O Barbanza 8

Page 1

O Barbanza Edición Arousa Norte

Número 8

Ribeira  A Pobra  Boiro  Rianxo

Visita a nosa

WEB

obarbanza.gal

Xaneiro 20

O CAMIÑO PARA IMPULSAR O TURISMO

Avanza a cobertura dixital nos concellos

10

O Castro da Cidá (Ribeira) seguirá desvelando segredos

13

Centro Social de Boiro, dúas décadas dunha casa común

11

Presentación en FITUR do Camiñoa de Santiago do Barbanza. Cedida Arousa Norte

  A recuperación do camiño terrestre que transita polos municipios de Ribeira, A

Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo, Dodro, Padrón e desde Iria Flavia ata Santiago, é o resultado de dous anos de traballo coa fin de facer aflorar e poñer en valor as pegadas da tradición xacobea nas terras do Barbanza. Actualmente veñen de producirse avances neste eido.



O Barbanza Edición Arousa Norte

3

Xaneiro

 ACTUALIDADE  RIBEIRA

Aprobada a xestión municipal do saneamento de Ribeira

N

o pleno extraordinario e urxente do 30 de xaneiro, a corporación municipal de Ribeira volveu abordar a cuestión relativa á EDAR. Primeiramente, efectuouse a ratificación da urxencia da sesión, a cal saíu adiante co respaldo do PP, BNG e PSdeG-PSOE, a pesar dos votos en contra do PBBI e Suma Ribeira. A postura do PBBI fundamentábase, segundo explicou o seu voceiro Vicente Mariño, en que a celebración deste pleno a consideraban "unha tomadura de pelo", esgrimindo que recibiran a auditoría encargada polo Concello na tarde da xornada anterior, polo que non puideran ler as máis de 1.500 follas. A este respecto tamén se amosou crítico o portavoz de Suma Ribeira, Xurxo Ferrón, quen entendía como "irresponsabilidade política" votar sobre este asunto sen ter coñecemento pormenorizado sobre o mesmo. Mentres tanto, o resto de grupos consideraban xustificada a urxencia, ademais de que dispuxeran da posibilidade de preguntarlle as súas dúbidas aos técnicos. O rexedor Manuel Ruiz engadiu que existían dúas páxinas de conclusións onde se explicitaba o contido do estudo. Seguidamente, procedeuse a tratar o punto da orde do día referente ao convenio entre Augas de Galicia e o Concello para a cesión da explotación da EDAR de Ribeira, sendo aprobado co apoio do PP e PSdeGPSOE, absténdose BNG e Suma Ribeira e votando en contra PBBI. Na proposta da Alcaldía incluíanse achegas do BNG (unha auditoría enerxética e o estudo da viabilidade de instalar fontes de enerxía renovable), PSdeG-PSOE (realización dun estudo sobre os custes-beneficios que suporía unha xestión directa do servizo a través de empresa pública municipal de todo o ciclo da auga) e Suma Ribeira (establecer como prioritarias a execución de obrantes tendentes a diminución progresiva das augas pluviais que chegan ás estacións depuradoras, separándoas das augas residuais urbanas). Xurxo Ferrón, de Suma Ribeira, manifestou que formación á que representa "segue sen estar disposta a asumir a normalización das eivas comenta-

das." Tamén incidiu en que todo o sistema de saneamento e depuración se debía entender coma un todo, complexo e interdependente. O concelleiro nacionalista Luís Pérez Barral avogou pola xestión municipal, pero "non podemos aceptar a calquera prezo unha cesión e tendo en conta que hai cuestións importantes pendentes de resolver." O voceiro do PSdeGPSOE, José Manuel Vilas, indicou que, entre as condicións do seu partido, atopábase que as auditorías confirmasen que a EDAR e toda a infraestrutura funcionan correctamente, o cal corroboraron os técnicos. Herminia Pouso, edil

  O convenio entre

Augas de Galicia e o Concello para a cesión da explotación da EDAR de Ribeira, foi aprobado co apoio do PP e PSdeGPSOE, absténdose BNG e Suma Ribeira e votando en contra PBBI

do PBBI, recalcou que non tiveran tempo de estudar a auditoría, polo que "non imos emitir un voto favorable." Pola súa banda, María Sampedro, do PP, apuntou que "outros seguen coa mesma actitude de bloqueo, do non por resposta, e non mostraron o máis mínimo interese en buscar ou chegar a unha solución." Así mesmo, destacou que se levaran dúas auditorías, as cales foran presentadas ante a corporación e veciñanza. Finalmente, abordouse a ordenanza fiscal, saíndo adiante cos votos a favor do PP, absténdose o PSdeG-PSOE, BNG e Suma Ribeira, e votando en contra o PBBI. O alcalde Manuel Ruiz precisou que, este ano, o Concello terá que asumir un custe negativo de ao redor de 281.000 euros, dado que o número de meses de gasto supera ao de ingresos. Neste punto incorporáronse as emendas do BNG, PSdeG-PSOE e Suma Ribeira. Establecéronse bonificacións do 50% para as persoas que cobran a Renda de Inclusión Social de Galicia (RISGA), aquelas que cobran pensións non contributivas, familias de tres membros que non cobren máis do 2’5 do Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples (IPREM) e familias numerosas que non cobren máis do 2’5 do salario mínimo interprofesional.


4

Xaneiro 20

O Barbanza Edición Arousa Norte

 ACTUALIDADE  RIBEIRA

O Castro da Cidá será obxecto dunha terceira intervención arqueolóxica

U

nha terceira actuación no Castro da Cidá centrarase na escavación e posta en valor da muralla do recinto superior. De acordo coas investigacións levadas a cabo ata o momento, este milenario asentamento fortificado posuía tres liñas de defensa formadas por dúas murallas terraplenadas exteriores e, na parte máis próxima ás cabanas, por un terraplén rematado en parapeto circundando a plataforma superior ou croa. A intervención focalizarase neste último parapeto, nun espazo de aproximadamente 304 metros cadrados, cunha lonxitude aproximada de 53 metros e entre 5 e 6 metros de anchura. Ademais da escavación propiamente dita, a actuación inclúe a restauración e consolidación desta área e a posta en marcha dun plan de divulgación e posta en valor que comezará desde o mesmo momento en que se inicie o traballo de campo, con visitas durante toda a intervención nas que o equipo arqueolóxico atenderá as inquietudes. A duración total destes traballos será de dous meses. O orzamento ascende a 199.386 euros, IVE incluído, e está cofinanciada pola Axencia Galega de Des-

Cedidas Prensa Ribeira

envolvemento Rural (AGADER) da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia, segundo a resolución sobre a concesión dunha subvención ao abeiro da medida LEADER do PDR de Galicia 2014-2020 que xestiona a asociación Deloa. O 4 de febreiro á medianoite estipulouse como data límite para que os interesados presentasen as súas ofertas a través do Sistema de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia (SILEX). As primeiras escavacións desenvolvidas no Castro da Cidá tiveron lugar entre abril e outubro de 2014 ao abeiro do primeiro proxecto Riveira Atlántica, que estivo cofinanciado

con fondos europeos FEDER e que, partindo dun descoñecemento case total do que había soterrado, sacaron á luz restos dun castro en moi bo estado detectando quince cabanas vinculadas á Idade de Ferro e unha caseta-vixía adscrita ao século XVIII. En datas similares do 2015 levouse a cabo unha segunda fase, desta vez sufragada con fondos LEADER xestionados por Deloa e puxo de manifesto outras sete cabanas de granito das que se consolidaron cinco, amén de pequenos muros segmentados e a presenza de indicios da muralla-parapeto obxecto da presente intervención.

