a que se faga nos catro derradeiros meses dunha lexislatura o que no se fixo en catro anos”.

de saneamento local do cen por cen, en todo o territorio municipal”.

3

“Ante todo, porque temos entre mans un programa real, que se pode levar a cabo, que ten medidas prácticas cuxa utilidade está á vista de cada quen. Non apostamos por grandes proxectos faraónicos, senón por pequenos proxectos e accións que melloren o día a día de todas as veciñas e veciños do Concello de Rianxo”.

Para reactivar o rural, crearemos un Banco de Terras Municipal, para que quen o desexe, poida traballar terras de cultivo que a día de hoxe se atopan en desuso, e acompañaremos isto de bonificacións para que os propietarios de fincas cultivadas teñan dispositivos para a prevención de ataques de xabarín”.

3

“Rianxo en Común é un espazo de encontro da cidadanía aberto á participación de quen queira colaborar na construción dun Rianxo mellor, máis transparente e participativo, máis limpo, do que a nosa mocidade non teña que marchar”.


O Barbanza Edición Arousa Norte

Rianxo

OS PROGRAMAS

Preguntamos aos candidatos de Rianxo:

1. Problemas

1

“Un concello coma o noso, que conta con moito atractivo turístico e cultural, necesita un comercio local moderno e dinámico, variado e atractivo para residentes e visitantes. Nestes momentos o comercio local está en decadencia porque podemos ver moitos locais pechados. O asentamento de empresas no polígono de Te, a pesares das bonificacións adoptadas polo concello, non é o que todos desexamos. Ademais, non todos os domicilios teñen saneamento e abastecemento de auga potable, servizos necesarios para o coidado do noso medio ambiente e para

María del Carmen Figueira PSdeG-PSOE

1

“A principal problemática no concello é o emprego. Ademais, non existen servizos asistencias á terceira idade e non hai control na administración local”.

2 Mª Xosefa Comojo Compromiso por Galicia

“Avogamos por poñer en funcionamento a instalación do antigo Pazo de Viturro para o centro de día, centro de atención de persoas con alzhéimer e xeriátrico de Rianxo. Ademais, cómpre darlle cobertura ao Liceo para ser un centro social de maiores e axilizar servizos sociais para unha mellor atención aos rianxeiros. Hai que favorecer a transparencia, facer rendible a administración local e levar a

2. Propostas

23

maio 19

26 M

3. Por que son de interese as súas propostas?

a comodidade da veciñanza. É necesario solicitar a repotenciación da luz en varias zonas porque aínda hai casas que non teñen a potencia suficiente para que lles funcionen con normalidade os electrodomésticos básicos”.

2

“Respecto da revitalización do comercio local, hai que explorar a posibilidade de outlets, formación para a implantación das novas tecnoloxías para a venta e o marketing. Tamén hai que facilitar o asentamento de empresas no polígono, como a posibilidade de fraccionar as parcelas ou construír naves para aluguer.

práctica un manual de boas prácticas no Concello. No que se refire ao comercio local e a hostalería, propoñemos facilitar licenzas de apertura e crear bolsas de aluguer para o comercio, amais de buscar estratexias para atraer clientela. Tamén apostamos por darlle contido ás casas museo sen que perdan identidade. En cuestión do mar e o monte, hai que elaborar un plan urxente de recuperación forestal con autóctonas, crear cuadrillas de limpeza para todo ano e promover a repoboación das aldeas abandonadas.

3

“Porque nos parecen que son realistas e realizables. Seguro que coinciden con nós na importancia de encontrarlle solución porque o tema do emprego nun concello é moi importante. É un dos factores básicos para fixar poboación e que a xente que vive nun territorio estea a gusto. Debemos garantir que a nosa cidadanía teña os servizos máis axeitados para que podamos vivir o máis comodamente e de acordo aos tempos nos que vivimos”.

Tamén avogamos por promover Rianxo como porto base da práctica de deportes náuticos. Amais, queremos recuperar o antigo cine e a sala de baile e achegar mellores parques infantís para a nenez e a xuventude”.

3

“O noso grupo e a súa razón de ser veñen dados pola necesidade de estar sempre mobilizadas e mobilizados para reivindicar melloras claras a prol da mellora de Rianxo e a calidade de vida da súa xente”.

Que facer no Barbanza nas Letras   CELEBRACIÓNS EN RIBEIRA

O Concello desenvolverá actividades até o día 25 agrupadas en varios bloques. Por exemplo o Festivaliño nas Parroquias (certame de cinema infantil inclusivo no que a rapazada poderá votar polos seus filmes favoritos) que se celebrou ao longo do mes de maio, ou os sábados de contacontos na biblioteca de Ribeira, para nenas e nenos de 3 a 12 anos, con Contando números, cantando cores, e o 25 de maio con Nano vai á escola, espectáculo para bebés a cargo de Raquel Queizás. Tamén houbo música e teatro e un amplo programa de actividades.

  FESTEXOS NA POBRA

A vila ferveu de celebracións ao longo da semana das Letras. Incluíronse espectáculos como Canta miña pedra canta, a homenaxe musical e literaria a Antón Fraguas a cargo de Xoán Curiel e Charo Pita,

o propio Día das Letras Galegas nos Xardíns de Valle-Inclán, onde se repartiu o libro O fillo do rei e outros contos populares, de Maruxa Barrio e Henrique Harguindey. Tamén se celebra o Día Internacional dos Museos o mércores 22; con visitas guiadas ao Museo Valle-Inclán e unha charla-coloquio o día 25 de maio, a cargo de Sabela Herrerro, técnica do dito espazo de exposicións, e baixo o epígrafe Que é un museo? Uso e gozo dunha institución centenaria (a partir das 20.00 horas).

  BOIRO CELEBRA A CULTURA GALEGA

As actividades comezaron a principio de mes, da man do Concello, cunha homenaxe a Antón Fraguas na Casa da Cultura na que participaron os músicos Xoán Curiel e Charo Pita. Logo das actividades musicais, teatrais e de contacontos dos días previos ao 17 de maio,

está previsto que o 24 as artistas Rilo e Penadique ofrezan o espectáculo teatral e musical O Pazo das Señoras, para maiores de cinco anos. O día 31, para rematar o mes das letras, Bandullo Azul representará a obra As viaxes de Flipa, para maiores de 3 anos.

  CITAS EN RIANXO

O mes de maio. Houbo música, teatro, presentacións de libros e discos (por exemplo Do Sar ao monte Louro: Memorial da Represión 1936 – 1950, de Xesús Costas Rodil e Xesús Santos Suárez; ou Conserveiras de Celeiro, Vicedo, Bares e Barqueiro de Carlos Nuevo e Vicente Míguez; ou do disco Onde vai o mar, de Barahunda), e tamén unha gran festa das Letras na semana grande, xirando boa parte dos contidos arredor da LIX Rianxo, a Semana do Libro Infantil e Xuvenil, que inclúe exposicións, representacións teatrais e concertos.

A isto cómpre engadir o concerto gratuíto do 16 aniversario da Banda Escola de Música de Rianxo, a actuación musical do Trío de Percusión da EMR - Ciclo de Novos Intérpretes (o venres 31 ás 20.30 horas no auditorio, tamén de balde) e a exposición Alba de Gloria do Consello da Cultura Galega (do 31 de maio ao 20 de xullo, na sala de exposicións do auditorio).



Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.