A Casa da Xuventude verá mellorada as súas instalacións

O

Concello de Ribeira aprobou o expediente correspondente á contratación das obras para o acondicionamento da envolvente térmica e a reforma do interior da Casa da Xuventude. Situado no cruce entre a avenida da Constitución e a rúa do Estatuto e cunha superficie construída de 743 metros cadrados distribuídos en tres plantas, o edificio rexistraba unha serie de eivas que era preciso solucionar, tal e como manifestan desde o Consistorio. Con tal motivo encargouse a elaboración dun proxecto técnico. O documento inclúe a mellora das te-

Cedida Prensa Ribeira

  Este milenario

asentamento fortificado posuía tres liñas de defensa formadas por dúas murallas terraplenadas exteriores. A día de hoxe tan só está intervido e estudado un 5% da extensión total do xacemento do Castro da Cidá, datado na Idade de Ferro e cunha superficie estimada de 21.620 metros cadrados.

rrazas a través dunha nova solución de illamento e impermeabilización, acabada en gres; mentres que para as fachadas adoptouse un sistema tipo SATE. Ademais, tódalas fiestras serán substituídas por outras de aluminio. No que respecta ao interior do inmoble, cambiaranse as portas de paso, afectadas pola humidade, sanearanse as caras interiores (intradós) das fachadas e efectuaranse reparacións nas instalacións de electricidade e fontanería que o precisen. O orzamento da actuación ascende a 307.000 euros, IVE incluído, e o prazo de execución consta de oito meses. A medianoite do 28 de xaneiro estableceuse como data límite para que as empresas formulasen as súas propostas a través do Sistema de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia (SILEX).


O Barbanza Edición Arousa Norte

5

Xaneiro

 ACTUALIDADE   A POBRA DO CARAMIÑAL

O Entroido Esperpéntico convida a disfrazarse de época na Pobra

D

espois do Nadal chega un novo festexo no que a creatividade, a gastronomía e a diversión volven cobrar gran protagonismo. As filloas, orellas e rosquillas convértense nas raíñas da sobremesa; mentres que as cores vívidas, as murgas e as comparsas invaden os emprazamentos de toda Galicia. Outro ano máis, A Pobra do Caramiñal celebra o seu Entroido Esperpéntico con numerosas propostas, incluíndo festa de época no Cantón da Leña e rememorando os tempos de Valle-Inclán. Neste senso, convídase á veciñanza e visitantes a disfrazarse de tal xeito que contribúan a recrear a atmosfera na que se publicou a triloxía Martes de Carnaval, do nomeado intelectual. A programación componse, polo tanto, de diversas actividades dirixidas a tódolos públicos. Fomentando a creatividade, realízase un concurso de máscaras, así como obradoiros de caretas para os máis pequenos da casa e persoas adultas.

  A Pobra celebra o seu Entroido

Esperpéntico con numerosas propostas, incluíndo festa de época no Cantón da Leña e rememorando os tempos de Valle-Inclán.

Dixie Kings

Ademais, teñen lugar xogos populares, a proxección Los cuernos de don Friolera e a exposición Vestiario inspirado nas obras de Valle-Inclán. A ambientación musical corre a cargo de Dixie Kings, con ritmos propios dos anos 20 e 30; ademais de A Organeta, da man de Pulpiño. Así mesmo, disponse de fotógrafo minuteiro, photocall e a cociña de don Friolera: produtos de tempada, bolo do pote e sopa de cabalo cansado. A Organeta


6

Xaneiro 20

O Barbanza Edición Arousa Norte

 ACTUALIDADE   A POBRA DO CARAMIÑAL

A reforma integral do Camiño Real acometerase en tres fases

U

nha das actuacións que se desenvolverá na Pobra consiste na reforma integral do Camiño Real, a cal consta de tres etapas que introducen aspectos máis básicos coma pavimentación ata outros que requiren unha maior concepción tales coma muros de contención. Máis polo miúdo, a fase 1 suporá un investimento de 195.394’43 euros con cargo ao POS+2020. Esta obra incluirá a pavimentación, sinalización, mobiliario urbano necesario, rede de pluviais, zona de aparcamento, alumeado público, dotación de

Zona de actuación no Camiño Real (Fase I e II). Cedida

beirarrúas e construción de muros de contención. Isto último, posibilitará a ampliación da vía ao non verse o tramo limitado pola presenza de vivendas. No que respecta a prazos, agárdase, previsiblemente, poder avanzar neste primeiro eido a partir de setembro do presente ano porque, segundo manifestan desde o Concello, están á espera de que o aprobe a Deputación da Coruña nos vindeiros meses. En canto á fase 2, destinaranse ao redor de 107.000 euros do remanente do 2018 e podería estar rematada antes do comezo do verán.

Comprende a pavimentación, mellora da recollida de pluviais, incorporación á AC-305 e implantación dun pequeno muro de contención por cuestións de seguridade. O 5 de febreiro estipulouse como data límite para que as empresas interesadas presentasen as súas ofertas a través da Plataforma de Contratación do Estado. Así, estas dúas primeiras etapas entrañan dous terzos da totalidade da nomeada travesía, dispoñendo de cantidades económicas asignadas, polo que a fracción restante completaría a reforma. Tamén se prevé o establecemento do sentido único de circulación.

A fase 3 abarcaría o último tramo, incluíndo separación de pluviais e saneamento -con arranxo desta última rede-, ademais de colocación de bombeo. Deste xeito, tódalas casas situadas neste espazo pasarían a conectarse ao saneamento da Pobra. A intención pasaría por integrar a actuación nalgún dos próximos fondos, existindo a posibilidade de facelo, entre outros, en remanente, POS ou orzamento municipal para o 2020. Segundo apunta o alcalde Xosé Lois Piñeiro, trátase dunha "obra prioritaria que da continuidade ás outras."

Ollos postos na recuperación do Hospitaliño

C

oa vista no Xacobeo 2021, desde o Concello entenden como unha "actuación prioritaria" a recuperación do Hospitaliño situado na rúa da Feira, tendo en conta que hai axudas destinadas á rehabilitación de elementos patrimoniais relacionados co Camiño de Santiago. Cómpre lembrar, que este era un pequeno hospital de peregrinos, polo que está claramente unido á nomeada ruta. Neste ámbito avanzouse unicamente no referido á taxación e ao mantemento de conversas coa propietaria da edificación. Neste senso, o obxectivo principal radica na adquisición, rehabilitación e posta en valor dun ben patrimonial. Entre os usos que se lle poidan atribuír, figuran empregalo coma

Estado actual do Hospitalilño. Fotos cedidas.

unha pequena sala etnográfica á que se trasladarían aquelas pezas que permanecen no Museo ValleInclán sen ter un vínculo estrito co intelectual. A outra idea que se baralla é a dun albergue xestionado polo Concello, pois a recuperación do Camiño de Santiago no Barban-

  Desde o Concello

entenden como unha "actuación prioritaria" a recuperación do Hospitaliño situado na rúa da Feira.

za vén de tomar un novo impulso coa marcaxe provisional do traxecto que discorre polos termos municipais de Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo, Dodro e Padrón, localidade onde enlaza co itinerario da Ruta Xacobea Portuguesa cara a Compostela.


O Barbanza Edición Arousa Norte

7

Xaneiro

 ACTUALIDADE    BOIRO

Acicate de talentos

  Segundo informou o

Concello, a recente edición do programa Mentoring Creativo, resultou ser un rotundo éxito nos tres IES do municipio, “xa que tivo moita aceptación entre o alumnado”

A deseñadora local Mónica Vigo puxo o peche ao Mentoring Creativo de Boiro

O

Concello de Boiro, a través da Concellaría de Cultura, organizou esta tempada unha actividade para estimular a longa e variada listaxe de capacidades que as rapazas e rapaces do termo municipal atesouran. Froito deste compromiso xurdiu o programa Mentoring Creativo, que chegou o venres 17 de xaneiro ao seu remate, na Casa da Cultura de Boiro. A filosofía aplicada no ciclo foi a de xuntar aos estudantes de Boiro con profesionais, creadoras ou emprendedoras locais que sexan referentes nos seus sectores de actividade. Esta foi a filosofía, tamén, da actividade do 17 de xaneiro, que contou coa presenza da deseñadora local Mónica Vigo achegando detalles sobre os seus proxectos. Segundo informou o Concello, a recente edición do programa Mentoring Creativo, que conta con financiamento da Dirección Xeral de Xuventude, resultou ser un rotundo éxito nos tres IES do municipio, “xa que tivo moita aceptación entre o alumnado”. Ademais, explicou, “a

Mónica Vigo compartiu experiencias coa mocidade de Boiro

raíz destas xornadas descubriuse tamén que hai moito talento por descubrir entre a mocidade de Boiro”. A idea agora é seguir traballando en programas “coma estes ou semellantes”, apuntou o Goberno local con motivo do peche da experiencia, engadindo que se traballará para que estes novos programas tamén “poidan mostrar as ideas ou proxec-

tos que a mocidade ten en mente”. Nesta última sesión co alumnado do IES A Cachada, a deseñadora boirense Mónica Vigo, profesional referente no ámbito da moda feminina e a alta costura, quixo facer fincapé na importancia do traballo e do esforzo que calquera proxecto ten detrás e “tamén do necesario que é coidar os pequenos detalles”.

O tenente de alcalde, Luís Ruiz, acudiu á clausura deste programa e convidou á mocidade presente a que contribúa coas súas ideas e a que faga saber os seus intereses á hora de seguir apostando por actividades e programas coma o que chegou ao seu remate. Entre as profesionais que nestes encontros mostraron as súas experiencias e achegaron pautas para as rapazas e rapaces con interese en internarse no camiño da innovación atopouse a creadora Alba Carreño, que ilustrou aos estudantes sobre o seu labor en Mobalco, a firma pobrense centrada na fabricación de mobiliario de cociñas de deseño. Logo da cita con Alba Carreño, que abriu as actividades da edición rematada (2019-2020), veu unha xuntanza enriquecedora con Sara Ollero, que falou á rapazada de Boiro sobre o proxecto DariaLuv.

Avances de cara a reapertura de Radio Boiro

N

as ultimas semanas, o Concello de Boiro comezou a traballar para reabrir a radio municipal que estivo pechada desde 2015. O lugar onde estará emprazada será o mesmo que ocupaba tradicionalmente, unhas dependencias na Casa da Cultura de Boiro, no que se estiveron efectuando arranxos co obxectivo de poñela en funcionamento. Primeiramente, procedeuse cunha revisión do material existente, xa que algunhas cousas se destinaran para diversos usos; mentres que outras, tales coma aparellos electrónicos, estaban obsoletos. Na actualidade, despois da primeira fase de posta en funcionamento e probas para poder volver

  O lugar onde estará

emprazada será na Casa da Cultura de Boiro, no que se estiveron efectuando arranxos co obxectivo de poñela en funcionamento.w a emitir, atópanse traballando no deseño dunha programación para regresar ás ondas. Segundo manifestan desde o Concello, a idea desta nova radio é manter a esencia que sempre tivo Radio Boiro: ser unha ferramenta de comunicación pensada por e para a veciñanza,

pero adaptala aos novos tempos. Neste senso, entenden que o referido medio de comunicación mudou significativamente nos últimos anos, polo que Radio Boiro ten que adecuarse e chegar así a máis xente. Por todo isto, sinalan que se

pretende facer unha radio actual e dinámica, que non estea supeditada á emisión analóxica, senón que as emisións se poidan recuperar e escoitalas vía podcast (arquivos radiofónicos para seren escoitados en liña).


8

Xaneiro 20

O Barbanza Edición Arousa Norte

 ACTUALIDADE   RIANXO

Rehabilitación e solidariedade Asinado o contrato de obras para a recuperación de catro novas vivendas nas Casas dos Mestres

O

Concello de Rianxo deu este martes 28 de xaneiro un novo e importante paso en materia de inclusión social, acción solidaria e revitalización urbanística e arquitectónica. En concreto, o Concello deu a coñecer novidades relativas ao proxecto para rehabilitación das Casas dos Mestres, unha iniciativa que en agosto recibiu outro impulso (co engadido de catro vivendas engadidas ao proceso de recuperación) e que agora materialízase coa sinatura do contrato de obras (contrato Rehabilitación das Vivendas dos Mestres Bloque-B). O contrato, que foi formalizado por un importe de 186.156,08 euros coa empresa JSTOP, abrangue como dixemos os traballos para a posta en valor de catro antigas vivendas docentes que pasarán a ser, en virtude do proxecto, outras tantas residencias de alugueiro social para familias

Proxeto de rehabilitacion das Casas dos Mestres en Rianxo

en risco de exclusión ou con escasos recursos dos que botar man. Estes dous pares de vivendas únense ás catro existentes xa recuperadas e que darán cobertura, ao rematar

o proceso, a un total de oito familias. Estas actuacións do Concello abéiranse ao programa de reforma de inmóbeis para docentes impulsado polo IGVS da Xunta de Galicia

Lembrando ao galego inmortal

2

020 comezou cun forte compoñente literario: co amplo programa de actividades conmemorativas do 70 cabodano do falecemento de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, o célebre escritor, debuxante, intelectual e político rianxeiro. O programa veu da man do Concello e todas as accións que o integraron tiveron un cometido común: seguir lembrándolle ao mundo a vixencia do seu discurso e do seu legado. As propostas comezaron o 20 de decembro coa apertura da exposición Sempre en Galiza: homenaxe de artistas galegos, habilitada no Auditorio até o 1 de febreiro. Foi dunha escolma de obras destacadas cedidas polo Museo do Gravado e Estampa Dixital de Artes, en Ribeira: un conxunto de salientábeis contribucións pasadas e presentes ás homenaxes a Castelao, da autoría de grandes artistas contemporáneos da nosa terra, todas e todos con recoñecidas traxectorias de prestixio. A exposición complementouse cunha performance poética de Ricardo de Barreiro (o 24 de xaneiro

na Biblioteca Municipal) e máis coa proxección, o día 25, da curtametraxe O Castelo da Lúa, de Vou Films, dirixida e escrita por Lois Basallo e protagonizada por Sergio Pazos, Miguel Pernas e, tamén, o castelo medieval rianxeiro que lle dá título e serve de pano de fondo. Días máis tarde, o venres 31, celebrouse na Sala Arcos Moldes do Auditorio unha dupla estrea literaria: a presentación do número 151 de A

Voz de Barbantia e (tamén) a recalada en Rianxo da novela Escribirme, de Héctor Pose Porto (Malpica, 1964) e publicada por Edicións do Peirao. Trátase esta última dunha novela semi-biográfica que, partindo dunha lembranza da mocidade do autor, remata levándonos da man cara ao terreo da reflexión persoal e das implicacións, dificultades e satisfaccións que implica a palabra que dá titulo ao libro.

  A iniciatva da

rehabilitación das Casas dos Mestres recibiu outro impulso co engadido de catro vivendas ao proceso de recuperación. ao que Rianxo se acolle xa dende o mandato previo do actual alcalde, Adolfo Muíños, para quen o proxecto constitúe un exemplo referencial da súa estratexia de transformación urbana aliñada ás políticas solidarias. En palabras do Goberno local, o proxecto de vivenda social en alugueiro que desenvolve o Concello de Rianxo “é un exemplo de goberno a favor das persoas, polas políticas de inclusión e de integración”. As Casas dos Mestres construíronse hai aproximadamente medio século e levaban algo máis dunha década abandonadas e en estado de progresivo deterioro e grazas ao traballo realizado polo Executivo rianxeiro darán acubillo no máis breve prazo posíbel a un total de oito familias.

  O programa de acti-

vidades conmemorativas veu da man do Concello e todas as accións que o integraron tiveron un cometido común: seguir lembrándolle ao mundo a vixencia do seu discurso e do seu legado. As actividades do ciclo Castelao 2020 chegaron ao seu punto culminante o sábado 1 de febreiro, con intervencións en varios emprazamentos. En primeiro lugar, ás 12.00 horas, o busto de Castelao (paseo da Ribeira) foi o escenario dunha ofrenda floral ao autor de Sempre en Galiza, ao que seguiu un roteiro histórico-literario polas rúas de Rianxo. Xa pola tarde, ás 20.00 horas, o salón de actos do Auditorio acolleu unha homenaxe póstuma ao político, docente e escritor palmeirán Plácido Betanzos, autor do libro Relatos e lembranzas, que se deu a coñecer en Rianxo.


O Barbanza Edición Arousa Norte

9

Xaneiro

 ACTUALIDADE    PATRIMONIO

Os nosos concellos contribúen con ducias de tesouros ao portal Patrimoniogalego.net

A

plataforma Patrimoniogalego.net, o catálogo social da nosa riqueza inmóbel (un espazo colaborativo e documental para pór en valor os moitos tesouros patrimoniais dos nosos concellos: pazos, casas, cruceiros, fontes, castelos, ingresas, capelas, etc), comezou 2020 reafirmando o seu carácter referencial como a gran base de datos do noso autocoñecemento histórico. O portal, posto en marcha aló polo 2011 co mellor dos impulsos posíbeis (foi quen de superar, aos tres meses de andaina, os 200 bens inventariados), está neste intre poñendo todo da súa parte para acadar a destacada cifra dos 15.000 bens catalogados. Entre as máis recentes incorporacións figuran as relevantes edificacións históricas de Escornabois (Trasmiras), o cruceiro de Mondego (Sada), o castiñeiro da Ribeira (A Mezquita), o Pazo de Santa María de Vigo (en Cambre), o Castro da Touza en A Mezquita ou o Cruceiro de Ponte Goiáns (Boiro). Respecto das novidades tecnoloxías que cada pouco se incorporan á plataforma, á inclusión de fichas de fotogrametrías 3D materializada hai uns tres anos, cómpre engadir outra máis recente: a estrea dos mapas enfrontados, que é unha funcionalidade que permite coñecer a evolución do estado de conservación dos nosos bens a través da comparación simultánea entre as fotografías aéreas de 1956 e a actualidade.

A pegada do Barbanza A contribución dos concellos da nosa comarca é moi relevante, non só pola gran cantidade de tesouros que inventariar e cuxa conservación e posta en valor cómpre reivindicar, senón tamén polo importante labor de rexistro e investigación despregado polos membros locais da comunidade de Patrimoniogalego.net, como por exemplo o palmeirense Manuel Gago, que foi, ademais, un dos grandes impulsores da iniciativa. Por concellos, un dos que máis destaca en materia de cantidade e calidade de elementos visualizados é Boiro, que ten preto dun centenar de entradas, entre cruceiros, mámoas, pazos (por exemplo o de Goiáns), castros, casas grandes, igrexas (por exemplo a de Santa Baia) e capelas.

3

1

4   A contribución dos con-

cellos da comarca é moi relevante, non só pola gran cantidade de tesouros que inventariar, senón tamén polo importante labor de rexistro e investigación. O inicio do proxecto

2 1. O cruceiro de Ponte Goiáns, fotografado por Óscar Franco, unha das máis recentes incorporacións ao catálogo. 2. A casa grande de Aguiar na Pobra, noutra foto de Óscar Franco. 3. O porto de Palmeira nunha imaxe de Elixio Vieites. 4. O pazo dos Viturro en Rianxo, por Liladeva

Polo que respecta a Ribeira, participa no catálogo con case medio cento de tesouros do seu concello, entre os que destacan o porto de Palmeira, o Faro de Corrubedo, a Igrexa de Palmeira ou o Pazo de Otero Goyanes en Ribeira. Tamén salienta a presenza de Rianxo, que contribúe con case 70 elementos documentados ao detalle, entre os que se contan (por exemplo) o Pazo de Baltar a carón da praia de Tanxil, a aldea esquecida de Abuín ou o Cuartel Vello de Rianxo, entre outros moitos. A Pobra do Caramiñal tamén vén sendo un dos concellos galegos máis sobranceiros no portal Patrimoniogalego.net, con 59 construcións e elementos documentados polo miúdo, entre os que se atopan monumentos tan relevantes como a Torre de Bermúdez, a Casa do Concello ou a Casa Grande de Aguiar.

Como dixemos, o portal Patrimoniogalego.net foi posto en marcha hai case unha década como un Sistema de Información Xeográfica (SIX) aberto a toda a cidadanía, independente e sen ningún ánimo de lucro, dado que ten como único fin “a preservación do patrimonio cultural galego”. Nel teñen participado unha serie de voluntarios, profesionais en distintas disciplinas, que decidiron sacar adiante este proxecto de xeito desinteresado a partir da creación da plataforma cidadá Eu participaría dunha Mesa polo Patrimonio de Galicia, xurdida na rede social Facebook a iniciativa do divulgador e profesor da USC Manuel Gago. O equipo orixinario estaba integrado por Milagros Bará, Álex Bragaña, Soledad Felloza, Manuel Gago, Adela Oyonarte, Franjo Padín, Carmela Sánchez Arines, Elixio Vieites, Xosé Gago, Xurxo Salgado e Félix Aragunde.


10

Xaneiro 20

O Barbanza Edición Arousa Norte

 ACTUALIDADE  COBERTURA DIXITAL NO BARBANZA

Rede en máis sitios... e de mellor maneira Preto de 40.000 habitantes de Barbanza, Muros e Noia terán acceso a Internet de 100 Mbps en 2021

A

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) púxonos ao tanto sobre os vindeiros plan de actuación para equipar con Internet avanzada (Internet ultrarrápida) os núcleos rurais da nosa comarca ao longo deste ano que comezou. Segundo fixo saber, uns 40.000 veciños de 330 núcleos dos concellos das comarcas de Barbanza (Ribeira, Boiro, Rianxo e Pobra) e Muros e Noia disporán de acceso á banda larga en 2021. Isto será posíbel grazas ás actuacións conxuntas que están a desenvolver a Xunta de Galicia (a través de AMTEGA) e mailo Goberno central. Este labor conxunto tradúcese nun despregue intensivo de fibra óptica avanzada (FTTH, Fibra Até o Fogar) que pon o foco nas chamadas zonas brancas da xeografía galega, que son aquelas nas que non existe unha cobertura aceptábel (dun mínimo de 30 Mbps) e nas que as compañías operadoras de telecomunicacións tampouco teñen previsto chegar.

Estas áreas brancas adoitan coincidir cos núcleos rurais: o 93% das localidades que se cubrirán grazas ás actuacións de ambas administracións teñen menos de 300 habitantes e o 78% incluso menos de 150 habitantes. AMTEGA explica que os despregues en marcha permitirán “que xa no 2020 máis de 33.000 veciños de 189 núcleos desta zona teñan acceso a internet de ata 100Mbps”. Esta cobertura ampliarase a outros 141 núcleos e máis de 6.000 veciños co fornecemento de fibra que continuará en 2021.

  Os despregues en

marcha permitirán “que xa no 2020 máis de 33.000 veciños de 189 núcleos desta zona teñan acceso a internet de ata 100Mbps”

As actuacións en activo do Plan de Banda Larga da Xunta, cofinanciadas con Fondos FEADER e do Plan Estatal, garanten que máis de 720.000 galegos de 310 concellos, que carecen de acceso a redes ultrarrápidas, teñan cobertura de 100Mbps de velocidade no 2021.

Internet avanzada nos polígonos industriais Polo que se refire aos polígonos industriais, cuxa dotación de fibra de última xeración é outra das liñas estratéxicas do Plan de Banda Larga

Enquisa en Rianxo crear unha base de zonas sen cobertura

Concellos Emprendedores: amplíase a rede

A

o abeiro do acordo asinado por AMTEGA e a FEGAMP (un acordo marco para permitir aos concellos mellorar as comunicacións móbiles no rural) os concellos poden realizar até febreiro a solicitude de adhesión ao programa autonómico e dar conta dos núcleos onde non hai cobertura ou esta é deficiente. Neste senso, o Goberno local de Rianxo xa anunciou que fornecerá a AMTEGA de información detallada sobre as parcelas municipais necesarias para a instalación de antenas destinadas a cubrir as eivas nas zonas indicadas, especialmente nos núcleos rurais. Logo, a axencia autonómica fará as comprobacións oportunas sobre o terreo e determinará con criterios técnicos obxectivos as zonas nas que actuar para iniciar o concurso para as operadoras interesadas.

da Xunta 2020, o Goberno galego informounos de que xa contan con estes equipamentos 81 complexos industriais, que lles aseguran a dispoñibilidade de redes de ata 350 Mbps. Estes 81 polígonos, sumados aos que xa desfrutan de redes ultrarrápidas, achéganos un total de 131 superficies empresariais, cifra que representa o 93% do solo empresarial ocupado. Na contorna de Barbanza, xa contan con esta cobertura os polígonos de Rianxo e Agualevada (Noia) e os parques empresariais de A Tomada (A Pobra do Caramiñal) e Muros.

A O Concello, co fin de axilizar as xestións e asegurar a máxima participación, puxo ao dispor da veciñanza na súa web (concelloderianxo.gal) unha enquisa para recadar información sobre as zonas con cobertura móbil deficiente.

rede de concellos galegos emprendedores vén de subir un novo chanzo, coa incorporación de Santiago, Cambre, Paderne, Taboadela e Lalín. A rede, como lembraremos, é unha iniciativa para facer voar a actividade económica e innovadora e achandar o camiño das emprendedoras e emprendedores nas súas aventuras empresariais, por exemplo facilitando os trámites administrativos, achegando incentivos fiscais e maiores facilitades para acceder ao solo industrial. Amais, reciben prioridade nas ordes de axuda autonómicas relacionadas co emprego, o emprendemento e a innovación. Con respecto á nosa comarca, forman parte da rede os concellos de Rianxo, Ribeira (que hai dous anos iniciou o proceso de incorporación definitiva) e Boiro, por unha beira, e os de Noia e Porto do Son, pola outra. En total, Galicia conta arestora con 131 Concellos Emprendedores.


O Barbanza Edición Arousa Norte

11

Xaneiro

 ENTREVISTA

Alberto García

“O noso lema é que traballamos para a xente pero sobre todo coa xente” Falamos con Alberto García, coordinador do Centro Social de Boiro, que vén de celebrar os seus 20 anos de andaina

O

Centro Social de Boiro tivo na recta final de 2019 unha máis que intensa actividade conmemorativa: a celebración dos seus 20 anos de vida, unha celebración coa que se conseguiu que o centro fose aínda máis “central” e aínda máis “social”. Ou sexa, que se reforzou o seu carácter de casa común. Boa parte culpa disto tívoa a veciñanza de Boiro, que adicou boa parte do seu tempo de lecer a implicarse nas actividades que se desenvolveron, nos moitos vídeos conmemorativos realizados e nas mensaxes de apoio plasmadas nas redes sociais. Falamos destas cousas con Alberto García, coordinador do Centro Social de Boiro.

- Por que credes que tanta xente quixo celebrar con vós estes 20 anos de andaina? - Moita xente quixo celebrar con nós o 20 aniversario do centro porque somos moitas persoas e colectivos os que formamos o centro. Somos ao redor de 20 persoas traballando a diario no centro, desde a iniciativa pública (as persoas que traballamos para a institución impulsora do centro, o Concello de Boiro), e tamén dende a iniciativa privada e asociativa, xa que a escola de música a xestiona unha cooperativa, a Cruz Vermella ou Barbantia son entidades sociais e culturais, etc.. Desde as tres perspectivas, a pública, a privada e a asociativa, traballamos ademais metodoloxías participativas e implicadoras. O noso lema é que traballamos para a xente pero sobre todo coa xente. É por iso que nos diferentes proxectos que aquí se desenvolven se involucra a moitas persoas. Todas estas persoas séntense parte de centro, sénteno seu, e esa é a clave do "éxito", de que o centro sexa tan visitado, tan utilizado, tan vivido. - Recentemente fixestes saber que o CS de Boiro recibe cada ano máis de 70.000 visitas, entre a aula de estudo, as escolas de música e

  Do que estamos máis

orgullosos é da participación cidadá. Somos un centro xerador de cidadanía e desenvolvemento social. baile, a sede da Cruz Vermella ou os espazos formativos. A que credes que se debe esta elevada participación? Case se podería dicir, como sigades así, que quen vaia a Boiro e non pase polo Centro Social non foi realmente a Boiro.... - As 70.000 entradas son reflexo disto. Estamos nos números dunha institución emprazada nunha cidade así que estamos moi satisfeitos. Somos un centro moi visitado por persoas de Boiro e doutras partes da comarca. Ás formacións da aula CeMIT, por exemplo, acoden persoas de Rianxo, A Pobra, Dodro e incluso máis lonxe. Ofrecemos algo que á xente lle interesa, por iso aquí vén moita xente. - Cales son as actividades que credes que teñen máis poder de atracción? - O que máis atrae son estas formacións en novas tecnoloxías, que son múltiples, adaptadas a todos os niveis de coñecementos, a diversas idades e que ademais son gratuítas, xa que se imparten por persoal municipal na filosofía de que o coñecemento e o ensino, deben ser gratuítos e universais. Do que estamos máis orgullosos é da participación cidadá. Somos un centro xerador de cidadanía e desenvolvemento social en canto a xente vén aquí non tanto a ver cousas senón a participar delas, a facer cousas, e iso é o que mais nos interesa. - Tendes algunha novidade que presentar. Por exemplo, que se está a preparar un arquivo dixital da actividade xerada polo Centro

O equipo responsábel do CS de Boiro, co coordinador Alberto García á dereita

Social nestas dúas décadas... - O arquivo é algo moi importante que a veces se nos esquece. Gardar a memoria do que imos facendo, do que vai sucedendo, do momento actual, para que as vindeiras xeracións teñan ferramentas e datos para seguir evolucionando. - Outra das novidades que trouxo este punto de inflexión entre 2019 e 2020 foi a posta en marcha dun proxecto participativo destinado a habilitar un espazo de lecer e formación para adolescentes do concello. Cóntanos algo disto... - Si, casualmente isto que contades ten a súa orixe no noso traballo coas persoas maiores, ás que levamos 20 anos ofrecendo servizos de ocio e formación. Este labor de dúas décadas fíxonos ver, dende os seus inicios, que as persoas de idade, coa súa experiencia de vida, tiñan moito que ensinarnos a nós e á sociedade, por iso complementamos os servizos que lles ofreciamos coa información e o traballo que podiamos aproveitar delas. Así se fixeron proxectos como os vídeos memoria de muller, outras publicacións de memoria local en papel, visitas de mentoring vital aos institutos, etc. Agora queremos facer o mesmo coa

rapazada. Os maiores deseñamos e ofrecemos espazos e servizos para estas idades pero sen preguntarlles. Queremos a partir de agora recadar a información da propia mocidade, recoller ideas, formatos e innovacións, que as mentes mozas, moitas veces máis abertas poden aportar, para convertelas en información que sexa útil socialmente. Isto farémolo a través dun novo espazo chamado Laboratorio de Innovación Xuvenil. - Hai algunha novidade máis con vistas a este 2020? A nivel de programa de actividades, que nos tendes deparado para este primeiro treito de ano? - A programación de actividades tamén queremos orientala á nosa filosofía de traballo principal: a participación cidadá. Por iso estamos traballando agora a planificación anual da cultura cidadá do municipio, isto é, a programación máis importante e transformadora que podemos abordar: a que desenvolve o gran tecido asociativo do concello, o que nós chamamos a "república creativa" de Boiro. Artellar, darlle forma, axuda administrativa, acompañamento técnico e financeiro a este tecido social é o noso obxectivo. Esa é a programación mais importante para nós.


12

Xaneiro 20

O Barbanza Edición Arousa Norte

 ACTUALIDADE  CAMIÑO DE SANTIAGO DO BARBANZA

A

recuperación do Camiño de Santiago no Barbanza vén de tomar novos impulsos desde o comezo de 2020. Neste senso, iniciouse a marcaxe provisional do traxecto, cuxa primeira fase se executou no conxunto do municipio de Ribeira ata a parroquia de Santa María do Xobre, na Pobra do Caramiñal. Desde a Asociación Amigos do Camiño de Santiago do Barbanza. A Orixe manifestan que, previsiblemente, o proceso estará completo no mes de abril, realizándose unha peregrinación conxunta antes do arranque do verán, sen descartar outras a maiores. Tamén indican a posibilidade de establecer un distintivo específico co que identificar o itinerario do camiño para evitar que as marcaxes provisionais desaparezan como consecuencia da climatoloxía, se confundan con outras sinais ou que terceiros alteren o traxecto; todo isto mentres a Xunta de Galicia non o recoñeza oficialmente en anos sucesivos e incorpore a súa indicación unha vez dispoña dos datos do volume de usuarios. No que respecta aos demais requisitos esixidos, o secretario da referida asociación, Antonio González Millán, insiste en que dito camiño está xustificado e argumentado en referencias manuscritas e publicacións a carón dun traballo de investigación a pé de territorio. Para a localización e identificación deste camiño realizouse un vaciado documental de arquivo e lecturas de itinerarios antigos, a partir do que se conformou un prontuario con aqueles lugares polos que transitaban os viaxeiros. Deste xeito, logrouse a súa rehabilitación, incluíndo o estudo de alternativas válidas para superar tramos desaparecidos, afectados, impracticables ou perigosos ao tránsito peonil. Confórmase así unha vía terrestre practicable en cinco etapas, seguindo os parámetros ao uso na peregrinación a pé. O Camiño de Santiago desde Barbanza discorre polos termos municipais de Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo, Dodro e Padrón, localidade onde enlaza co itinerario da Ruta Xacobea Portuguesa cara a capital de Galicia. Así, a distancia entre o punto de orixe do referido itinerario e o sepulcro do Apóstolo suma 112 quilómetros de percorrido, posibilitándolle ao peregrino obter a Compostela.

Avances na promoción do Camiño de Santiago do Barbanza

En relación á nomenclatura A Orixe, González Millán fai fincapé na súa pretensión de que sexa un camiño que se poida realizar desde Barbanza cara Santiago, ademais de que calquera viaxeiro que atravese a Península Ibérica e chegue a Compostela se dirixa ao xerme, a nosa comarca. Polo tanto, trátase dun exhaustivo traballo ao longo de dous anos e coordinado en colaboración coas Administracións públicas. Esta

  O Camiño de Santiago

desde Barbanza discorre polos termos municipais de Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo, Dodro e Padrón, localidade onde enlaza co itinerario da Ruta Xacobea Portuguesa.

Inauguración da exposición itinerante na Casa Consistorial de Ribeira. Cedida por Prensa Ribeira

Posta de longo celebrada en Santiago. Cedida por Seispés Producións Creativas

compenetración tradúcese nun contacto continuo e labor conxunto cos Concellos e a Mancomunidade de Municipios Arousa Norte. De feito, establecéronse accións a desenvolver no presente ano. A entidade supramunicipal contribúe con tarefas de promoción e difusión coa finalidade de consolidar e fomentar o nomeado percorrido como un circuíto de peregrinación; ademais de apostar pola implicación dos colectivos asociativos da comarca como principais actores que interveñen no territorio. Actualmente, a asociación encárgase de achegar a exposición itinerante As pegadas do Camiño de Santiago no Barbanza: A Orixe aos distintos municipios polo que transcorre, reflectindo por medio de fotografías as evidencias históricas da ruta entre Corrubedo e Santiago. Igualmente, procedeuse á posta de longo deste camiño nun acto celebrado na capital galega e levouse a Madrid para ser presentado en FITUR, un evento que se efectúa anualmente como punto de encontro global para os profesionais do turismo.


O Barbanza Edición Arousa Norte

13

Xaneiro

 ACTUALIDADE  AROUSA NORTE EN FITUR

A

Mancomunidade de Municipios Arousa Norte, acompañada da Asociación Amigos do Camiño de Santiago do Barbanza. A Orixe, presentou na Feira Internacional de Turismo (FITUR) de Madrid a historia do percorrido terrestre da ruta marítima Traslatio. Antes de dar paso ao vídeo que narra este acompañamento a pé da Ruta Xacobea do Mar de Arousa e río Ulla, a coordinadora técnica da entidade supramunicipal, Irene Maneiro, relatou a historia deste camiño milenario, manifestando que "somos un destino vivo e moi dinámico onde a tan solo 30 minutos de Santiago atópase o mar polo que entrou aquela embarcación máxica, este camiño é por tanto un encontro entre o peregrino contemporáneo e o viaxeiro do século XXI." Seguidamente, procedeuse coa proxección da peza audiovisual. O presidente da Mancomunidade de Municipios Arousa Norte e alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz, encargouse de pechar o acto apuntando que "A Orixe, así bautizamos ao noso camiño, é o resultado de horas de traballo e investigación de moitas persoas e entidades, entre as que se atopan a Asociación de Amigos do Camiño de Santiago do Barbanza que hoxe nos acompañan. Este traballo e a constante motivación por reivindicar que Arousa Norte está na Orixe da tradición Xacobeo é o que marcamos como o noso destino. Un destino que ten moito que ofrecer." Entre os asistentes a esta presentación figuraban os rexedores da Pobra do Caramiñal, Xosé Lois Piñeiro; Boiro, José Ramón Romero; e Rianxo, Adolfo Muíños; ademais de Antonio González e Manuel Mariño, en representación da Asociación Amigos do Camiño de Santiago do Barbanza. A Orixe.

3

Arousa Norte luciu os seus atractivos en FITUR   Arousa Norte

permaneceu na feira, tendo presenza e visibilidade no stand de Turismo de Galicia, promocionando o xeodestino da comarca do Barbanza como unha alternativa de turismo sostible. 1

2 1. Presentación en FITUR do Camiño de Santiago do Barbanza. 2. Proxección da peza audiovisual en FITUR. 3. O presidente da Mancomunidade de Municipios Arousa Norte e alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz. 4. Rexedores e representantes da asociación acompañados en FITUR do delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro. Fotos: Cedidas Arousa Norte

4

Arousa Norte permaneceu na referida feira ata a súa conclusión, tendo presenza e visibilidade no stand de Turismo de Galicia, promocionando o xeodestino da comarca do Barbanza como unha alternativa de turismo sostible. Ao longo deses días, os mandatarios locais tamén mantiveron diversos encontros enfocados en promocionar, de maneira conxunta, os atractivos turísticos que atesouran Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Boiro e Rianxo. Neste senso, entrevistáronse coa directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e conversaron co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo; ademais de concertarse reunións de traballo con varios touroperadores interesados en coñecer os recursos náuticos de Arousa Norte. Así mesmo, programouse outro encontro de traballo coa Mancomunidade do Salnés co obxectivo de afondar nos lazos de cooperación entre as dúas bandas da ría arousá, acadando sinerxías sobre a base dun patrimonio hídrico único na xeografía galega e estatal.


14

Xaneiro 20

O Barbanza Edición Arousa Norte

 ENTREVISTA

Antonio Piñeiro

“Cada escritor ou practicante da literatura está a falar sempre de si mesmo nos relatos”

A

tesoura ao redor de corenta distincións tales coma o García Barros, no 2011, por As fiandeiras, ou o Torrente Ballester, no 2017, por A través do fume. E, no ano que acabamos de deixar atrás, sumou catro recoñecementos ao seu currículo. Deste xeito, o escritor e profesor Antonio Piñeiro (Ribeira, 1962) constitúe unha das figuras máis prolíficas do noso panorama literario. Así mesmo, destaca pola súa faceta coma historiador, aspecto que inflúe na súa obra, e o seu compromiso co eido cultural tradúcese, entre outros moitos, na súa implicación en Barbantia e pulo a Colección Bourel. Un par de relatos e un desenvolvemento poético integran algunhas das creacións nas que se atopa traballando actualmente.

- Concedéronlle catro premios literarios ao longo do 2019. Que se sinte ao obter estes recoñecementos? - Este ano foi fabuloso, pero non é sempre así. Antes pasei unha tempada moi longa sen que nada resultase. Os premios son tamén un tubo de ensaio no que a literatura que vamos practicando ou ensaiando é aceptada ou non. - A obra Esca, a cal obtivo o IV Premio Xosé Neira Vilas, está ambientada nun balneario na illa da Toxa durante os anos 20 do século pasado e ten como protagonista a un vello burgués catalán. Numerosas das súas creacións sitúanse en tempos pasados, ten que ver esta predilección coa súa faceta como historiador? - Claro, é inevitable. Cada escritor ou practicante da literatura está a falar sempre de si mesmo nos relatos. Entón, cando hai un historiador polo

EDITA: GRUPO CÓDIGO CERO COMUNICACIÓN S.L. Rúa das Hedras nº 4, 1º G 15895 Ames (Milladoiro) Tel.: 981 530 268 - 608 240 160

O Barbanza

Edición Arousa Norte

da a intentar comprender a través de sensacións. - En Celada, gañadora do VII Concurso de Novela Curta Cidade Centenaria de Ribeira, contribúe á recuperación da memoria histórica máis recente, en concreto, dos últimos anos do franquismo desde a perspectiva das revoltas estudantís que tiveron lugar en Santiago. Influíu a súa época universitaria na construción do relato? - Un pouquiño, pero para min supón unha época anterior, co cal metemos polo medio a faceta de historiador. Eu vivín Santiago moi intensamente, plenamente. Era a década posterior á que se trata na novela, mais a anterior coñecina moi ben por compañeiros, familiares, outros estudantes e documentos da historia.

medio, a historia entra de cheo na temática. - Con Onde nos leven acadou o XIV Premio de Narración Curta Concello de Curtis e o reto literario consistía en que no texto tiñan que aparecer vacas, un tren e zombis. Como logrou fiar estes tres elementos? - Os trens, no meu relato, son os que levaban dentro as vacas. O narrador está na parada de Padrón que había antes para ir a Santiago e, no lado da vía do tren na Escravitude, está o vagón de vacas. Nun autobús van todos os estudantes e soando a canción Zombi, de Santiago Auserón. O sentido dos zombis refírese aos estudantes que son levados, igual que as vacas, cara un

DIRECTOR: Joferpa director@obarbanza.gal WEBMASTER: Marcus Fernández webmaster@codigocero.com REDACCIÓN: Fernando Sarasketa Sonia Pena

suposto matadoiro do destino mentres soaba a canción Zombi. Ese é o relato, aí quedou mesturado. - A temática do poemario Lintel, distinguido co segundo premio na VII edición do Certame de poesía en lingua galega Manuel María, céntrase na casa e a orixe, introducindo outros factores coma os afectos, as perdas ou os sentimentos. Como enfocou esta cuestión? - Calquera persoa no mundo sabe perfectamente que temos dentro o neno que fomos. Así, a casa sería o primeiro momento, o lugar do nacemento, xente, atmosfera, momento histórico... A casa, a orixe, é un termo filosófico. Unha poesía case abstracta porque está enfoca-

Ana Rial Maneiro redaccion@obarbanza.gal

PUBLICIDADE: publicidade@obarbanza.gal

MAQUETACIÓN E DESEÑO: Óscar Louzán

CORREO DO LECTOR: lectores@obarbanza.gal

FOTOGRAFÍA: Beatriz Martínez del Campo y Ricoy Joferpa

A NOSA WEB www.obarbanza.gal REDES SOCIAIS: facebook.com/obarbanza www.instagram.com/o_barbanza/

- A pesar da súa asiduidade a concorrer en certames, noutros estivo presente conformando o xurado. No mes de xaneiro formou parte do tribunal encargado de ditaminar a creación gañadora na XLV edición do certame galego de narracións breves Premio Modesto R. Figueiredo. Como describiría a vivencia de estar ao outro lado? - É tremendamente difícil. De feito, levounos máis de dúas horas chegar a unha conclusión final porque había doce ou catorce de extraordinaria calidade, dificilísimos de escoller entre eles. - Un amante da escritura que de seguro ten pensado continuar no mundo literario... - Eu creo que iso non se pode abandonar porque pasa a ser unha dedicación divertida, lúdica, unha aprendizaxe. Unha vez que che prende, é como un vicio.

whatsapp: 608 240 160 IMPRIME: PUBLICACIONES TAMEIGA, S.L. Número 8 (xaneiro 2020) Publicación periódica. Tirada: 7.000 exemplares Depósito Legal: C 668-2019 I.S.S.N.: 2659-8256


ACTOS CASTELAO 2020 O Barbanza Edición Arousa Norte

15

Xaneiro

CONCELLO DE RIANXO

ao 1 de febreiro de 2020 Auditorio de Rianxo Exposición Sempre en Galiza: homenaxe de artistas galegos. Colección de gravados cedida polo Museo do Gravado á Estampa Dixital, do Concello de Ribeira. Venres 24 de xaneiro— 20:30 h. Biblioteca Pública Castelao A+A Performance & presentación do audiolibro por Ricardo de Barreiro*. Máximo 40 persoas (inscricións ata a mañá do mesmo día en biblioteca@concelloderianxo.gal).

*

Venres 31 de xaneiro — 20:30 h. Auditorio de Rianxo (sala Arcos Moldes) Presentación do nº 151 d’ A Voz de Barbantia e da novela Escribirme, de Héctor Pose Porto, Ed. do Peirao. Intervención artística do pintor e gravador Manuel Ayaso. Apertura e peche musical a cargo do cuarteto de frautas Leliñas, da EMR. Sábado 1 de febreiro — 12:00 h. Busto de Castelao e rúas de Rianxo Ofrenda floral, intervención das autoridades e saída do roteiro Castelao.

Sábado 25 de xaneiro — 20:00 h. Auditorio de Rianxo (sala Arcos Moldes)

20:00 h. Auditorio de Rianxo (salón de actos) Presentación do libro Relatos e lembranzas,

Estrea da curtametraxe O Castelo da Lúa, de Vou Films. Mesa redonda a cargo de Lois Basallo (director e guionista), Adriana Rego e Vanesa Mariño

homenaxe póstumo a Plácido Betanzos. Presenta o acto Pilar Sampedro Laranga (Comisión de Homenaxe a Plácido Betanzos).

(historiadoras da arte) e a participación especial dos actores Sergio Pazos e Miguel Pernas. Proxección das curtas As lavandeiras e As costureiras, de Vou Films.

Coas intervencións de Manuel Cartea Gómez (Barbantia), Xosé Deira Triñanes (Comisión de Homenaxe a Plácido Betanzos) e Adolfo Muíños Sánchez (alcalde de Rianxo). Deseño: @_riquino

Do 20 de decembro de 2019

A4-Galicia Calidade


do 13 de xaneiro ao 2 de febreiro de 2020

https://blogs.xunta.gal/21diascogalegoemais/

IES Afonso X O Sabio (Cambre) - IES Antón Alonso Ríos (Tomiño) - IES Ánxel Fole (Lugo) IES Arcebispo Xelmírez I (Santiago de Compostela) - IES Eduardo Blanco Amor (Ourense) CPR Plurilingüe Fogar de Santa Margarida (A Coruña) - IES Illa de Ons (Bueu) IES As Lagoas (Ourense) - IES de Poio (Poio) - IES de Vilalonga (Sanxenxo)


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.